UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
FELCIDADES DE CORAZÓN YANI.DEYANIRA UN NOME BONITO PARA UNHA GRAN MULLER
¡¡FELIZ CUMPREANOS!!!
Yani, como todas a coñecemos está de cumpreanos, e nos queremolle adicar con todo cariño do mundo unhas letras no noso modesto espazo. SaBemos que pasou coma toda a súa familia un ano para esquenzar, que ela soubo sobrepoñerse sempre cunha souriso no seus beizos. É unha máis de UNHA GRANDE CHEA, sempre bota unha man cando fai falta, está disposta para desempeñar calquira rol dentro da comparsa e axudar sempre que pode a Asociación, a veces non lle fai falta decir ¿ves?, non, e que xa está ali donde se necesita . É doce, agradable, cariñosa , e sempre animando a xente. Moitas felciidades pequerrecha, sabes que te queremos. Un enorme bico dos de UNHA GRANDE CHEA.
------------------------------------------------------------
A frase do día: Pasao ben aquí na terra, no ceo "Deus dirá".UNHA GRANDE CHEA NA CARREIRA DE FORMULA 1 DE SEPANG Diego, pandereteiro de Unha Grande Chea , estivo ali co noso chaleco. (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS) Foto 1.- con duas azafatas do circuito. Foto 2.- posando cun "lugareño". Foto 3.- A bandeira galega ondeaou en Sepang, da mán de Unha Grande Chea. 1.- Foto coa consul de Dinamarca en Singapur.- Foto 2.- As torres Petronas de noite ..- Foto 3.- Diego xantando tartaruga.
Foto 1.- Centro financieiro de Singapur,. Foto 2.- O Chaleco de Unha Grande Chea en Sepang.- Foto 3.- Detalle do circuito de Sepang. Foto 1.- Fernando Alonso capturado pola máquina de Diego.- Foto 2.- Diego e os seus compañeiros de traballo. Foto 3 .- Outra detalle tas torres petronas.
Ola son Diego Lages pandeireiro de Unha Grande Chea , fun de visita profesional a Singapur,aparte de ser membro activo de Unha Grande Chea, son directivo da empresa islandesa Marel, adicada a venta de maquinaria para tratamento de peixe, con sucursal en Vilagarcía de Arousa. De Singapur trasladeime en avión a Kuala Lumpur onde se celebraba a segunda carreira do campionato de Formula I. Non puiden estar a veira de Fernando Alonso pero si lle puiden quitar unha fotografía no seu Renault que vos amoso, paseei a bandeira de Galiza e o chaleco de Unha Grande Chea polo circuíto de Sepang , tiven tempo para posar cun “lugareño”, coa cónsul de Dinamarca en Singapur, para admirar e fotografar as afamadas Torres Petronas, tanto de día como de noite, tamén tiven tempo para posar con dúas fermosas azafatas, e para incluso xantar tartaruga, ra, calamares crus e cangrexos, todo un manxar . O Chaleco de Unha Grande Chea xa é mundial.
Diego Lages corresponsal de Unha Grande Chea dende Singapur.
NOVA PATROCINADA POR :
Avda. de Cambados en Vilagarcia.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
------------------------------------------------------------ 1 FOTO, 100 FOTOS. Centro Comarcal de O Salnés - Rede de Dinamización da Sociedade da Información Ábrese o prazo para participar no concurso 1 FOTO, 100 FOTOS A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas. O Centro Comarcal de O Salnés en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da información abre o prazo para participar no concurso “1 Foto, 100 Fotos” que se encadra dentro da iniciativa Abre os ollos ao Salnés. Con esta actividade, dirixida a todos os públicos, preténdese que o fotolog “Abre os ollos ao Salnés” acade as 100 fotografías e se consolide como o que é, unha radiografía da comarca de O Salnés. O fotolog divídese en sete categorías: xentes, sectores produtivos, cultura, historia, natureza, denuncia e o recuncho de... Todas as persoas e/ou colectivos que desexen participar só deben enviar as súas fotografías ao seguinte enderezo de correo electrónico: alberto.cambados@dinamiza.sociedadedainformacion.eu As fotografías deben estar en formato Jpg cun tamaño máximo de 150 Kb así como tamén, ir acompañadas de título ou frase descritiva de que representa, ano e lugar de realización da mesma. Entre todas as persoas que nos envíen as súas fotografías, antes do 17 de maio de 2008, sortearemos un reprodutor mp4. A fotografía número 100 tamén recibirá un reprodutor mp4. Visita o fotolog no seguinte enderezo web http://www.blogoteca.com/olladaosalnes/ e participa. Un dos dous mp4 pode ser teu! FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
-------------------------------------------------------- EXPOSICIÓN: "CAMBADOS NO SECULO XX A TRAVÉS DA PRENSA". Interesante exposición que podemos ver estes días no Audotorio da Xuventude e que neste páxina vos amosamos un resumo. Sen ánimo de criticar , nin moito menos, quizais un pouco escasa, pois hai eventos en Cambados moi importantes que non se expuxeron como o Golpe de Estado do 36 en Cambados, o primeiro nomeamento de Alcalde despois da etapa fascista, o nafraxio do "Está como nunca" ou o ascenso do Cambados a segunda B entre outras moitas cousas, pero bueno a exposición e digna de vistar.
Foto 1.- 1910.- Redención da mili por 800 ptas. Foto 2.- 1920.- Tiros en Castrelo - Cambados. Foto 3.- 1930.- O telefono chega a Cambados. Foto 1.- 1940.- Reunión da Falange en Vilagarcia.- Foto 2.- 1950.- Limpeza das ruinas de Santa Mariña.- Foto 3.- 1960.- Homenaxe a Cabanillas. Foto 1.- De Gaulle, presidente de Francia visita Cambados.- Foto 2.- Richar rumorease que pode fichar nun equipo asturiano.- Foto 3.- Chu li, maiordomo da famosa seria Falcon Crest na praza de Fefiñans. FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
------------------------------------------------------------ A ACTRIZ CAMBADESA PAULA CHARLÍN PRESENTA “O TESOURO”, A SÚA PRIMEIRA PELÍCULA O director de cine almeriense Manuel Martín Cuenca presentou onte en Santiago "O Tesouro", unha película para televisión inspirada no clásico da literatura "A Illa do Tesouro", que ten como protagonista á actriz cambadesa Paula Charlín.
"O Tesouro", segundo as palabras de Martín Cuenca, inspírase "libre e lejanamente" na novela do escocés Robert Louis Stevenson, aínda que neste caso os narcotraficantes substitúen aos piratas, aínda que o fondo narra unha historia entrañable que fala da emigración, a amizade ou o amor.
A película foi rodada no verán de 2007 en escenarios naturais da zona de Ortigueira e O Barqueiro, na costa coruñesa.
"O Tesouro" está protagonizada por Antonio da Torre (Goya en 2006 ao mellor actor secundario por "Azuloscurocasinegro"), Antonio Durán "Morris", Luís Zahera e dous mozos debutantes: o catalán Xullo Adoitar e Paula Charlín, natural de Cambados, escollidos ambos nas probas de selección realizadas.
A película narra a historia de Fran (Xullo Adoitar), un adolescente fillo de emigrantes galegos fincados en Barcelona, quen ao morrer os seus pais decide viaxar a Galicia para coñecer a súa orixe e a terra da que tanto oíra falar.
