UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    Feliz ano 2008

    O BALANZO O REMATE DO ANO DO CLUB JUVENTUD DE CAMBADOS É MOI POSITIVO
    SANY0408 SANY0602 SANY0603
    Primeiramente o Cambados B na súa visita o Dakkar donde perderon inxustamente por 1-0, as dúas seguintes fotos unha merenda de nadal da directiva cos xogadores do Cambados A e B.(Se premes nas fotos veralas máis ampliadas.)
     
    Chegou o remate do ano e si facemos balance o Juventud de Cambados podemos dicir que non lle vai nada mal, mais ben habería que dicir que lle vai moi ben. Temos o equipo sénior instalado na terceira praza da primeira autonómica en con todas as posibilidades de acadar unha das prazas de ascenso, temos o equipo B de cuarto na terceira división Autonómica e tamén con todas as posibilidades intactas de acadar o ascenso. Os Xuvenís están de primeiros na liga provincial da súa categoría. Polo tanto as cousas polo de agora van moi ben. Podedes ver unha reportaxe que vos ofrece UNHA GRANDE CHEA TV do partido Cambados-Portonovo na seguinte ligazón: http://es.youtube.com/watch?v=YzV1svP5XTE e do partido Drakkar - Cambados B na seguinte: http://es.youtube.com/watch?v=xr7-PxGf5kY .
     
    unhagrandechea cambados xuvenis
    Equipo de Xuvenís que lidera a Liga provincial.
     
    Na vindeira xornada o Cambados A enfrontase o Atios o vindeiro seis de Xaneiro as 16.15 horas en Burgans, o Cambados B visita o líder San Miguel nun partido vital para os nosos e os Xuvenís reciben na casa o Moaña. O traballo da nova directiva está a dar os seus froitos.
     
    SANY0581 SANY0582 SANY0584
    Primeiramente formación do Veteranos Cambados, logo o Guipi e finalmente unha imaxe do encontro en Albariño e Castrelo.(Se premes nas fotos veralas máis ampliadas).
     
    Noutro orde de cousas dicir que se está a disputar no Campo do Pombal, e baixo a organización do Club Juventud de Cambados, o segundo campionato de Veteranos que disputan os equipos Veteranos Cambados, Distribución Guipi, Albariño e Castrelo. Na primeira eliminatoria xogado o sábados Veteranos Cambados eliminou a Guipi e pola súa banda o Albariño eliminou o Castrelo, polo tanto o vindeiro sábado enfrontase as catro na final Veteranos Cambados e Albariño namentres de Guipi e Castrelo xogaran polo terceiro e cuarto posto.
    -----------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

     

    feliz ano 2008

    NESTAS FESTAS : PÀNXOLIÑAS, TURRÓN E CURTAS NO NADAL NO C.C. SALNES.

    unhagrandechea cambados curtas do nadal  

    Curtas no Nadal 07 é un proxecto da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, a través da Axencia Audiovisual Galega, coordinado e xestionado por Mr.Misto Films, que na súa segunda edición vai encher o noso Nadal de curtametraxes.
    O programa de exhibición de curtametraxes Curtas no Nadal 07 pretende converterse no principal evento audiovisual do país. Un proxecto que vai levar unhas 50 curtas feitas en Galicia por todo o territorio, con presenza na totalidade de comarcas galegas, creando deste xeito un circuíto de cinema alternativo ao das salas comerciais que vai percorrer Galicia.
    Curtas no Nadal 07 xorde tanto da necesidade de ofertar un cinema diferente ao que chega ás pantallas comerciais, como da posibilidade de difundir traballos de curta duración que, doutro xeito, non teñen espazo de difusión.
    Todos os títulos exhibidos son de produción galega. A intención é achegar ao grande público a curtametraxe e dignificar o xénero.
    Esta actividade baséase no desexo da Axencia Audiovisual da Consellería de Cultura e Deporte por vertebrar unha programación regular de curtas galegas en vilas e concellos que teñen dificultades de programación audiovisual.
    Deste xeito toda a poboación que participe nesta rede, poderá desfrutar dunha programación audiovisual de calidade.
    Na súa meirande parte son espazos hostaleiros e centros sociais e culturais, unha irradiación de proxeccións que irán a ocupar o baleiro que deixa a extinción do cinema comercial en vilas pequenas. Recobrar a costume de ir a ver películas en comunidade e, aínda por riba, cando máis apetece, co frío do inverno, isto poderase facer coas Curtas no Nadal. Deste xeito conséguese achegar ao grande público un formato diferente, a curtametraxe, que polo xeral non conta con espazos de difusión regular.
    Curtas no Nadal 07 pretende dar saída á gran cantidade de traballos audiovisuais de curta duración que existen no país e que doutro xeito non chegarían ao público. Así a curtametraxe chega ao grande público e conséguese dignificar o xénero.
    O programa Curtas no Nadal 07 está composto de xeito íntegro por curtas feitas en Galicia. Máis de 50 novos cineastas van ter a oportunidade de que os seus traballos se vexan ao longo de toda Galicia.
    No Centro Comarcal do Salnés, as proxeccións arrincaran o venres 4 de xaneiro ás 18:00 h., cunha sesión destinadas a todos os públicos, e continuaran o sábado 5 de xaneiro ás 11:30 h. da mañan, cunha proxección especifica para os máis cativos do Salnés.

    -----------------------------------------------------------

    IRIA RIBADOMAR AMOSANOS O SEU TRABALLO.

    UNHAGRANDE CHEA IRIA CAMBADOS (1) UNHAGRANDE CHEA IRIA CAMBADOS (2) UNHAGRANDE CHEA IRIA CAMBADOS (3)

    Iria Ribadomar ofrecenos o seu traballo consistente en interiorismo e murais en  www.mundofotos.net/iriaribadomar , un traballo digno de admiración. Ademais tamén nos fai saber as derradeiras novidades en debuxos e pinturas na seguinte ligazón www.mundofotos.net/iru .

     

    unhagrandechea cambados iria ribadomar.

     

    HIPERACTIVIDADE NO AUDITORIO

    KIKO DA SILVA PRESENTOU A SÚA REVISTA DE HUMOR GRÁFICO: "RETRANCA"
    UNHAGRANDECHEA KIKO DEDICATORIA  UNHAGRANDECHEA RETRANCA  unhagandechea cambados chourizo kiko (3)
    unhagandechea cambados chourizo kiko (1)         unhagandechea cambados chourizo kiko (2)
     
    As nove da noite  os gaiteiros Carlos e Nacho (temos imaxes da actuación que poñeremos máis para diante) iniciaron o acto , inmediatamente Moncho Argibay, Presidente da Asociación de Libreiros de Cambados, procedeu a presentación do humorista gráfico galego Kiko da Silva , facendo un repaso da súa vida artística, logo Kiko fixo unha ampla exposición  da revista , que por certo causounos unha moi boa impresión , acompañada de diapositivas, unha vez finalizou a súa exposición procedeu a asinar e adicar a mesma así no lo fixo especialmente a esta Asociación como podedes ver nunha das fotos.Por último Moncho Argibay para sorpresa de todos deleitounos cantando dúas pezas unha de Miro Casabella e outra de Paco Ibañez.
    -----------------------------------------
    CHOURIZO FILMS PASOU CON SOBRESAIENTE A SÚA PRESENTACIÓN FRONTE O GRAN PÚBLICO
    As dez da noite procedeuse , xa cun Auditorio case cheo e coa asistencia de autoridades como a Delegada de Industria Montse Prado, como non a Concelleira de Cultura Anabel Carro, así como Vítor Camaño do BNG e Rafael Blanco Guerreiro do PSOE entre outros, procedeuse primeiramente a exhibición de "Un home de éxito" e logo os dous curtos da Serie "To Die in Tragove", a noite foi de éxito total xa que o remate as curtas foron longamente aplaudidas ata tivo que sair  a saudar o Director dos curtos Rodrigo Piñeiro "Rodesio". Máis tarde fomos para a Leria onde houbo entrega de premios consistentes en unha cuncha de vieira na que ía pintado o anagrama da produtora "Chourizo Films" (podedes ver todos os seus vídeos en http://es.youtube.com/Chourizofilms ) e a clase de premio que se trataba, o gran triunfador da noite foi Pablo Pérez que acaparou dúas "vieiras-chourizo". Unha Grande Chea tamén estivo nominada o premio a mellor promoción pero o final quedamos a porta de conseguilo, dende aquí as grazas a "Chourizo Films" por lembrarse de nos. E de seguido vos presentamos unha reportaxe gráfica da noite:
     
    unhagandechea cambados chourizo kiko (10) unhagandechea cambados chourizo kiko (4) unhagandechea cambados chourizo kiko (5)
     
    Na primeira foto Xambo, Losada, Hadrián e Susa; na seguinte Chon e Goio e na última Fergu, Eulo e gran triunfador da noite Pablo Pérez.
     
     unhagandechea cambados chourizo kiko (6) unhagandechea cambados chourizo kiko (7) unhagandechea cambados chourizo kiko (8)
     
    Na primeira foto Edu Apariz e Sagri, na seguinte Fer, Machu e Beni Pomares e na última Pinwi, Pepe, Joaquin, Jacobo e o "Gran Director" Rodesio.
     
    unhagandechea cambados chourizo kiko (9) unhagandechea cambados chourizo kiko (12) unhagandechea cambados chourizo kiko (13)
     
    Na primera foto os catro compoñentes da orquestra de "To die in Tragove II" Perto, Pacho, Jacobo e Juan; na seguinte Xocas  de Unha Grande Chea falando con Luis Seren "O profe" en "To Die in Tragove II"  e na última Edu Apariz con Chon e Domin, compoñentes de Unha Grande Chea. 
     
    unhagandechea cambados chourizo kiko (15) unhagandechea cambados chourizo kiko (21) unhagandechea cambados chourizo kiko (22)
     
    Na primeira foto Pablo Pérez recollendo un dos dous "Chourizos" , concretamente o "Mellor Dialogo" nos que foi premiado na noite entregado por Joaquin de Pub a Leria e baixo a dirección do mestre de ceremonias Pacho, na seguinte Pinwi recollendo o premio por Pupi a "Mellor interpretación funeraria" e Joaquin recollendo o premio a "mellor canción" tamén por ausencia dos premiados.
     
    unhagandechea cambados chourizo kiko (23) unhagandechea cambados chourizo kiko (25) unhagandechea cambados chourizo kiko (28)
     
    Na primeira foto Juan Chatarra recollendo o premio o "mellor actor de reparto", na seguinte novamente Pablo Pérez recollendo o premio esta vez o "actor revelación" e na última Ana recollendo o premio a "mellor actriz".
     
    unhagandechea cambados chourizo kiko (31) unhagandechea cambados chourizo kiko (32) unhagandechea cambados chourizo kiko (38)
     
    Na primeira foto Jacobo collendo o premio o "mellor Actor" pola súa interpretación en "No Volveré" curto que por certo acaba de rebasar as 40.000 visitas en you tube; na seguinte Machu recibindo o premio o "mellor promotor" e o Gran Director Rodesio recollendo tamén o seu merecido galardón como o Gran e unico Director dos Curtos.
     
