UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
Humor Grandecheo: ANTES DE MORRER... PREFIRO A MORTECambados 31 de Decembro de 2008 FELIZ ANO DESEXA UNHA GRANDE CHEA Feliz Ano 2009 para os do Concello, para os do PP, para os do PSOE, , Para os do BNG, para os apoliticos, para os curas , para os que van de viños, para os que nos deixaron , para os da Confraria, para os que escriben de nos , para os que son da prensa, para os da terceira idade, para os da Leria, para os que non van a Leria, para os nosos rivais, para os internautas, para os que escriben no foro de cambados tk, para pente, para guay, para raios, para bola, para caídas, para clito, para cuellos, para da, para dela, para doja, para dor, para iso, para je, para lelo, para ná, para ngon, para ninfo, para noico, para sicologo, para sito, para sol, para ventos …PARA TODOS Humor Grandecheo: AO SEIS INVENTÁRONO NUN DOUS POR TRES.Cambados 30 de Decembro de 2008 FESTIVAL FIN DE ANO INFANTIL NA PRAZA DO CONCELLO ÁS 11.30 H. DA MAÑÁ ORGANIZADO POR ZONA CENTRO Outro ano máis Zona Centro de Cambados, vai escenificar para os máis pequenos e os non tanto, un fin de ano especial anticipado para que os rapaces poidan gozar en toda a súa intensidade do momento, haberá sorpresas e agasallos. Humor Grandecheo: AFORRA AUGA, DÚCHACHE COAS TÚAS AMIGASCambados 30 de Decembro de 2008 CAMBADOS MEDRA EN HABITANTES 29 MÁIS DO ANO PASADO A ESTE SOMOS OS TERCEIROS EN POBOACIÓN NO SALNÉS Segúndo se pode ver na páxina do ING (Instituto Galego de Estadistica) Cambados segue aumentando de poboación, pois a 1 de xaneiro de 2008 xa somos 13.620 veciños, 29 mais que a 1 de xaneiro de 2007. Segúndo dita estadistica seguimos sendo outro ano mais o terceiro concello con máis habitantes da comarca do Salnés por enriba de concellos coma o de O Grove 11.264, A Illa 4.928, Meaño 5.475, Meis 4.977, Ribadumia 4.781 e Vilanova de Arousa 10.643.Vilagarcia de Arousa 37.329 e Sanxenxo 17.216 según sendo os primeiros da lista. Un traballo de Acamtir. Humor Grandecheo: ABAIXO AS DROGAS!... ATENTAMENTE: OS DO SOTANOCambados 29 de Decembro de 2008 O CAMBADÉS XAQUÍN RODRIGUEZ POMARES, PUBLICA UN CD É O SEU PRIMEIRO TRABALLO COMO COMPOSITOR ESTIVO AXUDADO POR COLABORADORES DE JOAQUIN SABINA, MARLANGO OU “LA XICA” 1.- Xaquín Rodriguez Pomares. 2.- Carátula do CD "Pasárselo bien". Xaquín saca a luz once dos seus temas de música infantil nun traballo xa publicado. Así entre algúns dos que materializan as letras e acordes pensados por este cambadés de 46 anos están compoñentes de grupos como “La Xica” ou Marlango, ou habituais colaboradores de Joaquin Sabina. Os beneficios conseguidos con este disco que acaba de publicar iran a parar a organización non gobernamental “Como tu como yo” www.comotucomoyo.org. Os compras pódense facer mediante a páxina web dese colectivo o unas súa propia, www.cancionesdexaquin.com . Podes ver o artigo enteiro premendo na seguinte ligazón: http://docs.google.com/Doc?id=dc7knff2_365k2584gt Nova recollida de www.farodevigo.es Humor Grandecheo: • COPIAR A OUTRO: PLAXIO. COPIAR A MOITOS: INVESTIGACIÓNCambados 29 de Decembro de 2008 EXCEPCIONAL ARTIGO EN www.cambados.tk SOBRE A PARCIALIDADE DE “LA VOZ DE GALICIA”, A PROPÓSITO DO CONCURSO EÓLICO. “DEFENDEN OS INTERESES DUN POUCOS EN VEZ DOS INTERESES DE TODO O PAIS.” La Voz de Galicia ven a ser branco das críticas totalmente fundadas por parte de www.cambados.tk . Frases como “…Continuísta porque segue a defender os intereses que sempre defendeu, que son os intereses dos que máis poden..”