UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
INFORMACIÓN DO NOSO POBOINFORMACIÓN DO NOSO POBO
2009 DEBE DE SER O ANO DE CABANILLAS
Foto Montaxe: Unha Grande Chea.
O próximo 9 de novembro os edís cambadeses volverán reunirse para coñecer os actos principais que se organizarán no 2009 con motivo do cincuenta aniversario da morte de Cabanillas. Un proxecto que o Concello pretende liderar e ao que invita a sumarse a todas as asociacións e institucións que o desexen. Pero non será unha comisión a que se encargue de organizar todas estas actividades, pois o equipo de Tourís rexeitou unha moción do BNG que propuña crear unha entidade que, ademais, serviría de xerme á futura Fundación Cabanillas, moción apoiada tamén polo PSOE. Esperemos logo o dia 9 para poder pronunciarnos. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ISAAC DIAZ PARDO SERÁ HOMENAXEADO EN CAMBADOS
O vindeiro 25 de novembro os libreiros de Cambados homenaxearán a D.Isacc Díaz Pardo no ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- HOMENAXE A UNHA NAI, A UNHA TRABALLADORA, A UNHA MARISCADORA.. Xa se sinte a nostalxia por deixar de sentir ese amencer que arrecende a mar, humidade, frescura....e un sen fín de adxectivos que denotan o fermoso do teu traballo, xa se bota en falta alí onde a suor é salgada , onde o horario non o dirixe nengún desagradable sinal de megafonía ou reloxo senón a imparable enchida do mar. Facer o cope e voltar para a casa, vaia roubo!, como baixou o prezo, pero si onte vendín ao dobre!, veña Isabel deixame levar estas sans para botarlle ao arros que meus fillos morren por elas. Esta semana son as secas ghrandes, non vale a pena ir , o marisco vai tirado.... Leveille o ancaso ao ferreiro, xa ten os dentes novos....Paco, ponlle o meu nome ao caldeiro que sempre se mesclan na lonja. Xa se bota en falta esa dor xeral (pernas, brazos, as tuas maltreitas mans..)de ter que vir camiñando dende a Toxa Pequena. Esta semana quedamos no Baral, o birbiricho está presioso. No Lombo da Rata botamos cría esta semana........Ai.!!, onde van aqueles tempos nos que se ía cara Correlo! (non sei pq llo diron ás de Castrelo) A Japónica medra o dobre que o resto, ao burato apuras menos pero traballas a metade, o malo é que tes que levar os lentes senón non as sintes(ves) respirar.......Miles e miles de frases, miles e miles e sentementos que se deixan atrás, non é un traballo calquera é o mellor traballo do mundo, mariñeiriña que ensinas ás novas a crusar o regho, mariñeiriña que ensinas ás novas a xoghar á brisca (vixiar ,que vixien os da noite que eu por unha vez levo o as de trunfos)........E choverá?, levarei a roupa de aghuas? Sempre o preguntas entre lusco e fusco antes de sair da casa cun tazón de leite na mán, non o levo que non vexo nube algunha (non o levas aínda que duas horas máis tarde maldigas a tua imprudencia) .... A praia, a praia é para os turistas..... O meu é o Sarrido....Mariñeiriña, tes o mellor trballo do mundo a tua xefa é a lua, ela é quen dí se trballas de mañán ou de noite e si trballas 4 ou 6 horas, ela vai cando a ti ate que chegas ata que a baixada do mar te envolve , despídese ate o seguinte amencer no que voltas a mirala. Beni Pomares. “Bechi”
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . DEPORTES 30/10/07DEPORTES
FUTBOL
CAMBADOS 2 - VALADARES 0
Blas , xogador do Cambados B, que este domingo debutou no primeiro equipo e no fixo nada mal.
Un gran paso dou o Cambados o superar hasta o que o de agora era o segundo clasificado o Valadares, ademais volveuse a facer un gran partido e o do Rápido de Bouzas quedou xa esquecido. Con esta gran vitoria upámonos o quinto posto da clasificación a a tan só catro puntos do líder Nigrán e a só un punto do segundo clasificado o Marín. A destacar o debut do xogador Blas pertencente o cadro do Cambados B que fixo un bo partido. A vindeira xornada viaxamos a Poio onde teremos que dar boa conta do noso rival xa que vai inmediatamente despois de nos , esperemos non ter erros de falta de concentración. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- RUBIANS 0 - CAMBADOS B 2 Pepe autor do primeiro gol dun precioso cabezazo e na seguinte foto podemos ver os xogadores do Cambados B celebrando o gol obra de Beni Vilas.
Xa estamos aí, no quinto posto (igual que o Cambados A na súa categoría) a catro puntos do líder Umia e a dous do segundo clasificado San Miguel. A vitoria sobrada en Rubians , cun equipo de circunstancias sírvenos para dicirlle os demais equipos que coidamos aquí estamos e con serias aspiracións. A vindeira semana o noso rival é o Chispa que vai xusto debaixo nosa no sexto posto e a un só punto de nos. Promete o vindeiro partido. No de onte destacar o gran gol de cabeza de Pepe que foi un dos destacados. O segundo gol marcouno Beni Vilas grazas tamén hai que dicilo a un fenomenal regalo do porteiro local. En canto os outros equipos de cambados diremos que o Salnés foi goleado na casa polo Drakkar por un contendente 1-9 mentres que o Beiramar empatou na casa a 0-0 co Sobradelo. De seguido deixamosvos unhas imaxes do encontro:
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
TENIS DE MESA Enrique Barreiro (senior)
Unha semana máis, o equipo de t.m. cambadés tivo unha gran xornada: Quique Barreiro, xogador do Rabade TM
EDUARDO BARREIRO SELECCIONADO PARA XOGAR O ABERTO INTERNACIONAL DE PORTUGAL Eduardo Barreiro (de laranxo) nunhas fotos de arquivo
O bo labor que o Cambados TM está a realizar coa canteira comeza a dar os seus froitos. Así, un xogador de categoría infantil foi convocado para participar nunha sesión de de traballo coa selección española. Trátase de Eduardo Barreiro, que foi seleccionado para disputar o Aberto internacional de Portugal para mozos, que se celebrará do 30 de novembro ao 2 de decembro na localidade portuguesa de Tavira. Eduardo xoga habitualmente en Primeira Nacional.
Detección de talentos
Outros tres xogadores do club de Cambados foron citados, á súa vez, para acudir coa selección galega a unha concentración na localidade portuguesa de Mirandel. A chamada de Martín Regueiro, Raquel Martínez e Cristina Barreiro enmárcase no programa de detección de talentos que puxo en marcha a Federación Galega de tenis de mesa.
Unha Información de Quique Barreiro.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
BALONCESTO
T.G.M. ARZÚA 66 - XUVEN 82
Arzuáns e cambadeses disputaron no municipal do Cruceiro un encontro que ben merece o calificativo de “extraordinario”, e que supuxo a primeira derrota da temporada do equipo de Cambados, despois da disputa de sete xornadas, para satisfacción da animosa “parroquia” local. Alberto Camba, destacado polo Arzúa.
Pero a gran diferencia entre uns e outros foi que mentres os visitantes dependían en exceso de Sineiro e Villar (autores de máis do 60% dos puntos sumados polo equipo), nos locais pouco importaba o cinco que estivera en pista ou que xogadores como Gorri e Chiqui, os mellores na pasada xornada en Ourense, non tiveran nesta ocasión o seu mellor día. Miguel Sineiro destacado polo Cambados.
ANOTADORES: Unha información recollida do blog do T.G.M. ARZÚA.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CETRERÍA
O CAMBADÉS BRAIS GONZÁLEZ OTERO, CAMPIÓN GALEGO DE CETRERÍA.
ALBERTO DE VIVEIRO SEGUNDO DE GALICIA E TERCEIRO DA CLASIFICACIÓN, XUNTO CON BRAIS,AMBOS DEFENDERAN A GALICIA NA FINAL ESPAÑALA EN TORO O PROXIMO FIN DE SEMANA
O Cambadés Brais González Otero quedou campión galego no VI Campionato da especialidade celebrado os pasados 26, 27 e 28 de Outubro pasado disputado en Xinzo de Limia. O cambadés participou cunha femia de Harris chamada Loli. Subcampión quedou Alberto de Viveiro cun macho de Harris. Os dous defenderán a Galiza no campionato español que terá lugar en Toro o vindeiro fin de semana. Laura González Otero co seu macho Toxiño, non tivo sorte e non pasou a final.
REPORTAXE GRÁFICA: (Fotos: D.O.A.)
CETRERA LAURA AXUDADA PO LO SEU MORRALERO BRAIS
VUELO CO QUE BRAIS QUEDA CAMPEON GALEGO E SEGUNDA NA CLASIFICACIÓN. VUELO CO QUE BRAIS QUEDA CLASIFICADO PARA A FINAL
A SECCIÓN DE DEPORTES FOI PATROCINADA POR:
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
DE VIAXES E CAMIÑOS e CRUCEIROSDE VIAXES , CAMIÑOS , CRUCEIROS E OUTROS COUSAS...
