UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
Humor Grandecheo: GALICIA, EXISTES POR RIBA DOS IGNORANTES.Cambados 31 de outubro de 2009 CANDEA, UNICA Asistentes o roteiro de Cabanillas organizado por Candea.
Humor Grandecheo: CORRUPCIÓN, SACRAMENTO DOS CORRUPTOS.Cambados 31 de outubro de 2009 CAMBADOS CENTRO DE EUROPA NOVENTA CONFRARÍAS EUROPEAS PARTICIPAN NO VII CONGRESO DE CAMBADOS A maior representación corresponde a Italia con 34 agrupacións e o estado español con 32. Dende Francia está prevista a chegada de seis confrarías, tres dende Bélxica, outras tantas de Grecia, e só unha dende Hungría igual que dende Estonia. En total xuntaránse en Cambados, na primeira fin de semana de novembro, arredor de cincocentas persoas ataviadas coas súas singulares vestimentas. Para a celebración deste encontro europeo en Galicia, a organización tivo en conta a coincidencia coa celebración do Ano Cabanillas, en Cambados, e a inminencia do Ano Santo Compostelano 2010. Na reunión celebrada o pasado sábado, coa presencia do presidente de Ceuco, o valenciano Carlos Martín Cosme, do delegado territorial da Xunta, José M. Cores Tourís, do alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e do presidente de Fecogal, Pedro Piñeiro, entre outros, acordouse o programa de actividades do congreso que se iniciará o venres, día 6, coa asemblea xeral de Ceuco, ás 19 horas, no auditorio da Xuventude. De seguido celebraráse unha recepción, ás oito da tarde, no Parador do Albariño, e unha degustación de produtos típicos galegos. O sábado, día 7, inaugúrase o sétimo congreso europeo no Auditorio da Xuventude, ás 10 da mañá, coa presentación de diversas ponencias que darán paso, ao mediodía, é entrega dos premios Aurum, entre outros á mellor confraría europea de 2009 xunto coa entrega do bastón de mando ó próximo país organizador do oitavo congreso. Sobre as 13,45 horas os participantes no congreso trasladaránse ó salón de exposicións de Peña onde se celebrará o Convivio Europeo, coa degusstación de produtos típicos traídos polas confrarías de cada rexión europea presente. Ás 17 horas sairá o desfile das 90 confrarías dende o pazo de Montesacro, en San Tomé, cara a praza de Fefiñáns acompañadas da Real Banda de Gaitas da Deputación de Pontevedra, grupos folclóricos galegos e os danzantes de Cobas. O domingo terá lugar o traslado de tódolos participantes ata Santiago de Compostela, onde se desenrolará unha concentración das confrarías na entrada do Camiño Xacobeo na cidade e peregrinación ata a praza do Obradoiro entrada na catedral e participación na misa do Peregrino oficiada polo arcebispo de Compostela. Tamén está previsto que os máis de 500 confrades europeos sexan recibidos no Obradoiro por un alto responsable da Xunta de Galicia. Aproveitando este evento preto de mil persoas, tendo en conta a familiares e amigos dos confrades, visitarán a comarca de O Salnés durante a primeira semana de novembro, o cal suporá un salientable beneficio para a hostelería, a restauración e a promoción turística de toda a comarca. Humor Grandecheo;Cambados 29 de Outubro de 2009 CINEMAS DIXITAIS “O PEQUENO E FERMOSO” O 30 DE OUTUBRO AS 18 HORAS NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS CATRO ESCULTORES: Vídeo sobre os escultores Enrique Velasco, Manolo Paz, Francisco Leiro e Francisco Pestana e parte das súas esculturas. Director: Eloy Lozano , Xénero: Arte e Patrimonio , Modalidade: Documental, Duración: 18 min, Ano de produción: 1986 Idioma: Galego. Virxilio Vieitez construíu sen sabelo cos seus peculiares retratos de estudio a memoria dun pobo. O álbum de Virxilio é o álbum da Galicia que foi. Director: Marcos V. del Pino Xénero: Arte e Patrimonio , Modalidade: Documental, Duración: 15 min , Ano de produción: 2006 , Idioma: Galego. Documental creativo sobre José Ernesto Diaz-Noriega, un cineasta independente nado en Madrid e chegado a Galicia nos anos 50. Conseguiu filmar unha serie de filmes en formatos domésticos. A súa sombra protectora e inspiradora foi a semente de gran parte de dos cineastas galegos dos 70 e 80. Director: Marcos Nine Búa , Xénero: Historia e Biografía, Modalidade: Documental, Duración: 16 min, Ano de produción: 2006, Idioma: Galego.