., ou esta outra “…Mais nas últimas semanas calquera que lea este xornal poderá recordar varios titulares que arremeten contras os avanzos que logra unha parte do bipartito na Xunta…”, ou esta outra “…chegan a cuestionar a lexitimidade do BNG para decidir cuestións de importancia…”, ou para rematar esta “…Non sei se veremos o día en que La Voz de Galicia poida facerlle honor ao seu nome…”, este periódico sempre tivo certa fobia o nacionalismo galego eso non é ningún segredo, foi monarquico na monarquia, republicano na república, franquista no franquismo e democrata na democracia, sempre arrimado o sol que mais lle quente. Podedes ver todo artigo que non ten desperdicio en www.cambados.tk . Humor Grandecheo: XEMELGO INTENTA SUICIDARSE E MATA AO SEU IRMÁN NO INTENTO.Cambados 29 de decembro de 2008 LUNS 29 E MARTES 30 MÁIS CINE EN DOBRE SESIÓN INFANTIL E ADULTOS AS 18 E 20 HORAS RESPECTIVAMENTE. O Luns as 18 horas no Auditorio sesión infantil coa proxección da película “El Mago de Oz” e as 20 horas sesión adultos coa proxección do longametraxe “Cuentos de la luna pálida” e o martes 30, ás 18 horas poderedes ver “Charlie y la fábrica de Chocolote”, e as 20 horas “En busca de la felicidad”. Humor Grandecheo: PODEMOS ASEGURAR QUE 5 DE CADA 10 PERSOAS SON A METADE.Cambados 29 de Decembro de 2008 O BACO VÍTIMA DE INOCENTADAS O POBRE NON SE PUIDO DEFENDER PUXÉRONLLE UN CUEIRO E O MONECO. Baco, é un dos símbolos de Cambados , situado na céntrica Praza Ramón Cabanillas e obra do escultor cambadés de fama internacional Francisco Leiro, ven sendo todos anos vítima e centro das inocentadas do noso pobo, desta vez puxéronlle un cueiro e o típico moneco inocente. Que todas as trasnadas que se fagan sexan como estas. Humor Grandecheo: QUENMEROUBOABARRAESPACIADORA?.Cambados 28 de Decembro de 2008 A PRAZA DE FEFIÑANS CONTARÁ CUNHA ESTATUA ECUESTRE DE FRANCO FOI ACORDADO NA DERRADEIRA COMISIÓN DO GOBERNO DO ANO. O ALCALDE TOURÍS FOI O QUE PROPUXO A IDEA, SECUNDADA POR TÓDOLOS SEUS CONCELLEIROS. Estudo informático realizado polos técnicos do concello de como quedaria a praza no futuro. Na derradeira Comisión do Goberno do ano que tivo lugar o día 26 de Decembro pasado, as 21.30 horas, a maioría do Partido Popular de Cambados, acordou en desagravio pola retirada da última estatua ecuestre de Franco de Santander, colocar unha nova na Praza de Fefiñans de Cambados, acordándose na mesma comisión encargarlle a obra o escultor madrileño Julio López Hernández, a idea foi do Alcalde Tourís sendo secundada polos demais concelleiros do seu grupo. A estatua será colocada o vindeiro 18 de xullo de 2009. A obra será sufragada en parte polo Concello de Cambados concretamente nun 25% , un 5% pola Asociación Galicia Bilingüe e o 70% restante será subvencionada pola Deputación de Pontevedra. Louzán o parecer amosouse moi satisfeito coa idea e non dubidou en colaborar co Concello de Cambados. Humor Grandecheo: CADA MULLER É UN MUNDO. FAI TURISMO.Cambados 27 de Decembro de 2008 ¿RADIO PONTEVEDRA É A RADIO DO PP? E UNHA RADIO QUE SUFRE UNHA GRANDE METAMORFOSE A HORA DA DESCONEXIÓN ESTATAL EUGENIO GIRALDEZ É O RESPONSABEL. 1.- Eugenio Giraldez un locutor moi PoPular. 2.- Lores, alcalde de Pontevedra centro dos ataques de Giraldez. 3.- Anxela Bugalla, a valedora da "irmandiña". Todos sabemos que Radio Pontevedra, ten unha cruzada encontra do BNG de Pontevedra, por razóns estritamente políticas. Eugenio Giraldez gran golfista el , aparte de ser un locutor moi PoPular, quere acabar como sexa co BNG e co Alcalde Lores, pola simple razón de que a Lores parecíalle unha inxustiza que o Concello de Pontevedra tivera que poñer cartos para o campo de golf de Castrove. Dende esa teña xurada. Radio Pontevedra é unha radio totalmente parcial e sempre tratando de favorecer o PP en tódolos informativos agás cando conectan a nivel estatal que troca como da noite o día. Pero o que xa é o colmo é que onte un seudolocutor de deportes anunciando o Galiza-Iran dicia “mañana hay futbol, ese invento político, Galicia-Irán”, hai cousas nas que unha asociación coma a nosa que defenda os valores galegos non pode deixar pasar por alto. ¿Acaso a Selección Española é un invento político?. A “Irmandiña” é unha selección que moitos viñamos pedindo fai moito tempo e que é capaz de encher un campo como o de Balaidos ou Riazor e toda grazas a unha Conselleira do BNG Anxela Bugallo que fixo posible que cada ano poidamos gritar “Galiza, Galiza, Galiza” e non esteamos en ningún acto político. Quita a careta dunha vez Eugenio Giraldez. Humor Grandecheo: CAMBIO LINDO CAN DOBERMAN POR MAN ORTOPEDICA.Cambados 27 de Decembro de 2008 "FLORES, AMORES, E CEMENTERIOS” O NOVO ÉXITO DE CHOURIZO FILMS ESA INMENSA LERIA QUEDOUSE PEQUENA PARA A ESTREA A INTERPRETACIÓN DE VICKI VALLE, DE OSCAR. 