UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    Humor Grandecheo: TEÑO UN SOÑO QUE NON ME DEIXA DURMIR.

    Cambados 30 de Novembro de 2008

    "O GATO QUE ESTA CONTENTO E BRANCO"

    HAI MESES QUE VIVE EN TRAGOVE

    CONCRETAMENTE NO MÚELLE DO COLESTEROL

    SANY3439 SANY3440 SANY3441

    Preme nas fotos para velas ampliadas.

    Non deixa de ser unha imaxe insólita, dende fai varios meses “vive” no Múelle do Colesterol, concretamente na caseta que hai o remate da mesma un precioso gato Branco que vive coma un rei. A xente asidua o múelle de colesterol uns por prescrición facultativa e outros por vontade propia ten o pracer de velo e algúns, diriamos que bastantes, lle levan comida  e sempre ten a pota chea. Una imaxe tranquila para este mundo revolucionado en crise segundo algúns.

    Humor Grandecheo: HAI QUEN ESTRAGAN RELOXOS, PARA MATAR O TEMPO.

    Cambados 29 de novembro de 2008

    RESTAURANTES CO NOME DE  CAMBADOS

    TRES EN TODO ESTADO

    UN EN SEVILLA, OUTRO EN BENAVENTE E OUTRO EN MATARÓ.

    cambados unhagrandechea restaurantes (1)cambados unhagrandechea restaurantes (2)cambados unhagrandechea restaurantes (5)cambados unhagrandechea restaurantes

    Dando un paseo pola rede atópaste cousas moi curiosas como por exemplo que en todo estado español hai tres restaurantes co nome do noso pobo,  un está en Sevilla concretamente na Rúa  Uruguay 12 o seu telefono é 954616000 e se queres saber máis sobre él esta é a súa páxina web http://cambados.restaurantesok.com , outro está en Benavente na Rúa Renueva 23 e o seu Telf.: 980 63 62 69 a súa especialidade é arroz con vogábante e viño Albariño e esta é a súa páxina web http://www.benavente.net/restaurante/cambados/index.htm e por último temos un en Mataró está no paseo do Callao 14 – Paseo Marítimo – Marató Playa, o seu telefono é o 937908117 e o seu blog http://pssssss6.blogspot.com/2008/08/restaurante-cambados.html.  Tamén atopamos un Bar en Xixón na Avda. de Constitución 82 e o seu telefono é o 985144577.

    Humor Grandecheo: INTENTEI SUICIDARME E CASE ME MATO.

    Cambados 28 de Novembro de 2008

    I FESTIVAL DE CORAIS

    PESE A SER EN CAMBADOS NON PARTICIPA NINGUNHA CORAL DA VILA (HAI DÚAS)

    A REPRESENTACIÓN CAMBADESA CORRERÁ A CARGO DE CORO XUVENIL CLAVE DE SOL

    Coral Santa mariña

    Unha das Corais de Cambados, a Coral Santa Mariña.

    Patrocinado pola Deputación de Pontevedra, maña vai ter lugar no Auditorio  de Cambados a I Festival de Corais, pese a celebrarse en Cambados e haber na vila dúas corais non participará ningunha delas. O acto está organizado polo Concello de Cambados e comezara sobre das oito do serán e cada unha das Corais interpretará tres pezas. As corais participantes son:  Coro Liceo Casino de Vilagarcía,  Coral Polifónica Santa Comba de Valga,  Coral Alvedosa do Centro da Terceira Idade de Redondela,  Coral Polifónica Vagalume de Oia,  Coro Xuvenil Clave de Sol de Cambados,  Coral Cantigas do Castro de Vilanova de Arousa,   Coral Polifónica de A Guarda , e a Coral Santa Lucía de Dena (Meaño).

    Humor Grandecheo: HAI POETAS QUE INSPIRAN... MÁGOA.