OS SEÑORES DO VENTO: Eles idearon un sistema para dominar o vento... Dirixiron centos de botellas desafiando o ceo mais, coma elas, a vida tamén dá voltas... Cada vez quedan menos... Eles son... "Os señores do vento"., Director: Xurxo González, Xénero: Sociedade, Modalidade: Documental, Duración: 11 min, Ano de produción: 2008, Idioma: Galego. Humor Grandecheo: COMO SE RASCAN Os PEIXES?Cambados 29 de outubro de 2009 O SAMAIN EN CAMBADOS O 31 DE OUTUBRO NO PAZO TORRADO As 18 horas no Pazo de Torrado “Noite dos zombis”. Obradoiros de maquillaxe, efectos especiais, zombificación, disfraces e máscaras. Homenaxe ao Thriller de Michel Jackson a cargo da Escola Municipal de Teatro, a continuación procesión funesta da Santa Compaña e dos zombies e o remate degustación de doces tradicionais e chocolota quente. Xa dentro do apartado “Cambados Concello Saudable”, durante os meses de Novembro, Decembro e xaneiro “Curso de Risoterapia” para persoas maiores no Ximnasio do Colexio de Santo Tome os luns e mércores ás 19 h. (grupo 1) e ás 20 h. (grupo 2). Dende o 15 de outubro ó 15 de novembro no Centro Comarcal do Salnés exposición de Manuel Bonabal, artes pláscticas. Humor Grandecheo: SE EXISTE A POSIBILIDADE DE QUE VARIAS COUSAS POIDAN SAÍR MAL, SAIRÁ MAL AQUELA QUE CAUSE O MAIOR DANO.Cambados 29 de Outubro de 2009 O VOLEI CAMBADÉS A ESCENA
SÉNIOR
Excelente debut das Sénior contra un prometedor equipo, o Bertamiráns, composto por un cadro repleto de xóvenes xogadoras, que en ningún momento tirou a toalla. Pero é que as cambadesas saltaron á cancha cun claro obxectivo: vencer e acadar a súa primeira vitoria da tempada. E así foi, o resultado fala de por si da eficacia do cadro de Cambados: 11-25/12-25/21-25 No primeiro set, e a pesar de que o equipo era a primeira vez que xogaba despois da súa renovación, o X.A.V. raiou a perfección e venceu con autoridade ó igual ca no segundo set. Xa no terceiro e último ac ousa estivo un pouco máis disputada pois tras acadar un parcial de 8-17 a favor, as cambadesas cederon un pouco e cometeron algúns erros na recepción e no ataque o que foi aproveitado polas de Bertamiráns que se aproximaron no marcador ata o 17-21. Finalmente,despois de pedir un tempo técnico, a adestradora Paula Rial aleccionou as súas xogadoras e compañeiras que voltaron ó terreo de xogo coa cabeza posta na vitoria. Xogaron Susana Falcón, Lidia Gómez, Mariel (capitá) e Raquel Oubiña, Paula Rial, Aida e Fátima Cortegoso, Salomé Lois, Celestina Padín, e Tania Mondragón (xuvenil). O fin de semana que ven verémolas na casa contra un duro rival, o EMEVE B de Lugo. CADETES: LOCAL RESULTADO . VISITANTE SETS Xuvenil Teis A 3-0 XAV Cambados 25-13/25-10/25-22
Lamentablemente as cadetes afrontaron o seu primeiro encontro (coas baixas das lesionadas Iria Cochón e Aida Vidal) contra as viguesas que se impuxeron con autoridade no primeiro e no segundo set diante da súa nutrida afección. Xa no terceiro, as nosas xogadoras saíron a loitar ata o final decatándose de que a a opción que lles queda nesta competición é só unha: pelexar e facer o seu mellor xogo, deste xeito amosáronse máis seguras no saque e na recepción e acadaron un merecido parcial de 21-21 nun apertado set que finalmente gañou o Teis. Participaron Sara Baña, Fuen Buceta, Mariña Charlín, Cris Cores, Clara Fernández, Nicole Magariños, Romina Molares, Aida Rey e Paula Serantes (capitá) e as infantís Bibi Silva e Tuti Vilanova. Tamén queremos darlle especialmente ánimos INFANTÍS LOCAL RESULTADO VISITANTE SETS Xuvenil Teis 1-3 XAV Cambados A 24-26/9-25/25-21/11-25 Saíron á cancha Tuti Vilanova, Bibi Silva (capitá), Claudia Cores, Celia Bao, Mariña Durán e Carmen Cortegoso, que gañaron o primeiro set nun duro final. No segundo set, entraron Lara Diz por Claudia e Iria Martínez por Celia; gañaron con facilidade. No terceiro set, as novidades foron Sandra Moares, Rita González e Marta Palacios. Pese ós esforzos das rapazas de Teis, o noso equipo gañou con autoridade o cuarto set. O fin de semana que ven contra o Ribeira Sacra A hai que seguir mellorando.
