UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    Humor Grandecheo: XUNTA QUE ALGO QUEDA

    Cambados 27 de Novembro de 2009

    YOU TUBE "COLAPSADO"

    A  II XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GALEGAS YOU TUVE INVADE ESTE SERVIDOR.

    OS MEDIOS DE PRENSA FIXERON AMPLO ECO DA XUNTANZA


    Está a piques de facer unha semana da II Xuntanza e os amigos que nos visitaron estan colapsando o taf “Cambados” no servidor You Tube. Se calquera de vos pon Cambados no buscador deste servidor e despois preme “Máis recentes” poderá observar que xa levan colgados máis de 30 videos da II Xuntanza… e os que faltan,  e que o dia dou para moito e noite tamén. De todos los xeitos podedes  premer en Eternia7 e XOANARCODAVELLA e poderes ver todos os videos que queirades da Xuntanza e sobre todos a estas novas xoias da música calega como son Anxo e Roi Xesteira.

    Doutra bando temos que agrader a todos medios de prensa e máis concretamente “O Aturuxo”, “Diario de Arousa,”, Faro de Vigo, “La voz de Galicia” e a Radio Arousa que cubriran esta información coa importancia que lle deron.  Asi sairon as novas nos medios escritos:


    Humor Grandecheo: MEU VELLO CAN DE PALLEIRO.

    Cambados 27 de Novembro de 2009

    OLGA COSTA PROMOTORA DUNHA NOVA IDEA

    TERAPIA PARA OS MAIORES POR MEDIO DOS ANIMAIS


    Un grupo de rapaces e rapazas de Cambados e Vilanova de Arousa  van a levar cans do albergue de animais de Cambados o sábado 28 de novembro ás 11.30 horas ós xeriatricos de Valle Inclán e Ribadumia, donde baixo a orientación de Olga Costa empezarán a facer terapia e axudar os maiores a pasar un anaco entretidos. Son preto de 40 rapaces que se rotarán para poder ir todos. Sobre todo o que eles queren é que a xente se sensibilice e vexa a cantidade de animais abandonados que hai e que beneficioso pode ser para os maiores. Para que despois falemos que a xuventude non colabora, segundo Olga Costa, só hai que ofrecerlle ideas.

    Humor Grandecheo: O GALEGO NON É UNHA COÑA BILINGUE

    Cambados 27 de Decembro de 2009

    KALANDRAKA EN CAMBADOS

    UNHA EDITORIAL FOMENTA A LECTURA EN TODOS OS COLEXIOS DE CAMBADOS


    Na campaña hai contacontos, talleres de escritura creativa e de relatos orais

    A editorial galega Kalandraka, que está especializada en literatura infantil, empeza o luns, día 30, un ciclo de talleres e obras de teatro nos colexios de Cambados, co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis pequenos.

    Durante catro días celébranse tres funcións diarias de teatro nos distintos colexios do municipio. Trátase de sesións de contacontos con música orientados aos alumnos de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria. A partir do día 4 de decembro é a quenda dos escolares matriculados no segundo e o terceiro ciclo de Primaria.

    Para eles hai uns talleres sobre oralidad, nos que poderán aprender algúns dos segredos das narracións orais, e talleres de escritura creativa, para que os alumnos poidan desenvolver as súas propias historias. Esta campaña coordínaa o Concello de Cambados e finánciaa a Dirección Xeral de Política Lingüística. A editorial Kalandraka é a encargada de levala a cabo, e nas súas visitas aos colexios deixará en cada un deles un lote de libros.

    Teatro onte na Xuventude

    Unha campaña similar desenvolveuse onte no auditorio da Xuventude, coa participación de 400 nenos de todos os colexios de Cambados e do Xullo Camba de Vilanova.

    Os pequenos asistiron a dúas funcións de teatro, nas que a Compañía do Trinke Trinke puxo en escena a súa versión dramatizada de "Vos soños na gaiola", un poemario de Manuel María.

    Esta campaña denomínase "Bocaberta", e forma parte dun acordo entre a Secretaría Xeral de Normalización Lingüística e varias editoriais galegas. No caso das funcións de onte, foron coordinadas por Xerais de Galicia, que volverá ser protagonista este sábado da actualidade cultural en Cambados, ao presentar unha "Poesía Galega Completa" de Cabanillas.

     

    A UNIÓN EUROPEA CHAMA A CAPITULO A XUNTA POLA SUA ANIMADVERSIÓN O GALEGO.

    O QUE LLE VEN A DAR A RAZÓN A PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO.

    Considera que as «medidas adoptadas contra a lingua galega desde abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español».

    A European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das Linguas Minorizadas) emitiu unha resolución na que reprende a política lingüística emprendida polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión de que este organismo celebrou onte en Barcelona.

    O texto «informa» á Xunta de Galicia de que «as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español» e contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.

    A EBLUL afirma na súa resolución que «resulta de especial gravidade» que «non só non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas», senón «que se desmantelasen algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa», entre os que se cita á antiga Red Galega de Escolas Infantís, Galescolas, «a única rede de ensino que contemplaba con normalidade o uso do galego».

