UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
QUEDAN HORAS PARA VER OS DESNUDOSQUEDAN HORAS PARA VER OS DESNUDOS...
MÁIS SOBRE DA GALA DE PRESENTACIÓN DO CALENDARIO
Matias Lequi e Terio Carrera
Confirmada a presenza de Matias Lequi o xogador máis famoso do Celta Vigo e do famoso presentador da Televisión de Galicia Terio Carrera, a gala de presentación do calendario a prol de Esperanza Salnés, dous outros famosos que xa falamos nesta páxina, a estas alturas aínda non se descarta a ningún pero por enfermidade dun familiar en Canarias é moi difícil que veña Valerón. En Canto a gala en si a expectación é cada día maior toda vez que moitísima xente está a preguntar polo ansiado calendario, o sábado descubrirase o gran segredo , non debemos de faltar a cita.
Tamén hai que destacar que entre os asistentes sortearase unha camiseta do Deportivo e outra do Celta de Vigo asinada por todos os xogadores. Para máis información sobre o evento podedes chamar os telefonos dos organizadores Rubi (649544969) e Perto (647583858). ---------------------------------------------------------------------------------------
CHEIROS
Cando o que parece permisividade chega a convertirse en silencio, encontrámonos ante unha sociedade desarmada na que parece que todo vale. Si ben e certo que xa se toleran mais cousas, tamén e certo que se toleran mais aquelas que deberían ter tolerancia cero, por eso resulta moi difícil cambiar certos malos hábitos sobre todo os que atentan contra certa moral establecida e contra as costumes. Todo eso fainos ser pouco tolerantes e fainos fácil ó calar ou ó ser permisivo cos que atentan contra os principios mais imprescindibles para a pervivencia da sociedade. Canto se vota de menos a algunhas voces criticas contra a droga, o furtivismo, a contaminación, o paro, a miseria, canto se vota de menos mais voces criticas que enseñen a ser mais tolerante, a ver dende outra perspectiva, a pensar, a ser mais libres. Parece como si a sociedade estivera morta. Parece como si o medo gañáralle o pulso á sociedade. Estamos asistindo a un aturdimento xeral da nosa sociedade a un conformismo venenoso que nos intoxica lentamente a todos. Da a impresión que en Cambados imos no vagón de cola, e que sentimos como algo nos vai arrastrando para chegar a algún sitio descoñecido, imprevisible e lonxano, do que ignoramos todo, e que nos dirixe o noso futuro sin ser protagonistas de nada. Tamén poidera ser que o tren, e dicir o vagón, esté parado e o que se mova sexa todo o que o rodea. ¿Poidera ser posible estar parado no Universo?. Poidera ser que os Cambadeses estemos contemplando expectantes, como as estrelas o sol e o resto do universo discurren diante noso en permanente, e aparente ordeado movemento, a que se pare. Resúltame escandalosamente triste comprobar como pasan décadas e a permisividade permanece no mesmo sitio. Penso que unha sociedade permisiva remata vendéndose por nada ou por pouco mais, tamén poidera ser que xa estivera vendida. Pero non pode existir un culpable, non, sería demasiado facil, e sería unha gran mentira. Si a responsabilidade e compartida e ineludible, si o silencio fainos culpables e a non acción tamén, entón non podemos eludi-la culpabilidade compartida. Cheira cambados, dende logo, pero hay moitos tipos de cheiros que a nosa nariz non capta, cheiros interesados, cheiros pouco finos, cheiros sucios, cheiros desagradables. Pero tamén hay cheiros mais desagradables, mais corruptos, mais letais que rompen as almas, que rompen familias, cheiros que fan chorar, cheiros que ninguen quere dicir que cheira, pero cheiros que apestan a derrota. Hai cheiros que poñen a punto a nosa solidaridade, cheiros que nos reunen ós amigos e estranos, a bos e a malos, a empresarios e a políticos, a altos e a baixos, a positivos con negativos, cheiros que nos igualan, son os cheiros a merda. Pero ¿os outros cheiros?, os cheiros a vergonza, os cheiros a enfermedade, os cheiros a droga, os cheiros a miseria, os cheiros a non ter traballo, os cheiros a inmigrante, os cheiros a racismo. Esos son os cheiros que son sempre olvidados, para os que non hay solidariedade, cheiros que non reunen a amigos, nin a politicos ni ó pobo, os cheiros a olvido, olvido que en determinadas ocasións fai perder a condición humana, olvido que deshumaniza, olvido que é directamente proporcional o interés do problema, olvido que practican algúns cando saturan en exceso e innecesariamente a información para conseguir caer no desinterés e no olvido, olvido que se olvida a se mesmo…. A nada.
Que mal cheira o cheiro a cinismo, o cheiro a olvido, o cheiro a abandono, a tristeza….. que mal cheira a nada. Anónimo.
--------------------------------------------------------------------------------------- ACTIVIDADES DO CENTRO COMARCAL SALNES
EXPOSICIÓN FEISMO ILUSTRADO
A exposición Feismo Ilustrado recolle a visión de catorce ilustradores e dibuxantes galegos sobre un problema que se ten feito oco na opinión pública. En palabras dá conselleira de Vivenda e Solo, Dª Teresa Táboas,.”A ilustración e ou humor gráfico teñen a virtude de deixar entrever, e mesmo, explicar, situación complexas cunha claridade e cunha nitidez que outros medios de expresión non son capaces de acadar”.
As ilustracións integrantes dá exposición, que se mostran en grande formato, son dá autoria de autores que contan cunha longa traxectoria de ollada crítica ao noso contorno social, económico e político, colaboradores asiduos de diversos xornais e editorias galegas e estatais: Forges, Siro, Jacobo Fernández, Ánxeles Ferrer, Frna Xarama, Xan López, Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Miguelanxo Prado, Miguel Robledo, Kiko da Silva, Alberto Vázauez, Óscar Villán e Xosé Lois. A exposición estará aberta ao público ata o 15 de decembro, incluidos domingos e festivos, en horario de 10 a 14 horas e de 17 horas a 20 horas os dias laborabeis e de 11 a 14 e de 17 a 20 horas os sábados, domingos e festivos.Os visitantes da exposición poderán levar,gratuitamente,reproduccións das ilustracións que conforman a exposición.
CINE
"A BIBLIOTECA DA IGUANA"
---------------------------------------------------------------------------------------
SINALES DE TRÁFICO
A primeira (Praza de Fefiñans) e clamorosa, prohibido aparcar en toda a praza e a praza chea de coches, a segunda (Praza de Fefiñans) nin caso a dirección prohibida e a terceira (Caleixón da Congostra-Rua Sevilla) , nin se sabe que sinal é.
