UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    Humor Grandecheo: A PAIXÓN POR DESTRUÍR É, ÁS VECES UNHA PAIXÓN CONSTRUTIVA

    Cambados 31 de Xaneiro de 2009

    O MUELLE “DEPORTIVO” DE TRAGOVE EN PERIGO

    SUXEITO SÓ POR UN BARRA DE ALUMINIO

    SE O TEMPORAL E MOI FORTE PODE CAUSAR ESTRAGOS NAS EMBARCACIÓNS

      

    (Preme nas fotos se queres velas ampliadas)

    O porto “deportivo” de Tragove atópase en serio perigo, o mesmo rompeou a súa estructura e só esta pendente por unha barra de aluminio que probablmente non aguante a embestida do temporal de hoxe a noite. Varias embarcacións corren serio perigo, dende aquí, alertamos os seus propietarios e autoridades pertinentes para  que tomen cartas no asunto.

    Humor Grandecheo: A MULLER QUE NON TEN SORTE COS HOMES NON SABE A SORTE QUE TEN

    Cambados 31 de Xaneiro de 2009

    NOTA DE PRENSA DO BNG

    IGNORANCIA E INCOMPETENCIA MUNICIPAL

    PATRIMONIO PARALIZA A TELLERIA DO FACHO

     

    O Servizo Provincial de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza deu orde de paralización da Telleira  do Facho, en Castrelo, que estaba sendo rehabilitada polo Concello de  Cambados. Esta actuación de Patrimonio demostra unha vez máis a incompetencia do goberno do PP na xestión municipal e deixa claro que non solicitou o permiso pertinente para actuar sobre unha edificación protexida pola normativa vixente.

    Este tipo de edificación está protexida pola Lei de Patrimonio Cultural de Galiza que é unha normativa de rango superior ás Normas Subsidiarias de Cambados e que, polo tanto, non se pode obviar cando se debe realizar unha actuación como esta. O Goberno Municipal do PP non pode establecer  normas para Cambados ao marxe das vixentes para toda Galiza.

    Ademais, a Lei de Patrimonio Cultural de Galiza, é posterior ás Normas Subsidiarias de Cambados polo que estas últimas deberían estar actualizadas conforme á lei de rango superior.

    Víctor Caamaño, como portavoz municipal do BNG, entende que non houbo intención, desde o goberno municipal do PP, de ocultar o proxecto de rehabilitación da telleira á Dirección Xeral de Patrimonio e que este tipo de actuación é debida á ignorancia a cumprir a normativa que rixe para todos e todas os demais cidadáns, pero que en ningún caso esta ignorancia pode ser   perdoable  nin está xustificada nun concello onde, ademais, non faltan asesores de todo tipo.

    Humor Grandecheo: A INTELIXENCIA PERSÉGUEME, PERO EU SON MÁIS RÁPIDO

    Cambados  31 de Xaneiro de 2009

    A NOVA TROLA INFORMA:

    TOURÍS ANUNCIA O SEU ANIVERSARIO NA FACHADA CONCELLO

      

    Tal e como informa “A Nova Trola” no seu derradeiro número o Alcalde Tourís co gallo do seu 51 aniversario que se celebra este ano e para que se enteraran todos os veciños a idade que cumpre puxo un cartel na fachada do mesmo anunciado tal evento. Parabéns o noso alcalde por acadar un idade tan longa o exercer un traballo tan excravo e tan sufrido.

    Humor Grandecheo: A ESCRAVITUDE NON SE ABOLIU, CAMBIOUSE A 8 HORAS DIARIAS

    Cambados 31 de Xaneiro de 2009

    www.ausen.es O SEU SERVIZO

    MELISA REI CAMBADESA QUE MONTOU UNHA EMPRESA DE SERVIZOS DE CITA PREVIA

    IDEAL PARA EMPRESAS E ORGANISMOS PÚBLICOS

    «Son unha secretaria que non ten que estar fisicamente na oficina» Nestes tempos difíciles aínda hai quen atrévese a poñer en marcha novas ideas empresariais. Melisa Rei fíxoo hai un ano, e aínda que tamén nota vos efectos dá crise, non se arrepinte dá súa iniciativa.

    ¿Como definirías  a túa empresa? -Chámase Ausen, e é unha empresa de servizos. Calquera profesional pode contratarme para cita previa, para recados, para ou que faga falta, aínda que me estou especializando en clínicas, facéndome cargo dás súas axendas, para dar cita aos clientes.