    Cambados 27 de Novembro de 2008

    EXPOSICIÓN SOBRE OS DEREITOS HUMANS NO CENTRO COMARCAL DO SALNES

    1126165199emilio imagenRecorte

    1.- Emilio M. Martínez Rivas .- 2.- Xulio Ríos

    Mañá venres 28 ás 19:00 da tarde no salón de actos do Centro Comarcal do Salnés terá lugar a inauguración da exposición "Dereitos Humanos: 60º aniversario da Declaración. moito feito, moito por facer" do Instituto Galego de Análise e Documenteción Internacional (IGADI).
    Contarase 
     coa presenza de Emilio M. Martínez Rivas  (Director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de  de Galicia) e con Xulio Ríos (Director do IGADI: Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) que presidirán o acto inaugural, o cal haberá que acudir con invitación. A exposición vai estar presente no Centro do 1 o 15 de Decembro , se queres recabar máis información sobre da mesma  preme neste enlace:  http://docs.google.com/Doc?id=dc7knff2_19ggrhkmfd

    Humor Grandecheo: NAS GUERRAS, OS SOLDADOS RECIBEN AS BALAS E OS XENERAIS AS MEDALLAS.

    Cambados 27 de Novembro de 2008

    GALEGO = TONTO , TARTAMUDO

    REVELEMONOS CONTRA DESTA DEFINICIÓN

    cambados unhagrandechea galegos (1)cambados unhagrandechea galegos 1cambados unhagrandechea galegos

    Segundo os españois Rosalia, Cabanillas e Castelao eran tontos e tartamudos por seren galegos.

    Segundo os españois, é decir segundo o Diccionario da Real Academia Española ( http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=gallego )como quinta acepción Galego significa Tonto e como sexta acepción Tartamudo. Donde está Galicia Bilingue donde están estes "Salvadores Do Bilingüismo armónico ". Temos que revelarnos contra desto , tes unha páxina wew http://www.vivamoscomogalegos.com  que ainda que é unha paxina de publicidade temos que facer reventar o marcador da rebeldía non deixa de ser un xesto pero entra na páxina e vota para que se convirta en “LISTO”, “MOI LISTO”.

    Humor Grandecheo: * ES FELIZ OU CASADO?

    Cambados 27 de Novembro de 2008

    DOMINGO TEATRO; 19 H. NO AUDITORIO

    "IFLIXENIA EN ÁULIDE". ARELA DÁS ARTES.

    TEATRO CLÁSICO (TEATRO E DANZA)

    477-866-a-ifixenia1teatro_lugo_200805032008_44teatro_lugo_200805032008_58

    Está considerada como a obra mestra de Eurípides, obtivo o primeiro premio o 406 a.C. presentada polo seu fillo Eurípides como obra póstuma, e nela mostra o autor a culminación da súa arte e o pleno dominio da súa técnica teatral. A trama vai que Agamenón explica a un escravo ancián a orixe da expedición dos aqueos a Troia. Reuniuse un exército no porto de Áulide, coa intención de embarcar para a guerra, pero había unha ausencia prolongada de ventos favorables que impidan a partida. O adiviño Calcante emitiu un oráculo segundo o cal só producir ventos favorables se Ifigenia, filla de Agamenón, era sacrificada en honra a Artemisa. Tratase en definitiva dunha obra de Teatro Clásico e danza. Será as 19 horas non Auditorio dá Xuventude, os prezos das entradas para asistir a estas xornadas son de 3 euros a prezo normal e 1,5 euros para estudantes e xubilados.

    Humor Grandecheo: * OÍN FALAR TAN BEN DE TI, QUE CRÍA QUE ESTABAS MORTO.

    Cambados 26 de marzo de 2008
    MAÑA NO MUSEO DO VIÑO
    EXPOSICIÓN DAS RUÍNAS DE SANTA MARIÑA
    cambadoscombo PR04 sta1 PR03

    O Museo do Viño acollerá unha exposición sobre as ruínas de Santa Mariña .
    A exposición "As Ruínas de Santa Mariña Dozo", que estará situada mañá no Museo Etnográfico do Viño, durante todo o día, mostrará debuxos, planos, alzados e mapas antigos de Santa Mariña e do vello convento de San Francisco.

    Humor Grandecheo:NON EXISTEN FRASES DE SEIS PALABRAS.

    Cambados 26 de Novembro de 2008

    "SER PAIS HOXE" TALLER TEÓRICO PRÁCTICO

    POR JESUS CARBALLEIRO VILAR

    MAÑA AS 19 H. NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS.

    galego Ies Asorey Instituto Ramón Cabanillas

    Maña as 19 horas no Centro Comarcal do Salnés terá lugar un taller teórico practica sobre "Ser pais hoxe", a cargo de Jesús Carballeiro Vilar, psicólogo do Centro Libredón de Santiago de Compostela. Trátase dun taller de dúas horas con tres partes diferenciadas: unha hora de teoría, media hora de vídeo e intercambio de roles familiares e outros 30 minutos de debate,  onde os proxenitores aprenderán as claves para comunicarse cos seus fillos e coñecerán como actuar ante vos diversos problemas cos que se enfrontan vos adolescentes.

