UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    A frase do dia: Non sexas servil, senón nunca serás ceibe.

    A PROPOSTA DE ACTUACIÓNS DE GRUPOS CAMBADESES UN DIA DO ALBARIÑO, INSTITUCIONALIZASE
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GRUPOS (2) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GRUPOS (4) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GRUPOS
     

    A nosa proposta de programar un día para promover os grupos musicais cambadeses O Bosque Ambulante, Os Airas, Bronquitis Crónica, The Rackets, PlayBack, X-Trume e Take  un día do Albariño, acaba de adquirir carácter institucional grazas a Victor Caamaño Concelleiro do BNG, quen no pleno do xoves 28 de febreiro, no capitulo de rogos e preguntas dixo que apoiaba a proposta de UNHA GRANDE CHEA  e solicitaba da Concellaría de Cultura se tivera en conta a nosa proposta. Definitivamente a pelota está no tellado da Concellaría de Cultura: ¡Anabel non defraudes os rapaces!

    ------------------------------------------------------------

    UN CAMBADÉS NOMEADO XEFE DA NOVA FISCALIA DE ÁREA EN VIGO

    No B.O.E. de 23/02/08   o cambadés Juan Carlos Horro González  foi nomeado como xefe da nova Fiscalía de Área que se despregará en Vigo.

    Horro leva máis dunha década de servizo na Adscrición Permanente da Fiscalía de Vigo, aínda que o Ministerio de Xustiza confirmoulle a praza definitiva no 2001.

    En xuño do 2004, foi galardoado co premio Lois Peña Novo en recoñecemento polo seu labor como xurista e porque incluía o idioma galego na redacción dos documentos legais da Xustiza.

    Un dos procesos máis complexos que dirixiu foi a acusación do caso Aspergillus, cuxo xuízo durou case un mes. Horro tamén investigou posibles irregularidades na concesión de licenzas durante a etapa do ex alcalde Príncipe, entre 1991 e 1995, en edificios da rúa Rosalía de Castro e as torres Ifer.

    A loita polo cargo da Fiscalía de Área foi bastante disputada. Entre os tres candidatos que aspiraban ao posto figuraban o actual coordinador xefe, Carlos Gil, e o especialista en seguridade laboral, David Canoa.

    A nova Fiscalía de Área terá unha independencia relativa e relanzará a materias especializadas como Medio, Tráfico, Inmigración ou Laboral.

    Juan Carlos é irman de Amancio, piloto de líñas aéreas que na derradeira  festa do Albariño foi nomeado Cabaleiro. Decir tamén que outro cambadés Benito Montero Prego ven desenrrolando dende fai moitos anos o cargo de Teniente Fiscal en Pontevedra.  Os nosos parabéns a Juan Carlos.

    NOVA PATROCINADA POR:

    Apariz fotografia

    VINDEIRA REAPERTURA EN RÚA HOSPITAL

    ------------------------------------------------------------

    INFORMACIÓN ELECTORAL 

    unhagrandechea mitin psoe

    unhagrandechea cambados bng

     

    ------------------------------------------------------------

    MILLADOIRO COMPÓN A BANDA SONORA DA PELICULA "LAS  GALAS DEL DIFUNTO" 

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MILLADOIRO (1) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MILLADOIRO (2) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MILLADOIRO (3)

    Milladoiro, ven de rematar a composición e gravación da banda sonora da película "Las Galas del Difunto", dirixida por José Luis García Sánchez, con guión deste último xunto a Rafael Azcona.

    José Luis García Sánchez, ten dirixido entre outras, as seguintes películas: La Corte del Faraón, Divinas Palabras, Tirano Banderas, Suspiros de España (y Portugal), Tranvía a la Malvarrosa y Lazaro de Tormes.

    A película, basada na obra de Don Ramón María del Valle Inclán nos suxire, cos seus esperpénticos personaxes, a técnica do guiñol, a dinámica dos seus movementos e, finalmente, a súa formalidade de máscaras: máscaras distorsionadas polo efecto dos espellos cóncavos nos que se mira a natureza humana.

     O reparto da película está composto, entre outros actores por: Juan Luís Galiardo, Juan Diego, Pilar Bardem, Mabel Rivera, María Pujalte, Pepón Nieto e Adriana Ozores.

    -----------------------------------------------------------

    A cine club Adega proxectará seis películas no auditorio da Xuventude, os venres ás nove da noite

    unhagrandechea cambados cine club adega

    Fai xa anos que os cambadeses non poden gozar dunha sesión cinematográfica sen necesidade de saír do municipio. Ata agora, os ciclos organizados polo Concello centrábanse nas cintas máis familiares e xuvenís. Pero, a partir deste mes, os veciños desta localidade poderán visionar o mellor cine de autor. O equipo de goberno e o cine club Ádega chegaron a un acordo para que A Xuventude convértase xa no cine municipal.

    «O cine é algo máis que sentar diante dunha pantalla. é cultura e consegue espertar unha visión crítica da sociedade», con estas palabras presentaba a primeira tenente de alcalde, Anabel Carro, as proxeccións que se emitirán na Xuventude. O Concello tiña ganas de pór en marcha un ciclo de cine para adultos. E o cine club Ádega parecía a mellor alternativa. «Contamos coa súa experiencia á hora de seleccionar películas. Ademais, é un tipo de cine máis cultural, ao que non todo o mundo pode ter acceso», engadiu.

    O proxecto nace con vocación de «manterse. De achegar un cine diferente ao público, un cine que non está nas salas comerciais», explicou Carmen Sánchez, directiva de Ádega. Tamén, de descentralizar as proxeccións, que agora só se realizan en Vilagarcía, e de facer novos socios e continuar así co seu labor de difusión do cine.

    Por norma xeral, as proxeccións realizaranse no auditorio da Xuventude, os venres ás nove da noite. A excepción será a inauguración do ciclo. Celebrarase o xoves, 6 de marzo coa película é máis fácil para un camelo , unha comedia de Valeria Bruni. As sesións volverán ao día seguinte coa as cinco da tarde , unha cinta iraniana. Ambas están dedicadas ao colectivo feminino, para celebrar o Día dá Muller Traballadora.

    En abril, o cine club realizará unha homenaxe ao actor Fernando Fernán Gómez, coa proxección do documental A cadeira de Fernando . E en maio proxectarase a cinta Vitius , suíza.

    Por agora, as sesións de cine concluirán en xuño, mes que se dedica ao medio ambiente. Os cambadeses poderán ver Terra , que fala sobre a situación do planeta. Tamén, Nómades do vento , un documental sobre aves.

    O prezo das entradas será de 1,5 euros excepto para os socios do cine club, que será gratis.

    Texto: Maruxa Alfonso. Foto: Martina Miser.

    ------------------------------------------------------------

    A POSTAL DE PEPE

    unhagrandechea cambados pepe daporta (2) unhagrandechea cambados pepe daporta

    O noso amigo Pepe Daporta anda en viaxe particular pola Arxentina, e como non lembrouse dos seus amigos, a quen lles enviou esta preciosa postal con unha non menos "cachonda" dedicatoria . Tampouco ten desperdicio o sobre no cal fixo constar "OFISINA DE FICO O ELECTRISISTA".
    Boa viaxe e mellor volta Pepiño.

    unhagrandechea cambados pepe daporta (1)

     -----------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    A frase do día: Darlle de comer os maiores enchelle a urna os peores.

    GALICIA TRILINGÜE

    Os de Galicia Bilingüe están claramente contra do noso idioma tan agarimoso él, pero ós “bilingües” non lles gusta,  eles prefiren o inglés e así  din que as insignias chámanse "pins", os maricóns "gays", as comidas frías "lunchs", e as reparticións de cine “castings”, Galiza non é o mesmo: agora é moito, moitísimo máis moderna.

    Outrora os nenos lían contos no canto de “comics”, os estudantes pegaban “posters” crendo que eran carteis, os empresarios facían negocios no canto de “business”, e os obreiros, tan ordinarios eles, sacaban a fiambreira ao mediodía en vez do “tupper-ware”.

    186-1977-a-Galiza-Vaca 20061106171736-galego 20071116223215-galiza-non-se-vende

    Os “bilingües”, no colexio, fan “aeróbic” moitas veces, pero non saben realmente que están a facer ximnasia. Ninguén é tan bilingüe coma eles se non din cada día cen palabras en inglés. As cousas, noutro idioma, sóanlle moito mellor, agás que sexa en galego, iso si.

    Evidentemente, non é o mesmo dicir “bacon” que touciño , aínda que teñan a mesma graxa, nin vestíbulo que “hall”, nin inconveniente que “hándicap”... Desde ese punto de vista, os de Galicia Bilingüe son modernísimos.

    Non din bizcocho, senón “plum-cake”, nin teñen sentimentos, senón“feelings”. Sacan “tickets”, compran “compacs”, comen “sándwiches”, van ao “pub”, practican o “rappel” e o “raffting”, en lugar de acampar, fan “camping” e, cando veñen os fríos, limpan os mocos con ”kleenex”.

    200px-Nuncamais 535580_3bca51c980 calcwav

    Eses cambios de linguaxe influíron nos súas costumes e melloraron moito o seu aspecto. As mulleres non usan medias, senón “panties” e os homes non utilizan calzóns, senón “slips”, e logo de afeitarse bótanse “after shave”, que deixa a cara moito máis fresca que o tónico.

    Os de  Galicia Bilingüe xa non corren, porque correr é de covardes, pero fan “footing”; non estudan, pero fan “masters” e nunca conseguen aparcar pero sempre atopan un “parking”. O mercado agora é “marketing”; o autoservicio, o “self-service”; o escalafón,  é o “ranking” e o representante, o “manager”.

    chapagoza1    chapaspingu     chapasporco

    Os importantes son “vips”, os auriculares “walkman”, os postos de venda “stands”, os executivos “yuppies”; as aias “baby-sitters”, e ata “nannies”.

    Na oficina, os seus xefes están sempre en “meetings” ou “brain storms” case sempre coa “public-relations”, mentres a “assistant” envía “mailings” e organizan “trainings”; logo iranse ao ximnasio a facer “gim-jazz”, e atoparanse con todas as da “jet”, que veñen de facerse “liftings”, e con algunha “top-model” amante do “yogurt” lixeiro e o “body-fitness”.

    chapaspunto en_galego_1 gal galicia images

    O arcaico aperitivo deu paso aos “cocktails”, onde se poñen verdes a “bitter” e a “roast-beef” que,aínda que pareza o mesmo, engorda moito menos que a carne.