    ¿Traballa para toda a comarca? -Traballo para toda España, porque son unha secretaria que non ten que estar fisicamente na oficina. Funciona por desvío telefónico, e teño unha páxina web que me permite estar sempre en contacto cos profesionais para vos que traballo.

    ¿Como se che ocorreu a idea? -Teño unha amiga que ten unha clínica e tinga contratada unha secretaria só para as tardes. Como tinga as mañás sen cubrir e eu quedase non paro, díxome que por que non encargábame do teléfono pola mañá. Eu pensei que se ou facía para ela tamén ou podía facer para outra xente, por iso fixen a páxina web e contratei tamén un 902 para localizarme e para vos desvíos de chamadas,e agora vouno facer tamén polo móbil.

    ¿Tamén afecta a crise? -Tamén, porque aínda que contratarme a min costa dez veces menos que unha secretaria, a xente agora ou pensa antes de facer un gasto.

    Humor Grandecheo: A DISTANCIA É UN INGREDIENTE QUE DEVOLVE AO AMOR, O MESMO GUSTO QUE O COSTUME FÍXOLLE PERDER.

    Cambados 29 de Xaneiro de 2009

    MONTSE PRADO EN TELE SALNÉS

    O VINDEIRO MARTES AS 23 HORAS

    NO PROGRAMA EN PLENO ABERTO

    O vindeiro martes a partir das 23 horas e no programa “Pleno Aberto” de Tele Salnes será entrevistada a candidata Nº 7 do BNG pola provincia de Pontevedra e Delegada de Industria Montse Prado,  quen se someterá as preguntas do “popular” presentador.

    Engadimos ademais que está páxina está aberta a toda publicidade electoral de tódolos partidos politicos que queiran publicar algun acto electoral na mesma.

    Humor Grandecheo: A CONFUSIÓN ESTA CLARÍSIMA.

    Cambados 30 de xaneiro de 2009

    SUSPENDIDO CASE TODO  O DEPORTE GALEGO POLO MAL TEMPO

      

     

    NOTA DA FEDERACIÒN GALEGA DE FUTBOL: SUSPENDIDAS AS COMPETICIONS POLO MAL TEMPO http://www.futgal.es 

    Á vista das recomendacións recibidas por parte da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e tras realizar as correspondentes consultas coas distintas Direccións Xerais de Protección Civil e o servizo 112, así como as diversas informacións publicadas a través dos distintos medios de comunicación, esta Federación Galega de Fútbol tomou a decisión de suspender todas as competicións previstas para os próximos días 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro de ámbito territorial e nacional controladas por esta Federación Territorial, a excepción de a Regional Preferente nos seus dous grupos e a Terceira División Nacional, deixando a criterio dos colexiados designados e dos clubs contendentes a súa disputa, conforme ás condicións climatolóxicas existentes, recomendando por parte desta Federación que se adopten as medidas oportunas para garantir o normal desenvolvemento destas competicións.
       Así mesmo comunicamos que a competición oficial de Primeira Nacional "B" de Fútbol Sala queda suspendida.

       Oportunamente será comunicado por parte desta Federación Galega de Fútbol, as novas datas para a disputa das xornadas suspendidas.

     

    NOTA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO (http://www.fegaba.com)

    Suspendidas TODAS as LIGAS FGB e ZONAIS por mor da Situación Meteorolóxica

    Seguindo instrucións da Consellería de CULTURA E DEPORTE da Xunta de Galicia e en vista da situación meteorolóxica da nosa Comunidade,  a Federación Galega de Baloncesto  toma a decisión de SUSPENDER A XORNADA correspondente ao fin de semana do 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro.

    Polo tanto suspéndense TODOS os encontros de carácter autonómico e zonal a disputar na nosa Comunidade Autónoma.

    Así mesmo, habilítase como data de xogo desta Xornada o día 19 de Marzo do 2009.