A próxima xornada cadetes e infantís xogan na casa contra o Ribeira Sacra A, un dos rivais máis fortes das súas respectivas competicións. Os encontros celebraranse tralo partido do primeiro equipo do X.A.V. o domingo ás once no Pavillón Municipal do Pombal. Pola súa banda o equipo xuvenil fai a súa estrea na liga zonal ás 17:30h do sábado no pavillón do Cabanillas e medirase co cadro do C.V. Noia. Máis información en http://xavcambados.blogspot.com/ Unha crónica de Suso Bao. Humor Grandecheo: EU NON SEI SE DIOS EXISTE, PERO SE EXISTE, SEI QUE NON LLE VAI A MOLESTAR A MIÑA DÚBIDA.Cambados 28 de outubro de 2009 VAIA FOTAZO TITA A DE MANOLO, AUTORA DA FOTO Posta de sol en Vilanova. "Tita a de Manolo" autora de foto. A veces non hai que ser un gran profesional para sacar unha excelente foto, e aquí temos o exemplo a cambadesa “Tita a de Manolo” que cumple o seu exilio matrimonial en Vilanova, e dende a parte traseira da súa casa s quitou a excepcional foto que podedes ver máis arriba ¿Quen da máis?
CURSO MONITOR TEMPO DE LECER “ACTIVATE” Organizado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Cambados no centro cultural de A Merced os venres 30 de outubro, 6, 13 e 20 de novembro de 17 a 20.30 horas e os sábados 31 de outubro e 7, 14 e 21 de novembro de 9.30 a 13.30 horas. Manolo o Portugués: "E logo non quedas a comer oh".Cambados 27 de Decembro de 2009 MANOLO “O PORTUGUÉS” UN GRAN HOME FOISE CALADIÑO RODEADO DOS SEUS. Aqui vemos a Manolo nun momento feliz en Cambados a donde acudia visitar o seu fillo e os amigos deste. Manuel Dominguez “O Portugués”, pai do noso “Domin” abó de Jacobo e de Alberto, foise sen facer ruido. Este home traballador incansable, taxista, hostaleiro, facia de todo un pouco…, deixonos para sempre. Calquera de Cambados que fora a Palas e parara na casa do Portugués tiña as portas abertas para todo, comida, bebida, descanso, encantaballe que tanto o seu unico fillo como os seus netos levaran xente, notabaselle na cara a súa alegria e gozaba da nosa compañía. Os que lle queiran dar o seu derradeiro adeus poden facelo mañan en Palas de Rei as 17.30 horas. ¡¡¡Ata sempre Manolo!!!. hUMOR gRANDECHEO: ERA TAN FEO QUE DE PEQUENO A SÚA NAI DÁBALLE PARA COMER CON TIRATACOS.Cambados 27 de outubro de 2009 II XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GALEGAS YOU TUBE A PRENSA DE AROUSA FAISE AMPLO ECO Os tres medios de comunicacións máis importantes de Arousa, La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa, fixeronse amplo eco do acontecemento que vai organizar Unha Grande Chea, e que vai trair a Cambados xente de todos os puntos de Galicia. A II Xuntanza de Amigos das Canles Galegas You Tube, vai ter lugar no nosa vila co programa de actos que podes ver o principio deste espazo e vai ter como punto máis culminante a Gran Gaiteirada que vai haber despois do xantar, canles tan tipicas como Xoanarcodavella, Papigil, Edelmiro 007, xa están anotadas e esperamos moitas máis. Humor Grandecheo; O SEÑOR É O meu PASTOR E NÓS Os seus RAPARIGOS, SE NOS FIXO XA BÉBEDOS... ¡FÁGASE SEÑOR A túa VONTADE!Cambados 26 de outubro de 2009 O DIA GRANDE JACOBO DOMINGUEZ TODO UN ÉXITO A EXPOSICIÓN E O LIBRO DE JACOBO CAUSARON SENSACIÓN O DOCUMENTAL ELABORADO POR CHOURIZO FILMS EMOCIONOU. Portada do libro de Jacabo Dominguez sobre a Juventud Decenas de persoas déronse onte cita no edificio da Xuventude, o auditorio municipal de Cambados que noutras épocas foi sede do movemento de Acción Católica. O motivo non era outro que festexar o 75 aniversario do inmoble e o 80 aniversario da que foi, sen dúbida, unha das asociacións máis activas da localidade. Para iso elixiuse un 25 de outubro, data na que antigamente Cambados festexaba o Día de Cristo Rei. Da parte histórica encargouse Jacobo Domínguez Pedreira, que elaborou un libro, unha exposición e un documental na compaña de Chourizo Films e do seu director Rodrigo Piñeiro