UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    HUMOR RETRANQUEIRO: UN DÍA SEN SOL É COMO, XA SABES, NOITE.

    Cambados 3 de novembro do 2008
    O CINE DE CAMBADOS "DE REVISTA"
    "A VERDADEIRA HISTORIA DE W. JOE" E "MÁSCARAS" SAEN NO DERRADEIRO NÚMERO DE "AUDIOVISUAL GALEGO"
    A PRESTIXIOSA REVISTA ESTÁ DIRIXIDA POR MIGUEL ANXO FERNANDEZ.
    cambados unhagrandechea audivisual galego cambados unhagrandechea audivisual galego (1) cambados unhagrandechea audivisual galego (2)  
    Na páxina 63  da Revista "Audivisual Galego" está adicada totalmente a Rodrigo Piñeiro e Alberto Dominguez. (Preme nas imaxes e verás perfectamente o que di das curtas cambadesas)

    Tanto a "A verdadeira historia de W. Joe" da produtora "Chourizo Films" do director Rodrigo Piñeiro, como "Mascaras" o primeira curta de Alberto Dominguez saen publicadas no derradeiro número da prestixiosa revista "Audiovisual Galego" que dirixe Miguel Anxo Fernández, con  un resumo das mesmas e a súa ficha técnica.
    Tamén temos que dicir que "Chourizo Films" e sen que sirva de precedente vai presentar a concurso no "I Festival de Cine de Sanxenxo"  "A verdadeira historia de W Joe". Desexámoslle moita sorte.
    Texto e fotos: Unha Grande Chea.
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 1 de Novembro de 2008

    I FESTIVAL DE CINE DE SANXENXO

    OS DIAS 21, 22  e 23 DE NOVEMBRO

    DATA LIMITE DE INSCRICIÓN 7 DE NOVEMBRO.

    nuevo-1 nuevo-2 nuevo-3 nuevo-4

    O I Festival de Cine de Sanxenxo, nace coa intención de divulgar aquelas curtametraxes de ficción e animación temática libre e ámbito internacional rodades a partir do 1 de xaneiro de 2007.

    Para inscrición e contacto os interesados deberán dirixirse a Manuel Vidal 981 565376 / 695.799.798

    festivalsanxenxo@artefactoproducciones www.sanxenxo.es .

    Os premios son os seguintes: Mellor Curtametraxe de Ficción.1000 € e trofeo. Mellor Curtametraxe de Animación.500 € e trofeo.Mellor Curtametraxe rodada no concello de Sanxenxo 500 € e trofeo. Premio de honra a mellor longametraxe galega.

    Texto e Fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

     

    Cambados 1 de Novembro de 2008

    ESCOLA DE ARTES ESCÉNICAS EN CAMBADOS

    PARA TODALAS IDADES

    SUBVENCIONADA POLA CONSELLERIA DE CULTURA E DEPORTE.

    cambados unhagrandechea cambanillas Anabel Carro con Toledadno

    1.- María Xesús López Escudeiro Delegada de Cultura e Deporte de Pontevedra.- 2.- Anabel Carro e Toledano.

    A primeira tenente alcalde de Cambados, Anabel Carro, foi a encargada de presentar onte o que definiu como o proxecto cultural «máis ambicioso deste mandato». Trátase da primeira escola de artes escénicas do municipio, que comezará a funcionar durante este mes. O centro está aberto a persoas de todas as idades e de toda a comarca, aínda que terán preferencia os veciños do municipio.

    Segundo Carro, o proxecto está destinado a canalizar as inquietudes artísticas dos cambadeses en todos os ámbitos, desde o teatro ás artes escénicas, pasando polo cine ou a fotografía. As leccións impartiranse no auditorio da Xuventude, onde xa poden inscribirse todos os interesados en participar nestas clases. Esta escola está subvencionada pola Conselleria de Cultura e Deporta, actualmente en mans do BNG.

    Texto e Fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 31 de outubro de 2008
    O FOTOLOG DO BNG DE CAMBADOS
    FUNCIONA DENDE FAI DOUS MESES
    http://www.fotolog.com/bng_cambados
    A VECES DESCOLGASE CON ALGUNHA MONTAXE SIMPÁTICA.
    1221152581527_f 1223657853148_f bng-cambados
    Tres montaxes que podes ver no fotolog do BNG.

    O fotolog do BNG e un xeito de achegarse a esa incipiente mocidade que "pulula" polo mundo dos fotologs. E aínda que normalmente as novas son sobre denuncias, feitos e preguntas do BNG cambadés cara o Concello de Cambados, de vez en cando descólganse con montaxes coma a que podemos ver nas fotos, ou a conversa imaxinaria entre Ramón Cabanillas e Anabel Carro que non ten desperdicio.
    Texto: Chon.- Fotos:
    http://www.fotolog.com/bng_cambados
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 30 de outubro de 2008
    O CENTRO DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL DO SALNÉS ACOLLE MAÑAN UN SEMINARIO SOBRE POLÍTICA FORESTAL
    claves

    “As claves da política forestal actual”, que se celebra mañan 31 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, está organizado pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza.
    A Consellaría do Medio Rural pretende concienciar a sociedade galega da importancia da xestión integral, racional e sustentable do monte galego como vía para acadar unha explotación máis produtiva e para optimizar o seu aproveitamento.
    --
    Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés
    Paseo da Calzada s/n
    36630 Cambados (Pontevedra)
    Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12
    Correo electrónico:
    ccsalnes@comarcasdegalicia.com
    ------------------------------------------------------------
    GOGUE NOVAMENTE PREMIADO
    ESTA VEZ NO CERTAME The Wisenheimer - Kansas City
    POR UNHA CARICATURA DO CANDIDATO A PRESIDENCIA DOS E.E.U.U. "John McCain"
    JohnMcCain3

    O noso amigo, o meco-cambadés Gogue ven de serlle concedido o segundo premio no Certame de Caricaturas The Wisenheimer en Kansas City (E.E.U.U.) por un traballo do candidato a presidencia do devandito pais John McCain que aquí vos presentamos e publicado no seu día no xornal onde traballa o Faro de Vigo. Gogue é un dos caricaturistas máis laureados do pais e cun curriculum traballado por todo o mundo (podes ver o seu curriculum na seguinte ligazón:  http://docs.google.com/Doc?id=dc7knff2_5gvt9btfb ) Ademais Gogue é todo unha figura  no país de Micky Mouse, e cun merecido prestixio. Parabéns Gogue.
    Texto: Unha Grande Chea. Caricatura: Gogue.
    ------------------------------------------------------------

    HUMOR RETRANQUEIRO: DIPLOMACIA É A ARTE DE DICIR "BONITO CACHORRO"... ATA QUE POIDAS ATOPAR UNHA PEDRA.

    Cambados 29 de outubro de 2008

    LEMBRANDO A SUSO VAAMONDE
    O CANTAUTOR MÁIS CARISMÁTICO DE GALICIA
    FOI GRAN AMIGO DE XOÁN SILVA E COÑECIDO DO PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA.

    susoportada  


    Hoxe queremos lembrar no noso espazo web a un dos cantautores máis carismáticos de Galicia. Destacado membro de "Voces Ceibes",  Suso Vaamonde, tiña unha voz grave é preciosa que se foi no ano 2000,  pero quédanos os seus vídeos e os seus discos. Sufriu cadea por cantar unha estrofa que dicía "Canda me falan de España, sempre teño unha disputa, que si España é miña nai, eu son un fillo de p..." por isto foi condenado a seis anos de cárcere. Aquí vos poñemos un vídeo , hai moitos en you tube,  coa súa impresionante voz neste caso "Bande" de Celso Emilio Ferreiro, se queres saber máis da súa vida preme na seguinte ligazón http://usuarios.lycos.es/susovaamonde/paxinaweb/biografia.htm

    Texto e fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 28 de outubro de 2008

    MONCHO PAZOS EN REYMAR
    O ARTISTA CAMBADÉS INAUGURA UNHA EXPOSICIÓN TITULADA "PASARELA DE MONCHO PAZOS"
    O  VINDEIRO VENRES XA SE PODEN VER OS SEUS CADROS.

    A Cafeteria Reymar que se está a converter nunha verdadeira galeria para toda clase de artistas.

    A artista cambadés Moncho Pazos, inaugura o vindeiro venres na Cafetería Reymar  de Cambados  (sita na Avda. Valle Inclán, preto do Cuartel da Garda Civil) unha exposición de cadros que titula "Pasarela de Moncho Pazos". a exposición estará presente durante os meses de Novembro e Decembro. Moncho Pazos é colaborador do escultor cambadés Manolo Paz, a xe ten feito varias exposicións  tanto na nosa vila como noutros lugares.