    As categorías nas que non se xogará ningunha competición son as relacionadas a continuación:

    - 1ª DIVISIÓN MASCULINA.  
    - LIGA FGB SÉNIOR MASCULINA.
    - LIGA FGB SÉNIOR FEMININA.
    - LIGAS SÉNIOR ZONAIS E INTERZONAIS.
    - LIGAS JÚNIOR ZONAIS, INTERZONAIS  E AUTONÓMICAS.
    - LIGAS CADETES ZONAIS E AUTONÓMICAS.
    - LIGAS INFANTÍS ZONAIS E AUTONÓMICAS.
    - LIGAS MINIBASKET.
    - LIGAS PREMINIBASKET.

    IGNORAMOS SE NOS DEMAIS DEPORTES ESTÁN SUSPENDIDAS AS COMPETICIONS PERO É CUESTIÓN DE PREGUNTALO NAS RESPECTIVAS FEDERACIÓNS.

    Humor Grandecheo: A CALVICIE POIDA QUE SEXA SÍMBOLO DE VIRILIDADE, PERO NOS REDUCE A POSIBILIDADE DE COMPROBALO.

    Cambados 29 de xaneiro de 2009

    PROHIBEN UNHA HOMENAXE A CABANILLAS

    FAI 25 ANOS NA SOCIADADE CULTURAL

    POR RAZÓNS BUROCRÁTICOS ADMINISTRATIVAS, TRANSCORRÍA O ANO 1976

    1.- Benedicto, 2.- Bibiano, 3.- Xoan Silva, 4.- Suso Vaamonde (xa finado), cantautores da época que ían participar na homenaxe.

       

    Prensa  da época que se fai eco da nova e cartel anunciador, podes velos e lelos premendo no arquivo do final.

    Co gallo do 25 aniversario do seu pasamento o dia 18 de Nadal de 1976 (xa morrera o vello “Can de Palleiro”)  a Sociedade Cultural e a Asociación Cultural Ramón Cabanillas, ían organizar un festival co titulo “Galicia Canta a Cabanillas”, o mesmo foi suspendido por razóns burocrático-administrativas. Nel ían actuar o grupo Arousa, Benedicto, Bibiano, Buxan, Suso Vaamonde, Xoán Silva e Xosé M. Conde, a maioría compoñentes do famoso movemento “Voces Ceibes”. As notas de prensa que podedes ver integramente ,  así como o cartel anunciador do evento,  con maior claridade no arquivo de abaixo son do máis peculiar, incluso nunha delas pódese ler “Dixeron por unha parte que a familia non se consultou con ela, e por outra que Ramón Cabanillas non pode estar en boca de comunistas”. As autoridades da época que porhibiron o acto son os predecesores dos que hoxe nos gobernan.  Unha Grande Chea vai facer todo o posible e dentro do probable para organizar este festival 25 anos despois.

    DOCUMENTACIÓN DA HOMENAXE A CABANILLAS PROHIBIDA

    Humor Grandecheo: A AMIZADE É COMO A MAIONESA: CUSTA UN OVO E HAI QUE TRATAR DE UE NON SE CORTE.

    Cambados 29 de enero de 2009

    UNHA CAMBADESA O CAMPIONATO DE ESPAÑA

    ARACELI BUGALLO EN ESGRIMA, ESPECILIDADE ESPADA

    UNHA VERDADEIRA CAMPIONA

      

    A segunda e derradeira proba puntuable para ou ranking galego de espada confirmou en Santiago a cambadesa Araceli Bugallo como a mellor especialista do momento en categoría sénior. A tiradora do Compostela Esgrima non foi quen de repetir ou sábado ou seu trunfo do pasado mes de novembro na cita inaugural dá tempada, en Lugo, pero un segundo posto bastoulle para pechar ou ranking galego non máis alto dá clasificación. Deste xeito, Bugallo encabezará a representación dás oito deportistas galegas que participarán a finais dá primavera non Campionato de España de Espada en Alacante. Por diante terá a posibilidade de sumar ou que sería ou seu cuarto título nacional.Ou sábado, en Santiago, a tiradora cambadesa finalizou con pleno de vitorias ou seu pull , previa na que se dividiron en grupos de seis as máis de 50 deportistas inscritas na segunda proba do ranking galego.Con máis ou menos claridade superou a arousá vos oitavos, cuartos de final e semifinais, ata toparse non combate pola vitoria compostelá con Rocío Jiménez, do Cardenal Cisneros de Madrid. Moi fría de partida, Araceli víuse con 6 puntos de desvantaxe nos primeiros compases do seu duelo. E se ben reaccionou con forza, non foi suficiente para darlle a volta á tortilla. Ao final, derrota dá tiradora do Compostela Esgrima por 15-12. A pesar deste último resultado, Araceli Bugallo amosábase onte «contenta» coa súa actuación non torneo do sábado. «Tirei cómoda», comentou, e na final recoñece que «a miña rival amosou moitos máis recursos».