     

    REPORTAXE DO GALIZA -CAMERUN

    UNHA GRANDE CHEA NO GALIZA-CAMERUN
    unhagrandechea cambados galiza zamerun (10) unhagrandechea cambados galiza zamerun (11) unhagrandechea cambados galiza zamerun (12)
     
    unhagrandechea cambados galiza zamerun (1) unhagrandechea cambados galiza zamerun (13) unhagrandechea cambados galiza zamerun (14)
     
    unhagrandechea cambados galiza zamerun (2) unhagrandechea cambados galiza zamerun (3) unhagrandechea cambados galiza zamerun (4)
     
    unhagrandechea cambados galiza zamerun (5) unhagrandechea cambados galiza zamerun (7) unhagrandechea cambados galiza zamerun (8)
     
    unhagrandechea cambados galiza zamerun (9)           unhagrandechea cambados galiza zamerun
     
    Saímos con puntualidade inglesa da Estación de Autobuses as seis e media da tarde chegamos o estadio de Balaidos e aínda puídemos ver un cacho da selección Feminina que estaba perder fronte a catalán. Logo chegou o que ningún esperaba, primeiro anuncian unha suspensión "por motivos alleos" a organización ata as nove e media e logo o partido comeza as dez e media. Os de Camerún debían estar a facer negocio no Berbés porque non querían vir po campo, moi mal por Camerún non se lle pode facer este feo a un estadio case cheo. Pero pasamos frío si, pero fixemos pais que é o importante a seguimos tendo a nosa selección invicta. Para o ano máis. Por certo temos un documento impresionante que é todo Balaidos cantando o noso himno, pero seguimos a ter problemas co servidor de you tube, cando desaparecen UNHA GRANDE CHEA TV, amosará as imaxes.
    O noso reporteiro intrépido Domi, estivo con Oscar Pereiro e este quixonos agasallar con esta dedicatoria :
     
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS OSCAR PEREIRO
     
     

    POR FIN, POR FIN, POR FIN

    28 de Decembro de 2007
    O CONCELLO DE CAMBADOS INSTALARALLE PALCO NO VINDEIRO ENTROIDO A UNHA GRANDE CHEA
    UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (18)
    Chon, Anabel, Touris e  Fico, nun intre histórico.
     
    O Concello de Cambados e Unha Grande Chea veñen de asinar un acordo histórico para ámbalas dúas entidades. Dunha parte o Concello , comprometese a instalar un palco de grandes dimensións, con instalación eléctrica, luces e unha mesa de son, incluíndo tamén dúas torres hidráulicas que se elevaran con dúas estupendas brasileiras a xeito de "show-girls" , pola súa banda a nosa Asociación comprometese a facer unha gran actuación o martes de Entroido na mítica praza de Alfredo Brañas (a das terrazas) sen que na súa actuación saia mal parado ou criticado ningún membro do equipo de goberno nin tampouco no Boletín Informativo que a Asociación reparte en tan entrañables festas. O convenio asinouse no Museo do Viño e compareceron por parte do Concello o mesmo Alcalde Touris e a Concelleira de Cultura Anabel Carro, por parte de Unha Grande Chea asinaron o seu presidente Fico e o seu Secretario Chon, os cales o remate do acto brindaron por tan ansiado acordo como se pode ver na fotografía.

    A PRESENTACIÓN DO METODO UN ÉXITO

     A PRESENTACIÓN DO MÉTODO DE GAITA DE XAQUIN XESTEIRA TODO UN ÉXITO.
    SANY0512  SANY0514  SANY0520
    Xaquin dirixindose o público, dous alumnos del acompañarono no mini concerto, e adicandolle o método o noso bombeiro Dominguez. (Foto: UNHA GRANDE CHEA)
     
    Perante numeroso público Xaquín Xesteira, mestre gaiteiro, procedeu a presentación do Método de Gaita Galego II, despois da presentación do representante de Edicións Cumio, procedeu Xaquín a presentación do método acompañando a súa exposición técnica un vídeo de apoio. Rematou cun pequeno concerto longamente aplaudido polo público asistente. Estiveron presentes no acto a titulo particular a Delegada de Industria Montserrat Prado e a Concelleira de Cultura do Concello de Cambados Anabel Carro, asemade Xaquín como non ía a ser doutra maneira estivo tamén arroupado pola súa familia, os seus amigos, os compoñentes do grupo Treixadura e como non un ampla representación de Unha Grande Chea, a quen como novidade do acto Xaquín adicoulle unha peza composta por el e titulada "UNHA GRANDE CHEA", para nos é un motivo de orgullo e satisfacción que un home da calidade humana e artística de Xaquín Xesteira faga unha peza musical pensando en nos. Como non ía a ser doutra maneira UNHA GRANDE CHEA TV, estivo presente no acto pero por motivos técnicos con noso servidor "You Tube" non podemos ofrecer as imaxes, unha vez estean arranxados darásevos conta dos mesmas.
    -----------------------------------------
    UNHA GRANDE CHEA COA SELECCIÓN GALEGA
    UNHAFRANDECHEA COA GALEGA
     
    Hoxe as 6.30 da tarde un autobús encargado por UNHA GRANDE CHEA, partirá dende a Estación de Autobuses de Cambados cara a Vigo, co fin de presenciar e apoiar a nosa Selección. Para os "despistados" dicir que quédanos algunha entrada e tamén algúns sitios no autobús, se alguén está interesada chamar o telefono 626669562.
    -----------------------------------------
    TORNEO DE FUTBOL VETERANO EN CAMBADOS
    unhagrandechea veteranos cambados
     
    No Campo do Pombal o vindeiro sábado 29 de Decembro vai ter lugar o 2º Torneo do Nadal de Fútbol Veterano, ás 16 horas enfrontaranse Veteranos Cambados contra Distribucións Guipe e as 17.30 Veteranos Albariño contra Veteranos Castrelo. O Sábado seguinte 5 de Xaneiro e cos mesmos horarios terán lugar a final e a loita polo 3º e 4ª posto. Organiza o Campionato o Club Juventud de Cambados e colabora o Concello de Cambados.
    -----------------------------------------
    "ENTRE BATEAS", film rodado en Cambados NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS
    entre_01  entre_02  entre_05
    O Centro Comarcal do Salnés remata o ciclo de Telefilmes de Cinemas Dixitais, coa proxección de Entre Bateas, este sábado 29 de decembro ás 17:30 h.
    Sinopse:
    O filme narra o conflicto que se dá na ría de Arousa entre os antigos
    contrabandistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto conductor de planeadoras e de Sergio, un antigo amigo seu que opta por pasarse ao tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller ;que o abandona farta do seu oficio de contrabandista de tabaco; e os conflictos entre as redes de narcotraficantes.
    Argumento:
    Mario, fillo dunha humilde familia, entra no mundo do contrabando de tabaco con apenas 15 anos, levado pola difícil situación económica na la que se atopan él e a súa nai trala morte do seu pai. Faino xunto a Sego, o seu amigo da infancia.
    Así, gracias á súa extraordinaria habilidade no manexo das planeadoras, convértese no home de confianza de Veiga, o principal capo do contrabando local.  Co paso do tempo, e ó tempo que os amigos vánse facendo maiores, as fronteiras que separan os mundos do contrabando e o narcotráfico vánse facendo cada vez máis difusas para eles. A organización adicada a este ultimo comeza a tomar o control da zona, gracias sobre todo á facilidade coa que se poden gañar moitos máis cartos. É por elo polo que SEGO crea a súa
    propia rede apoiado nos colombianos.
    Jorge Coira (de camiseta negra) dirixe a rodaxe               Pepo Suevos e Miguel de Lira

    Sen embargo, MARIO non comparte esas ideas de cambio co seu mellor amigo, o que provocará desencontros entre eles.
    Neste turbulento mundo, a vida sentimental do protagonista veráse afectada, provocando tensións e distanciamentos. Esto levará á súa muller, Isabel, a tomar difíciles decisións que pesarán gravemente sobre o que ata o momento era a súa vida e a súa familia.
    Pero as cousas cambiaron tanto que resulta difícil volverse atrás. Tamén para os dous antigos amigos. E cando os camiños de ambos volvan a cruzarse, desataránse acontecementos polos que Mario pode pagar un prezo demasiado alto..
    PREMIOS E RECOÑECEMENTOS
    Entre Bateas foi a gran triunfadora dos Mestre Mateo 2003, os premios do audiovisual galego, recibindo os galardóns á mellor película de TV e o premio do público. Gañou as categorías da mellor dirección e montaxe (Jorge Coira), actriz de reparto (Rosa Álvarez), maquillaxe e perruquería (Eva
    Fontenla e Trini Fernández), son, banda sonora (Piti Sanz),  dirección artística (Marta Villar), dirección de produción (Roberto Sinde).

    Hai quen quixo ver neste film a historia dun contrabadista cambadés, dende logo Miguel de Lira foi caracterizado como  si tal fora.

    Entrada de balde ata completalo o aforo.
    -----------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    50 ANOS DE CARACOLGA

    OLGA GONZALEZ VILAS, UNHA MULLER QUE ROMPEU MOLDES EN CAMBADOS CUMPRE 50 ANOS. ¡¡¡FELICIDADES!!!
    botonentrevistaolga
     
    A verdade é que o ano 57 foi unha boa colleita para Cambados, nese ano tamén veu o mundo unha muller que co tempo ía a ser unha desas persoas que entran e fan historia en Cambados. Olga González Vilas  é unha mistura de Masa e Fica , e iso os que coñecemos as dúas familias é unha unión explosiva. Xa de moi nova na compaña de Mari Carmen Fariña formaron parte do coro parroquial de Cambados , dúas voces portentosas, ¿Quen non lembra a Olga na Xuventude ? . Despois  xa viñeron tempos máis complicados para Olga e cando decide fichar por Skarfer, e da aquela non era como agora que non ten importancia, antes entrar nun conxunto músical e sobre todo  unha rapaza tan "boiña" era todo un trauma, Olga logo dous unhas voltas pola mundo, traballou, gozou todo o que puido , volveu a Cambados casou con Paco e fíxose unha perfecta ama de casa, ate que fai como quince anos volveu a ter necesidade  de saír novamente o "escenario" e nunca tan ben dito porque funda a Compañía Teatro Caracol, todos coñecemos a súa historia e nace CARACOLGA , pouco máis tarde comprometese politicamente co nacionalismo galego ata que por circunstancias persoais deixa dunha maneira activa, que non definitiva,  a política para adicarse en corpo e alma o seu home, a súa familia e outro gran amor Teatro Caracol, isto é un poucas palabras  é o resumo da vida dunha muller, íntegra, valente, emprendedora, rompedora, e sobre todo nai. Felicidades Olguita.
     

    BO NADAL: SAUDE E SORTE.

    O MELLOR REGALO PARA UN CINÉFILO: “RODADO EN GALICIA” DE Miguel Anxo Fernández.

    1188825533Miguel_Anxo_Fdez 84-609-4591-X

    Miguel Anxo Fernández e un home polifacetico donde os haixa, entre outras facetas foi profesor de C.I.P. de Castrelo durante moitos anos, prologuista do noso libro "UNHA GRANDE CHEA 20 ANOS DE TROULA" e amigo noso.