    Texto e fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 28 de outubro de 2008

    ------------------------------------------------------------

     

    Cambados 28 de outubro de 2008

    CANDEA INFORMA:

     

     

    Mañán, mércores, ás 4,30 da tarde vaise facer a RUTA CABANILLAS por Cambados, que quedara suspendida polo mal tempo. Está aberta a todas aquelas persoas que queran participar.
    Responsables:
    Manuel Núñes Pérez e Xoán Antonio Pillado Silvoso.
    ORGANIZA: Candea

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 27 de outubro de 2008

    “A NOVA TROLA” INFORMA:

    DEBIDO A CRISE A XUNTA INNOVA EN TRANSPORTE ESCOLAR

    A VILA PILOTO É CAMBADOS E O COLEXIO A PREESCOLAR DA PASTORA

    cambados unhagrandechea transporte escolar (1) cambados unhagrandechea transporte escolar

    1.- Portada da "Anova Trola".- 2.- O novo transporte escolar en Cambados. (Preme nas fotos para velas ampliadas)

    Debido a galopante crise que nos afecta a todos e todas a Xunta e coordinando as Consellerías de Transporte e Educación vai poñer en funcionamento  un novo transporte escolar que xa podemos ver por Cambados estes días. O custo en combustible é cero, e increméntanse os postos de traballo porque debido a súa capacidade haberá moitos máis vehículos O transporte en cuestión estará en proba ata pasar o magosto e si a avaliación e positiva implantarase en tódolos colexios da nosa Comunidade Autónoma.

    Texto e Fotos: Disías Trampas de  “A Nova Trola”.

    ------------------------------------------------------------

     

    Cambados 26 de outubro de 2008

    UNHA OBRA DE ARTE: AS RUÍNAS DE SANTA MARIÑA A PEQUENA ESCALA.
    UNHA OBRA DE ERNESTO LOSADA
    REPRODUCIÓN CON TODO DETALLE DO MONUMENTO MÁIS SIGNIFICATIVO DE CAMBADOS

    unhagrandechea cambados ernesto losada

    As "Ruinas de Santa Mariña por Ernesto Losada"


    Ernesto Losada é un cambadés xubilado que se entretén facendo "maquetismo", e ten varias obras na súa casa, acaba de rematar unha especialmente significativa para él "As Ruínas de Santa Mariña", feitas con todo luxo de detalle, é asombroso non lle falta de nada. Ernesto Losada foi profesor do Instituto Ramón Cabanillas do que antes se chamaba "Trabajos Manuales" e agora se chama "Plástica", entre os seus alumnos destacou o escultor cambadés mundialmente coñecido Francisco Leiro.

    Texto: Unha Grande Chea.- Foto: Ernesto Losada.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 26 de outubro de 2008

    TEMPO DE MORTOS:  QUE É “A SANTA COMPAÑA”

    ¿REALIDADE OU IMAXINACIÓN?

    HAI QUE XURA HABELA VISTO.

    1992 17 1992 18 1992 20

    No antroido de 1992, Unha Grande Chea foi disfrazada de Santa compaña, aqui vemos tres imaxes daquel antroido. (Preme nas fotos para velas ampliadas)

    A Santa Compaña quizais sexa, unha das crenzas míticas máis arraigadas no rural galego. Coñécese tamén en Galicia con varios nomes  : Estadea, Estantiga, Rolda, As da noite, Pantalla, Avisóns, Pantaruxada. Todos eles son termos que nos indican a presencia dun colectivo de mortos no mundo dos vivos.  Son varias as versións que na bibliografía podemos atopar sobre a Santa Compaña, de aí a dificultade para poder definila con exactitude. Agás excepcións, hai unha serie de trazos xerais nos que coinciden a meirande parte dos autores ó se referiren a ela: "procesión de mortos ou almas en pena que nas brétemas da noite (a partir das doce) percorren errantes as sendas e camiños dunha parroquia".  Esta procesión vai encabezada por un vivo portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita seguido de tódalas ánimas con velas acesas, non sempre visibles, notándose a súa presencia polo cheiro a cera e o vento que levanta ó seu paso.  O portador da cruz non pode en ningún momento volve-la vista atrás nin renunciar ós seus cargos precedendo a Santa Compaña.  Só quedará liberado cando encontre outra persoa a quen lle entrega-la cruz e o caldeiro. Para se salvar desta obrigación a persoa que vexa pasa-la Santa Compaña debe trazar un círculo no chan e meterse dentro del ou ben botarse boca abaixo.

    Aínda que na maioría das historias sobre a Santa Compaña esta realiza a súas aparicións de noite, tamén hai casos citados nos que se fala de saídas diúrnas. A persoa viva que precede a procesión pode ser home ou muller, dependendo se o  patrón da súa parroquia é santo ou santa. En definitiva, considérase a Santa Compaña como unha anunciadora da morte. A súa misión é visitar todas aquelas casas nas que axiña haberá un pasamento.

    Dentro nas crenzas galegas, existe tamén outra procesión moi semellante á Santa Compaña pero que se diferencia desta en que non son pantasmas de mortos os que van nela, senón pantasmas de individuos vivos. Leva o nome de "procesión das Xans".  Marchan en dúas fileiras e levan un cadaleito. Canto máis á beira do cadaleito vaian os membros das ringleiras, máis axiña morren. Os que van máis lonxe poden tardar ata tres ou catro anos. Quen atopa esta procesión, vea, mais non a sente. O encontro case sempre se dá nas encrucilladas dos camiños, onde é costume deterse cos defuntos para que os cregos boten responsos. Se o que a atopa é amigo dos que van na procesión, o único que fan con el é levalo polo aire a outra parte; se é inimigo, danlle unha gran malleira e arrástrano polas silveiras. Son poucas as persoas que ven a procesión das Xans, pois para iso precisa posuír unha destas condicións: que o padriño de quen a ve,  rezase mal o credo cando o bautizaron, ou que o crego cambiase os santos óleos confundindo os da extrema unción cos do bautismo. Tal erro pódese remediar bautizándose de novo. Ó impresionante culto dos mortos ou dos devanceiros únese en Galicia a crenza das almas en pena, da ánimas peregrinas, que integran a Santa Compaña; por iso en moitas encrucilladas dos camiños se erguen os cruceiros e os petos de ánimas, onde se depositan as ofrendas piadosas en tributo ós que xa están na eternidade.

    Texto: Galicia Espallada. Fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    HUMOR RETRANQUEIRO: HAI TRES TIPOS DE PERSOAS: OS QUE SABEN CONTAR E OS QUE NON.

    Cambados 25 de outubro de 2008

    "NOVA PRODUCIÓNS" XA TEN PÁXINA WEB E CORREO
    www.novaproducions.com nova_producions@hotmail.com
    JOSE LUIS CACABELOS, JUAN RIVAS, ROBERTO PEREZ E QUIQUE BARREIRO SON OS NOVOS EMPRESARIOS

    cambados unhagrandechea nova producions eduardo apariz

    1.- JOSE LUIS CACABELOS, JUAN RIVAS, ROBERTO PEREZ E QUIQUE BARREIRO vistos por Eduardo Apariz (para ver a foto na súa calidade perfecta mira en www.cambadosenfotos.net)


    Como xa informabamos fai uns días unha nova produtora acaba de nacer en Cambados a súa denominación é "NOVA PRODUCIÓNS" e xa ten paxina web e correo electrónico. Una das súas primeiras contratacións é das que marcan época nada máis e nada menos que preto do Nadal actuará en Cambados grazas a súa boa xestión Antonio Vega como xa informaron os medios de prensa e este propio espazo. Saben que nos teñen a súa disposición para o que faga falta e desexamolle toda a sorte do mundo.
    Texto: Unha Grande Chea.- Foto Eduardo Apariz
    www.cambadosenfotos.net

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 25 de outubro de 2008

    I XUNTANZA DE CANLES GALEGAS YOU TUBE
    UNHA XUNTANZA PARA A HISTORIA

    UNHA GRANDE CHEA VAI PROPOÑER QUE O ANO QUE VEN SE CELEBRE EN CAMBADOS.