    Os periodistas, sen ir máis lonxe traballan nun “magazine”, non nun programa. Na tele, cando o presentador di varias veces a palabra “O.K.” e baila como unha buxaina polo escenario a cousa chámase ”show”, ben distinto,como sabedes, do anticuado espectáculo; se o “show” é “heavy” é que contén carnaza e se é “reality” parece o defunto diario de "El Caso", pero en moderno. Entre medias, por suposto, xa non se poñen anuncios, senón “spots” que, aparte de ser mellores, permítenche facer “zapping”.

    images1  logoletras neno Vieiros

    Estas cousas enriquecen moito. Para ser ricos do todo, e quitarlles o complexo terceiromundista que ten esta xente, só lles queda dicir con acento americano a única palabra que o galego exportou ao mundo: a palabra "CARALLO"

    Iso si , segundo eles o galego que lle dean polo cu.

    Esperamos que vos gustara... nos antes de publicalo non sabíamos se tiñamos “stress” ou é que estabamos ata os collóns dos de Galicia Bilingüe.

    (Este texto non é orixinal senón que se fixo a partir dun correo enviado por un amigo noso).

     

    Sfume

    ------------------------------------------------------------

    INFORMACIÓN A COMERCIANTES 

    AXUDAS DA CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA PARA A INCORPORACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN NO PEQUENO COMERCIO

     

    Serán subvencionables as actuacións que sirvan para a dotación de equipos para o proceso de información destinados a aplicacións de contabilidade, facturación, almacén e automatización das vendas; aplicacións informáticas de carácter xenérico ou standard destinadas aos fins sinalados anteriormente; deseño e implantación de sistemas de comercio electrónico; páxinas web promocionais do establecemento comerciais; equipos portátiles como ordenadores portátiles ou axendas electrónicas; caixas rexistradoras; terminais punto de venta; lectores ópticos de códigos de barras; sistemas de medición e pesaxe de mercadorías; sistemas de etiquetaxe; sistemas de alarma, sistemas anti-furto e portas de seguridade; fotocopiadoras e aparatos de teléfono e fax e equipos para o tratamento de temperatura dos produtos para a exposición e venta ao público exclusivamente.

     

    O investimento máximo subvencionable será de 12.000 euros, salvo no caso do deseño de sistemas de venda non presenciais e páxinas web, nos cales o investimentos máximo a subvencionar sería de 3.000 euros.  Dentro destes parámetros, a axuda da Consellaría chegará ata o 50% do investimento subvencionable. Esta proporción poderá acadar o 60% se o demandante da axuda se incorpora a un proxecto dunha ou varias agrupacións de comerciantes que asuman tarefas de medios de pago, plans de fidelización, acceso a internet, entre outras.

     

    Publicadas no DOG o 22 de febreiro, remata o prazo de presentación de solicitudes o 31 de marzo

    VICTOR CAAMAÑO.

    ------------------------------------------------------------

    http://es.youtube.com/anosaterraTV

    A nosa Terra

    Damos a benvida a unha nova canle en you tube A Nosa Terra TV, adicada especialmente o noso pais, a súa cultura, a súa xente, os seus deportes e as súas costumes, vídeos moi interesantes  e feitos a maioría con moita calidade, digno de visitar.

    ------------------------------------------------------------

    O BAR GERMÁN

     

    SANY1102

    O Bar German decano dos bares de Cambados, aparte do seu prestixioso viño e das súas famosas empanadillas, é coñecido entre os futboleiros como "O Bernabeu", alí os sábados ou os domingos os madridistas danse cita para ver o seu equipo os cales celebran os goles dun xeito especial, a súa antítese e o Bar Laya , na mesma praza de Fefiñans, que é un feudo totalmente barcelonista. Un día teríanse que enfrontar as dúas afeccións nun partido de fútbol.

    NOVA PATROCINADA POR

    _5146572-011-copiahervella-3zocos-5

    ------------------------------------------------------------

    ANA CANCELA EXPÓN NA CAFETERIA REYMAR DE FEFIÑANS 

    unhagrandechea cambados ana cancela (1) unhagrandechea cambados ana cancela (2) unhagrandechea cambados ana cancela (3)

    Ana Cancela expón na Cafeteria Reymar de Cambados

    Nada en Santiago de Compostela no ano 1957, a Psicologa Ana Cancela decidiu hai tres anos dedicar a súa vida unicamente á pintura logo de se formar en diversos obradoiros e escolas de arte. Alumna de recoñecidos artistas como Miguel Mantilla ou Xosé Pardiñas, co tempo ela mesma pasou a ser a mestra impartindo unha serie de cursiños de debuxo e pintura patrocinados polo concello de Sanxenxo, onde promoveu a creación da Escola de Pintura municipal.

    Ana Cancela mostrou a súa obra en numerosas exposicións individuais e colectivas en salas de Vilagarcía, Brión, Santiago de Compostela, O Grove ou Pontevedra.

    unhagrandechea cambados ana cancela (4) unhagrandechea cambados ana cancela

    ------------------------------------------------------------

    MÁIS CINE EN C.C. SALNÉS 

    2860_g

    O Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, proxecta dentro do ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, o sábado 1 de marzo ás 18:00 h. o documental "AS ENCROBAS, A CEO ABERTO". A entrada é de balde, ata completar aforo.

    Sinopse

    As Encrobas é unha parroquia do Concello de Cerceda que a mediados dos anos 70 conta con case mil douscentos habitantes e arredor de 250 casas. Neste lugar abríase un fértil e amplo val agrícola ao carón da parte sur dos Montes de Xalo, atravesado polo rio Barcés e que durante séculos foi o medio de vida dun grande número de familias adicadas tradicionalmente a agricultura. No ano 77, As Encrobas saltou aos medios de comunicación cando a empresa Limeisa, filial de Unión Fenosa, pretende facerse coas terras e casas do val que albergaba miles de toneladas de carbón. Amparándose nun expediente de expropiación aprobado polo consello de ministros presidido polo dictador Franco no pazo de Meirás no verán do 1972 no que se declaraba de interés público a extracción do carbón co obxetivo de alimentar unha central térmica. A empresa ofrece prezos moi baixos aos labregos e labregas polas súas propiedades e foi entón cando comenzaron os intentos de expropiación forzosa e os enfrontamentos cos veciños que non estaban dispostos a abandonar o seu medio de vida a calquera prezo.

    Avance do documental en youtube:
    http://es.youtube.com/watch?v=4uEwMeiFeh4

     

    tarjeton reverso

     

      -----------------------------------------------------------

    CONCERTO NO RIF-ROCK 

    unhagrandechea cambados pub rif

    O pub Rif Rock de Cambados vai ser protagonista dun novo concerto o vindeiro día 1 de marzo ás 23.30 horas, esta vez a cargo de THE EVEN FLOW EXPERIENCE . Prométennos dende o Pub que haberá novas sorpresas.

    ------------------------------------------------------------

    BO FIN DE SEMÁN PARA O CAMBADOS 

    unhagrandechea cambados

    Xornada plena de éxitos para o Cambados, primeiramente o primeiro equipo gaño por un sorprendente 3-0 o Rápido Bahia cando ninguén o esperaba. Doutra bando o Cambados segue na pelexa o gañar 1-2 perante o Chispa de Corón e traballo que custou.

    NOVA PATROCINADA POR

    Apariz fotografia

    PRÓXIMA APERTURA EN RÚA HOSPITAL

    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

     

     

    A frase do dia: Lavando o corpo non se lava a ánima.

    UNHA GRANDE CHEA SÚMASE A HOMENAXE A JUAN GALIÑANES
    unhagrandechea cambados juan galiñanes (3) unhagrandechea cambados juan galiñanes unhagrandechea cambados juan galiñanes (1)

     

    Sumámonos a esta mais que merecida homenaxe o noso paisano e cineasta Juan Galiñanes, e por suposto que estaremos no Auditorio o vindeiro quince de marzo e por descontado que  dende esta páxina animamos a toda xuventude cambadesa a asistir o acto. O Secretario da nosa Asociación Chon , grazas a mediación de Angel Cambados, tivo a honra de falar con el telefonicamente co gallo da súa "nominación" os Goya pola seu curto "O bufón e a Infanta", que desgraciadamente non conseguiu o ansiado galardón, para darlle os parabéns de parte de Unha Grande Chea. É unha gozada ver a nosa Xuventude  que destaque tanto a nivel nacional como estatal, dende aquí a noso parabén a concelleira de cultura Anabel Carro pola organización de tan merecida homenaxe. Dende esta paxina tamén queremos darlle a nosa pequena homenaxe e expoñemos os dous filmes de Juan: "O bufón e a infante", e "Incomunicados". Recomendamos tamén o artigo de Maruxa Alfonso da Voz para mayor ilustración na seguinte ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/02/22/0003_6589417.htm?idioma=galego

    Tamén vos presentamos o dirección do seu blog personal para un coñecemento máis a fondo de Juan: http://juangalinhanes.wordpress.com/ .

                    

    "O bufón e a Infanta"                                                                           "Incomunicados" 

    NOVA PATROCINADA POR:

    Apariz fotografia

    PRÓXIMA APERTURA EN RÚA HOSPITAL

     

    ------------------------------------------------------------
    "SUSPENSE" NA OBRA DE ALFREDO BRAÑAS
    martes entroido08 035 martes entroido08 039

    Esta páxina tivo coñecemento de que na obra que se está a facer na Praza de Alfredo Brañas, antiga casa de Silva, apareceron unhas pedras un tan estraña no senso de antigas, incluso alguen rumoreo de que se podian tratar de pilas funerarias. Técnicos de Patrimonio desprazáronse a vila do Albariño para o seu estudio. Tratase o parecer dun trámite normal o realizar escavacións nos centros históricos.

    ------------------------------------------------------------

    O TENIS DE MESA CAMBADÉS O MÁIS ALTO NIVEL NACIONAL GALEGO. 

    dobles oviedo edu 2 Raquel, jugadora del insurcapi

     

    O Cambados TM estará amplamente representado no campionato galego de tenis de mesa, que se celebrará este fin de semana en Pontevedra. Os deportistas masculinos que acudirán á competición serán Eduardo Barreiro, Fernando Padín, Tomás Carvajal, Rubén Lois, Pablo Regueiro, Martín Regueiro e Iván Lois.

    Pola súa banda, as mozas do club arousán que acudirán ao torneo autonómico serán Gema Cores, Marta Barreiro, Raquel Martínez e Cristina Barreiro.

    As competicións suspéndense este fin de semana debido á disputa desta vixésimo primeira edición do campionato autonómico de tenis de mesa. (Texto: A Voz de Galiza).