A MADRID CON JOSÉ VILAS
O Grupo "Cornelius" co seu teclista José Vilas, o primeiro pola dereita.(Foto Diario de Arousa)
Da gusto ver como funcionan algunhas concellarías de Cultura tal como é o caso da de Vilagarcía, outras deberán tomar exemplo. Baixo o lema “De ruta con Cornelius” a Concellaría de Cultura vilagarciá ven a invitar a toda xente da comarca e en especial do pobo veciño a apoiar a banda Cornelius nunha fase, que de superala, conduciría a música vilagarciá o máis alto da escena internacional. O Candem Electric Balroom de Londres seria o seguinte escenario dun concurso que reserva 100.000 $ e unha xira mundial para o gañador elixido entre milleiros de bandas de todo o mundo. O autobús sairá o mesmo día do concerto , o sábado tres de novembro, as 10 da mañá da Praza de Ravella. A viaxe é completamente gratuíta, os interesados só terán que abonar os 12 euros do concerto nos seguintes puntos: Concellería de Cultura e Xuventude, Pub Gotham. Taperia Deleria, pub Dolce Vita, Bar Miúdo e Taberna de Moe´s. Evidentemente ata aquí a nova en si , pero nos o que queremos destacar é que na banda Cornelius, os teclados está nin máis nin menos que o cambadés José Vilas, músico e técnico de son, fillo de músico por parte do pai, e tamén da nai que procede dunha das familias con máis tradición en Cambados, os Losada. José Vilas é ademais primo carnal do noso mestre Xaquín Xesteira. Desexamos de todo corazón que este cambadés triunfe en Madrid e por suposto tamén o seu grupo. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- O CRUCEIRO CRUZADO Vivimos nun pobo que agás que algunha que outra aberración urbanística tales como o edificio do Banco Zaragozano ou o edificio da Merced, sólese respectar bastante o que é o entorno urbanístico. Pero a veces tópaste con cousas no teu pobo que non teñen razón de ser , que son verdadeiras aberracións. O outro dia un dos nosos reporteiros dando un volta en coche polo lugar de Refoxos en Corbillón polo de agora parroquia de Cambados, viu esta casa:
En principio non lle chamou a atención a menos dende a distancia onde a percibiu, pero a medida que se foi achegando a ela chamoulle a atención un cruceiro coidamos que con bastante antigüidade, o noso reporteiro xirou a esquerda e cando xa pasara a casa pensou, “…a ese cruceiro ou fáltalle un cacho ou aí hai algo raro…”, efectivamente o noso reporteiro dou volta , baixou do coche e veu isto:
O noso reporteiro non saia do seu asombro, un cruceiro cruzado cun valo de non fai moitos anos... que aínda no vos decataches aquí tedes unha foto de perfil que vos pode abrir máis o ollos:
Nos non sabemos si isto e “feismo”, unha aberración cultural, unha aberración urbanística, ou simplemente unha aberración. O que está claro é que é todo un atentado a lóxica. Nos non entremos nin saímos na propiedade do cruceiro ou de once está o cruceiro , de quen é casa , a propiedade que a circunda etc, nos só expoñemos o feito e vos opinade:
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
LEIRO EN ESTADO PURO
Foto: Faro de Vigo.
O xenial artista cambadés Francisco Leiro ven a ampliar o dunhas mellores colección de arte do estado español a Colección Caixanova cunha nova obra denominada “Carrier”. Lembra a obra a Caronte, barqueiro de Hades (Deus dos mortos) encargado de guiar as sobras errantes dos finados dun lado a outro do rio. Destacan os críticos a mestría do tallada e unha peza que está a chamada a facer historia. Falando de leiro temos que dicir que este ano o escultor ven de facer nada máis nin nada menos que cincuenta anos. Felicidades Leiro.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- BANCO DE CAMISETAS E LEMAS
Foto montaxe UNHA GRANDE CHEA
Un dos visitantes da nosa páxina que se fai chamar GONSOMITO enviounos este correo:
“””Póñome en contacto con vós porque creo que sodes, posiblemente, o colectivo máis representativo da cultura e sociedade cambades na actualidade. Queríavos propor unha idea que me abordou mentres recorría os "spaces", os "fotolog" e demais bitácoras desta zona na rede.
Tódolos anos a mocidade (e non tan mocidade) que goza do Albariño espirme os miolos para sacar unha boa idea que poder plasmar no que será o seu "uniforme" para esas datas. Moitos deses deseños gárdanse como ouro en pano no fondo do armario para saca-la, con sorte, un por de veces ao ano. Outras tantas, pola contra, pérdense no tempo ou na lavadora, pero case todas , sobre todo as que son boas, reviven na memoria ata que un bo día dis para os teus adentros "¿e como era aquela camisola tan rechamante que levaron aqueles de Vilanova no ano 2007?" ou "¿De quen sería aquela camisola amarela que levaba de lema 'Os homes de Baco' parodiando á serie de antena3?". A proposta, se non está inventada xa, consistiría en crear unha especie de "banco de deseños e lemas" coas camisolas do albariño de tódolos anos.
Coido que sería unha boa idea para recalcar, por unha banda, o "movemento artístico" no deseño en téxtil que se crea nestas datas, por outra parte unha boa forma de expandir a festa do Albariño e por último, unha maneira sinxela de gardar, a parte que no recordo, tódalas ideas concibidas ata o momento.”””
A nos parécenos unha boa idea e incluso nos propoñemos como depositarios de ese banco de datos pero faría falta a vosa colaboración remitíndonos fotos de camisetas de todos los anos do Albariño, depende de vos.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ERROS EN CADEA
O pasado día 23 de outubro publicase na páxina de Deportes de Diario de Arousa a seguinte clasificación:
Non vos alarmedes non é un novo grupo de 3ª División Autonómica o que pasa, que probablemente debido a un erro informático o Deiro pasouse a chamar Deliro, o Umia Amia, o Bamio Bario, o Drakkar Dragar, o Vilanova Vilano, o Romai Roma, o Pontearnalas Fontanelas, o Beiramar Bramar, o Salnés Sainas e o Sobradelo Sobradero. En fin non deixa de ser curioso.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
TREIXADURA " CACERIA EN DO MAIOR"
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
A VODA, un video de http://es.youtube.com/user/SORROSORRITO
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
UNHA GRANDE CHEA RETOMA PROTAGONISMOPARECE QUE EMPEZAN A TOMAR EN SERIO AS NOSAS PROPOSTAS.
O BNG CITA A UNHA GRANDE CHEA NA SÚA MOCIÓN
MOCIÓN ANO CABANILLAS 2009
Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Cambados e con DNI nº 35437835, presenta para o seu tratamento no próximo Pleno a seguinte MOCIÓN: CREACIÓN DA COMISIÓN ANO CABANILLAS 2009 No ano 2009 cúmprense o cincuenta aniversario da morte do insigne poeta cambadés Ramón Cabanillas. Desde aquela numerosas foron as ocasións en que, por un ou outro motivo, foi recordada e homenaxeada a figura deste noso sobranceiro veciño. Así, no ano 1976, centenario do seu nacemento, fixéronse distintos actos en Cambados, e a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas. No ano 1984 o Concello conmemorou, tamén con diversos actos, o vintecinco aniversario da súa morte. Máis tarde o Concello creou a Casa Museo Cabanillas, No 1998 a Asociación Cultural Santa Compaña conmemorou a publicación do seu mítico libro “Vento Mareiro” e no 1999 a Fundación Comarcal do Salnés realizou unhas Xornadas sobre Ramón Cabanillas con motivo do corenta aniversario. No ano 2000 a Asociación Candea publicou e realizou o roteiro de Cabanillas por Cambados e, recentemente, o Concello fixo unha exposición sobre Cabanillas e Cambados e publicou un “facsimil” do Umia e do Cometa sobre a figura do Cabanillas periodista. Moitas son as actividades que se poderían citar, ata a recente homenaxe organizada pola Asociación Cultural Unha Grande Chea. Todos estes actos amosan que Cabanillas está vivo na memoria colectiva de Cambados, pero tamén coidamos que a relevancia que supón a súa figura para a literatura e cultura galega e universal é indiscutible, o que xustifica un esforzo para que a súa figura e obra sexan coñecidas e valoradas por máis xente, polo que creemos que o ano 2009 debería dedicarse á realización dunha serie de actos que promocionen a súa vida e obra por medio de publicacións, exposicións, congresos, conferencias, recitais, deseño dunha ruta, constitución dunha fundación... e preserven o seu legado para o futuro. Cremos ademais que nun evento desta importancia debe participar toda a sociedade a través dos seus representantes e institucións, polo que propoñemos: Creación dunha Comisión ampla e plural da que formen parte institucións académicas (Universidade, centros de ensino de Cambados), políticas (representantes do Concello, das Consellerías implicadas, da Deputación, dos grupos políticos de Cambados), culturais (Asociacións de ensinantes, asociacións culturais), sociais (asociacións de veciños, Confraría) e representantes da familia de Cabanillas. En Cambados a 11 de outubro de 2007 Asdo.- Víctor Caamaño Rivas ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- O PSOE PIDE QUE SE INSTALEN BANDAS SONORAS NA RUA INFANTAS TAL COMO PEDIA UNHA GRANDE CHEA. O portavoz do PSOE de Cambados, Domingo Tabuyo, presentou unha moción na que reclama que se instalen bandas sonoras e contrólese a velocidade nos principais accesos ao municipio. O socialistas considera que só así poderán reducirse os accidentes de tráfico.A proposta de Tabuyo pasa por colocar bandas en cálelas Infantas, Príncipe e Os Olmos e nas avenidas de Madrid, Galicia e Vilariño. Ademais, tamén solicita substituír as que se colocaron na rúa Rodas por outras adaptadas á normativa e cambiar as da avenida do Salnés por outras que de verdade impidan os excesos de velocidade na contorna. Para terminar, Tabuyo considera que se debería solicitar a Tráfico a cesión dun equipo de radar para controlar a velocidade nos accesos ao municipio.O socialista explica que o Concello executou unha serie de medidas de reforma do tráfico en varias rúas do centro de Cambados. Por iso considera aconsellable implantar medidas que obriguen aos vehículos que circulan por eses viarios a reducir a velocidade. Engade ademais que isto axudaría a evitar accidentes en zonas próximas a colexios, cruces perigosos ou espazos peonís.Tabuyo aposta por adoptar medidas concretas en cada rúa, pois non é o mesmo actuar sobre o centro histórico que sobre rúas con moito maior tráfico. Por iso apunta a que todas as medidas deben adoptarse de acordo coas directrices da Policía Local.Doutra banda, o socialista recorda que Cambados asinou en 1999 un convenio con Tráfico para a cesión de equipos de radar aos axentes da Policía Local. «Ata ou momento este grupo municipal non ten constancia de que se fixeran as xestións oportunas para realizar ditas cesións», asegura. Tamén reclama que se soliciten estes aparellos para poder controlar a velocidade nas rúas.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CHOURIZO FILMS ESTÁ DE MODA
Chourizo Films comeza a poñer de moda nos medios tradicionais, en internet son uns dos máis destacados, e así xa os podemos ver en artigos, na Voz, no Faro ou en Diario de Arousa, eu na mesma radio galega , de seguido reproducimos íntegra a entrevista a Rodrigo Piñeiro, alma mater de Chourizo Films:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
www.cambadosenfotos.net desexa homenaxear os nosos maiores.