    Humor Grandecheo: A ADVERTENCIA CONSISTE EN AMEAZAR POLAS BOAS.

    Cambados 28 de xaneiro de 2009

    UNHA GRANDE CHEA VOLVE OS SEUS ORIXES

    ESTA ANO NON SE PEDIRÁ PALCO O CONCELLO

    O MARTES NON HABERÁ ACTUACIÓN NA PRAZA ALFREDO BRAÑAS

    A Asociación Cultural Unha Grande Chea en xuntanza levada a cabo pola xunta directiva en data recente acordou as actividades para este entroido, o venres liberdade para os seus membros e que se disfracen do que queiran pero saír polos bares da vila,  o sábado cea central na Pazo a Capitana cun disfraz único que desvelaramos en breve asemade nomearemos chalequeiro que será o invitado especial da cea, o luns acudir ataviados o Pub a Leria co motivo que estes escollan e o martes volvemos os nosos orixes, iremos cantando polos bares de Cambados e vendendo letrillas tamén cun disfraz único, polo que non haberá actuación tal e como tiñamos acostumados os nosos seguidores na praza de Alfredo Brañas, o que si sairá as rúas e o famoso "Contra-bando". Esta actitude tómase porque non queremos seguir sendo un elemento de discordia cos actos que organice o Concello, como viña dicindo algunha xente. É mais poñémonos a disposición do mesmo para axudar no que eles crean convinte polo ben do entroido cambadés.

    Humor Grandecheo: INTENTEI SUCIDIDARME E POR POUCO CASI ME MATO.

    Cambados 27 de xaneiiro de 2009

    “RAMÓN PEÑA” LÍDER NO SECTOR DE CONSERVAS GOURMET

    ESTÁN A LEVAR O NOME DE CAMBADOS POLO MUNDO ADIANTE

    ATOPASE  EN TODOS OS CLUB DO GOURMET DO CORTE INGLÉS

    1.- Ramón Peña González-Concheiro (administrador). 2- Anagrama da marca.- Nalida gonzalez (xerente)

    “Ramón Peña” de Cambados están a levar o nome do noso pobo e das Rias Baixas polo mundo adiante.  É o líder no sector de conservas Gourmet e pódese atopar  no Club do Gourmet do Corte Inglés en todo estado español. Exporta a 11 países entre eles Italia, Francia, Alemaña, Portugal , Rusia e E.E.U.U.  No ano 2008 obtivo o premio Marqués de Busianos outorgado pola Academia Española de Gastronomía en recoñecemento a súa labor de difusión internacional.  No Feira Madrid Fusión de 2008 o mesmo Ferran Adriá encomiou a labor e presentación  do seu aperitivo Delirium. Só unha pequena crítica a súa paxina web non está no noso idioma.

    Información e fotos recollidas de www.chramonpena.com .

    Humor Grandecheo: FOXE DAS TENTACIÓNS AMODO, PARA QUE POIDAN ALCANZARCHE

    Cambados  24 de xaneiro de 2009

    DUOS CAMBADESES NO GRUPO NOVE

    TONINO (PANDEMONIUM) E YAYO DAPORTA FORMAN PARTE DESTE GRUPO.

    ESTAN A FACER UNHA GRANDE REVOLUCIÓN NA COCIÑA GALEGA.

      

    Tonino e Yayo dous grandes xa da cociña galega.