1 e 2.- O público esperaba impaciente a estrea. 3.- Vicki Valle a actriz principal da curta. 4.- O "mestre" Rodrigo. (Preme nas fotos para velas ampliadas). A estrea de “Flores, amores e cementerios”, foi un novo éxito de Chourizo Films, ese inmenso local de corazón como é a Leria quedouse pequeno para albergar a todo o publico que quixo ver a derradeira curta do "mestre" Rodrigo, Pildorillo tivo que estar de perfil para ver a curta. Despois de visualizar os derradeiros films de produtora cambadesa chegou o momento da estrea, o lugar onde se desenrola a acción o cemiterio de Santa Mariña, marco incomparable, a interpretación de Vichy Valle de Oscar, nótanselle os quince anos de Teatro Caracol, e o rapaz Antolín Porto non desmereceu e estivo tamén moi ben, e o guión xenial, e por último a mensaxe da curta, contra da violencia de xénero, mereceu un grande aplauso final. Parabéns novamente a Chourizo Films. Humor Grandecheo: DEIXAR DE FUMAR É FÁCIL, EU FÍXENO MILES DE VECES.Cambados 26 de Decembro de 2008 FIN DE SEMANA MOVIDO EN CAMBADOS SÁBADO 27 CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE CASTRELO DOMINGO 28 CONCERTO DE CORAIS E MARTES 30 EXCURSIÓN A MUSEO VERBUM (Preme nas imaxes para velas ampliadas) Mañá sábado as 20 horas no Auditorio Concerto da Banda de Música de Castrelo, coa interpretación dos seus peculiares e preciosos temas coa intervención de Xaquin Xesteira. O Domingo 28 tamén no Auditorio e a partir das 18 horas VII Concerto de Corais, coa intervención da Coral de Poio, Coral Parroquial San Juan de Meaño, Coral Polifónica Sta. Mariña de Cambados, e a actuación especial de “Manso e Amigos”. Asemade o vindeiro día 30 excursión o Museo Verbum de Vigo “Patinaxe sobre xeo”, as prazas son limitadas por orde de inscrición. Información e Inscricións na Oficina Municipal Xuvenil e Voluntariado sito no Edificio Multiusos da Merced 2º Piso Telf. 986542663. Humor Grandecheo: SE DEUS CREO AO HOME AO SEU IMÁGEN, ESTA CLARO QUE NON É DE FIAR.Cambados 26 de Decembro de 2008 RUBEN ARENAZ INAUGURA “PAIXAXES” NO TETUAN HOXE AS 21.30 HORAS BOTARÁ UNHA LONGA TEMPADA. Os carteis da exposición adornan a Ruben Arenaz Hoxe as 21.30 horas, no Pub Tetuán, sito na Rúa Isabel II de Cambados, terá lugar a inauguración da exposición de fotogramas baixo o titulo de “Paisaxes” do cambadés Ruben Arenaz, permanecerá no devantito pub unha longa tempada. Orixe da nova: http://www.rifrockerz.blogspot.com/ Humor Grandecheo: AVISO: BEBER AUGA NON POTABLE PODE MATAR A TÚA SEDE.Cambados 26 de Decembro de 2008 MAÑÁ: ELECCIÓNS NA CONFRARÍA SORTE A TODOS EN XERAL EN ESPECIAL O NOSO VICEPRESIDENTE E A PRESIDENTA CONSORTE A lista donde vai Ulloa e Teresa Mañá é un día especial para a xente do mar de Cambados, e en especial os que van nas listas, son as eleccións a Confraría San Antonio de Cambados, dende esta páxina desexámoslle sorte a todo mundo pero en especial a lista onde vai o noso Vicepresidente Ramón Martinez Ulloa e a “Presidente Consorte” María Teresa Piñeiro Morrazo. Hoxe no Faro de Vigo sae un artigo con diversas opinións das tres candidaturas podes velo premendo en http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122600_17_284022__Arousa-Benito-Gonzalez-considera-vital-recinto-multiusos-para-cofradia-cambadesa Humor Grandecheo: CÓRTOME AS VEAS OU MAS DEIXO LONGAS?.Cambados 25 de Decembro de 2008. NOVO ARTIGO DE CHON NO ATURUXO ( www.aturuxo.es ) O PRESIDENTE FALANOS DO PROBRE EMPREGO DO GALEGO NA XUSTIZA O GALEGO FALASE MOI POUCO NOS ESTRADOS.