A aventura do mozo comeza cando descobre uns fardos de haxix ocultos nas rocas. Neste lugar, coñecerá a Manuel (Antonio da Torre), un pescador, que o salvará e acollerao na súa casa.
A actriz debutante Paula Charlín afirmou que a súa primeira experiencia no cine habíalle resultado moi gratificante, e aínda que dixo que lle gustaría continuar no mundo do celuloide, non se aventurou a asegurar que o fará.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
------------------------------------------------------------
ADIVINA, ADIVINANZA
Esta sinal atópase na intersección da Rúa Sevilla co Caleixón da Congostra en Fefiñans, algo de "prohibido", o problema é saber o que porhiben.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
------------------------------------------------------------
"OS PITUFOS"
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
------------------------------------------------------------ UNHA GRANDE CHEA INVITADA A VELADA MÚSICO-GASTRONÓMICA
Foto 1.- O presidente e o Secretario de Unha Grande Chea co Patrón Maior e con Anabel Garro na derradeira velada celebrada no Museo do Viño. Foto 2.- Yayo Daporta.
Anabel Carro e Rocío Acha presentaron o concerto. O grupo de cámara Colatura Músical e o gastrónomo cambadés Yayo Daporta ofrecerán hoxe, a partir das sete da tarde no Museo do Viño, unha peculiar velada que mestura a música, a cultura e a gastronomía, a través de fragmentos de ópera relacionados co viño. Esta singular xornada vitícola e musical foi presentada onte pola concelleira de Cultura, Anabel Carro, e a directora da Rede Museística, Rocío Acha, que destacaron o interese de promover e divulgar os recursos gastronómicos de Cambados, mesturándoos co mundo da cultura. A pianista Lorena Varela, a soprano Daniella Sttagnitto e a violinista Illona iniciarán o acto interpretando seis fragmentos de óperas clásicas de Donizetti, Verdi e Bizet, relacionados co mundo do viño. FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
------------------------------------------------------------
CINE EN C.C. SALNÉS
O Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, proxecta dentro do ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, o sábado 29 de marzo ás 18:00 h. o documental " A CASA DE LOLA DE ANDRÉS + UN METRO CADRADO". A entrada é de balde, ata completar aforo.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com ------------------------------------------------------------
A frase do dia: A Cambados ei de ir, ainda que sexa arrastrado, nel sempre quixen vivir, levaime a él amortaxado."O GERMÁN" CONVERTIUSE POR UNHA TARDE NUNHA CANTINA DO OESTE Foto Eduardo Apariz, podes vela tamén en www.cambadosenfotos.net
O sábado a tarde o “Bar Germán” , o Bar decano de Cambados neste tipo de establecementos, converteuse por unhas horas nunha verdadeira cantina do Oeste. O motivo foi a rodaxe que estivo a facer a produtora cambadesa “CHOURIZO FILMS” durante esta semana santa e da que xa informamos nesta páxina. Alí rodábase unha das escenas, e para alí foise Rodrigo Piñeiro o director, Jacobo Domínguez o guionista e todo o elenco de actores que conforman este grupo de amigos, actuando como invitados o Grupo de Gaitas de Unha Grande Chea e algún dos seus compoñentes como actores. Tamén tivo un pequeno papel Moncho “O Do Germán”, que actuou de cantineiro. Estamos ansiosos por ver como quedou este “jallejo-western” e esperamos impacientes o día da súa estrea, a cal por suposto anunciaremos a bombo e platillo.
Esta nova saiu na páxina da Axencia Audiovisual galega
18/03/2008
Durante a semana santa, o equipo de Chourizofilms estará grabando as escenas da súa próxima curtametraxe. As grabacións levaranse a cabo en diversas localizacións de Cambados e o Salnés.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
------------------------------------------------------------ EDUARDO APARIZ INAUGURA ESTUDIO O VINDEIRO SÁBADO O vindeiro sábado o afamado fotografo Eduardo Apariz e a súa dona Sagri van proceder a inauguración do seu estudio de Fotografía na Rúa Hospital de Cambados. Eduardo Apariz deuse a coñecer primeiramente pola súa páxina web www.cambadosenfotos.net onde fai un percorrido moi peculiar sobre lugares de Cambados vistos dende outro prisma así como dalgunha das súas xentes, e logo foi o fotografo autor do calendario dos espidos cambadeses que se fixo a prol de “Esperanza Salnés” e que colga en centos de fogares e negocios cambadeses, dexemámosllo moita sorte na súa vindeira andaina a “EDUARDO APARIZ FOTOGRAFÍA” e por suposto alí estará para amenizar a festa o Grupo de gaitas UNHA GRANDE CHEA.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
------------------------------------------------------------ CHARANGA "APELES"
Esta charanga de Barro denominada "Apeles" coma aquel famoso cura da TV, puxose en contacto con nos para que os publicitaramos na nosa páxina, e de grande gusto así o facemos. Asi que xa sabedes todos aqueles que queirades facer unha gran festa ou calqueira comisión de festas pódese poñer en contacto con eles ben na súa páxina web www.charangaapeles.com ou ben chamando o telefono 616621066.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
------------------------------------------------------------ ARREGLARON AS LOSETAS
Fai uns días denunciabamos neste mesmo espazo que uns vándalos levantaran varias losetas do camiño de pedra que circunda o Muiño da Seca, pois ben, poidemos comprobar onte mesmo que foran repostas es mesmas o seu sitio o parecer por empregados do Concello de Cambados, é xusto decilo.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com ------------------------------------------------------------ SERIE CAMBADESES ILUSTRES: ALFREDO BRAÑAS.
Alfredo Brañas Menéndez naceu en Carballo 1859, pero pronto se trasladou a Cambados coa súa familia polo traballo do seu pai no Rexistro da Propiedade, polo que a vinculación coa vila foi estreita toda a súa vida. A el está dedicada unha fermosa praza da localidade. En Cambados fixo labor social a favor dos mariñeiros e inspirouse neles para as súas obras. Aquí funda a “Asociación Cambadesa de Mariñeiros”, unha agrupación pioneira en Galicia na que estaban representados armadores e mariñeiros. O seu obxectivo era prestarlle asistencia médica e socorro ás viúvas dos mortos no mar, algo que daquela ningúen facía. Esta asociación recibiu numerosos eloxios pero tamén críticas relacionadas co berniz católico que a impregnaba. Outro momento importante da súa “biografía cambadesa” acontece en 1890, cando asumiu os costes de organización da romaría da Virxe da Pastora. En 1869 comenzou os estudos de bacherelato en Santiago e logo fixo a carreira de dereito. En 1885 sendo Secretario Xeral da Universidade de Santiago realiza en Madrid os estudos de doutoramento. Na da Universidade tivo varios postos: Profesor interino en Santiago, profesor auxiliar na Universidade de Oviedo e finalmente catedrático de Dereito Natural en Oviedo. En 1888, volve a Santiago para facerse cargo da cátedra de Economía Política. Praza de Alfredo Brañas en Cambados,a praza por excelencia de UNHA GRANDE CHEA
Pero ademais do ensino universitario tamén o xornalismo foi importante na súa vida. Escribiu para “El Porvenir” e logo para “El libredón” do que tamén foi director. Tamén escribiu para “El Pensamiento Gallego”, “Pensamiento Galaico”, “El Eco de Santiago”, “La Gaceta de Galicia”, “El Pais Gallego” etc. Neles defendia ideas contrarias ó sistema político da época polo que tivo problemas coas autoridades. Brañas ten tamén obra poética como “Borradores de versos”, “La Eternidad”, “Oda a D. pedro Calderón de la Barca” e “Lamento”. Brañas está considerado o lider do Rexionalismo galego. Fundou a Asociación Regional Gallega xunto con Murguía e seguiu de preto o Regionalismo en Cataluña. O seu traballo neste eido resúmese no libro “El Regionalismo”. Faleceu en Santiago en 1900, os seus restos están en Santo Domingo de Bonaval, no Panteón de Galegos Ilustres, xunto a outros dous cambadeses: Cabanillas e Asorey.