    O Grupo Nove está composto por 17 cociñeiros e 14 restaurantes. Nel están restaurantes como Pandemonium, A Estación, Domus, El Mercadito, España, A Rexidora, Solla, O Retiro da Costiña, Casa Marcelo, A Gabeira, Allo e Aceite, Maruja Limón, Pepe Vieira Camiño da Serpe e Yayo Daporta.  Entre todos eles reúnen 5 estrelas Michelin, 5 soles Campsa, Campión e Subcampión de España de Cociñeiros, Cociñeiro do Ano, 2 campións de Galicia de cociñeiros, 4 Subcampións de Galicia de Cociñeiros, Premio Alimentos de España do Mapa, Premio Nacional de Hostaleria, Premio Bidasoa da Critica, tres premios de Turismo e Gastronomia de Galicia e moitas cousas máis. Podedes acadar máis información sobre deste grupo en  www.nove.biz   

     

    Humor Grandecheo: HAI UN MUNDO MELLOR PERO É CARÍSIMO

    Cambados 24 de Xaneiro de 2009

    PLAN DE TELEFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA

    CATÁLOGO DE OBRADOIROS TIC ON-LINE

    ORGANIZA:REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

       

    Dende a Rede de Dinamización da Sociedade da Información estase a pór en marcha un PLAN DE TELEFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA, a través do cal as persoas que o desexen poderan inscribirse para a realización de obradoiros on-line.Inscrición e información en www.redededinamizacion.eu  "obradoiros tic on-line".As persoas participantes terán un certificado de realización do obradoiro correspondente.

    *CATÁLOGO DE OBRADOIROS TIC ON-LINE

    01.   Internet para persoas maiores.-02.   Aspectos legais nas Novas Tecnoloxías. 03.   Navegación segura na Internet. 04.   Opera co teu banco ou caixa a través de Internet. 05.   Recursos na Internet para inmigrantes .06.   Sácalle rendemento á cámara dixital. 07.   Retoque fotográfico con GIMP. 08.   Realización de Mailing con Writer . 09.   Procesador de Textos: Writer  .10.   Folla de Cálculo: Calc . 11.   Presentacións: Impress . 12.   Comunicacións dende o teu computador: correo electrónico, fax e teléfono. . 13.   Busca de emprego a través da Internet . 14.   Axiliza os teus trámites coa Administración Pública a través da súa  oficina virtual . 15.   Contas con Calc. 16.   Iniciación á Informática: Ubuntu . 17.   Iniciación á Internet: Firefox

    18.   Correo electrónico: Thunderbird

     INSCRICIÓNS:

    Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés

    Paseo da Calzada s/n

    36630 Cambados (Pontevedra)

    Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12

    Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

    Asemade tamén das as grazas a todos que colaboraron enviandos fotos a “Olladas do Salnés”, podes ler a nota de prensa completa premendo AQUÍ.

    Humor Grandecheo: • HAI QUE TRABALLAR OITO HORAS E DURMIR OITO HORAS, PERO NON AS MESMAS.

    Cambados 24 de Xaneiro de 2009

    O TEMPORAL PASOU POR CAMBADOS

    DERRUBOU A FACHADA DA ANTIGA FABRICA DE GALVÁN

    AFORTUNADAMENTE NON CAUSOU DANOS  A PERSOAS

     

    De madrugada foi cando se fixo forte o temporal en toda Galicia, e por suposto en Cambados tamén se fixo notar, a veira da Sociedade Cultural e da nova notaria está a antiga fábrica de Galbán adquirida por un cadea de supermercados para nova instalación. Afortunadamente non causou danos a persoas, só materiais.

    Humor Grandecheo: • HAI DÚAS PALABRAS QUE CHE ABRIRÁN MOITAS PORTAS: TIRE E EMPUXE

    Cambados 21 de xaneiro de 2009

    EXPOSICIÓN NA RIVEIRA DE FEFIÑANS

    CUADROS FEITOS CON FIO

    UN TRABALLO ESPECTACULAR

      

    (Preme nas fotos para velas ampliadas)

    O artista Outón Sartal está a expoñer na Riveira de Fefiñans cuadros feitos con fio perfectamente colocados, e máis hai que acercarse para ver o fio, un traballo impresionante que paga a pena velo.

    Humor Grandecheo: GRAZAS A DEUS QUE SON ATEO

    Cambados 21 de Xaneiro de 2009

    NOTA DE PRENSA DO BNG

    O PP DE CAMBADOS VOLVE A ATENTAR CONTRA O PATRIMONIO MUNICIPAL

     

    1.- A telleira como estaba antes. 2.- A telleira como está agora.

    O BNG de Cambados, sendo coñecedor de que se está a realizar no Facho, en Castrelo, a “rehabilitación” da telleira de Manuel González, realizou unha visita ao lugar e descubríu, para a súa sorpresa, que a obra feita seméllase pouco ao que foi unha telleira tradicional.