    O documento «anima» ao Goberno galego a «que desenvolva unha política lingüística de extensión social da lingua propia de Galicia», á vez que lle advirte que «de continuar a súa política de desprotección» trasladarase a situación aos diferentes foros internacionais onde a EBLUL atópase presente.

    Esta entidade da UE está promovida polo Parlamento Europeo, e posúe rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das Nacións Unidas (ONU).

    Humor Grandecheo: CICLISMO NON É CATACLISMO.

    Cambados 27 de Novembro de 2009

    UN COLOQUIO ALTURA

    VELOSO, RABUÑAL E RAÑA CELEBRARÁN HOXE VENRES UN COLOQUIO COS ALUMNOS DO CEIP COIRÓN - DENA


    Gustavo C. Veloso, Gonzalo Rabuñal e Iván Raña celebrarán hoxe venres un coloquio cos alumnos do CEIP Coirón - Dena, no concello de Meaño. Os ciclistas do Xacobeo Galicia exporanlle aos estudantes do centro ás particularidades do mundo do ciclismo na súa vertente profesional.

    Unha nova de Jacobo Aragunde Soutullo


    Humor Grandecheo: CINE DIXITAL NON É O CINE QUE SE FAI A DEDO.

    Cambados 27 de Novembro de 2009

    MAIS CURTAS

    NOVA PROXECIÓN DO CICLO CINEMAS DIXITAIS NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS ESTE VENRES 26 DE NOVEMBRO


            O Centro Comarcal do Salnés proxectará, maña venres 26 de novembro ás 18:00 h. a sesión que se denomina "AS COSTURAS DOS LENZOS (Muller)", das curtametraxes que se verán hai máis información no arquivo que se adxunta a esta nova. A entrada é de balde, ata completar aforo

    Achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais, promover as producións audiovisuais galegas e contribuír a estabilizar unha programación audiovisual nos concellos do país son as necesidades que a Consellaría de Cultura cubriu con este proxecto.

    O salón de actos do Centro Comarcal do Salnés converterase, de novo, en sala de cine grazas a esta rede de exhibición que a través do soporte dixital, vai continuar co ciclo de curtametraxes este venres 26 de novembro coa proxección do ciclo "AS COSTURAS DOS LENZOS (Muller)" dentro do ciclo cinemas dixitais.

    As curtametraxes que se proxectarán son:

    -         A ROSA DOS VENTOS dirixida por Jairo Iglesias

    -         AMELIA E AS SEREAS dirixida por Ghaleb Jaber

    -         MENIÑA dirixida por Daniel Domínguez

    -         NAIS dirixida por Mario Iglesias

    -         TODA CLASE DE PELES dirixida por Manuel D. Mayo

    Esta proposta pretende dar a coñecer a amplísima e excelente oferta de producións de curtas e achegar aos cidadáns do Salnés, as últimas producións de curtas sobre temas diversos.

    Humor Grandecheo: DA ESPADAINA A ESPADA.

    Cambados 26 de Noviembro de 2009

    A CAMBADESA ARACELI BUGALLO SEGUE SEN RIVAL EN GALICIA

    A CAMBADESA INICIOU A TEMPADA CAMIÑANDO FIRME CARA OU CAMPIONATO DE ESPAÑA


    Araceli Bugallo segue sen atopar rival en Galicia ao seu dominio na modalidade de espada. A tiradora cambadesa vén de gañar ou pasado domingo a primeira dás dúas probas que conforman o ránking autonómico dá especialidade, celebrada no anexo do Pazo Provincial de Deportes de Lugo.


    Nunha cita á que acudiron medio cento de espadas masculinas e femininas na categoría absoluta, Bugallo amosou un dominio esmagador sobre as súas rivais, desde a fase de grupos ata a mesma final, na que superou a súa compañeira non Compostela Esgrima Helena Piñeiro.

    A seguinte cita dá tiradora cambadesa será ou vindeiro 23 de xaneiro en Santiago. Alí, co apoio dá afección do seu club, Araceli Bugallo buscará referendar o seu pase ao Campionato de España de Espada na segunda e derradeira proba do Ranking Galego dá modalidade. Unha cita que non lle resulta para nada descoñecida, tendo en conta que a arousá pode presumir de contar na súa vitrina persoal con tres títulos nacionais, a máis diso varias participacións máis na máxima cita a nivel estatal.


    Acceder ao Campionato de España non lle debera resultar excesivamente complicado a Bugallo. E é que, de manterse ou sistema de clasificación dá pasada tempada, serán oito as representantes galegas na cita estatal.

    O ano pasado, a cambadesa fíxose acredora dunha praza no Nacional como mellor tiradora galega, logo de gañar o primeiro torneo autonómico e de ser subcampiona do segundo.

    Antes de encarar a segunda proba do Ranking Galego de Espada, Araceli Bugallo afrontará ou vindeiro mes de xaneiro un novo reto deportivo: a posta en marcha dá primeira escola municipal de esgrima de Vilagarcía.

    A tiradora cambadesa vén de recibir dá Fundación de Deportes dá capital arousá a luz verde definitiva a un proxecto ideado pola propia Araceli Bugallo xa non ano 2003. Daquela ou seu equipo, o Compostela Esgrima, barallaba a iniciativa de expandir ou club coa constitución de escolas de esgrima en Pontevedra, Barbanza e Arousa. De feito, a proposta estivo moi preto de cristalizar en Vilagarcía non outono do 2005, pero rematou nun caixón dá Fundación.