     -----------------------------------------------------------

    A COMPAÑÍA DOS "LOINOS" DE SANTA MARIÑA.

    unhagrandechea cambados loinos

     

    E dito sexa o de "loinos" no termo máis cariñoso, nesta "compañía familiar" podemos ver a Luis, Elena, Manolo o de Tita, Manolo Fersuman, Begoña, Elias etc, cos seus respectivos fillos. Son tamén uns grandes animadores do Entroido cambadés, esta ano foron disfrazados de "majorets". Seguide así sobre todo inculcándolle a tradición do Entroido os vosos fillos. Parabéns.

    NOVA PATROCINADA POR:

    fersuman1

    POLÍGONO DE MEAÑO.

    ------------------------------------------------------------

    CINE EN C.C.SALNÉS

    O Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, proxecta dentro do ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, este sábado ás 18:00 h. o documental "HISTORIA DUNHA PARROQIA". A entrada é de balde, ata completar aforo.
    Sinopse
    Xestoso é un deses lugares que non aparecen nos mapas. Por non aparecer, nin sequera existe ningún indicador en ningunha estrada que che sinale a semellante sitio. Tanto é así que algún dos veciños do lugar, despois de verse obrigado a “emigrar” a Ferrol, chegou a afirmar que Xestoso era “O lugar ao que Cristo foi e tivo que dar a volta”. Este entorno hostil foi co que se atopou hai 24 anos Luis Angel Patiño, sacerdote destinado á parroquia. A súa relación cos veciños comezará sendo moi complicada, xa que para os habitantes de Xestoso só existe unha razón para que un párroco acabe nese lugar: “que o castigue o bispo”. Ante este panorama, Don Luis comezará unha longa carreira para gañarse o respecto dos seus veciños e que estes mesmo asuman a responsabilidade de mellorar o entorno no que viven
    Descrición
    Cada vez que pensamos no rural galego, na nosa xente maior ou na igrexa probablemente nos veñan á cabeza unha grande cantidade de ideas preconcibidas. Todos eses tópicos que existen e que seguramente estexan plenamente fundados máis non teñen necesariamente que cumprirse. Así, se pensamos no rural o máis seguro e que pensemos en lugares onde o que prima é o repouso, con pouca actividade e sen a oferta de lecer que podemos atopar no entorno urbano. O que nós pretendemos é ensinar unha parte do rural onde teñen lugar algunhas iniciativas únicas en Galicia e outras que probablemente sexan únicas no mundo.Se pensamos nos nosos vellos, pensaremos, seguramente en xente tranquila que pasa gran parte do seu tempo rememorando épocas mellores e revivindo todas esas historias que lles aconteceron nas súas vidas e que nunca máis poderán volver vivir. Por isto o que nós ensinaremos, é a uns anciáns que non só viven a súa vellez viaxando por media Europa, senón que ademais, atopan tempo para presentar as súas reclamacións ante as institucións e a prensa co fin de mellorar o entorno no que viven.En canto á igrexa, resulta moi difícil poder chegar a separar todo o que é tópico e o que é realidade. Pensar na igrexa, ou por extensión na relixión inspíranos moitas veces a idea de xerarquía, de dureza, de conservadorismo, de resistencia ó progreso, etc.Esta é a razón polo que o noso protagonista é un sacerdote. Sen embargo non é un cura que poida entrar neste tipo de tópicos. Don Luis é deses párrocos que fan das propiedades da igrexa non só unha casa de todos senón un punto de encontro ou, máis ben un centro neurálxico para a vida dos seus veciños. Para el os seus fegreses están por riba dos seus superiores e o ben, e a felicidade da súa congregación é moito máis importante que calquera xerarquía.Todos estes elementos conflúen en Xestoso, o lugar onde se desenvolve a nosa historia. Unha historia que ademais de desmontar tópicos a base de anécdotas curiosas e moitas delas irrepetibles, agocha unha máxima de enorme dimensión humana: a convivencia, a unión e a felicidade dos pobos está moi por riba de calquer tópico e de calquer xerarquía.

    unhagrandechea cambados salnés (1) unhagrandechea cambados salnés (2)

    Argumento
    Xestoso é un deses lugares que non aparecen nos mapas. Por non aparecer, nin sequera existe ningún indicador en ningunha estrada que che sinale a semellante sitio.Tanto é así que algún dos veciños do lugar, despois de verse obrigado a “emigrar” a Ferrol, chegou a afirmar que Xestoso era “O lugar ó que Cristo foi e tivo que dar a volta”.Xestoso atópase no medio do Concello de Monfero, un dos máis grandes de Galicia, sen embargo non é nin moito menos un dos máis poboados. A dispersión poboacional  e a enorme distancia que existe entre os veciños é unha das principais características dun lugar onde pese a ser poucos habitantes, algúns deles nin sequera chegan a coñecerse.

    unhagrandechea cambados salnés (4) unhagrandechea cambados salnés

    Este entorno hostil foi co que se atopou hai 24 anos Luis Angel Patiño, sacerdote destinado á parroquia. A súa relación cos veciños comezará sendo moi complicada, xa que para os habitantes de Xestoso só existe unha razón para que un párroco acabe nese lugar: “que o castigue o bispo”. Ante este panorama, Don Luis comezará unha longa carreira para gañarse o respecto dos seus veciños e que estes mesmo asuman a responsabilidade de mellorar o entorno no que viven.Sen embargo, Don Luis, non é un cura tradicional e pronto comezará a ser coñecido na zona por protagonizar anécdotas un tanto extravagantes. Primeiro saltará ós titulares de prensa de todo o mundo tras declarar nun control de alcoholemia que se daba positivo era por culpa dos “chupitos” de viño que debía tomar nas misas. Despois, pretenderá organizar unha caravana de solteiros a Cuba recolleitando tapóns de Fanta, pedirá a excomuñón de dous conselleiros, organizará unha tractorada de Semana Santa e mesmo a primeira misa de Entroido.Así e pese a ser considerado un tolo, Don Luis irase gañando o respecto dos veciños de Xestoso, especialmente dos máis vellos que coa a súa axuda rematarán fundando o primeiro Consello de anciáns de Galicia. O Consello será o encargado non só de fomentar o acercamento entre tódolos veciños da zona con distintas actividades, senón que ademais reclamará por medio de distintos comunicados a xornais e institucións as melloras que Xestoso necesita.Algunhas desas reclamacións darán os seus froitos, outras non, sen embargo o máis importante para o Consello de anciáns de Xestoso xa está conseguido e é que hoxe, pese a seguir sen saír nos mapas, nin contar con ningún indicador que os sinale, son un pobo unido
       Localización
    Xestoso, Cambás, Concello de Monfero (proximidades de Ferrol).
    --
    Centro Comarcal do Salnés
    Paseo da Calzada s/n
    36630 Cambados (Pontevedra)
    Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12
    Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

    ------------------------------------------------------------

    INFORMACIÓN ELECTORAL 

    unhagrandechea cambados bng

     

    ACTOS CENTRAIS DA CAMPAÑA DO BNG

     

    MITIN EN OGROBE O SÁBADO 23 CON PRESENZA DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA

    No Cine O Marino ás 20:30h., falarán Carlos álvarez Besada (portavoz municipal e tenente alcalde), Rosa Abuín (candidata ao congreso), Iria Aboi (candidata ao senado e secretaria xeral de Galiza Nova) e Olaia Fernández Davila (cabeza de lista ao congreso). 

    REPARTO DE PROPAGANDA ELECTORAL O SÁBADO 23 NO MERCADO DE VILAGARCÍA DE AROUSA 

    Ás 10´00 h. no mercado (ao lado da Cafetería Musgo) a candidata ao Congreso pola Comarca, Rosa Abuín, estará acompañada do Grupo Municipal de Vilagarcía e do Consello Local.

    MITIN COMARCAL EN VILAGARCÍA O  LUNS 25  CON PRESENZA DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA E ANXO QUINTANA 

    Na Praza da Peixería ás 20:30h., falarán Xose Castro Ratón (tenente alcalde), Rosa Abuín (candidata ao congreso), Olaia Fernández Davila (cabeza de lista ao congreso) e Anxo Quintana (portavoz nacional do BNG).

    OUTROS ACTOS

     - Mitin na Casa da Cultura de Tremoedo (Vilanova) o venres 22 ás 20:30h.

     - Mitin no Bar Mascott de Fefiñáns (Cambados) o sábado 23 ás 17h.

     - Mitin na Casa da Cultura de Lois (Ribadumia) o domingo 24 ás 12h.

     - Mitin no Colexio de Castrelo (Cambados) o domingo 24 ás 12:30h.

     - Mitin no Paseo de Castroagudín (Vilagarcía) o domingo 24 ás 13h.

     - Mitin na Casa Forestal de Noalla (Sanxenxo) o domingo 24 ás 13h.   

     

    REITERAMOS NOVAMENTE QUE OS DEMÁIS PARTIDOS POLITICOS TAMÉN TEÑEN ABERTO ESTE ESPAZO PARA ANUNCIAR OS SEUS ACTOS ELECTORAIS.

    -----------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net


    A frase do día: A situación de cada quen, e súa.

    OS ULLOA , TODA UNHA ESTIRPE MÚSICAL
    unhagrandechea cambados ulloa unhagrandechea cambados ulloa (2)

    Este anuncio saia no periódico independencia "El Umia" que se publicaba os días 5 e 21 de cada mes aló polo 1907, sendo un dos seus promotores Ramón Cabanillas. O peculiar para nos e que quen se anunciaba non era nin máis nin menos que o bisavó no noso vicepresidente Ramón Martinez "Ulloa". O seu bisavó non era cambadés de nacemento xa que era natural de Triacastela. O noso vicepresidente aínda garda algunhas reminiscencias musicais do seu bisavó.

    ------------------------------------------------------------

    UNHA GRANDE CHEA INVITADA

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS PRENSA

    UNHA GRANDE CHEA, foi invitada a acudir a gala "AROUSÁNS DO ANO" que o vindeiro sábado o Diario de Arousa vai celebrar no Auditorio de Vilagarcia, coas actuacións  que podedes ver na invitación, alí estará unha representación da Asociación.

    A VOZ DE GALICIA FAISE ECO DA NOSA PROPOSTA

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS PRENSA (1)

     

         A Voz de Galicia fixose eco en lugar preferente da nosa proposta de dedicar un día os grupos musicais cambadeses na Festa do Albariño, agradanos que se toma esta nova coa importancia que ten, ainda que parece que falta moito tempo para o Albariño, sabemos que este pasa voando e esperamos que a Concellalía de Cultura  tome a luba, e lle dea unha oportunidade os nosos rapaces.