Quere fotografar ao home e á muller de maior idade de Cambados. Gustaríalles contar coa vosa colaboración para así poder facer unha pequena homenaxe fotográfica ao home e muller máis lonxevos de Cambados para que entren a formar parte da súa sección Xente de Cambados .Para Eduardo Apariz sería todo un orgullo poder fotografalos e amosalos na súa web. Como adianto, hoxe amosan a fotografía de Fontán, case noventa anos o contemplan. Sospeitan que non é o home de máis idade de Cambados pero mentres chegan, el presedirá a sección. Se queres poñerte en contacto con él aquí tes o seu e-mail eduapariz@telefonica.net
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA NESTA OCASIÓN OS SEGUINTES VIDEOS:
"A CRIADA DO CURA" DE UNHA GRANDE CHEA TV
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ OUTRO DIA NO BAR SILVA DE UNHA GRANDE CHEA TV
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CAMBADOS CHEIRA DE http://es.youtube.com/user/denunciascambados
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O CEBREIRO POR http://es.youtube.com/user/papigil
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
Foron quen de me pasar da escoita, disfrute e admiración polo mundo da Nosa Música a comezar a "soplala". ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
FANCINE DESPREGABLE
Xa está publicado o fanzine despregable. Menú variado para este outono tan atípico.
Na portada Andrea Costas, unha artista galega, cunha obra dura e impactante. En música, Los hijos bastardos de Peter Lorre, un nome longo dabondo para un grupo que versionea aos grandes do rock and roll e que leva a festa no corpo. A regueifa é unha plataforma de música galega onde podes baixarte gratuitamente o traballo de moitos grupos galegos, fixémoslles unhas preguntas.
Extensa crónica do festival Paredes de Coura, recordo á Velvet Underground, Grindhouse e incluso unha breve reseña da serie V, O seminario permanente de Jazz de Pontevedra...
A fotografía central é de Mónica Ferreirós e o comic de Sergio Covelo. Música, arte e cine...
Por un euro, nas mellores librerías e bares do lugar.
Un saúdo e saude!!
Para máis información sobre as actividades da Embaixada visita:
www.embaixadaprusiana.blogspot.com
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . DEPORTES 22/10/07DEPORTES
FUTBOL
RÁPIDO DE BAHIA 3 - CAMBADOS 0
Perante un rival a priori asumíbel o Cambados pegou un esvarón neste xornada perdendo por un rotundo 3-0 na casa do Rápido de Bouzas. Despois do bo partido feito na xornada anterior non se entende este troco nos xogadores cambadeses, esperemos que fora un dos poucos deslices que podemos ter. Pódese perder cos de arriba, pero cos de abaixo hai que afirmar os resultados. Baixamos así hasta a oitava posición quedando a seis puntos do líder Nigrán. A vindeira xornada temos un oso duro de roer nin máis nin menos que o segundo clasificado o Valadares, hai que dalo callo e gañarlle como sexa. --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- CAMBADOS B 2 - ZACANDE 0
Beni Pomares "O Gran Capitán", Bruno o Debutante, e José Luis que puxo a calidade.
Fari, nunha pose de cine, traballou hasta que rompeu.
O Cambados B nunha boa primeira parte sorprendeu a un forte Zacande con dous goles en menos de cinco minutos. Así Beni Pomares nunha falta maxistralmente sacada conseguiu o 1-0 e Pepe a saída dun córner tamén moi ben sacado por Beni consígueo o 2-0. Deste xeito o Cambados B úpase a quinta praza a cinco punto do líder San Miguel que parece imparable Na segunda parte o Zacande adiantou liñas pero o Cambados mostrouse moi seguro na zona defensiva con Chon, Bruno, Paio e Iago que non deixaban pasar unha e un medio campo moi ben comandado por Beni Pomares e José Luis, podemos dicir que resultado xusto. O vindeiro domingo o Cambados B desprazase a Rubians o cal ven de gañar cun contundente 1-4 o Armenteira, promete un partido entretido. UNHA GRANDE CHEA TV, estivo ali e gravou estas imaxes:
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
BALONCESTO
XUVEN 80 - CAMPUS OURENSE 76
Desta vez o Xuven tivo que apertar os dentes para impoñerse a un forte rival como era o Campus Ourense o que lle gañou por un 80-76, esta xa foi unha boa pedra de toque para os cambadeses, que aspiran seriamente a primeiro lugar. Agora co Cafegal Pavillón son os únicos equipos invictos da categoría. A vindeira semana concretamente o vindeiro sábado desprazase a Arzúa para enfrontarse o T.G.M que figura en cuarto lugar, outro rival difícil para o Xuven.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- TENIS DE MESA Gran xornada, unha vez mais para o tm cambades, con victorias en tódalas categorias. ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Cetrería.
VI Campionato Galego de Cetrería.
Programa: Dia 26 de outubro.- Recepción dos participantes hasta as 21.00 no Hotel Xinzo. Ás 22 horas farase o sorteo de vós. Dia 27: As 8.30 reunión de participantes no mesmo hotel, ás 9 saída cara o campo de vós, as 9.h inicio de vós en dúas modalidades. As 14 h. parada para xantar, as 15 h. reedición da proba e as 18. h. remate da sesión de clasificación. Dia 28: As 9 h. Comezo das finais, as 14.30 Fin da proba. As 15 h. xantar de clausura e acto de entrega de premios coa proclamación dos campións galegos das dúas modalidades nos salón do hotel.
Os participantes serán cetreiros con licencia federativo en vigor. Todas as susceptibles de ser usadas e que acrediten a súa procedencia legal. O Campionato rexerase polos regulamentos federativos en vigor. Entregaranse premios os cinco primeiros clasificados ademais do campión galego en cada unha das especialidades. O prazo de inscrición será ata o 26 de outubro e poderase facer nos teléfonos 687 66 61 08 ou 687 03 92 35.
Participan no evento os cambadeses Laura González Otero, que con 13 anos, disto fai dous anos, foi subcampión Galega, con un macho de "Águila de Harris" a faisán.Brais González Otero, no campionato de España celebrado en Toledo fai tres anos, quedou en noveno lugar con unha femia de "Harris" a caza de lebre salvaxe. Este ano, nas xornadas internacionais do Norte, que se celebraron en León, entrou na final quedando na mesma en sexto posto.E nas xornadas de Cantabria, con a mesma ave quedou en quinto en caza a faisán e segundo en caza a lebre.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A SECCIÓN DE DEPORTES ESTIVO PATROCINADA POR:
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- CARLOS RABADECARLOS RÁBADE PALLARÉS, MESTRE INNOVADOR.
Tal como chegou a Cambados, foise , sen facer ruído, sen molestar a ninguén con toda a modestia que sempre o destingue. Carlos Rábade naceu no pobo que da nome o seu primeiro apelido na provincia de Lugo, e fai xa algúns anos.
Carlos Rabade con pelo. (Foto: Unha Grande Chea)
Chegou a Cambados aló polo ano 77, xa van ala a nada máis e nada menos que 30 anos, xurámosvos que chegou calvo, aínda que damos fe que si tivo pelo algún día, o que é verdade e que Carlos non ten un pelo de parvo. Veu destinado como mestre a unha “aldea” de Cambados que nin tan sequera oíra falar dela, Castrelo.
No antroido de 1989 partido Santos-Bayer Reveren2. (Foto: Unha Grande Chea)
O ano e pouco de estar aquí xa se fixo director do Colexio, cóntanos os seus colegas que era un mestre moderno e progresista por un lado e conservador por outro, é dicir tiña en mente proxectos novos para modernizar o seu colexio como asi posteriormente fixo, pero a hora de dar clase gustáballe facerse respectar e que os alumnos souberan quen mandaba na clase, a este Colexio non o coñecía ninguén, era un colexio como calquera outro.
No antroido de 1990 disfrazado de Danzante de Cobas. (Foto (Unha Grande Chea).
El rodeouse dun equipo de xente impresionante Xoán Antonio Pillado, Adela Leiro, Xeliño, María Xesús Costa, Miguel Anxo Fernández e tantos e tantos outros. Este Colexio fíxose coñecido en toda Europa, colectou premios en materia audiovisual, publicaron libros etnográficos, visitaron todos os lugares interesantes de Galiza foron uns dos grandes animadores do Entroido cambadés, en fin dada a súa calidade chegou a ser o mellor Colexio Público da provincia de Pontevedra e un dos mellores de Galiza.