                


    Recentemente tivo lugar na cidade das murallas a “I XUNTANZA DE CANLES GALEGAS YOU TUBE”, cunha asistencia importante e promovida polas tres canles galegas de máis puxanza no you tube http://br.youtube.com/Edelmiro007 , http://br.youtube.com/papigil e http://br.youtube.com/XOANARCODAVELLA , é un paso adiante e moi importante  para que a xente que da a coñecer por medio das canles as nosas tradicións e os nosos lugares máis fermosos se coñezan persoalmente. Co gallo da celebración do Ano Cabanillas 2009, esta asociación vai propoñer de xeito oficial as canles organizadoras que o ano que ven esa xuntanza se celebre en Cambados.
    Aparte dos vídeos que vos ensinamos podedes ver máis vídeos da xuntanza premendo nas seguintes ligazóns:
    http://br.youtube.com/watch?v=Giizm9RkGgQ
    http://br.youtube.com/watch?v=o2o2t-ZiGlE  , hai moitas máis só e cuestión de poñer no buscador de you tube “ I XUNTANZA DE CANLES GALEGAS YOU TUBE”.

    Texto; Unha Grande Chea. Videos: http://br.youtube.com/Edelmiro007

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 24 de outubro de 2008

    A EDITORIAL DO ATURUXO ADICADA A UNHA GRANDE CHEA

    A NOVO PERIÓDICO NON ESTÁ DA CORDO QUE OS "TIL DARAMOS" DE “CENTRO DEREITA”

    SENÓN  É ASÍ PERDÓN E ALEGRAMONOS, E BENVIDOS Ó “PLANETA AROUSA”.

     

                                                                           

    De UNHA GRANDE CHEA

    Queridos amigos de “O ATURUXO” (www.aturuxo.es):

    Non é cuestión de que isto se converta nunha relación epistolar a modo de editoriais. Seguramente as dúas entidades buscamos o mesmo,  o mellor para Cambados, para O Salnés e para Galicia, isto queda moi ben en verbas. Pero esta importante perogrullada que acabamos de dicir asinaríao un do PP, un do PSOE e un do BNG ou calquer concelleiro de outro grupo politico que teña representación en calquer concello da bisbarra. Entón ¿onde está a diferencia?  e bo preguntarse. Evidentemente nos xeitos, na forma de facelo ou conseguilo e nos matices ( Galicia para os do PP é unha rexión, para os do PSOE é unha comunidade autónoma e para os do BNG é unha nación...¿matices?)  , e nos, o mellor equivocados, vimos neste novo medio esa tendencia, alegramonos de trabucarnos aínda que non teñamos nada persoal contra do “centro dereita”. No que discrepamos de vos  é que non se pode ser asépticos politicamente, e queiramos ou non o home (muller)  é un animal político e como tal ten tendencias, desconfiade sempre daqueles que din "éu  son apolitico" soen ser os piores . Nos somos un colectivo que nos puxeron o titulo de “esquerdosos” na nosa vila, con razón ou sen ela,  e no mesmo  temos xente que vai comulgar a igrexa,  temos xente que vai a igrexa, temos xente que vai ata porta da igrexa, temos xente que pasa por diante da igrexa, temos xente que non quere nin pasar por diante da igrexa , temos xente que non quere  nin oír falar da igrexa, e temos xente que fai o botellón na porta da igrexa. ¿Que diría un teólogo da nosa tendencia relixiosa?. Unha aperta , e o dito, benvidos amigos.

    UNHA GRANDE CHEA

    P.D. -Por certo,  se  podedes facedevos co periódico.

    ------------------------------------------------------------

     

    Cambados 24 de outubro de 2008

    ÉXITO SEN PRECEDENTES DAS "I XORNADAS  CABANILLAS NA ESCOLA"
    ONTE FORON CLAUSURADAS POLA DELEGADA DE CULTURA MARÍA XESÚS LOPEZ ESCUDEIRO
    TAMÉN SE PRESENTOU O PROXECTO DE TRABALLO DE CANDEA PARA O ANO CABANILLAS 2009.

    cambados unhagrandechea cambanillas cambados unhagrandechea cambanillas (1) cambados unhagrandechea cambanillas (2) cambados unhagrandechea cambanillas (3)

    1.- A Delegada de Cultura Maria Xesús López Escudeiro.- 2.- Adela Leiro unha das responsables de Candea. 3 e 4.- Xoan Antonio Pillado e Manolo Núñez (a quen se pode ver na seguinte foto) foron os responsables de Roteiro Cabanillas. (Preme nas fotos se queres velas ampliadas.)


    Cunha conferencia dun histórico do galeguismo Avelino Pousa Antelo , coa presentación do proxecto de traballo de Candea para o ano Cabanillas 2009 e a presenza da Delegada de Cultura María Xesús López Escudeiro, foron o broche de ouro a unhas xornadas nas que Asociación de Ensinantes do Salnés "Candea" obtivo un sobresaliente en organización das mesmas. Superáronse todas as previsións, as xornadas foron amenas instrutivas e con uns conferenciantes de sumo nivel, difícil de superar.
    Tamén como decímaos presentouse o proxecto de traballo de Candea para o ANO CABANILLAS que se pretende realizar conxuntamente con todos os centros da comarca que desexen participar. Contan  cunha axuda económica e o apoio da Consellería de Cultura, que onte, na persoa da Delegada Provincial, clausurou as Xornadas o mesmo tempo que  explicou a súa implicación no traballo. Para un estudio pormenorizado do documento de traballo podelo ver integramente premendo na seguinte ligazón: 
    http://docs.google.com/Doc?id=dc7knff2_2cppr9md9

    Parabéns Candea.
    Texto e fotos: Candea, Unha Grande Chea e Imaxes Google.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 23 de outubro de 2008

    "A BRUXA DO OESTE"
    É O TITULO DA NOVA OBRA DE TEATRO CARACOL
    A ESTREA ESTÁ PREVISTA PARA O VINDEIRO MARZO.

    TEATRO CARACOL cambados unhagrandechea caracol 2008 a bruxa do oeste (7)

    1.2. Duas instantaneas dos ensaios.


    Novamente Caracolga é dicir Olga González Vilas puxo en marcha a máquina de Teatro Caracol e comezaron os ensaios  de nova obra de Teatro Caracol "A Bruxa do Oeste", da cal non podemos contar moito porque é todo un segredo. O reparto intégrano preto de 30 persoas de idades comprendidas entres os 13 é 60 anos. O que si nos dixo Olga é que como sempre é unha obra para rapaces e moi musical. Teatro Caracol é todo un referente na ria de Arousa, e as súas representación que duran preto de quince días son vistas por máis de tres mil nenos, tamén hai catro funcións para maiores. As funcións para os nenos son gratuítas. De seguro que ha de ser un novo éxito de Caracol. Máis fotos en "AS NOSAS FOTOS"

    Texto e fotos: Una Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 23 de outubro de 2008

    IMPRESIONANTE EXCLUSIVA DE "A NOVA TROLA"

    UNHA ESTRAÑA ENFERMIDADE AFÉCTALLE O LÍDER GALEGO DO PP

    A NUÑEZ FEIJOO ESTALLE A VOLVER A LINGUA BÍFIDA E APARÉCENLLE AS INICIAIS "G.B."

    cambados unhagrandechea a nova trola (2) cambados unhagrandechea a nova trola

    1.- Portada de "A Nova Trola".- 2.- Nuñez Feijoo co "maliño" na boca.

    O periódico cambadés "A NOVA TROLA" acaba de publicar en exclusiva no seu derradeiro número que o líder do PP Galego Alberto Nuñez Feijoo está a ser afectado dunha estraña enfermidade que o parecer consiste en que a lingua estáselle a volver bífida e o mesmo tempo aparécenlle na lingua as iniciais "G.B.". Os médicos estanse a volver tolos por que non dan ca orixe da enfermidade, agás un medico chamado Breogán Celta que  fala galego, que comentou "A NOVA TROLA" que ese enfermidade  puído collela en Cambados onde se instalou un vacilo dende que fai uns meses houbo un congreso no Auditorio dun grupo de persoas raras que dis que teñen dúas linguas ou que son Bilingües. A enfermidade o parecer non ten cura porque nace no cerebro e de moi difícil localización.

    Texto e Fotos: "A Nova Trola". (Grazas a Fotologio pola idea) "En defensa da nosa lingua: O GALEGO" 

    ------------------------------------------------------------

    HUMOR RETRANQUEIRO:SE BO COS TEUS FILLOS. ELES ELIXIRÁN A TÚA RESIDENCIA.

    Cambados 23 de outubro de 2008

    UNHA GRANDE CHEA INVITADA EN SANTIAGO

    O GRUPO CORREO  INVITOUNA A GALA QUE SE CELEBRA HOXE "GALLEGOS DEL AÑO".

    UN DOS PREMIADOS É CARLOS PEREZ RIAL "PERUCHO"

    cambados unhagrande chea correo (1) cambados unhagrande chea correo

    1.- Invitación o evento a Unha Grande Chea.- 2.- Perucho.