---------------------------------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . DEPORTES 28/11/07DEPORTES
FUTBOL
CAMBADOS 1 - XUVENIL 0
Carmelo , autor do gol (Foto Unha Grande Chea)
Os partidos que "a priori" se preven fáciles logo complicanse e iso foi o que lle pasou o noso Cambados o domingo en Burgans, un pouco de exceso de confianza, doutra banda o balón non entraba, os minutos pasaban e o nerviosismo ia cundindo nos nosos xogadores, ata que apareceu Carmelo e sacaounos do apuro con tres novos puntos na clasificación na que estamos de cuartos a catro puntos do primeiro Marin e a dous puntos do segundo o Nigrán. Decir tamén en descargo dos nosos que o Xuvenil estase a reforzar dunha maneira significante. O vindeiro domingo desprazamonos a disputar un partido vital co segundo clasificado o Nigrán, xa que se se perdemos poñemonos a cinco puntos do mesmo en troques se gañamos pasamolle por enriba. Sorte os nosos xogadores.
---------------------------------------------------------------------------------------
UMIA 1 - CAMBADOS B 1
Formación do Cambados B, o pasado domingo fronte o Umia (Foto: Unha Grande Chea)
O pasado domingo os golfiños do Cambados fixeron un gran partido en Barrantes, todo loita e bravura, o Umia só puido empatar no tempo de desconto. Teñamos e mel nos beizos e o remate quitáronnolo da boca. Pero loitouse dende o primeiro intre do encontro ata un final, onde un dos poucos despistes defensivos que tivemos custounos o empate.Pese a todo estamos aí no cuarto posto da clasificación a catro puntos do primeiro o San Miguel.
E A VINDEIRA XORNADA O "GRAN DERBY"
Cartel do partido do vindeiro domingo, e o lado unha alineación do Salnés do ano pasado, nela podemos ver ata xeis xogadores do Cambados B , Varela, Iago. Chon, Manuel, Beni Vilas e Fari. (Fotos Unha Grande Chea)
O vindeiro domingo as 16.30 no Campo do Pombal a gran cita , o partido da máxima rivalidade, loita fratricida entre o Salnés e o Cambados B. De seguro que haberá un gran ambiente e será unha festa do fútbol cambadés. ¿E ti vas a perdelo?
---------------------------------------------------------------------------------------
XADREZ
MIGUEL PALACIOS MELLOR TERCEIRO TABOLEIRO DE GALICIA
O cambadés Miguel Palacios proclamouse mellor terceiro taboleiro de Galicia, categoría infantil, no VIN Aberto Escolar Peón de Ouro de xadrez celebrado en Mondariz o pasado fin de semana. O torneo consistiu nunha competición por equipos, compostos de tres xogadores cada un, e dá lugar a dúas clasificacións distintas: unha xeneral por equipos, na que Miguel alcanzou o terceiro posto como compoñente o Club Deportivo Universitario de Santiago, por detrás do Lucena de Vigo e do Xadrez Ourense. Outra clasificación é individual, por taboleiros. Palacios xogou de terceiro taboleiro, completando un torneo no que sumou seis puntos sobre sete partidas, o que lle situou empatado coa viguesa Mariña Aguirre. Para desfacer o empate disputouse un mach entre Mariña e Miguel ao mellor de tres partidas rápidas (sete minutos por xogador). Na primeiro partida, Miguel, con negras, alcanzou a vitoria ao forzar a caída de bandeira no reloxo de Mariña. Na segunda, Palacios, con brancas, conseguiu vencer máis facilmente á viguesa e así proclamarse por primeira vez mellor terceiro taboleiro infantil de Galicia. O seu compañeiro de equipo no CDU, o santiagués Anxo Carreira tamén se alzou como mellor primeiro taboleiro, sendo o vigués Rubén Alonso, do Lucena o vencedor no segundo taboleiro.
Ao torneo de Mondariz acudiron equipos de toda Galicia, así como un conxunto portugués, da localidade de Leiría. O próximo compromiso do cambadés sitúase no campionato zonal de Pontevedra Norte, a disputar o próximo mes de decembro en Vilagarcía. O fin de semana resultou redondo para Miguel, xa que mentres el conseguía a súa mellor clasificación no Peón de Ouro, os seus compañeiros do equipos de fútbol Infantil A de o Mocidade de Cambados vencían en Vilagarcía ao Arousa por un gol a tres, o que lles mantén á fronte da clasificación do campionato de segunda categoría provincial, contando todas as súas actuacións por triunfos. Agora os pupilos de Fernando tan só teñen ao Unión do Grove como rival máis perigoso. Texto e fotos: M.A.P.P.
----------------------------------------------------------------
NOTA INFORMATIVA DO CLUB DE TENIS DE CAMBADOS http://clubdeteniscambados.blogspot.com/ -Presentación da directiva -Estado actual da Tesorería, Subvencións (Concello, Deputación...) -Aprobación das cuotas anuais de socios, vantaxes nas actividades, clases, etc... -Alta do clube da RFET (Real Federación Española de Tenis) -Actividades 2008 (Liga de Inverno, Capionato Galego de Interclubs, Torneo Albariño, Torneo 24 horas,etc...) -Solicitude da utilización das instalacións municipais do Pombal. -Propostas, Rogos e Preguntas . Como se pode apreciar, un grande número de temas e de grande importancia, polo cal se roga a todos os cambadeses interesados en participar deste proxecto que acudan ao lugar na data e hora indicados para involucrarse e apoiar o deporte de base. ---------------------------------------------------------------------------------------
XUVEN 89 - C.B. CELTAS B.F.L. 71 Cómoda vitoria do Xuven perante un dos equipos punteiros da categoría, os amarelos víronse sobrados perante un Foz que puxo vontade e pouco máis. Con esta vitoria os cambadeses seguen no segundo posto da clasificación a tan só unha vitoria do líder o Pabillón de Ourense. Na vindeira xornada o Xuven desprazase a Vilalva para enfrontarse o titular da localidade. Claro favorito son os nosos mozos, pero nunca se pode confiar un. --------------------------------------------------------------------------------------- TENIS DE MESAJacobo e Karol en acción Xornada de descanso para o líder de 1ª división nacional, e nova exibición do Grupo Barros en 2ª, que venceu novamente por un rotundo 4-0 o A.C. Ordenes, equipo que ata esta xornada estaba empatado a victorias co cadro cambadés. Despois de gañar este partido, e xa van 5 consecutivos (catro por 4-0), os Ñajo, Fer e Toni están a unha victoria do 2º clasificado con moita liga por recorrer. Fotos e Texto: Quique Barreiro Martinez.
---------------------------------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . DESTA VAI A VENCIDAVAI DE ACONTECEMENTOS...