    ------------------------------------------------------------

    LINO SILVA, EN VILAGARCIA 

    unhagrandechea cambados lino silva

     

    Un dos nosos artistas mais recoñecidos Lino Silva,  dende o 14 de Febreiro ata o 23 de marzo  expón na Sol Galería de Vilagarcía de Arousa. Pódese visitar esta exposición  todos los dias de 10.30 a 13.30 en horario de maña e de 16 a 20 horas. A galería en cuestión esta na Rúa Arcebispo Malvar 47 baixo.

    -----------------------------------------------------------

    SERIE CAMBADESES ILUSTRES

    "NARCISO PÉREZ" 

    unhagrandechea cambados narciso perez (2)

    Narciso Pérez  

    Narciso Pérez “Un accidente de tráfico truncou a súa prometedora carreira”.

    O escultor Narciso Pérez Rey naceu en Cambados en  1904, pertence, por tanto á xeración posterior a Asorey. Artisticamente formouse  na Escola de Artes e Oficios de Santiago e logo continuou  os seus estudos en Madrid, na academia de San Fernando, onde foi alumno libre, para esta formación contou cunha beca da Deputación de Pontevedra. Ademais, na súa estadía en Madrid, asistiu o obradoiro do escultor clasicista Lorenzo Coullat Varela. Posteriormente  fundou a súa propia escola onde non segue as tendencias que aprendera senón que se vai cara o arcaísmo do momento, facendo obras  moi en relación cos traballos de Camilo Díaz, Gargallo, Julio Antonio e Victorio Macho, os escultores máis importantes de España na época.

     

    unhagrandechea cambados narciso perez

    Inauguración da fonte da praza de Alfredo Brañas, obra de Narciso Pérez

     

    O seu traballo  mestura o modo tradicional de traballar a pedra dos canteiros  con outros elementos artísticos. Pinta a madeira moi o estilo de Asorey. De entre as súas obras , conservadas en Madrid, Pontevedra, Santiago, Mondariz e Cambados destacan: Alma Galega, Pláticas. O canto da Serea, Salnés. Feirante, Alma de Artista, Deportista, San Francisco de Asís, Fonte da Praza de Alfredo Brañas, San Ero de Armenteira etc. Pero a máis importante é Guerreiro Celta do Museo de Pontevedra que presenta un plantexamento moi similar ao das obras de Gargallo.

    unhagrandechea cambados narciso perez (1)

    O guerreiro celta, a súa mellor obra.

    . Morreu en Madrid en 1930 aos 26 anos nun accidente de coche volvendo dunha excursión. A revista Nós, o 25 de Xullo de 1930 (Nº 29) recolle a nova da morte de Narciso Pérez: “Outra doorosa perda para Galiza. Outro mozo espranzado e forte que se nos vai. Narciso Pérez, de Cambados, escultor deixa a súa lembranza en belas obras de pedra galega. Que descanse na paz de Deus. E qu´e a morte non siga tan crudel c´o pobo que tanto ama”.

    (Fotos e texto recollido do libro “Cambados cen anos de historia recollidos a través da fotografía” do IES Francisco Asorey)

    ------------------------------------------------------------

    UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA: 

    O VIDEO MÁIS VISTO EN YOU TUBE

    "evolutión of dance"

          

     

    Este vídeo é o máis visto de you tube con nada mais nin nada menos a día de hoxe (19/02/08) de máis de 75 millóns de visitas. Tratase dun showmman americano que describe mediante unha boa coreografia a historia dos bailes de Elvis ata os nosos días. Esta moi ben.

    Bronquitis Cronica Freestyle Capitol 15/02/08

          

    VIDEO CURIOSO

    Aconsellamos que lle botedes unha ollada  a esta ligazón que vos presentamos, non vos ides a arrepentir:

    http://www.youmaker.com/video/sv?id=62f43fbc7f3c4c1c88d22b60a1df2282001&f=fs

     

    --------------------------------------------------------

    ACTIVIDADES EN C.C. SALNÉS

      

    unhagrandechea cambados salnés (1) unhagrandechea cambados salnés

    Exposición FotogrÁFRICA en Cambados dende o 20 de febreiro ata o 7 de marzo no centro comarcal do salnés.
    ‘FotogrÁFRICA’, A SIDA EN ÁFRICA A TRAVÉS DA MIRADA E AS
    FOTOGRAFÍAS DE PERSOAS AFECTADAS POLA EPIDEMIA
    ORGANIZADA POR MÉDICOS DO MUNDO
    A exposición está financiada pola Axencia Española de Cooperación Internacional ea Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
    Un proxecto, catro fotógrafos. Un continente, catro países. Con estas premisas traballou Médicos do Mundo para crear unha exposición colectiva que baixo o título de FotogrÁFRICA, vidas ó redor da sida’, achéganos ás vivenzas, os soños e as esperanzas e persoas africanas afectadas polo VIH/sida. Mulleres de Namibia, persoas seropositivas de Senegal, persoal sanitario de Mozambique e xóvenes de Angola aprenderon a utilizar medios audiovisuais para trasmitir súas vivenzas en torno ó VIH/sida. O traballo desenvolto por estas persoas e as instantáneas de Lorena Ros, Javier Teniente, Xulio Villarino e Rosina Ynzenga, seus mestres nos talleres de fotografía, vanse a exhibir en Santiago de Compostela do 30 de novembro ó 21 de decembro nos centros socioculturais de Conxo, Vite, A Trisca e Fontiñas. A rolda de prensa tendrá lugar no Centro Comarcal do Salnés (Paseo de la calzada s/n) ás 11:30 horas do mércores 20 de febreiro coa intervención da responsable do proxecto FotogrAfrica en Galicia, Lorena Fernández Bouzas.
    Médicos do Mundo Galicia vai a por en marcha unha campaña de sensibilización que mostrará en diferentes puntos da rexión o día a día das persoas que conviven co virus en África. Mediante visitas guiadas, talleres participativos, video-forum e mesas redondas Médicos do Mundo tratará de mobilizar á sociedad galega para que coñezcan de xeito crítico a problemática do VIH/Sida en África subsahariana e se convirtan en axentes de cambio social para superala. A campaña de sensibilización comenza en Lalín coa inauguración da exposición no Auditorio Municipal de Lalín.
    Dende esta nova perspectiva que comezou a súa andadura en Santiago, a ONG pretende compartir cos galegos e galegas esta viaxe “visual” que percorrerá as localidades das catro provincias galegas nunha campaña que se prolongará durante 2008. “Ningún profesional podería ter captado con tanta intensidade como o fan os propios afectados, o xeito no que esta enfermidade está devastando o continente africano”, explica Raúl Torres, coordinador de Médicos do Mundo - Galicia .
    FotogrÁFRICA (www.fotografrica.blogspot.com) está financiada pola Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) e a Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e patrocinada por Barin. Ademáis, conta coa colaboración de M80 Radio e dos concellos de Allariz, Lalín, Cambados, Betanzos, Monforte de lemos, O barco e Foz . FotogrÁFRICA tamén estuvo en Zaragoza, Gijón e, posteriormente, continuará seu percorrido en Bilbao.
    FotogrÁfrica en Cambados (do 20 de febreiro ó 7 de marzo), no Centro Comarcal do Salnés.

    ------------------------------------------------------------

    PARTIDO TREPIDANTE

    SANY1100

    O domingo pasado viviuse no Pombal un partido destes que fan afección, o descanso o Cambados B, ía perdendo 1-3 fronte o Rubians, pero catro goles, coma catro soles marcaron os filiais no segundo tempo deixando o marcador  nun 5-3. Paga a pena ver os B. E a ver si estamos máis atentos a hora da foto.

    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

     


    A frase do día: O millor mañan é tarde.

    CON TEMPO, ESTE ANO PEDIMOS UNHA OPORTUNIDADE PARA OS NOSOS GRUPOS MUSICAIS

    Grupos de Cambados 1  Grupos de Cambados

    Preme nas fotos para velas ampliadas (Fotos: Faro de Vigo).

    O Bosque Ambulante, Os Airas, Bronquitis Crónica, The Racjets, PlayBack, X-Trume e Take non son marcas de cousas raras,  veñen a ser os grupos que actualmente conforman o panorama musical cambadés. Este ano con máis tempo propoñémoslle a Concelleira de Cultura, a antes de que se peche o programa do vindeiro Albariño, que lle dean unha oportunidade perante o gran público a todos eles. Así encheríase un día de festa  e de seguro que todos iamos gozar tanto  eles como nos. O lugar o día e hora que o poñan o Concello, nos proporiamos o sábado no parque pero ben hai outras opcións, a praza de Alfredo Brañas,  ou outra calquera. Pero dádelle unha oportunidade, ben o merecen.

    UNHA NOVA PATROCINADA POR:
    Apariz fotografia
    Próxima apertura en Rúa Hospital
    -----------------------------------------
    A POSTAL DE IDA E VOLTA
    1 lastscan
     
    Esta postal ten unha historia moi curiosa. Foi remitida dende Cambados calculamos sobre os anos 20 ou trinta a Arxentina a unha tal Elvira Serantes. Como vedes é unha postal na que A Torre tiña moitísima máis pedra que agora. Recentemente o noso presidente Fico, mercouna en E-bay e a postal volveu novamente a Cambados.
    -----------------------------------------
    CERTICADO DE CONDUCTA DOS GOLPISTAS DO 36
    rexime
     
    Caeu nas nosas mans un curioso certificado de conduta do ano 1938, cando os golpistas fascitas gobernaban no noso Concello, non ten desperdicio a frase "...afecta al Glorioso Movimiento Nacional..."
    -----------------------------------------
    MÁIS CINE EN C.C.SALNÉS
    97_g

    Centro Comarcal do Salnés comeza o novo ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, este sábado ás 18:00 h. proxectarase "2050. HOW SOON IS NOW?". A entrada é de balde, ata completar aforo.

    Sinopse

    2050. How soon is now? aborda un dos maiores problemas que enfronta á humanidade: o cambio climático. Neste documental danse cita as máximas autoridades mundiais recoñecidas por Nacións Unidas en materia de cambio climático. A meirande parte delas foron entrevistadas no cumio mundial sobre cambio climático que Nacións Unidas celebrou en Montreal, sendo este o relevo do anterior cumio de Kioto.

    2050. HOW SOON IS NOW? (2006)

    Descrición

    2050. How soon is now? aborda un dos maiores problemas que enfronta á humanidade: o cambio climático. Neste documental danse cita as máximas autoridades mundiais recoñecidas por Nacións Unidas en materia de cambio climático. A meirande parte delas foron entrevistadas no cumio mundial sobre Cambio Climático que Nacións Unidas celebrou en Montreal, sendo este o relevo do anterior cumio de Kioto.