No ano 1995 disfrazado de Calcachaqui (Foto. Unha Grande Chea).
Carlos non é que estivera canso de ser mestre, fixádevos se teña tempo que ata nas horas mortas quitou a licenciatura de dereito, outra das súas grandes paixóns, como se nada. En fin toda unha figura da educación do noso pobo, todo un mestre todo un profesional, abandonounos non porque deixara a docencia, senón que por méritos propios accedeu o cargo de Inspector de Educación praza que acadou mediante concurso oposición, non é un cargo político, e foise a traballar para a capital da súa provincia natal.
No ano 1996, con Fico e Chon disfrazado de "XAbancheos"(Foto: Unha Grande Chea).
Nos coñecemos máis polo miúdo a Carlos aló polo ano 1987, cando el e máis a súa dona Teresa quixeron participar na nosa comparsa no ano que precisamente nos empezamos a chamar UNHA GRANDE CHEA, dende ese ano non deixou participar nunca tanto no Albariño como no Entroido con nos, cada vez que o coñeciamos máis a fondo non deixaba de de sorprendernos, todo cultura, todo saber, todo tranquilidade, era coma a voz da experiencia.
No ano 2000, disfrazado de "Os paiasos da tele"(Foto: Unha Grande Chea)
Por se fora pouco vai e fainos e mellor regalo que nos poderán facer nunca , nas horas mortas, que para el por certo eran moi poucas, e traballando sábados e domingos e despois de moitos meses de traballo saca a luz o noso libro “Unha Grande Chea 20 anos de Troula”, presentado en sociedade no auditorio de Cambados baixo o auspicio do actor Carlos Blanco.
Teresa, a súa muller , tamén mestre.(Foto: Eduardo Apariz).
Grazas Carlos, polos teus consellos, polo túa sabedoría, polo noso libro, pola túa experiencia , polo teu humor serio, por saber encaixar as nosas bromas a maioría de las sobre da túa brillante calva, e sobre todo grazas pola túa amizade. Unha Grande Chea non seria o mesmo sen ti.
Co seu gran amigo Elpidio no Albariño de 2007 (Foto: Eduardo Apariz).
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . ¿quen é juan galiñanes?¿QUEN É JUAN GALIÑANES, CANDIDATO O "GOYA"?
A pregunta estes dia en Cambados e ¿Quen é Juan Galiñanes, o cambadés candidato o “Goya”? Pois grazas a un excelente traballo do noso colaborador Angel Cambados Tirado para UNHA GRANDE CHEA, quen consigueu falar con él e sacarlle as seguintes palabras, podemos saber moito máis del: Juan Galiñanes Garcia e un mozo de 28 anos , a casa dos pais está moi preto da Igrexa Parroquial. O seu pai é mariñeiro e a súa nai ama de casa , o seu avó e Sr. Juanito o da Lonxa. Ten un primo que se adica a música que é batería e chamase Luís Abal Garcia fillo dos que tiñan antes o quiosco azul da calzada, tamén .e primo de Manolo e Alejandro Prado. Angel Cambados.-¿Traxectoria profesional? Juan Galiñanes. -Para non enrolarme moito a miña traxectoria profesional está no meu blog e tamén na vosa páxina, xa vin que a colgaches onte, pero cousas do destino aínda que pareza cómico comecei estudando económicas sen saber porque(esboza unha lixeiro sorriso) pero decateime que o meu era estudar imaxe e son.Estiven traballando en “Sueño de una noche de San Juan”.E tamén noutra curta neste ano titulada “Incomunicados” A.T-¿Posibilidades para acadar o Goya? J.G.-Para min xa e todo un logro estar candidato,e un premio ao meu traballo e a de todo o equipo. Ogallá consiga traer este premio para Cambados. A.T.-¿Visitas Cambados e que recordos tes? J.G.- Gustaríame visitalo mais a miúdo,pero por motivo de traballo non podo visitalo tanto como puidera,solo ir a Cambados un par de veces o mes.Ademais viaxo bastante,fai tres semanas estiven en Cádiz recollendo un premio.E por suposto que recordos moitísimos,a movida dos sábados,e por suposto o Albariño A.T-¿Coñeces a produtora Chourizo films? J.G.-Pois a verdade e que si,nisto que estas mirando pola internet e descobres cousas novas coma esta.Paréceme moi boa a idea. Júan tamén se interesou que era iso do calendario que se esta a facer en Cambados,díxenlle que era unha idea de Rubi e Perto é que era unha idea que xurdiu facendo un calendario de xente de Cambados espida,de equipos,etc...,pero todo o que se recade vai a prol de Esperanza Salnés,iso pareceulle incrible e unha boísima idea. Dixémoslle que ogalla todo lle vaia ben,que siga colectando premios porque o merece. El tamén deséxanos todo o mellor para o entrevistador e para UNHA GRANDE CHEA.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . UN "GOYA PODE VIR PARA CAMBADOSUN "GOYA" PODE VIR PARA CAMBADOS
O CAMBADÉS JUAN GALIÑANES NOMINADO O MELLOR CURTO DE ANIMACIÓN.
Juan Galiñanes (Foto: http://juangalinhanes.wordpress.com/ )
JUAN GALIÑANES Juan Galiñanes é o director e montador de “Incomunicados” (2007), a curtametraxe de animación “O bufón e a infanta” (2007) e “Coma Nunca”(2003), do que tamén é autor do guión. Desde o ano 2003 traballa na empresa DygraFilms, participando en todos os proxectos da produtora de animación galega, entre eles na montaxe da longametraxe “Soño dunha noite de San Xoan”, traballo polo que obtivo no ano 2005 o premio Mestre Mateo na categoría de Montaxe, ademais do premio á Mellor Execución Técnica dunha Produción Cinematográfica na III Edición de Premios da Revista de Produción Profesional (Novembro de 2005). Na actualidade traballa na montaxe de longametraxe “Espírito do Bosque”, á vez que o seu último traballo finalizado, “O bufón e a infanta”, opta ao Goya na categoría de Mellor Curtametraxe de Animación. Técnico Superior en Realización pola Escola de Imaxe e Son, Juan Galiñanes naceu en Cambados en 1980 e é, ademais, autor da obra dramática inédita Cemiterio de Teatro.
“O bufón e a infanta” é unha curtametraxe de animación que terminaron fai uns meses en Dygra films. Está inspirado no conto de Oscar Wilde “O aniversario da infanta” e desenvólvese nunha sala de museo dedicada a Velázquez. Sinopsis: O anano Francisco de Lezcano sae do seu cadro e irrompe na quietude do museo, chamando a atención da infanta Margarita. Esta abandona o cadro das meniñas para gozar dos xogos e a maxia do bufón, a pesar dos frustados intentos de Velázquez para que a nena manteña a compostura. O bufón confunde as cousas cando Margarita lle regala a flor do seu pelo e invítaa a que abandone as meniñas e compartan o cadro do anano. A infanta agora divírtese aínda máis que antes coa ousadía do bufón, e humíllao deixando claro que lugar ocupa cada un. O anano, aínda que esnaquizado, sacará forzas para mostrarlle á infanta un xeito diferente de ver a realidade. (Texto e fotos: http://juangalinhanes.wordpress.com/ )
¡¡¡ÁNIMO JUAN QUE O GOYA É NOSO!!!
UNHA GRANDE CHEA TV, quixo buscar un curto de Juan para amosarvos e onoso equipo de redacción atopou o titulado "Incomunicados", que podedes ver a continuación:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .
O GERMAN ISPESE"CASA GERMAN ÍSPESE" Moncho está feito todo un chaval. (Foto: www.cambadosenfotos.net ) A clientela asidua do Germán en pleno (Foto www.cambadosenfotos.net )
Unha singular corrente percorre Cambados.A xente de Cambados está tan involucrada co calendario a favor de Esperanza Salnés que non pensa noutra cousa que espirse.Esta vez o motivo deste desnudo na entrañable e famosa taberna "Casa Germán" foron unhas cantas botellas do fantástico "Ouso da Torre" degustadas en boísima compaña, esta é unha homenaxe aos meus amigos da taberna.Na próxima saio eu, queda prometido.
Texto e fotos: EDUARDO APARIZ (www.cambadosenfotos.net )
Foto: www.cambadosenfotos.net
E continuando xa coas difumadas do calendario hoxe presentamos o Xuven, pese a todo, saiu unha boa fotto porque Eduardo Apariz é todo un mestre.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
GALICIA BILINGÜE
¿Qué é Galicia Bilingüe? En unha asoación auspiciada polos casteláns parlantes e o mesmo tempo antigaleguistas que viven na Galiza co claro propósito de afogar e suprimir a lengua galega, ainda que disfracen os seus obxectivos doutro xeito. A maioría dos seus compoñentes por non decir todos son falan español. O seu foro que non aconsello entrar nel e totalmente en castelán e o desprezo polo idioma galego e dos seus símbolos, é tal que da noxo ler alguns comentarios, e podense encontrar sacrilexios como este:
Foto recollido do foro Galicia Bilingüe.
Esquecen totalmente que existe unha lingua oprimida dende hai séculos e unha lingua opresora, e ademais que isto vese plasmado a cotío na actualidade. Aínda hoxe hai rapaces nas escolas, institutos ou universidades que ven violado o seu dereito a se expresar na súa lingua nai; profesorado sancionado por dar aulas en galego, e incluso funcionariado que recibe queixas por escrito por “no hablar normal”. Esta é a sua presidente só lle falta o cancodrilo:
Foto: Minutodigital.