      • O volume recolle todas as rodaxes de ficción realizadas en Galicia dende o ano 1916 ata a actualidade
      • É unha iniciativa da Secretaría Xeral de Comunicación a través do Consorcio Audiovisual de Galicia e o Foro Galego do Audiovisual, coeditores do mesmo
      • O coordinador do volume, Miguel Anxo Fernández, destaca que se trata dunha iniciativa pioneira no Estado que demostra que hai “sensibilidade e posibilidades reais de entender o país como un plató de cine”

    O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, asegurou na presentación do volume Rodado en Galicia, que este proxecto “único no Estado”, contribuirá a afianzar a nosa comunidade como plató de cine ao tempo que consegue a proxección internacional do sector cinematográfico galego.

    Rodado en Galicia é un histórico de máis de 170 rodaxes de ficción, concretamente 174, en formato longametraxe filmadas na xeografía galega, integra ou parcialmente, entre o ano 1916, con Miss Ledya de José Gil, ata a actualidade, con Los Girasoles Ciegos, filme que José Luis Cuerda vén de rodar na nosa comunidade.

    Rodado en Galicia é un volume gran formato de 625 páxinas sen precedentes no contexto cinematográfico español. Fernando Salgado destacou na súa intervención o feito de que este libro se atopa en permanente reciclaxe. Así, referiuse ás novidades e ampliación no contido, con respecto á edición anterior. Trátase, incidiu, “dunha obra nova, con continuidade, que medra por diante e por detrás”.

    Miguel Anxo Fernández destacou que o libro se acompaña dun dvd no que se inclúe a listaxe das películas coa ficha ténica, artística, a sinópse e os lugares de rodaxe das películas.

    ------------------------------------------------------------

    UNHA GRANDE CHEA TV, presenta:

    "LO DUDO"

    Seguindo cos vídeo clips das nosas cancións, desta vez tócalle o "Lo dudo" unha versión de UNHA GRANDE CHEA de afamada cancións de "LOS PANCHOS", creemos que un bo agasallo de Nadal. Pedimos perdón humildemente a "Los Panchos" por estropearlle a canción:

     

    RETRANCA. PRESENTACIÓN DA REVISTA.

    A REVISTA "RETRANCA" PRESENTASE O VINDEIRO DÍA 28 DE DECEMBRO NO AUDITORIO DA A XUVENTUDE
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS RETRANCA (1)   UNHAGRANDECHEA CAMBADOS RETRANCA (2)   UNHAGRANDECHEA CAMBADOS RETRANCA 
     

    O venres 28 ás 21,00 horas no Auditorio da Xuventude, Kiko da Silva (http://kikodasilva.blogspot.com/ )  presentará o numero 2 da nova revista de humor en galego RETRANCA. Esta presentación estaba programada para facer nalibraría Contos, pero ó coincidir coa proxección de Chourizo Films, puxémonos de acordo con eles para facer a presentación da revista, e a continuación a proxección.
    Kiko da Silva, é un dos debuxantes mais importantes do país. Colaborador nas re vistas "El Jueves", "Capital"; escritor  de libros das editoriais "Kalandraka", "Galaxia"; un dos creadores da revista
    Bdbanda,acadando varios premios no Salón do Comic de Barcelona,
    tamén foille concedido o premio X.M.Pintos do Concello de Pontevedra na última edición.Libros como "Moncho e a mancha" ou "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis", este último
    con texto de Chema Heras, foron traducidos a outros idiomas.
    agora impulsa unha nova revista de humor en galego: RETRANCA.
    Un proxecto moi arriscado, pero Kiko é así de atrevido.

    UNHA INFORMACIÓN DA ASOCIACIÓN DOS LIBREIROS DE CAMBADOS.

    ------------------------------------------------------------

    SEGUNDO CUMPREANOS DE www.unhagrandechea.org.es .  

    Cumprimos o segundo ano de vida "na rede", e modestia aparte, non nos foi nada mal, estamos preto das 100.000 entradas, viron na nosa páxina en you tube máis de 40.000 persoas, o fotolog é un dos máis visitados, temos unha páxina de música, pero sobre todo e iso é o noso activo máis importante e que vos temos a vos que sodes os que nos facedes mellorarnos , dentro do posible, día a día. Grazas a todos por estar aí no outro lado do ordenador, grazas as nosas páxinas amigas, grazas os colectivos amigos. E como dixo Francisco Rodriguez no parlamente español "SAUDE E SORTE".

    -----------------------------------------

    DIARIO DE AROUSA VEU ASÍ A NOSA PARTICIPACIÓN NA HOMENAXE O HIMNO GALEGO NO COLEXIO DE SANTO TOME.

    UNHAGRANDECHEA GAITAS

    -----------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    A GAITA GALEGA NOVAMENTE A ESCENA.

    Presentación
    Método de Gaita Galega
    Volumes I e II

    unhagrandechea cambados xaquin xesteira
    Día: Mércores 26 de decembro de 2007
    Lugar: Cambados Auditorio A Xuventude (rúa San Francisco, perto da igrexa Parroquial)
     
    Hora: 20:30 h.
     
    Participarán:
     
    Xaquín Xesteira Losada, autor
    Cándido Meixide Figueiras, editor
     
    O autor ofrecerá un pequeno concerto ao remate do acto.
     

    O Método de Gaita Galega I e II tentará ser a guía completa para coñecer os recursos necesarios que o alumno precise para a interpretación dunha melodía de gaita galega. Ten a pretensión de facilitar o camiño ás persoas que queren achegarse a este mundo.

    O Método de Gaita Galega I (140 páx.) está composto por:

    §       23 melodías: 18 tradicionais e 5 de autor

    §       67 exercicios de ornamentación

    §       43 exercicios de posicións incluídos o vibrato e tempero

    §       8 preludios

    §       18 exercicios de técnica

    §       93 fotografías

    §       CD composto por: 6 exemplos, 8 preludios, 55 exercicios e 23 melodías interpretadas sen percusión, só co metrónomo.

    O Método de Gaita Galega II (240 páx.) está composto por:

    §       35 melodías: 26 tradicionais e 9 de autor

    §       70 exercicios de ornamentación

    §       159 exercicios de posicións

    §       36 exercicios de técnica

    §       111 fotografías

    §       CD composto por: 3 exemplos, 35 melodías interpretadas con percusión e 36 exercicios

    O traballo divídese en tres grandes bloques dentro de cada tomo:

     

    1.    Nocións fundamentais de linguaxe musical para gaita, onde atopamos a teoría necesaria para a comprensión das partituras, notas e posicións que se van traballar no método.

    2.    A gaita, atoparemos aquí o necesario para conseguir unha correcta afinación e preparación do instrumento coas indicacións e opcións posibles para lograr esta finalidade.

    3.    O método, que realizará un percorrido polas posicións das notas naturais e alteradas, toque pechado, que se irá combinando co toque aberto, ornamentación, exercicios específicos para a ornamentación, exercicios de técnica e melodías, pasando polos diferentes ritmos da música tradicional e traballando cada un dos apartados novos que aparezan.

    O gaiteiro ten como finalidade comunicar o que sinte a través dos seus dedos ao público que o está a escoitar, e debe realmente ser capaz de transmitir estas sensacións que flúen do seu interior. Para iso é necesario coñecer os recursos que temos na nosa gaita, xa que é un instrumento con moitas posibilidades con respecto á súa expresión, aínda que un pouco máis limitado na súa extensión.

    Esperamos que este Método de Gaita Galega sirva para adquirir, aumentar ou enriquecer os coñecementos aos que se inician neste instrumento, e que tamén axude a resolver dúbidas a aquelas persoas que xa están dentro da música tradicional.

    En definitiva, que este tipo de traballos sirva para que a nosa música estea no lugar que lle corresponda.

     
      PUPURRI DE XAQUIN XESTEIRA

       

    -----------------------------------------

    UNHA GRANDE CHEA NO COLEXIO PÚBLICO DE SANTO TOMÉ

    P1000748  P1000751

    P1000757  P1000765

    Hoxe tivemos unha actuación moi especial, unha actuación desas que nos fai moita ilusión, unha actuación perante un publico novo pero moi esixente, a ocasión pagaba a pena , era nin máis nin menos que homenaxear o himno galego con rapaces de seis, sete, oito, nove e dez anos do Colexio Público de Santo Tome. Cando Xaquín Xesteira comezou coas notas do himno galego, fíxose un emotivo silencio, pese o intranquilo auditorio, e alí empezaron todos a cantar o noso himno, un precioso homenaxe. Moitas grazas a Apa do Colexio por chamarnos para actuar  para nos foron uns intres inesquencibles.

    -----------------------------------------

    UN FOTOLOG CAMBADÉS PUBLICA TODOS OS ESPIDOS DO CALENDARIO

    http://www.fotolog.com/vjatceslav/16421925

     

    ¡¡¡E NO PECHAN!!!

     

    nuevo-2

    É evidente que malas persoas hainas en todos os lados. Por que dicimos isto, pois porque atopamos un fotolog cambades con todos os espidos do calendario a prol de Esperanza Salnés e non está pechado, pola sinxela razón de que ninguén o denuncio. Pero si hai "alguén" que se dedica a a denunciar unha serie de blogs porque parece que estorban e non o dicimos polo noso sómente, senón que pecharon catro ou cinco máis de coñecidos xoves cambadeses. Parece ser que a envexa segue a ser deporte nacional.

    -----------------------------------------

     

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

     
    O NOSO NOVO FOTOLOG EMPEZA A TRABALLAR DE NOVO
     
    Ben  despois de pecharnos "os americanos" de fotolog o anterior, xa temos novo fotolog : http://www.fotolog.com/unhagrandechea1 , e non podiamos empezar doutro xeito que pedindo perdón  e rezar un "Noso Pai" un tanto especial como penitencia, esperemos que os puritanos americanos non no lo volvan a pechar, coidaremos moi moito non poñer espidos non vaia a ser que novamente algún "amigo" noso nos vaia a denunciar outra vez. Grazas a todos pola soliedaridade amosada, e esperemos que nos engadades como amigos o voso fotolog. Grazas.
    -----------------------------------------
    UNHA GRANDE CHEA COA NOSA SELECCIÓN
    unhagrandechea galega.
     