    A actualidade e o interese global por este tema queda patente con outras producións semellantes que están a ter repercusión no panorama internacional, como An incovenient truth dirixido por Davis Guggenheim e no que participa Al Gore, ou o producido por BBC e emitido en Documentos TV, O escurecemento global. Consideramos de gran valor este proxecto documental por varios aspectos; pola súa vocación internacional: case todo el gravado en inglés con entrevistados de interese mundial, polo rigor científico do seu contido: documentación e teses corrixidas e formuladas polos científicos contactados, pola actualidade do tema, pola calidade e contundencia dos entrevistados: todos eles levantaron a voz de alarma ante este feito.

    Argumento

    As fontes de enerxía que empregamos (petróleo e carbón principalmente) provocan a emisión de CO2 e outros gases que atrapan ós raios de sol causando o chamado “efecto invernadoiro”, é dicir, unha capa que provoca o quentamento global da Terra. As consecuencias deste cambio climático xa foron descritas: inundacións, secas, subida do nivel do mar, incendios, pragas, epidemias… As voces alzáronse xa fai tempo, pero sen atopar a repercusión mediática necesaria: a civilización está en perigo inminente. David King, principal científico do Goberno británico, advirte de que o quentamento do planeta é unha ameaza máis grave que o terrorismo: as consecuencias serían unha subida do mar de sete metros, o suficiente para volver inhabitables tódalas cidades costeiras do mundo: Londres, Venecia, Calcuta, Nova York e Tokio, en tanto que para o ano 2020, Gran Bretaña terá un clima siberiano. En palabras de James Lovelock, destacado científico británico autor da hipótese “Gaia” que suxire que a Terra funciona como un organismo individual que mantén as condicións necesarias para a súa supervivencia, “os intentos da Terra por restaura-lo seu equilibrio pode elimina-la civilización e á meirande parte da humanidade”.

    A estrutura narrativa do documental pasa polos puntos a continuación enumerados.

    1.-Un planeta en apertos Descrición da situación actual do planeta a causa do cambio climático. Exposición de diversos acontecementos relacionados directamente co cambio climático. Preténdese mostrar o alcance HOXE dos danos causados polo cambio climático: riadas, olas de calor, inundacións, incendios, furacáns…

    2.-Causas da destrución (emisión de CO2…) Breve explicación de que é o cambio climático e as causas deste: Gran parte da enerxía que se consume actualmente provén do petróleo. A combustión do petróleo emite un gas invernadoiro, o CO2, que está causando o chamado efecto invernadoiro, provocando un quentamento global do planeta.

    3.-Perspectivas futuras. Que ocorrerá…? Descrición da situación futura do planeta. Sempre baixo a perspectiva social do tema. Preténdese mostrar o alcance MAÑÁ dos danos causados polo cambio climático seguindo modelos estatísticos dos científicos consultados. Expóñense as previsións dun polémico informe do Pentágono no que se advirte ao presidente de Estados Unidos de que un cambio climático abrupto podería levar ao planeta ao borde da anarquía e da guerra nuclear ante a dificultade para proverse dos suministros básicos como auga e comida.

    4.-Alternativas Que debemos/podemos facer para evitar que isto continúe a peor? A única solución posible é abandonar o petróleo canto antes mellor. Que enerxía usaremos en substitución do petróleo? Na actualidade parecen barallarse dúas opcións principais: a enerxía nuclear ou as chamadas enerxías alternativas.

    A estrutura narrativa perfilada condúcese a través do discurso dos entrevistados sen unha voz en off que os enfíe. 2050 é máis un current affair que un documental científico divulgativo. O enfoque é sempre social, é dicir, 2050 aborda o cambio climático provocado pola man do home non dende a perspectiva científica de qué o ocasiona, senón dende a perspectiva das consecuencias que iso carrexará para o ser humano. As explicacións científicas serán as mínimas indispensables para comprender o proceso que nos está a conducir ao desastre, e para comprender a posta en marcha das posibles accións e solucións. A mensaxe que quere transcender de 2050 é que, se hai unha posibilidade de loitar contra o cambio climático entre todos, debémola de aproveitar.

    Localización

    Canadá, Reino Unido, España,...

    ------------------------------------------------------------

    INFORMACIÓN ELECTORAL 

    untitled

    ACTOS DE PRECAMPAÑA DO BNG

     

    ACTO PÚBLICO EN VILANOVA O DOMINGO 17 ÁS SEIS DA TARDE CON PRESENZA DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA

    O domingo día 17 ás 18h. da tarde na casa da Cultura do Esteiro en Vilanova, con intervencións de Carmela Alfonso (portavoz municipal), Bieito Lobeira (deputado no Parlamento Galego), Montserrat Prado (Delegada da Consellaría de Innovación e Industria) e Olaia Fernández Davila (cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra).

    ACTO PÚBLICO EN RIBADUMIA O DOMINGO 17

    O domingo día 17 ás 12h. no Centro Social de Barrantes falarán Ramón Mouriño (portavoz municipal) e Duarte Correa (responsábel portavoz comarcal do BNG). 

    ENCONTRO DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA CO SECTOR DO MAR EN OGROBE O LUNS 18

    O luns día 18 ás 17h. no Hotel Villajuanita Olaia Fernández Davila manterá un encontro con representantes do sector do mar de Ogrobe co obxecto de coñecer de primeira man as reivindicacións do sector e explicar as propostas do BNG. Acompañarán a Olaia Fernández Davila neste encontro o portavoz municipal e tenente alcalde Carlos Álvarez, a candidata Rosa Abuín e o deputado no parlamento galego Bieito Lobeira.

     

    REITERAMOS NOVAMENTE QUE CALQUEIRA GRUPO POLITICO QUE QUIERA PUBLICITAR OS SEUS MITINS NON TEN MÁIS QUE COMUNICARNOLO.
    -----------------------------------------
    UN RECORDO PARA "MARTINES" 
    1965 1967
    Duas formacións dos Trianiña, nelas podemos ver a "Martines" sinalado cunha flecha.(Preme nas fotos para velas ampliadas)
    "Martines", como todos o coñeciamos,  trianero de pro, dono do Bar Restaurante Camarote, pai de Jordi, hoxe deixou de existir, sirvan estas fotos do Trianiña de homenaxe a él, e un abrazo emocionado a súa familia.
    -----------------------------------------
     

    A frase do día: Vivir para rir, rir para vivir.

    O MARTES DE ENTROIDO (Máis fotos en "En Portada - Máis Albaumns - Martes de Entroido")
    XENTE [640x480]
    Grazas a todos por vir, trataremos de mellorar.
     

    Aínda que pareza que non , un día de moito traballo para nos. Despois de que se instalou o palco pola mañá coa asistencia de Toti, e despois de haber trocado o día de xantar oficial do martes para o sábado, comezamos a montar o que tiñamos preparado para facer o espectáculo de "CHEAVISIÓN". Estabamos tremendo toda vez que o día estaba dubidoso, e non tiñamos certeza plena de que non chovera, porque había aparellos que non eran nosos. Afortunadamente non choveu e alí puidemos ver a "Betty Missiego", a "Abba" a "Massiel", vídeos de época etc, a praza estaba completamente abarrotada, e a inda que nos fallou un dos altofalantes  o espectáculo desenrolouse con total normalidade, unha hora máis ou menos durou o mesmo e a canción Triana foi coreada por gran parte dos asistentes. Vendemos 250 exemplares da revista "A Calcada" en menos de dez minutos.

     

                  martes entroido08 098 [640x480] martes entroido08 099 [640x480] martes entroido08 100 [640x480]

                                 O noso novo Chalequeiro "Manolo Paz" (preme nas fotos para velas ampliadas).

     

    Un dos momentos máis emotivos, para nos, e de seguro que para el foi cando se nomeou "Chalequeiro"  a un dos nosos artistas mais universais, o escultor MANOLO PAZ. Domin fixo a presentación e o Presidente da Asociación "Fico" recibiuno no palco do seguinte xeito:

    Cambadeses de Cambados

    cambadeses de Castrelo

    estamos aquí reunidos

    para nomear Chalequeiro.

    Naceu alá nas Quintans

    de onde marchou de pequeno

    non quería ser labrador

    quería ser "torero".

    Foi veciño do Pombal,

    de neno foi carniceiro

    consagrado escultor

    foi "maestro" de canteiros.

    Heredeiro de Asorey

    de Lino bo compañeiro

    tan grande como Cabanillas

    máis alto que Cuco Leiro.

    Cunha pedra fai un libro

    cunha palabra un cruceiro

    cun pau fai un olivo

    e un disfraz con un loureiro

    Chámese Manolo Paz,

    pintor, escultor e abuelo

    polos méritos que ten

    ímolo nomear "Chalequeiro".

     

    Manolo Paz quixolle contestar co seguinte discurso que traia manuscrito: “Jrasias a la academia e a mi familia y fuera Rouco y su sobrino”, pero o final como fai sempre Manolo tirou por donde quixo.

    Rematamos o acto, coma sempre cantando o noso himno "Esmajare".

    Neste Entroido tivemos uns gastos considerables entre o venres e o martes sufragámolos en parte con  cartos da asociación pero tamén nos axudaron dun xeito ou doutro as  seguintes persoas e entidades:

    Discoteza Zao, Nestor, Play Back, X-Trume, Casa Rural  e Albariño A Capitana, Pub A Leria, Astilleros Facho, Conselleria de Turismo, Teatro Caracol, Imprenta Fidalgo, Vicente Fajardo e Marel.

    ------------------------------------------------------------

    CHOURIZO FILMS PRESENTASE EN VIGO

                                                   SANY0560 [640x480] SANY0580 [640x480]

     

    Fannos saber os nosos amigos de CHOURIZO FILMS  a proxección dunha retrospectiva sobre as curtas de PRODUTORA, o vindeiro xoves día 21 de febreiro ás 21:30 no Arteiensaio dvd club www.arteiensaio.com, rexentado polo cambadés Manu Paz, na rúa Progreso, nº 5 de Vigo.

                                                                             

    nuevo-2

    ------------------------------------------------------------

    ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS A SECA "EN ACCIÓN"

                            fotos tina 033 fotos tina 034 fotos tina 037

    Despois das exitosas sesións de Risoterapia,  os días 15, 22 e 29 de febreiro e 7 e 14 de marzo as 20:30 da tarde organizadas pola Asociación de Mulleres Rurais A Seca  e na Casa da Cultura de Corvillon terá lugar  unhas SESIONS DE AUTOESTIMA  a cargo de persoas especializadas.
    As que non sexan socias pagaran un precio simbolico de 5 €.
    Para anotarse deberan chamar os teléfonos
    690 843 493 - 610 205 416.