Cobren estas persoas co nome de politicamente correcto o seu desprezo polos signos identificativos do noso País. Porén detrás desa “Galicia Bilingüe” agáchase a defensa do uso único do castellano, demostrando unha vez máis que o que perseguen algúns e que o galego desapareza. Detrás de “Tan Gallego como el Gallego” preténdese agachar o desprezo polo País, a colonizacion, que se percibe por todos os cantos na páxina web; nos seus foros lánzanse eslogans como os que se inculcaban no franquismo, como aquelo de “con el gallego no se va a ningún lado”, “es un dialecto de labriegos”. Claro mirade os lugares donde se reunen eles:
Como se atreven a definirse como galegos aqueles que, con premeditación e alevosía, intentan esmagar a cultura galega? Como teñen tremenda ousadía de desprezar a lingua de Rosalía e Castelao e definirse como “tan galegos”? Como se pode en nome da “cultura” tentar esnaquizar parte da nosa cultura? ¿Onde estaban todos estes galegos de pacotilla cando o noso idioma era pisoteado e aldraxada polos da súa corda?
A panda o comleto (Foto recollida da súa páxina web)
A postura oficial da Mesa pola Normalización a propósito de colectivos como que acaban de xurdir agora en Cambados denominado Galicia Bilingüe, todo un sarcasmo, é a seguinte:
“””Desde A Mesa somos partidarios de non entrarlle ao engado a determinados colectivos que, na práctica, non son representativos nin da comunidade educativa nin tampouco dun sentimento social maioritario. Estes grupos pretenden crear, alén de confrontación social, un problema que é completamente artificial, precisamente porque a situación no ensino é xustamente a contraria da que eles "denuncian".
Na Mesa estamos a traballar en conxunto coas entidades máis representativas da comunidade escolar en Galiza (sindicatos do profesorado, organizacións estudantís e de nais e pais) na perspectiva de conseguir que pase con este novo Decreto o que non aconteceu desgrazadamente co anterior: que se cumpra a legalidade vixente e que desde a administración se poñan medios e ferramentas suficientes para garantir ese cumprimento, que é o que demanda a inmensa maioría do mundo do ensino desde hai moitos anos.”””
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
MANTO PROTECTOR ANTICHEIROS
O Concello de Cambados, perante o novo brote de cheiros que estamos a sufrir estes dias no noso pobo, contratou unha empresa especializada para protexer o Concello cun especie de fino manto verde, para que así os concelleiros e demais funcionarios municipais poida traballar en paz sen sufrir esta terrible praga.
Agora en serio é curiosa a imaxe que podemos ver estes día no noso pobo coa renovación de catro construción significativas como son a casa dos Zárate en Fefiñans, o Pazo de Fefiñans a Igrexa de San Bieito e o propio Concello. Quizais non se volva a ver en moitos anos.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CENTRO COMARCAL DO SALNÉS
Tipo de actividade
EXPOSICIÓN DE GRAVADOS
“SANTIAGO PÉREZ ÁLVAREZ”
Data de inicio/finalización
Do 15 AO 31 de outubro
Do 1 ao 15 de outubro, o Centro Comarcal do Salnés acollerá a exposición “Bestiario” de Santiago Pérez Álvarez, unha serie de gravados que autor denomina “seres posibles nun mundo imposible”
Tipo de actividade
Exposición de escultura de “FRAN LAREO”
Data de inicio/finalización
Do 15 ao 31 de outubro
Axuntamos información exposición.
Máis información:679.99.31.30 Fran Lareo nació en 1966 en Brión
(A Coruña). FORMACIÓN de Compostela. madera y otros materiales en 1998. EXPOSICIONES INDIVIDUALES 2007. Centro Comarcal Tabeirós Terra de Montes. A ESTRADA. PONTEVEDRA.
2007. Participa no encontro Luso-Galaico de artistas plásticos, no Concello de Porto do Son.
2007. Union protectora de artesanos. Santiago Compostela.
2007.
EXPOSICIONES COLECTIVAS
Centro Social. Concello de Padrón. (2007). Centro comarcal Exposalnes. Cambados.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA:
UN VIDEO SOBRE OS COMENZOS DE FERNANDO ALONSO
:
"UN HOME DE ÉXITO" DE CHOURIZO FILMS:
UN VIDEO DOS CAMBADESES THE RACKETS "LONELY DAY""
UN VIDEO DE PAPIGIL "OUTONO NO CEBREIRO"
O Outono viste as grandes montañas galegas de O Cebreiro con trazos pardos, avermellados e mornos verdes que se misturan entre os seus profundos vales e longas ladeiras.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .
DEPORTESDEPORTES
FUTBOL
CAMBADOS 2 - MONDARIZ C.F. 0
Simón nun lance do encontro. (Foto: Diario de Arousa).
O resultado do Cambados, parece curto polo amosado no campo por ún e outro equipo, o encontro pudo rematar con catro ou cinco a cero a prol dos cambadeses, pero unhas veces a fortuna do cadro rival e outras veces a mala sorte dos locais impediron que se incrementara o marcador. O Cambados xogou moi ben, a xa estamos no sexto posto da clasificación a tres puntos do lider o Valadares. a destacar o golazo de Melo.
Melo marcaou un golazo. (Foto: Unha Grande Chea). A vindeira xornada o noso rival é o Rapido Bahía , un equipo que en principio contaba entre os favoritos, pero neste principio de tempada , as cosas non lle van moi ben e vai de terceiro pola cola. O encontro será o domingo a tarde no campo rival. ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- VILANOVA ATL. 2 - CAMBADOS B 2 O Cambados B, non fixo un bo partido e rematou empatando fronte o Vilanova Atl., pese a adelantarnos no marcador non aseguramos o resultado o final , e en dous fallos defensivos empataronos o encontro ainda así Blas , tivo a gran ocasión o fallar un penaltie, imaxen que podedes ver grazas a UNHA GRANDE CHEA TV.
Perdemos dous puntos que poden ser moi importantes, xa que os van arriba non fallaron a agora estamos xa a sete puntos do lider Umia. Pese a todos o Cambados B e pese os seus continuos cambios segue a ser unha piña e así o podemos ver no "Grito de guerra", tamén gravado por UNHA GRANDE CHEA TV:
O vindeiro domingo as 16,30 horas no Pombal recibimos na casa a todo un Zacande, un dos máximos aspirantes a ascender de categoria, esperamos o apoio do noso público incondicional. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ CAMBADOS BENXAMINS 24 - SANXENXO 0 Dous lances do encontro con Antón como protagonista. (Foto: Eduardo Apariz) Non solemos falar semanalmente do fútbol base, pero en esta ocasión traemos a palestra a todo un equipazo os Benxamins B do Cambados, que nin máis nin menos que lle endosaron 24-0 o Sanxenxo, con Antón como ún dos destacados. Estes fenomenos evidentemente van de primeiros na súa categoria con tres partidos xogados 36 goles a favor a somentes ún encontra. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ MACHU A SELECCIÓN GALEGA DE AFECCIONADOS A Federación Galega de Fútbol fixo pública a convocatoria para ou primeiro adestramento dá tempada dá selección galega de afeccionados. A cita terá unha importante cota de futbolistas que militan en clubs dá comarca, xa que tres xogadores do Vilalonga e dous do Arousa foron citados. Do equipo celeste participarán na sesión de adestramento Jorge Comesaña, Saúl e ou cambadés Machu. Fernando e Nelo, pola súa banda, son vos xogadores do Arousa que foron convocados. --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- BALONCESTO PELETEIRO 37 - XUVEN 74 Pallerón do Xuven o colista Peleteiro, practicamente nos deixaron respirar e foi todo un paseo para os de Cambados que neste principio de liga están imparables, agora vanlle empezar a vir os equipos fortes e así neste vindeiro fin de semán concretamente o sábado ás 19.00 horas no Pombal enfrontanse a todo un equipazo o Universitario Campos de Ourense, pode ser unha boa pedra de toque para os amarelos. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . A CULTURA MOVE BLOGS....A CULTURA MOVE BLOGS....
CABANILLAS NOVAMENTE A ESCENA
Imaxenes do homenaxe a Cabanillas do ano pasado (Foto: Unha Grande Chea)
Alégranos saber que todo que naceu naquela visita de membros desta asociación a Santo Domingo de Bonaval denunciando o penoso estado da tumba de Cabanillas (que por certo segue igual) e que continuou coa homenaxe ó escritor en Decembro de 2006 organizado por UNHA GRANDE CHEA non vai caer, esperemos, en saco roto. O BNG vai levar o asunto a pleno solicitando a creación dunha comisión presidida a poder ser por Paco de Xensa (coidamos que é a persoa máis axeitada) que se encargue da organización do 50 cabodano do noso máis coñecido escritor, e esperemos tamén como di o BNG que sexa o xerme da futura fundación. Coidamos que os demais grupo PSOE E e PP que tamén levaban a creación da fundación nos seus programas non rexeiten esta moción. Estaremos atentos o que pase no pleno. ------------------------------------------------------------ XA FALTA MENOS PARA A PRESENTACIÓN DO ANSIADO CALENDARIO Eduardo Apariz de www.cambadosenfotos.net e autor das fotografías que van saír no almanaque a prol de Esperanza Salnés, estanos a facer auga na boca, e novamente publica na súa páxina a terceira das fotos defumadas esta vez adicada os Carcamáns (dito sexa en ton cariñoso) da Illa de Arousa. Tivemos unha pequena conversa cos organizadores a están moi contentos e moi ilusionados de como marcha a cousa. Admirable o traballo que están a facer . Estamos ansiosos xa por ver o calendario. -----------------------------------------------------------
UNHA GRANDE ACTRIZ EN CAMBADOS Foto: Diario de Arousa. A popular actriz estadounidense Gwyneth Paltrow, gañadora dun Óscar, deixouse seducir pola calidade e o sabor do marisco cambadés durante a súa estancia na capital do albariño para gravar un dos trece documentais gastronómicos que a partir de setembro de 2008 emitirá a televisión pública de Estados Unidos (PBS), en castelán e inglés, en horario de máxima audiencia. O programa poderá verse tamén en oito países da Unión Europea, entre eles España. Acompañada pola actriz catalá Claudia Bassols; o prestixioso chef italiano americano, Mario Batali e polo columnista e crítico gastronómico do New York Estafes, Mark Bittmann, descubriu algúns dos segredos culinarios do Salnés, regados cunha copa dun bo albariño. A estrela de Hollywood se enfundou unhas botas de auga, un chuvasqueiro e probou a dureza do oficio de mariscar.. ------------------------------------------------------------ TOP 20 DE VIDEOS YOU TUBE CAMBADOS OUTUBRO.