que recollen as mellores épocas e historias deste inmoble. Da emotiva, os mozos doutras épocas, que subidos ao escenario interpretaron poemas, tal e como se facía nos anos 30 e 40. Jacobo Domingo con Rodriño Piñeiro de Chourizo Films elaboraron o documental. O edificio da Xuventude forma parte activa da historia de Cambados. Construído por peditorio popular, poucas entidades tiveron tanta forza nesta localidade como o movemento de Acción Católica, promotor e propietario inicial destas instalacións. O inmoble foi construído nun terreo que María Valvanera Izquierdo , marquesa de Figueroa, cedeu aos veciños. Era unha parte da horta do antigo pazo de Bazán, hoxe en día Parador de Turismo. Nesta transacción tivo moito que ver Dolores do Val, alcumada A Francesa , que tamén contribuíu cunha partida económica. Na súa construción «participaron todos os mozos da localidade», asegura o historiador Jacobo Domínguez. Estas e outros moitas historias son recollidas no seu libro «A Juventud de Cambados, 75 anos de historia», cuxa presentación serviu para render homenaxe a esta parte tan importante da historia deste municipio. Un intre na inaguración da exposición UNHA IMPORTANTE ASOCIACIÓN Ás sete da tarde, o agora auditorio da Xuventude abriu as súas portas para mostrar unha exposición que trata de recompilar 80 anos de historia. Son imaxes da asociación Acción Católica, que se implantou na localidade en 1929. Promovida polo cura Jesús Rodríguez Cadarso, pronto se converteu nunha das máis importantes de Galicia e na organizadora de boa parte da vida cultural da localidade. Foi a primeira agrupación das súas características en dispor dunha sede como A Xuventude en toda España. Tiña un auditorio para 500 persoas -o dobre de capacidade do que ten agora o de Cambados- e no seu interior proxectábanse películas de cine -despois de que estas pasasen a censura-, celebrábanse veladas musicais e xogábase ao parchís, «porque as cartas dicían que eran perigosas», argumenta Domínguez. Ernesto Falcón, Juan Silva e Piluca Cunqueira, entre outros, nunha actuación na Xuventude. A mostra recolle aquelas imaxes que forman parte do recordo de moitos veciños da localidade, pois houbo épocas nas que a vida social non existía á marxe desta entidade. Tamén, obxectos curiosos, como as insignias ou as cuncas que utilizaban para o almorzo, así como roupas do párroco. «Todo o mundo estivo vinculado á Xuventude nalgunha época porque era o que había durante corenta anos», asegura Domínguez. Desta contorna xurdiron diversos clubs deportivos da localidade, como o de fútbol ou o de baloncesto. Domínguez e Rodrigo Piñeiro son tamén autores dun documental. Nel, o veciños da localidade rememoran historias sobre este inmoble e sobre Acción Católica. Para terminar coa homenaxe, mozas doutras épocas subíronse ao escenario. Acompañados de profesores do conservatorio leron e escenificaron diversos poemas, tal e como fixeron fai agora varios anos neste mesmo espazo. eles tamén foron parte da historia da Xuventude. Humor Grandecheo: TODOS SOMOS AFECCIONADOS. A VIDA É TAN CURTA QUE NON DÁ PARA MÁIS.Cambados 25 de outubro de 2009 COCTEL DE NOVAS DO TEATRO O ALBARIÑO
TEATRO Onte tivemos a sorte de asistir a estrea de obra “La Casa de Bernarda Alba”, por parte da Escola Municipal de Teatro, temos que dicir e aparte dos nervos da presentación ante o gran público, que poidemos gozar dunha noite de teatro , unha boa interpretación e unha boa posta en escena, quedamos sorprendidos gratamente sobro todo de rexistro que poden acadar algunhas persoas a hora de interpretar, dentro do bo ton xeral das interpretacións, xa que todas as actrices raiaron a gran altura destacar o papel da aztriz que facia de nai de Bernarda Alba, excepcional interpretación a desta muller. Se hai algo que criticar e a pouca experiencia teatral do público o rirse en escenas dramáticas, pero esto non deixa de ser anécdotico.