Este vez o artigo de Chon, Presidente de Unha Grande Chea, versa sobre o escaso emprego do galego no eido da xustiza e concretamente nos tribunais da Arousa Sur. Podes velo premendo no seguinte arquivo arquivo fotográfico , neste arquivo podes ver todos os artigos de Chon no Aturuxo: “O ano Cabanillas”, “A morte tiña un prezo” e “Eleccións a Confraria Cambadesa”. Humor Grandecheo: DETRÁS DE CADA GRAN HOME, HAI UNHA MULLER METÉNDOLLE PRÉSA.Cambados 25 de Decembro de 2008. CARTA DE JOSE, RAÑEIRO DE CORBILLÓN A PROPOSITO DAS ELECCIÓNS A CONFRARIA E SOBRE UN CORRIDO RUMOR. Queridos amigos: Antes de nada perdirvos perdón pola probe expresión que poida ter a hora de expresarme, e mais por escrito. A presente a para facervos saber un rumor que está a percorrer todas as charlas e tertulias da xente do mar. Parece ser que o das duas listas por promovidas , según din, polo PP, é decir a de Benito González e de Luis Somoza, teñen preparada unha estratexia co obxectivo único de que a lista de Manuel Costa e Ramón Martinez non poida ser a gañadora. Explicome, segundo se comenta nos corrillos, en principio as duas listas populares vanse xuntar e escoller patrón maior a Benito González, este vai dimitir para acceder a un cargo importante a nivel rexional ou nacional e quedando Luis posteriormente como patrón maior. Se esto ocorrera pareceriame un fraude notable o tada a xente do mar, espero que sexa un rumor infundado e non chegue a pasar, tempo o tempo. Por eso é a miña intención é votar a unha candidatura que ven con gañas de traballar e con aire fresco como é a de Manuel Costa. Gracias por deixar expresarme neste páxina. P:D. Por certo o correo tivo que envialo o meu fillo que eu de informática non entendo. José, Rañeiro de Corbillón-Tragove. Humor Grandecheo: TODOS DEBERIAMOS CRER EN ALGO. EU CREO QUE DEBO TOMAR OUTRA COPA.Cambados 24 de Decembro de 2008 VENRES 26 CINE A “TUTI PLE” TRIPLA SESIÓN: INFANTIL , ADULTOS E NA LERIA “TELEÑECOS EN NAVIDAD” ,“LOVE ACTUALLY” , E “FLORES, AMORES E CEMENTERIOS” 1.- Teleñecos en Navidad.- 2.- Love Actually. 3.- Flores, amores e Cementerios. O vindeiro venres ás 18 horas en sesión infantil proxectarase a película “Teleñecos en Navidad” e as 20 horas, en sesión de adultos “Love Actually”, no Auditorio, e logo as 23 horas aproximadamente nun dos pubs máis activos de Cambados, Pub a Leria, a estrea da curta de Chourizo Films “Flores, Amores e Cementerios”. Humor Grandecheo: O 67% DAS ESTATÍSTICAS, SON FALSAS.Cambados 23 de decembro de 2008
III ANIVERSARIO DE www.unhagrandechea.org.es
PARABÉNS TAMÉN A www.cambadosweb.net QUE CUMPRE O SEU 1º ANIVERSARIO BENVIDO A www.cambados.tk , QUE REAPARECE NOVAMENTE. 1.- Selo conmemorativo do 3º Aniversario de www.unhagrandechea.org.es . 2.- A nova imaxe de www.cambados.web.net e 3 o novo espazo www.cambados.tk
Xa van ala tres anos, cando empezamos con esta historia de facer un blog, nin por asomo pensabamos que en tres anos iamos acadar 133.000 visitas, pero nos non temos mérito ningún quen realmente o ten son a xente e os colectivos de Cambados que grazas e eles imos medrando neste difícil mundo de internet, e sobre todo os que nos visitades. Hoxe en día somos un referente en Cambados grazas a todos vos. Tamén queremos achegar a nosa felicitación a páxina amiga De novo, www.cambados.tk reaparece con forza esta vez formato