    Co título de monitora nacional, Bugallo ofertará baixo o paraugas do ente municipal dúas horas semanais de clases de iniciación á esgrima ata o mes de xuño, retomando unha actividade que desenvolvera durante dous anos nunha asociación vilagarciá. Problemas de espazo non local frustraron non 2007 a continuidade dá proposta.

    Humor GRandecheo: PASA A REDE, PASATE O VOLEI.

    Cambados 26 de Novembro de 2009

    O X.A.V. DE 2ª B , BARREU O RIANXO.

    RESULTADOS 21/22 NOVEMBRO

     

     

    2ª DIVISION B FEMININA

    XAV Cambados

    3-0 **

    ARQO Rianxo

    25-19/25-16/25-13


    Non perden nin un set e xa van cinco partidos. Costoulles un pouco arrancar no primeiro set, pero logo o partido foi a favor das nosas xogadoras. Xogaron Mariel Oubiña, Raquel Oubiña (líbero), Gema Chazo, Susana Falcón, Fátima Cortegoso, Paula Rial; as xuvenís Leticia Nogueira e Tania Charlín e a cadete Nicole Magariños.

    Clasificación trala Xornada numero 5

    EQUIPO

    PJ

    PG

    PP

    NP

    JF

    JC

    TF

    TC

    PUNTOS

    1

    XAV Cambados

    5

    5

    0

    0

    15

    0

    375

    225

    10

    2

    CV Brétema

    4

    3

    1

    0

    11

    6

    386

    337

    7

    3

    Emeve Lab. Nupel B

    4

    2

    2

    0

    7

    6

    284

    296

    6

    4

    ARQO Rianxo

    4

    2

    2

    0

    6

    8

    292

    269

    6

    5

    Bertamiráns Voleibol

    4

    2

    2

    0

    6

    10

    321

    356

    6

    6

    Dodro Os Bacelos

    5

    1

    4

    0

    8

    14

    421

    484

    6

    7

    Voleibol Maniotas

    3

    2

    1

    0

    8

    4

    279

    229

    5

    8

    CV Val do Dubra

    5

    0

    5

    0

    2

    15

    248

    410

    5


    LIGA GALEGA CADETE FEMININA

    CV Ribeira Sacra

    3-0 **

    XAV Cambados

    25-15/25-14/25-8


    Fixeron un partido bastante bo, diante dun rival sobrado. Ollo co Ribeira Sacra! Non podemos máis que felicitar a Aida Rey, Paula Serantes, Clara Fernández, Andrea Carbajal, Nicole Magariños, Fuensanta Buceta e ás infantís Mariña Durán, Lara Diz, Estela Vilanova e Bibiana Silva (líbero).

    Clasificación trala Xornada numero 5

    EQUIPO

    PJ

    PG

    PP

    NP

    JF

    JC

    TF

    TC

    PUNTOS

    1

    CV Ribeira Sacra

    5

    5

    0

    0

    15

    0

    375

    146

    10

    2

    Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova A

    4

    3

    1

    0

    9

    4

    293

    225

    7

    3

    XAV Cambados

    5

    1

    4

    0

    4

    13

    262

    403

    6

    4

    CVO Divina Pastora

    4

    0

    4

    0

    1

    12

    166

    322

    4


    LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA

    Ribeira Sacra A

    3-0 **

    XAV Cambados A

    25-10/25-14/25-10


    As infantís volveron perder contra o Ribeira Sacra. Non sei se foi o cansancio por ter que levantarse cedo ou o que foi, pero as infantís perderon sen loitar polo partido. Non puxeron moito da súa parte para gañar polo menos un set. Hai que desexarlles sorte no partido seguinte contra o Ourense en Cambados. Xogaron Sandra Moares, María Pomares, Estela Vilanova, Bibiana Silva, Mariña Durán, Marta Palacios, Carmen Rodríguez, Lara Diz, Iria Martínez e Celia Bao.

    Clasificación trala Xornada numero 5

    EQUIPO

    PJ

    PG

    PP

    NP

    JF

    JC

    TF

    TC

    PUNTOS

    1

    Ribeira Sacra A

    5

    5

    0

    0

    15

    0

    375

    185

    10

    2

    XAV Cambados A

    5

    3

    2

    0

    9

    8

    353

    325

    8

    3

    Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova

    4

    1

    3

    0

    5

    9

    244

    324

    5

    4

    Escola CV San Martiño Ourense

    4

    0

    4

    0

    0

    12

    162

    300

    4

     


    LIGA ZONAL CADETE FEMININA

    XAV Cambados B

    3-1 **

    Turismo de Vigo Caixanova B

    25-19/25-15/17-25/25-19

     

    Comercial Durán

    0-3 **

    XAV Cambados B

    15-25/12-25/19-25


    Excelente rendemento das cadetes B que gañaron os seus dous partidos en Portonovo. Xogaron Minerva Abal, Sara Prego, Cristina Prego, Margarita Barreiro, Zoe Cacabelos, Noelia Corbacho, Melina Costa, Mariña Padín, Marta Charlín, Alicia Serantes, Cristina Diz, Consuelo Alfonso, Lucía Oubiña e a capitá Ana Prado. Á espera do que poida pasar nos dous últimos partidos o 05/12 en Teis encabezan a clasificación. Ben feito!