    Unha Grande Chea, e unha das asociacións invitadas polo Grupo Correo Gallego a XIX Edición dos Premios "Gallegos del año 2008" gala organizada polo devandito grupo. Entre os premiados está o piragüista pertencente o Club de Ribadumia  Carlos Pérez Rial "Perucho". A hora de confeccionar esta nova aínda non confirmaramos asistencia o evento que vai ter lugar no día de hoxe no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. De tódolos xeitos agradecemos o Grupo Correo Gallego a súa invitación.

    Texto e fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 23 de outubro de 2008

    UNHA NOVA PAXINA WEB NACE EN AROUSA PARA GALICIA

    O SEU PORTAL É www.gayliza.com

    O ÚNICO QUE SABEMOS É QUE UNHA GUÍA E VIAXES PARA "GAYS"

    unhagrandechea cambados gayliza

    Portal da páxina que ainda no entrou en funcionamento.

    Un novo portal web ven a engadirse a familia arousá, www.gayliza.com está en período de nacemento xa ten o seu portal en internet e polo que se deduce do mesmo ven a ser unha "guía e viaxes para gays" alo menos ese é o “slogan” do seu portal. A páxina polo de agora aínda non entrou en funcionamento para segundo poñen no mesmo "Falta pouco". Estaremos a expectativa, de tódolos xeitos benvidos a rede rapaces.

    Texto e foto: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

     

    Cambados 22 de outubro de 2008

    UNHA CONFERENCIA DE LUXO

    POUSA ANTELO DISERTARÁ SOBRE:  “A MIÑA LEMBRANZA DE CABANILLAS”.

    UN HISTÓRICO DO GALEGUISMO EN CAMBADOS.-

    avelino_pousa_antelo cambados unhagrandechea luis rei cabanillas (2)

    1.- Avelino Pousa Antelo.- 2.- Ramón Cabanillas.

     

    Mañá xoves as 18 horas no I.E.S. Ramón Cabanillas vai ter lugar a inigualable conferencia de Pousa Antelo quen disertará sobre “A miña lembranza de Cabanillas". Como para perderse esta cita, ainda que está encadrada dentro das" I Xornadas de Cabanillas na Escola" que organiza Candea, a entrada é libre. Aquí vos deixamos cunha semblanza do conferenciante:

    Avelino Pousa Antelo (Arzón - Coruña, 14 de maio de 1914), tamén coñecido polo pseudónimo de Loito do Peto, é un intelectual e xornalista galego. É o presidente da Fundación Castelao, vicepresidente da Fundación Fernández Florez e vogal das Fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda.

    Como xornalista, foi colaborador nos anos 30 La Voz de Barcala "órgano da Federación Agropecuaria do Distrito de Negreira", e publicou centos de artigos en distintas publicacións sobre temas agrarios e cooperativos, ademais de sobre temas políticos.

    Biografía:Estudou durante seis anos na Universidade Pontificia Compostela, logo Maxisterio tamén en Santiago, dou cursos de Comercio en Lugo e Xerente de Cooperativas en Zaragoza. En 1936 fixo propaganda do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 como afiliado ás "Mocidades Galeguistas". Tras a Guerra Civil desenvolveu un intenso labor agrarista e cooperativista en Galicia. En 1955 trasladouse a Orotava (Tenerife) onde traballou como mestre e como Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabildo Insular. Tras un breve regresou a Galicia en 1960 para traballar como técnico de SEMISA, empresa produtora de sementes, volveu trasladarse ese mesmo ano, agora a Zaragoza, para dirixir unha empresa gandeira (AIVESA). Como froito do seu labor de promoción agraria en prensa, en 1963 foi galardoado co Premio Ramón Mourente de temas agrarios e en 1964 co premio "Luís Sánchez Harguindey" polo mesmo motivo. En 1970 regresou a Galicia para traballar como mestre en Pontecesures ata a súa xubilación en xaneiro de 1983. A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias outorgoulle en 1998 a Insignia de Ouro e Esmalte da Unión de Cooperativas. No ano 2000, a Universidade de Santiago de Compostela outorgoulle a súa Insignia de Ouro.É historia viva de Galicia.

    Texto e fotos: Candea.

    ------------------------------------------------------------

     

    Cambados 21 de outubro de 2008

    PLANO DA RUTA CAMBADOS CON CABANILLAS

    PERCORRERASE ESTE MÉRCORES DENTRO DAS I XORNADAS "CABANILLAS NA ESCOLA"

    ORGANIZADAS POR CANDEA.

    plano ruta

     

    Este martes e mañan mércores  e dentro das I Xornadas Cabanillas e a Escola comunicamos que vanse facer as rutas guiadas por Cambados. O mércores hai moita xente apuntada, pero se alguén está interesado/a podería ir o martes, haberá un percorrido colectivo guiado polas rúas e os lugares da obra e da vida de Ramón Cabanillas en Cambados, con lectura participativa dos seus textos, dirixido por Manuel Núñez e Xoan Antonio Pillado, ámbolos dous pertencentes a Asociación de Ensinantes do Salnés "Candea". Nel váisenos indicando os lugares máis emblemáticos de Cambados para Cabanillas cunha poesía do autor adicada o lugar en cuestión e así temos: 1.-"Salutatio ad patrim" (Casa natal). "2.- "A Asorey" e "No Casino". 3.- "O sábado na escola" O Convento. 4.- "As tardes na Pastora" Santa Mariña e A Pastora. 5.-"Mariñeira" Santo Tome". 6.- "Na casa vella" Rúa Hospital. 7.- "A Calzada de Cambados" "Na ribeira" A Calzada. 8.- "Lumen No Pazo", "A un cacique" Praza de Fefiñans. 9 "Sono dourado". Cemiterio de Fefiñans. Punto de runión: praza de Fefiñáns ás 4,30 da tarde

    Texto e foto: Candea.

    ------------------------------------------------------------

     

    Cambados 20 de outubro de 2008

    "A GRAN MURALLA" NO CANCIONEIRO SELECTO DE MIRO CASABELLA

    A POESÍA DE RAMÓN CABANILLAS  NO LIBRO QUE XAN FRAGA ESCRIBE SOBRE O CANTAUTOR.

    CORRESPONDE O LP "TI GALIZA".

    cambados unhagrandechea miro casabella (2) cambados unhagrandechea miro casabella (3) cambados unhagrandechea miro casabella cambados unhagrandechea luis rei cabanillas (2)

    1.- Miro Casabella con Bernardino Graña e Beiras.- 2.- Portada de Ti Galiza.- 3.- Portada do libro de Xan Fraga.- 4.- Ramón Cabanillas.

     

    O escritor Xan Fraga ven de escribir un libro-reportaxe titulado "Miro Casabella e a nova canción galega" da Editorial Galaxia, nel fai un detallado repaso a vida e obra de Miro Casabella así como os seus coetáneos de "Voces Ceibes". O remata do libro entre o cancioneiro selecto de Miro Casabella destaca o autor do mesmo "A Gran Muralla", unha poesía de Ramón Cabanillas escrito no ano 1926 para unha nova edición do seu libro "Da Terra Asoballada". Esta poesía foi musicada por Miro Casabella para o seu Longa Duración (LP) "Ti Galiza" publicado por Ariola  en 1977 era a terceira canción do LP e contaba con arranxos de Luis Pedro Faro  e Jose Mario Branco.

    Texto: Unha Grande Chea.- Fotos.- Libro de Xan Fraga.

    ------------------------------------------------------------

     

    Cambados 19 de outubro de 2008

    O GROVE: UN EXEMPLO PARA CAMBADOS
    A ASOCIACIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DO GROVE CELEBRA POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO AS "XORNADAS LEI DA MEMORIA HISTÓRICA"
    O DÍA 25 DE OUTUBRO NO CINE O MARINO DA VILA MECA.

    cambados unhagrandechea memoria historica o grove (3) cambados unhagrandechea memoria historica o grove (4)

    1 e 2.- Carteles do evento.

    cambados unhagrandechea memoria historica o grove (1) cambados unhagrandechea memoria historica o grove (2) cambados unhagrandechea memoria historica o grove (6) cambados unhagrandechea memoria historica o grove (7) cambados unhagrandechea memoria historica o grove (8) cambados unhagrandechea memoria historica o grove

    1.- Xosé Avelino Ochoa Gondar. 2.- Juan José del Aguila Torres. 3.- Juan Antonio Martin Pallin. 4.- Angel Rodriguez Gallardo. 5.- Joan Tardá e 6.- Miguel Angel Rodriguez Arias.