    ------------------------------------------------------------

     

    A frase do dia: "Ten coidado co que dis que o tempo é moi cabrón"

    www.cambadosenfotos.net PRESENTA A CEA DO XUVEN EN VIDEO e http://4ngelct.spaces.live.com/ EN FOTOS:
             
    www.cambadosenfotos.net                                                                   http://4ngelct.spaces.live.com/
     
    UNHA NOVA PATROCINADA POR:
    EDUAPARIZ
     
    próxima apertura en Rúa Hospital de Cambados
    -----------------------------------------
    TENIS DE MESA
    Toni, jugador del grupo Barros unhagrandechea cambados ñajo unhagrandechea cambados tenias karol
    Meritoria xornada dos equipos locais, que en maior ou menor medida solventaron case todos os seus compromisos.
    En 1ª división, o equipo tiña a importante baixa de Karol con un esguince de nocello, e acadaron a victoria ante Burgos por un enganoso 4-0, pois case tódolos partidos se resolveron pola mínima.
    Victoria ante o Lalín por 4-2 en 2ª, que a súa vez tiña a baixa de Ñajo (supleu a Karol en 1ª), e segue o acecho das posicións que dan dereito a fase.
    Victoria do Caixanova en 1ª galega, que fai que o equipo segua líder, e derrota do Xoiería Enrique que veu truncada a racha de dúas victorias consecutivas.
    Traballada tamén a victoria en 2ª galega por 4-3 ante o dificil indugasa.
    Un saudo, Quique.
    -----------------------------------------
     

    Xa hai que pensar no Albariño

    LUNS DE ENTROIDO, OUTRO GRAN DÍA.
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS LUNS ANTROIDO LERIA (11) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS LUNS ANTROIDO LERIA (49) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS LUNS ANTROIDO LERIA (53)
     
    O luns de entroido é un día que anteriormente iamos a Illa, pero agora está saturada eu quedamos a facer ambiente en Cambados, e cada día hai máis bares abertos. Empezamos o noite no Bar o Cruceiro repoñendo forzas, logo trasladámonos a Fonte do Viño, logo dirixímonos O Galo Negro, e por último xa nos diriximos o centro neurálxico dos luns de Entroido en Cambados "O Pub a Leria" que este ano adicáballe as festa os personaxes de Debuxos animados, ata o noso presidente tivo tempo de ir ver a Rober Bodegas o Auditorio nun acto organizado polo Concello. Nos ese día solemos dar vía libre os nosos para que se disfrazan do que queira, estaba Mortadelo, outro disfrazado de Pepiño Vilas, de carteiro, etc. Houbo uns intres que na Leria non se se cabía e Eva a do Fico´s cando xa tiña o bar cerrado e fregado tivo a xentileza de abrinos e departir uns intres con todos nos, quitamolle unha foto. Ben pasamos un luns marabilloso a pena é a moita xente marcha para a illa ou que o Martes de Entroido non sexa festivo en Cambados, pero ben todo non se pode ter.
    Podes ver moitas máis fotos do luns de Entroido en "EN PORTADA - MÁIS ALBUNS - LUNS DE ENTROIDO"
    Insistimos si queredes poñor fotos vosas na noxa páxina non tedes máis que envialas ou decirnos dirección donde están.
    NOVA PATROCINADA POR:
    UNHA_GRANDE_CHEA_A_LERIA unhagrandechea cambados ficos_logo
    -----------------------------------------
    PROXECTARANSE 18 TRABALLOS SOBRE O URBANISMO, A MEMORIA HISTÓRICA, A EMIGRACIÓN E OS MOVEMENTOS SOCIAIS
    logo CC O[1]..

     O Centro Comarcal do Salnés e a Axencia Audiovisual pon en marcha un novo ciclo de Cinemas Dixitais dedicado aos documentais galegos.
    O Centro Comarcal do Salnés e a Axencia Audiovisual Galega, da Consellaría de Cultura e Deporte, inicia o sábado 16 de febreiro un novo ciclo dentro do proxecto Cinemas Dixitais. Desta volta distribuiranse 18 documentais galegos que se poderán ver en numerosos municipios espallados por Galiza. Agárdase repetir o importante éxito obtido co primeiro programa, no que unhas 25.000 persoas asistiron ás proxeccións que se realizaron en preto de 120 concellos.
    Os obxectivos que a Consellaría de Cultura quere cubrir con Cinemas Dixitais son achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais, promover as producións audiovisuais galegas e contribuír a estabilizar unha programación audiovisual nos concellos de Galiza. Cumpridos os obxectivos co primeiro ciclo composto por telefilmes, a Consellaría quere agora extender ese éxito aos documentais galegos.
    Os filmes que proxectarán nesta ocasión as pantallas do Centro Comarcal do Salnés xiran arredor de catro temas de plena actualidade na nosa sociedade: a vivenda e o urbanismo, a memoria histórica, a emigración e os movementos sociais. O propósito é amosar a capacidade do audiovisual galego de producir documentais que reflexionen sobre a nosa realidade.
    Con esta idea Cinemas Dixitais pretende apoiarse na fórmula dos “cinemas-forum” para que o cidadán galego tome conciencia dalgúns dos grandes problemas cos que pode convivir nada máis traspasar o umbral da súa casa. Desta maneira, o audiovisual galego amosa como a súa produción documental ten capacidade para fixarse e reflictir novos perfís que se van incorporando aos modos de vida de Galiza.
    Entre os documentais seleccionados atopamos filmes de distinta procedencia: produción televisiva, longametraxes subvencionados, curtametraxes de creadores individuais ou produción independente. Unha escolma que pode servir para analizar o estado do documental en Galicia. Unha forma fílmica que agocha unha especial relación entre a forma e o contido, establecendo pontes significativas entre a representación e a realidade. Asemade, hai que dicir, que moitos dos filmes forman parte do mellor do noso audiovisual nos últimos anos, documentais televisivos que entroncan moi ben co público e outros, con maior complexidade na súa realización, que gañaron varios premios e participaron en distintos festivais internacionais.
    A primeira das proxeccións desta nova etapa terá lugar o sábado 16 no Centro Comarcal do Salnés, co pase ás 18:00 horas do documental "How soon is now? 2050", dirixido por Ruth Chao García. A esta seguirán outras exhibicións ao longo dos vindeiros catro meses, todolos sábados ás 18:00 h. A escolma dos filmes inclúe obras de procedencias diversas, que toman moi ben o pulso do estado do documental galego actual: producións televisivas, producións independentes, longametraxes subvencionados ou curtametraxes de creadores individuais.

    Os filmes que se inclúen son 'Un metro cadrado' (dirixido por Beatriz Vázquez Campaña), 'A casa de Lola de Andrés' (Elena Carnoto), 'A cidade perdida' (Miguel Anxo Romero), 'Bandoleiros ou guerrilleiros' (Alfredo García Pinal), 'Lobos sucios'(Felipe Rodríguez Lameiro), 'Traballadores do contrabando' (Víctor Aparicio), 'A memoria nos tempos do volfram' (Antonio Caeiro), 'Memorial de Camposancos' (José Ballesta), 'Os Satélites' (Paco Lodeiro), 'Isaac' (Xosé Abad), 'Vilaboa, mirando á Meca' (Álvaro Gago), 'Mundo bazar' (Sabela Pernas), 'Cabo Verde, Sabi' (Manuel Masada), 'Bs. As.' (Alberte Pagán), 'As Encrobas' (Xosé Bocixa), 'Historia dunha parroquia' (Marcos Nine), '2050. How soon is now?' (Ruth Chao) e 'Fronteiras' (Rubén Pardiñas).
    As catorce sesións de "Documentais galegos 1" que ofertamos no Centro Comarcal do Salnés, coa data de proxección, son os  seguintes filmes:
    1. 2050. HOW SOON IS NOW?.
    Sábado 16 de febreiro ás 18:00 h.
    2. HISTORIA DUNHA PARROQUIA.
    Sábado 23 de febreiro ás 18:00 h.
    3. AS ENCROBAS.
    Sábado 1 de marzo ás 18:00 h.
    4. FRONTEIRAS.
    Sábados 8 de marzo ás 18:00 h.
    5. BS. AS.
    Sábado 15 de marzo ás 18:00 h.
    6. CABO VERDE, SABI + MUNDO BAZAR. + VILABOA, MIRANDO Á MECA.
    Sábado 22 de marzo ás 18:00 h.
    7. A CASA DE LOLA DE ANDRÉS. + UN METRO CADRADO.
    Sábado 29 de marzo ás 20:00 h.
    8. A CIDADE PERDIDA.
    Sábado 5 de abril ás 18:00 h.
    9. OS SATÉLITES.
    Sábado 12 de abril ás 20:00 h.
    10. MEMORIAL DE CAMPOSANCOS.
    Sábado 19 de abril ás 20:00 h.
    11. A MEMORIA NOS TEMPOS DO WOLFRAM.
    Sábado 26 de abril ás 18:00 h.
    12. TRABALLADORES DO CONTRABANDO.
    Sábado 3 de maio ás 18:00 h.
    13. BANDOLEIROS OU GUERRILLEIROS. + LOBOS SUCIOS.
    Sábado 10 de maio ás 18:00 h.
    14. ISAAC.
    Sábado 17 de maio ás 18:00 h.
    Tamen no segundo trimestre do 2008 poñeranse en marcha novos ciclos como "Curtametraxes galegos 1" ,"Galicia animada", "Documentais galegos 2" e outros mais en preparación.
    A rede de Cinemas dixitais está a ofertar actualmente proxeccións en formato dixital en 110 concellos galegos.

    -----------------------------------------

    O HOME DO DOMINGO

    UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS FERGULO
     
    Onte o Cambados B, arrincou un empate a 1-1 en Mosteiro contra do Zacande, e realmente houbo un home , o porteiro do Cambados B, Fergulo, que fixo un partido memorable, salvou ata catro un contra un dos dianteiros visitante, deixouse a pel no campo e non o dicimos metaforicamente senón que o ser o campo de terra rematou totalmente rascado. Un gran partido de Fergulo, si señor.
    -----------------------------------------
    GALIZA NON SE VENDE
    ATT00001
    -----------------------------------------
    INFORMACIÓN ELECTORAL
    untitled

    ACTO PÚBLICO EN VILANOVA O DOMINGO 17 CON PRESENZA DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA

     

    O domingo día 17 ás 18h. da tarde na casa da Cultura do Esteiro en Vilanova, con intervencións de Carmela Alfonso (portavoz municipal), Bieito Lobeira (deputado no Parlamento Galego), Montserrat Prado (Delegada da Consellaría de Innovación e Industria) e Olaia Fernández Davila (cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra).