    Clasificación trala Xornada numero 4

    EQUIPO

    PJ

    PG

    PP

    NP

    JF

    JC

    TF

    TC

    PUNTOS

    1

    XAV Cambados B

    4

    4

    0

    0

    12

    4

    341

    297

    8

    2

    Turismo de Vigo Caixanova B

    4

    3

    1

    0

    10

    3

    304

    242

    7

    3

    Comercial Durán

    4

    1

    3

    0

    5

    11

    300

    332

    5

    4

    CV Dorrón

    4

    0

    4

    0

    3

    12

    273

    347

    4

    Humor Grandecheo: CASA SIN TELLADO, TELLEIRA NA FIANTEIRA

    Cambados 26 de Noviembre de 2009

    O GDR RENOVA AS MESAS SECTORIAIS

    CHON REELIXIDO NOVAMENTE POR UNANIMIDADE

    EN REPRESENTACIÓN DAS ENTIDADES CULTURAIS DEPORTIVAS…


    A asociación do Grupo de Desenvolvemento Rural do Salnés (GDR www.gdrosalnes.com), que se encarga da xestión do programa Leader 2007-2013, celebrou onte varias reunións no centro de interpretación ambiental A Telleira, de Vilalonga (Sanxenxo). Presentouse un informe sobre a tipoloxía dos proxectos presentados ao Leader e presentouse aos socios as propostas innovadoras para o premio GDR O Salnés. Asemade dentro do orde do dia e concretamente no punto 5º estaba a renovación dos representantes  da mesa sectorial na xunta directiva segundo os estatutos da asociación e concretamente no que se refiere a mesa  das asociacións  deportivas , recreativas de veciños e culturais, acordouse por unanimidade que continuara no cargo o presidente de Unha Grande Chea , Xaquín Charlín “Chon”.


    Humor Grandecheo: A POESIA É O COMENZO DOUN SOURISO.

    Cambados 25 de Novembro de 2009

    XORNADAS LITERARIAS EN CAMBADOS

    RAMÓN CABANILLAS: A MODERNIDADE NA POESÍA GALEGA

    Por este orde: Carlos L. Bernardez, Luis Rei, Gonzalo Navaza, Ramón Nicolás, Miro Villar, Ramón Caride, Domingo Tabuyo, Elvira Riveiro, Kamo Petrosyan, Luis González Tosar, Manuel Bragado, Xosé Maria Dobarro e Xosé Ramón Pena.

    Cambados (EXPOSALNÉS), 27 e 28 de novembro 2009

    Organiza: Centro P.E.N. de Galicia

    Patrocinan: Ministerio de Cultura

    Dirección General del Libro, Bibliotecas y Archivos

    Colaboran: Concello de Cambados

    Sociedade para o Desenvolvemente Comarcal de Galicia. Salnés.

    Venres, 27 novembro:

    17,00 hs.- A significación de “Samos” a cargo de Carlos L. Bernárdez.

    Presenta.- Ramón Caride Ogando

    19,00 hs.- Cabanillas na voz dos poetas de hoxe Música e poesía.       

    Interveñen.- Silvia Penas, Elvira Riveiro, Miro Villar

    Ramón Caride Ogando, Domingo Tabuyo, Luís González Tosar. Música a cargo de Kamo Petrosyan, presenta  Ramón Nicolás

    Sábado, 28 novembro:

    11,30 hs.- Presentación da “Poesía galega completa” de Ramón Cabanillas (Edicións Xerais de Galicia)

    Interveñen.- Xosé Ramón Pena, Xosé Mª Dobarro, Manuel Bragado.

    12,30 hs.- Actualidade da obra de Cabanillas

    Interveñen.- Xosé Mª Dobarro, Xosé Ramón Pena, Luis Rei

    Presenta.- Gonzalo Navaza.

    Humor Grandecheo: O DINASAURIO MAIS FERROZ CHAMASE: IGNORANCIUS TOTALIS

    Cambados 25 de novembro de 2009

    REPRESENTACIÓN DUN DINOSAURIO A TAMAÑO REAL:

    POLOS ALUMNOS DA PRIMEIRO DA ESO DO ASOREY DE CAMBADOS


    Arxentinosaurus: 50 m de lonxitude, 15 m de altura e 40 toneladas (quedouse un pouco curto no peso, necesitabamos máis xente). Participou todo o centro e a actividade estivo realizada polo alumnado de 1º de ESO que se encatgou de facer o debuxo e distribuir o traballo.

    Humor Grandecheo: O HUMOR GALEGO NON É MUNDIAL, SENÓN QUE O MUNDO E DO HUMOR GALEGO.

