UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    FALTA 1 DIA

    MANOLO PAZ SERÁ INVESTIDO "CHALEQUEIRO" DE UNHA GRANDE CHEA O MARTES DE ANTROIDO NA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS
    Unha Grande Chea Cambados (2) Unha Grande Chea Cambados (4) Unha Grande Chea Cambados (3)
    De esquerda a dereita o actor Carlos Blanco (chalequeiro 2005), o polifácetico Luis Rei (Chalequeiro 2006), os donos do Pub A Leria (chalequeiros 2007) .
     
    A directiva da Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande Chea por unanimidade acordou nomear "Chalequeiro 2008" o artista cambadés Manolo Paz  quen naceu en 1957 en Castrelo, Cambados (Pontevedra), vila  na que vive actualmente. No seu taller, en Quintáns, Cambados, nun amplo prado xunto ao mar, algunhas das súas pezas máis fermosas dialogan en silencio coa natureza. Nado e criado nunha "casa de traballo" galega, na que a súa familia atendía negocios de carnicería e do campo, Paz comezou de neno a facer tallas de madeira coa súa navalla.
    Entre 1978 e 1979 estudou en Santiago de Compostela, na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo. En 1980, comezou a traballar como profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio, Pontevedra, actividade que desenvolvería ata 1990. Hoxe por hoxe é un dos artistas galegos de mais prestixio e con fama internacional.
    Unha Grande Chea Cambados
    A partires do martes de Antroido Manolo Paz xa poderá lucir o seu Chaleco de "Unha Grande Chea"
     
    Ven  así a engrosar a lista de chalequeiros de Unha Grande Chea que cada vez acada máis prestixio. Esta distinción naceu o ano 2005 cando nos constituímos de comparsa a Asociación Cultural e Deportiva é un galardón que distingue a unha personaxe destacada pola súa defensa do entroido e polos seus valores humanos. O martes de Entroido as 19.00 horas no "show" que vai facer a nosa Asociación na Praza de Alfredo Brañas, Manolo Paz será investido "Chalequeiro". Parabéns Manolo.

    O "CONTRABANDO" E A REVISTA "A CALCADA" XA ESTÁN NA RÚA

    (Donativo 1 €)

    UNHAGRANDECHEA REVISTA CAMBADOS UNHAGRANDECHEA REVISTA CAMBADOS (1)

    A revista "A CALCADA" e o "CONTRABANDO", xa están na rúa, podes adquirila dirixíndote a calquer directivo ou membro da Asociación polo "Donativo 1 €". Na revista pódense ver os nosos políticos con poses eurovisivas cantando todos en "Cheavisión" , Montse Prado, Luis Aragunde, Roque Durán, Anabel Carro, Touris e gogos, os tres edís do BNG en Cambados, Domingo Tabuyo e Pepe Daporta e Raphael Louzán, todos eles dignos de ver. No "contrabando" o noso alcalde dinos que os cambadeses non facemos nada  e que todo nos fixeron os de foro, así como que non entende a nosa "jerga" coloquial para comunicarnos.

    -----------------------------------------

    FALTAN 3 DÍAS PARA O ENTROIDO.

    "LA VOZ DE GALICIA", "FARO DE VIGO" E "DIARIO DE AROUSA" FÁNSE ECO DO NOSO PROGAMA DE ENTROIDO.

    unhagrandechea cambados entroido (1) unhagrandechea cambados entroido (2) unhagrandechea cambados entroido

    Coma sempre temos que agradecer os medios de prensa arousáns "La Voz de Galicia", "Faro de Vigo" e "Diario de Arousa", o tratamento e divulgación que fixeron do noso programa de actos, dando tamén publicidade os entidades que colaboran con nos neste caso unha entidade privada como é Discoteca Zao. Tamén nesta ocasión témolle que agradecer a Tele Salnés Barbanza  que hoxe mesmo sen ir máis lonxe vainos vir gravar para un especial que están a facer do Entroido en Arousa.  Temos todo en marcha e en especial "Cheavisión" en Discoteca Zao o vindeiro venres onde todos estades invitados a participar na festa.


    EMPRESAS QUE QUEIRAN FACER PUBLICIDADE:


    Dende aquí queremos facer chegar que si algunha empresa quere colaborar no pago do palco do martes de entroido  non ten máis que dirixirse a nos, en pago fariamos publicidade  da mesma en pleno escenario.

         XOCAS NOS ENSAIOS

     

    -----------------------------------------

    NEVE EN CAMBADOS 

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS NEVE (5)

    "Cambados nevado, dende a Pastora".(Preme na foto para vela ampliada.)

    O outro día puxemos no noso fotolog a fotografía que vedes arriba obra de Adela Leiro, e nada máis poñela , o noso amigo, colaborador e membro que foi de Unha Grande Chea, Xaime Pillado fíxonos chegar as seguintes co texto que as describe.

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS NEVE (1)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS NEVE (2)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS NEVE (3)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS NEVE

    Fotos de Xaime Pillado.(Preme nas fotos para velas ampliadas)

    A última vez que nevou en Cambados foi o 14 de xaneiro do ano 87. As palmeiras do recheo eran pequenas, non había estación de autobuses, non estaba acabado o edificio de Montblanc, o parque infantil estaba na rotonda actual. Grazas Xaime.

    -----------------------------------------

    O ESPAZO DE ANGEL CAMBADOS http://4ngelct.spaces.live.com/

    nuevo-2

    O noso amigo e colaborador Angel Cambados Tirado acaba de iniciar tamén a súa travesía pola rede  cambadesa de Internet en solitario, e agora tamén podemos ver as súas opinións, os seus artigos e as súas afeccións en http://4ngelct.spaces.live.com/ . Pégalle unha pasada que paga a veno velo.

    -----------------------------------------

    INFORMACIÓN ELECTORAL

    Dende hoxe e ata o día de reflexión iremos publicando neste páxina todos os mitins e actos electorais que os partidos nos vaian comunicando o noso correo unhagrandechea@hotmail.com e resaltamos isto, porque cando dicimos todos son TODOS, a única premisa que teñen que cumprir e que nolo remitan con certa antelación. Despois que non nos reprochen que publicamos uns si e outros non.

    unhagrandechea cambados bng

    ACTO PÚBLICO EN CATOIRA O XOVES DÍA 31

     

    O xoves día 31 ás 20:30h. no Centro Social de Oeste (parroquia de Santa Baia),  Nando Casal (portavoz municipal), Duarte Correa (Responsábel-portavoz Comarcal do BNG) e Teresa Táboas (membro do Consello Nacional do BNG e Conselleira de Vivenda e Solo).

    -----------------------------------------

    I LIGA DE INVERNO DE TENIS

    unhagrandechea cambados tenis.

     

    www.teniscambados.cjb.net
    O Clube de Tenis de Cambados organiza a I Liga de Inverno de Tenis, que se celebrará nas pistas d'O Pombal todos os fins de semana de Febreiro ate Abril. Poderán participar todos os afeccionados a este deporte da comarca, sendo socios ou non de dito clube.
    Os prezos son:
    Socios : Menores 5€ e Maiores 10€
    Non socios: Menores 20€ Maiores 25€.
    Os interesados deberán chamar antes das 14 horas do día 30 de Xaneiro aos números 670 06 19 ou 659 29 94 09; ou contactar por medio do correo-e a
    teniscambados@gmail.com
    Colabora o Concello de Cambados.
    Óscar Pardo-Planas, voceiro.