DIA 1, MES DE DECEMBRO HORA 20.00
" TENDE UNHA MAN"
(OU O QUE É O MESMO "O GRAN CALENDARIO")
Foto: Eduardo Apariz (www.cambadosenfotos.net)
Por fin xa sabemos definitivamente o día e hora do Secredo mellor gardado dos últimos tempos en Cambados: os espidos do calendario Pro Esperanza Salnés. Despois de meses de traballo tanto de Rubi, Perto, Alex e sobre todo do fotografo Eduardo Apariz, por vin o vindeiro sábados van saír a luz, a cita será no Auditorio de Cambados as 20 horas, todos os cambadeses, e repetimos ¡¡¡TODOS!!! ese día máis que nunca temos que encher o Auditorio, porque que mellor causa que recadar fondos para nenos deficientes. Cambados o sábado ten que dar a talla. O prezo do calendario será de DEZ euros.
Invitacións tanto para acudir o acto como para ir o catering de Discoteca Zao, que fixeron chegar os organizadores a Unha Grande Chea.
Valerón, Pereiro, Karpin e Eugenio Giraldez.
O acto están invitades entre outras personalidades da cultura e do deporte, Valerón , xogador do Deportivo, Oscar Pereiro gañador do Tour de Francia, Karpin ex-xogador de futbol de primeira División ou o presentador de Localia e de Radio Pontevedra Eugenio Giraldez , que probablmente será quen conduza o acto, ainda que estas alturas non todos confirmaran a súa presencia. Tamén estárá presente o presidente de Esperanza Salnés: Augusto Chaves, e autoridades politicas do noso concello. Os organizadores pregan puntualidade xa que se prevee un cheo abosluto. No escenerario iranse vendo unha a unha as fotos do calendario así como un video de cada grupo confeccionado polo cineasta cambés Rodesio, director e alma mater de "Chourizo Films".
Para nos, UNHA GRANDE CHEA, foi un pracer posar desnudos para os rapaces de Esperanza Salnés. Para máis información sobre o evento podedes chamar os telefonos dos organizadores Rubi (649544969) e Perto (647583858). ----------------------------------------------------------------
ISAAC DIAZ PARDO FOI DEBIDAMENTE HOMENAXEADO POLOS LIBREIROS CAMBADESES E UNHA GRANDE CHEA ESTIVO ALI.
De esquerda a dereita, a Concellala de Cultura de Cambados Anabel Carro, Moncho Argibay, Isaac Diaz Pardo, a súa dona e Antón Mascato. (Foto UNHA GRANDE CHEA)
Outro novo éxito de organización a cargo da Asociación dos Libreiros de Cambados, desta vez homenaxeábase o polifacético Isaac Diaz Pardo. Despois dun percorrido no tren turístico de Cambados a comitiva chegou o Auditorio da Xuventude con puntualidade, na entrada foron recibidos o Presidente dos Libreiros Moncho Argibay, Isaac Diaz Pardo e señora o seu amigo Antón Mascato, pola concellala de cultura do concello de Cambados a Sra. Carro. De seguido abriron o acto Paula Nogueira e Magoia Bodega coa interpretación dun peza musical, seguidamente nun breve pero conciso discurso Moncho Argibay glosou a figura do homenaxeado o mesmo tempo que lle daba a benvida a Cambados. Seguidamente tomo a palabra Antón Mascato concelleiro do Concello de O Grove, membro da Asociación da Memoria Histórica do Grove e amigo persoal de Isaac Diaz Pardo, quen dou un repaso pormenorizado a vida do seu amigo sen esquecerse de citar o asasinato do seu pai a mans dos fascistas, un discurso cheo de emoción que se fixo curto.
Na foto da dereita Neira Vilas e na da esquerda o honmenaxeado con Tino Vaz, Magoia Bodega e Paulo Nogueira.( Fotos: UNHA GRANDE CHEA).
Despois tomou a palabra Neira Vilas quen tamén se adentrou na figura do seu amigo. Por último e despois de recibir un agasallo dos libreiros e do Concello de Cambados, subiron o escenario Isaac Diaz Pardo e señora quenes foron aplaudidos durante varios minutos, home modesto don Isaac quen se quitou todos méritos postos polos anteriores interlocutores, contando unha serie de anécdotas que fixeron rir o publico. O acto rematou dunha maneira fermosa Tino Vaz acompañado por Magoia Bodega e Paulo Nogueira interpretaron de maneira maxistral o romance de Maruxa adicado especialmente o homenaxeado. Así como outras veces criticamos o Concello temos que destacar a presencia de Anabel Carro, que en todo momento estivo a altura das circunstancias, ogallá a nosa concellala de cultura siga por estes derroteiros. Entre o numeroso público asistente podemos atopar o académico Francisco Fernández Rei o escritor Ramón Caride o Concellal do P.S.O.E. Rafael Blanco Guerreiro o concellal do BNG Vítor Caamaño, o xurista e presidente da Asociación da Memoria Histórica do Grove Avelino Ochoa, o líder comarcal do BNG Duarte Correa e outras personalidades da política e da cultura comarcal. Por suposto entre os asistentes tamén se atopaba o Secretario da nosa Asociación Chon. UNHA GRANDE CHEA TV, tamén estivo. ESPERANZA SALNÉS E OUTRAS NOVASESPERANZA SALNÉS E OUTRAS NOVAS
1 DE DECEMBRO PRESENTACIÓN DO CALENDARIO A PROL DE ESPERANZA SALNÉS
Os medios de Arousa A voz, Faro e Diario fixeronse emplo eco da portada do calendario e do seu lema "Tende unha man"
Definitivamente o vindeiro sábado un de decembro é o dia sinalado polos organizadores da realización do calendario a prol de Esperanza Salnés para facer a gala presentación. Aínda que por estas datas estanse ultimando detalles da gala, temos que dicir que se vai celebrar no Auditorio da Xuventude e probablemente sexa presentada por Eugenio Giraldez coñecido presentador de Localia Pontevedra e Radio Pontevedra, isto aínda está por confirmar.
Eugenio Giraldez presentador de Localia Pontevedra e Radio Pontevedra e Rafael Blanco Guerreiro duas das perxonaxes públicas que sean no calendario espidos (Fotos Unha Grande Chea e PSOE)
O que si é seguro é que Eugenio Giraldez sairá espido nunha das fotos do calendario o parecer no foto realizada no campo de golf de Castrove. Outra das persoas públicas que tamén saen no calendario é o concelleiro do PSOE cambadés Rafael Blanco Guerreiro. Polos organizadores están previstos máis actos dos que iran informando a todos os medios de prensa oportunamente, nos imos informado do pouco que se vai sabendo dos actos, porque parece ser que tamén estase a tratar asistencia de algún que outro deportista famoso.
Na primeira das fotos (Faro de Vigo) podemos ver catro representantes dos distintos colectivos que se espiden, e na segunda (A Voz de Galicia )podemos ver o fotografo Eduardo Apariz e os organizadores do evento, coa portada co calendario.