    -----------------------------------------

    LECCIÓN DE COMPORTAMENTO

    IMG_3560 IMG_3561

    "Toda unha lección" (Fotos: Martinez Miser -preme nelas para velas ampliadas).

     

    O sábado de Piñata, co gallo da inauguración co Campo de Herba artificial do Pombal, a directiva con Richar a cabeza doulle unha lección de comportamento os nosos gobernantes tanto a nivel local como provincial. Tomen nota señores.

    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

     

     

    Hoxe é sábado de piñata.

    RICARDO CHARLIN "RICHAR", PRESIDENTE DO CAMBADOS INAUGURA UN NOVO CAMPO DE HERBA ARTICIFICAL DO POMBAL
    SANY1055 [640x480]
     
    O presidente do Cambados Ricardo Charlin "Richar", inaugurou hoxe, sábado de piñata, o novo campo de herba artificial do Pombal, que consta ademais con pista polideportiva arredor, un campo que ven así a desatascar o outro campo de herba artificial que xa existía. Richar no seu discurso entre outras cousas dixo que moven máis de douscentos rapaces ademais dos dous equipos de primeira e terceira autonómica e o equipo de veteranos. No acto estivo acompañado pola directiva en pleno e o mesmo o sumáronse tamén o presidente da Deputación Rafael Louzán e o Alcalde José Manuel Cores Touris así como outros políticos afíns. Lembramos que Richar ven facendo dende fai moitos anos unha labor en Cambados encomiable e realmente frutífera, e ademais e membro activo de Unha Grande Chea, os nosos parabéns o presidente.
    -----------------------------------------
    FOTOS DE MIGUEL PIÑEIRO
    O amigo e letrado vilagarciá Miguel Piñeiro, asiduo de Casa German de Cambados, o día que fumos disfrazados de "A Voda de 1907", tivo a xentileza de facernos as fotos que de seguido vos amosamos, e polo que se ve con moita calidade.
     
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PIÑEIRO (1) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PIÑEIRO (2) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PIÑEIRO (3) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PIÑEIRO (4)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PIÑEIRO (5) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PIÑEIRO (6) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PIÑEIRO (7)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PIÑEIRO
    (Preme nas fotos para velas ampliadas)

    VIVA O SÁBADO DE PIÑATA

    SÁBADO DE ANTROIDO:  A VODA DE 1907
    A VODA DE 1907, SABADO DE ANTROIDO 2008, UNHA GRANDE CHEA (103) [640x480] (2) [640x480] A VODA DE 1907, SABADO DE ANTROIDO 2008, UNHA GRANDE CHEA (106) [640x480] [640x480] A VODA DE 1907, SABADO DE ANTROIDO 2008, UNHA GRANDE CHEA (113) [640x480] [640x480] A VODA DE 1907, SABADO DE ANTROIDO 2008, UNHA GRANDE CHEA (132) [640x480] [640x480]
    (Preme nas fotos para velas máis grandes.)
     
    Tócalle a quenda "A VODA DE 1907", este disfraz naceu un día no Pandemonium cando Montse nos conta que o día dous de febreiro estaba ela e máis Olga  de aniversario de voda, e ¿qué podiamos facer?, falamos e dixemos:pois unha voda pero antiga. A verdade é que o disfraz foi un dos mellores da camparsa nestes 23 anos de existencia, todo o mundo ía guapísimo, as fotos están encadradas nun marco incomparable como é o  casco antigo do noso pobo e sobre todo a casa de turismo rural "Pazo A Capitana". Estivamos na de Juan Silva, quitamos unha foto na Praza de Alfredo Brañas para Diario de Pontevedra, fumos o Bar German e rematamos no Pandamonian, quitamos a foto de familia na Igrexa parroquial e logo diriximonos o pazo, o banquete foi dos que marcan época e despois baile e copas ata caer de cu, coidamos que foi un dos mellores días da Asociación en moitos anos. Preparamos un vídeo en cor antiga que podedes ver a continuación, tratamos de eliminar signos anacrónicos aínda que algún se nos colou , esperamos que vos guste o vídeo, un traballo de UUNHA GRANDE CHEA TV:
     
         
    De todas formas se queredes ver as mesmas fotos a toda cór, vaite a "A NOSA PORTADA- MÁIS ALBUMS . A VODA DE 1907" e podrás disfrutar das mesmas.
    NOVA PATROCINADA POR PAZO A CAPITANA E ALBARIÑO A CAPITANA
    albari%F1o
     
    -----------------------------------------
    EDUARDO APARIZ , A PIQUES DE ABRIR UN ESTUDIO DE FOTOGRAFÍA.
    EDUAPARIZ
     
    Proximamente o fotografo Eduardo Apariz, coñecido por todos polo famoso calendario a prol de Esperanza Salnés, vai a abrir un estudio fotográfico na Rúa Hospital de Cambados, esperamos que lle vai moi ben o noso amigo Eduardo, e que por suposto conte co noso grupo de gaitas para a inauguración. O seu traballo como fotografo está amplamente contrastado.
    -----------------------------------------
    MIGUEL PALACIOS QUINTO NO CAMPIONATO GALEGO 
    100_2251 100_2267 100_2271100_2277 100_2284 100_2285Miguel 
    (Preme nas fotos para velas ampliadas)
     
    Disputouse entre os días 9 E 12 de febreiro, no hotel Eumesa da localidade coruñesa de Pontedeume, o Campionato Galego Infantil, no que o cambadés Miguel Palacios obtivo a quinta posición, mellorando un posto a clasificación do ano pasado. Miguel, que saía como 12 do ranking, completou un bo torneo (5´5 puntos) e quedou a medio punto da segunda praza.
    Na última partida, ante o ourensán David Gómez, Miguel necesitaba a vitoria para obter a segunda posición do torneo. A partida resultou igualada, pero o cambadés non soubo aproveitar unha pequena vantaxe obtida no medio xogo e o match terminou en táboas. O torneo foi gañado polo vigués Samuel Villar.
    O bo rendemento do cambadés pode servirlle para formar parte da Selección autonómica infantil que no mes de xuño disputará en Asturias o campionato de España por autonomías.
    Mentres tanto Miguel continúa coa súa preparación para o campionato de España individual, participando co seu equipo ?Escola de Xadrez de Pontevedra- na liga autonómica, alternando en primeira división B, onde conseguiu un empate e en segunda categoría, na que disputou dous encontros cunha vitoria e unha derrota.
    Un traballo para Unha Grande Chea de M.A.P.P.
    -----------------------------------------
    DOUS NOVOS AMIGOS DA REDE
    meis sanxenxo
    Dos novos blogs amigos acaban de irrumpir con forza nada rede por parte do Concello de Meis

    http://meis.blogaliza.org/ e por parte do Concello de Sanxenxo  http://cousasdesanxenxo.blogspot.com/ , benvidos , a traballar e sorte na tarefa.

    -----------------------------------------

     

    VIVA O SÁBADO DE PIÑATA.-

    VENRES DE ENTROIDO EN DISCOTEZA ZAO VIVIMOS "CHEAVISIÓN".
    VENRES ANTROIDO CHEAVISIÓN UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS (13) [640x480] VENRES ANTROIDO CHEAVISIÓN UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS (57) [640x480] VENRES ANTROIDO CHEAVISIÓN UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS (62) [640x480]
    Imos tratar de contar o entroido de Unha Grande Chea día a día e imos comezar polo venres en Discoteca Zao con "Cheavisión".  A verdade que aínda que pareza que non custounos o noso traballo, houbo ensaio xeral o xoves e son estivo a cargo de Nestor a quen lle temos que agradecer a súa importantísima colaboración. Primeiro actuou o grupo de gaitas de Unha Grande Chea, logo actuaron "Play Back" quen estiveron casi perfectos e interpretaron unha versión de "Waterloo" digna de escoitar", logo veu Betty Missiego (Olga), Abba (Unha Grande Chea) e Massiel (Montse), rematou o festival uns pletóricos X-trume que fixeron gozar os presentes interpretando tamén a súa peculiar versión de "Eres tu" de Mocedeades. Un venres no que vimos gozar a moita xente e xa se está a converter nun "fixo" en Cambados os venres de Entroido organizados por Unha Grande Chea.
    Se queres ver moitas fotos do evento vaite a "A nosa Portada" "Máis álbums" "VENRES DE ENTROIDO".
     
    UNHA GRANDE CHEA TV (co cámara mamado) TAMÉN ESTIVO ALI:
     