    Os cambadeses debiamos tomar bo exemplo do Grove en canto a recuperación da Memoria Histórica se refire. O vindeiro 25 de outubro celebran por segundo ano consecutivo as "Xornadas Lei da Memoria Histórica" con relatores da talla de José Antonio Martin Pallin quen disertará sobre "No se puede enterrar el olvido, Angel Rodriguez Gallardo "Nova fase na recuperación da memoria Histórica; a perpesctiva asociativa", Joan Tardá "VIII Legislatura: una oportunidad perdida para terminar con el modelo español de impunidad", Juan José del Aguila Torres "La jurisdicción militar de guerra de la dictadura franquista, la necesidad de conocerla y acceso a los archivos militares" e Xosé Avelino Ochoa Gondar "A Lei de Amnistía 46/1977. Un obstáculo procesual?" coa actuación tamén do Estudio de Ballet Va´Lontano. Tamén o mesmo día terá lugar a conferencia "Los niños perdidos del franquismo" a cargo de Miguel Angel Rodriguez Arias, profesor de Dereito Penal da Universidade de Castilla La Mancha. Os actos serán presentados por Xan Caneda e Xesús Maria González.

    Texto: Unha Grande Chea.- Fotos: A.R.M.H O Grove.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 18 de outubro de 2008

    UNHA GRANDE CHEA NOS ENLACES DE GOGUE
    E PARA NOS "UN ORGULLO Y SATISFACCIÓN" COMO DIRÍA O MONARCA
    ESTAMOS A RECÍPROCA NA NOSA PÁXINA

    CO DEBUXANTE GOGUE

    Gogue con varios compoñentes de Unha Grande Chea.


    E para nos toda unha honra estar nos enlaces dunha das páxinas máis visitadas de Galicia, e unha das máis importantes nin máis nin menos que na páxina do caricaturista Gogue. Non somos merecedores de tan alto honor. Obviamente estamos a recíproca a tamén engadimos a www.goguetoons.com entre os nosos enlaces. Dicir tamén que o caricaturista meco cambadés Gogue acaba de ser entrevistado na TVG , podedes ver a entrevista en http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=18 clic en 16/10/08 e despois ides a terceira paxina e vedes a caricatura de John Lennon.-

    Texto e foto: Unha Grande Chea.,

    ------------------------------------------------------------

    HUMOR RETRANQUEIRO: PARA UN ERUDITO DEBE SER TERRIBLE PERDER O COÑECEMENTO.

    Cambados 17 de outubro de 2008

    CALQUERA OCASIÓN É BOA PARA REUNIRSE CON AMIGOS
    UN SALPICÓN DE MARISCO PROMETIDO POR TOÑO CHAVES
    FOI UNHA BOA ESCUSA PARA PROBAR UN BO ALBARIÑO LAXES OU OUSO DA TORRE.

    cambados unhagrandechea bar german (1) cambados unhagrandechea bar german (4) cambados unhagrandechea bar german (6) cambados unhagrandechea bar german

    Catro estampas de degustación do salpicón de marisco. (Preme nas fotos para velas ampliadas).


    É moi doado buscar unha escusa para pasar un bo anaco con amigos da categoría profesional do enólogo Jorge Herbella, do fotografo Eduardo Apariz, do banqueiro Roberto Cacabelos, do amo da Ford Luís Paulino, do Fernando Alonso dos camións Pablo, do supermadridista Toño Meis, do neto de Ramón Cabanillas Moncho Botana Cabanillas,  ou dos afamados mestres Dominguez, Manolo da Estrada Juan  Maceira ou Rodiño, sen esquecer a presenza dos anfitrións Moncho, Tino e Pita do "Bar Germán". Toño Chaves prometera un salpicón de marisco con centola "collido" por el mesmo, e abofé que cumpriu a promesa, e onde haxa un bo salpicón de marisco ten que estar un bo albariño e que mellor que o primeiro premio da festa deste ano feito por Herbella "Laxes", sen desmerecer o "Ouso da Torre", un viño da casa. Hai que ter imaxinación para combater a crise e seguilo a pasar ben.

    Texto e fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 16 de outubro de 2008

    MEDIO RURAL DIFUNDE A SÚA POLÍTICA FORESTAL NO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL DO SALNÉS

    claves CON SUAREZ CANAL CONSELLEIRO D EMEDIO RURAL

    1.- Logo do curso.- 2.-Súarez Canal cun membro de Unha Grande Chea.


    A Consellaría pretende concienciar a sociedade galega da importancia da xestión integral, racional e sustentable do monte galego como vía para acadar unha explotación máis produtiva e para optimizar o seu aproveitamento.
    A Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza organizan “As claves da política forestal actual” en 13 centros comarcais de todo o país.
    Este seminario vaise celebrar no Centro Comarcal do Salnés, o vindeiro 31 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
    A Dirección Xeral de Montes e industrias forestais e mais a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza – dependente da Consellaría do Medio Rural – organizan o seminario “As claves da política forestal actual” que se vai celebrar o 31 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés. A través desta iniciativa, Medio Rural pretende concienciar a sociedade galega da importancia dunha xestión integral, racional e sustentable do monte galego, co obxectivo de que sexa máis produtiva a súa explotación e que se reduza o número de incendios forestais.

    Texto: Exposalnés.- Foto: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 15 de outubro de 2008

    LUÍS REI ANUNCIA A PUBLICACIÓN  DO LIBRO SOBRE CABANILLAS

    NA CHARLA ORGANIZADA POR CANDEA LUÍS DIXO QUE O LIBRO SAIRÁ EN  MARZO OU ABRIL

    LEU LIMIAR DO MESMO NA CONFERENCIA.

     

    cambados unhagrandechea luis rei cabanillas (1) unhagrandechea cambados candea

    Luís Rei biógrafo oficial de Cabanillas, o seu embaixador na Terra, no conferencia que deu onte, maxistralmente, por certo, no I.E.S. Ramón Cabanillas perante un auditorio repleto, anuncio que o tan esperado libro sobre a vida e obra de Cabanillas vai saír en marzo-abril do ano que ven. Incluso na mesma conferencia deu lectura limiar, limiar que vai titular "Limiar sobre un cociñeiro mulato".  Tamén salientou o insigne conferenciante  que Cabanillas era moi reacción a que se escribira a súa biografía e en vida sempre se opuxo a tal evento. Onte deu unhas pinceladas dun libro que de seguro vai ser un éxito total de ventas como por exemplo que hai dubidas onde foi bautizado si en Fefiñans ou en Vilariño, que foi fillo de solteira, que foi expulsado do seminario en fin en tantas e tantas anécdotas , escolma e obras do autor.  Luis foi longamente aplaudido o remate da conferencia, aplusos que de seguro tamén ian para os organizadores a Asociación de Ensinantes “CANDEA” quen está a ter un éxito sen precedentes nestas xornadas. Grazas anticipadas Luís.

    Texto e fotos: Unha Grande Chea e Candea.

    ------------------------------------------------------------

     

    Cambados 14 de outubro de 2008

    CHARLA DE LUÍS REI ,"REPRESENTANTE DE CABANILLAS NA TERRA"
    VERSARÁ SOBRE "A DIMENSIÓN HUMANA DE RAMÓN CABANILLAS"
    O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA É O BIÓGRAFO OFICIAL DE CABANILLAS.

    cambados unhagrandechea luis rei cabanillas (1) cambados unhagrandechea luis rei cabanillas (2) cambados unhagrandechea luis rei cabanillas

    1.- Luis Rei.- 2.- Ramón Cabanillas.- 3.- Luis Rei sendo nomeado "Chalequeiro" por Unha Grande Chea (2006). (Preme nas fotos para velas ampliadas)


    Maña mércores, as 16.30 da tarde no salón de actos do I.E.S. Ramón Cabanillas, vai ter lugar a conferencia de Luís Rei Núnez, biógrafo oficial de Ramón Cabanillas,  co titulo "A Dimensión Humana de Ramón Cabanillas". Luís rei é meco de nacemento, esta arredor da cincuentena, no súa mocidade cursos estudos no Instituto que leva por nome o home que el máis admira "Ramón Cabanillas", logo opositou para encargado da Casa da Cultura de Cambados  gañando a oposición merecidamente. É todo un estudoso de D. Ramón,  e aparte de escribir sobre el tamén ten feito obras de teatro sobre o autor. No ano 2006 foi nomeado "Chalequeiro" pola Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande Chea. Luis Rei foi unha das personaxes claves na organización de Gala Ramón Cabanillas 2006 organizada por Unha Grande Chea, que foi o xerme do Ano Cabanillas 2009. Paga a pena acudir a esta conferencia saberemos moito máis do poeta da raza.