    Humor Grandecheo: A TOLEMIA É HEREDITARIA; HÉRDASE DOS FILLOS.

    Cambados 26 de novembro de 2008

    O PRINCIPE “ORELLAS” VAI BEBER ALBARIÑO

    ESPEREMOS QUE NON LLE SENTE MAL

    OUTROS FAMOSOS  VAN FACER O MESMO.

    principeFatima_260945ageorge_clooney_swimmingingrid-betancourt

    1.- Carlos de Inglaterra.- 2.- Fatima Bhutto .- 3.- George Clooney e 4.- Ingrid Betancourt

    Os viños albariños da Denominación de Orixe Rías Baixas serán os únicos que poderán degustarse durante o transcurso da cea de gala que se celebra en Londres con motivo dos Premios da Asociación da Prensa Estranxeira, segundo confirmaron onte desde o Consello Regulador. Entre os invitados que asistirán a este evento e que, polo tanto, poderán catar os albariños que se servirán na cea, atópanse, entre outros, o Príncipe Carlos, Ingrid Betancourt, Fatima Bhutto e George Clooney, xunto a outras 400 persoas.

    Humor Grandecheo: NUNCA HAI QUE PEGARLLE A UN HOME CAÍDO, PODE LEVANTARSE.

    Cambados 26 de Novembro de 2008

    TRES CANDIDATURAS PRESENTANSE A PATRÓN MAIOR

    BENITO GONZALEZ, LUIS SOMOZA E MANUEL COSTA SON OS CABEZAS DE LISTA.

    AINDA QUE ESTAS ELECCIÓNS TEÑEN AS SÚAS PECULARIARIDADES.

    Benito Pelea Luis Somoza Manuel Trigo

    1.- Benito Gonzalez xantando na festa da vieira. 2.- Luis Somoza nunha Asemblea da Confraria .- 3 Manuel Costa co se pai, un vello lobo de mar.

     

    Tres candidaturas presentanse para Patrón Maior da Confraria de Cambados, unha vez rematou o prazo no día de onte para a presentación das mesmas, Benito, Luis e Manuel van loitar por acadar o posto de maior representativa dos mariñeiros. Ainda que todos sabemos que estas eleccións teñen as súas peculiariadades xa  hai que votar por artes, que son cinco en total,  a loita está aberta.  Benito  todo o mundo o coñece a xa se sabe a viraxe que dou, Luis e un home con tantos cargos , que se sae elegido,  non vai saber a cal atender,  e por último Manuel  portavoz da flota do cerco de Cambados e membro do Consello Galego de Pesca é un home que quere traer  aire limpo a Confraria. O final parece ser que a famosa reunión do Parador entre o Concelleiro Luis Aragunde (PP), Benito González e Luis Somoza, para unificar candidaturas non chegou a bo acordo.

    Humor Grandecheo: MATUSALÉN MORREU POLA LEI DA GRAVE-IDADE.

    Cambados 25 de Novembro de 2008
    DÚAS NOVAS DE YOU TUBE
    UNHA REFIRESE A CHOURIZO FILMS E OUTRA A DEFENSA DO GALEGO
    Todo un acontecemento que dos miles de videos que hai en you tube esta canle recomendara unha de Chourizo Films concretamente a primeira parte de "A Verdadeira historia de W. Joe".
     
    nuevo-2
     
    Doutra banda, paga a pena ver este video de "A Nosa Terra TV" sobre  do uso do galego na Universidade, recomendamolle especialmente os de Galicia Bifida, perdón Bilingüe.
     
       
    Se tes problemas para ver este video aqui na páxina preme no seguinte arquivo: http://br.youtube.com/watch?v=c1BuhdD1hds

    Humor Grandecheo: LOGO DOS 60, TODOS PERTENCEN AO SEXO DÉBIL.

    Cambados, 24 de novembro de 2008.
    LLORENS TAMEN PINTOU O PAZO DE FEFIÑANS
    FIXO NUNHA VISITA A CAMBADOS EN 1922
    GrafObraHiRes_00268_thumb_450_450

    Técnica:Lapis s/ papel
    Descrición:
    Este debuxo é froito dunha visita estival de Lloréns, xa instalado en Madrid, a Cambados. Partindo da torre do pazo, móstranos unha visual da praza de entrada ao edificio. O encadre está forzado pola terraza do primeiro termo, que nos introduce na escena. Este "retrato urbano" está animado pola presenza de varias figuras humanas, como compoñentes da vida da urbe. Reutiliza unha temática recorrente a partir do Romanticismo, e que o impresionismo leva á súa máxima expresión, pero a dota dun carácter eminentemente galego. Do mesmo xeito que os impresionistas, Lloréns trata de captar un instante momentáneo, pero se desliga da fugacidade pretendida, polos primeiros en favor da recreación da luz e a cor. A arquitectura, unha das súas paixóns, é, unha vez máis, a protagonista da súa obra. Podes ver a vida e obra de Francisco Llorens en
    http://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_Llorens_D%C3%ADaz

    Humor Grandecheo: O DIABÉTICO NON PODE IR DE LÚA DE MEL.

    Cambados 23 de Novembro de 2008
    NOVA PRODUCCIÓNS FAI A SÚA PESENTACIÓN OFICIAL
    O ESPECTUACULO DE ANTONIO VEGA A SÚA GRAN PROBA E LUME
    OS SEUS MOVEMENTOS TRANSFORMESE EN AXUDAS CONCRETAS DE EMPRESAS PRIVADAS E ORGANISMOS OFICIAIS
    a23c8f1 Pepiño cambados unhagrandechea nova producions eduardo apariz
    1.- Antonio  Vega.- 2.- Rolda de prensa de onte.  3.- Os compoñentes de Nova Produccións.
    A productora cambadesa NOVA PRODUCCIÓNS, ven de presentar onde no Centro Comcarcal do Salnés o seu espectáculo de Antonio Vega que vai ter lugar o os días 19 e 20 de decembro no Auditorio da Xuventude, as entradas xa están a venta en Caixanova. Se queres máis información do acto en si e da rolda de prensa preme no seguinte enlace:

    http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/11/23/0003_7336845.htm?idioma=galego

    Humor Grandecheo: O FABRICANTE DE VENTILADORES VIVE DO AIRE.

    Cambados 23 de novembro de 2008
    O BNG CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
    ACABA DE PRESENTAR UNHA MOCIÓN NO CONCELLO DE CAMBADOS
    P013GENN01_1 unhagrandechea 234 (1) Victor Caamaño A voz

    O grupo municipal do BNG presentou no concello de Cambados unha moción contra a violencia de xénero, pois o próximo  25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, ten que ser unha data de compromiso dos gobernos co conxunto de organizacións sociais e da cidadanía en xeral para a sensibilización e a actuación respecto do grave problema que constitúe a violencia machista. a moción pededes vela íntegra premente no seguinte enlace: http://docs.google.com/Doc?id=dc7knff2_17gcb54bdj

    Humor Grandecheo: ANTES SUFRÍA DE AMNESIA, AGORA NON ME ACORDO.

    Cambados 23 de Novembro do 2008
    NOVA NOTA DO PSOE SOBRE TRAGOVE
    SEUNDO ESTA FORMACIÓN POLITICA "TOURIS CHEGA TARDE"
    a31c7f1 P013GENN01_1 TABUYO1
    Unha nova nota do PSOE cambadés acaba de ser remitida a nosa redacción, unha nova nota sobre a tan traida e levada carga de mexilón no porto de Tragove. Se queres ver a nota  en toda a súa integridade preme no seguinte enlace: http://docs.google.com/Doc?id=dc7knff2_15cpbq4qhb

    Humor Grandecheo: * SEPARÁRONSE POR INCOMPATIBILIDADE DE RONQUIDOS.

    Cambados 22 de Novembro de 2008

    OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

    ORGANIZA CANDEA E UNHA GRANDE CHEA

    COLABORA A PRODUTORA MR. MISTO E CENTRO COMARCAL DO SALNÉS E PATROCINA DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN INDUSTRIAL E SOCIEDADE DA INFORMACIÓN.

    CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA-XUNTA DE GALICIA

    unhagrandechea cambados candea Aguia_fondo_azul_clarito cartel_olladas_do_salnes_mx

    Á asociación de Ensinantes do Salnés Candea e Unha Grande Chea, xúntanse para facer un obradoiro de fotografía dixital aberto a toda clase de persoas a poder ser principiantes  coas cámaras. Colabora a Produtora Mr. Misto e o Centro Comarcal do Salnés e patrocina a Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.  O prazo de inscripción remata o 27 de Novembro e as praza están limitadas a 20.É a primeira colaboración de Candea e Unha Grande chea, e esperemos que non sexa a última. Podes ver todos os detalles do curso premendo no seguinte enlace: http://docs.google.com/Doc?id=dc7knff2_12hj5n2pc5

    Texto e fotos: Unha Grande Chea

    Humor grandecheo:* ALGÚNS MATRIMONIOS ACABAN BEN, OUTROS DURAN TODA A VIDA.

    Cambados 22 de novembro de 2008

    O ATURUXO PUBLICA DOUS ARTIGOS RELACIONADOS CON U.G.CH.

    UN PERSOAL DE CHON E OUTRO SOBRE DO ANO CABANILLAS

    O PERIÓDICO PÓDESE ADQUIRIR GRATUITAMENTE.

    Aturuxo

    Dous artigos relacionados con Unha Grande Chea saen publicados no número de O Aturuxo nesta semana, un,  en plan persoal de Chon sobre a polémica do cemiterio e outra da Asociación sobre do Ano Cabanillas, senón te puideches facer co periódico, podes velos premendo no seguinte arquivo:

     

     
    Texto: Unha Grande Cheo. Fotos: www.aturuxo.es

    Humor Grandecheo: * DIN QUE CANDO PISCES E ACUARIO CASAN, O MATRIMONIO NAUFRAGA.

    Cambados 21 de Novembro de 2008

    EXPOSICIÓN DE MANUEL CANEDA "DOPUERTO"

    NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS

    normal_Mostra_Miguel_Besada_-_Manuel_Caneda_CNSV_%285%29

    Manuel Caneda Dopuerto, xunto con Miguel Besada nunha mostra no Grove.

    O Centro Comarcal do Salnés acolle ata final de mes, unha exposición do artista grovense DOPUERTO. Este pintor autóctono traballa en óleo sobre lenzo ou tablex, e a súa obra e expresionista.Para máis información o seu teléfono de contacto é o 986730105.

    Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés

    Paseo da Calzada s/n

    36630 Cambados (Pontevedra)

    Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12

    Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

    Humor Grandecheo: * NON SON UN RICO, OU SEXA, XÚROO POLOS MEUS REEBOK, OK?

    Cambados 21 de Novembro de 2008

    PREVISIÓN INFORMATIVA PARA O LUNS, 24 DE NOVEMBRO

    PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN “TRANSFORMANDO GALIZA” EN CAMBADOS

    nuevo-1    resize

    1.- Cartel do evento.- 2 O Mago Antón.

    DATA: luns, 24 de novembro

    LUGAR: Na Zona do Mercado (fronte á Sociedade Cultural)

    HORA: A exposición do camión do BNG “Transformando Galiza”, estará aberta ao público este luns entre as 11:00 e as 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas.

    ASUNTO: Campaña do BNG “Transformando Galiza”. A exposición percorrerá toda Galiza nas vindeiras semanas. Nela poderase ver un resumo das iniciativas levadas a cabo polo BNG dende a Xunta de Galiza. A exposición tamén conta con espectáculo de maxia do Mago Antón. 

    Texto e fotos BNG.

    Humor Grandecheo: * O NEGOCIO MAIS EXPOSTO Á QUEBRA É O DA CRISTALERÍA.

    Cambados 21 de novembro de 2008

    FRAN HERMIDA EN CAMBADOS

    MAÑAN ACTÚA NO BAR VILARIÑO DE CAMBADOS

    A PARTIRES DAS DOCE DA NOITE E CON ENTRADA GRATUÍTA

    nuevo-3

    Mañan sábado, a partires das 12 da Noite e no Bar Vilariño de Cambados, actuación do fenomenal monologista FRAN HERMIDA, popularmente famoso e coñecido polo seu paso no programa da TVG "O Rei da Comedia". É un espectáculo xentileza de Nova Produccións.

    Texto e fotos: Unha Grande Chea.