    Cambados 25 de Novembro de 2009

    O MECO-CAMBADÉS GOGUE EN NEW YORK

    ALI COINCIDEU CON BILL GALLO

    Gogue con Bill Gallo   na redaccion do Daily News

    Gogue estivo en New York de donde volveu a semana  pasada, ali estivo con  Bill Gallo quen  leva varios anos pasando uns dias sempre na Illa da Toxa e depaso comendo e ceando no Restaurante Dorna, donde Gogue soubo del por Marisol e Lis. Fixeron  unha grande amizade, pois son colegas de profesion, Bill  con Bertha e Yuchie e Gogue con Floreano.

    BILL GALLO, naceu en Manhattan o 28 de Decembro de 1922, é un dos máis prestixiosos debuxantes de prensa dos Estados Unidos traballando diriamente no Daily News desde 1941. Foi chamado ao Exercito e paticipó na Segunda Guerra Mundial na zona do Pacifico. É o creador dos personaxes Bertha e Yuchie, moi coñecidos na prensa americana.As súas grandes paixóns son o Beisbol e o Boxeo, onde leva moitos anos debuxando, creando e cultivando premios e mencións pola súa gran creatividade e humanidade para goce dos seus miles de admiradores tanto de Estados Unidos como do resto do Mundo. Recibiu o James J. Walker Award da Asociación de Escritores de Boxeo e o Champions Award do Downtown Athletic Club.  Está incluído no International Boxing Hall Of Fame. Recibiu da National Cartoonist Society o Milton Caniff Lifetime Achievement Award en 1998 e moitos innumerables premios mais, o que fan deste xenial artista sexa un dos mais admirados caricaturistas da prensa americana na actualidade. 


    Humor Grandecheo: AGUSTIN SACAME UNA FOTO..."LLEVO PISA Y NO TENGO CADETE"

    Cambados  24 de Novembro de 2009

    EVA SOTO E EDUARDO APARIZ TRABALLANDO XUNTOS

    A FAMOSA DESEÑADORA CAMBADESA E O FAMOSO FOTOGRAFO COLABORAN NUN GRAN TRABALLO.

    Moda, fotografia e cetreria nunha mesma imaxe, e non está trucada.

    Este traballo foi encargado pola afamada deseñadora cambadesa Eva Soto, "Tesoira de Prata 2008"para a súa colección "Pajaros na cabeza" .Todo un pracer poder traballar con Eva Soto e contar coa inestimable colaboración dos cetreros Evaristo e Moncha ,que co seu saber facer co aguia, falcón e bufo, fixéronnos o traballo moito mais fácil. Ningunha das fotografías é unha montaxe , só froito da paciencia e saber facer dos adiestradores e as modelos Andrea e Aelssandra.
    Todo un pracer, unha vez mais , traballar con Eva Soto e poder fotografar o seu enorme talento plasmado nas súas creacións. Podes ver parte dos seus diseños premendo AQUI

    Eduardo Apariz

    Humor Grandecheo: QUE É POESIA...POESIA É RAMÓN NOGUEIRA.

    Cambados 24 de Novembro de 2009

    OS LUNS A POESIA DE RAMÓN NOGUEIRA

    ALMORZAR INTENSIDADE



     “Envexo que as estrelas non teñan vertixe”

    Neste mundo incompleto
    de saciedade de carne
    (de comer ao outro)
    acompaño as raiolas de sol
    no seu camiño agarimoso
    entre as polas
    abrindo fiestras
    e molestando nos ollos
    ás oito da mañá.
    Coa luz vexo
    e vexo cada enfeitizado,
    cada cortello de sentimentos,
    cada un
    gardadiño nun peto,
    non vaia ser que se vaian…
    Quero unha lupa!
    e ver xunto coas raiolas de sol.
    Completar
    os vacíos cheos de mágoa,
    o sentimento
    completamente magoado
    pero cheo de luz,
    da nosa luz.

    Humor Grandecheo: GRANDE XUNTANZA, GRANDE GAITEIRADA

    Cambados 23 de Novembro de 2009

    HOTEL OS PAZOS, FABULOSO ANFITRIÓN

    A XUNTANZA DE CANLES YOU TUBE NON PUDO BUSCAR MELLOR LUGAR

    FELICITACIÓN POR PARTE DOS ASISTENTES A UNHA GRANDE CHEA POLA ORGANIZACIÓN.



    1.- membros de Unha Grande Chea brindando cos demais concentrados no Pazo A Capitana.- 2.- Carmelo xerente do Hotel Os Pazos facendo a queimada  despois da cea.

    Como ben sabedes o pasado sabado celebramos a II Xuntanza de Amigos das Canles Galegas You Tube, cun programa de actos moi completo, Pavitren, Recepción no Concello, Ruinas de Santa Mariña, Pazo a Capitana, e debido a choiva non poidemos asistir a outros lugares que tiñamos programados, pero tiñamos certo temor a Hotel Os Pazos, porque nunca  celebraramos nada ali pese a estar no centro de Cambados, pero os temores volveronse en satisfaccións porque a acollida por parte de Carmelo e familia foi maravillosa, a comida excelente (felicitacións as cociñeiras) e o prezo excepcional, Carmelo tivo a delicadeza de facernos ademais despois da cea unha boa queimada con aturuxo incluido, todo elo adornado con gaiteirada tanto despois de comer como despois de cear. Podes ver un resumo fotográfico en “As nosas fotos” e videos nas canles you tube XOANARCODAVELLA e ETERNIA7. Os asistentes que o longo da tarde noite foron aumentando ata chegar a treinta persoas, marcharon contentisimos pola vila, pola xuntanza, pola nosa organización e sobre todo polo Hotel Os Pazos, lugar que recomendamos expresamente para calqueira clase de celebración. Tamén lle queremos agradecer o Pazo A Capitana pola súa acollida e por facernos partícipes dos seus excecelentes caldos como Albariño, Espedeiro e Tinto Barrantes. Xornada completa quizais un pouquiño deslucida pola choiva pero na maravillosa terra na que estamos tampouco é de extranar. Grazas a todos os asistentes por facernos tan felices.