    -----------------------------------------

    MILLADOIRO EN BARCELONA

    15

    Milladoiro (Preme na foto para vela ampliada)

    O Grupo Milladoiro dara un concerto o vindeiro 5 de Febreiro en Barcelona, no Palau da Musica dentro do IX Festival del mil.lenni.  Máis información en
    http://www.festivalmillenni.com/cat/conciertos.asp     
    http://www.milladoiro.com/Paxp.htm.

    -----------------------------------------

      CAMBADOS B - ARMENTEIRA (SUSPENDIDO)

    SANY0769

    Cambados B (Preme na foto para vela ampliada.)

    Onte os rapaces do Cambados B e cando mellor estaban a xogar, suspenderolle o partido. O  colexiado cando un xogador suplente do equipo contrario fixo ademán de agredir o mesmo. O entrenador contrario sin que ninguen lle dixera nada mandou que os seus xogadores se ducharan cando ambolos dous delegados dos equipos estaban a falar co arbitro sobre o que pretencia facer. Cando os tres chegaron a un acordo de continuar o partido o Armenteira xa estaban de roupa de rúa. Unha artimaña do entrenador que non lle vai valer para nada. O resultado no intre da suspensión, minuto 65 de encontro era 2-0 a prol do Cambados B. Máis deporte e menos artimañas.

    -----------------------------------------

      http://es.youtube.com/papigil 

    PRESENTANOS EN TEXTO E VIDEO A LENDA DE SAN ERO 

    Rei Afonso X cóntanos na Cantiga a Santa María número 103 o milagre acontecido ao nobre Ero, señor e despois abade do Mosteiro de Armenteira. A lenda pertence ao ciclo celta dos contos sobre o Paraíso, conservados nas tradicións orais de Bretaña, Cornualles, Gales, GALICIA e Irlanda.
    A lenda de San Ero de Armenteira relaciónase tamén coas do abade Virila ( Navarra ) e o monxe de Heisterbach. É un clásico teolóxico dos goces da eternidade que tivo unha ampla repercusión literaria no mundo occidental, coma sucedeu no mosteiro benedictino flamenco de Afflighem entre 1122-1195, ou coma en Francia, onde hai cara a 1195 unha tradución do bispo de Paris, ou reproducido tamén no ano 1212 por Jacobo de la Vorágine.
    *A LENDA DE SAN ERO :
    Ero de Armenteira, nobre galego do século XII, tivo certa noite un soño no que a Virxe dicíalles tanto a el como á súa muller , coa que non tiña descendencia, que fundasen un mosteiro, pra que así tivesen descendencia espiritual. De xeito que o nobre Ero, señor destas terras, aburrido das intrigas e ruindades da vida mundana, decidiu consagrarse á oración e penitencia no sacro Monte Castrove e transformou un dos seus pazos en mosteiro fundando o Mosteiro de Armenteira, converténdose no seu abade.
    Durante a súa longa estancia no mosteiro o abade preguntábase a miúdo sobre cómo sería o Paraíso e rogáballe encarecidamente á Virxe que lle permitise velo. Así pois, un día, paseando polos bosques do redor do mosteiro, Ero quedou cativado polo cantar dun ruiseñor e sentou a descansar, quedándose durmido baixo as polas dun carballo ao deixarse levar polo deleite no arruio de tan fermoso canto.
    Dando volta cara ao mosteiro, o abade tiña a impresión de que aquel non era o camiño polo que viñese, pero chegando ao cenobio, a súa sorpresa foi máxima ao ve-lo seu antigo mosteiro convertido nunha construción máis moderna e grande, no que tamén había máis monxes.
    Aparvado e desconcertado, Ero dirixiuse cara un monxe e expresoulle a súa confusión. Armouse un gran desconcerto no mosteiro ata que o monxe máis ancián, que escoitara falar do vello abade Ero, chegou cun vetusto libro de onde leu perante tódolos presentes a seguinte historia:

    "Santo Ero de Armenteira, nobre e piadoso home, fundador e abade deste mosteiro, quen nunca máis foi visto logo de saír a meditar ao monte Castrove"

    O vello abade comprendeu entón que mentres se deixou compracer co canto do ruiseñor, pasaran no mundo uns trescentos anos. Satisfeito do milagre de Santa María ao mostrarlle deste xeito o paraíso, Santo Ero encomiou esta graza pra inmediatamente falecer caendo aos pés dos sorprendidos monxes.
    Desde entón célebrase no campo do Mosteiro de Armenteira a Festa de Santo Ero e a Romaría das Cabezas en honra de Santa María. Nesta multitudinaria romaría galega de acción de grazas á Virxe das Cabezas, de propiedades milagrosas pra sana-las migrañas e outras doenzas craniais, obsérvase o seguinte:
    - Procesión da imaxe polo atrio do templo do mosteiro de Armenteira.
    - É común ver aos asistentes portando sobre as súas testas exvotos con forma de efixies.
    - Os fieis presentan a súa devoción á imaxe, unha Virxe lactante, figura pouco común na iconografía relixiosa galega, similar á Virxe do Leite de Riofrío (Mondariz).
    *O MOSTEIRO DE ARMENTEIRA.-
    O mosteiro de Armenteira amosa o aire de grandiosidade propio dos mosteiros cistercienses de orixe medieval a pesares de ser un dos máis modestos. A súa orixe remóntase a 1.149 cando don Ero Armentariz maila súa esposa, ao non ter descendencia, deciden fundar un mosteiro dúplice no lugar aproveitando unha igrexa prerrománica e as súas dependencias. A esta fundación engadíronselle importantes doazóns dos reis Afonso VI e Fernando II así como as doutros nobres da época. Aos poucos anos, en 1.162 incorpórase á Orde do Cister. Coma outros cenobios cistercienses influíu de forma decisiva na historia da comarca, sobre todo no seu desenvolvemento agrícola. En 1.523 incorpórase á Congregación de Castela e abandónase en 1.837 como consecuencia da desamortización. A partir de entón comeza a súa ruína ata que en 1.963, Carlos de Valle Inclán, fillo do insigne escritor galego Don Ramón Mª del Valle Inclán, funda a Asociación de Amigos do Mosteiro de Armenteira e comeza a súa restauración. En 1.989, unha comunidade de monxas de Alloz (Navarra) restablece a vida cisterciense no cenobio dedicándose á fabricación de materiais e útiles litúrxicos. A partir de 1.990 a Xunta de Galicia inicia varias actuacións, máis ou menos afortunadas, pra a consolidación e restauración do recinto monasterial.

        

    -----------------------------------------

     

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    FALTAN 6 DÍAS PARA O ENTROIDO

    PROGRAMA   DE ACTOS PARA O ENTROIDO 2007 DE UNHA GRANDE CHEA

    VENRES 1 DE FEBREIRO:
    “CHEAVISIÓN” en DISCOTECA ZAO. Comezará aproximadamente as doce de noite. Romperá o xeo a Banda de Gaitas de Unha Grande Chea quen como novidade interpretarán a afamada marcha eurovisiva ca cal empezaban as conexións a Eurovisión. Logo  actuarán  os grupos cambadeses “En Play Back” e “X-Trume”, quen interpretaran temas seus e aparte interpretarán os primeiros unha versión de “Waterloo”  de Abba e os segundos unha versión de “Eres tú” de Mocedades.  Logo membros de Unha Grande Chea interpretarán versións eurovisivas con letra propia. Nos intermedios go-gos contratadas o efecto por Discoteca Zao animaran os presentes cos seus bailes. Coma sempre rematará o acto a Banda de Gaitas de Unha Grande chea, que interpretaron o seu himno “Esmajare”.