     
    NOVA PATROCINADA POR:
    ZAo
    -----------------------------------------
    PRESENTANOS O SEU VIDEO:
    "GALICIA, O ANTROIDO"
    A cultura tradicional popular ten na Festa o escenario máis importante no que desenvolve a maior parte das súas relacións sociais. Existe un festexo con claro pasado pagán e cuia orixe remóntase aos máis ancestrais tempos pretéritos, posteriormente resituados na órbita cristiá, que goza de gran predicamento e seguimento entre o pobo galego: o Antroido ou Entroido ( carnaval galaico ).
    A orixe do termo pódese situar na voz latina "introitus" ( entrada ) por sinalar a entrada posterior ao período de Coresma.
    O Antroido sempre gozou de gran seguimento popular, pois a doutrina cristiá esixía no subsiguiente período de Coresma unha ríxida penitencia e abstinencia: prohibición de comer carne e suspensión de festas e celebracións.
    Nas datas de antroido realízanse grandes rituais gastronómicos nos que a carne de porco ten unha presenza esencial: cacheira, lacón, roxóns, tripas, botelo, chourizos..., exquisitos postres como "o bolo de antroido" ( preparado con fariña de millo e centeo é un pan de mesa sen levedar ), filloas, orellas e flores...
    Pero o Antroido non só é gastronomía xa que trátase da festa popular de maior transcendencia do ano. Antigamente era a época preferida pra a representación de obras teatrais ( o antroido é en si mesmo unha gran peza teatral ). Tradicionalmente durante estas festas pódese expresar con impunidade a "vox populi". Antano comezábase en xaneiro, con dous domingos de antelación ao "domingo de entroido" xa se celebraba nalgúns lugares o "fareleiro": os máis mozos espallaban o "farelo" ( casca esmiuzada de gran de cereais, que no muíño sepárase da fariña ) sobre as mozas, que en ocasións era substituído por hollín ou cinza.
    O domingo anterior ao "de Antroido" coñécese como "corredoiro", pois nalgúns lugares era tradicional a "corrida do galo". Os xoves anterior e posterior a esta data coñécense como de "compadres e comadres" , simbolizando a eterna loita de sexos: no xoves de comadres os representantes masculinos portan imaxes que representan ás mulleres, quenes tentaban arrebatarllas pra evita-la súa queima; no xoves de compadres invertíanse os papeis.
    Pero é o sábado e domingo de antroido cando comeza o esplendor.
    Moitos son os protagonistas do entroido de Galicia chegados a partir da antiga raigame popular:
    * "Cigarróns" ( Verín ), "peliqueiros" ( Laza ), "felos" ( Maceda e O Bolo ), "pantallas" ( Xinzo de Limia ) -- poboacións da provincia de Ourense - son as máscaras máis antigas e gozan de total inmunidade ( non se lles pode tocar ), gastan bromas e mallan aos viandantes cun látego ou unha vexiga que levan cinguida a un pau.
    Os "cigarróns" e "peliqueiros" levan un pucho no que representan motivos animais ou astrais e careta de madeira. Con vestimenta formada de calzón e chaquetilla anuncian a súa presenza co son dos grandes cencerros que levan na súa cintura. Desfilan en fila india, saltando sen parar sen que ninguén descubra a súa identidade.
    * Os "xerais e correos" son a figura máis notoria no Val do Ulla: unha agrupación conducida por un xeneral a cabalo, e precedida polos seus "correos", enfróntase a outra homónima e rival, iniciándose unha guerra de agudeza na composición de versos trala que os xenerais asinan unha tregua ata o vindeiro Antroido.
    * As "madamas e galáns" de Cobres-Vilaboa ( Pontevedra ) salientan por un vestiario moi colorido e fastoso: sobre unha vestimenta de cor branco lucen enorme cantidade de rechamantes complementos ( mantóns de manila, collares, chapeus, cintas...).
    * "O rei Urco e o loro Ravachol" representan o antroido pontevedrés. O primeiro preséntase na cidade cos seus exércitos, e Teucro, en inferioridade, recíbeo cunha festa que dura tres días; ao final morre envelenado.
    O enterro do "loro Ravachol" ( nome posto por Perfecto Feijoo ó seu loro ) celébrase o sábado posterior ao martes de antroido e sustituíu ao enterro da sardiña.
    * O Enterro do Antroido: o antroido remata o "mércores de cinza", co "enterro da sardiña" na maioría dos lugares. Unha tradición importada da meseta na segunda metade do século XIX, pois o tradicional en Galicia eran os enterros de "mecos, entroidos ou momos". Tal enterro non deixa de ser unha inhumación polo rito cristián no que o defunto é a sardiña.
    Cada localidade representa nun boneco-rei a figura do entroido ( entroidos, mecos, momos, "o Felipe", "o Felipiño ", " o Marcial", "o Farruco"... ), que é quemado na cerimonia.
    * "Domingo de piñata": celébrase o domingo posterior ao mércores de cinza ( primeiro domingo de coresma ) e é unha oportunidade pra rompe-la penitencia e o recollemento da coresma. A "piñata" é un xogo infantil relacionado co galego "xogo das olas" o cal celebrábase nalgúns lugares da provincia de Ourense polo antroido.
      
    -----------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    ADEUS ENTROIDO

    martes entroido08 076
     
    Este era o aspecto que tiña a Praza das Terrazas o martes do antroido vendo espectáculo de Unha Grande Chea, grazas a todos por vir, por aguantar o frio, por aguantarnos nos, está claro que a xente ten gañas de ver cousas. Cada vez é mail díficil superarse para para o ano intentaremolo facer mellor. Temos moito traballo para a páxina, cantidades inxentes de fotos e videos que iremos publicando pouco a puco. Manteremosvos informados. Tende paciencia, e por suposto se alguen quere publicar as súas fotos de Entroido non ten más que mandarnolas o noso correo.
    -----------------------------------------
    INFORMACIÓN ELECTORAL
    cartaz mitin Cambados
     

    ACTO  COMARCAL O XOVES DÍA 7 EN CAMBADOS CON PRESENZA DE ANXO QUINTANA

     

    O xoves día 7 celebraremos en Cambados un Mitin Comarcal ás 20:30h. no Auditorio da Xuventude, con intervencións de Victor Caamaño (portavoz municipal), Rosa Abuín (candidata), Olaia Fernández Davila (cabeza de lista ao congreso) e Anxo Quintana (portavoz nacional do BNG).

     CONTIGO, GALIZA DECIDE!

     Ése é o lema da campaña do BNG ás eleccións xerais do 9 de marzo, o lema recolle clara e sucintamente a nosa proposta política: contigo, como sinónimo de participación, Galiza como o obxecto do noso traballo, e decide como o que propomos.

    -----------------------------------------

    EMBAIXADA PRUSIANA

    Untitled-1

     

    ANO NOVO, FANZINE NOVO,
    CON TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO
    ENTREVISTA A MANOS DE TOPO
    ENTREVISTA A WOM (www.fotolog.com/kopro)
    ENTREVISTA A LALLAVE FANZINE
    REPORTAXE SOBRE LYDIA LUNCH
    DOSSIER 2007
    ECT ETC TCE CET...
    (E PORTADA MARRÓN "CHOCOLATE")

    (o fanzine pódese mercar nas librerías Nobel, Pampín y Limiar en Vilagarcía, na librería Cabanillas de Cambados e pódese ver en distintos pubs e cafeterías da comarca do Salnés, Santiago de Compostela, Lalín, Vigo, etc...)

    -----------------------------------------

    INFORMACIÓN DE GALIZA NOVA

    images

    Xa está na rede a información do voto por correo para as Eleccións Xerais do 9 de Marzo.
    Na web de Galiza Nova atoparás toda a información:
    -----------------------------------------
    INFORMACIÓN DO CENTRO COMARCAL DO SALNES
    logo CC O[1]..
    Centro Comarcal do Salnés - Rede de Dinamización da Sociedade da Información -
    Concello de Vilagarcía de Arousa
    O vindeiro 11 de febreiro comezará na Casa da Cultura da Torre un Obradoiro sobre
    Iniciación a Internet
    A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico
    Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade
    da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de
    inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da
    Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade
    económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con
    maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar
    parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras,
    espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e
    cursos de alfabetización dixital e otros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes
    necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con
    discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
    O Concello de Vilagarcía de Arousa en colaboración co Centro Comarcal do Salnés e coa Rede de
    Dinamización da Sociedade da Información ten proxectado desenvolver este obradoiro, de 10
    horas de duración, desde o 11 até o 15 de febreiro na Casa de Cultura da Torre en horario
    de 18:00 a 20:00 horas.
    Con esta actividade preténdese:
     Que os asistentes ao obradoiro, se familiaricen cos distintos navegadores web que
    permiten a visualización e manexo de contidos (Internet Explorer ou Firefox entre outros).
     Saiban manexar distintos tipos de buscadores centrándose no máis popular e usado que é
    o de Google.
     Mostrar dunha maneira teórica e practica os distintos servizos e aplicacións que a Internet
    lles ofrece (correo electrónico, mensaxería instantánea, blogging, etc...).
    Para lograr estes obxectivos, o obradoiro divídese en 5 sesións de dúas horas cada unha.
    O número de prazas é de aproximadamente 10 persoas e a inscrición faise na Concellaría de
    Xuventude e Solidariedade do Concello de Vilagarcía de Arousa, ou ben a través do seu telefono
    986099200 (extensión 224) ou baixarse do taboleiro de anuncios da web municipal,
    http://www.vilagarcia.es . .
    Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da
    Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
     

    ¡¡¡feliz antroido!!!

    JORGE HERVELLA FILMS PRESENTA:
    "UNHA GRANDE CHEA EN CASA GERMÁN"
    (MÁIS SOBRE A VODA DE 1907)
     

    MÁIS ENTROIDO

    A VODA DE 1907
    CAMBADOS POR UN DIA VOLTOU O ANO 1907 DA MAN DE UNHA GRANDE CHEA
    Tal como prometemos o sábado fomos disfrazados da voda de 1907, estaban os noivos que a falta de unha parella había dúas, o clero, as autoridades do pobo , os gaiteiros, e como non banquete no Pazo "A Capitana" con 43 invitados. Foi unha voda impresionante, mira que nos solémolo pasar ben pero o do sábado foi impresionante , facía tempo que non disfrutabamos tanto. Aí vos amosamos unha reportaxe fotográfica do evento.
    (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (1) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (10) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (11)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (12) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (13)  UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (14)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (15) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (16) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (17)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (18) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (19) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (2)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (20) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (21) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (22)   UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (23) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (24) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (25) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (26) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (27) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (28) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (3)  UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (30) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (31)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (32) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (33) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (34)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (35) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (36) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (37)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (38) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (39) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (4)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (40) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (41) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (42)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (43) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (44) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (45)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (46) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (47) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (48)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (49) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (5) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (50)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (51) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (52) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (53)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (54) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (55) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (56)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (57) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (58) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (59) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (6) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (60) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (61) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (62) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (63)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (64) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (65) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (66) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (67)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (68) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (69) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (7)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (70) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (71) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (72)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (73) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (8) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907 (9)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS 1907
    GRAZAS INFINITAS O "PAZO DA CAPITANA"

    ¡¡¡VIVE O ENTROIDO!!!

    CHEAVISIÓN, TODO UN EXITO
    "PLAY BACK", "X-TRUME" E "UNHA GRANDE CHEA" ENCANDILARON O PÚBLICO ASISTENTE
    AQUI TEDES UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA DO EVENTO
    (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)
    SANY0774 SANY0775 SANY0777 SANY0778 SANY0779 SANY0781 SANY0782 SANY0783SANY0784 SANY0785 SANY0786SANY0787 SANY0788 SANY0789SANY0790 SANY0791 SANY0794SANY0795 SANY0796 SANY0797 SANY0798 SANY0799 SANY0801 SANY0802SANY0803 SANY0804 SANY0805SANY0806 SANY0807 SANY0808SANY0809 SANY0810 SANY0811SANY0812 SANY0813 SANY0814SANY0817 SANY0818 SANY0819SANY0820 SANY0821 SANY0822
     
    PERDECHES ESTO, TES SORTE O MARTES ÁS 18,30 NA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS (A DAS TERRAZAS) PODES VOLTAR A VELO.
     
    "grazas a Discoteca Zao por todo".