    Humor Grandechea: CANEANDO (FACENCO CANAS) QUE É XERUNDIO

    Cambados 23 de Novembro de 2009

    O NOSO CASTI O MELLOR TIRADOR…DE CANAS
    O MELLOR DO ESTADO ESPAÑOL


    As “canas” son unha das consumicións máis populares en case calquera bar. Pero aínda que o acto de encher un vaso con cervexa de barril pareza sinxelo ten a súa arte, e nas escolas de hostalería ensínanse diferentes técnicas para “tiralas”. Un veciño de Cambados de 23 anos, Alberto Castiñeiras Cacabelos, pode considerarse como un dos mellores “tiradores” de canas de cervexa de toda España.
    Alberto Castiñeiras estuda Cociña na Escola de Hostalería de Santiago de Compostela e tras realizar un curso de coctelería con Juanjo Fernández “presidente da Asociación Galega de Barman” en abril deste ano participou no campionato galego de Coctelería, alzándose coa vitoria na categoría de mozas.
    Grazas a ese triunfo invitáronlle a dous campionatos nacionais, un celebrado en maio en Sitges (Barcelona) “organizado por unha marca de ron”, e outro convocado pola Federación de Asociacións Españolas de Barman, que tivo lugar hai pouco en Palma de Mallorca.
    A cana perfecta
    Este torneo de Palma dividíase en tres modalidades distintas: elaboración de gin-tónic, coctelería e tiradores de cervexa, e Castiñeiras gañou este último. O xurado requiría unhas normas moi estritas: debían encher de cervexa o 70 por cento do vaso, e este debía manter unha inclinación de 45 graos con respecto á billa.
    Outra condición era que a cana tivese dous dedos de espuma “sen que pasase en ningún momento o bordo do vaso” e o xurado analizaba tamén a técnica e a posición do camareiro detrás da barra.
    Alberto Castiñeiras tardou entre tres e catro minutos en completar cada unha das dúas “canas” que tivo que servir, pero ao final o xurado valorou que ambas se achegaban moito ao que se considera a “cana ideal”, polo que lle outorgaron a máxima puntuación na súa categoría.
    “Nun concurso así non podes tirar a cervexa toda de golpe. Eu fíxeno en tres tempos”, comentaba Alberto Castiñeiras, un mozo apaixonado pola cociña, tanto que nin sequera os seus éxitos como barman fanlle dubidar se escolleu ben a especialidade que estuda na escola de Hostalería.
    “Isto todo foi grazas a Juanjo Fernández e a José Soto “o relacións públicas da Asociación Galega de Barman”, que son quen estiveron comigo e os que máis fixeron por min”, comentaba un exhultante Castiñeiras ao seu regreso de Palma de Mallorca.
    Vocación hostaleira
    Alberto Castiñeiras foi xogador de baloncesto e na actualidade adestra o equipo junior feminino do Xuventude de Cambados, e é o segundo adestrador do filial deste mesmo club. Tras terminar os estudos secundarios matriculouse en Relacións Públicas na Coruña, pero non chegou a terminar os estudos. Recorda que “sempre quixen dedicarme á hostalería, desde pequeño”, de modo que ao final deixou as relacións públicas e buscou o seu lugar na escola de cociña de Santiago.
    Está convencido de que ese é o oficio ao que desexa dedicarse “co que terá a oportunidade de continuar a excelente tradición de restauradores que ten Cambados” e que a cociña é o seu.
    A pesar de todo, non nega que os traballos de barra tamén lle atraen, e de feito xa decidiu participar no próximo campionato galego de Coctelería, co obxectivo de obter o billete para o nacional.

    Texto e foto Faro de Vigo.

    Humor Grandecheo: A CIENCIA CERTA...CERTA CIENCIA

    Cambados 21 de Xaneiro de 2009

     

    SEMANA DA CIENCIA

     

    ANO DARWIN-ANO DA ASTRONOMÍA


    ORGANIZA: Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química do I.E.S. Francisco Asorey. Cambados

    DATAS: 23 a 30 de outubro

     

    Como en anos anteriores o centro quere sumarse a esta importante celebración que ten lugar todos os anos en Novembro para chamar a atención do alumnado e da comunidade en xeral, sobre un evento, ou tema científico, de interese. Este ano adicámollo á Astronomía e á persoa e a obra de Charles Darwin, pioneiro no estudo da evolución das especies. Coa finalidade de darlle a maior difusión posible fixemos unha serie de actividades nas que participaron profesorado e alumnado, algunhas delas abertas e ás que convidamos a todas as persoas que estean interesadas.