    SÁBADO 2 DE FEBREIRO:
    “A VODA DE 1907”. Recrearemos unha voda de 1907, haberá invitados, cura, noivos, e como non gaiteiros que animarán as rúas  de Cambados dende as 13.30 horas, despois de percorrer varios establecementos hostaleiros (imos de viños) todos nos retiraremos a Pazo “A Capitana” onde terá lugar o Banquete Nupcial e onde haberá festa rachada, e se máis tarde 9 ou 10 da noite, o tempo o permite volveremos a percorrer as rúas cambadesas.

    LUNS 4 DE FEBREIRO:
    Asistencia os actos de Pub a Leria a partires das 11 da noite que este ano adican a Disney.

    SANY0759 SANY0760

    Varios intres dos ensaios.

    MARTES 5 DE FEBREIRO:
    Na mítica praza de Alfredo Brañas:  “CHEAVISIÓN”, esta vez lembraremos mediante imaxes de arquivo actuacións de cantantes españois en Eurovisión o mesmo tempo que membros de Unha Grande Chea interpretaremos algunhas cancións de Eurovisión versándoas con letras propias da Asociación, como novidade máis importante dicir que este ano volvemos a cantar. Uns espectáculo multimedia.
    Temos coñecemento fidedigno que outra vez non nos van instalar o palco (ainda que a día de hoxe ainda non recibimos ningún escrito o efecto)  e novamente teremos que pagalo nos,tamén rexeitaron o noso ofrecemento ben para formar parte do programa de actos ben para atrasar o acto e non coincidir cos do Concello. Temos que dicir, i e de xustiza, que cónstanos que a Concelleira de Cultura Anabel Carro, "A Gallardón cambadesa" fixo todo posible para que nos puxeran o palco, pero o sector duro do concello (Tourís, Aragunde e Cia), negáronse en redondo. De tódolos xeitos grazas a Anabel polo seu intento. Pero non vos preocupedes que se non chove o espectáculo está asegurado. O que si que debido os gastos que nos ocasiona instalar nos o palco solicitamos que se algunha empresa ou entidade está desposta a sufragar os gastos do mesmo que se dirixa o noso telefono de contacto 626669562 ou a calqueira dos nosos directivos.

    SANY0761 SANY0762

    Varios instres do ensaio deste ano.

    OUTRAS COUSAS:
    Como non este ano tamén haberá o famoso “Contra-bando” e a nosa especial revista municipal “A Calcada”, que obviamente estará adicada a cantantes eurovisivos aparecerán entre outros na mesma en actitud erovisiva Montse Prado, Luis Aragunde, Roque Durán, Anabel Carro, Tourís e as súas go-gos, , os tres edís do BNG, Tabuyo e Pepe Daporta e Raphael  Louzán. Na  portada estarán os Panchos (Touris, Tabuyo e Vítor Caamaño) e na contra portada as letriñas deste ano. Tamén atoparemos na mesma o “contrabando”.

    SÁBADO DIA 9.-
    A maioría dos membros da Asociación acudiremos a cea de Sábado de Piñata do Xuven.

    ¡¡¡FELIZ ENTROIDO!!!

    FALTAN 10 DIAS PARA O ENTROIDO

    Grande estrea das curtametraxes “O hospital” e de “Area nos ollos”, de Iván Seoane no REDestreas do Centro Comarcal do Salnés


    O Hospital foto 8 unhagrandechea c.c.salnes cambados (2) unhagrandechea c.c.salnes cambados

    As curtametraxes O hospital  e Area nos ollos estrearanse o vindeiro venres día 25 de xaneiro as 22h00 no Centro Comarcal do Salnés, en Cambados. Unhas curtas de xénero que contan cun excelente conxunto actoral que contou cunha axuda da Consellaría de Cultura e Deporte para a súa produción.
    A entrada é de balde ata completar aforo.
    O HOSPITAL
    Foi gravada en condicións de grande dificultade no antigo Hospital Xeral sito na rúa Galeras en Santiago de Compostela. A cinta narra a historia de catro atracadores rodeados de fenómenos paranormais.
    O hospital é unha curtametraxe en língua galega subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte en 2007 e coa colaboración especial da Universidade de Santiago, TV7 e Área 5.1.
    Esta curta, conta coa colaboración dalgúns actores galegos como Antonio Mourelos, Monti Castiñeiras, Antonio Durán Morris e Jose Barato.
    Pódese tamén destacar na rodaxe a colaboración dun dos grandes técnicos cinematográficos, Enrique Banet.
    A intrigante curta fíxose grazas ao director compostelán Iván Seoane cuxo equipo técnico estivo formado maioritariamente por algúns dos seus antigos compañeiros na carreira de Comunicación Audiovisual.
    O tétrico ambiente das ruínas do antigo Hospital Xeral colaborou a crear un ambiente visual terrorífico que deixará os espectadores cos ollos e a boca abertos.
    AREA NOS OLLOS. A LOITA POR BALDAIO 30 ANOS DESPOIS
    Area nos ollos. A loita por Baldaio 30 anos despois é unha curtametraxe documental que tenta ser un exercicio de memoria histórica sobre un dos acontecementos máis importantes vividos no concello de Carballo.
    Pero non só é un exercicio local, senón que o que en Baldaio aconteceu encadrouse no que se deron en chamar os movementos en defensa da terra ou do país e que xunto con Xove e As Encrobas conformaron unha tríada de notable importancia na historia da Galicia da transición.
    “Xentes con problemas similares viñeron a axudarnos e nós tamén lles axudamos no que poidemos”, son as palabras dunha das voces recollidas neste traballo, voces todas elas protagonistas duns feitos crucias nas súas vidas e que tiveron o seu punto álxido a finais da década dos setenta
    Que é REDestreas?
    "REDestreas" é un servizo de apoio ás estreas de curtametraxes, documentais ou longametraxes sen distribución comercial. Esta rede de espazos permitirá
    que un filme destas tipoloxías se presenten nalgúns dos núcleos urbanos máis importantes de Galicia coa repercusión que iso significa.
    O servizo de REDestreas ven a cubrir unha demanda dos creadores e produtores dos proxectos audiovisuais galegos que non tiñan un lugar axeitado para a súa primeira presentación ante os espectadores.

    -----------------------------------------

    TENIS DE MESA

    edu barreiro 1 Toni, jugador del grupo Barros Karol Hasek

    Unha nova xornada de tenis de mesa, que coma sempre tivo resultados dispares para os equipos cambadeses.
    En 1ª división, nova victoria do Establecimientos Otero ante o perigoso Liceo de Vilagarcia por un cómodo 4-1. Karol con 2.5, Jacobo con 1.5 acadaron os puntos, e Edu perdeu contra o xogador venezolano Vivaldi nun trepidante partido.
    Victoria en 2ª ante o Monteporreiro por 3-4, que fai soñar otra vez ca fase de ascenso, acercando a unha soa victoria do 2º clasificado, o propio Monteporreiro.
    Sorprendente derrota en 1ª galega por 4-0 do líder, Caixanova, ante o Monteporreiro "B". Esta derrota é un toque de atención para un equipo que lle empeza a perigar o primer posto na táboa.
    Tamén derrota do Xoiería Enrique co mesmo equipo, que o afunde un pouquiño máis na clasificación.
    Cómoda victoria en 2ª galega en Cangas por 1-4 para un equipo que parace non ter problemas por abaixo, pero ten difícil chegar ós portos de privilexio.
    Dobre victoria en 3ª galega nos derbis Cambados-Vilagarcia. Moi boa noticia para demostrar que a canteira goza de gran saúde.
    En canto ó Rábade, victoria por 4-2 ante o 3º clasificado, San Isidro, para seguir cunha liga inmaculada.
    Un saudo, Quique
    .