    Por terceiro ano consecutivo UNHA GRANDE CHEA, coa nosa selección. Este ano en Vigo, onde esperamos que os afeccionados galegos enchan Balaidos. As entradas xas temos reservadas como Asociación e están xa todas vendidas o que aínda si temos praza e para o autobús, ou sexa que os que queiran desprazarse Vigo no autobús que vai por esta asociación non ten máis que enviarnos un correo ou chamarnos por telefono. O autobús ten un capacidade de 55 prazas e xa está ocupado máis do 80% do mesmo. Aínda non sabemos exactamente a hora da saída, si sabemos o lugar que será a Estación de Autobuses de Cambados. Este ano como novidade estrease a Selección Galega Feminina. Toda novidade que houber sobre da viaxe será comunicada neste páxina.
    -----------------------------------------
    MINI CALENDARIO DE UNHA GRANDE CHEA
    unhagrandechea cambados calendario 1   unhagrandechea cambados calendario
     
    Evindetemente co permiso de Eduardo Apariz ( www.cambadosenfotos.net) e da fenomenal organización do calendario a prol de Esperanza Salnés, xa practicamente están todos vendidos, nos imos facer o noso propio calendario de peto, co que imos agasallar os nosos incondicionais o vindeiro día de nadal cando como sempre o noso grupo de gaitas dea un pasarúas e tocará en diversos establecementos hosteleiros da vila.
    -----------------------------------------
     CHOURIZO FILMS, OUTRA VEZ DE ESTRENO...
    Invitació[1]..
     
    A xa famosa e coñecida produtora "CHOURIZO FILMS",a cal vai camiño de bater toda clase de "records" en you tube co seu film "No volveré" con máis de 38.000 visións, invítanos novamente a unha estrea esta vez de luxo, nin máis nin menos que no Auditorio da Xuventude. Previamente a curta a estrear exhibiríanse outras dúas "Un home de éxito" e "To die in Tragove 1", rematando as exhibicións coa gran estrea da noite "TO DIE IN TRAGOVE II". O día da estrea será o 28 de Decembro ás 22 horas e como xa dixemos no Auditorio. Coma sempre o Pub A Leria será o escenario dunha festa onde de seguro se celebrará un novo éxito de CHOURIZO FILMS. A curta non é apta para menores de 14 anos e coidamos que por primeira vez farase carteleira da estrea. Seguiremos informando para a semana da estrea.
    -----------------------------------------
    ACTIVIDADES NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS
    EXHIBICIÓN DO FILMN "O PARTIDO"
    O ACTOR PRINCIPAL É O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA "CARLOS BLANCO"
    366_g  opartido
    Con motivo do partido da Selección Galega masculina de futbol, o proximo xoves 27 de decembro contra a Selección de Camerún e a estrea da selección galega femenina de futbol contra a selección de Catalunya, o Centro Comarcal do Salnés proxectará dentro do ciclo Cinemas Dixitais, o telefilme "O Partido" o sábado 22 ás 17:30 h.
    Sinopse:
    Cando un grupo americano compra a factoría na que Alfonso traballa, o novo consello de administración impón "modernos" métodos. A tensión medra cos primeiros despidos e Alfonso gáñalle xenreira a Borja, un dos directivos. Para calmar os ánimos convócase un "partido de confraternización" ao máis puro estilo ianqui. Mais os costumes americanos son distintos dos galegos, e o fútbol non é coma o béisbol... Esta comedia contou coa participación de xogadores do Deportivo como Munitis ou Manuel Pablo.
    PREMIOS E RECOÑECEMENTOS
    Premio ao mellor telefilme nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007). Nos mesmos galardóns Antonio Durán "Morris" foi premiado como mellor actor secundario por este filme. Premio ao mellor telefilme nos X Premios ATV da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión de España no 2007.
    Neste enlace podes ver un “trailer do film:
    http://www.culturagalega.org/avg/extra_audiovisual_estreas.php?Cod_extrs=2237
    A Entrada é de balde ata completa aforo.
    -----------------------------------------
    UNHA GRANDE CHEA  TV PRESENTA:
    Primeiramente presentados un curto rodado en Cambados titulado "Detrás del Maíz" no ano 2003 con guión e dirección de Nicolás Pacheco, no que o director de fotografía e cámara e o cambadés Manolo Paz, e sendo os principais protagonistas Malena Sineiro, Belen Ponce de León, Eva Maneiros, David Fernández e Alber Boira.
    "DETRÁS DEL MAÍZ" Parte I
     
     
     
    "DETRÁS DEL MAÍZ" Parte II
     
     
     
    Por último presentamos un vídeo realizado por Eduardo Apariz e que tamén podedes ver en www.cambadosenfotos.net sobre o calendario a prol de Esperanza Salnés.
     
     
     
    -----------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    DEPORTES 18/12/07

    DEPORTES
    FUTBOL
    ARBO 3 - CAMBADOS 3

    unhagrandechea cambados (3)  cesta

    Cascallar autor de dous goles. E a Cesta de Nadal que sortea o Club Juventid Cambados, e que se pode ver en Establecimientos Otero

    O Cambados disputou un partido que nunca debeu perder. Perante o penúltimo clasificado na liga o Arbo, non puido pasar do empate. Marcando tres goles fora da casa non se pode perder nin empatar un partido hai que gañalo e sobre todo diante dun rival candidato o ascenso. O Cambados segue a ter a súa sinatura pendente fora. A figura do partido foi Cascallar que marcou por dúas veces.A vindeira xornada temos un partido vital pos enfrontámonos o terceiro clasificado o Arcade o cal nos leva un punto. Na actualidade estamos quintos na clasificación a sete puntos do líder e a cinco puntos do segundo clasificado o Nigrán, non podemos perder logo o vindeiro partido.

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GUAU NOVO

    -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    CAMBADOS B 9 SOBRADELO 2

    SANY0354

    Formacíón do Cambados perante o Sobradelo: De pe e de esquerda a dereita: Varela, Chopi, Alberto. Gabi e Gogo. Agachados: Noly, Pablo, Chon, Beni e Eulo.

    Partido con pouca historia, pese a a haber empezado gañando o Sobradelo, non foi rival para o Cambados B, que si estivera un pouco máis fino a goleada puido ser de escándalo, ata se permitiron o luxo de fallar un penalti por parte de Pepe. A verdadeira proba de lume ven a partir de agora o Cambados na vindeira xornada enfrontase o Drakkar que última anda un pouco de capa caída e aí a sorprendente derrota perante o Armenteira, pero nunca se pode fiar un. Favoreceunos o empate entre o primeiro e segundo clasificado Bamio e Deiro, agora estamos a un punto do Bamio e a dous puntos do primeiro clasificado o Deiro, doutra banda lóxica a reacción do Zacande que xa está quinto con 28 puntos. De seguido podedes ver unha reportaxe de UNHA GRANDE CHEA TV:

      

    unhagrandechea cambados climax

    -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    UNIÓN GROVE 1 - CAMBADOS INFANTIL

    4

    O equipo Infantil A de o Club Juventud Cambados venceu o pasado sábado en Monte dá Vila ao Unión do Grove, rompendo a imbatibilidade meca e mantendo a súa, contando os seus once partidos por vitorias.
    O resultado final dun a catro é xusto aínda que algo amplo, pois os locais deron a cara en todo momento, e en especial nos últimos 20 minutos de partido.
    Iván adiantou aos amarelos na primeira xogada de partido, mentres que o mellor xogador azul, Adrián, conseguiu o empate mediada a primeira metade. Novamente Iván conseguiu o segundo gol cambadés pouco antes do descanso. Na continuación, un lanzamento de longa distancia de Manuel Somoza coouse pola escuadra local e, cando máis presionaban os grovenses, un contragolpe amarelo supuxo o cuarto tanto obra de Luís.
    O Cambados formou con Isaac, Óscar, Borja, Miguel, Fran; Yosua, Manuel; Marcos, Mario, Luís e Iván. Tamén xogaron Álvaro, Antón, Cristian e Martín.
    Agora os infantís amarelos son primeiros en solitario con once vitorias noutros tantos partidos, sendo os que máis goles conseguiron (96) e os que menos encaixaron (7).

    De seguido podedes ver unha reportaxe fofográfica do encontro:

      

    Un traballo de M.A.P.P. e Amancio Horro.

    ELECTRICIDADE

    ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
    TENIS DE MESA

    edu barreiro 1  Karol Hasek  unhagrandechea cambados ñajo 

     

    Unha nova xornada, e as boas novas non deixan de sucederse nos primeiros equipos de Cambados.
    En 1ª división, victoria por 0-4 na casa do Narón T.M., no que destacou a victoria por 3-1 de Edu sobre Adrian Vidal, un dos mellores xogadores da categoría, que foi secundada polos solventes Karol e Jacobo.
    Sufrida victoria en 2ª na cancha do Vincios por un axustado 3-4. Ñajo foi decisivo o aportar 2.5 ptos, os que Toni sumou 1.5, quedando Fer en branco. O equipo ponse 3º en solitario, a unha victoria do 2º, Monteporreiro a falta dunha xornada para rematar a 1ª volta.
    Imparable é o único que se pode dicir do Caixanova, lider indiscutible da 1ª Galega, que voltou a vencer 4-0; e cada vez máis dificil a permanencia para o Xoiería Enrique que voltou a perder por 3-4 e segue afundido na última posición da categoría.
    Derrota por 4-0 do equipo de 2ª galega que contaba ca importante baixa de Enrique Barreiro e nada tiveron que facer en Bimianzo.
    Tamén derrota dos equipos de 3ª galega contra rivais superiores.
    Con estes resultados párase a competición ata a volta do Nadal.
    Felices Festas para todos en nome do Cambados T.M.

    Unha colaboración de Quique Barreiro.

     

    movese

    ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    BALONCESTO

    XUVEN 82 - A SALLE 55

    unhagrandechea cambados xuven  unhagrandechea cambados xuven.jpg19  unhagrandechea cambados xuven19

     

    Tamén partido con pouca historia para o Xuven quen perante un rival de escasa entidade non tivo problemas para impoñerse por un 82-55, un resultado que o di todo. A Salle con cinco vitorias no décimo primeiro posto da clasificación fixo o que boamente puido. Grazas a iso o Xuven continua na segunda praza da clasificación a un soa vitoria do líder Pavillón quen precisamente perdeu o seu único partido cos cambadeses. Na vindeira xornada o domingo 23 os nosos desprázanse a Coruña onde terán un difícil rival o cal non pode perder senón descolgaría dos tres primeiros clasificados, un partido que promete.

     

    UNHAGRANDECHEA ESTABLECIMIENTOS OTERO

    PRESENTACIÓN DE: ANO 2009, ANO DE CABANILLAS.

    PRESENTACIÓN DE: ANO 2009, ANO DE CABANILLAS.
    UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS  UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (1)  UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (2)
    O actor Miguel Varela, a Concelleira de Cultura Anabel Carro, e Luis Rei , biógrafo do autor.
     
    Explicar ás distintas asociacións e administracións o proxecto que o Concello de Cambados ten para dedicar o ano 2009 a Ramón Cabanillas foi o obxectivo do acto celebrado onte no museo do viño do municipio. A concelleira de Cultura, Anabel Carro, asegurou aos presentes que este proxecto transcende o ámbito local, polo será precisa a axuda das administracións para financiar todas as actividades previstas. De feito, a programación dependerá, en gran medida, das axudas que reciban as arcas municipais.
     
    UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (11)  UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (3)  UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (6)
     O vicepresidente da Deputación Durán, Luis Rei e o Presidente de Unha Grande Chea Fico.
     
    A pesar de que o acto fora anunciado como a presentación do proxecto Cabanillas 2009, o equipo de goberno de Cambados non entrou en detalles sobre o que se vai a organizar durante o próximo exercicio co fin de pór en valor a figura do escritor cambadés. Carro limitouse a recordar o que xa se sabía, que haberá recitais poéticos, representacións teatrais, concertos musicais, exposicións, festivais, congresos, conferencias e outras actividades destinadas a homenaxear ao escritor.
     
    UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (8)  UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (9)   UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (12)
    A cantante Blanca Céndón. Victor Camaño e Maria José Cacabelos, concellais do BNG, e o Patrión Maior Benio Pelea con Fico.

    Da organización encargarase a comisión municipal de Cultura, que estará asesorada polo académico Francisco Fernández Rei e polo biógrafo do poeta Luis Rei Núñez. Ambos contan xa cun borrador de actividades para o 2009.

    Axudas institucionais

    Pero para sacar adiante todo este proxecto será preciso que as distintas administracións implíquense no mesmo. De feito, Carro asegurou onte que a programación definitiva poderá ser máis ou menos ambiciosa, segundo o grao de compromiso das institucións chamadas a colaborar. Así, ao acto estaban invitados representantes da mancomunidade, da Deputación e da Consellería de Cultura.

     
    UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (13)   UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (14)  UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (16)
    Tano Cabanillas neto do noso insisgne escritor, na seguinte Rafael Guerreiro concellal do PSOE, e na seguinte Luis Rei, Benito Pelea e Fico.
     
    Precisamente é cara á Xunta cara a onde máis mira o Concello cambadés. Así, aproveitando a presentación de onte, Carro solicitou á Administración autonómica que o 2009 sexa declarado, de forma oficial, Ano Cabanillas.
     
    UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (17)   UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (18)  UNHAGRANDECHEA ANO CABANILLAS
    Anabel Carro, Benito Pelea e Fico e na seguinte engadese Chon, e por último o Academico Francisco Fernandez Rei e Anabel Carro brindando polo éxito do Ano Cabanillas.
     
    Á espera de que se concrete o apoio da Xunta, o que si está garantido é o da Deputación. O seu vicepresidente, José Juan Durán, garantiu que a entidade provincial apoiará ao cento por cento un proxecto que considera «moi acertado».
    Texto: Maruxa Alfonso "A Voz de Galiza".
     
    A este fenomenal texto desta gran profesional do periodismo Maruxa Alfonso, nos só temos que engadir que nos encantou charlar coa Concelleira de Cultura que nos parece unha gran persoa, aberta, coloquial moi sincera, non ten nada que ver coa anterior concelleira de Cultura , é outra forma de facer as cousas, a lo menos polo de agora. Esperemos que Anabel siga nesta liña. Asemade chamounos a atención o Museo do Viño, deberiase usar mais a miudo.
    Fotos: UNHA GRANDE CHEA.
     
    ÁGAPE SERVIDO POR
    UNHA_GRANDE_CHEA_CAMBADOS_PANDEMONIUM
    -----------------------------------------
    SÁIMOS NA GALEGA
    Con motivo do peche do noso fotolog fomos entrevistados na TVG, este é o resultado da entrevista:
     
           
    -----------------------------------------
    A RISOTERAPIA, UNHA BOA TERAPIA.
    fotos tina 032            fotos tina 033         fotos tina 034     
    fotos tina 035   fotos tina 036   fotos tina 037
     
    RISOTERAPIA VAI DIRIXIDO A TODAS AQUELAS PERSOAS QUE DESEXEN ABORDAR EFICAZMENTE AS SITUACIONS DIFICILES DA VIDA.
    SON MOITOS  OS MULTIPLES BENEFICIOS PARA A SAUDE E AXUDA A COMBATIR EFICAZMENTE O ESTRES, ANSIEDADE, DEPRESION, TENSION, COLESTEROL, INSONIO, PROBLEMAS CARDIVASCULARES E AXUDA A ADELGAZAR ENTRE OUTROS BENEFICIOS.
    EMPLEAMOS A RISA PARA ELIMINAR BLOQUEOS EMOCIONALES, FISICOS MENTALES E SEXUALES, COMO PARTE DO CRECEMENTO PERSOAL.
    EN DEFINITIVA E UNHA DAS MELLORES MENCIÑAS.
    GUSTARIANOS QUE SE ANIMASEN TODOS AQUELES QUE LLE GUSTA RIR, OU QUE NON SE ATREVAN OU QUE NON SEPAN.
    ¿COÑECES UNHA FORMA MELLOR DE EMPEZAR O  TEU DIA RINDO A CARCAXADAS?.


    ASOCIACION  MM RR A SECA - CORVILLÓN - CAMBADOS
    (Esta é unha nova feita por esta asociación, animarse coma elas e mandarnos cousas)
    -----------------------------------------------------------
    O VIDEO DE XAQUIN XESTEIRA INTERPRETANDO O HIMNO GALEGO EN "A NOSA TERRA"
     
    nuevo-2
     
    O Vídeo do mestre Xaquín Xesteira interpretando maxistralmente o himno galego, foi "colgado" estes dias na páxina de "A Nosa Terra". Este vídeo que obra na páxina de Unha Grande Chea en You Tube  http://es.youtube.com/watch?v=2dAfoJiLw58 e que provisionalmente podedes ver no vídeo que encabeza esta páxina. Actualmente este vídeo de 1620 visitas, 14 máximas puntuacións, 5 vínculos e 18 veces favorito e 7 comentarios . Este vídeo está no encabezado da páxina hasta finais de decembro. Grazas A Angel Cambados Tirado polo aviso, non podemos estar en todo e agradecemos moito estas colaboracións.
    ------------------------------------------------------------
    CAMBADOS CASI DESAPARECERÁ....
    DENTRO DE CATRO MIL ANOS.
     Agora ano 2007  Despois aprox[1]. 4000 anos
    Na foto da dereita Cambados na actualidade en na da esquerda posiblemente dentro de catro mil anos. (segundo un programa de Google Earth)
    Novamente o noso amigo e colaborador Angel Cambados Tirado envíanos estas dúas instantáneas de Cambados na actualidade e Cambados dentro de catro mil anos, como el di nos non imos estar aquí para velo pero e hora de "poñernos as pilas" sobre do cambio climático e deixarlle un planeta en condicións as futuras xeracións, e non deixalas na man dalgún "primo".
    ------------------------------------------------------------
    ETIQUETAXE DOS VIÑOS EN GALEGO 
    nuevo-1
     
     A Asociación de Funcionarios para a Normalización, xunto coa Consellería de Medio rural e Secretaría X.de Política Lingüística, vén lanzar esta campaña de animación e fomento do uso da lingua galega na etiquetaxe dos viños, sen esquecer a importancia que ten neste proceso galeguizador aos consumidores.
    Xosé Conzález.Secretario da Asociación de Funcionarios para a Normalización.
    ------------------------------------------------------------
    OS CADETES XOGANSE O PRIMEIRO POSTO.
    100_2133
     
    100_2127   100_2135   100_2141
    100_2142   100_2146   100_2147
     
    Grove e Cambados dirimen a supremacía no grupo 13 segunda categoría infantil de Pontevedra.
    Unión do Grove e Juventud de  Cambados xóganse o vindeiro sábado media liga no campionato de segunda provincial infantil, grupo 13.
    Ambos os equipos chegan ao partido contando por vitorias todas as súas actuacións, aínda que os amarelos mostráronse máis operativos ofensivamente ao obter 92 goles nos dez partidos disputados, fronte aos 64 dos azuis. Pola súa banda o Unión encaixou 5 tantos fronte aos 6 do Cambados.
    O partido preséntase moi interesante ante a superioridade mostrada por ambos os conxuntos na categoría e, aínda que queda toda a segunda volta, o resultado será indicativo de cal dos equipos estará máis preto de lograr o título que outorgará o ascenso de categoría, e quen terá que dirimir o ascenso nunha eliminatoria posterior.
    Os cambadeses, recuperan para o choque a dous xogadores importantes, o capitán Somoza e o goleador Luís, que o pasado fin de semana reforzaron o equipo cadete que empatou
    no Grove. Ademais, Mario, que ante o Dena só xogou un tempo, xa poderá actuar de inicio.
    Texto e fotos: M.A.P.P.
    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net


    CENSURA

    UNHA GRANDE CHEA CENSURADA POR FOTOLOG
    definitiva
     Foto sin censurar de www.cambadosenfotos.net
     

    O noso fotolog foi pechado por exhibir fotos artísticas do calendario a prol da Asociación Esperanza Salnés, estes americanos tan liberais como para ser a industria Nº 1 do mundo en materia pornográfica e logo résganse as vestiduras por un espido artístico e benéfico. Moléstanos pola cantidade de fotografías que temos colgado no mesmo  e que non podevemos volver a ver, pero pronto abriremos outro. Como todos sabedes o peche é por mor dalgunha denuncia dalgún usuario, hai que ser un pervertid@ para denunciar esta foto, pero de todo ten que haber polo mundo adiante. Grazas polas mostras de apoio amosadas por moitos de vos.

    ------------------------------------------------------------

    UNHA GRANDE CHEA INVITADA  A PRESENTACIÓN DO PROXECTO "2009. ANO RAMÓN CABANILLAS"

    lastscan

     

    A Asociación Cultural e Deportiva UNHA GRANDE CHEA foi invitada polo Alcalde de Cambados e pola Concelleira de cultura Ana Isabel Carro á presentación do proxecto "2009. Ano Ramón Cabanillas", que terá lugar no Museo do Viño de Cambados o xoves 13 de Decembro ás 19,30 h. No transcurso do acto celebrarase o centenario da publicación "El Umia" dirixida por Ramón Cabanillas en 1907.
    Temos que dar grazas o concello e a comisión organizadora por esta invitación e por suposto non faltaremos o acto.

    picture178

    Monumento os "tertulianos" do "Café Moderno" de Pontevedra e na estampa están figuras de calidade humana e artística de Castelao, Paz Andrade, Cabanillas, Alexandre etc.

     

    ------------------------------------------------------------

    O NOSO SECRETARIO "CHON" NO SUPLEMENTO "MÁIS CAMBADOS" DE  FARO DE VIGO

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS CHON

     

    O texto di o seguinte: 50 anos, cáncer. Naceu en Triana, Cambados, lugar no que resideu toda a súa vida. Estudou na escola de Doña Antonia, Don Nazario e Viritas, antes de cursar bacherelato no I.E.S Ramón Cabanillas. Tres meses despois de rematar o servicio militar, marzo do 79, ingresaba na plantilla laboral do Xulgado  de Cambados, lugar onde leva case tres décadas traballando. Dende 1980 é secretario e coordinador da asociación Unha Grande Chea.

    O seu prato favorito: Todos, máis se me teño que decantar por un , quédome coas ostras.

    A súa bebida preferida: Albariño.

    O útimo libro que leu: A nación galega existe, unha escolma de entrevistas  realizadas polo xornalista Xosé Mexuto ao deputado nacionalista Francisco Rodriguez.

    Un disco: Unha semaniña enteira de Treixadura.

    Unha virtude: A constancia.

    Un defecto: Traballo moi pouco na casa, deberia axudar un pouco máis nas tareas domésticas.

    Un desexo: Que ao XXX aniversario de Unha Grande Chea  asista o maior número posible de cambadeses.