    Texto e fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 13 de outubro de 2008

    GOGUE PORTADA DUN LIBRO EN E.E.U.U.
    ADICADO O XOGADOR DE BÉISBOL RYAN HOWARD
    ESCRITO POR ROBERT L. MEND

    cambados unhagrandechea gogue (1) cambados unhagrandechea gogue

    1.- Ryan Howard o mítico xogador de Béisbol. 2.- Caricatura feita por Gogue do famoso deportista.


    O famoso caricaturista meco-cambadés Gogue, ven de ser novamente noticia xa que unha das súas caricaturas concretamente a adicado o famoso e mítico xogador de béisbol Ryan Howard e a portada do libro que o famoso escritor americano Robert L. Mend escribiu sobre a vida do famoso deportista. Outra vez o Noso Gogue volta a ser recoñecido alén dos mares e nos tan orgullosos de estar entre os seu amigos. Parabéns Gogue.
    Texto: Unha Grande Chea. Fotos: Gogue.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 12 de outubro de 2008

    HELENA VILLAR JANEIRO ABRIRÁ O CICLO DE CONFERENCIAS  SOBRE CABANILLAS
    MAÑÁ LUNS ÁS 18 HORAS
    NO I.E.S. RAMÓN CABANILLAS.

    Hele Villar Janeiro cuadro

    1.- Helena Villar Janeiro.- 2.- Ramón Cabanillas.


    A docente e escritora Helena Villar será a encargada de abrir a ciclo de conferencias  das "I Xornadas Cabanillas na Escola",  o título da conferencia é "O legado dun escritor como recurso para o ensino" A entrada as conferencias é libre e gratúita. Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá, Lugo, o 28 de setembro de 1940. É licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense, e membro fundador do PEN club en Galicia do que é secretaria. É profesora de literatura e lingua en Santiago de Compostela. Os seus libros infantís están incluídos no Catálogo White Ravens do Internationale Jugendbibliothek de Münich. Tamén é Secretaria da Fundación Rosalía de Castro. Obtivo os premios de narrativa, Breogán en 1990 e Rodríguez Figueirido en 1991.

    Texto e fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 11 de outubro de 2008

    NACE UN NOVO PERIÓDICO EN AROUSA: "O ATURUXO"
    GRATUÍTO E CUNHA LIÑA DE CENTRO DEREITA
    OS PRIMEIROS NÚMEROS ESTÁN NA RÚA

    lastscan


    Nace un novo periódico en Arousa que se ven a chamar "O Aturuxo", un periódico de corte centro dereita e de carácter gratuíto. De momento descoñecemos onde se pode conseguir o mesmo, pero podedes acadar máis información acudindo a súa páxina web www.aturuxo.es .
    Texto e fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 11 de outubro de 2008

    CRÓNICA DUN CAMBADÉS EN MISIÓN DE PAZ

    ANGEL CAMBADOS CÓNTANOS A SÚA EXPERIENCIA MEDIANTE FOTOS

    IMPRESIONANTES FOTOS DO ETNA

    Beirut Beirut1 Canal_CorintoCarga_Beirut Catania Catania_Volcan_Etna Catania_Volcan_Etna1Catania1 Mezquita PartenónPloce Ploce1 Rua_de_Beirut

    1.- Unha calle de Beirut.- 2.- Descargando en Beirut.- 3.- Canal de Corinto.- 4.- Outro intre da descarga en Beirut.- 5.- Catania.- 6 e 7.- Volcán Etnia. 8.- Catania.- 9.- Unha das mesquitas máis grandees do mundo.- 10.- O Partenón. 11.- En Ploce (Croacia).- 12.- Ploce (Croacia). -13.- Unha rúa arumeada en Beirut. (Preme nas fotos para velas ampliadas)

    Ola paisanos,aquí vos mando por medio de www.unhagrandechea.org.es  unhas fotos da misión de paz que estou a realizar en Beirut(Libano), levo 35 días de navegación nos cales visitei os seguintes portos, Catania (Sicilia-Italia) cunhas fotos do volcán Etna salivando lava e unhas fotos do teatro Bellini. Seguinte porto Ploce (Croacia),Canal de Corinto, Atenas cunha foto do famoso Partenón e por ultimo Beirut (Libano) tamén podedes ver unhas fotos da posiblemente a maior mesquita do mundo, e outra foto do barco en plena carga de carros. De Beirut soamente teño tres  fotos porque a policía de aquí non deixa sacar fotos da cidade,  é mais se te ven cunha cámara de fotos pode ser que cha requisen ,por iso as fotos que podedes ser  son feitas dende o barco.

    Texto e Fotos: Angel Cambados Tirado.

    ------------------------------------------------------------

    HUMOR RETRANQUEIRO::¿ E POR QUE NON EXECUTAN AOS MALOS COMPOSITORES?

     

    Cambados 11 de outubro de 2008

    A "NOVA TROLA" INFORMA DUN ATENTADO CONTRA TOURIS.
    UNHA PANCARTA CONTRA O ALCALDE NA AVDA DA GALICIA
    PÍDESELLE QUE LIMPA A ESTACIÓN O ESTRAÑO É QUE OS SERVIZOS MUNICIPAIS AÍNDA NO MANDARON RETIRALA

    novo


    O periódico cambades "A Nova Trola" informa no seu número de hoxe con foto incluída, que unha pancarta contra o Alcalde Touris foi colocada na Avda de Galicia de Cambados, preto da praza de Abastos. A pancarta insta a Tourís  que limpa a estación de autobuses. O estraño que a pancarta aínda non foi retirada polos servizos municipais incumprindo así a máis esenciais normas de ornato e coidado da vila. Seguramente os autores da colocación da pancarta son faccións socialistas ou nacionalistas marxistas leninistas. Touris sempre reivindicou en todos os panfletos que facia o seu partido que a Estación a construíran eles.
    Texto e foto: "A Nova Trola".

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 10 de outubro do 2007

    OS PERSONAXES DE LEIRO POBOAN A CASA GRANDE DO POZO DO CABID

    AGORA EDIFICIO CAIXA GALICIA

    UN VIDEO DE ANOSA TERRA TV AMOSANOS A GRANDEZA DO ARTISTA CAMBADÉS E A REIVIDACIÓN DO SEU “CAMBADESISMO”

           

    Antes chamábase así. Agora chámase Edificio Caixa Galicia", chanceaba o escultor na mañá do martes 7 de outubro, cando se inaugurou esta mostra permanente. A sede da Fundación Caixa Galicia en Compostela, na Rúa do Vilar, acolle dende ese día, arredor do pozo, unha alegoría da cidade creada polas mans de Francisco Leiro sobre madeira.  Se tes problemas para ver o vídeo dende a pa´xina preme diractamente nesta ligazón: http://br.youtube.com/watch?v=nUlVHRu1dS4 .

    Texto e Video: A Nosa Terra TV (http://br.youtube.com/anosaterraTV )

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 10 de octubro do 2008

    ANTONIO VEGA EN CAMBADOS
    "NOVA PRODUCIÓNS" ENCARGASE DA SÚA CONTRATACIÓN
    TRÁTASE DUN CONCERTO ACÚSTICO DO ARTISTA NA XUVENTUDE

    a10c2f1 cambados unha grande chea NOVA PRODUCCIÓNS

    1.- Antonio Vega.- 2.3.4.e 5.- Willy, Juan, Pepe e Quique os responsables de "Nova Produccións"


    Cambados será o escenario dos dous próximos concertos de Antonio Vega . O ex integrante de Nacha Pop volverá á comarca arousá pouco antes do Nadal para ofrecer o mellor da súa música en directo. A iniciativa é obra dunha nova produtora musical que comezou a funcionar no municipio e que xa se encargou de concertos como o de Alis ou o de Garaxe Jack.
    Será o próximo 19 de decembro cando Antonio Vega chegue a Cambados. A partir das once e media da noite ofrecerá o seu primeiro concerto acústico no auditorio da Xuventude. As entradas, que aínda non saíron á venda, terán un prezo de vinte euros. Para os que se perdan este concerto, haberá un máis ao día seguinte. á mesma hora e polo mesmo prezo, os fans deste artista poderán gozar dos seus grandes éxitos en rigoroso directo.
    Vega xa ofreceu tres concertos na comarca arousá durante o pasado verán. Estivo dous días no náutico de San Vicente, con gran éxito de público. Quizais por iso agora anímase a volver ao Salnés, aínda que nesta ocasión cambiará o escenario do emblemático local grovense polo do auditorio cambadés.
    O concerto é cita obrigada para todos os fans do ex integrante de Nacha Pop. Do mesmo xeito que no náutico, poderán escoitarse cancións que hoxe son un clásico, como A moza de onte ou O sitio do meu recreo . Todo, nun directo impecable que garante a acústica do auditorio de Cambados.
    Da organización desta actuación encárgase unha nova produtora musical de Cambados. Está formada por catro mozos do municipio. José Luis Cacabelos, Juan Rivas, Roberto Pérez e Enrique Barreiro compoñen esta nova firma que xa conta con algunha experiencia na celebración de concertos en directo. eles foron os encargados de xestionar a actuación de Alis, que actuou durante as pasadas festas do albariño. Tamén organizaron o concerto que Garaxe Jack ofreceu no Clímax e no Náutico de San Vicente. Ademais da actuación de Antonio Vega , esta firma atópase preparando agora máis concertos, dos que informará proximamente.