RETRANCA Se estades interesados en apadriñar unha páxina da revista de humor galego "Retranca" de Kiko da Silva por só 5 euros, podedes contactar coa libraría Ramón Cabanillas no tel.986 542952. Se o facedes estardes contribuindo a que unha revista de humor en galego siga manténdose no mercado por moito tempo.
ANISIA MIRANDA O outro día foi o pasamento da escritora Anisia Miranda, muller do gran escritor galego X.Neira Vilas. Os dous escritores foron homenaxeados en Cambados en xaneiro de 2007. Neira Vilas no seu último libro titulado "Lóstregos", adícalle un dos artigos a esta homenaxe e a súa visita casa museo do poeta cambadés, titulado "Na terra de Ramón Cabanillas", que remata decindo: "Foi moi reconfortante esta viaxe a Cambados".
CANDEA O luns comezan as II Xornadas “Cabanillas na Escola”. As persoas que non se matriculen poden asistir a algunha actividade libremente, e máis concretamente as seguintes CONFERENCIAS: Luns 26, ás 19 horas: Cabanillas tradutor. Esperanza Mariño Xoves 29, ás 18,30: Ramón Cabanillas e a construción dunha Patria e unha Lingua. Francisco Fernández Rey Xoves 29, ás 19,30: PRESENTACIÓN DO LIBRO: Agoiña milagreira. Tomás Ares Güimil (TESAL) Venres 30, ás 16,30: Ruta polo Salnés e visita ao Pazo Barrantes (Manuel Núñez)
AUDIS Onte podia ver esta curiosa estamba na Praza de Fefiñas, todos os coches aparcados son de marca Audi, o parecer habia unha concentración en el algún lugar preto da nosa vila e fixeran a correspondente parada nunha das Prazas máis bonitas de Galicia.
VIÑOS A Adega Martin Codax acaba de lanzar o marcados tres viños con tres nomes ven curiosos que son Alba unha nova marca de Albariño da adega, Anxo un raxul afrutado e exquisito e Mara un godello tamén de moi boa calidade podelos catar onte no Restaurante Pandemonium de Cambados. Humor Grandecheo: SE UN PROGRAMA É ÚTIL, POR ALGÚN MOTIVO DEBERÁ CAMBIALOCambados 24 de outubro de 2009 ISI VAAMONDE CONSIGUE O TOP OURO QUEDA ETERNAMENTE AGRADECIDO A CAMBADOS E COMARCA AS PAXINAS PRIVADAS MÁIS IMPORTANTES DE CAMBADOS AOPIARONO A FONDO. www.cambados.tk, www.cambadosweb.net , http://www.rifrockerz.blogspot.com/ e www.unhagrandechea.org.es, fixeron todo o posible para que o noso paisano Isi Vaamonde conseguira o Top Ouro do Top 20 música do famoso portal http://www.20minutos.es/ e máis concretamente en http://www.20minutos.es/musica/top/ , o estar tres semanas consecutivas de número 1, conseguiu preto de 2000 votos. A ver si esto lle sirve para lanzalo a fama e darse a coñocer a nivel estatal, dende logo que calidade non lle falta. Parabéns Isi, e aquí nos tes para o que faga falta. Humor Grandecheo; COMO DESEXARÍA ESTAR CONTIGO, TIRARME ENRIBA TUA, QUITARME A ROUPA, ESQUECER TODOS OS MEUS PROBLEMAS E PASAR A NOITE MÁIS FERMOSA O TEU LADO... “A MIÑA BELA “CAMIÑA”.Cambados 23 de outubro de 2009 UNHA GRANDE CHEA ORGANIZA UN GRAN EVENTO A “ II XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GALEGAS YOU TUBE” O 21 DE NOVEMBRO EN CAMBADOS O vindeiro 21 de Novembro a Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande Chea , e con motivo do Ano Cabanillas 2009, organiza na nosa vila a "II XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GALEGAS YOU TUBE" (a I Xuntanza tivo lugar en Lugo o ano pasado máis ou menos polas mesmas datas). A ela están invitados todos os amigos e amigas que teñan a súa canle en you tube en galego (tamén se admitirá obviamente os que a teñan en castelán e queiran acudir) , os actos van consistir no seguinte: 11 h.- Recepción dos amigo@s na praza de Fefiñans e entrega de panoleta conmemorativa. 