    QUEDAN 13 DÍAS PARA O ENTROIDO

    ADEMÁIS DE "EN PLAY BACK", "NESTOR" E "X-TRUME" CONFIRMAN A SUA PRESENCIA NA NOITE DE "CHEAVISIÓN"
    Imagen 063 Imagen 052 100_1352
    "EN PLAY BACK", "NESTOR" E "X-TRUME"
    (Preme nas fotos para velas ampliadas)
     
    Todos os grupos musicais de Cambados, foron invitados a Cheavisión pero por unhas razóns ou outras ata o de agora só confirmaron a súa presencia "En Play Back", "Nestor" e "X-Trume", obviamente ademais da presenza das gaitas de Unha Grande Chea quen tamén interpretaran tres cancións versionadas "con letra propia" de cancións eurovisivas. Estamos pendentes de que "El Bosque Ambulante" confirme a súa presenza. Só nos falta avisar a Kevi Aragunde pero polo de agora aínda non podemos contactar con el, estámolo a intentar. Promete ser unha noite de alegría e diversión.
    -----------------------------------------
    TENIS DE MESA
    unhagrandechea cambados tenias karol
     

    Agridoce xornada para o tenis de mesa cambadés, na que o equipo de primeira división demostrou estar lonxe do resto, e na que o de segunda deu un pequenop paso atrás no obxetivo de estar na fase de ascenso.
    Karol demostrou que é o mellor xogador da categoría gañando con solvencia os 2 puntos ante a perigosa padronesa (un deles ante Robert Geanta por un contundente 3-0), mentres que Jacobo arrimou outros 2, para gañar por 2-4.
    En 2ª, derrota por 4-2 na pista do líder, o CTM Coruña que tamén vai imbatido, nun partido cheo de alternativas, que ó final se decantou polos herculinos.
    Sorpresa en 1ª galega no derbi cambades, no que o colista, Xoiería Enrique, gañou ó líder, Caixanova, por 4-0. Dicir que éste último contaba con 4 baixas que mermaron o seu rendimento.
    Mal partido e derrota en terras santiaguesas por 4-2 do equipo de 2ª galega.
    Outro derbi cheo de baixas en 3ª galega, que se decantou por rapaces por 4-1.
    No tocante ó Rábade, victória ante o 2º clasificado por 4-2, que case garante o 1º posto. 
    Perdón pola tardanza e pola falta de fotos, pero ando axfisiado de traballo.
    Para rematar as miñas sinceras felicitacións para Don José Charlín, e un afectuoso recordo para Sabela.
    Un saudo, Quique. 

    NOVA PATROCINADA POR:

     

    movese

    -----------------------------------------------------------

    E A NOS ¿POR QUÉ NON NOS INVITAN? O XANTAR DO ALBARIÑO

    UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS XOVES ALBARIÑO 2007 003

     

    Estes dias podemos ver na prensa como Vítor Caamaño , portavoz do BNG daba a súa opinión sobre dos gastos da festa do Albariño, cada un pode ter a súa, pero a nós chámanos a atención un dato que non deixa de ser rechamante, curioso e se queremos un tanto “escandaloso”. Que das máis de 800 persoas que asistiron o Xantar do Albariño 2007 só pagaron a invitación 179 persoas que neste caso podiamos dicir “paganinis”, e nada máis e nada menos que houbo 600 invitados gratis a “comedela”. Home está ven 50 invitados, 100, 150 ou incluso si esaxeramos 200, pero 600 e todo un “record” que podía perfectamente entrar no Guinness.

    -----------------------------------------

    EXPOSICIÓN DE HECTOR GUZMÁN NO C.C. SALNÉS

    panoramica caldelas1

     

    Do 15 AO 30 de XANEIRO
    HECTOR GUZMÁN
    -fotógrafo-
    (Morelia Michoacán , México, 31/10/1968)
    Fundador en 2000 en México D.F. do “Taller libre de fotografía RETINA”. Ademais de múltiples exposicións colectivas e individuais da obra fotográfica persoal en México e España. Na actualidade é membro da “Asociación Fotográfica O Potiños” e fotógrafo independente en O Carballiño, Ourense, España (Onde reside).
    Apaisoado da fotografía , estudoso da técnica de laboratorio, investigou e experimentou con múltiples fórmulas e materiais fotosensibles. Considérase a si mesmo  máis laboratorista que fotógrafo , creando imaxes incluso con caixas de avena ou de zapatos, papeis feitos a man e, seguindo vellas fórmulas, impresionando positivos coa luz do sol. Non renega da fotografía dixital, senón que a adopta como unha ferramenta máis, pola súa efectividade. Impartindo clases ou talleres sempre intentou compartir todo o seu coñecemento teórico e práctico, para facer máis accesible o camiño do alumno.
    “Sempre procurei divertirme, gozar co que fago xa sexa un traballo por encargo ou un proxecto persoal, pois como me diría o meu profesor máis entrañable (Don José Conrado Rodríguez): “Traballo que che guste Héctor, non é traballo.”
     

    -----------------------------------------

    MARTIN CODAX NA TVG

    UNHAGRANDECHEA

     

    No programa “Revista”  da TVG adicaron parte do programa a poda das viñas, a bodega na que se inspiraron para facer toda a reportaxe foi unicamente a cambadesa,Martín Codax.

    A.C.T.

    -----------------------------------------

    O XUVEN E O CAMBADOS NON TEÑEN PÁXINA WEB

    nuevo-4  xuven

     

    Dinos A.C.T. que fagamos unha reportaxe sobre as páxinas web do Xuven e do Cambados. Ben o que sabemos é o seguinte: O Xuven non ten páxina web, fíxose unha "ex-proceso" para un "Campus" do 2001  que non se chegou a celebrar por falta de participantes. Esta páxina www.xuven.com non se chegou a actualizar, ignoramos de quen é propiedade o dominio da mesma, pero creemos que do club. En canto o Cambados dicir que está a intentar facer unha páxina web pero estase a atopar con moitos problemas , primeiro, ignoramos por quen o único que sabemos e que é un servidor de E.E.U.U., o dominio www.clubjuventudcambados.com non se pode usar porque é propiedade dalgún, estase a ver si o dominio www.clubjuventudcambados.es, está libre pero ignoramos a data de hoxe como van as negociacións. Nos dende está páxina facemos o que boamente podemos e algo falamos de deporte algúns incluso nos din que falamos moito de deporte. A veces incluso se nos promete colaboracións de algúns clubs pero logo non se chegan a concretar, de todas formas agradecer Quique Barreiro a súa colaboración porque se preocupa de que cada semana saia o Tenis de Mesa na nosa páxina.
    Doutra banda queremos aconsellarvos un fotolog moi curioso a par que entretido pertenece a Eduardo Charlin Rodriguez máis coñecido por "Chuchunero", dádevos un paseo por el que vos vai entreter:
    http://www.fotolog.com/marekalma .