    Texto: Maruxa Alfonso. Fotos: a Voz de Galicia e Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 10 de octubre de 2008

    “SIN TETAS NO HAY PARAISO”

    A ACTRIZ  MARIA CASTRO JATO EN CAMBADOS

    PAPEL PRINCIPAL NA SERIA DE MÁIS RABIOSA ACTUALIDADE

    XANTOU NO "RESTAURANTE FORNÑOS" DE CAMBADOS.

    lastscan lastscan1

    1 e 2.- A Actriz Maria Castro Jato co personal do Restaurante "Forniños" de Cambados

    María Castro Jato é unha actriz galega nacida en Vigo (Galicia) en 1981. O seu primeiro traballo como actriz foi o papel de Paula Barreiro (antes interpretado por Cristina Castaño) na exitosa serie da canle autonómica galego TVG, Pratos combinados. A partir de aí participou como presentadora e actriz en múltiples series e espazos da TVG. Tamén traballou en teatro e como actriz de dobraxe, así como en publicidade e como modelo en pases e sesións fotográficas. Participou como actriz á repartición da primeira serie diaria de produción española da Sexta, SMS, onde interpretaba a Lucía.  Na actualidade ten o papel de Jessica en “Sen tetas non hai paraíso”, serie emitida por Telecinco. Ademais participou no novo videoclip de Melocos, Fuches Ti.

    Foi atleta na modalidade de Ximnasia Rítmica Deportiva desde os 6 ata os 17 anos e é licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade de Vigo.  En canto á súa formación estudou danza contemporánea, ballet clásico, danza moderna e hip-hop, e cabaret. realizou varios cursos de interpretación e dobraxe.  Participou nas longametraxes “A vida mancha” (2003) “Días Azuis” (2006),”Os mortos van rápido” (2008). Fai uns dias estivo no “ Restaurante Forniños” de Cambados o carón da nosa amiga Lupe Miser, quen por suposto non lle ten nada que envexar a famosa aztriz en canto a beleza se refire.  

    Texto: Unha Grande Chea..- Fotos: "Restaurante Forniños".

    ------------------------------------------------------------

     

     Cambados 9 de outubro de 2008

    CABANILLAS NO CONGRESO ESPAÑOL

    TABUYO PRESENTA UNHA PREPOSICIÓN NON DE LEI

    PENDENTE DE "PASAR" A COMISIÓN DE CULTURA.

    taboyo e Pepe cuadro nuevo-1 

    1.- Tabuyo, Antón Louro e Pepe Daporta. 2.- Ramón Cabanillas.- 3.- Casa natal do escritor.

    O deputado socialista, o cambadés Domingo Tabuyo, presentou ao Congreso dos Deputados unha proposición non de Lei para instar ao Goberno «a colaborar na realización de actividades, exposicións e publicacións sobre a vida e obra de Ramón Cabanillas, dentro do programa do Ano Cabanillas 2009 dedicado polo Concello de Cambados para a exaltación do seu poeta máis universal».

    Tabuyo recorda que Cambados acordou o pasado ano declarar o 2009 como Ano Cabanillas «con obxecto de honrar a celebración do 50 aniversario da morte do chamado poeta dá raza». Por iso acordou solicitar a axuda do Goberno central para sufragar as actividades. Aínda que de momento non se pechou un calendario de actos a realizar, Tabuyo mantén diversas reunións coa Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais para definir as actuacións concretas. «Cabanillas foi un dos escritores máis destacados da literatura galega do Século XX», argumentou o cambadés.

    A proposta recibiu xa o visto e prace do grupo parlamentario socialista e, nos próximos días, será debatida na Comisión de Cultura.

    Texto: "La Voz de Galicia".- Fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

     

    Cambados 8 de outubro de 2008

    O CADRO REDONDO DE LINO SILVA
    PÓDESE VER NO BAR SILVA QUE REXENTA O SEU IRMÁ XOAN SILVA
    O BOHEMIO ARTISTA CAMBADÉS NON TEN LÍMITES.

    cambados unhagrande chea Lino Silva  cambados unhagrande chea Lino Silva (2)  cambados unhagrande chea Lino Silva (3)

    1.-  O Cadro Redondo de Lino Silva.2.- A sinatura no cadro do xenial autor. 3.- Un autoretrado do excéntrico autor. (Preme nas fotos para velas ampliadas).


    Hoxe os asiduos o Bar Silva (Rúa Isabel II de Cambados), vímonos sorprendidos o ver un marabilloso cadro do artista cambadés Lino Silva. Un cadro redondo feito co seu peculiar estilo, unha mistura de seres entre luces e sombras e cores variados, unhas faces cuns sorrisos estraños enleados uns a outros. Non sabemos canto vai durar o cadro na parede do Bar Silva pero de seguro que moi pouco, os seus adeptos enseguida llo mercarán.
    Texto e fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 7 de Outubro de 2008

    O HOTEL CALIXTO EN OBRAS

    ACTUALMENTE ESTÁ DIVIDIDO EN DÚAS VIVENDAS PARTICULARES

    COMEZOU A FUNCIONAR NO ANO 1900

    unhagrandechea cambados hotel calixto (1)  unhagrandechea cambados hotel calixto unhagrandechea cambados hotel calixto (3)

    1.- Hotel Calixto na actualidad. 2.- O Hotel Calixto en 1910.- 3.- Publicidade feita por Castealo do Hotel Calisto. (Preme nas fotos para velas ampliadas.)

    Se estiveramos no ano 1900 diriamos que o hotel Calixto está en obras, en realidade hoxe está dividido en dúas casas particulares , para válenos para rememorar a historia de este edificio. Comezou a funcionar no ano 1900 no edificio que aínda hoxe se conserva ben, aínda que van a proceder a unha serie de reparacións. O edificio era propiedade de Benito González. Castelao debuxou unhas tarxetas de promoción para este hotel. Foi o lugar onde paraban os visitantes e os turistas  que ían tomar os baños a Toxa. Tiña no seu baixo o café Moderno, onde segundo publicidade que aparece no xornal “El Umia” non se falaba nin inglés nin francés nin italiano, pero coñecíase o valor das moedas de ditas nacións,. Nese café tocaba o piano tódolos días o profesor D. Ramón Ulloa que era cego , abo do vicepresidente de Unha Grande Chea “Ulloa” . Durante a ditadura de Primo de Rivera o delegado gobernativo para o partido xudicial de Cambados tivo neste hotel o seu despacho. Deixou de funcionar arredor de 1930.

    Texto:”Cambados cen anos de historia a través da fotografía” dos alumnos do I.E.S. Francisco Asorey e Unha Grande Chea.- Fotos: As mesmas fontes.

    ------------------------------------------------------------

    HUMOR RETRANQUEIRO: O problema dos imparciais é que están subornados polas dúas partes.

    Cambados 6 de outubro de 2008

    GOGUE NOVAMENTE EN E.E.U.U.
    FAI UN TRABALLO PARA O PERIÓDICO SEMANAL EASTSIDE SUN MAGAZINE DE RENTON-KIRKLAND
    UNHA CIDADE 90 MILLAS DE  WASHINTON

    unhagrandechea cambados gogue. (1) unhagrandechea cambados gogue. unhagrandechea cambados gogue. (2)

    1.- Chuch Morgan, personaxe caracterizada. 2.- Portada do periódico.- ·.- Gogue co Secretario de Unha Grande Chea. (Premas nas fotos para velas ampliadas.)


    O Meco-Cambadés Gogue, ven de facer un nove traballo para o periódico mensual  de Renton-Kirkland a 90 millas de Washinton en Estados Unidos, Trátase nesta ocasión da caricatura don coñecido  personaxe do lugar chamado Chuch Morgan que cumpre 97 anos. O Eastside Sun Magacine é o mayor peridico mensual da cidade de Kirkland unha cidade de preto de 50.000 habitantes. Como siga así Gogue vaise facer máis famoso en Estados Unidos que en Galicia pese a ter unha viñeta diaria co Floreano no Faro de Vigo. Aquí tes o enlace o periódico http://www.eastsidesun.com/2008/oct08/  onde na súa páxina 20 sae o traballo do xenial caricaturista. Fai uns días ainda falabamos de Gogue neste mesma paxina o codearse con personaxes de Hollywood.