Feito o 11 de outubro as 19.23 horas. A destacar novamente o imparable ascenso do vídeo do ano “No volveré” de Chourizo Films, preto das 20.000 visitas, todo unha marca para Cambados. SINFONIA DE PEIDOS DE UNHA GRANDE CHEA gaña un posto e ascende a quinta praza en prexuízo de Cambados Zona Centro que descende dous postos Asemade aparece no top 20 outro vídeo de Unha Grande Chea OS CURAS TAMEN SABEN DAR HOSTIAS (das outras) relegando iso si o posto 18 a Unha monísima baixada o pilón. UNHA GRANDE CHEA, aparece tamén en escena un novo vídeo “L-41 Hernán Cortés Armada Española” feito por Acamtir. Caen da lista dous clásicos “Cambados O5” de bertodomy e “Marea Laranxa” de Cambados TK. Ven puxando con forza o HIMNO OFICIAL DE "UNHA GRANDE CHEA" -"Esmajare" que non tardará moito en entrar no top 20. ESTREA DE CHOURIZO FILMS Aqui podemos ver o elenco de actores, dous intres do preestreo e o protagonista e director do film Peacher e Rodrigo.(Foto Unha Grande Chea). Onte venres tivo lugar na Leria a estrea do curto "Un home de éxito" da Productora Chourizo Films . Non cabia un alfiler na Leria para presenciar o evento. Notouse maior profesionalidade nos actores e maior calidade de imaxen. Esto vai mellorando. -----------------------------------------------------------
MIGUEL CASA Orixinal invitación de boda, e Miguel co outro gran amor seu: A súa nai. (Fotomontaxe: Unha Grande Chea)
Miguel e Eva casan. Miguel e fillo de María José e sobriño de noso presidente Fico e algunha que outra vez cando era neno ten vido con nos na comparsa. Ou venres dia 20 en San Sobrán - Vilaxoán Miguel vai deixar a tras a súa solteria para comezar unha nova vida ou carón de Eva a quenes lle desexamos moita sorte. Parabéns. ------------------------------------------------------------
O ARTISTA CAMBADÉS LINO SILVA EXPÓN EN RIBADUMIA O artista cambadés Lino Silva , está a espoñer no Auditorio Santa Eulalia de Ribadumia dende o 5 de outubro ata o 25 de novembro, ali podemos ver o máis novo da obra deste xenial e consagrado pintor cambadés. ----------------------------------------- O NOSO FOTOLOG NO FARO No especial de Faro de Vigo adicado en Cambados na súa derradeira páxina volta-mos a ser protagonistas esta vez porque noso fotolog sae en “Cambados na rede” e ademais tamén é protagonista con nos un vello amigo noso Benxamin Rei que sae na sección “Cambadeses Ilustres”. ----------------------------------------------------------- CANTARELA NO BAR SILVA POR UNHA GRANDE CHEA TV:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
O Bar Silva é o que ten que calqueira dia podes atopar cantarela, e onte despois de vir da estrea de Chourizo Films , atopamos a Xoan e Blas e o noso presidente Fico interpretando entre outros este tema de Sabina. Por certo decir que UNHA GRANDE CHEA TV cumpreu un ano dende que botamos a andar e polo de agora vainos ben porque superamos a 25.000 visitas que non está nada mal. -----------------------------------------
CHARLA SOBRE “A NORMATIVA VIXENTE DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E DISTANCIAS DE PLANTACIÓNS” NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS O VENRES 26 DE OUTUBRO ÁS 19:30 H. Expertos no tema informarán sobre a lexislación actual en materia de prevención de incendios.
A Consellería do Medio Rural na súa cruzada contra os incendios forestais sempre tivo presente que unha política coherente de defensa do medio rural contra os incendios non pode ser implementada de forma aillada, sinon integrándose nun contexto máis amplo de planificación do territorio e do desenvolvemento rural, comprometendo a todas as administracións, as personas propietarias de terreos forestais, os agricultores e agricultoras, as comunidades de montes veciñais en man común, a sociedad do medio rural e en xeral ól conxunto da cidadanía. No seu papel de coordinador de todas as acción preventivas neste senso a Consellería de Medio Rural está a desenvolver unha serie de acción de divulgación e información co fin de explicar os pormenores do Decreto 105/2006 e a Lei 3/2007 para a prevención e defensa contra os incendios forestais en Galiza. Para levar a cabo esta función e como apoio á publicación de normativa recente relativa á prevención dos incendios forestais, a Sociedade Comarcal vai a por en marcha unha serie de charlas coa finalidade de difundir e explicar os pormenores do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incencios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacóns forestais e da Lei 3/2007 de 9 de abril, de prevención y defensa contra los incendios forestales de Galiza, a última lei aprobada ó respecto pola Consellería do Medio Rural, que contempla actuacións destinadas á prevención, ordenación e valorización do monte. Nestas charlas expertos no tema informarán sobre:Condicións para a limpeza das faixas de vexetación con perigo de incencidos forestais no entorno das casas e outras instalacións. Regulación das plantacións forestais a través do cumprimetno de distancias respecto das casas, fincas e outras instalacións Condicións para a creación das “Unidades de Xestión Forestal”. Comunicacións e autorizacións das queimas Sancións e procedementos para a denuncia dos incumprimentos da normativa vixente.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:A charla será impartida no Centro Comarcal do Salnés o venres 26 de outubro de 19:30 h. a 21:00 h.A participación é gratuíta inda que é precisa unha inscrición previa (prazas limitadas) ----------------------------------------- AL CAPONE INSTALASE A VEIRA DOS XULGADOS Fotomontaxe (Unha Grande Chea). Acabase de re inaugurar unha cafetería preto dos Xulgados de Cambados, nada máis nin nada menos co nome de Al Capone, un nome que non é moi orixinal pero o estar onde esta acada máximos de curiosidade. Non nos imaxinamos a toda a curia xudicial tomando café con Al Capone. ------------------------------------------------------------ UNHA CONFERENCIA MAXISTRAL SOBRE O SENTIDO COMÚN
Esta semana UNHA GRANDE CHEA TV, propón que vísedes estes dous vídeos , non vos ides arrepentir, e toda unha lección maxistral de que como se ten que emprega o sentido común.
VIDEO Nº 1
VIDEO Nº 2
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
O CÉSAR O QUE É DO CESAR A UNHA GRANDE CHEA O QUE É DE UNHA GRANDE CHEA Esta nova saiu no especial Cambados de Faro de Vigo do pasado dez de outubro, e nela falase do xa famoso video de un cambadés queimando as fotos dos Reises...Magos, e non se fai para nada mención a nosa páxina que é de donde realmente se colleu a nova e donde se deu a coñocer o mundo, amén de haberla colocado o seu autor en You Tube. Esperamos que na vindeira ocasión os amigos de Faro digan de donde procede a súa fonte. ----------------------------------------- SEMANA DE CINE...SEMANA DE CINE...
VENRES 12: "A LERIA DE CINE"
Todo equipo o completo. (Foto: fotolog de Chorizo films). A produtora cambadesa CHOURIZO FILMS estreará no Pub a Leria de Cambados o vindeiro venres doce ás 23.30 horas o seu último curto titulado “UN HOME DE ÉXITO” , con Poacher como cabeza de cartel . Unha historia curta á vez que sinxela que Chourizo Films recoméndanos, anunciándonos unha mellora en calidade de imaxe xa que foi gravada cunha cámara dixital. Tamén se nos anuncia pola produtora que haberá algunha que outra sorpresa. Esperamos non faltar á cita, que seguro que será outro éxito máis da citada produtora.
O director o principal protonista do film , por este orde Rodri e Poacher. (Foto: Unha Grande Chea).
NOVA PATROCINADA POR:
-------------------------------------------------- UNHA DE PETOUTOS... Desde fai varios meses no que se coñece por Triana , puxeron unhas bandas sonoras, un pouco esaxeradas, pero ben, están a facer o seu labor posto que os Trianeros , dito sexa con todo agarimo, e os demais peóns que utilizamos esa rúa , vemos que os coches mídense e a velocidade é mínima polo que o perigo desapareceu.