    1200666504_f

    -----------------------------------------

    FALTAN 15 DÍAS PARA O ENTROIDO.

    GO-GOS ANIMARÁN CHEAVISIÓN EN DISCOTECA ZAO
    gogos
     
    Isto vai marcha en popa e a toda vela. O un de febreiro imos dar o "pistoletazo" de saída do entroido cambadés cunha gran festa na Discoteca Zao de Cambados que coma sempre préstanos toda a colaboración que necesitamos. As xa anunciadas actuacións de varios grupos de música de Cambados versionando temas de Eurovisión, e as versións que tamén farán membros de Unha Grande Chea, temos que engadir que foron tamén contratadas pola propia discoteca varias go-gos para amenizar a festa. A banda de gaitas Unha Grande Chea comezara o espectáculo interpretando a famosa  sintonía de Eurovisión. Queremos animar dende aquí a todos os cambadeses a que participen no evento.
    Tamén queremos lembrar a nosa querida concelleira de cultura Anabel Carro que aínda non nos contestou o noso escrito solicitando a instalación dun palco na praza de Alfredo Brañas.
    -----------------------------------------
    PERRUQUERIA REY,  O NEGOCIO MÁS ANTIGO DE CAMBADOS
    7.- a lastscan
     
    Relendo estes días a recolección de Ramón Cabanillas con que o Concello agasallou os que asistimos fai uns meses o actos de inauguración do ano do poeta, atopámonos conque xa en 1907 a perruqueria antes chamada "Benjamin Rey", avó do actual propietario da mesma Antonio Rey, anunciaba en marzo do devandito ano no semanal "El Umia", sen lugar a dúbidas debe ser o negocio mais antigo de Cambados e aberto na actualidade, todo un "record".
    Ilustramos esta nova co anuncio da época e cunha caritura de Domi do actual propietario Antonio Rey cortándolle o pelo o noso presidente Fico.
    -----------------------------------------
    ¿PARA CANDO OS PREMIOS O DEPORTE EN CAMBADOS?
    images a3c10f1 images12
     
    Novamente a principios de ano esta Asociación ven a reclamar que o Concello proceda a creación dunha Fundación Deportiva e por engadidura xa é hora de que se comecen a celebrar a Gala do Deporte na que se recoñecen e premien os nosos mellores deportistas que hai morea deles incluso algúns competindo a nivel estatal. Coidamos que sería un xusto premio a quen están todo un ano traballando e adestrando para entre outras cousas que o pavillón cambadés quede moi alto. Esperemos que a nova concelleira de Cultura e Deporta desta vez si recolla a luva.
    Aproveitando a ocasión dicir que moita instalación deportiva, pero os cambadeses agás facer "footing" non temos onde facer deporta, referímonos gratuitamente, xa que en todas instalacións hai que pagar e nas que non que se paga non se pode facer deporte o estar en exclusiva polos clubs. Estremada mente caro parécenos a piscina e ximnasio 3,30 € diarios ou preto de 30 euros mensuais. Claro estes son es prexuízos de de privatizar as instalacións municipais.
    -----------------------------------------
     

    FALTAN 17 DIAS PARA O ENTROIDO.

    A VOLTAS CO PALCO
    unhagrandechea cambados palco
    (Premer no escrito para velo ampliado)
     
    Aquí estamos novamente a voltas co palco. Este ano temos  moitas ilusións en que a nova Concellala de Cultura Anabel Carro, persoa dialógante , e xa no lo demostrou, teña a ben conseguírnolo. Pero ben sabemos que non depende só dela. De tódolos xeitos aínda que nos diga que non , non imos a trocar  nada de que ata o de agora pensamos sobre ela, coidamos que o cambio en Cultura foi para mellor, que nos instalen o palco xa seria a guinda que colma o pastel.
    -----------------------------------------
    PARTIDO DE VOLTA DO IRMANDAMENTO CAMBADOS-A ESTRADA
    Unhagrandechea cambados a estrada (1) Unhagrandechea cambados a estrada (2) Unhagrandechea cambados a estrada (3)
    (Premer nas fotos para velas ampliadas)
    Unhagrandechea cambados a estrada (4) Unhagrandechea cambados a estrada (6)Unhagrandechea cambados a estrada (7) 
    (Premer nas fotos para velas ampliadas)
    Unhagrandechea cambados a estrada (8) Unhagrandechea cambados a estrada Unhagrandechea cambados a estrada (5)
    (Premer nas fotos para velas ampliadas)
     
    O sábado 12 de xaneiro xogamos na Estrada o partido de volta do Irmandamento entre os dous pobos. Despois da andar de viños pola Estrada, trasladamos a un restaurante a dar conta dun bo cocido, máis tarde viñeron as copas, as charlas os bailes e estando Xuan Silva e Blas non podía faltar a "guitarrada". Acabamos tomando outras copas de despedida na Cafetería Nicols da Estrada con nova "guitarrada" incluída. Os estradenses portáronse de marabilla, a eliminatoria quedou empatada polo que haberá que xogar un partido de desempate, estamos barallando se en campo neutral. Non se alarme ninguén, aínda que algúns bebemos a esgalla trasladámonos en autobús a Estrada polo que non houbo ningún problema.
    -----------------------------------------
    JOSE CHARLIN, O MÁIS VELLO DOS "CHARLINS" DE CAMBADOS CUMPREU 90 ANOS EN FAMILIA.
    SANY0719 SANY0729 SANY0730
    1ª foto: Fontán soplando as velas do seu 90 cumpreanos. 2ª foto: José Charlin, Xaquin Charlin fillo e Xaquin Charlin neto. 3ª foto: Coa familia. (Preme nas fotos para velas ampliadas)
     
    José Charlín Fontán, naceu en Triana-Cambados, ala polo 1918, con oito anos non tivo máis remedio que ir para o mar, traballou do arreo para manter os seus once irmáns, recen cumpridos os 18 anos, ingresou no servizo militar onde estivo sete anos,  tres dos cales pasounos servindo, moi o seu pesar, na bando nacional (a guerra colleuno nese bando) , cumpridos os forzosos deberes militares casou coa Chonita e empezo a medrar a súa familia. Nos anos sesenta, e como quería mellorar para facer unha casa máis grande para os seus seis fillos (un deles é Chon, o Secretario da nosa Asociación), foi a navegar estivo nos cinco continentes , pasou tempadas de ata dous e tres anos sen vir a casa, unha vez gañou para facer unha modesta casa na rúa Sevilla, volveu a mesma,e denovo a facer  o único que sabia , andar o mar, así quitou na compaña de Chonita os seis fillos adiante. Fai tres anos perdeu a súa compañeira da alma , pero el sigue para adiante para alegría dos seus fillos, netos e bisnetos. Tres xeracións de "Charlíns" o contemplan. ¡¡¡Felicidades Fontán!!!
    -----------------------------------------
    UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA:
    "A EXPOSICIÓN DE MANOLO PAZ NA GALERÍA SCQ EN IMAXES"
          

    A VIDA SEGUE...