    O portavoz do BNG, Víctor Caamaño, é consciente de que as persoas da Escola Obradoiro levan meses traballando con moita ilusión e dedicación neste proxecto e limparon, recuperaron o espazo e os materiais e investigaron pola súa conta na procura de información polo que, á vista do resultado, cremos que as obras non contan con ningún tipo de dirección técnica.

    Recordamos que calquera actuación nunha telleira, como elemento catalogado dentro das Normas Subsidiarias de Cambados, tería que ser informada pola Comisión de Patrimonio do Concello. Coa actuación realizada na citada telleira desvirtuouse, estragouse e atentouse contra os valores arquitectónicos e etnográficos que posúe.

    Víctor Caamaño considera, especialmente grave, este tipo de actuación xa que actualmente non falta documentación nin asesores sobre o tema (existe  unha ampla documentación gráfica e escrita e, incluso, persoas que traballaron, ata hai uns anos, neste tipo de industria e que poden dar conta de como eran orixinalmente) e porque ademais non é a primeira vez que o goberno municipal do PP, coas súas actuacións, atenta contra o patrimonio arquitectónico e artístico de Cambados.

    Cando se acomete unha obra de rehabilitación ou restauración,  ante todo hai que respectar o obxecto que se restaura, a súa funcionalidade e a súa estética. Cada pedra e cada forma teñen unha función orixinal que desaparece cunha mala actuación  de “restauración” como ocorreu nesta ocasión. Segundo o diccionario, restaurar significa renovar, reparar ou volver a poñer algo no estado ou estimación que antes tiña; non se poden inventar formas nin estructuras inexistentes, nin empregar materiais que non sexan axeitados, por moi “bonitos” que parezan.

    Por este motivo o BNG realizou as seguintes preguntas ao alcalde de Cambados:

    1.-Quen elaborou ou quen se encargou do proxecto de rehabilitación da telleira de Manuel González?

    2.-Que técnico dirixíu as obras de rehabilitación da telleira?

    3.-Foi informado o proxecto pola Comisión Técnica de Patrimonio do Concello, tal e como establece a normativa, tendo en conta que as telleiras figuran como elementos catalogados dentro das Normas Subsidiarias do Concello de Cambados?

    Así mesmo, o BNG, informou á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia das actuacións feitas polo Concello de Cambados na citada telleira.

    Humor Grandecheo: FELICES OS QUE NADA ESPERAN, PORQUE NUNCA SERÁN DEFRAUDADOS

    Cambados 19 de Xaneiro de 2009

    A PRIMEIRA PEÑA BARCELONISTA NACE EN CAMBADOS

    O BAR LAYA E O XERME DA MESMA

    JOSÉ A. LAYA, PROPIETARIO DO BAR, TEN TODAS AS POSIBILIDADES PARA SER O SEU PRIMEIRO PRESIDENTE

    Os seguidores barcelonistas de Cambados están eufóricos, no Bar Laya, feudo barcelonista onde os haxa, están a organizar o nacemento da “Peña Barcelonista Albariño”, neste intre están no trámite de elección de presidente, parece ser que todas as papeletas as ten o que foran gran xogador de fútbol do Cambados nos anos 60 e 70, José Antonio Laya e propietario do Bar, aínda que non hai que descartar a Mon o que fora propietario do Pata Negra e que agora ten unha vinoteca na Avda. da Coruña. Tamén nos contaron que os socios poderá beneficiarse dunha limpeza bucal nun dentista de Vilagarcía, non está nada mal para empezar. Doutrabanda parece ser que hai un ruxe-ruxe que no Bar German queren facer unha peña madridista pero non hai nada en firme. O Bar Laya e o Nou Camp como o Bar Germán é o Bernabeu.

    Humor Grandecheo: ESTUDAR É DESCONFIAR DA INTELIXENCIA DO COMPAÑEIRO DE Á BEIRA.

    Cambados 19 de Xaneiro de 2009

    “POR DEREITO” ASOCIACIÓN PRO NENOS AUTISTAS EXISE AS SÚAS REIVINDICACIÓNS

    SOLICITAN DA CONSELLERIA QUE SE MANTEÑAN OS DOCENTES DE “BATA”

    O COLEXIO DA LOMBA ABARCA TODA A ZONA DO SALNÉS.

    Os pais de 'Por Dereito' pedirán á Conselleira de Educación que manteña profesores especializados en autismo no aula de apoio da Lomba.