    Unha mañá de domingo ideal:  Levantarme a unha e disfrutar comendo coa miña familia. Xaquin Charlín é secretario e coordinador de Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    O RECUNCHO DE DOMIN

    domi

    Foto: www.cambadosenfotos.net

     

    Na paxina  www.cambadosenfotos.net  ten unha sección adicada o noso bombeiro maior Domin denominado "O  recuncho de Domin" o cal podedes ver premendo directamente no seguinte enlace http://www.cambadosenfotos.net/domin-2.html  nel disfrutarás de fotos do noso compañeiro  e amigo,  e unha case espido integral (non a imos publicar aquí a ver se nos fechan tamén o blog)  así como caricaturas a toda cor. Canto lle temos que agradecer a Eduardo Apariz, é un fenómeno.

    ------------------------------------------------------------

    ANTONIO GÓMEZ CHARLIN, UN ESCRITOR CAMBADÉS MOI PECULIAR.

     

    a9c6f1   1991

    Na primeira foto (de A Voz de Galiza) podemos ver a Antonio co seu novo libro, e na seguinte de porteiro coa "Selección de Portugal" (1990) o equipo, no que os compoñentes eran case todos de Unha Grande Chea e nel concretamente están: De pé: Geno, Antonio, Chon, Dominguez e Xaime Pillado; Agachados: Mon, Miguel Palacios, Salva, Hadrián e Javito.

     

     antonio lorenzo gómez charlín  escritor cambadés autor de «hai putas que teñen algo de santas»

     «Ou sexo e a prostitución só son un compoñente máis do libro»

    A experiencia do autor á fronte de varias casas de citas de luxo volta a impregnar a súa terceira novela

    Aos seus 35 anos, ou cambadés Antonio Lorenzo Gómez Charlín agarda a próxima chegada do 2008 coa satisfacción de ver publicada a súa terceira novela, Hai putas que teñen algo de santas . Facendo boa a máxima literaria de experimentar na vida para dotar despois de espírito a súa creación, ou autor volta a impregnar a súa máis recente proposta do pouso vital de tres anos á fronte de varias casas de citas de luxo na súa Canarias de adopción. Ata alí chegou este campión de España de maratón por equipos movido pola oferta laboral dá construción. Dez anos de peón de albanel que acabaron quedando atrás sen pena ningunha para probar non mundo dá prostitución, antes de recalar non motel de Adeje (Tenerife) non que traballa desde hai seis anos. Unha editorial arxentina decidíu apostar por Hai putas que teñen algo de santas . Suxestivo escaparate rodeado de chiscadelas ao lector, como a identidade do seu padriño, un diácono canario, ou a capacidade para predicir a rodaxe dá película de Vicente Aranda, Cancións de amor en Lolita's club .

    -«Hai putas que teñen algo de santas». Un título sen dúbida provocador...

    -A editorial arxentina que a publicou decidíu incluíla na súa colección de novela erótica. Pero eu entendo que ou erotismo, ou sexo e a prostitución só son compoñentes dá novela. Están presentes, pero como un elemento máis. Hai outras cuestións que son tan ou máis importantes na obra, como ou feito de ver como ou pasado axuda a configurar ou presente. Non meu libro conto a historia de amor entre un escritor e unha prostituta ao longo de 18 anos. Así comezo a reseña dá novela, na que tento transmitir a idea do amor e do sexo como fontes imprescindibles para sentirnos libres e vulnerables, pero tamén ou peso abafador do pasado e dous acontecementos azarosos e incontrolables que van construíndo ou noso presente. É un libro moi dinámico, moito mellor cós meus dous anteriores. Carmen Posadas , a gañadora do Premio Planeta 1998, díxome que é moi ousado. Eu non ou creo tanto...

    -Cun título encabezado pola palabra puta conseguir que un diácono católico ou presente en sociedade é todo un golpe de efecto...

    -Presentamos ou libro non mes de maio en Adeje. Alí hai un diácono, Manuel Gabriel Trujillo, pertencente á corrente dá Teoría dá Liberación, que antes de ser cura foi guerrilleiro en Venezuela, e que tamén dedícase a escribir.

    -Voltando á apunta do seu libro, resulta sorprendente ler que ou seu protagonista dirixe a adaptación cinematográfica dá novela de Juan Marsé «Cancións de amor en Lolita's Club», película de Vicente Aranda (coa prostitución como parte do pano de fondo) que acaba de ser estreada...

    -Eu rematei Hai putas que teñen algo de santas en agosto do 2006. Cal foi a miña sorpresa cando hai tres ou catro meses me enterei de que Vicente Aranda rematase a rodaxe dá película. A min gústame ou libro de Juan Marsé, e con boa ou mala sorte, quixen falar do na miña novela. E ata acertei non nome do actor que interpreta ou papel principal, Eduardo Noriega. Mesmo creo que tamén ou dá actriz. Na miña obra poño que é colombiana, pero como cando a escribín non lembraba ou nome, non ou puxen (Flora Martínez).

    -A súa novela non se atopa en librerías...

    -Non, agora só pódese mercar a través de Internet, na páxina dá editorial arxentina:  www.elaleph.com. Tiráronse 1.000 exemplares, pero xa se esgotaron en Canarias. As miñas dúas primeiras novelas publicounas a obra social de Caixa Canarias, pero non me gustou como as editaron e busquei unha alternativa. Entereime de que esta editorial arxentina tinga un selo, edicións deauno.com que coeditaba a autores. Eles cobren a metade dous gastos, e ou autor ten que correr co resto. Por sorte conseguín a axuda dunha librería de Tenerife, Todo Hobby.

    -E xa está de novo mans á obra. ¿Ou seu próximo traballo seguirá a liña de «Hai putas que teñen algo de santas»?...

    -Xa teño moi avanzada a cuarta novela, e conto con tea publicada a finais do 2008 ou comezos do 2009. A primeira, O soño da noite azul , era unha especie de diario íntimo, e a prostitución tinga un pequeno oco. Na segunda, O camareiro está triste , ou tema tinga máis presenza.

    Pablo Penedo “A Voz de Galiza”

     -----------------------------------------------------------

    ¡¡¡FELICIDADES SR. X!!!

    nuevo-2

     

    O tempo vai pasando para todos, e a noutra hora polémica páxina coñecida vulgarmente como " A páxina do Sr. X"  http://camba2.blogspot.com/  cumpre un ano de vida. Esta páxina lembrades que se fixo famosa por publicar unhas fotografías nas que Tourís e outros concelleiros saian esposados ou detidos e que dou orixe a unha denuncia de Tourís, Dominguez, Aragunde e Rosa Oubiña da cal se fixeron eco medios de alcance estatal incluídos entre outros  O País. Parabéns e a cumprir máis.

    ------------------------------------------------------------

    A CONSELLERIA DE MERIO RURAL INVITA A UNHA GRANDE CHEA A PRESENTACIÓN DO PROGRAMA LEADER 2007-2013 

    nuevo-2

     

    A Consellería de Medio Rural invita a esta Asociación a presentación do programa Leader 2007-20113, as seis Directrices Estratéxicas  deste programa son:
    Mellorar a competitividade dos sectores agrario e forestal
    Mellorar o medio ambiente e a contorna rural
    Mellorar a calidade de vida nas zonas rurais e fomentar a diversificación
    Desenvolver a capacidade local de creación de emprego e diversificación
    Traducir en programas as prioridades
    Velar por que os instrumentos comunitarios compleméntense mutuamente.

    A cita é no Pazo de Congresos e Exposicións o vindeiro día 14 de decembro ás 12 horas.

    -----------------------------------------

    Víctor Caamaño Rivas, presenta para o seu tratamento no próximo pleno a seguinte MOCIÓN:

    PUNTO LIMPO

    PControl%5CNovas%5CTumb%5C794 PControl%5CNovas%5CTumb%5C844 victor-fefinans

    Desde hai  uns anos vense desenvolvendo, nos concellos galegos, un sistema de recollida selectiva dos Residuos Sólido Urbanos. Esta actuación era unha das que estaban contempladas no Plan de Xestión de RSU de Galicia, o cal ten por finalidade reducir a cantidade de residuos producidos nos nosos fogares.

    Resulta evidente que se este sistema de eliminación de residuos funcionara correctamente sería unha boa solución para reciclar certo tipo de residuos (envases e embalaxes de cartón, vidro e papel) que producimos en gran cantidade.

    O Plan de Xestión de RSU de Galicia, contempla igualmente, para a eliminación doutro tipo de residuos como pinturas, disolventes, escombros, electrodomésticos, mobles, tubos fluorescentes, etc, a creación dos chamados “Puntos Limpos”. Estes complementarían  o sistema de recollida selectiva de residuos procedentes dos nosos fogares. A Consellaría de Medio Ambiente tiña como obxectivo a creación dun punto limpo por cada concello de máis de 5.000 habitantes. A construción destes establecementos  realizouse por medio dun convenio entre os concellos, a Xunta e a Unión Europea. O valor dun punto limpo estímase en 210.000 euros, e gran parte desta cantidade procede dos Fondos de Cohesión da UE, mentres que do concello depende unicamente a cesión dos terreos para a ubicación das instalacións e o posterior mantemento.

    O Punto Limpo debe ser un lugar accesible e ben comunicado para que o cidadán se poida achegar a el doadamente. Disporá dunha zona cuberta e outra descuberta para diferentes residuos, en colectores independentes segundo os distintos tipos, e xamais albergará residuos perigosos. Ademais estes recintos non deberán desprender malos olores nin producir ningún tipo de contaminación. Os residuos almacenados serán enviados a un xestor autorizado para que proceda a súa reciclaxe.

    O Concello de Cambados conta desde hai tempo cun punto limpo para a súa utilización. Desde o ano 2001 os veciños e veciñas de Cambados dispoñemos deste servicio no polígono industrial de Sete Pías. Aínda contando con esta situación privilexiada, a día de hoxe unha gran parte da poboación de Cambados descoñece a utilidade deste servizo ou ignora a súa situación, polo que resulta habitual que de xeito continuado aparezan no concello vertedoiros incontrolados. Outra parte dos veciños e veciñas que si son coñecedores deste servizo, acaban transformando as inmediacións  das instalacións do Punto Limpo nun vertedoiro incontrolado ao no coincidirlle o momento da súa visita cos residuos  en horario de apertura das instalacións.

    Para que este servizo mellore o seu funcionamento en Cambados e con isto o noso concello colabore na defensa e protección do medio ambiente, propoñemos ao Pleno da Corporación Municipal  os seguintes ACORDOS:

     

            Que o Concello realice unha campaña de promoción do Punto Limpo para que os veciños e veciñas teñan moi claro a utilidade deste servizo, así como a localización e o horario destas instalacións.

            Realizar unha campaña de divulgación do Punto Limpo nos colexios de educación primaria e nos institutos de educación secundaria (os nenos e nenas de hoxe son os cidadáns do mañá).

            Mellorar a sinalización e os accesos ás instalacións.