    CHOURIZO FILMS TEN A XENTILEZA DE ESTREAR NA REDE E POR MEDIO DE U.G.CH. TV: "TO DIE IN TRAGOVE II"
      
     
    -----------------------------------------
    CAMBADOS TEN MÁIS MULLERES QUE HOMES
    3antes
     

    O outro dia saiu no Diario de Arousa que da Comarca do Salnés todos os concellos gañaron habitantes agas Meaño , pois resulta que estiven indagando nesa noticia e sábese  que o noso concello non sae mal parado. Cambados é o terceiro concello con mais número de habitantes do Salnés con 13.591 (superado por Vilagarcia e Sanxenxo),tamén decir que a Provincia de Pontevedra conta con 62 concellos e Cambados esta no posto 16.
    En Cambados hai mais mulleres(6.974) que homes(6.617).
    Estes datos son oficiais recollidos da páxina web do Instituto Galego de Estadistica,eso si teñen a fecha do 1 de Xaneiro do 2007.

                                                  Unha Colaboración de Angel Cambados Tirado.

     
     

    A SABELA

    A moza triste que nos facía rir.
    (In Memoriam)
    Montse e Sabela.

    Así quixeramos resumir esta entrañable foto. Montse (esquerda) ven a representarnos a todos nos, hoxe máis que nunca estamos con ela. Sabela (dereita) non se vai, repartimola os amigos e amigas cada ún de nos deixaselle un cacho dos nosos corazóns para que siga vivindo en todos a vez. Un abrazo emotivo a Roberto, Mariña, Raúl e Chopi.

         Difícil e ser amiga, máis difícil aínda e ser nai e muller de amigos, iso todiño éralo ti, miña raíña. Prometemos irte a buscar un día e dicirche todo aquelo que mereces oír  e que nunca soubemos porque non dicircho.

         Es un exemplo de superación e bondade, soubeches convivir con alguén que non é bo compañeiro, fisecheslle sitio no teu corpo ao ladiño do teu corazón ,loitastes de cara como a máis valente, ate que desagradecido él,  botoute fora, pero ti non te rendiches, de iso nada.

         Privounos do teu corpo , que non de ti, do teu sorriso, da túa forza e do teu corazón, eses quedan con nós, cancro cabrón!!!, eses quedan con nós!

         Prometemos irte a buscar, moza fermosa, descansa en paz.

    B.P.

    OUTR@ ANÓNIM@ COMUNICANTE DEIXOUNOS TAMÉN ESTA PRECIOSA DEDICATORIA PARA SABELA:

         Chegaches un día a Cambados para que te atopáramos.E atopámoste. Non necesitabas unha axenda, porque só facías o que amabas, e iso lembrábacho o teu corazón. Vivías dando sorrisos a todo o mundo e aínda quedabache tempo para facer moitas cousas.

         Hoxe as doce e media saleu o sol para ti.Gracias por ter me nun anaquiño do teu corazón. Querote. 

     

    ADICATORIA DO MOZO DE ANDREA (SOBRIÑA DE SABELA)

    1200012226_f

                                                            O ceo pode esperar.................................cambados.2007.

    A última vez que fomos a vela a cambados, o primeiro día de agosto, sabela presentounos a toda esta beleza oriental, unha nena adoptada por uns amigos e que pasaba os seus días pondo ollos de chinita a todos os nenos con mirada de galegos da ría de arousa..

    [..durante ese paseo, sabela estaba pletórica, ensinándonos os seus recunchos favoritos de cambados, as súas paredes de buganvilla preferidas, e saudando a decenas de amigos que saían en tropa á rúa no comezo da festa do albariño]

    [sabela morreuse onte cando os reis meigos aínda non regresaran a oriente coas milagres..as cousas da vida cando quere parecerse ás películas fixeron que nos deixase o mesmo día en que tres anos antes morrera a súa gran amiga, e o día exacto en que os xornais, que contan a historia con letras maiúsculas, anunciaban o descubrimento científico das tres moléculas que impiden a puta metástasis do puto cancro de mama]

    [sabela era a tía de andrea, a tía no sentido total e único da expresión, pero a medida que andrea íase facendo adulta, e sabe íase facendo máis adulta pero menos aos ollos do que crece, eu creo que vía nela a un referente, a unha irmá maior á que comentarlle as súas últimas anécdotas, ensinarlle un moble que compramos no centro reto ou os plans que tiña con jaimín..]

    [..e aquí estou eu, sen entender que se poida ir así alguén, con corenta sete anos e tres fillos, e escribo sobre ela sen saber cal era a súa película favorita, nin o libro que volvería ler, nin a cidade na que pasaría un mes seguido co seu amor, nin tantas outras cousas que agora se puidese preguntaríalle sen dubidalo..]

    [..escribo de alguén que naceu maría isabel e xa desde nena era sabela porque á xente especial cámbiaselle o nome de forma espontánea..alguén que se se que se facía querer, sabela era tamén fácil de amar e unha loitadora da vida]

    [cando un non pode falar, e vese nunha situación complicada, sen dúbida ordena a súa escala de valores e dános un exemplo aos que se nos vai a vida pola boca..un dos días que a visitamos no hospital, sabela pediunos con xestos unha colonia das dúas que había no armario..cando lle achegamos a de muller, negou coa cabeza enfadada e sinalou a de home..
    ..será que lle gusta máis, comentou andrea, pero tivo que vir a súa filla mariña para que explicarnos que o que quería non era a colonia de home, senón a do seu home, roberto, para así cheirar un pouco máis a el..]

    [..se o agarimo cara a alguén se medise pola xente que acode aos funerais, sabela era unha das persoas máis queridas de cambados..se as alertas metereológicas como a de hoxe por vento tivesen unha relación secreta coa dor e os choros das persoas, hoxe en cambados o ceo botou toda a choiva acumulada en meses de seca porque facía tempo que non se vía a tanta xente de distintas idades emocionarse xuntos nunha
    igrexa..]

    [..e se poño esta foto desta nena, que parece triste e pensativa como nós hoxe, é porque me recorda ese momento tan agradable con sabela, e porque estou convencido que nuns anos, outra sabela sentará nese banco a xogar e alguén lle contará que en cambados, unha vez, a súa avoa fixo que o ceo caese sobre as nosas cabezas]

     

                                                       Catu Prado deixou esta mensaxe no noso fotolog:
    "Pois eu ía a escribir sobre a entrada anterior...a de mama Sabela...
    pero pensando o que ía pór,deime de conta de que non hai nada que dicir, que as palabras sobran que ela era moito máis  do que todos podemos expresar..que era mama Sabela...como sempre lle chamaba....que significou para todos nós moitisimo e que como ben decides sempre estará con nós coa xente que a quería e que repartía un cachiño de corazón con cada amigo....agora só nos quedan os recordos que compartimos con ela....xa que ela dende onde este tamén estaranos a lembrar.....
    eses cafés na Leria,na habitación dos fillos cantando alejandro sanz e comendo bombóns,eses entroidos,cando me regalou un anxo pintado por ela,as ceas convosco os de unha grande chea,esas clases particulares,esas rifas a Roberto a súa olliño dereito,cando acompañábaa facer as compras ao super,o seu traballo nas garderías,eses partidos de fútbol sentada ao seu lado vendo ao Cambados sen faltar a unha soa cita........
    Como  digo recordos........pero ela esta viva neles.....
    por iso agora e sempre os seguirei gardando no miña memoria proxectandoos no meu corazón e gritándolles a viva voz...
    mama Sabela.....non  te esquecemos.