11.30 h..- Poseo polo pobo no tren turístico. 12.30 h..- Visita o Pazo de Ulloa. 13.00 h.- Visita a Adega de Albariño "A Capitana". 13.30 h..- Recepción por parte do Sr. Alcalde os partipantes na xuntanza. 14 h. Traslado o hotel "Os Pazos" dos particIpantes para a súa acomodación. 14.30.- Xantar de Confraternidade no Restaurante "Os pazos", e o remate "Gran Gaiteirada". Polo serán se o tempo e permite paseo pola zona de viños de Cambados. 21.40 Cea no mesmo restaurante. Os interesados poden chamar o telefono 626669562 ou enviar un correo a unhagrandechea@hotmail.com
MOI IMPORTANTE. O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O VINDEIRO 20 DE NOVEMBRO ÁS 20 H. Humor Grandecheo: EVITE Os VIRUS, FERVA O COMPUTADOR ANTES DE USALO.Cambados 23 de Outubro de 2009 DÚAS “ACTRICES” DE CARACOL “PÁSANSE” A ESCOLA MUNICIPAL MONTSE GONZALEZ VILAS E ROSA MARY DEBUTAN EN “LA CASA DE BERNARDA ALBA” QUE SE ESTREARÁ O VINDEIRO 24 DE OUTUBRO AS 20.00 HORAS NO AUDITORIO DA XUVENTUDE. Montse e Rosa Mary. Dúas das principais actrices de Caracol, unha delas é a primeira actriz Montse Vilas na compaña da actriz secundaria Rosa Mary pásanse a Escola Municipal de Teatro, e con esta compañía van debutar o vindeiro 24 de outubro na obra “La Casa de Bernarda Alba”. Montse de forma accidental, alo menos é o que nos dixeron, e por unha baixa dunha das actrices da obra e por consello de Rosa Mary, esta sen embargo forma parte xa das dúas "compañías". Dende aquí desexámoslle sorte as dúas e por engadidura a Escola Municipal de Teatro na estrea desta importante obra. Humor Grandecheo: INTENTALO É O PRIMEIRO PASO PARA O FRACASOCambados 22 de outubro de 2009 UNHA GRANDE EXPOSICIÓN DE JACOBO DOMINGUEZ CONMEMORATIVA DO 75º ANIVERSARIO DO EDIFICIO DA JUVENTUD CATÓLICA O VINDEIRO DOMINGO 25 DE OUTUBRO ÁS 19 H., INAUGURACIÓN. 1.- Jacobo Dominguez "alma mater" da exposición. 2.- Chopi e Chon vistindo a camiseta da Juventud T.A.C nos seus tempos mozos.
O vindeiro domingo 25 de outubro as 19 horas vai ter lugar un dos actos mais importantes a celebrar este ano en Cambados, trátase da inauguración da exposición conmemorativa do 75º aniversario da construción do Edificio da Juventud Católica. Esta magna exposición ten un nome e non é outro que o do historiador cambadés Jacobo Domínguez Pedreira, fixo un traballo impresionante de recollida de documentos, testemuños, fotografías, datos, anécdotas en fin varios meses de traballo van ver a luz o vindeiro domingo. Con todo este traballo Jacobo tamén presente un libro conmemorativo do evento, de seguro que llo van quitar das mans.
Dia de Cristo Rey de 1975, de pe de esquerda a dereita: Pepe Cubeiro, Andrés Vieites, Oscar Fariña, Chon, Reboeiras, Jose Luis e Piño (falecido). Agochados: Ramón Padin, Sanchis e Eduardo. Equipo da Juventud T.A.C. 1975, de pe de esquerda a dereita: José Luis, Reboeiras, Eduardo Toniño, Andrés Ramiro. Agochados: Pepe, Sanchis, Roberto, Chon e Egidio.
Os que temos máis de corenta e cinco anos e podemos gozar da Juventud Católica sabemos o ben que o pasamos nese edificio , foron varias xeracións de xoves cambadeses que gozaron do edificio. Explicarllo os xoves de hoxe é un tanto difícil, porque agora teñen discotecas, pubs, consolas, ordenadores, infinidade de deportes etc. Pero antes non tiñamos nada e poder estar na rúa de 7 a 11 da noite todos os días sen que teus pais che dixeran nada e aínda encima estar reunidos todos xuntos homes e mulleres , iso non había cartos que os pagara. Dicir que neste edificio naceu o Club Juventud Cambados, o “Xuven”, o Club de Tenis, e moitos matrimonios.
1.- Procesión de Cristo Rey de 1976.- De esquerda a dereita, Chon, Eduardo, Roberto, Reboeiras e Oscar. 2.- Cabalgata de Reis de 1976, organizada pola Juventud, Chon de Rei Mago.
Dentro dos numerosos actos tanto relixiosos como pagáns que se van celebrar neste 75º aniversario da Juventud Católica vai haber unha xantar de confraternidade o vindeiro 22 de novembro as 14.30 horas no Restaurante Forniños de Cambados no que poderán participar todos os que dun xeito ou doutro estiveron ligados a este edificio. Pódense retirar as entradas na Caixa Rural (antigo Banco Zaragozano). Todos os que algún dia gozamos deste magnifico edificio agradecémoslle a Jacobo Domínguez Pedreira, o seu traballo, a súa intelixencia, a súa dedicación e por suposto esta magna exposición. Él e só él é o verdadeiro artífice da mesma. Parabéns Jacobo. Humor Grandecheo: CARIÑO, FAI TEMPO QUE NON ME COMPRAS ROUPA. -E DESDE CANDO TI VENDES ROUPA?Cambados 21 de Outubro de 2009 O BOSQUE MÁXICO DE TEATRO CARACOL A COMPAÑÍA DE CAMBADOS COMEZA O TRABALLO DA SÚA OBRA DESTE CURSO ESCOLAR Chon, Montse e Dominguez nun intre da obra do ano pasado. Este ano Caracol non contara con Dominguez por motivos personais. Unha bruxa enfeitiza a unha parella de panadeiros para que non poidan ter fillos. Para romper o maleficio, ambos terán que penetrar nun bosque e superar unha serie de probas. No seu camiño atoparán a personaxes dos contos populares centroeuropeos, como a Carrapuchiña Vermella ou a Cincenta. Este é o punto de partida de "Dentro do bosque", unha opereta de Stephen Sondheim que este curso versiona Teatro Caracol. A compañía empezou estos días o traballo e abriu o prazo para que os colexios e institutos do Salnés reserven praza para as funcións de abril. A compañía Teatro Caracol vén de iniciar o traballo para o seu espectáculo deste curso 2009 –10. Desta volta, o grupo escolleu a obra "Dentro do bosque", escrita a finais dos anos setenta polo norteamericano Stephen Sondheim. Humor Grandecheo: É MÁIS FINO QUE O PELELLO DUNHA MERDA.Cambados 21 de outubro de 2009 THE HENRY WARNIMONT E A SÚA “MAQUETA” XA TEN OS CATRO PRIMEIROS TEMAS COLGADOS EN www.myspace.com/thehenrywarnimont
Humor Grandecheo: SE COMO CAMIÑAS COCIÑAS CÓMOME ATA A POTACambados 29 de outubro de 2009 TORNEO 24 HORAS DE TENIS
Humor Grandecheo: O COMPUTADOR NACEU PARA RESOLVER PROBLEMAS QUE ANTES NON EXISTÍAN.Cambados 20 de outubro de 2009. XORNADA DA MEMORIA HISTÓRICA NO GROVE A REPRESIÓN FRANQUISTA: ENTRE A LIBERDADE DE INFORMACIÓN E O DEREITO AO HONOR ”CALLAR AL MENSAJERO” E “ROCÍO” A DEBATE NO GROVE O XOVES 22 DE OUTUBRO ÁS 20 H. 1.- Francisco Espinosa.- 2.- Dionisio Pereira.- 3.- Antón Mascato. A concellería de cultura do Concello do Grove organiza unha xornada de debate arredor da Memoria Histórica, concretamente sobre a represión dos investigadores, dos historiadores, sobre os que se intenta manter o silencio, cando non o medo. Esta actividade consta de dúas partes, a primeira será a presentación do libro “Callar al mensajero”, do catedrático Francisco Espinosa, no que se analiza o intento de silenciar aos investigadores levándoos aos tribunais de xustiza por recolleren as voces dos represaliados. Na obra son doce os casos descritos con precisión, entre os que se analiza o que afecta á familia de Ramón Garrido Vidal, á que un Xuíz de Cambados lles pechou -sen sequera escoitalos- a web na que incluían a memoria escrita do seu pai, nunha acción promovida polos descententes do ex alcalde grovense Joaquín Álvarez Lores. Outros casos analizados son os do historiador Dionisio Pereira, absolto das acusacións da familia do excalde falanxista de Cerdedo; ou o da directora de Documentais da Televisión catalana, Dolòrs Genovés, tamén absolta de graves imputacións nas que sinalaba aos responsables do fusilamento dun político catalán; casos que demostran que a liberdade de investigar, o dereito a saber quen foron os represores, está por riba do dereito ao honor que reclaman as familias dos responsables da represión que asolou a nosa historia recente. Nesta obra do profesor Espinosa, O Grove está moi presente xa que tal e como el mesmo dí na súa introdución "o antecedente inmediato deste libro foron as xornadas que se celebraron no Grove en setembro de 2007 co título “A represión en Galiza; o dereito a saber, e a liberdade de investigar”, que reuníu á maior parte dos afectados por demandas relacionadas co dereito ao honor; unha ocasión única para percibir o problema e contactar cos protagonistas deste libro". Temos neste libro as conclusións principais daquelas xornadas que marcaron un camiño de respecto para o coñecemento da Historia oral en relación coa represión franquista. A segunda parte desta xornada será a proxección da película máis censurada da historia da democracia española, “Rocío”, de Fernando Ruíz Vergara, que despois de ser xulgado por enfocar, e identificar, aos responsables dos crimes acontecidos nos anos da Guerra Civil nos lugares nos que se celebra a romería máis simbólica de Andalucía, tivo que padecer que a súa obra fose amputada pola lexislación vixente na transición. Fernando Ruíz decidíu entón que non se daban as condicións de liberdade e democracia, para continuar vivindo en España, polo que decidíu marchar ao exilio, en pleno proceso de Transición democrática. Unha película que supón por si soa un completo exercicio do estado da situación deste asunto que se move entre o dereito a investigar e informar e o dereito ao honor das persoas implicadas en feitos delictivos. Ao remate haberá un coloquio cos participantes na actividade. Esta xornada celebrarase na Casa da Cultura Lueiro Rey, o xoves 22 de outubro, ás 20.00 horas da tarde, e na mesma participan Francisco Espinosa, autor de “Callar al mensajero”; Dionisio Prereira, historiador; e o concelleiro de cultura, Antón Mascato. Humor Grandecheo: As PILAS DA CALCULADORA DE PETO, QUE DURARON TODO O CURSO, ESGOTARANSE DURANTE O EXAME FINAL DE MATEMÁTICAS.Cambados 19 de outubro de 2009 MANOLO PAZ “GALEGO DO MES” NOMEADO POLO GRUPO CORREO GALEGO FÁIXELLE ENTREGA DO GALARDÓN O VINDEIRO XOVES O chalequeiro de Unha Grande Chea, Manolo Paz, amigo e escultor ilustre de fama mundialmente coñecida , foi designado “Galego do mes de Maio” polo Grupo Correo Galego.Este grupo designa nunha gala , esta ano acada a 20ª edición, os galegos do ano 2009 no mes de maio este ano o galardón recaeu sobre o noso ilustre paisano, entre outros galardoados atópanse o ex-presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor, a actriz María Castro Jato ou o escritor Xosé Neira Vilas. O acto o cal está invitada a Asociación Unha Grande Chea, terá lugar o vindeiro 22 de Outubro ás 20.00 no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, o mesmo será clausurado polo Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo e actuará o Grupo de Cámara da Real Filharmónica de Galicia. Parabéns o noso ilustre chalequeiro. Máis información prmendo AQUÍ. Humor Grandecheo: UNHA VEZ UNHA VÍVORA MORDEU A Chuck NORRIS NUNHA PERNA. LOGO DE CINCO DÍAS DE AGONIZANTE DOR, A VÍVORA MORREU.Cambados 17 de Outubro de 2009 “O CINE EN CAMBADOS” XA ESTÁ NAS LIBRARIAS CAMBADESAS ONTE FOI A SÚA PRESENTACIÓN NA ADEGA MARTIN CODAX ADELA LEIRO E MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ FORON OS PRESENTADORES DO LIBRO Sabela Pillado presenta o seu libro sobre a evolución histórica do cine en Cambados
MÁIS COUSAS HOXE SÁBADO Hoxe tamén comeza en Cambados un curso de “Habilidades sociolaborais e administrativas” no Centro Cultural de A Merced e que se alongará ó 24 e 31 de outubro de 17 a 20 horas. A partires das 23 horas no Centro Cultural “Manuel Mariño Castro” de Oubiña e organizado pola Asociación de Veciños San Vicente vai ter lugar un Serán no que actuan ata des grupos no que se inclue comida e bebida, entre eses grupos está o noso, o Grupo de Gaitas Unha Grande Chea e Asociación Obradoiro Volandeira, e por último no Auditorio da Xuventude ás 23.00 horas concerto do grupo de Pop Rock “Marvel” . |
|
|