     

    ACTIVIDADES:

     

    EXPOSICIÓNS:

    -Darwin: a súa vida e a súa obra

    -Evolución da vida-expecies extinguidas (elaborada polo alumnados de 1º de ESO)

    -Libros

    -Fósiles

     

    OBRADOIROS:

    -Astronomía (alumnado)

    -Dinosaurios (alumnado)

    -Observación do ceo nocturno: mércores 25, das 19 ás 21 horas, no patio do centro.

      Dirixida por membros da Asociación Astronómica “Sirio” de Pontevedra (actividade  aberta)

     

    VISITAS GUIADAS POLO ALUMNADO:

    -Para grupos de Primaria interesados.

     

    TEATRO:

    -“Discurshow. Matarratas Darwin” (alumnado)

    Humor Grandecheo: CANTANDO CHÉGASE A ROMA.

    Cambados 21 de Novembro de 2009

    THE HENRY WARNIMONT EN TV

    NA CANLE CORREO


    O grupo cambadés The Henry Warnimont foi entrevistado pola canle de TV  CORREO  nunha ampla reportaxe. Este grupo que en principio se chamaba “Play Back” deuse a coñocer por primeira vez nunha actuación perante o gran público na Noite Beatles organizada por Unha Grande Chea en Discoteza Zao. Unha da suas mais sonadas actuacións foi no Flup Pop festival rock que tivo lugar en Cambados, así como na derradeira Festa do Albariño despois de varias peticións desta páxina para que asi o fixeran. Están adquirindo experiencia a pasos axigantados. Podes ver a reportaxe premendo AQUÍ.

    Humor Grandecheo: YOU TUVE CAMBADOS A TOPE

    Cambados 21 de Novembro sw 2009

    II XUNTANZA DE CANLES GALEGAS YOU TUBE

    FORON RECIBIDOS NO CONCELLO DE CAMBADOS


    Ás 13 horas e despois de percorrer o pobo no Pavitren os asistentes a II Xuntanza de Amigos das Canles Galegas You Tube, foron recibidos no Concello de Cambados polo teniente de Alcalde Antonio Iglesias Pombo, o Presidente de Unha Grande Chea, agredeu os asistentes a su presencia e animandos a continiuar propagando a nosa terra polo mundo adiante por medio de you tube. O Sr. Iglesias doulle a benvida o noso pobo os asistentes e agredeceulles que escolleran Cambados para celebrar este evento. Logo xiraron visita o Pazo-Adega-Casa Rural “A Capitana” donde degustaron os ricos caldos da súa adega e de seguido retiraronse a xantar o Hotel Restaurante Os Pazos.  En breve pondremos unha ampla reportaxe fotográfica do evento.

    Humor Grandecheo: A PELOTA SALTA E VOTA.

    Cambados 20 de Novembro de 2009

    O XAV CONSEGUE DUAS VITORIAS E DUAS DERROTAS

    RESULTADOS 14/15 NOVEMBRO

    2ª DIVISION B FEMININA

    25-12 25-8 25-13

    Cuarta victoria consecutiva, sen ceder un set, do equipo senior. Partido rápido e sen grandes dificultades; en tres cuartos de hora superaron ó Val do Dubra que opuxo esforzo e vontade. Xogaron Mariel Oubiña (capitá), Raquel Oubiña (líbero), Gema Chazo, Paula Rial, Salomé Lois, Fátima Cortegoso, Lidia Gómez e Nicole Magariños (cadete).

    Clasificación trala Xornada numero 4

    EQUIPO

    PJ

    PG

    PP

    NP

    JF

    JC

    TF

    TC

    PUNTOS

    1

    XAV Cambados

    4

    4

    0

    0

    12

    0

    300

    177

    8

    2

    CV Brétema

    3

    2

    1

    0

    8

    4

    276

    248

    5

    3

    ARQO Rianxo

    3

    2

    1

    0

    6

    5

    244

    194

    5

    4

    Bertamiráns Voleibol

    3

    2

    1

    0

    6

    7

    259

    278

    5

    5

    Dodro Os Bacelos

    4

    1

    3

    0

    7

    11

    334

    391

    5

    6

    Emeve Lab. Nupel B

    3

    1

    2

    0

    4

    6

    206

    234

    4

    7

    CV Val do Dubra

    4

    0

    4

    0

    0

    12

    159

    300

    4

    8

    Voleibol Maniotas

    2

    1

    1

    0

    5

    3

    186

    142

    3

     

    LIGA ZONAL XUVENIL FEMININA

    Grupo: Norte

    25-18/25-13/15-25/19-25/15-8

    Nun partido longo e de marcador incerto, as xuvenís pasaron de perder 2-0 a empatar o encontro para finalmente sucumbir no quinto set. É a primeira derrota do equipo na competición. Participaron Tania Charlín (capitá), Ana Pombo (líbero), Leticia Nogueira, Andrea Carro, Isabel Lois, Nelly Vidal, Selemne Jorge, Sofía Fernández, Noa García e Valentina Barreiro.