     

    FALTAN 22 DIAS PARA O ENTROIDO

    SAN MIGUEL 2 - CAMBADOS B 2
     
    unhagrandechea cambados
     
    O Cambados B dou a talla ante o todo poderoso San Miguel. Un partido animado, entretido e que se non chega a ser pola nefasta visita do árbitro que ignorou dous penaltis claros na área do San Miguel  a vitoria do Cambados B seria clara. O máis anecdótico de todo é que o San Miguel queixouse da labor arbitral, sen comentarios. Podedes ver imaxes do encontro na seguinte ligazón: http://es.youtube.com/watch?v=_ZYb4L6fi7U .
    Facendo esta nova acabámonos de coñecer do pasamento de Sabela nai dos xogadores do Cambados Raúl e Chopi e muller tamén do Directivo do Cambados Roberto Cababelos dende aquí o noso máis sentido pésame que alongamos a Mariña e a toda a familia Cacabelos-Bote.

    FALTAN 26 DIAS PARA O ENTROIDO

    O FIN DE ANO TAMEN SAIMOS (Unha reportaxe gráfica de A.L.M.R. - preme nas fotos para velas ampliadas)
     
    O fin de ano, antes de ir cear,  tamén salimos de troula  como non ía a ser menos , desta vez a reporteira gráfica foi Ana Lidia, que fixo un excelente traballo como podedes ver a continuación.
     
    UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (1) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (10) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (11) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (12) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (13) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (14) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (15) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (16)UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (17) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (18) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (19) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (2)UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (20) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (21) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (3) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (4) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (5) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (6) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (7) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (8) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007 (9) UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FIN DE ANO 2007
     
    -----------------------------------------
    O CAMBADOS VETERANOS GAÑOU O 2º TROFEO DE NADAL
    SANY0581
     
    O Veteranos Cambados, impuxose, na tarde de Reis,  no 2º Trofeo de Nadal organizado cun gran éxito polo Club Juventud de Cambados. O Veteranos Cambados impúxose na final xogada no Campo do Pombal e ante bastante público por un claro 3-0 xogando un gran encontro perante un rival que non dou a talla o Albariño. Pola súa banda o Castrelo e o Distribucións Guipi xogaron polo terceiro e cuarto posto no Campo do Umia impoñéndose Destrucións Guipi por un rotundo 4-1. Nas dependencias do Club Juventud de Cambados ofreceuse un viño e un pincho os participantes e o presidente do Club Richar fixo entrega dos trofeos os participantes.
    -----------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    FALTAN 26 DIAS PARA O ENTROIDO

    TAMÉN EN VIGO E ADMIRADO XAQUIN XESTEIRA.
    UNHAGRANDECHEA XAQUIN XESTEIRA CAMBADOS (1)   UNHAGRANDECHEA XAQUIN XESTEIRA CAMBADOS

    FALTAN 26 DIAS PARA O ENTROIDO

    HOXE O NOSO "RICHAR" ESTÁ DE CUMPREANOS
    SANY0482
     
    Hoxe, cinco de xaneiro,  cumpre 47 anos o noso Richar, como si o "botaran os Reis". Os que crecemos con el sabemos que é unha persoa íntegra, comprometida e responsabel. Empezou a despuntar no múndo do futbol xogando no barrio a súa Triana natal e no primeiro club dos seus amores o Trianiña, logo xa empezou o seu ascenso polas categorías base do Cambados, ata chagar o equipo titular, moi pronto o Celta puxo nel o seus ollos e no lo levaron para Vigo onde formou no Gran Peña Celtista daquela filial do Celta, logo veu un peregrinar por diversos equipos Arousa, Chispa, etc ata que o equipo da súa vila recuperouno acadando co mesmo a clasificación máis alta do Cambados na súa historia un cuarto posto na Segunda B, sendo adestrador Mario Guede. Unha vez retirado do fútbol sempre estivo ligado a el e máis concretamente a base fundou a Escola de Fútbol a Pastora da que saíron grandes xogadores, foi presidente do Cambados un parte de tempadas con anterioridade e volveuno a coller novamente este ano . Richar é o máximo expoñente do deporte en Cambados, para moita xente é un símbolo do fútbol cambadés. Se alguén deportivamente falando merece un recoñecemento en Cambados ese non é outro o Abandeirado Maior de Unha Grande Chea, o noso Richar ¡¡¡Felicidades!!!
     
     

    FALTAN 27 DIAS PARA O ENTROIDO.

    CONCERTO NO RIF
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS RIFUNHAGRANDECHEA CAMBADOS RIFUNHAGRANDECHEA CAMBADOS RIF
     

    O Venres 4 de Xaneiro no Pub Rif Rock de Cambados (Rúa Infantas 13) terá lugar a actuación en directo deste grupo que fai pop surrealista e divertido con referencias literarias e de cómic. Non o perdades, a partires das once e media. (Nova recollida de www.cambados.tk )

    FALTAN 27 DÍAS PARA O ANTROIDO

    ¡¡¡OLLO!!! VIRUS POLO CORREO
    1191857837_f
     

    O noso amigo e colaborador Quique Barreiro fainos a seguinte advertencia:

     

    Asunto: ¡¡ IMPORTANTÍSIMO!!

     

    DILLE A Todos Os teus CONTACTOS QUE TEÑAS NA túa LISTA QUE NON ACEPTEN Ao CONTACTO: josealzira66@hotmail.com É UN VIRUS QUE CHE FORMATEA O teu COMPUTADOR, O DOS teus CONTACTOS E QUÍTACHE Os teus CONTRASINAIS HOTMAIL.

    SE ELES ACÉPTANO PILLARALO O teu TAMÉN

    FAILLO SABER OS TEUS CONTACTOS, É URXENTE

     

    FALTAN 28 DÍAS PARA O ANTROIDO.

    A VODA DE 1907
     
    356137   369135   394643
     
    Esta nova e case exclusiva para os membros da nosa Asociación toda vez que como xa dixemos nesta páxina o sábado do entroido e a partires das catorce horas ímonos disfrazar de "A voda de 1907", imos facer unha gran voda, con invitados, cura, casamenteiros, gaiteiros etc, quedaremos na praza "das terrazas" para saír ata o Pazo a Capitana onde será o xantar. Para os que non saiban que traxe poñer aquí neste páxina lle ofrecemos unha serie deles que podedes ver en "A NOSA PORTADA - MAIS ÁLBUMS . A VODA DE 1907".
    -----------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    FALTAN 28 DÍAS PARA O ENTROIDO.

    UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
    O VÍDEO CLIP "FARMASIAS"
    Camción composta por Unha Grande Chea no Entroido de 1991 cando o Goberno do Estado sacou aquela famosa campaña de Propontelo-Ponselo e nos adicamolla as "Farmasias" de Cambados coa seguinte letra:
    Propóntelo, pontelo
    Ti que tes
    fama de ligón
    "anque" sea muller casada
    escoita a televisión
    non te fies
    toma precausións.
    Propontelo Pontelo
    si non queres
    pillar unhas purjasións
    Vai correndo a de Cadarso
    pidellos con discresión
    dame unha funda pa picha
    un condón.
    Ten coidado
    podes ir pro sementerio
    por unha satisfasión
    si é pecado
    sempre che queda o remedio
    de ir o cura
    e pedir a confesión.
    Propontelo , pontelo
    Pero conmigo
    non vas a sulfatar
    Comras condons na de Irma
    levos a recauchutar
    desta volta non me volves
    a preñar.
    O mercalos
    faino con educasión
    vaite a farmasia de Fraga
    que non te escoite Lemón
    dame algo pa envasar
    o requeson.
    Si cha mido
    che cheja hasta o peito,
    lavadiña con xabrón.
    E teremos que facelo pelo a pelo
    non hai talla
    para esta dimensión.
     