    As familias consideran que os docentes de BATA son os máis adecuados para os seus fillos, xa que son os únicos que contan cunha formación específica en autismo na zona do Salnés. Podes ver a nota reivindicativa completa premendo AQUÍ.

     

    Humor Grandecheo: ESTA BEN SER ABSTEMIO, PERO CON MODERACIÓN.

    Cambados 19 de Xaneiro de 2008

    PUNTOS NEGROS NO POMBAL

    FRONTE O EDIFICIO POMBAL 4 EN FEFIÑANS

    O PE DA ROTONDA DE TRAGOVE

       

    (Preme nas fotos para velas ampliadas)

    A semana pasada, en conversación de ascensor, entereime de que en cousa de dúas semanas dúas persoas do edificio caeran ao saír do mesmo debido a un corte que hai no asfalto xusto enfrente do mesmo, ao baixar da beirarrúa. Non me rin porque unha delas fixo un esguince e a outra só mazaduras, pero, pola súa idade, puido ser cousa moito máis seria. O motivo de que me dera a risa é que xustamente un ano antes, no Nadal do 2007, caín eu no mesmo sitio  e realmente é mellor rir que chorar ante o tempo que parece que se precisa para amañar, ou obrigar a quen o causara, un desperfecto tan insignificante. Descoñezo se hai máis persoas torpes coma min e as dúas anteditas que caeran no mesmo sitio pero espero que ao darlle publicidade non aumente máis o número.

      

    (Preme nas fotos para velas ampliadas)

    Aproveito para denunciar tamén o estado dos contenedores soterrados que hai a 10 metros do lugar e que presentan todos os días imaxes semellantes: é certo que hai veciños “porquiños” pero é obriga do Concello mantelos rotulados para animar ao vecindario a utilizalos correctamente e, no seu caso, velar para que quen faga un uso incorrecto sexa avisado, amonestado ou incluso sancionado.

    Se, en lugar de coller dirección ao centro, ao saír da casa imos cara á rúa Sevilla, xunto da primeira farola que atopamos (diante da Inmobiliaria Cambados) hai tamén, hai  moito tempo (non sei dicir canto porque afortunadamente alí inda non metín a pata) un buraco, a perigosidade do cal creo que queda patente nas fotos. Cando toca pasar por esta zona (na que non hai beirarrúa e aparcan os coches impedindo o paso dos peóns) é facilísimo “meter a pata” ou ser atropelado se optas por ir pola parte da estrada.

    Agardando que desta crítica (constructiva na súa intención) se deriven solucións, un atento saúdo

     

    E. P. B. //Veciña do Pombal 4

     

    Humor Grandecheo: • É BO DEIXAR O GROLO, O MALO É NON ACORDARSE ONDE.

    Cambados 18 de Xaneiro de 2009

    RAFAEL BLANCO,  INCLUÍDO NAS LISTAS O PARLAMENTO DE GALICIA

    É ACTUAL CONCELLEIRO DO PSOE EN CAMBADOS.

    AÍNDA QUE NON VAI EN POSTOS DA SAÍDA.

    O actual Concelleiro do PSOE en Cambados Rafael Blanco Guerreiro, foi incluído nas listas que este partido político presente as Eleccións o Parlamento de Galicia na provincia de Pontevedra. Na lista estará como numero un o presidente da Xunta, como número dous a Conselleira Caride, como número tres Modesto Pose entre outros. Rafael aínda que non vai en postos de saída seguro que vai arrimar un hombreiro, como fai sempre,  para que o seu partido acade bos resultados. Parabéns Rafael.

    Humor Grandecheo: ERRAR É HUMANO, PERO BOTARLLE A CULPA A OUTRO É MAIS HUMANO AÍNDA

    Cambados 18 de Xaneiro de 2009.
    DERRADEIRO ARTIGO DE CHON NO ATURUXO
    "ANO NOVO, ELECCIÓNS NOVAS...REI MIDAS.
    PODES VELO TAMÉN EN  www.aturuxo.es
    O derradeiro artigo Chon, no Aturuxo, xira este vez en torno as Eleccións vindeiras e a figura do prócer do PP na provin cia de Pontevedra, Rafael Louzán. Tamén podes ver  este e os anteriores artigo premendo no seguinte arquivo.