Rúa Triana (Foto: Unha Grande Chea) Pero velaquí que existe outra rúa en Cambados, que é rúa Infantas onde o perigo está latente sobre todo os fins de semana. Como todos sabemos alí está a discoteca Zao e algúns imprudentes tratando de presumir de buga diante da súa moza e amigos e algún que outro desaprensivo pasan polo lugar a toda velocidade a calquera hora do día ou a noite, ignorando que na Praza das Terrazas hai numerosos nenos que de cando en vez cruzan a rúa. E os fins de semana , os sábados sobre todo esta rúa está chea de mozos pero os imprudentes non se cortan un pelo e seguen pasando a toda velocidade, isto se evitaría pondo unhas bandas igual que as que hai en Triana. Estamos a tempo de evitar o accidente grave que aínda non ocorreu. Sabemos que o Sr. Duarte, Xefe da Policía Local é un asiduo desta páxina aquí lanzámoslle a luva, da súa man esta recollela ou non.
Rúa Infantas (Foto: Unha Grande Chea). Unha suxerencia de José Manuel Dominguez Sánchez "Domin" ----------------------------------- SOLIDARIDADE CON OLGA COSTA
Olga Costa (Foto: Diario de Arousa). Desde está páxina queremos expresar a nosa repulsa e condenar o atentado de que foi obxecto Olga Costa , directora do floco municipal. A Olga queimáronlle o seu vehículo que estaba á beira da súa casa correndo perigo ata esta. Uns desalmados foron os autores de tan horripilante suceso. Desde esta páxina a nosa admiración a quen tanto ama e traballa polos cans e a nosa condena do vil atentado. -------------------------------------------------- O FENOMENO DO FOTOLOG
Varios fotologs (Foto: Unha Grande Chea). Dun tempo para acó, xurdiu na rede o fenómeno fotolog, un fenómeno que incidiu de xeito notorio nas demais páxinas cambadesas, non hai máis que dar un paseo polo outra hora animado foro de Cambados TK para que ver está practicamente paralizado, tamén diminuíu de xeito significante a páxina do Sr. X e en menor medida a nosa. O fotolog converteuse nunha nova fonte de comunicación entre os mozos e os non tan novos, pódese atopar de todo, felicitacións, novas do corazón, estados de ánimo, pensamentos filosóficos , anécdotas, citas, e sobre todo fotos moitas fotos de todas as clases e estilos. Ten a vantaxe que practicamente sabes quen che fala e a quen lle falas, sabes que non podes insultar, ameazar porque se es denunciado péchancho e entón todo o mundo anda con coidado
Hai algún que é un verdadeiro escritor e de seguro que se gañaría a vida facéndoo, hai quen nos fai pensar coas súas reflexións, hai quen nos conta a súa vida de xeito anónimo, quizais , e se cadra afortunadamente, do que menos se fala é de política , son contados os fotologs que o fan. Por suposto como xa sabedes Unha Grande Chea non ía quedar á marxe desta nova fonte de comunicación e tamén temos o noso con numerosos amigos. Aconsellámosvos que de cando en vez naveguedes por algúns fotologs e pasárdelo ben, pero tamén vos pedimos que non deixedes de acudir a outros páxinas e foros. -------------------------------------------------- BOTELLÓN SI, PERO...
Barandilla rota . (Foto: Anónimo) Volta estar de moda novamente o tan traído e levado botellón. Nós sempre nos distinguimos por defender aos mozos e apoialos sempre, e aínda que estamos a favor do botellón sempre a partir dunha idade e con certos límites co que non estamos conforme e é máis estamos en contra é en causar danos ao mobiliario urbano e menos aínda en tirar lixo ao mar.
REstos de botellón (Foto: Anónimo). IMAXE CURIOSA
FArola torcida (Foto: Anónimo). O mesmo amigo que non enviou as fotos anteriores dos restos do botellón. tamén nos remite esta curiosa imaxe dun farol na Avda de Madrid de Cambados , que habería que endereitar ,¿ non vos parece? -------------------------------------------------- deportes FÚTBOL CAMBADOS 3 - RANCING VILARIÑO 2
Pitu, Simón e Rober destacados no encontro do domingo. (Foto: Unha Grande Chea). O Cambados realizou un gran partido ante o Racing de Vilariño ao que venceron por 3-2, aínda que o resultado é enganoso , posto que a superioridade do Cambados fíxose patente ao longo de todo o partido, a pesar de empezar perdendo o mesmo. A destacar a actuación de Simón, Rober e Pitu, aínda que os demais non desmereceron aos seus compañeiros.
O Cambados unha piña, dentro e fóra do Campo. (Foto: Faro de Vigo). Na próxima xornada o Cambados enfróntase ao Mondariz C.F. , partido moi importante para asegurar tres novos puntos e empezar a alcanzar os postos de ascenso.
O vindeiro partido (Fotomontaxe: Unha Grande Chea) NOVA PATROCINADA POR:
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ARMENTEIRA 0 - CAMBADOS B 5
Cambados B e Armenteria (Fotomontaxe: Unha Grande Chea). O Armenteira só lle aguantou 30 minutos ó Cambados B, xa que a partir de aí os da capital do Albariño foron moi superiores. A segunda parte foi un paseo triunfal para os amarelos ante un rival que só se dedicaba a berrarlle ao árbitro, o cal dito sexa de paso tivo unha boa actuación.
Fari, Chon e Fergú non lance do encontro.(Foto: Unha Grande Chea) Para a próxima xornada o Cambados B xoga novamente fora de casa , ante ao Vilanova At., partido que se xogará o domingo día 14 ás 16.30 horas no novo campo do Vilanova. Un partido atractivo para ver.
Un pequeno lance do encontro gravado en video por UNHA GRANDE CHEA TV: http://es.youtube.com/watch?v=HBANDCEnQKA
UNHA NOVA PATROCINADA POR:
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- BALONCESTO: XUVEN 79 - C.B. CELSO MIGUEZ 62
Imparable continua o Xuven neste comezo de tempada, 4 de 4 levan os cambadeses e están afianzados no primeiro posto da táboa exaequo co Cafetal Pavillón de Ourense. A próxima xornada , os cambadeses viran visita a Santiago o sábado día 13 para enfrontarse ao Peleteiro, ¡Que continúe o refacho¡
Por certo ante o comentario crítico a determinados xogadores, que eles saben perfectamente quen son, á hora de quitar a fotografía a prol de Esperanza Salnés, dicir que esta asociación admira profundamente e respecta ao Xuven, non en balde algúns dos nosos membros foron fundadores deste equipo, do que somos socios e seguirémolo sendo e algunha que outra empresa dos nosos directivos son socios colaboradores. O que non é óbice criticar actitudes persoais dalgúns xogadores, pero nunca se criticou nin xamais o faremos ao equipo nin á súa traxectoria deportiva. Algunha xente ten que ler as cousas dúas veces antes de falar. ¡¡¡ALA XUVEN!!! NOVA PATROCINADA POR:
-----------------------------------
CASI TODO ARTE...CASI TODO ARTE...
XA FALTA MENOS PARA A SAIDA DO CALENDARIO A PROL DE ESPERANZA SALNÉS
Se o outro dia falabamos da foto defumada das mozas para o calendario de Esperanza Salnés , publicada en www.cambadosenfotos.net , hoxe temos que facernos eco da foto defumada da nosa Asociación, estamos ansiosos por ver a fotografía que segundo nos conta o artista Eduardo Apariz autor do traballo é unha das mellores. É un pracer participar nun evento deste calibre e desde aquí animamos a todos os cambadeses a participarr dun xeito ou outro no mesmo sobre todos aos comerciantes e empresarios. -------------------------------------------------- NON NOS ESQUENCEMOS DA FUNDACIÓN RAMÓN CABANILLAS
Xa van alá máis de cen días de goberno popular e polo momento non se escoitou nada ao actual equipo gobernante sobre a Fundación Ramón Cabanillas, nin tampouco se pronunciou respecto diso a concelleira de Cultura Ana Isabel Carro. Recordamos ao público en xeral que no ano 2009 é o cincuenta cabodano do falecemento do ilustre escritor cambadés, e non era unha data mala para inaugurar a tan ansiada fundación. Non queremos apurar ao equipo de goberno neste sentido, porque se cadra eles teñen outras prioridades, pero non está mal recordalo de vez en cando. Sen présas pero sen pausa.
Xentileza de Angel Cambados Tirado. ----------------------------------- PANDEMONIUM NA GALEGA O vindeiro luns día 8 de outubro, o Restaurante Pandemonium de Cambados vai ser protagonista na Televisión de Galicia, en directo e dentro do programa "A Revista" ás 12.45 h. Tonino desvelará algúns segredos da cociña do Pandemonium. ¡Atención competencia, é hora de tomar nota.!. ----------------------------------- ENTREVISTA A FERNANDO ARENAZ
O artista cambadés Fernando Arenaz inaugurou onte na sala de exposicións Antón Rivas Briones de Vilagarcía "A través", unha mostra dividida en dúas partes: na planta baixa, a súa obra máis recente, pensada para ese espacio concreto. Arriba, un paseo polas pezas que o autor considera máis significativas da evolución do seu traballo.
- Por que esa necesidade de mirar cara atrás agora?
- E agora que pode ver neste espazo a evolución da súa obra ¿diría que mudou moito?