blog pero que inclúe o seu famoso libro de visitas, benvidos , e a traballar por Cambados. Quizais se bota de menos a páxina institucional que case tamén vai facer un ano que non traballa, din que están en obras, non nos entrañaría que a reabriran agora pronto, xa que estamos en precampaña electoral e iso Touris sabeo aproveitar moi ben, así como a revista a Calzada que de seguro tamén aparecerá proximamente con "novos logros" de Touris e de Superlouzán. Humor Grandecheo:Cambados 22 de Decembro de 2008
HOXE O MONOLOGUISTA "FRAN HERMIDA" NO AUDITORIO
ÁS 20.30 HORAS ORGANIZADO POR ZONA CENTRO. Hoxe ás 21 horas no auditorio, actuación do monologuista Fran Hermida organizado por Zona Centro, o remate sortearanse dez fins de semana en casas rurais do interior.Esta mesma organización o día 24 ás 16.30 horas na Praza do Concello instalará un Papa Noel inchable e dos animadores con música e xogos, todo baixo o patrocinio da Delegación de Turismo e Industria de Pontevedra,e co apoio de outras entidades. Asemade mañan no auditorio as 18 horas Cine infantil coa proxección da pelicula "Cuento de Navidad" e ás 20 horas cine para adultos coa proxección da pelicula "Edurado Manostijeras". Humor Grandecheo: SE NON ENTRA, NON O FORCES. TRAE UN MARTELO MAIS GRANDE.Cambados 21 de Decembro de 2008 DOUS ACONTECEMENTOS DIGNOS DE MENCIÓN O CONCERTO DE ANTONIO VEGA E A PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ADELA LEIRO. A XENTE DE CAMBADOS MOVE A CULTURA DO POBO Tres imaxes do libro de Adela, as tres de Cambados. Adela Leiro Lois presentou onte o seu libro “Galiza, camiño do sol” (Cen camiños, cen olladas), publicado por A Nosa Terra. Un libro con preto de cen fotografías do noso pais, si xa sabiamos que tiñamos un terra marabillosa, Adela venos a confirmar por medio de este extraordinario exemplar, que temos a mellor terra do mundo, cen imaxes a cal mellor. Adela estivo arroupada por familiares, amigos e invitados en número aproximado de cen persoas, entre elas podemos ver o seu irma o escultor Francisco Leiro, o polifacético Antón Reixa, e Montse Prado , Delegada de Industria e o presidente de Unha Grande Chea, tamén invitado o acto, así como númerosos compañeiros de profesión. Antonoio Vega e os integrantes de Nova Produccións. Doutra banda case sen darnos temos asistimos o concerto de Antonio Vega de Nova Producións, unha organización de sobresaliente, Unha Grande Chea foi invitada o palco VIP, e alí volvemos a coincidir coa Delegada de Industria Montse Prado quen mediante o Xacobeo prestou unha axuda importante o evento, así como demais políticos locais e casas patrocinadoras. O concerto foi excepcional coa sorpresa que un dos socios de Nova Producións Pepiño Nuñez subiu o escenario e cantou unha canción con Antonio Vega. Desexámoslle a estes xoves que continúen por este camiño e moita sorte cara o futuro. Humor Grandecheo: DETEÑEN A UN BOMBEIRO POR APAGAR UNHA CAPELA ARDENTE.Cambados 20 de Decembro do 2008 OBRADOIROS PARA MOZ@S REALIZACIÓN E EDICIÓN DE VÍDEO O 22 E 23 DE DECEMBRO No centro “multiusos” da Merced os vindeiros días 22 e 23 de Decembro vaise levar a cabo un obradoiro para mozos e mozas de “Dirección e realización de vídeo”. As prazas son limitadas e pódese pescudar máis información na oficina municipal de información xuvenil no Centro A Merced 2º piso, Tlf. 986542663. |
|
|