--------------------------------------------------------------------------------
UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA EN EXCLUSIVA MUNDIAL O SUA CANCIÓN MÁIS FAMOSA EN VIDEO CLIP: "O SIDA"
Si queridos amigos, por primeira vez e en exclusiva mundial UNHA GRANDE CHEA TV presente o vídeo clip da nosa canción máis famosa, composta no entroido de 1986. Como xa sabedes trata dunha persoa que vai percorrendo algúns establecementos hostaleiros cambadeses (algúns xa non existen) e como por motivos hixiénicos vaise contaxiando da enfermidade do Sida coma sempre visto dende o punto de vista do humor.
----------------------------------------------------------------
O 20-N DEBIA SER CONSIDERADO O DIA NACIONAL DA ESTUPIDEZ
Afortunadamente hai cada vez menos nostalxicos fanáticos franquistas que se manifestan no 20-N no Val dos Caídos, son unha especie a extinguir, a intolerancia , o fascismo, a estupidez iso todo representado na cara do ditador está a pasar a mellor vida. Logo 20-N día do estúpido.
---------------------------------------------------------------- DEPORTES 20/11/07DEPORTES
FUTBOL
SP. GUARDÉS 1 - CAMBADOS 1
Simón novamente goleador (Foto: Diario de Arousa)
O Cambados desta vez conseguiu un empate na Garda, e menos mal, xa que empatamos no derradeiro minuto do encontro, e curiosidades do destino no desconto fallamos un gol que nos podía dar a vitoria. Non damos despegado fora a estase a converter na nosa sinatura pendente. Pese o empata estamos a catro puntos do líder Marín , no sexto posto da clasificación. vindeira xornada visítanos en Burgans o Juvenil quen ocupa o derradeiro posto da clasificación, en principio parece un partido doado, pero non nos debemos confiar.
CAMBADOS B - 8 - XIL 0 Xulián nun intre do encontro. (Foto: Unha Grande Chea) O Cambados B non tivo rival no Xil equipo que só lle aguantou 10 minutos, a partires de entón a só quedou un equipo no campo que xogaba o seu antollo. Pese a goleada imos destacar a labor dun defensa con moito futuro o xuvenil de primeiro ano Xulián quen fixo un encontro moi completo tanto en defensa como en ataque, todo un exemplo. Equipo do Cambados B que formou onte contra do Xil (Foto: Unha Grande Chea) Con este resultado seguimos quintos na clasificación a tan só dos puntos do líder Deiro. A vindeira xornada espéranos un partido difícil xa que nos enfrontamos a un dos claros favoritos o ascenso o Umia, entón xa atoparamos moitos máis problemas, pero esperemos acada un resultado positivo. ---------------------------------------------------------------- TENIS DE MESA (Foto Quique Barreiro Jr.) Novo luns, e seguen as boas novas para o tm cambadés. Raquel xogadora do Insurcapi e Toni xogador do grupo Barros (Fotos Quique Barreiro Jr.)
Unha colaboración de Quique Barreiro Jr.
----------------------------------------------------------------
BALONCESTO
XUVEN 86 - ESTUDIANTES DE LUGO 71
Miguel Sineiro (Foto: Faro de Vigo)
O Xuven despois de derrotar o líder está intratable o o Estudiantes de Lugo non lle fixo sombra saíndo derrotados por quince puntos de diferencia con este resultado o Xuven afianzase na segunda praza da clasificación. O vindeiro sábado volta a xogar no Pombal as 19.00 fronte o C.B. CELTAS BFL.
----------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . O CUMPRE DE XOCASO NOSO XOCAS CUMPRE 40 ANOS , XA É UN HOME
Fotomontaxe UNHA GRANDE CHEA
O vindeiro sábado o Xocas , o noso gaiteiro maior, o cerebro do grupo, o manitas, fáisenos un home e cumpre 40 anos,ben merece un titular no nosa páxina. Alí estaremos os seus amigos para arroupalo e pasalo ben con él nese día. Moi peculiar a invitación que nos pasou e que podedes ver na nosa portada e a parte dianteira que ilustra este artigo. Felicidades Xocas.
----------------------------------------------------------------
O ALCALDE INVITA A UNHA GRANDE CHEA A UNHA CHARLA
O noso Alcalde por medio da concellala de Cultura e tamén José M. Siso Bartomé presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico invitan a nosa Asociación o foro de debate que terá lugar o xoves día 15 de novembro, ás 20,30 h., no Auditorio de A Xuventude, baixo o titulo "Cocaína, Consumo e Prevención".
----------------------------------------------------------------
O CAMBADÉS DE ADOPCIÓN RAMÓN CARIDE PREMIO "LUEIRO REY"
Foto Internet
O cambadés de adopción Ramón Caride foi premio "Lueiro Rey" 2007 cunha novela histórica, e por unanimidade do xurado. A obra narra a vida dun señor feudal que acaba sendo abade no mosteiro de Oseira. O saberse gañador Ramón dixo "Levaba bastante tempo con relatos e estou contento porque esta obra era a miña reincorporación á narrativa para adultos".
----------------------------------------------------------------
DESCUBRE O ERRO
Nas dúas fotos que imos a amosar do salón de plenos de Cambados realizada por www.cambados.tk, na foto co lacada en segundo lugar hai con respecto a de arriba un enorme erro a ver se o descobres. Damoche unha pista o erro é de cór vermello e amarelo.
----------------------------------------------------------------
O VIDEO NO VOLVERÉ "SALESE"
Feito o 14 de novembro as 00.14 horas. Preto de acadar as 30.000 visitas o vídeo de Chourizo Films "No volvere" estase a facer famoso xa a nivel estatal. Pola nosa banda dicir que sube con forza outro vídeo da nosa creación "Os curas tamén saben dar hostias" que pasa do posto 17 o sexto no prazo dun mes. No aspecto negativo dicir que "Unha monísima baixada o pilón" entra despois de varias semanas en postos de descenso .
DEPORTES 13/12/07DEPORTES
FUTBOL
CAMBADOS 2 - MARCÓN 0
Jacobo e Mané en acción (Fotos: Faro de Vigo).
O Cambados volveu a dar a cara este fin de semana na Merced, este vez a súa vítima foi o Marcón. Nunha primeira parte case maxistral o Cambados borrou do campo os pontevedreses. Na segunda parte o Cambados adicouse a aguantar o resultado e saír o contragolpe. Grazas a este resultado poñémonos de oitavos pero tan só a dous puntos do líder Marín. Estase a converter nun tópico pero esta categoría está moi igualada. A vindeira xornada desprazámonos a Garda para enfrontarnos a Guardés, esperemos que desta vez deamos tamén a cara fora, está e a nosa sinatura pendente.
---------------------------------------------------------------------------------------
PONTEARNELAS 2 - CAMBADOS B 5
Chon , Vilas e Fari , destacados na segunda parte como o resto do equipo (Fotos: Unha Grande Chea)
Un partido un tanto raro o xogado o domingo polos golfiños do Cambados. Unha primeira parte calamitosa, e esta adxectivo é suave, non daban unha, a defensa era todo auga , sobre todo polo centro Pablo e Chón facian auga, pero non eran eles solos era todo o equipo. Así é que nos fúmoos a caseta con 2-1 a prol do Pontearnelas. O charla de Mara nos vestiarios durante o descanso foi dura pero efectiva, e así foi que na segunda parte o Cambados trocou totalmente o Cambados afianzouse a defensa fortaleceuse destacando o xuvenil Vilas que entrou na segunda parte. Fari autor de dous goles a punto estivo de facer o hard-trick. Na segunda parte o Cambados B , foi moi superior liderados por un Beni Pomares intratable. Na segundo parte hai que destacar a todos e sobre todo a súa actitude. Upámonos a quinta praza pero tan só a dous puntos do Deiro, e o domingo recibimos na casa Xil, a "priori" rival alcanzable, pero non nos debemos confiar senón pódenos pasar o que ocorreu na primeira parte en Pontearnelas ou na segunda do Chispa. Hai que saír concentrados sempre.
----------------------------------------------------------------
TENIS DE MESA
Partido de dobles (Foto : Quique Barreiro) e Karol en acción (Foto Faro de Vigo)
Despois do parón da semana pasada, volveu a competición de tenis de mesa con resultados dispares dos equipos cambadeses:
En 1ª división o Estabecimientos Otero mandou a Jacobo, Karol e Edu a Valladolid e Burgos que saldaron cun dobre 0-4, que di moito do estado de forma do equipo Cambadés. O máis salintable foi a victoria de Edu ante Hortal, xogador vallisoletano que o precede no ranking estatal. O Grupo Barros de 2ª gañou con mais claridade do previsto o Náutico de Vigo con un contundente 4-0. Ñajo, Fer e Miguel (que supleu a Toni) acadaron un importante victoria ante un dos rivais pola fase de ascenso. Peor foron as cousas en 1ª galega con derrotas en Vilagarcia por 1-4 do Caixanova, que se desprazou con Jandrús, Padín e Jorge e do Joyería Enrique que perderon en Narón por 2-4 e 3-4. Estas dúas derrotas son moi perigosas de cara o obxetivo de manter a categoría. Noutro dobre desprazamento a Vincios, o equipo de 2ª galega perdeu por un dobre 4-2 ante dous rivais que loitarán polos postos de privilexio da categoría. Victoria en Monforte por 2-4 do equipo das miniñas, e derrota por 4-1 dos rapaces no Grove ante os Mecos. No tocante ó Rabade Tm, desprazamento asturiano, no que se acadou unha dobre victoria por 1-4, con especial importancia do segundo ante o Castrillón (rival directo para a fase) Unha colaboración de Quique Barreiro Jr.
----------------------------------------------------------------
BALONCESTO
CAFEGAL PABILLON 66 - XUVEN 74
O Xuven deu a "sorpresa" en Ourense, o impoñerse por un rotundo 66-74 a domicilio ante un líder que estaba intratable. Repóñense así dun xeito espectacular a dúas derrotas consecutivas os amarelos. O homes de Doval xogaron un bo encontro. Os cambadeses foron os únicos ate o de agora capaces de facerlle dobrar o xeonllo os ourensáns. A vindeira xornada visítanos o Estudiantes do Lugo que está con cinco vitorias e catro derrotas, nos con sete vitorias e dúas derrocas colocámonos de segundos na táboa de clasificación. O partido da vindeira xornada xogarase o sábado no Pombal as 19.00 horas.
----------------------------------------------------------------
ESTAS NOVAS DEPORTIVAS FORON PATROCINADAS POR:
----------------------------------------------------------------
O 24 DE NOVEMBRO TEMOS UNHA CITA COA SOLIEDARIDADEO 24 DE NOVEMBRO TEMOS UNHA CITA COA SOLIEDARIDADE
www.cambadosenfotos.net tiña que dar a nova e tiña que ser esta páxina a primeira en publicar a portada do calendario. A portada parecenos simplemente maravillosa, xenial, intelixente e moi expresiva, emociona ver esas duas mans, e nese xesto resumese o traballo dunha xente ¡¡¡Soliedaridade!!!. Esto ten que ser un éxito sen precedentes e os cambadeses, de todas ideoloxias, temos que demostrarlle á Galiza que non só temos que sair nos medios de comunicación por cousas desgraciadas, senón que tamén somos quen de sair nos medios de prensa por cousas tan maravillosas como esta.
Eduardo Apariz (Foto: Faro de Vigo) "Tende unha man" e o lema escollido polos organizadores, moi apropiado a vista da portada do mesmo e a quen vai destinada a axuda, os rapaces discapacitados de "Esperanza Salnés" Polo tanto a tarde baixa do 24 de Novembro no Auditorio de Cambados, temos "Unha cita coa soliedaridade", todo Cambados deberia estar ali. Segundo nos contaron a foto de Unha Grande Chea vai no mes do febreiro o mes do Entroido por excelencia, segundo nos comentou Eduardo a foto está "de cine". Por último destacar o traballo totalmente altruista de Eduardo Apariz , e estamos ansiosos por velo. ----------------------------------------------------------------
DE CABANILLAS E OUTRAS COUSAS...DE CABANILLAS E OUTRAS COUSAS...
O GRUPO ILIRIA DE TEATRO EN OUBIÑA
A portada do Triptico e un momento da actuación ,nunha das obras que representan, de Manolo Pillado (Foto: Iliria Teatro)
O Grupo Iliria Teatro presenta o vindeiro día 18 de Novembro as seis da tarde nos locais da Asociación de Veciños de San Vicente de Oubiña a obra "Delirios de Humor" que consta tres obras curtas de Antón Chejóv "O Aniversario", "Tráxico á forza" e "Sobre os males que provoca o tabaco". Isto ademais de ser noticia polas actividades que ven desenrolando neste Magosto a devandita Asociación de Veciños e para nos tamén e con moito orgullo por unha dos actores principais desta compañía e o tesoureiro da nosa Asociación Manolo Pillado, como sabedes todos gran afeccionado o teatro e moi bo actor, e compoñente tamén da Compañía Caracol de Cambados. Manolo Pillado interpretado o terceiro dos curtos "Sobre os males que provoca o tabaco" un monólogo. Podedes recoller máis información desta compañía de teatro na seguinte páxina web www.iliriatreatro.com . Tamén dicir que esarán facendo a mesma representación en Ribadumia os días 23 e 30 do presente mes de novembro. --------------------------------------------------------------------------------------- O PLENO DE CABANILLAS
A futura escultura de Cabanillas (Foto: A Voz de Galicia)
O día nove de novembro pasado tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Cambados un monográfico sobre o Ano de Cabanillas, o final tras un pequeno debate chegouse o acordo de que se nomearán dúas comisións, unha executiva e outra que conte con diversas personalidades e colectivos sociais e culturais , e as dúas coordinadas por Francisco Fernández Rei e Luís Rei dúas das persoas que hoxe en día máis saben do noso insigne escritor. Chamounos a atencións tres cousas:
1º.- Que o autor da escultura que se lle vai facer a Cabanillas e escultor de Mos Lucas Miguez, e agás que Francisco Leiro ou Manolo Paz os dous escultores universais cambades houberan renunciado a facela coidamos que calquera dos dous debería ser o autor da mesma.-
Os esculturores Luscas Miguez, Leiro e Manolo (Fotos: paxinas dos mesmos)
2º.- Que non estivera presente no pleno ningunha Asociación Cultural do Pobo agás Unha Grande Chea que estaba debidamente representada polo seu Secretario xa que o presidente atópase de viaxe e a Asociación de libreiros representada por Moncho Argibay. Como unico representante dos centros docentes, aparte de Victor Caamaño pola sua condición de concellal, era Tino Pardo do Colexio de Santo Tomé.
3º.- Que non estivera presente no pleno ningún familiar do escritor, e non décimos isto con "animus criticandi”, senón todo o contrario.
---------------------------------------------------------------------------------------
Recorte da Voz de Galicia e fotomontaxe de Unha Grande Chea
A Voz de Galicia fíxose amplo eco da nosa idea de celebrar un festival que denominaremos "Cheavisión". Grazas como sempre os nosos amigos da Voz e en especial a Maruxa Alfonso. Como vos decímaos seguiremos informando a medida de que teñamos novidades. A nova feita por Maruja decia:Unha Grande Chea dedica o seu entroido a Eurovisión«Cheavisión» é o título do festival que organizará a comparsa cambadesa o próximo 1 de febreiro en Zao.
Os integrantes da comparsa Unha Grande Chea están que non paran. Cando aínda non pasaron as festas de Nadal, eles xa están pensando no entroido. E é que este ano, advirten, celébrase a principios de febreiro. Aínda que aínda non teñen completo o programa de actos, si saben o tema que centrará os seus festexos do venres de entroido, que será o próximo 1 de febreiro. Celebrarán unha simpática edición do popular festival de Eurovisión. Unha festa que xa bautizaron como Cheavisión .
Fotomontaxes de Unha Grande Chea
A temática do guateque, que volverá celebrarse na discoteca Zao, non foi elixida ao azar. Aseguran os integrantes da comparsa cambadesa que no 2008 cúmprense corenta anos desde que o famoso LA,LA, LA de Massiel triunfase en Eurovisión. Por iso optaron por celebrar a súa particular versión deste entrañable festival co fin de render a súa pequena homenaxe tanto ao certame, como a todos os artistas que pasaron por el.
Petición de axuda: Como sempre, a comparsa invita a todos os veciños do municipio a sumarse á súa festa. E ata pide a todos os grupos e solistas que queiran intervir no mesmo, que así llo fagan saber. Os interesados poden porse en contacto coa comparsa no 626 669 562 ou a través da dirección de correo unhagrandechea@hotmail.com. Alí poderán reservar un oco para actuar en Cheavisión .
Advirten nunha Grande Chea que todos os artistas que queiran subirse ao escenario deberán interpretar unha das miles de cancións que soaron algunha vez neste festival, sexa española ou de calquera outro país. Tamén poderán facerse particulares versións destes temas. A comparsa anima a todos os interesados en participar en comezar cos preparativos pois, explica na súa páxina web, «dous meses pasan voando».
O FOTOLOG DE MARIA
A nosa María, "María a de Domi" acaba de inaugurar fotolog , e aquí o presentamos en sociedade , benvida a mundo fotologuiano e seguirémoste todos os dias , a súa dirección é a seguinte: http://www.fotolog.com/domingezpedreira . --------------------------------------------------------------------------------------- UNHA GRANDE CHEA TV. PRESENTA: Unha Grande Chea TV vai presentar as súas cancións en video , unha a unha, comenzamos por "Que será da nosa ria", intepretada por Unha Grande Chea, destacando a voz inconfundible de Domi. Esta canción foi feita no Entroido de 1987 e era un intre en que a ria padecia certa convulsión , e pena que hoxe en día a canción está de plena actualidade. O video como se di no mesmo e unha pequena homenaxe os nosos mariñeiros e mariscadoras.
Papigil presentanos o seu novo video:
GRUPO DE BAILES POPULARES "IAR"
---------------------------------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . que ven eurovisiónFALTAN TRES MESES PARA O ANTROIDO
¡¡¡QUE VEN CHEAVISIÓN!!!
Tabuyo, Victor e Touris en Cheavisión (Fotomontaxe: Unha Grande Chea)
Aínda que faltan tres meses para o Entroido (este empeza o 1 de febreiro venres), xa vos imos poñer en antecedentes do que van ser os actos do Venres na Discoteca Zao. Co gallo de que se cumpren 40 anos de que o "La,la,la" de Massiel gañara Eurovisión, nos querémoslle facer unha pequena homenaxe e tamén queremos facer o noso festival que denominaramos "CHEAVISIÓN". Polo que queremos animar a todos os grupos cambadeses e tamén solistas que queiran participar no evento que nos chamen ou ben o telefono 626669562 ou ben mandando un correo a unhagrandechea@hotmail.com . En principio, xa iremos informando continuamente do tema, cada grupo ou solista terá que interpretar un tema que se houbera oído en Eurovisión tanto español como estranxeiro, si queredes "versionados" a vosa maneira. É moi importante que vos vaiades "poñendo as pilas" buscar o tema en internet ou falar cos vosos pais os que sedes máis xoves, porque tres meses pasan voando. Animádevos.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
SETE VIDEOS DE UNHA GRANDE CHEA TV PASAN DAS MIL ENTRADAS E EN XERAL SUPEREMOS AS 30.000 VISITAS.
(Foto montaxe: UNHA GRANDE CHEA)
UNHA GRANDE CHEA TV (http://es.youtube.com/unhagrandechea) pasa a dia de hoxe das 30.000 visitas dos máis de 70 vídeos que temos "en antena" . Sete dos nosos vídeos superan as 1000 visitas, iso amosa o interese da xente polas nosas actividades, esperamos seguir coas nosa actividades e seguir agradando a xente sempre con vídeos que non "molesten" nin estorben a ninguén.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PAULO NOGUEIRA E MAGOIA BODEGA POÑEN MÚSICA A HOMENAXE A DIAZ PARDO Paulo Nogueira e Magoia Bodega (Foto: O Quiquiriqui).