- Se fose crítico de arte, como definiría a evolución do traballo de Fernando Arenaz despóis de ver esta mostra? É unha entrevista de Montse Fajardo extraida do Faro de Vigo. -------------------------------------- ACTIVIDADE EN ZAO
O Vindeiro doce de outubro na Discoteca Zao de Cambados, actuación do Dj Dani Moreno "El Gallo", así que xabedes se non tedes a onde ir o dia do Pilar, aparcade por Zao. ----------------------------------- COMUNICADO OFICIAL DA ASOACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA UNHA GRANDE CHEA
En sesión levada a cabo o xoves día catro de outubro a Xunta Directiva de UNHA GRANDE CHEA, entre outros tomou os seguintes acordos: www.cambados.tk , www.apolokambio.do.nu , http://camba2.blogspot.com/ , www.osorro.ar.gd , ou outras polo estilo. ----------------------------------- LOTERIA DE NADAL
Xa están a venta as participacións de Loteria de Nadal correspondente o noso número 24.285, en participacións de 10 € . Lembramosvos que collemos un tercio do ano pasado,ou sexa que hai moi pouco papel , polo que se nón queredes quedar sin ela pedirlla a calqueira directivo xa¡. ----------------------------------- UNHA GRANDE CHEA TV. PRESENTA: VIDEO DE MANOLO PAZ TITULADO: MONTAXE DA PONTE DA SECA:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
Aconsellamosvos o mesmo tempo un visita o se blog, o que podedes acceder premendo no seguinte enderezo: http://manolopazmouta.spaces.live.com/ .
VIDEO DE TINO FICO TITULADO "EL HOMBRE MOSCA"
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
BENXAMIN REI PROTAGONISTA POR PARTIDA DOBRE NO FESTIVAL DE CURTOS DO LICEO. EN CAMBADOS TAMÉN SE QUEIMA A FOTO DOS REIXES, TEMOLO EN PRIMICIA (e gravado en video) , E OUTRAS NOVAS...
BENXAMIN REI PROTAGONISTA POR PARTIDA DOBRE NO FESTIVAL DE CURTOS DO LICEO.
Benxamin Rey e Uxia Blanco O cambadés Benxamín Rei inagurou O Festival de Curtos do Liceo Casino de Vilagarcia na sección “Revisións” na que se recolle un resumo dos mellores traballos do autor cambadés que non entran en concurso. Así mesmo o autor de “A fouce esquecida” forma parte do xurado na que entre outros tamén están a actriz Uxia Blanco (Sempre Xonxa). -------------------------------------------------- NOVA DEFINICIÓN DE MARXISMO LENINISMO: """Todo aquel que culturice aos seus fillos ensinandolle falar galego, ensinandolle a vida e obras de autores galegos, ensinándolles o himno galego, ensinándolle as nosas festas costumes e oficios é un marxista-leninista""". Isto non o dicimos nós é atrévese a dicilo un señor que respecta a democracia tanto como inesquecible Paquito do Val dos Caidos , e non é outro que o acalde de Vilanova de Arousa, quen a propósito das galego escolas facia estas manifesta´cións , e engade o galeno “coartan a liberdade ao máis puro estilo cubano impondo o galego sobre o español.” ¿Que facian entón el e o seu queridisimo irmán cando nenos eran case sacrificados na época da súa admiradisimo Paquito do Val dos Caidos por falar en galego.?, seguramente xogar o Monopoly.
O equipo de Anxo Quintana explicaba que as galescolas, que serán 121 dentro de dous anos e atenderán a máis de sete mil nenos, creando 1.200 postos de traballo, obedecen a un proxecto educativo "vertebrado pola identidade de Galicia", que axudará aos pais a compaxinar a vida laboral e familiar, levando aos seus nenos a escolas infantís que apostan por "a calidade", pero tamén por "a identidade e o compromiso co país". -------------------------------------------------- EXPOSICIÓN DE ÁLVARO MOUGÁN No Centro Comarcal do Salnés , durante a primeira quincena de Outubro, poderanse ver as pinturas e esculturas do artista vigués, Alvaro Mougán.
Duas obras de Mougán. Ten un estilo propio, podéndose enmarcar dentro dá abstracción xeométrico-figurativa con toques de leve surrealismo. Utiliza unha ampla paleta cromática, a que aplica dun modo atrevido, obtendo composicións cun gran dinamismo, polo que, unha vez coñecida a súa obra, deseguida ou poderemos identificar, ou modo de utilizar as liñas en combinación coas formas redondeadas, conseguen transportarnos a outros mundos, cun percorrido dende o onírico ao irreal, onde ten cabida, coma non, ou mundo mariño e vos seus seres, que se van infiltrando na súa creación. Se ou quixéramos referenciar, ou teríamos que facer a través de pintores como por exemplo, Frantisek Kupka, Robert Delaunay ou Kandinsky. Unha nova do Centro Comarcal do Salnés -------------------------------------------------- “EL JUEVES” NO FOI O PRIMEIRO EN RIDICULIZAR A FAMILIA REAL.
¿Sabíades que Gustavo Adolfo Bécquer e o seu irmán Valeriano publicaron un libro pornográfico titulado Os Borbóns en pelotas sobre a tatarabuela de Juan Carlos I? Unha nova de X.P. -------------------------------------------------- JOSE MARIA FRANCO FARIÑA EXPÓN AS SÚAS FOTOGRAFIAS NO PAZO DE TORRADO.
O Cambadés Jose Maria Franco Fariña expón as súas fotografías no Pazo de Torrado baixo o titulo “Cambados hidalgo y soñador”, José Maria é un amante da fotografía e esta é a primeira vez que mostra o seu traballo en público, son trinta anos de de historia do municipio en imaxes a todo cor., di José Maria que a idea é mostrar a Cambados nos diferentes aspectos que ten , a festa, as casas e as famosas postas de sol. -------------------------------------------------- UN MACRO LIMPADON SUBMARINO.
O Club Neptuno do Salnés procedeu a realización dun macro limpadón na zona do Areoso en plena Ria de Arousa,. Vinte e dous mergulladores participaron nesta misión ambiental que sacou da ría , unha televisión, unha lixadora, rodas de todo tipo, baterias de coches, cordas de batea, nasas abandonadas etc. Un bo labor, e engadiu ademais Manuel Bouzas un dos mergulladores, que continuarann realizando máis misións similares ou parecidas. Parabéns a todos. -------------------------------------------------- UNHA GRANDE CHEA TV Nesta ocasiónUNHA GRANDE CHEA TV, ven cargada de imaxenes e sobre todo ven unha noticia bomba: VIDEO DE UN CAMBADÉS ANÓNIMO QUEN CON MOITO TINO QUEIMA A FOTO DOS REISES:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
O ARTISTA CAMBADÉS MANOLO PAZ EN ESTADO PURO: 70 TACOS:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
Montaxe na findación Pilar I Joan Miro.
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
Primaveira no estudio de Manolo Paz:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
http://es.youtube.com/papigil,
PRESENTANOS O VIDEO: "os gaiteiros de soutelo"
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
-----------------------------------
DEPORTES FUTBOL SANXENXO 2 - CAMBADOS 0
Simón Outro partido do Cambados para esquencer, ainda que se puxo gañas non sairon ben as cousas e habia algún que outro xogador que non estaba moi motivado. Esté é un gran revés para o equipo xa que tiña moitas gañas de facer algo positivo en Sanxenxo, un dos que se salvou da queima foi Simón que un gran partido , pero ainda que tuvo ocasións no foi capaz de marcar, así queda a clasificación:
O vindeiro domingo fronte o Vilariño non podemos fallar, hai que mentalizarse como sexa que temos que gañar, o partido é as 16.30 horas en Burgáns.
CAMBADOS B 5 - BAMIO 2
Cambados B En troques, un remozado Cambados B, só xogaron 5 dos que se enfrontaron o Romai, impuxo claramente a un Bamio, que mereceu máis porcinco goles a dous. Ata catro xuvenís formaron co Cambados B, José Fran, Borja e Javier e abofe que no fixeron nada mal. De seguido , xentileza de UNHA GRANDE CHEA TV, podedes ver o gol de Blas de Penalti que supoñia o 2-0, e o gol de Charli que supoñia o 4-2 para o Cambados:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
Bamio Quen si o fixo rematadamente mal foi o colexiado do encontro quen perxudicou claramente o equipo visitante , ainda algún que outro fallo tivo co Cambados B. Pero asi como decimos noutras ocasións que nos prexudicaron nesta foi o revés., así queda a clasificación despois desta xornada:
A vindeira xornada o Cambados B desprazase a Armenteira donde as 16.30 se enfrontara o penultimo clasificado . VETERANOS CAMBADOS
O Cambados Veteranos tamén se impuxo esta semana o Cerveceria Azor de Sanxenxo, na imaxe podemos fer a Toti (membro directivo de UNHA GRANDE CHEA), nun lance do encontro donde foi un dos destacados. TENIS SERGIO REDONDO E AIDA MARTINEZ FANSE CO TORNEO 24 HORAS DE TENIS.
Finalizada a primeira actividade que organiza o Club de Tenis de Cambados, I Torneo 24 horas, cabe destacar a actuación de Sergio Redondo, que se fixo co primeiro posto masculino, e Aida Martinez que se fixo co propio na categoría femenina. Os segundos postos en cada categoría foron para Gustavo Rey e Marta Fernández. Unha nova de www.cambados.tk BALONCESTO
Por un rotundo 53-77 o Xuven impuxose a o Mos Iberica, un resultado que amosa as claras a superioridade dos cambadeses que están a facer un principio de liga fora de serie, donde xa non son tan bos os xogadores do Xuven é mais ata diriamos que algún é un verdadeiro maleducado a hora de posar , algún debe pensar que xoga na NBA e están na Liga Autonomica, facendo ben , pero na Liga Auotnomica, hai que ser máis modestos e respetuosos co traballo dos demáis, e voltando o baloncesto, así queda a aclasificación:
A vindeira xornada enfrontase ó Celso Miguez no Pombal ás 19 horas, os demais partidos son os seguintes:
-----------------------------------
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|