    Clasificación trala Xornada numero 3

    EQUIPO

    PJ

    PG

    PP

    NP

    JF

    JC

    TF

    TC

    PUNTOS

    1

    IES Bertamirans Voleibol

    3

    3

    0

    0

    9

    2

    265

    199

    6

    2

    XAV Cambados

    3

    2

    1

    0

    8

    5

    275

    233

    5

    3

    Xiria Asesoria Cervantes

    3

    2

    1

    0

    8

    7

    310

    294

    5

    4

    Voleibol Dumbria

    3

    1

    2

    0

    7

    6

    278

    253

    4

    5

    CD Conxo

    3

    1

    2

    0

    5

    8

    245

    291

    4

    6

    CV Noia

    3

    0

    3

    0

    0

    9

    123

    226

    3

     

    LIGA GALEGA CADETE FEMININA


    9-25 29-27 14-25 6-25

    Entre lesións e gripes só poideron acudir ó encontro cinco cadetes ás que axudaron catro infantís. Partido de grandes contrastes xa que a pesar de gañar o segundo set, o primeiro e o último caeron do lado vigués dunha maneira fácil. Necesitamos ese espíritu de loita dos segundo e terceiro set para próximas xornadas. Xogaron Paula Serantes (capitá), Nicole Magariños, Fuensanta Bugallo, Clara Fernández, Aida Rey e as infantís Bibiana Silva (líbero), Estela Vilanova, Lara Diz e Mariña Durán.

    Clasificación trala Xornada numero 4

    EQUIPO

    PJ

    PG

    PP

    NP

    JF

    JC

    TF

    TC

    PUNTOS

    1

    CV Ribeira Sacra

    4

    4

    0

    0

    12

    0

    300

    109

    8

    2

    Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova A

    4

    3

    1

    0

    9

    4

    293

    225

    7

    3

    XAV Cambados

    4

    1

    3

    0

    4

    10

    225

    328

    5

    4

    CVO Divina Pastora

    4

    0

    4

    0

    1

    12

    166

    322

    4

     

    LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA

     


    25-18 25-19 21-25 25-13

    O partido peor xogado das infantís no que levamos de temporada. As infantís non xogaron co seu bó xogo ao que nos teñen acostumados ata os últimos puntos do encontro. Os seus saques puideronlle xogar unha pala pasada ao equipo de Aida Cortegoso. Aínda que gañaron, agardamos mellor xogo das infantís este domingo ás 11:30 en Monforte contra a Pinguela. Neste partido xogaron: Bibiana Silva (capitá), Estela Vilanova, Celia Bao, Mariña Durán, Claudia Cores, Carmen Cortegoso,Lara Diz, Marta Palacios, Iria Martinez. Na bancada quedaron: Sandra Moares e María Pomares.

    Clasificación trala Xornada numero 4

    EQUIPO

    PJ

    PG

    PP

    NP

    JF

    JC

    TF

    TC

    PUNTOS

    1

    Ribeira Sacra A

    4

    4

    0

    0

    12

    0

    300

    151

    8

    2

    XAV Cambados A

    4

    3

    1

    0

    9

    5

    319

    250

    7

    3

    Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova

    3

    0

    3

    0

    2

    9

    169

    268

    3

    4

    Escola CV San Martiño Ourense

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    Humor Grandecheo: O CINE É O IRREAL MÁIS REAL.

    Cambados 20 de Novembro de 2009

    HOXE VENRES, NOVA PROXECIÓN DO CICLO CINEMAS DIXITAIS

    NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS

            O Centro Comarcal do Salnés proxectará, o venres 20 de novembro ás 18:00 h. a sesión que se denomina "A XAURÍA HUMANA (Galicia na Guerra Civil)", das curtametraxes que se verán hai máis información no arquivo que se adxunta a esta nova. A entrada é de balde, ata completar aforo.

    Achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais, promover as producións audiovisuais galegas e contribuír a estabilizar unha programación audiovisual nos concellos do país son as necesidades que a Consellaría de Cultura cubriu con este proxecto.

    O salón de actos do Centro Comarcal do Salnés converterase, de novo, en sala de cine grazas a esta rede de exhibición que a través do soporte dixital, vai continuar co ciclo de curtametraxes este venres 20 de novembro coa proxección do ciclo "A XAURÍA HUMANA (Galicia na Guerra Civil)" dentro do ciclo cinemas dixitais.

    As curtametraxes que se proxectarán son:


            1939: UN BERRO DE SILENCIO FORMULARIOS TRUCULENTOS, dirixida por Alicia Conchas.


            A GUERRA DOS AVÓS dirixida por Oscar Galansky


            ALMA ESQUECIDA dirixida por Clara García Nieto


            CORES dirixida por Jairo Iglesias

      

    MINAS dirixida por Dani De la Torre


            RIBADEO, 1936 dirixida por Jairo Iglesias


            SOLDADO SEN FORTUNA dirixida por Roque Cameselle

    Esta proposta pretende dar a coñecer a amplísima e excelente oferta de producións de curtas e achegar aos cidadáns do Salnés, as últimas producións de curtas sobre temas diversos.

    --

    Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés

    Paseo da Calzada s/n

    36630 Cambados (Pontevedra)

    Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12

    Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com