     
     
    TAMÉN PRESENTAMOS OUTRO VÍDEO DE "PAPIGIL" TITULADO:
    "OS CANTARES DOS REIS"

    Os Cantares de Reis chamados nalgúns lugares da nosa xeografía como "reises" ou "aguinaldos", son pequenas composicións cantadas que tradicionalmente entonábanse divididos en dous grupos e que narran a historia do nacemento do neno Xesús maila chegada dos reis Magos a Belén coas súas reliquias.
    Estas composicións adoitaban presentar tres partes: a petición de licencia pra o canto, a cantiga narrativa propiamente dita e finalmente, a petición de aguinaldo, que tradicionalmente consistía en algo de xantar ou doces pra montaren unha festa. En moitos lugares aparecía a figura máxica do Gaiteiro interpretando xotas e muiñeiras pra abri-la festa.

     

     
     
     

    FALTAN 28 DÍAS PARA O ENTROIDO.

    O DERRADEIRO TOP 20 DO ANO 2007 DOS VÍDEOS CAMBADOS EN YOU TUBE

    AUTOR

    VIDEO

    EXHIB.

    1

    Chourizofilms

    No volveré

    41089

    2

    Tinofico

    el hombre invisible

    7810

    3

    losada

    losada en cangas

    5782

    4

    UnhaGrandeChea

    OS CURAS TAMEN SABEN DAR HOSTIAS (das outras)

    4701

    5

    losderibadumia

    Los de Ribadumia - Zamba de mi Esperanza.

    3663

    6

    UnhaGrandeChea

    SINFONIA DE PEIDOS DE UNHA GRANDE CHEA

    3435

    7

    losada

    Losada bajando escaleras BBR

    2971

    8

    LucasVieites

    Cambados Zona Centro

    2922

    9

    Chourizo films

    O Golpe (crash)

    2919

    10

    Chourizo films

    Rubi e Popi mamándose

    2582

    11

    Chourizo films

    O funeral

    2625

    12

    darcobusa

    cambados ¡¡cosa loca!!

    2518

    13

    Acamtir

    L-41 Hernan Cortes Armada Española

    2500

    14

    Carlitosache

    Peliculón Horripilante

    2450

    15

    UnhaGrandeChea

    Unha monísima baixada o pilón. UNHA GRANDE CHEA

    2424

    16

    Chourizo films

    Basket 3*3 no paseo de Cambados

       2413

    17

    vikingoescapulado

    LNL-DANZANDO NOS CONFINSA

    2397

    18

    badly

    Bronquiti Cronica freestyle

    2290

    19

    Chourizo films

    The Striker

    2175

    20

    UnhaGrandeChea

    HIMNO OFICIAL DE "UNHA GRANDE CHEA" -"Esmajare"

    1965

     

    Clasificación feita as 21.57 horas do día 29/12/07

    Xa non é destacable xa entro una normalidade “No Volvere” de Chourizo films colleu unha carreira fulminante., haber cando a vemos na pantalla grande. A destacar a aparición na lista do HIMNO OFICIAL DE "UNHA GRANDE CHEA" -"Esmajare”  e que Unha monísima baixada o pilón. UNHA GRANDE CHEA escapa dos postos de descenso e que SINFONIA DE PEIDOS DE UNHA GRANDE CHEA ascende a cuarta praza a esta a moi pouco de acadar os postos de honor.

     

    FALTAN 28 DIAS PARA O ENTROIDO

    O Centro Comarcal do Salnés participa nunha nova edición de “Curtas no Nadal”


    A Consellaría de Cultura retoma o programa “Curtas no Nadal” para achegar este xénero por todo o país. O Centro Comarcal do Salnés forma parte deste proxecto que pretende crear unha rede de distribución alternativa que permita abrir novas saídas e unha maior difusión para as curtametraxes.

    No Centro Comarcal do Salnés, as proxeccións arrincaran mañan venres 4 de xaneiro ás 18:00 h., cunha sesión destinadas a todos os públicos, e continuaran o sabado 5 de xaneiro ás 11:30 h. da mañan, cunha proxección especifica para os máis cativos do Salnés.

    A sesión para todolos públicos, do venres, consta das seguintes curtas:


    XUVENIL

    CURTAMETRAXE

    DIRECTOR/A

    XENERO

    FORMATO

     

    Premio

    Eva Quintás

    Aventuras

    Ficción

     

    O Suso

    Lara Barcelo

    Comedia

    Ficción

     

    Cartoons

    Giselle Llanio

    Comedia

    Fic./Anim.

     

    A Meiga Chuchona

    Pablo Millán

    Fantástico

    Animación

     

    O Talento do Señor Carrack

    Juan de Oliveira

    Comedia

    Ficción

     

    Bechos Raros

    Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes

    Comedia

    Ficción

     

    Man

    Juan Carlos Abraldes

    Comedia

    Animación

     

    A sesión para os cativos, do sábado, consta das seguintes curtas:

    INFANTIL

    CURTAMETRAXE

    DIRECTOR

    XENERO

    FORMATO

     

    Carne de Canón

    Darío Fernández

    Aventuras

    Animación

     

    O Muíño Abandonado

    Lino Fernández

    Comedia

    Animación

     

    O Castelo da Meiga

    Santiago Alonso e Xosé Arias

    Comedia

    Animación

     

    O Pesadelo de Florián

    José Ramón Puente

    Comedia

    Animación

     

    A Flor Máis Grande do Mundo

    Juan Pablo Etcheberry

    Fantástico

    Animación

     

     

    XAQUIN XESTEIRA COMPÓN UNHA PEZA CO NOME E ADICADA A UNHA GRANDE CHEA

    XAQUIN XESTEIRA COMPÓN UNHA PEZA CO NOME E ADICADA A UNHA GRANDE CHEA
     
    Como xa decímaos nesta páxina, o día 26 de Decembro o mestre Xaquín Xesteira presentaba no Auditorio de Cambados, o "Método de Gaita Galega II", por certo un bo regalo de Reis, o final da presentación Xaquín interpretou varias pezas e para sorpresa da representación de Unha Grande Chea que se atopaba na Sala  dinos que compuxo unha peza adicada a nos e co noso nome "Unha Grande Chea". como non por esta nova non iamos pasar de puntiñas e tiñamos  que adicar unha portada e unha espazo, UNHA GRANDE CHEA  TV estivo no evento a gravou a peza en cuestión que aquí vos presentamos:
     
      
     
    Dous días despois de este evento, concretamente o día 28 de Decembro ten lugar no mesmo auditorio a presentación de Revista "Retranca" a cargo de Kiko Da Silva e organizada pola Asociación dos Libreiros de Cambados, abriron ese acto dous rapaces de Corvillón Nacho (gaita) e Carlos (tamboril). Nacho xa había colaborado con nos no entroido de 2005 cando nos disfrazamos precisamente de Festa do Albariño, nunca tivemos a oportunidade da darlle as grazas a Nacho nesta Páxina, e como UNHA GRANDE CHEA TV, estivo no acto, sirva o seguinte vídeo como agradecemento :