    Texto e Fotos: Gogue e Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 5 de outubro de 2008

    ALCALDES DE CAMBADOS
    DENDE 1909 ATA 2008
    SÓ DOUS FORON DE ESQUERDAS.(Preme nas fotos para velas ampliadas)

    1 2 3 4 5 6 7 8 

    1.- Ramiro Padin(1909-1918) 2.- Fernando Botana Gómez (1918-1923) 3.- Andrés Quintanilla Alonso (1923-1924) 4.- Juan Salgado Pérez (1924-1930) 5.- Manuel Silva Núñez (1930-1931/1936-1937) 6.- Juan Vidal Fraga (1931-1936) 7.- José Manuel Silva Losada (1936) 7.- Antonio Pombo Cancela (Dec. 1937-Marzo 1938)

    9 10 11 12 13 14 15 16

    9.- Salvadr Galarreta Alfaro (1938-1940) 10.- José Rodriguez Cadarso (1940-1945) 11.- Luis Fariña Couto (1945-1949) 12.- J. Rodriguez Cadarso Cobas (1949-1951) 13.- José Peña Oubiña (1951-1957) 14.- Andrés Iglesias González (1957-1962) 15.- Jaime Silva González (1962-1965) 16.- Joaquin Fole Vilar (1965-1974)

    17 18 19  20 21 22 lastscan

    17.- Benito González Ambrós (1974-1976) 18.- Isidoro Vaamonde Silva (1976-1978) 19.- Pastor Sineiro Rodriguez (1978-1979) 20.- Xoan A. Pillado Silvoso (1979-1987) 21.- Antonio Pillado Montero (1987-1990) Santiago Tirado Serén (1990-1998) e José Manuel Cores Touris (Dende 1998).


    A veces en charlas de amigos sempre xurde a discusión de quen foi alcalde de tal ano a tal outro. No ano 2000 o Concello de Cambados editou un boletín onde constan todos os alcaldes dende 1909 ata 2008, con seus  nomes e os anos que estiveron no poder. Entre as súas profesións podemos atopar médicos, avogados, empresarios, militares, procuradores, sen profesión coñecida etc. , en fin houbo de todo un pouco. Se vos fai falta para un traballo do colexio ou por simple curiosidade aqui  expoñemos unha foto de todos eles. Continuan entre nos sete dos alcaldes Andrés Iglesias (foi o que institucionalizou a festa do Albariño), Jaime Silva, Isidoro Vaamonde, Xoan Antonio Pillado (o primeiro Alcalde democratico despois da era franquista e durante a súa etapa fundamos Unha Grande Chea), Antonio Pillado, Santiago Tirado e por suposto o actual alcalde. O máis breve no cargo foi Antonio Pombo Cancela que estivo catro meses ,   e o que máis estivo é o actual alcalde que este ano fixo dez anos que está o frente da Alcaldía. Os cambadeses que cumpren este ano 21 anos so coñecen alcaldes do Partido Popular. O dato máis curioso que podemos sacar de todos os alcaldes é que dos vintetrés que houbo en Cambados só dous foron de esquerdas o socialista José Manuel Silva Losada  (1936) e o nacionalista Xoán Antonio Pillado Silvoso (1979) e contanse cos dedos dunha man, segundo os nosos datos, os que foron elexidos democráticamente.

    Texto: Unha Grande Chea.- Fotos: Concello de Cambados.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 4 de Agosto de 2008

    FESTIVO O MÉRCORES DE CINZA.
    EN VEZ DO LUNS DE PASCUA  OU O DIA DE SAN CRISTOBO COMO PROPÓN O CONCELLO.
    ERA UN XEITO DE REVITALIZAR O MARTES DE ENTROIDO.

    cambados unhagrandechea entroido (1) cambados unhagrandechea entroido (2) cambados unhagrandechea entroido (4) cambados unhagrandechea entroido

    1.2.3.4.- Varias escenas do antroido cambadés.


    Acabamos de coñecer que o Concello de Cambados, vai propor como festivos locais o ano que ven o luns de Pascua (13 de Abril) máis coñecido polo día da Armenteira e o 1O de xullo día de San Cristobo. Pois ben esta asociación, vai presentar por rexistro de entrada no concello unha solicitude para que se troque calquera dos dous dias polo mércores de cinza e revitalizar así o martes de entroido cambadés. As razóns aparte da xa esgrimida é que a Armenteira practicamente só van escolares de Cambados e para eles ese día xa é festivo  e que a San Cristobo tanto lle vai dar. Coidamos que non somos o único colectivo que está conforme con esta proposta senón que hai outros colectivos, establecementos hostaleiros, bares etc, que tamén están conforme con esta iniciativa.

    Texto e Fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 3 de Agosto de 2008

    ARAGUNDE E SILVA REPITEN NA IRONMAN

    DAVID MARTINEZ RECÉN CASADO  NON ACUDIRÁ

    UNHA GRANDE CHEA APOIAOS

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS IRONMANa25c16f3UNHAGRANDECHEA CAMBADOS IRONMAN (1)

    1.-Aragunde.- 2.- Silva.- 3.- Os competidores do ano pasado. (Preme nas fotos para velas ampliadas.)

    Manifesta a páxina  http://www.cambadosweb.net/  que no próximo IronMan de Lanzarote teremos dous participantes de Cambados, que repiten este reto, logo dunha máis que destacable actuación na edición de 2007.

    Está considerado un dos máis duros tríatlons do mundo, celebrarase en Lanzarote o día 23 de maio de 2009, e nel participarán José Luís Aragunde Soutullo e Ignacio Silva Peña, ambos os veciños de Cambados. Terán que nadar 3,8 Km, percorrer 180 Km en bicicleta e terminar coa maratón de 42 Km. Nin que dicir que este tipo de competicións non están ao alcance de todos, levan un duro esforzo en adestramentos diarios, e unha preparación tanto física como psicolóxica importante.

    Segue a dicir http://www.cambadosweb.net/  que lle intentarán dar toda a cobertura posible e todo o eco que esta proba merece, así como tamén pedín que se lles faga chegar todos os ánimos posibles para intentar acabar este reto.

    Texto: http://www.cambadosweb.net/ Fotoshttp://www.cambadosweb.net/  , Faro de Vigo , La Voz de Galicia e http://ribeiradefefinans.com/

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 2 de Agostos de 2008

    POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA CREASE UNHA ASOCIACIÓN DE PAIS DE XOGADORES.

    Copia de BENJAMINES CAMBADOS 100_2151

    1,2.- Equipos base do Cambados (preme nas fotos para velas ampliadas.


    Está claro que a nova directiva de Cambados esta innovando en varias cousas, pero sáelle un duro rival, os pais dos xogadores da base que veñen de formar unha A.P.X (Asociación de Pais de Xogadores), a primeira directiva está formada pola súa presidenta Helena Costas Vázquez , a Secretaria Begoña Costa Piñeiro, o Tesoureiro José Luis Santos Gabino , e as Vocais Genma Maria Chazo Abal,  e Susana Noya González .
    Teñen en proxecto distintas actividades das que nos irán informando, sobre todo os pais, xa teñen en funcionamento a actividade de fútbol sala que se imparte no colexio público de Santomé en horarios de luns de 19.00 horas as 20.00 horas e os venres de 20.00 ás 22.00 horas.
    A cota da familia será de 10 euros.
    CONCURSO DE DEBUXO:
    Finalidade: Debuxar unha mascota para os xogadores d o Cambados. Destinatarios: Tódolos integrantes das categóricas base. Requisitos: Serán entregados pola A.P.X. a todos os xogadores da base. Prazo de presentación: Remata o 31 de outubro. Haberá marabillosos premios para os gañadores.

    Texto e fotos: www.clubjuventudcambados.es

    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    “R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    “O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    “Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    “Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    “Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA

    “Albariño ou Rias Baixas”: http://es.youtube.com/watch?v=4Op5bxwL-oU

    “Triana”: http://es.youtube.com/watch?v=w216qqhIhkE  

    “O Escudo”: http://br.youtube.com/watch?v=OsNNWE2a5IA    

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    FUTBOL DE CAMBADOS EN

    www.clubjuventudcambados.es

    BALONCESTO DE CAMBADOS EN

    www.xuven.com 

    ------------------------------------------------------------