(Texto sacado do libro “Cambados 100 anos de Historia a través da fotografía” dos alumnos do I.E.S. Asorey de Cambados).
Nota de U.G.CH.: No ano de Cabanillas 2009 cumprense tamén 150 anos do nacemento de Brañas.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
------------------------------------------------------------
UN WESTERN ATÍPICO.CHOURIZO FILMS RODA O SEU PRIMEIRO JALLEJO-WESTERN
A Produtora cambadesa "CHOURIZO FILMS" está a rodar nestas vacacións o seu primeiro jallejo western, unha historia de secuestros, ciumes, vinganzas, pelexas, mortes, ten de todo un pouco. Temos que dar as grazas dende esta páxina os de "Chourizo Films" por haber invitado a participar nalgunhas escenas desta rodaxe a algúns membros de UNHA GRANDE CHEA, así como o Grupo de Gaitas. Estamos moi agradecidos e orgullosos de participar neste film. Todo esta vai aderezado pola man de Rodrigo, Rodesio para os amigos, esperemos que todo saia ben e xao veremos nas pantallas cambadesas.
NOVA PATROCINADA POR:
NA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS-CAMBADOS A frase do dia: A ti que tanto te quero, a ti por quen tan to loito, quixera ser coma un suero, para facer de nada moito (A Galiza)O XUVEN NOS ACTOS DO XXX ANIVERSARIO HOMENAXEOU OS SEUS CINCO PRESIDENTES.
Onte tivo lugar no Pavillón do Pombal os actos centrais do 30 aniversario do Club Xuventude de Baloncesto O "XUVEN", enfrontándose o equipo júnior do Meca de Servia. O resultado era o de menos, o importante foi a homenaxe que se lle tributou os cinco presidentes do Club Ramiro Vidal, Roberto Vidal, José Luis Iglesias Lareu , Juan Luis Iglesias e Jorge Castiñeiras. No acto estiveron o Alcalde de Cambados José e Manuel Cores Touris, a Concelleira de Cultura Anabel Carro, o deputado electo e concelleiro do PSOE domingo Tabuyo e a Concelleira do BNG María José ademais de autoridades federativas. O acto foi moi emotivo e o club regaloulle os seus cinco presidentes unha placa conmemorativa. Quen nos ía a dicir fai trinta anos que aquel club que nacía con moita ilusión ía chegar a onde chegou. Nos sen animo de criticar porque todo estivo moi ben homenaxear a xente coma Egidio Varela e Eduardo Charlin que partiron a alma por este club, pero ben entendemos que non se pode estar en todo.
------------------------------------------------------------
BRONQUITIS CRÓNICA, PLAY BACK E X-TRUME EN ZAO
PLAY BACK X-TRUME
Este xoves día 20 de Marzo as 23.30 en Discoteca Zao de Cambados, concerto de BRONQUITIS CRONICA, PLAY BACK E X-TRUME. Se realmente queres reflexionar nesta semana de pasión non podes perderte este importantísimo festival. Dicir que importante labor está a facer a Discoteza Zao para proxección de artistas en alza a ver se Concello toma nota para o vindeiro Albariño. A frase do día: O meu corazón non sinte, dende que da terra marchin, quixera volver a ela , antes de que chegue o meu fin.MERECIDA HOMENAXE A JUAN GALIÑANES, CAMBADÉS NOMINADO OS GOYA.
Numerosas persoas relacionadas co mundo da cultura entre eles varios representantes de UNHA GRANDE CHEA, así como moitos mozos sumáronse onte aos actos organizados polo Concello para render unha homenaxe ao director cambadés Juan Galiñanes, que estivo a piques de gañar un Goya coa súa curtametraxe "O bufón e a infanta". O acto celebrouse no auditorio da Xuventude e comezou cun vídeo sorpresa no que aparecían amigos de Juan, familiares, membros de Unha Grande Chea e a concelleira de cultura Anabel Carro logo Anabel fíxolle entrega dunha foto feita polo afamado fotografo Eduardo Apariz, e posteriormente Juan visiblemente emocionado agradeceu a asistencia a todos os presentes e manifestou que agora mesmo atópase traballando nunca longametraxe de animación e polo que está moi ilusionado logo seguiuse coa proxección de dúas curtametraxes da súa creación; "Incomunicados" e "O bufón e a infanta".
Durante o transcurso da gala, a concelleira de Cultura, Anabel Carro, destacou o don de Juan Galiñanes para crear arte e remarcou que a pesar de que non puido traerse o premio Goya para Cambados, será o principal favorito para obter o Mestre Mateo, para o que está nomeado.
O colofón á noite púxoo a actuación do grupo vigués "O odio e os seres queridos", que ofreceron un concerto de pop-rock e techno do que gozaron numerosos mozos.
Os curtos que se puideron ver no auditorio cambadés teñen características moi diferentes. Así, "Incomunicados" é unha comedia de poucos minutos sobre dous individuos moi distintos que comparten un mesmo problema, a súa incapacidade para comunicarse. Pola súa banda, "O bufón e a infanta" é un curto de animación inspirado no conto de Oscar Wilde "O aniversario da infanta" e se desenrola na sala dun museo dedicado a Velázquez. A infanta abandona "As Meninas" e o bufón sae doutro cadro do gran pintor español.
O remate do acto varios membros de UNHA GRANDE CHEA estiveron departindo uns intres con Juan Galiñanes desexándolle moita sorte para o futuro.
Fotos: Ana Lidia Martinez Rey, La Voz de Galicia e Diario de Arousa.
ESTA NOVA FOI PATROCINADA POR:
VINDEIRA REAPERTURA EN RÚA HOSPITAL 41-BAIXO-CAMBADOS
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
------------------------------------------------------------
30 ANIVERSARIO DO XUVEN Embrion do "Xuven" equipo do Juventu d T.A.C. nel podemos ver de esquerda a dereita de pe: Egidio Varela, Ramiro Vidal (Ex-presidente do Xuven), Eduardo Charlin, Oscar Fariña, Mané Cuiñas, Manolo Prado, Mon Vieites; agachados: Felipe Aragunde , Pepe Cubeiro, Tito Moro (Q.P.D.), Sanchis Oubiña e Jorge Castiñeiras (Presidente do Xuven) Algúns tivemos a sorte de coñecer o Xuven dende que naceu, e mais incluso tivemos a sorte de ver o embrión do actual Xuven e incluso de donde procede o seu nome. O nome do club "Xuventude de Baloncesto", non foi máis que a galeguización do nome da JUVENTUD TAC, que foi onde realmente naceu o Xuven, alí estaban o irmáns Vidal, Jorge, Eduardo, Mané, Egidio, Mon, Chon, Pepe Cubeiro, Sanchis, Oscar, Manolo Prado, Piño, Otero etc. Todos xogamos unha liga dentro do edificio da Juventud donde era o patio de butacas (o actual auditorio), unha das persoas que máis traballou para facer o campo foi Benito Abal Roma.
Dous dos primeiros equipos do Xuven
Jorge, unha das persoas que máis sabe de baloncesto en Cambados e parte do estranxeiro convenceu os máximos dirixentes da Juventud T.A.C. os irmáns Vidal, Ramiro e Roberto para facer un club aparte, e cousas do destino un club de baloncesto feminino, e así naceu o Xuven, dun grupo de amigos que aínda hoxe en día seguen a ser grandes amigos, e este embrión chegou a ser un dos mellores clubs de baloncesto da provincia de Pontevedra, e que dure. Estes días cumpre o "Xuven" nada máis e nada menos que trinta anos e para celebralo o martes 18 as 20.30 horas enfróntanse a Aqua Mega Monta de Belgrado. A entrada vai ser gratuíta e váiselle render homenaxe a tódolos que no seu momento foron presidentes do Xuven dende o ano 1978, Ramiro Vidal, Roberto Vidal, José Luis Iglesias Lareu, Juan Luis Iglesias Patiño e Jorge Castiñeiras, homenaxe que nos propoñemos que debe incluírse a dúas persoas que foron santo e sinal neste club Exidio Varela e Eduardo Charlin quen si tivera os medios que hai sen dúbida houbera sido un gran xogador de baloncesto.
O actual Xuven Como xa sabedes esta páxina deixou de falar do Xuven porque agora está o Blog de Angel Cambados, que fai unha información máis detallada e que podedes visitar en: http://4ngelct.spaces.live.com de xeito provisional porque está en construción unha paxina web do Xuven.
Cartel anunciador do partido conmemoración XXX aniversario, no medio o "factotum" do Xuven Jorge Castiñeiras , este club é coma un fillo para él, e por último anécdota, no derradeiro Boletín por un erro de imprenta sinalase o 300 aniversario en vez do 30. "LONGA VIDA O XUVEN" FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com ------------------------------------------------------------ O DIA DE SAN BENITO , CALLOS NO PANDEMONIUM
O vindeiro venres e como reivindicación do día de San Bieito, xa que a igrexa no celebra por coincidir con Viernes santo, o restaurante Pandemonium de Cambados (Rua Albariño 16-Cambados) , e desafiando a tódalas leis divinas vai poñer "tapa de callos" para os que se acerquen alí a tomar un viño. Así no lo prometeu o seu cociñeiro maior Tonino. Debían de tomar exemplo tódolos bares de Fefiñans.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com ------------------------------------------------------------ A frase do día: Choro e non quero chorar, por unha Galicia asoballada, libroa e queroa librar, desa xente descoidada.CINE EN CENTRO COMARCAL SALNÉS
O Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, proxecta dentro do ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, o sábado 15 de marzo ás 18:00 h. o documental "Bs. As.". A entrada é de balde, ata completar aforo. BS. AS. Sinopse Bs. As. é unha película sobre Buenos Aires e a súa relación con Galiza (sobre a emigración, por tanto). Bs. As. escaravella nas miserias, nas traxedias, nos traumas, nas separacións, nos desencontros que a emigración conleva, e que a día de hoxe aínda perduran. Nunha primeira parte, que poderíamos chamar prólogo, unha serie de vellas fotografías reflicten o devir histórico dunha familia, tan ligado a América. Unhas fotografías serán a ancoraxe gráfica do relato. Unha voz nostálxica, desde aquí, desde Galiza, desde o pasado buscando o presente, desde a ausencia buscando a presencia. Unha voz do presente, do lado de alá, nun idioma alleo. A primeira voz é ancestral, oral: contos de inverno contados ao pé da lareira. A segunda é escrita, epistolar, moderna. Unha lectora con acento, emigrante tamén ela, porque o acento é a característica primeira do emigrante, o que o identifica, o que o discrimina. Unha longa viaxe en metro: é a despedida, o afastamento da grande urbe. Non hai contacto, non hai voz: o machacón e obsesivo traqueteo das rodas nos raís percute na conciencia do viaxeiro, do espectador, tomando o lugar das palabras e da dor que estas expresan.Participou no Festival de Xixón (sección Llendes) 2006, no Festival Internacional de Documentales Punto de vista (sección oficial) 2007, no Festival Play-Doc (Tui) conseguindo o Premio Foco Galicia 2007, no Festival de Las Palmas (sección D-generación) 2007 e no II Premio de Cine-Ensaio Román Gubern (Barcelona) do que foi a obra gañadora no 2007. Localización Bos Aires ------------------------------------------------------------ ¿O MUNDO É REDONDO?
------------------------------------------------------------ NOTA INFORMATIVA DO BNG DE CAMBADOS
O RECONTO DEFINITO DALLE A RAZÓN AO BNG AO ADMITIR A RECLAMACIÓN DE CEN VOTOS QUE NON LLE FORAN COMPUTADOS EN CAMBADOS
Os resultados definitivos certifican que a organización nacionalista obtivo 1297 votos e unha porcentaxe de voto do 14,36, o que supón un aumento en votos e en porcentaxe ao respecto das eleccións xerais do 2004
Hoxe venres rematou o reconto definitivo dos resultados das eleccións xerais do pasado domingo día nove; e nese reconto definitivo admiteuse a reclamación efectuada polo BNG contra os resultados provisionais correspondentes ao concello de Cambados difundidos polo Ministerio de Interior; dado que estes non coincidían coas actas das mesas electorais, e adxudicaba ao BNG cen votos menos dos que realmente tivo. Finalmente o reconto definitivo das actas confirmou 1297 votos para o BNG ao Congreso dos Deputados, o que supón un apoio dun 14,36% do electorado.
O BNG xa na mesma noite electoral se decatou de que os datos do Ministerio e as copias das actas en noso poder non coincidían, ao adxudicárselle nunha mesa só 12 votos, cando realmente, e así consta nas actas os votos obtidos foron 112.
O BNG quere dar a coñecer estes dados definitivos para que non leve a confusión os dados erróneos procedentes do ministerio de interior, información que foi utilizada de xeito interesado polo Partido Popular cando eles mesmos sabían que era errada dado que tiñan no seu poder as mesmas actas que ten o BNG.
Este aumento de votos a de porcentaxe de electores e electoras de Cambados, que apostaron polo nacionalismo nunha coxuntura tan complexa como foi a destas eleccións xerais, amosa que o traballo da asemblea local do BNG contribúe a que segamos a ser un dos concellos con presenza social e electoral do nacionalismo por enriba da media de Galiza.
Cambados; 14 de marzo de 2008
--------------------------------------------------------
Cambados pon á venda as entradas para un concerto de góspel na Xuventude (Nova recollida de "La Voz de Galicia")
------------------------------------------------------------ A frase do día: FELICIDAAAAAAAAAAAAAADES55 ANOS DE HUMANIDADE E TRABALLO POLOS DEMÁIS.
"Feliz cumpreanos amigo"
JOSE MANUEL DOMINGUEZ SANCHEZ, máis coñecido por José Manuel, ou Menel, ou Domin, ou Dominkes, ou profe, cumpre hoxe 55 anos, dos cales 29 pasounos en Cambados, para nos é un cambadés máis, pero el confesase palense e a moita honra e ademais profesa como tal. Nado en Palas de Rei no ano 1953 déuselle por estudar maxisterio en Lugo, compaxinando coa outra súa gran afección, o fútbol pero sempre dandolle prioridade os estudos. Rematado Maxisterio e aprobada a oposición o seu primeiro destino foi Vic, alí estivo entre os cataláns, ata que puido pedir destino na súa terra, quería un pobo con mar, e en Cambados estaba libre unha praza no C.P. de Santo Tome, e para aquí se veu coa María , abordo do seu 127 no ano 1979, co seu carácter afable e aberto non tardou nada en ter amigos, e en 1985 xuntase cuns cantos cambadeses e forma o que hoxe e en parte grazas a el unha institución en Cambados a Asociación Cultural e Deportiva "UNHA GRANDE CHEA",… a ata agora… divertíndonos, facéndoo pasar ben a xente, metese en canto fregado hai, membro de Teatro Caracol, caricaturista, bombeiro en fin home polifacético onde os haxa.
O seus grandes a amores, a María o Jacobo e o Alberto, por eles desvivese e move Roma con Santiago . É unha grande persoa e non é que o digamos nos dio moita xente, foi un gran futbolista, é un gran mestre, un gran carallán pero sobre todo é un bo amigo, e non dubida e dicir as cousas a cara, pero sempre tratando de ser construtivo. Para nos falar ben del é moi doado, pero a veces quedamos marabillados cando presuntos contrincantes , ou xente que está nas súas antípodas en política ou na súa forma de pensar falan ben del, iso é marabilloso. Podiamos estar falando del horas, dias, anos, toda unha vida pero sabemos que a él non lle gusta por iso sen mais querémoste e Felicidades Campión. CAMBADESES PROTAGONISTASO CAMBADÉS JOSE LUIS COSTA PILLADO NOMEADO CONSELLEIRO DO CONSELLO CONSULTIVO DE GALIZA
Segundo decreto de 21 de Febreiro , o Presidente da Xunta de Galiza ven a nomear Conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galiza o cambadés JOSE LUIS COSTA PILLADO. O Consello Consultivo é un órgano consultivo, de carácter técnico xurídico, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, de Galicia, que está ó servizo das administracións públicas da Comunidade Autónoma, e que, ó igual que outros órganos semellantes existentes no estado español -Consejo de Estado ou consellos consultivos autonómicos-, ten como fin último velar pola legalidade dos actos e as disposicións administrativas e, en xeral, pola observancia da Constitución, do Estatuto de Autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico. O dia 11 de marzo nun acto solemne doulle posesión do seu novo cargo.
José Luís Costa Pillado é licenciado en dereito pola Universiade de Santiago de Compostela e exerceu como xuíz en Ibiza, A Estrada e Pontevedra. Ascendeu á categoría de maxistrado en 1988 e como tal exerceu en Pontevedra, onde foi xuíz-decano dos seus xulgados. Na actualidade é maxistrado da sala de contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
Para os que non o coñezan decir que o seu pai foi o fundador de Confiteria Costa que na actualidade rexenta o seu irmán Pablo na Rua Hospital. A frase do dia: Cambados de ti falando, vou polo mundo adiante, en calquer porto que vou calando, non te esquenzo nin un instante.¿PARA QUE É ESTE DEPÓSITO?
Hai un depósito nas inmediacións do múelle de Fefiñans, preto mesmo o denominado "múelle do colesterol" que no mesmo pon "Aire líquido", pero segundo outras fontes parece ser un depósito de gas, ignoramos o perigo que supón o mesmo, por iso queremos recoller información de quen o saiba se dito deposito ten algún perigo ou simplemente é inofensivo, dende logo como se ve nunha das fotos hai un núcleo de poboación moi importante preto do mesmo. ------------------------------------------------------------ FOI, É , E SERÁ UNHA GRANDE PRAZA
A veces en charlas e coloquios discútese como era a praza de Fefiñans en tempos idos, se tiña un , dous ou tres pontes ou como era en realidade. Buscando na nosa biblioteca particular atopamos este debuxo de Mon Daporta que foi con confeccionado para unha especie de revista feita polo C.P. de Castrelo e baixo a coordinación e dirección de Adela Leira, revista moi interesante e da que iremos sacando máis datos. A praza segundo o debuxo feito por Mon Daporta vémola como era no Século XVIII con catro pontes, unha ía do que é hoxe o Bar Laya (antigas cabalerías), outro a ponte actual, outro que unía as dependencias do pazo coa igrexa e outro que unía a igrexa coa actual casa de Rovira. Aproximadamente no 1840 por acordo do Concello de Cambados retiráronse tres pontes, quedando unicamente a actual.
NOVA PATROCINADA POR:
PRÓXIMA APERTURA EN RÚA HOSPITAL
------------------------------------------------------------
INICIACIÓN A VELA
Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés Rúa dos Olmos 21. 36630 Cambados. Pontevedra
ENTIDADE ORGANIZADORA
Asociación de Ensinantes do Salnés (Candea) e
LICEO CASINO DE VILAGARCÍA
TÍTULO DA ACTIVIDADE
inicición á vela para o profesorado
MODALIDADE DE FORMACIÓN
Curso
OBXECTIVOS PREVISTOS
· Dotar aos profesores e profesoras asistentes de recursos de cara a aplicar o uso da vela como actividade extraescolare complementaria.
· Coñecer os elementos básicos da navegación a vela.
· Aprender a manexar unha embarcación a vela.
· Deseñar actividades para realizar co alumnado en relación coas áreas de Coñecemento do Medio Social e Natural e Educación Física.
· Difundir o coñecemento dos recursos que ofrece o Salnés a diferentes niveis: etnográfico, ecolóxico, histórico, económico, literario ...
CONTIDOS
· Manexo dunha embarcación a vela. Principios teóricos e prácticos.
· Estudo dos principios físicos relacionados coa navegación.
· Estudo da ría de Arousa: xeomorfoloxía, fauna, flora, etnografía, recursos económicos, actividades humanas, historia...
DATAS DE REALIZACION
31 de marzo, 1, 2 e 3 de abril.
HORARIO
das 16 ás 20 horas
Luns ás 16 horas comezo do Curso nas instalacións do Clube do Mar do Liceo Casino, no porto deportivo de Vilagarcía
LUGAR DE REALIZACIÓN
I.E.S. Asorey. Cambados (Pontevedra), Peirao de Tragove (Cambados) e Ría de Arousa.
Nº DE HORAS DA ACTIVIDADE
20 horas
MATRÍCULA
40 euros+seguro
Nº MÁXIMO DE PRAZAS
ata 20
RELATORES
Álvaro Paz e tres monitores de vela.
inscripcións
Tf 986520161, 986520407
-----------------------------------------------------------
Naceu en Cambados en 1909. Foi Comisario do Corpo Xeral de Policía e cronista oficial de Cambados, ademais de colaborador de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Foi membro da Real Academia Galega e, desde 1973, membro tamén da Real Academia de Historia. Escribiu moitas obras; en 1948, “El Periodismo Gallego en relación con el periodismo español” que obtivo premio nos Xogos Florais da Coruña e tamén o premio Pérez Lugin por “Ficción y realidad en la cala de la Troya”. Pero as súas publicacións máis coñecidas son as que fan referencia o seu Cambados natal:”Cambados a la luz de la Historia” de 1933, “Notas para un estudio de la personalidad de Doña Maria de Ulloa, madre del arzobispo D. Alonso III de Fonseca”, “Don Fernando de Valladares2º Vizconde de Fefiñanes” de 1953, “Estampas de Cambados” de 1953 e “Cambados y el Valle del Salnés” de 1957. Todos eles son de gran valor para o estudo da nosa vila. Morreu en Madrid en 1975. (Texto e fotos recollidos do libro "Cambados cen anos de historia a través da fotografía" dos alumnos do I.E.S Francisco Asorey de Cambados)
------------------------------------------------------------
SAN BENITO, SI
Reivindicamos dende esta páxina a celebración da festa de San Bieito de Inverno. Este ano San Bieito vai ser eclipsado polo venres Santo, e nos pedimos que se faga igual a procesión que haxa fogos e despois o máis importante e principal que na do "Vajo" se sirvan tapas de callos que tan ben prepara Lolita, queremos ir o Bar Cruceiro e que con un viño case saiamos comidos en fin queremos ir de viños por Triana. Pedimos dende aquí o Monseñor Xulián Barrio que promulgue unha bula especial para este dia e non deixe os de Triana sen un dos seus dias máis importantes.Aparte non podemos ser racistas xa que dentro de uns días vaise celebrar o San Bieito negro (O de Palermo) a el non lle poñer problema ningún. A Xesuscrito seguro que non lle importa ese dia compartir protagonismo con San Bieito.
------------------------------------------------------------
BORRÓN 4, NOVA EXPOSICIÓN
O día 14 de marzo vindeiro ás 20.30 horas vai ter lugar a inauguración da exposición de Xavier Magalhäes. A mostra podese visitar ata o día 29 de abril de mártes a sábado de 11.30 a 14.00 e de 18.30 a 21.00.
A pintura de Xavier Magalhaes practica un expresionismo no que, malia estar presente a figuración, as súas formas chegan case á abstracción. A súa pintura reflicte unha vitalidade que atopamos tamén nel mesmo, ao pouco de entablar conversa. -----------------------------------------------------------
NOVO VIDEO DE
http://es.youtube.com/papigil
O mestre gaiteiro galego Vitorino, nunha das nosas xuntanzas gaiteiras, nas que disfruto a honra de participar da sabedoría e amizade, nos arredais da mítica Torre de Hércules ( Patrimonio da Humanidade: ¡ Si ! ).
------------------------------------------------------------
A touro pasado e unha vez as eleccións xerais 2008 son historia aquí vos presentamos dúas instantáneas dos roqueiros máis importantes do noso pais, quizais estes días fora un dos correos máis repetidos que nos enviaron , a parécenos que a veces tamén hai que tomar a política de carallada. ------------------------------------------------------------ tenis de mesa A dúas xornadas do fin da liga case todo o peixe está vendido en tódalas categorías que afectan ós equipos da capital do albariño.
------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Visita os nosos video clips en:
R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc
O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE
Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM
Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
A frase do día: Galicia miña terra, miña nai, cantanronche tantos e bos poetas, que a miña humilde pluma nada fai, adicándoche estas poucas letras.DANOS NO PASEO DO MUÍÑO DA SECA DE FEFIÑANS
Andando polo Muíño da Seca e o seu estanque, vemos que este ven a estar circundado por un paseo tanto de pedra como nalgúns tramos de madeira, a verdade que o paseo non está nada mal, pero dun tempo a esta parte, uns bárbaros, adícanse a levantar as pedras co único fin de facer mal e deixalas o lado. A ver si vai ser verdade o que dicía alguén de que"En Cambados non pode haber nada" . Isto non deixa de ser un acto de vandalismo sen máis do que hai que ter conta. E xa falando deste paseo e cara o verán non estaría mal dotalo dalgúns puntos de luz, para así de paso achicar o camiño entre Fefiñans e Corbillón e non ter que ir pola estrada e de paso adecentar un pouquiño o estanque , que dende que foi o macrolimpadón esta outra vez que da pena velo.
------------------------------------------------------------
¿QUÉ PASOU O DOMINGO DAS ELECCIÓNS EN CERTA TV. LOCAL?
Parecer ser que se anda a comentar en diversos foros e mentideiros do Salnés que certa televisión local o domingo a tarde estivo a emitir dende as 5 ás 5 e media en pleno dia das eleccións publicidade gratuíta de certo partido de dereitas, de ser certo isto que se comenta (incluso comentarios no foro de www.cambados.tk), pode ser incluso ata delituoso, este medio debía de sacar unha nota aclaratoria para non deixar en entredito a súa independencia na que nós creemos firmemente e posiblemente de ser certo se trate dun erro de emisión. NOTA ACLARATORIA DE TVSB Á mantenta do lamentable fallo técnico acontecido onte pola tarde en tvsb, e do cal vostedes fan eco, remítolles unha resposta enviada a un televidente encabuxado. ------------------------------------------------------------ EXPOSICIÓN DE MARI CARMEN FERNÁNDEZ EN C.C. SALNÉS.EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE Mª CARMEN HERNÁNDEZ '¿SABIAS QUE É ASÍ?: FRORES E INSECTOS ' NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS Mª Carmen Hernández naceu en Venta de Baños, Palencia, aínda que ten a súa residencia no Carballiño. Estudou Deseño Gráfico en Ourense e dende 2006 preside a Asociación Fotográfica "O Potiños" no Carballiño, participando en todas as exposicións que esta asociación celebra. A selección de traballos que nos presenta nesta mostra leva o título de "SABÍAS QUE É ASÍí? FRORES E INSECTOS" e, como o seu nome indica, trasládanos ao mundo deses seres cativos que pululan polo noso entorno e nos que raras veces nos fixamos. Instantáneas que recollen momentos precisos, e nas que se poden apreciar a beleza de cada flor e insecto que poboan os arredores ourensáns grazas a utilización do macro. ASOCIACIÓN FOTOGRÁFICA 'O POTIÑOS' A Asociación Fotográfica Carballiñesa “O Potiños” nace no ano 1.985 grazas á paixón pola fotografía dun grupo de afeccionados da comarca do Carballiño. Os seus estatutos fundacionais establecen que a actividade desta asociación se centra na fotografía en todas as facetas posibles, máis en concreto nas imaxes en branco e negro e a cores, postas en papel. Nun primeiro intre xa se pensa en recoller o material existente de vello en imaxes do Carballiño, coa finalidade de facer un fondo ou arquivo histórico e amplialo con aportacións e donacións á par que se vai completando aportacións recentes. Unha das preocupacións maiores nos comezos da asociación, foi buscar un nome que reflictira todo o sentir popular local pola fotografía, motivo polo cal se chegou á figura dun vello fotógrafo do Carballiño chamado Gabriel Alonso e coñecido de todos polo alcume familiar de “O Potiños”. Tras varios anos sen actividade, no 2003 renace esta asociación grazas a un grupo de amantes da fotografía que, despois de varias conversas con algúns ex-socios, decídese a retomar o espírito da anterior asociación fotográfica e enfiar con novas inquedanzas e algunhas modificacións o traballo encol da imaxe. As saídas á rúa, visitas a monumentos, pobos e paraxes do entorno próximo, para recoller imaxes e o seu posterior revelado, positivado e exposición, serven novamente de aliciente para aqueles que teñen inquedanza polo nobre arte da fotografía. Ao longo destes anos a A.F. “O Potiños” ven presentando exposicións en diversos puntos de Galiza, e segue coa súa intención de dinamizar a fotografía colaborando con outras entidades e axentes, co fin de levar adiante iniciativas dos máis diversos tipos relacionadas coa imaxe. INFORMACIÓN E HORARIO Esta exposición poderase visitar no Centro Comarcal do Salnés en horario de 10:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:00, de luns a venres, e os fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Para acadar máis información poden porse en contacto co persoal do centro comarcal no 986 526 013 ou ben no correo ccsalnes@comarcasdegalicia.com . ------------------------------------------------------------ EMBAIXADA PRUSIANA "SOBRE A FOTOGRAFÍA DE AUTOR"
Título: "Sobre a fotografía de autor"
- datas: do día 7 ao 13 de agosto do 2008
- lugar: en Paderne ( Folgoso do Courel), en ?O Courel?, Lugo, Galicia, España
- prazas: As prazas para este taller son de 17 acodes
- cota : 550?
A cota é de 550?, e esta inclúe: a matrícula do taller, a estancia na casa de turismo rural a pensión completa, desde a chegada do día 7 pola tarde, coa cea de presentación do taller, e os posteriores días a pensión completa, ata o día 13 pola mañá, onde haberá que deixar as habitacións ás 12.00 horas da mañá, que daremos por finalizado o taller.
- forma de pago: A forma de pago será do seguinte xeito; un 30% (165€) ao realizar a inscrición, e o restante 70% (385 €) farase efectiva o primeiro día do taller.
- inscricións : As inscricións realizásense previa solicitude de dispoñibilidade de prazas. Existe unha reserva por se quedasen prazas libres ao final.
- lugar do taller: En casas de turismo rural, será en tres casas, "casa A Bouza, casa Rodrigo, casa Caselo" todas situadas en Paderne, Folgoso do Courel, o aloxamento será en habitacións de dúas prazas a compartir, que se distribúen entre estas tres casas.
- material conveniente: Portafolio, é moi aconsellable que este sexa en formato papel para ser visionado
- material suxerido: Roupa cómoda para os paseos e traballos de campo das tardes polas montañas e pobos do Courel, protector solar. Cámara, película, cartóns, pilas etc. (no lugar é imposible conseguir material).
INFOMACIÓN: CARLOS PUGA 629088332 carlospuga@fotoxoguete.com tel:629088332
- formulación do taller
SOBRE A FOTOGRAFÍA DE AUTOR. Vari Caramés
Falar de Fotografía de Autor, Fotografía Plástica ou Fotografía Artística... é inútil. O que defendo con paixón é que a Fotografía entendida como Arte debe cultivar a idea do fotógrafo como autor e que as fotografías tomadas polo mesmo individuo configuren un corpus. Vari Caramés
A ARTE CONSISTE NUN SACRIFICIO DA VIDA MESMA, O ARTISTA SACRIFICA A VIDA EN NOME DA ARTE, NON PORQUE ASI QUÉIRAO, SENÓN PORQUE NON PODE FACER OUTRA COUSA. Louise Bourgeois
Neste taller camiñaremos cara á creación dun proxecto cultural, que sexa o noso propio proxecto, baseado no que nos rodea e no noso mundo interior, usando a cámara como mero instrumento para proxectalo ao exterior. Durante 5 días, veremos e analizaremos diversos traballos de Vari Caramés, seguindo as distintas fases de elaboración, edición e resultado dos mesmos, o que nos permitirá comprender mellor, non só a súa obra, senón tamén o seu proceso creador maduro e, posiblemente, moi diferente ao noso. Un coloquio posterior fará que poñamos en común todas as sensacións e contradicións que xurdan.
O visionado e análise de portafolios dos asistentes fará que o traballo de cada un enriquézase coas diversas lecturas e achegas críticas dos outros.
Polas tardes, a paisaxe do Courel servirá de territorio para camiñar e, seguindo as directrices da conversación mantida na mañá, iniciar, a modo de prólogo, un proxecto de obra persoal de cada un que recolla estes 5 días de tempo en común.
Á noite, logo da cea, falaremos sobre temas que nos interesen e sexan propostos polos participantes do taller.
- biografía
Autodidacta. Nace en Ferrol (A Coruña) en 1953. Aos 9 anos se traslada a vivir á Coruña. Con 15 anos, o seu pai regálalle unha Voigtlander, totalmente manual, para que lle fotografase os seus cadros e as súas pezas de ferro forxado. Máis tarde utiliza a fotografía como chuleta para os exercicios de debuxo dos seus estudos de Arquitectura Técnica, (que xamais terminou).
Nunca pretendeu vivir da fotografía, pero agora non pode vivir sen ela. Interésalle especialmente que algo cotián e ordinario resulte extraordinario. Busca suxerir, evocar e facer soñar ao espectador. A realidade, tal cal, resúltalle recalcitrante. Amante do intemporal e do indefinido, gústalle traballar na fronteira entre a pintura e a fotografía. Aprende a conseguir efectos dos defectos. Non lle interesan as modas nin as tendencias. Actualmente utiliza o branco e negro e a cor, indistintamente.
Opina que no mundo de hoxe falta poesía, e que a felicidade é máis a procura da beleza, que do diñeiro ou da fama. É máis intuitivo que intelectual. E cre que o azar é máis emocionante que a certeza.
Máis informción http://www.varicarames.com/
------------------------------------------------------------
A frase de hoxe: Doenme os ollos de mirarte e o corazón de quererte (adicado as nosas mulleres)DIA 8 DE MARZO, DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe é o dia internacional de muller, que seria de UNHA GRANDE CHEA, sen as nosas mulleres, pois evidentemente non seriamos nada, non debía de haber só un día o ano todos os días debian de ser o dia internacional da muller, vivimos para elas, traballamos con elas, rimos con elas, soñamos con elas en definitiva elas son a nosa razón de vivir. Dende esta humilde páxina queremos homenaxear a todas as mulleres do mundo e representámolas nas nosas socias, de verdade de corazón e con todo o cariño. ¡¡¡GRAZAS MULLERES!!!
...PERO HOXE E MOI ESPECIALMENTE QUEREMOS LEMBRARNOS DELA:
SABELA, fai dous meses que nos deixou, pero segue nos nosos corazóns. Un bico guapa.
------------------------------------------------------------
CHOURIZO FILMS EN PRIMICIA presentanos un resumo do video da gala "TENDE UNHA MAN":
------------------------------------------------------------
E ESTA SINAL QUE PINTA AQUÍ:
Ou unha de dúas, os que están facendo a obra pechan o paseo durante as mesmas, ou cada vez que pasemos por el temos que levar casco. Unha boa idea para o Kiosco que se poña a vender cascos para poder andar pola Calzada. Hai sinales que hai que colocar con certo senso.
------------------------------------------------------------
REXEITAMOS O VIL ASASINATO
ISAIAS CARRASCO
Queremos dende esta páxina, solidarizarnos coa agrupación cambadesa socialista liderada por Domingo Tabuyo, e darlle toda a nosa axuda moral. Rexeitamos este vil asasinato como non podia ser menos, e mañan máis que nunca todolos galegos debiamos ir votar somentes para darlle o todo a noso apoio a iso que lle soemos chamar DEMOCRACIA.
------------------------------------------------------------
A frase do día: Galego son de nacemento, galego son de corazón, galego son de pensamento, galego son con razón.SERIE CAMBADESES ILUSTRES: FRANCISCO ASOREY
Francisco Asorey naceu en Cambados en 1889. Desde pequeno demostra boas maneiras para a escultura a pesares da oposición dos seus pais que prefiren darlle formación en Comercio. Xa desde novo traballa nalgunhas carpinterías onde realiza as súas primeiras obras. Entre 1903 e 1906 estuda no Colexio Salesiano de Baracaldo (Bilbao) onde fai a primeira ensinanza, logo pasa o Colexio Salesiano de Sarria (Barcelona). Desde 1906 ata 1909 traballa como profesor de debuxo e segue estudando no Colexio Salesiano de Baracaldo.
Desta época son as obras como “A viúva do pescador” 2º premio na exposición nacional de Santiago. De 1909 a 1917 vive en Madrid onde fai estudos e o servizo militar. Desta época é “Cabaleiros Negros”, relacionada coa obra de Rodin. No ano 1918 fixa a súa residencia en Santiago porque obtén a praza de escultor anatómico da Facultade de Medicina. A partires desta data monta o seu propio obradoiro e empeza a usar materiais propios de tradición galega como madeiras de castaño e carballo e varios tipos de pedras graníticas. Tamén a temática será tipicamente galega. Así en 1920 fai “Picariña” no 22 “Naiciña”, no 23 “Ofrenda a San Ramón” e no 24 “O Tesouro”. Tanto esta última obra como “Santa”(Moi comentada por presentar unha figura feminina espida) e “San Francisco”, medalla na exposición nacional, teñen gran importancia no mundo artístico do momento polo seu concepto e propostas e tamén foron relevantes no eido do nacionalismo galego.
Nos anos 30 adícase a encargos en madeira de temas relixiosos. “Virxe da Soedade” e “Nai de Dor” son algúns exemplos así como o monumento a San Francisco de Santiago. No ano 1934 fai o monumentos a Curros Enriquez que é inaugurado coa presenza do presidente da República. Cara 1945 inicia unha nova etapa volvendo temas máis populares como “Filliña”. Nesta etapa é profesor na Escola de Artes de Oficios de Santiago e catedrático de debuxo no instituto Rosalia de Castro. Tamén foi nomeado membro da Real Academia Galega. Xubilase como profesor en 1955 e tres anos máis tarde fai o monumento a Cabanillas. Morreu en 1961, aos 72 anos por mor da silicose. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.
(Texto e algunhas das fotos recollidas do libro “Cambados cen anos de historia e través da fotografía” dos alumnos do IES Francisco Asorey).
------------------------------------------------------------
¡POÑEDELLE A REDE XA! Unha das pistas de tenis do Complexo Polideportivo do Pombal en Fefiñans fai varios meses que se atopa sen rede, co prexuízo conseguinte para os seus usuarios que en vez de poder usar tres pistas só poden usar dúas. ------------------------------------------------------------
O CANTANTE "FRANCISCO" EN CAMBADOS
O famoso cantante valenciaciano Francisco, andivo estes días por Cambados, e no dia de onte un dos nosos comoñentes cruzouse con él en plena Rúa Sevilla. Chon, o noso Secretario , estaba a pasar o seu can, cando o propio Francisco puxose a acaricialo, intercambio unha verbas con él e desexoulle unha feliz estancia no noso pobo.
------------------------------------------------------------
INFORMACIÓN ELECTORAL
MITIN PECHE DE CAMPAÑA EN VIGO
O BNG celebrará o venres 7 de marzo, ás 20´15 h., no Pavillón das Travesas de Vigo, o mitin de peche de campaña. Haberá autobuses gratis con saída de: Vilagarcía, ás 18´45 h. desde a Explanada TIR. Cambados, ás 18´30 h. desde a explanada do mercado (ao lado do local do BNG). Reserva a túa praza de autobús, chamando ao local comarcal do BNG, 986 56 50 59. Agardamos contar coa túa presenza. ------------------------------------------------------------
MÁIS CINE EN C.C. SALNÉS
O Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, proxecta dentro do ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, o sábado 8 de marzo ás 18:00 h. o documental "FRONTEIRAS". A entrada é de balde, ata completar aforo. Sinopse O documental repasa as diferencias que existen entre os límites administrativos de Galicia e os sociolingüísticos. Sen chegar a tomar partido sobre a galeguidade dos territorios asturianos, leoneses ou portugueses que arrodean a fronteira autonómica, a película reflexiona sobre como a lingua e a cultura son alleas ás divisións políticas e sobre como un concepto tan difuso como a identidade se estende a través delas. Argumento O documental, escrito e dirixido por Rubén Pardiñas trata sobre as fronteiras sociolingüísticas de Galicia no Eo-Navia (Asturias), O Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e Portugal. Foi producido por Pasacana Films e patrocinado por AVID Technology. Recóllense nel declaracións de políticos como Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga ou Maurício Castro, e tamén de escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Lluís Álvarez ou Xavier Frías Conde. Destacados filólogos, como Francisco Fernández Rei ou Xosé Lluís García Arias tamén aportan o seu punto de vista, ademáis dos presidentes da Real Academia Galega e da Academia de la Llingua Asturiana, Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ana Cano. Doutra banda, o filme inclúe entrevistas ós habitantes de vilas como Vilafranca do Bierzo (León), Ibias (Asturias) ou Castro Laboreiro (Portugal), cuxa decisión sobre a súa propia identidade "debe primar ante todo á hora de definilo", di Pardiñas. O director explica como "neste grupo, hai de todo, dende o que razoa que el é castelán falando nun galego impecable ata o que reclama a anexión a Galicia".
A cuestión principal que Fronteiras presenta é que aínda que as fronteiras administrativas xa están fixadas e poucos as discuten, os límites culturais son difusos e están no centro do debate, tanto para os intelectuais como para a xente que vive entre dúas terras. "Sen tomar partido por ningunha opción, nós queremos reflectir ese debate", afirma o seu director Rubén Pardiñas.
Observacións
Premio AvidHoc "Xpréssate en Tui" ao mellor proxecto documental no II Festival Internacional de Documentais de Tui Play-Doc 2006.
Música: Os Resentidos, A Banda de Poi, Siniestro Total.
Idiomas de gravación: Galego, asturiano, portugués, castelán
Avance do documental en youtube:
http://es.youtube.com/watch?v=1Anjq13lRb0
------------------------------------------------------------
NOVO BLOG EN CAMBADOS
www.clubjuventudcambados.cl.tf
Dámolle a venvida na rede a unha nova páxina de información, desta vez totalmente futbolistica e máis concretamente do noso primeiro clube "O CAMBADOS", sorte e adiante co voso traballo.
NOVA PATROCINADA POR:
VINDEIRA APERTURA EN RÚA HOSPITAL
------------------------------------------------------------
ACTUACIÓN NA ILLA
------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Visita os nosos video clips en:
R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc
O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE
Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM
Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|