    Asdo: Víctor Caamaño Rivas

    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

     

     

    DEPORTES 131/12/07

    DEPORTES
    FÚTBOL
    CAMBADOS 2  - BORA 0
    SANY0314   SANY0327   unhagrandechea cambados augusto
    Duas imaxes do encontro e o debutante "Augusto" (Fotos: Unha Grande Chea)
     
    O Cambados chegoulle só a primeira parte para derrotar o Bora,  en dúas xogadas a balón parado , concretamente dous saques do curruncho e ademais seguidos Edu e Rober, sentenciaron un partido que non tivo moita historia. Sobrou toda a segunda parte. Grazas a que tropezaron Marín e Nigrán estamos a cinco puntos do líder o Marín e a tres do segundo o Nigrán. A vindeira semana temos un partido decisivo, hai que puntuar en Arbo como sexa. Destacar o debut dun novo xogador no Cambados Augusto, o cal lle desexamos moita sorte.
    UNHA GRANDE CHEA TV ESTIVO NO ENCONTRO E FIXO A SEGUINTE REPORTAXE:
     
      
     
    ----------------------------------------------------------------------------------------------------------
    BEIRAMAR 1 - CAMBADOS B 3
    SANY0291
    Equipo que saeu de inicio contra do Beiramar: Gogo, Fergu, Chon, Pepe, Chopi e Domi.Agachados: Fari, Pablo, Iago, Beni  e Gaby.
     
    Os golfiños sofriron nun partido que previamente parecía doado , complicándose na primeira parte o marcar o Beiramar. Despois da arenga de Mara no vestiario os nosos saíron con outros folgos e superaron o Beiramar en todos os sentidos, un golazo de volea de Fari empatou o encontro, logo foi coser e cantar, a destacar a labor do xuvenil Isma que fixo un gran encontro no tempo no que  estivo no campo. Estamos na terceira praza a a catro puntos do líder San Miguel, que non fallou  e a tres do segundo clasificado o Bamio que goleou a todo o equipo revelación da categoría o Drakkar. O vindeira xornada, concretamente o domingo, temos no Pombal un partido que de principio prevese doado, pero como sabemos todos na confianza está o erro e hai que saír a gañar, son dos partidos que non se poden perder. O vindeiro venres tivo lugar a cea de nadal do Cambados B, estivo moi animada e tamén podedes ver fotos na reportaxe de U.G.CH. TV.
     
    UNHA GRANDE CHEA TV ESTIVO NO ENCONTRO E FIXO A SEGUINTE REPORTAXE (Inclué fotos da cea):
     
      
     
    Aconsellamos que lle botedes unha ollada as seguintes paxinas do Xil e do San Miguel: http://deportivoxil.esp.st/

     http://www.udsanmiguel.es.mn/

     

    REPORTAXES DE UNHA GRANDE CHEA TVG

    REPORTAXES DE UNHA GRANDE CHEA TVG:
     
    INAUGURACIÓN DE INNOVADORA TENDA DE MODA "YUBE"
    SANY0256   nuevo-1   nuevo-2
     
    Onte (07/12/07) inaugurouse unha  innovadora e distinta tenda de roupa feminina en Cambados. Situada na rúa Príncipe de Fefiñans- Cambados e rexentada por Belma, compañeira de Nacho Nuñez Cacabelos. A tenda como podedes ver no vídeo é unha verdadeira revolución da moda en Cambados, a súa decoración é singular, moi iluminada e moi ben adornada, nas datas nas que estamos obviamente case todas traxes que podemos ver son de noite e destinados os vindeiras festas de Nadal e fin de ano, tamén podemos atopar accesorios como zapatos, bolsos ou cintos. Dar unha visita por Yube é obrigada. O grupo de Gaitas Unha Grande Chea, foi a encargado de amenizar a inauguración, e xa van uns cuantos negocios en Cambados, tales como Pandemonium, Tanakas, Vinacoteca Ulloa, Gardería Mayra, Bar Ventos etc, e a todos lles vai moi ben, parece que damos sorte. Asi que sen máis vos presentamos o vídeo:
     
      
     
    -----------------------------------------
    IRMANDAMENTO A ESTRADA-CAMBADOS
    P1000129   P1000145   P1000252
     
    Fai uns días celebrouse en Cambados unha especie de Irmandamento entre xente de A Estrada e de Cambados, organizada por José María Daporta e por Manolo Uzal , no Pazo A Capitana de Cambados, despois de tomar uns viños no Bar Silva e "Na da Vella", desprazámonos o Pazo A Capitana onde degustamos unhas boas ostras , tortilla vexetal e unha caldeirada de patacas cocidas, berberechos e ameixas cunha hallada, todo esta riquísimo, e claro estando Xoán Silva e Blas a cousa rematou cantando. Xa estamos ansiosos por devolver a visita. Alí estivo Unha Grande Chea TV e fixemos o seguinte vídeo:
     
      

    ARTISTADAS

    MANOLO PAZ EXPÓN NA GALERIA SCQ DE SANTIAGO
    unhagrandechea cambados manolo paz (1)   unhagrandechea cambados manolo paz (5)   unhagrandechea cambados manolo paz (6)
     

    Manolo Paz naceu en 1957 en Castrelo, Cambados, vila esta última na que vive actualmente. No seu taller, en Quintáns, Cambados, nun amplo prado xunto ao mar, algunhas das súas pezas máis fermosas dialogan en silencio coa natureza. Nado e criado nunha "casa de traballo" galega, na que a súa familia atendía negocios de carnicería e do campo, Paz comezou de neno a facer tallas de madeira coa súa navalla. Estudou na Escola de Artes e Oficios "Mestre Mateo" de Santiago de Compostela. É profesor de escultura na "Escola de Canteiros" de Poio (Pontevedra). Como material utiliza os distintos tipos de granito galego, ao que atribúe un carácter sacro e ritual, que traballa coa antiga técnica dos "canteiros" galegos.

    O seu traballo coas pedras é enteiramente persoal: manual, corporal, e por iso, mental. O martelo e o cicel estruturan unha orde que, xunto cos diversos graos de pulimento e a aceptación da súa estrutura en bruto, natural, fan brotar a forma na pedra. A metáfora da pedra como alimento é central no universo estético de Manolo Paz, para quen as grandes moles de granito, de máis de cento vinte toneladas de peso, son "barras de pan" difíciles de atopar. Ás que hai que romper para darlles vida.

    Desde esta semana expón na galería SCQ de Santiago de Compostela unha mostra dos seus formatos grandes máis recentes, complementada cunha colección de pezas máis pequenas., esta exposición  Manolo defínea "é o resultado dun proceso de maduración que ten relación con ir entendendo o que piden as pedras". A este exposición foi invitado de excepción o presidente de Unha Grande Chea,  Fico e a súa muller Irene.

     

    unhagrandechea cambados manolo paz (7)   unhagrandechea cambados manolo paz   unhagrandechea cambados manolo paz (2)

     

    Logo de definir poéticamente a Manolo e a súa obra , diremos que aparte de ser un artista de fama mundial , Manolo é sinxelo, adorable, amigo dos seus amigos, falando con el  ris aínda que non queiras, ás veces os seus pensamento filosóficos raian o absurdo, pero como dicimos en Cambados "e como un cacho de pan". Manolo foi un dos que puxo a semente para a creación de Unha Grande Chea e foi un dos primores en facer o Enterro da Sardiña en Cambados, é unha persoa que lle encanta o Entroido e disfruta bebendo albariño. É simplemente xenial.

    ------------------------------------------------------------

    ¡¡¡ACÁBANSE!!!

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS CALENARIO FOTO VOZ.

    Foto: A Voz de Galiza

     

    Infórmanos o Servizo de Ventas da Comisión Organizadora “Tende unha Man”, que a venta dos calendarios a prol de Esperanza Salnés, non pasara desta ponte da constitución , probablemente. A estas horas hai sobre 150 calendarios en stock, despois da primeira reposición polos puntos de venda, aínda que se descoñece como van as mesmas en Arousa e no Grove onde tan só o primeiro dia vendéronse 40 calendarios. Calculan os organizadores que estarán vendidos xa máis de 1300 calendarios, dos 2000 que se tiraron en principio. Estase a facer polo comisión un novo estudio de mercado  para  prover unha nova tirada.  Esta fin de semana haberá novamente revisión dos puntos de venta, os  teléfonos non paran de sonar e isto é moi bo, e iso que aínda queda o Nadal,  e que mellor agasallo que un calendario.

    ------------------------------------------------------------

    OS GAITEIROS PRESENTES NA CEA ANIVERSARIO DO BNG

    Unhagrandechea cambados bng (10)   Unhagrandechea cambados bng (4)   Unhagrandechea cambados bng (7)

    Gaiteiros da talla de Xaquin Xesteira, Nando Casal , Magoia Bodega , Paulo Nogueira ,  e Moncho o Chilro, estiveron presentes.

    Unhagrandechea cambados bng (5)  Unhagrandechea cambados bng (6)  Unhagrandechea cambados bng (9)

    Tamén estivo presente  o noso Secretario Chon a quen podemos ver na foto con Moncho "O Chilro", Xaquin Xesteira e Paulo Nogueira, e a sua dona Teresa na foto con Magoia Bodega, Carrión e Esther.

     

    O pasado venres un de decembro tivo lugar nas Adegas Martín Codax de Vilariño-Cambados, a cea organizada polo Comité Comarcal do BNG do Salnés, coa intervención de Suarez Canal e Olaia Fernández en conmemoración do 25º aniversario da fundación da fronte nacionalista, cea a que asistiron a titulo particular o vicepresidente de Unha Grande Chea Ulloa e o Secretario da Asociación Chon, que estivo acompañado  moi ben durante a cea,  escorado polos dous mellores gaiteiros de Galiza Paulo Nogueira e Xaquín Xesteira. Só nos falta ir a unha cea do PP, a ver se nos invitan. Tamén se atopaba pola cea Nando Casal gaiteiro de Milladoiro, e claro o remate da cea con todos estes artistas era raro non oír gaitas , Unha Grande Chea Tv tomou estas imaxes:

     

        

    ------------------------------------------------------------

    "O BUFÓN E A INFANTA"

    a18c6f1

    Juan Galiñanes (Foto: A Voz de Galiza)

    O noso futuro gañador do Goia a mellor curtametraxe de animación  por "O Bufón e a Infanta" , o noso paisano Juan Galiñanes,  esta a facer promoción da súa película,  e o noso amigo e colaborador Angel Cambados, fíxonos chegar o vídeo de promoción da mesma, e como non podía ser doutro xeito aquí volo presentamos. Toda a sorte do mundo para Juan.