Complementando a homenaxe a Diaz Pardo que os libreiros cambadeses lle van facer a Isaac Diaz Pardo o vindeiro 25 de Novembro , como non ia a ser menos tamén vai haber música galega a cargo de:
Paulo Nogueira: mestre de educación musical no CEIP Magaláns-Dorrón (Sanxenxo). Membro do grupo "Gaiteiros Treixadura". É autor, xunto con Héctor Silverio e Carlos Rey, do libro-dvd recentemente publicado sobre "Os Campaneiros de Vilagarcía". Xunto con Magoia Bodega elabora materiais didácticos para traballar a música galega na escola. E que decir de Paulo como gaiteiro, moi pouco porque el fala coa gaita e cos seus traballos e que ben fala co grupo Treixadura.
Magoia Bodega: mestra de educación musical no CEP Chancelas (Poio). Foi compoñente durante 10 anos do grupo "Muxicas". Ten feito diversas colaboracións con músicos coma Rodrigo Romaní ou Susana Seivane. Participou como solista e compositora no libro "De pano sedán", e unha gaiteira impresionante, e xunto con Paulo cando pode tamén na vemos disfrutar na festa do Albariño facendonos bailar coas suas gaitas.
Paulo con Magoia e Segundo Grandio levaron a cabo a Producción artistica do magnifico album de Nadal “O Quiquiriqui”, entre infinidad de traballos.
Aconsellamos dende este foro non vos verdades a actuación porque non é doado ver a dous maestros exhibindose coa gaita.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
EXPOSICIÓN DE JOSE MANUEL CASTRO EN "BORRÓN 4"
O vindeiro venres os as 20.3o horas inauguración na galeria Borrón 4 do escultor José Manuel Castro. CURRÍCULUM DO ESCULTOR: JOSÉ MANUEL CASTRO.Vilasuso, Ponteceso 1.959 Exposicións 1983. Bienal de Arte de Pontevedra (Novos Valores). PRIMEIRO PREMIO 1984. “ Encontros no Espacio” Itinerante: Santiago, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Ourense “Imáxenes dos oitenta”. Santiago “Hierro y Piedra “ Galería Fernando Vijande. MADRID. 1985. “Identidad atlántica en el espacio“. Galería Lola Durán. Pontevedra “Joven plástica gallega “ Galería Rafael Ortiz. Sevilla “Galicia en el ruedo. Plaza de Toros de Málaga. “Cara ó futuro “ Vigo VIII Bienal Nacional de Arte. Pontevedra. 1986. “1990 Becas e adquisicións “. Kiosko Alfonso. A Coruña “Dimensións Atlánticas “. A Coruña VII Bienal Internacional de Arte. Pontevedra. VIII bienal “Ciudad de Zamora”. Escultura Ibérica Contemporánea. V Bienal de Arte “Ciudad de Oviedo” . 1987. “Antopoloxía e memoria”. Visión actual de arte galega. Fundación Gulbenkian. Lisboa. Memoire d’une actualité. “Lithocratophanique”. París 1988. “Dimensións Atlánticas” Esculturas na rúa. U.I.M.P. A Coruña 1989. I Mostra Unión Fenosa. A Coruña 1990. “Revisión dunha década” 1978/1988.Arte Galega. Auditorio de Galicia. Santiago Casa das Artes e da Historia. Vigo II Mostra de Escultores Galegos. Ourense. 1991. II mostra Unión Fenosa. A Coruña. 1992. “Pintores e Escultores Galegos na Expo 92”. Sevilla “Novos Valores”. Memoria dunha década 1982-1991. Pontevedra 1995. “Mar de Fondo”. Trinta artistas por Galicia. 1997. “Galicia Terra Única”. Santiago. Lugo 2005. Galería Borrón 4. Cambados. Pontevedra. 2006. “DEARTE” Feria de Galerías Españolas. Madrid. Galería Borrón 4. Puro Arte. Vigo. 2007. “DEARTE” Feria de Galerías Españolas. Madrid. Galería Borrón 4.Arte Sevilla. Sevilla.Senda de Preda. Fundación FEIMA. Madrid.Galería Borrón 4. Cambados. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- CENTRO COMARCAL DO SALNÉS: SALA DE EXHIBICIÓN ALTERNATIVA SON 8 AS PELICULAS SELECCIONADAS QUE SE PROXECTARÁN ATA DECEMBRO NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS. Centro Comarcal do Salnés-Rede de Dinamización da Sociedade da Información.
Fotolog: Abre os ollos ao Salnés.
CORBILLÓN NO CIFRAS E LETRAS DA GALEGA (Foto: Unha Grande Chea) Santi, de Corvillón tivo unha moi boa actuación no Cifras e Letras da galega, deixou ben alto o pavillón cambadés. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
DEPORTES 07/11/07DEPORTES
FUTBOL
POIO 3 - CAMBADOS 0
Eduardo Carregal entrenador do Cambados. (Foto: Unha Grande Chea)
Revés do Cambados en Poio. Parece ser que empezamos a fraquear fora, aínda que o Poio era un rival de entidade. Aínda que en descargo do Cambados dicir que pese a atoparnos de décimos atopámonos a catro puntos do Marín que vai de primeiro, pero ¡coidado! Tamén estamos a catro puntos do Bora que está en postos de descenso, é o intre de reaccionar e tirar para arriba. A vindeira semana enfrontémonos en Burgáns o Marcón, unha boa oportunidade para darlle outra alegría a afección. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- CAMBADOS B - 4 - CHISPA 3 O Mister "Mara" estaba relamente enfadado cos seus homes. O Cambados B tivo un partido atípico fronte o Chispa a quen bailaron na primeira metade e principios da segunda, pero a partir de concederlle o arbitro un gol claramente coa man estes viñéronse arriba a punto estiveron a empatarlle o partido o Cambados e o que é máis incrible con nove homes no campo. Na segunda parte no Cambados B houbo unha total falta de concentración. Notouse moito o troco do capitán Beni Pomares , a de-bable viu unha vez abandonou este o campo. Que lle sirva de leccións os nosos mozos que hai que estar concentrados os 90 minutos. De seguro que o seu adestrador Maradona tomou boa nota. Estamos a catro puntos do líder en quinto lugar e non podemos perder o tren da cabeza. O vindeiro partido é o domingo as 4.30 en Pontearnelas, onde hai que correxir os erros sobre todo da segunda parte. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- BALONCESTO XUVEN 77 - CB RIAZOR 86 Doval, tampouco estivo contento ca segunda parte que fixeron os seus homes. Paso atrás tamén do Xuven perante o CB Riazor. en principio un rival que se podía dicir dos alcanzables e sobre todo xogando na casa , pero unha mala segunda parte dos cambadeses levaron a derrota final. E xa van dúas derrotas consecutivas, débese reaccionar. ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .
O MAIO DO 68O MAIO DO 68, CAMBADÉS...NON FRANCÉS
Este documento fixonolo chegar Joaquín Rial, e non deixa de ser un documento importante por varios motivos, primeiro porque está feito en galego en plena dictuadura, segundo por que a maioria das cousas feitas en Cambados, hoxe en dia daquela estaban sen facer..."A estatua do parque, o recheo do parque, unha biblioteca (que o final non se fixo), o Parador, o empedrado da Praza ee Fefiñlans (antes era de area) , o Instituto Ramón Cabanillas, o muelle de Tragove, a iluminación da Torre (que tamén quedou sen facer), e as fillas de Joaquin Fole (tres ainda estaban sen facer) . Os que sodes máis xóvenes consultade cos vosos pais.
O NOSO MAIO DESTE ANO 1968 (AVANTE) 1º ano do Colexio Magariños
1.-
O noso “maio deste ano,
Sobor da cuestión local,
Vai levar algo de area
Non todo vai ser cal.
2.-
Anque temos que adiantar
Que no pequeño e no grande
Fixose menos no miudo, fixose máis no meirande
3.-
Fixose, e vaise facer,
Moito de onte e de mañan,
Medio delo algunhas cousas
Un pouco esquencidas van
4.-
Fixose un grande relleno
No Paseo da Calzada
No que vai a colocarse
Unha fonte ilumninada.
5.-
Cando ían os cambadeses
A coidar, os malpocados
Que ian ter unha Cibeles
Medio e medio de Cambados
6.-
No relleno vai a erguerse
A Casa Consitorial,
Sendo este novo edificio
Grande mellora local.
7.-
No noso antiguo casal
Queda o Xulgado, de emporio
Indo para nova vivienda
Noso novo consistorio
8.-
A ver si vai nela a cabo
O acordo municipal
Tomado xa vai catro anos,
Na Biblioteca Local.
9.-
Mandaron os cartos pra ela,
Para mesas, sillas e estantes,
Estufas, lús florescente,
Cousas todas reclamantes.
10.-
Todo mercóuse, e pagóuse,
Todo vaise apolillar
Pois xa vai dela catro anos
E inda está por estrenar.
11.-
Información e turismo
Mandóu para eiqui o Parador,
E que vou sela envexa
De moitos deste arredor.
12.-
A praza de Fefiñans
Va a poñela empedrada
Co que non vai haber outra
Coma ela de engalanda.
13.-
Imos ter unha piscina
De moito remanguillé
Vai haber que ir mirar nela
Ás nosas nenas ye-ye
14.-
Imos ter un Instituto
O que tanto é menester,
No que pòidase en Cambados
Estudiar para bacheler.
15.-
Imos ter na Confradia
Escola de Especialistas
Para eqiquí poder dalo tidoo
De patrón e motoristas.
16.-
Imos ter muelle en Tragote
Imos ter Casa Cuartel,
Imos de ver saír para fóra
Deste noso redondel.
17.-
Mais dentro dél hai cousas
Que se teñen que arrombar,
Como son algunhas calles
Que hai en Santomé do Mar
18.-
Aroombar soio a Alameda,
Neso a cousa non estriba,
Que hai o Montiño de Abaixo
Qye hai o Montiño de Arriba.
19.-
Coma tamén hai enb Triana
Moito que pavimentar,
Non soio poñer farolas
Na súa veira do mar.
20.-
A torre de San Saturnino
Pide unha iluminación
Quen ía, turisticamente,
Sela meior atraición.
21.-
Nada delo quer decir
De que Cambados non medraque estáse vend-o ir para arriba
Dia a dia, pedra a pedra.
22.-
Cambados an, en xeral
A mellorar do mellor,
Como nunca mellorou
Con semellante esplendor.
23.-
Todos, respeitivo, delo
Aluden a don Xoquin
Co que está enteiro Cambados
Dende o principio ata o fin.
24.-
Nos tempos da Ditadura,
Nos tempos da Monarquía
E nos tempos da Republica
Non houbo a tal Alcaldía.
25.-
Nos nosos tempos vindeiros
Cal neses tempos pasados,
Un alcalde mcomo o de oxe
Non vai a telo Cambados.
26.-
Seiga pondo intrés nas cousas
Nas meirandes, nas sencillas,
Pero faga , ao mesmo tempo,
Por non seguir tendo fillas.
27.-
Pois con media ducia delas,
Todas inda por medrar,
Vai ´çel soio a dar de abondo
Para enchelo o Grupo Escolar.
28.-
Ao noso Grupo Escolar,
Para meniñas e meniños,
De nome acordaron darlle
O de “Antonio Magariños”.
29.-
Mais este Grupo Escolar
Inaugurado en Agosto,
Vai delo máis de medio ano,
E inda o nome no-o tne posto
30.-
Mentras no de Vilariño
Nadívose máis lixeiro
E xa ten riba da porta
De nome “Enrique Barreiro”
31.-
Ata o nome da Condesa
Vaise a por no de Barrantes
Sendo que de todos eles
O noso estaba denantes.
32.-
A placa con oso nome
Veu a este grupo escolar
Ora que non ben cegada
Hai quen o foi a agochar.
33.-
A outra placa de homenaxe,
Posta na Escola Graduada,
Para o novo Grupo Escolar
Inda non foi trasladada.
34.-
Ninguién coidaba en Cambados
Que se ia a tratar tan mal
A un noso fillo adoitivo
Según acordo local.
35.-
E con tres ducias de estrofas
Este “maio” cambadés
Coidamos polo momento
Que vai cantado de vés.
36.-
A esta versificación
Imos darlle, pois remate,
Desemulen os que a escoitençsi vai algún disparate.
Naquel grupo escolar, que comanzaba a funcionar no ano 1968 comezaron os seus estudos case todos estes:
Suso Millan, José O Coduso, O Canario, Jaime Pillado, Nardo Potas, Rial, Martinez, Javier Rivas, Blas O Lanero, Manolito Potas, Carmelo Ulloa e Justo, formaban o Trianiña.
---------------------------------------------------------------------------------------
NOS TAMÉN VOS QUEREMOS...MAIS CAMBADESES ILUSTRES...
Carlos Losada gaña o II Premio Manuel María de Literatura Dramática InfantilDe Game over, o xurado salientou o "bo ritmo" da obra, as súas "boas posibilidades escénicas" e a "frescura" da linguaxe. Subliñou que o texto é "doado de seguir" para a mocidade e introduce unha "mensaxe moi actual": o illamento ao que se someten na actualidade os pequenos por mor do mundo das máquinas. En Game over cóntasenos a viaxe de Roi ao país das súas marabillas, dos seus xogos e dos seus medos. (Vieiros)
Carlos empezou en Cambados no compañía de treatro creada por el mesmo e os seus amigos denominada “Feirantes Balboas”, con Maneiro, YaNIi, Piti Jr etc., e primo carnal de Javito e tio de o supercampeón da bici o noso “Losada”. Cambados estase a convertir nunha mina facendo artistas.----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ACCION CONTRA A FAME PRESENTA A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA 'MAMA-FAME' NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|