     

        

     

    ------------------------------------------------------------

    ACTIVIDADES DO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS

    O Centro Comarcal do Salnés acollese a unha nova actividade da Axencia Audiovisual Galega: "REDestreas".
     "REDestreas" é un servizo de apoio ás estreas de curtametraxes, documentais ou longametraxes sen distribución comercial. Esta rede de espazos permitirá que un filme destas tipoloxías se presenten nalgúns dos núcleos urbanos máis importantes de Galicia coa repercusión que iso significa.
     O servizo de REDestreas ven a cubrir unha demanda dos creadores e produtores dos proxectos audiovisuais galegos que non tiñan un lugar axeitado para a súa primeira presentación ante os espectadores.

    fole

    Anxel Fole

    O Centro Comarcal do Salnés, dentro do ciclo de Cinemas Dixitais, emitirá este sábado O Tesouro (de Ánxel Fole) ás 17:30 h.
     O Tesouro (de Ánxel Fole) é a adaptación do relato de Ánxel Fole do mesmo título.
     Argumento: Partindo do escenario onde son contados os relatos, a carón dunha lareira ou chemenea nunha noite do inverno, Anxel Fole, exemplo do costumismo galego, presenta nos seus contos un retrato da historia da Galicia labrega. Os elementos fantásticos pertencen ao mundo irreal e descoñecido. Visións ou
    soños onde aparecen estrañas personaxes tendo como elemento común a búsqueda do tesouro e a forma violenta de tratala morte como no caso presente, no que os ciumes levan á morte ao amante e anos despois ao seu descendente no mesmo lugar.
     A entrada é de balde, ata completa aforo.

    ------------------------------------------------------------

    UNHA GRANDE CHEA TV FAISE ECO DUN VIDEO CLIP DE "TINO BAZ"

    2657829

    Tino Baz (Foto: O quiquiriquí)

     

    Tino Baz é un gaiteiro, gutarrista, narrador pero sobre todo cantareiro que chega dende A Guarda. O seu chorro de voz, grave, importante se cadra incluso épica é unha das mellores do país.
    A súa traxectoria musical colócao como peza fundamental do Orfeón de Treixadura, colaborador do grupo Quempallou ou parte da gravación do disco de panxoliñas “O quiquiriquí” con xente como Guadi Galego, Ugía Pedreira, Mini ou Mero.
    Tamén é artífice dos seus propios traballos como “Cinsa namorada” na que Tino vén coller o relevo dos cantautores galegos deixando o listón moi alto. Tino estivo fai poucos dias en Cambados na homenaxe de Isaac Diaz Pardo na compaña de Paulo Nogueira e Magota Bodega.

     

    UNHA GRAN DE CHEA TV faise eco do seu Videoclip, extraído de su primer trabajo discográfico en solitario, "Cinsa namorada”, paga a pena velo e escoitalo.

     

        

    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

     

    deportes 05/12/06

    DEPORTES
    FÚTBOL
    NIGRÁN 4 - CAMBADOS 0
    lastscan   unhagrandechea cambados a jacobo faro   UNHAGRANDECHEA CAMBADOS FOTO A
     
    Outra vez non puido ser. O Cambados volveu a dar a súa peor cara fora de Burgans, esta vez perante un rival de peso nin máis nin menos que Nigrán un dos favoritos o ascenso, e non se chegou a xogar mal de todo, pero coma sempre a falta de mentalización e outra razón tamén moi importante a falta de sorte fixo que o Cambados volvera novamente de baldeiro dun desprazamento. Así como na casa non nos vai Nadal mal fora temos unha sinatura pendente que hai que recuperar canto antes. Estre tropezo fora alóxanos un pouco dos postos de ascenso porque agora estamos a sete puntos do líder o Marón e seis puntos do segundo clasificado precisamente o Nigrán. Na vindeira xornada enfrontámonos en Burgans as 16.30 horas o Bora Campolongo que ocupa o posto decimo segundo na clasificación, non podemos perder nin empatar senón poderemos perder definitivamente o tren do ascenso.
     
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GUAU NOVO
    ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
    CAMBADOS B 4 - SALNÉS 1
     
    SANY0207                 SANY0208
     
    Partido de rivalidade local, no que o Cambados B partía como claro favorito e non defraudou. Eulo que fixo un hard-trick foi o gran protagonista do encontro. O Salnés  fixo o que puido e ata se chegou a poñer a un perigoso 2-1 grazas a un claro penalti marcado por Pela o porteiro visitante, aínda que houbo algún que outro problemiña para para tirar a máxima pena (Unha Grande Chea TV gravouno en vídeo). A partir de aquí o Cambados púxose as pilas  e enseguida consigue marcar dous goles máis o cuarto de Alberto quen foi expulsado por dobre cartón marelo. Agora estamos na terceira posición a catro puntos do líder San Miguel a a tres de segundo clasificado O Bamio. A vindeira xornada volve haber outro "derby" esta vez o Beiramar-Cambados B, non poden fallar os nosos rapaces senón perderían de vista os que os preceden, aínda que temos que dicir que a hora é un pouco intempestiva para eles o partido xogase as 12 da mañá. Xa vos contaremos.
     
    UNHA MICROREPORTAXE DO ENCONTRO POR UNHA GRANDE CHEA TV:
     
      
     
    unhagrandechea cambados climax
     
    -----------------------------------------
     
     BALONCESTO
    VILALVA 72 - XUVEN 76
    unhagrandechea cambados xuven (15)   unhagrandechea cambados xuven (16)   unhagrandechea cambados xuven (17)
     
    Partido duro no que os cambadeses saíronse coa súa ante un Vilalba que ocupa o décimo primeiro posto da clasificación, e aínda que previamente  parecía que non ía haber problemas coa vitoria, o Xuven tívose que empregar a fondo. Con este triunfo o Xuven continua na segunda praza a unha vitoria do líder Ourense, e empatado vitorias co terceiro clasificado o Obradoiro. O vindeiro sábado no Pombal a hora de sempre , as 19.00 horas enfrontámonos a La Salle que ocupa o posto noveno da clasificación, non debiamos de perder pero nunca se pode fiar un.
     
    UNHAGRANDECHEA ESTABLECIMIENTOS OTERO
     

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

    ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

    TODOS AS FOTOS DO CALENDARIO A PROL DE ESPERANZA SALNÉS NA SÚA CÓR ORIXINAL.

    TODOS AS FOTOS DO CALENDARIO A PROL DE ESPERANZA SALNÉS NA SÚA CÓR ORIXINAL.
    1.- Xaneiro - A Leria.2.- Febreiro.- Unha Grande Chea3.- Marzo.- Xuven.4.-Abril.- Comepipas5.- Maio .- Cambados  futbol.6.- Xuño.- Ciclismo cambadés7.- Xullo.- Carcamans8.-Agosto.- Piraguismo9.- Setembro.- Golf
    10.- Outubro.- C.B. Santome.11.- Novembro.- Los Pablos.12.- Decembro.- Moteros13.- Xaneiro 2009.- Elas , simplemente , elas.
     
     
    Os nosos servizos de información , nun traballo sen precedentes, fixéronse coas fotografías orixinais, antes de entrar en imprenta e aquí volas presentamos todas, arriba en "A NOSA PORTADA - MÁIS ÁLBUMS " podes vela en tamaño máis grande para poder baixalas o teu ordenador. Os organizadores maniféstanos que as ventas levan unha marcha fenomenal dende o sábado pasado xa se venderon máis de mil calendarios, a este paso non chegan o sorteo de Nadal. Asemade dende estas páxinas queremos recoñecer e homenaxear dalgunha maneira a valentía das mozas da Leria para posar espidas neste calendario, sen debida de todos os que posamos no mesmo merecen o máis grande dos respetos e un fervoroso apluso.
     
    uNHAGRANDECHEA ESPERANZA SALNES CAMBADOS
     
    "Foto de familia" da Gala, na cal se poden ver ate tres membros de Unha Grande Chea: Irene, Xocas e Javito (Foto: Diario de Arousa)

    ÉXITO TOTAL NA PRESENTACIÓN DO CALENDARIO

    A PRESENTACIÓN DO CALENDARIO A PROL DE ESPERANZA SALNÉS, TODO UN ÉXITO.
    UNHA GRANDE CHEA O CONXUNTO CON MAÍS ANOS DO CALENDARIO E NEMBARGANTES OS MÁIS CACHONDOS   SANY0100   SANY0101
    Foto do calendario de Unha Grande Chea, Presidente de Unha Grande Chea Salvador Cores e señora e os presentadores da gala Eugenio Giraldez e Terio Carrera.
     
    SANY0103   SANY0104   SANY0105
    Alex, Edu Apariz e Rubi, na seguinte  Xocas Cores (gaiteiro de Unha Grande Chea) en representación "Electricidade Salvador Cores" e por último as autoridades politicas.
     
    SANY0108   SANY0109   SANY0111
    Os representantes de Transportes Bugallo e José Maria Daporta , os organizadores do evento, e un grupo de danza
     
    SANY0112   SANY0117   SANY0118
    Augusto Chaves, xerente de Esperanza Salnés, Manolo Pillado e o Auditorio abarrotado.
     
    SANY0119   SANY0121   SANY0123
    Os tres organizadores do evento dirixindose o público, Perto, Rubi e Alex.
     
    SANY0132   SANY0139   SANY0143
    Premiados no sorteo, Raisa  Guiller  eo invitado especial Matias Lequi xogador do celta, co presidente de Esperanza Salnés
     
    SANY0164   SANY0165   SANY0166
    E por último e non por eso menos importante senón o revés Sagri, muller de Edu, e o artista do todo o calendario Edu Apariz (www.cambadosenfotos.net) que deixou maravillado a todo o mundo coas suas fotos.
     
    Isto que acabades de ver é máis o u menos resumido o que pasou onte en Cambados no Auditorio na presentación do esperado calendario a prol da Asociación para nenos disminuídos psíquicos Esperanza Salnés. O Calendario non defraudou a ningún e todo o mundo  loubou a labor do fotografo Eduardo Apariz, quen nos confesou que pese os comentarios ningún dos que saen na foto foi retocado co fotoshop. A gala moi ben conducida por Terio Carrera e Eugenio Giraldez,  comezou cunha actuación do ballet da danza, a que seguiu o discurso do xerente da Asociación Augusto Chaves, logo veu o impresionante monólogo do membro de Unha Grande Chea , de Iliria Teatro e Teatro Caracol Manolo Pillado, que tivo un actuación brillante e foi longamente aplaudido polo público. Logo falaron os organizadores do evento Perto, Rubi e Alex, os cales agradeceron a todo mundo que participou dun xeito ou doutro , no calendario, tamén se amosou un vídeo de Chourizo Films sobre do making off do mesmo, e por ultimo entrega de detalles os patrocinadores, non sen destacar o verdadeiro artista de este evento que fixo un traballo prestixiado incluso por fotógrafos profesionais, feito de maneira altruísta que aínda ten máis mérito o xa o podemos dicir con letras grandes o FOTOGRAFO Eduardo Apariz, sempre ben axudado por Sagri a súa muller. En definitiva todo un éxito de público e de ventas porque nada máis sair xa se venderon preto de 500 calendarios no propio auditorio.Parabéns a todos e en especial os organizadores e a Eduardo Apariz.
    ¡¡¡MÁIS FOTOS DA CELEBRACION DA NOITE EN "A NOSA PORTADA -MÁIS ALBUMS"!!!
     
    Fotos e texto: UNHA GRANDE CHEA
     
    CHOURIZO FILMS PASOUNOS O VIDEO DO MAKING OF DE CALENDARIO  A PROL DE ESPERANZA SALNES E QUE PODEDES VER DE SEGUIDO:
     
     

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

    ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .