UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
Humor Grandecheo: PARTINDO DA NADA ACADEI AS MAIS ALTAS CIMAS DA MISERIACambados 31 de marzo de 2009 O IES ASOREY ORGANIZA UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA CAPTAR NOVOS ALUMNOS O Instituto Francisco Asorey de Cambados programou unha xornada de portas abertas para o vindeiro xoves a través da cal pretende captar novos alumnos para completar os seus ciclos formativos, no que supón unha continuidade da iniciativa levada a cabo o curso anterior. Desde a dirección do centro apuntan que con esta proposta pretenden “dar a coñecer tanto as nosas instalacións coma vos estudos que ofertamos non noso instituto”, coa finalidade de “facilitar a comunicación entre vos cidadáns, as empresas e ou propio centro”, ao mesmo tempo que se ofrece ao futuro alumnado “a información necesaria para unha toma de decisións responsable, tanto na elección dous ciclos formativos, coma na elección dun itinerario profesionalizador, dentro dous estudos dá Formación Profesional”. A xornada de portas abertas comezará ás 12.25 horas no salón de plenos do instituto cunha recepción aos alumnos participantes por parte do director do centro e a continuación realizarán unha visita guiada ás aulas e aos talleres dos ciclos, ao mesmo tempo que lles mostrarán diversas prácticas realizadas polos estudantes. A xornada de portas abertas terá continuidade ás 20 horas e nela desenvolverase o mesmo esquema que pola mañá. Os estudos que se imparten no IES Francisco Asorey son; Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Programas de cualificación profesional inicial e Formación Profesional, das familias de administración e electrónica, tanto de ciclo medio como superior; Tamén se imparte o ciclo superior de Telecomunicacións e Informática en réxime modular e horario nocturno, así como o de Administración e Finanzas. Humor Grandecheo: RECORDADE QUE ESTAMOS LOITANDO POLA HONRA DESA MULLER, O QUE PROBABLEMENTE É MÁIS DO QUE ELA FIXO XAMAIS.Cambados 30 de marzo de 2009
PACO CHARLIN E A SÚA BANDA NO CONTINENTAL "JAZZ EN ESTADO PURO" O próximo domingo 5 de Abil, ás 23:00h. concerto de PACO CHARLÍN no Café Continental presentando o seu novo álbum "The Game" A banda está composta por Román Filiú - Saxo alto, Virxilio da Silva – guitarra, Paco Charlín – contrabaixo e Juanma Barroso – batería. Consulta máis datas da xira premendo en: RIF-ROCK Humor Grandecheo: OU VOSTEDE MORREU OU O MEU RELOXO PAROUSE.Cambados 30 de marzo de 2009 NOVAS EN WWW.CAMBADOSWEB.NET En busca dunha mellor e máis fácil comunicación acaban de realizar unhas modificacións na sua web: A partir de agora o seu correo de contacto é cambadosweb@gmail.com ,e algo que lles parece máis acorde e máis sinxelo de lembrar. Deixan de utilizar o dominio http://www.duquecambados.es/ , ainda que seguirá aparecendo no google durante un tempo, sempre levaranos a entrar polo dominio www.cambadosweb.net/ . En breve queren abrir a web a novas colaboracions, polo que se che gusta a música, o teatro, o cine, os xogos, a tecnoloxía, a lectura, os videos de youtube... ou simplemente tes algo que contar de Cambados o de cualquera outra cousa, ponte en contacto con eles e iranche explicando que facer. E si crees que non tes tempo para adicar a isto, podenche dicir que calquera colaboración, sexa periódica ou esporádica, será ben recibida, dende 5 minutos ao dia ata 5 minutos ao mes, sin esixencias de ningún tipo. Humor Grandecheo: DEBO CONFESAR QUE NACÍN A UNHA IDADE MOI TEMPERÁ.Cambados 30 de marzo de 2009 TEMPO DE 'LIORTA': JUAN FAJARDO (EU) VS. XUSTO OTERO (DV) RADIO LIDER SALNES 107.9, EMITE NOVO DEBATE O espacio de debate 'A Liorta', que iniciaba con éxito a súa andaina fai unhas semanas, enfrontando a Xaquín Charlín, de Unha Grande Chea, e a Pedro Sanmiguel, da Asociación 'Galicia Bilingüe' co tema do do galego no ensino como pano de fondo, volve a romper esquemas. Nos comentan en Radio Líder Salnés que nesta ocasión o tema de debate será 'A nova lei do aborto e a campaña en contra promovida pola Igrexa Católica' . Como contertulios enfrontados intervirán Juan Fajardo, portavoz de Esquerda Unida en Vilagarcía, e Xusto Otero, Biólogo e membro da organización antiabortista "Derecho a Vivir". Emitirase o vindeiro xoves ás 12.15 horas... Humor Grandecheo: PASEI UNHA NOITE ESTUPENDA. PERO NON FOI ESTA.Cambados 29 de marzo de 2009 A CRAZY CRAY BIG BAND ESTREASE O VINDEIRO XOVES Músicos profesionais de bandas e orquestras e profesores de conservatorio integran a Crazy Cray Big Band, un grupo integrado por 21 persoas que debuta este xoves, 2 de abril, nun concerto que dan no auditorio da Xuventude de Cambados ás 21.30 horas. Humor Grandecheo: A TELEVISIÓN FIXO MARABILLAS POLA MIÑA CULTURA. EN CANTO ALGUÉN ACENDE A TELEVISIÓN, VOU Á BIBLIOTECA E LÉOME UN BO LIBRO.Cambados 29 de marzo de 2009 SILVA E ARAGUNDE OUTRA VEZ O IRONMAN Terminar un Ironman é unha desas proezas que se lle poden contar a un neto. Pero para acabar unha carreira que consta de 4 quilómetros a nado, 180 en bicicleta e 42 a pé fai falta renunciar a moitas cousas e un enorme sacrificio persoal. José Aragunde e Íñigo Silva son dous veciños de Cambados que xa completaron este salvaxe tríatlon en maio de 2007, e este ano volven intentalo. Pero para iso teñen que adestrar seis días á semana, e empezaron a traballar en outubro pasado. Este domingo tamén toman a saída na famosa Vig-Bay, que cumpre dez anos. Humor Grandecheo: PREGÚNTOME COMO PUIDO PORSE O MEU PIXAMA.Cambados 19 de marzo de 2009 CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS O DÍA 3 DE ABRIL DIRIXIDO A PERSOAL QUE TRABALLE NO SECTOR DA ALIMENTACIÓN, SERÁ IMPARTIDO POR ENTIDADE AUTORIZADO NO CENTRO COMARCAL DO SALNES O Centro Comarcal de O Salnés, con sede no Paseo da Calzada, s/n, en Cambados, acollerá o próximo día 03 de abril, un curso orientado á obtención do carné ou certificado de manipulador de alimentos. Será impartido entre as 17:00 e as 20:00 horas do próximo venres. Organizado pola empresa Enatop, será impartido por entidade de formación autorizada pola Xunta de Galicia, con número de Rexistro 101/Ga. O seu prezo ascende a 35,00 euros, e vai dirixido a calquera persoa que traballe ou queira traballar no sector da alimentación: hostelería, panaderías, pastelerías, pescaderías, carnicerías, comercio minorista, supermercados, distribución, venta ambulante, pesca e marisqueo ou industrias agroalimentarias. Os interesados en realizar este curso de manipulador de alimentos para obtelo correspondente certificado, poden inscribirse persoándose no Centro Comarcal do Salnés - Exposalnés, ou chamando ó número de teléfono 636 53 57 60. Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés Paseo da Calzada s/n 36630 Cambados (Pontevedra) Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12 Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com Humor Grandeheo: UNHA MAÑÁ ESPERTEIME E MATEI A UN ELEFANTE EN PIXAMA.Cambados 29 de marzo de 2009 CHON CONFESASE NA VOZ DE GALICIA NO ARTIGO ADICADO A “AROUSANOS NO SEU CURRUNCHO” Onte sábado, o Diario “La Voz de Galicia”, pública unha interesante entrevista o actual presidente de Unha Grande Chea, Chon, quen fai unhas declaracións moi interesantes, podes ver toda “interviú”, se na leches xa no citado diario, podes facelo premendo AQUÍ. Humor Grandecheo: A INTELIXENCIA MILITAR É UNHA CONTRADICIÓN NOS TERMOS.Cambados 24 de marzo de 2009 UN NOVO PROGRAMA DE “A LIORTA” ESTÁ EN MARCHA RADIO LIDER 107.9 PREPARA O NOVO TEMA: “A NOVA LEI DO ABORTO” AINDA QUE ESTÁN PERFILADOS OS INVITADOS POLO DE AGORA DESCOÑECEMOS OS SEUS NOMES "Fontes ben informadas e próximas o entorno de RADIO LIDER SALNÉS aseguran que na próxima liorta, onde se falará da nova Lei do Aborto e da campaña en contra emprendida pola Igrexa Católica, enfrontaranse un coñecido político arousán de esquerdas, ateo e republicán, e un dos principais guieiros da comunidade católica cambadesa "Los Carismáticos". Todo apunta a que o debate se escoitará o próximo xoves, día 2 de abril no 107.9 da FM. Seguiremos informando... Doutra banda temos que decir que por vacacións do administrador deste espazo, ata o vindeiro luns non haberá novidades no mesmo. Humor Grandecheo: A XUSTIZA MILITAR É Á XUSTIZA O QUE A MÚSICA MILITAR É Á MÚSICA.Cambados 23 de marzo de 2009
GOGUE E UNHA GRANDE CHEA HOMENAXEAN A CABANILLAS
MEDIANTE UNHA VIÑETA DO ARTISTA QUE TEN A DIARIO EN FARO DE VIGO
A dedicatoria do marxe esquerdo si: "De Gogue e Unha Grande e Chea a D. Ramón."
Temos a inmensa sorte de que este meco universal de ascendencia cambadesa o caricaturista Gogue, nos fai chegar todos os seus traballos alén dos mares, pola America de Obama, os cales publicamos gustosamente, desta colaboración xurdiu a idea de que como estamos no 50 aniversario do pasamento de D. Ramón, que mellor que outra coñecida estrela cósmica como é o Floreano e D. Ramón sairan xuntos nunha viñeta , Gogue puxose mans a obra e onte viu a luz este sinxelo pero emotivo homenaxe o noso máis agrexio escritor. Grazas inmensas Gogue pola colabaración que nos prestas e sempre a túa disposición. Humor Grandecheo: POR QUE DEBERÍA PREOCUPARME POLA POSTERIDADE? QUE FIXO A POSTERIDADE POR MIN?Cambados 22 de marzo de 2009 DENTRO DA PROGRAMACIÓN DE CINEMAS DIXITAIS O CENTRO COMARCAL DO SALNÉS PARTICIPA NA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO A Semana do Audiovisual Galego naceu co obxectivo de complementar e consolidar os galardóns Mestre Mateo, os máis importantes do sector audiovisual e que concede a Academia Galega do Audiovisual, coa súa divulgación na sociedade galega a través do circuito de Cinemas Dixitais e e coa organización da propia Academia. Coa axuda dos patrocinadores e colaboradores na iniciativa, prepárase un programa extenso de proxeccións dos traballos finalistas nun amplo número de localidades galegas. Esta Semana do Audiovisual Galego celébrase ao longo de toda a semana, do 20 ao 25 de abril, previa á gala da entrega de premios que terá lugar na cidade de Pontevedra, formando parte do 6º ciclo do programa de Cinemas Dixitais. O Centro Comarcal do Salnés, co motivo da entrega dos premios Mestre Mateo 08 o vindeiro 24 de abril colabora na Semana do Audiovisual Galego na que se exhibirán ao longo da xeografía de Galiza os traballos finalistas aspirantes a estes premios do audiovisual galego. Con esta iniciativa, o Centro Comarcal do Salnés en colaboración con CINEMAS DIXITAIS pretende achegar ao público as producións audiovisuais producidas en Galiza no ano 2008 e darlle a maior difusión posible a estas obras e aos galardóns que desde 2003 veñen premiando ao cinema e aos profesionais galegos. Os lugares participantes no circuíto pódense consultar premendo AQUI.
Listado de finalistas premendo AQUI.
Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés Paseo da Calzada s/n 36630 Cambados (Pontevedra) Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12 Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com Humor Grandecheo: DESDE O MOMENTO EN QUE COLLÍN O SEU LIBRO CAÍNME AO CHAN RODANDO DE RISA. ALGÚN IDA ESPERO LELO.Cambados 22 de marzo de 2009 VOLANDEIRA, OS CARBALLEIRAS E OS DANZANTES DE COBAS PROTAGONISTAS INDISCUTIBLES DE SAN BIEITO Onte celebrouse en Cambados o día de San Bieito de Primaveira, e sin ningún xénero de dúbidas o protagonismo acaparaouno todo a Asociación Cultural Volandeira, que está empezando a ánimar as rúas cambadesas con seu propio grupo de gaitas, pandereteiras, bailadores, a súa entrañable sección infaltil que fixo as delicias de todos e sobre todo os papamoscas que lle derón outra cór a festa, hai que decir que esta vez os de Volandeira superaronse xa incluso vestiron os papamoscas de inverno. Especial tamén ainda que xa máis típica a actuación dos Carballeiras e dos danzantes de Cobas. Podes ver unha ampla reportaxe fotográfica en “As nosas fotos…” Humor Grandecheo: CLARO QUE O ENTENDO. ATA UN NENO DE CINCO ANOS PODERÍA ENTENDELO. ¡QUE ME TRAIAN UN NENO DE CINCO ANOS!Cambados 20 de marzo de 2009 HOXE VOLVEUSE A REPETIR O DEBATE ENTRE PEDRO SAN MIGUEL E CHON RADIO LIDER 107.9 FOI TESTEMUÑA DA “LIORTA” ENTRE O MEMBRO DE GALICIA BILINGÜE E O PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA A PAXINA WWW.CAMBADOS.TK COLGOUNO INTEGRO NA SÚA WEB Xulga por ti mesmo , non polo que che dixeron quen foi o gañador de debate, se houbo gañador, , se non tiveches a ocasión de escoitalo en Radio Lider 107.9 no novo programa de debate chamado "A Liorta", sobre o uso do galego entre o membro de Galicia Bilingüe Pedro San Miguel e de Chon, presidente de Unha Grande Chea, a verdade que foi un debate animado, encendido, coa defensa a ultranza cada ún das súas ideas, si queres escoitalo íntegro preme AQUI Humor Grandecheo: NUNCA ESQUEZO UNHA CARA. PERO NO SEU CASO, ESTAREI ENCANTADO DE FACER UNHA EXCEPCIÓN.Cambados 20 de marzo de 2009 SAN BIEITO DE PRIMAVERA SAE DE NOVO A ANO PASADO NON POIDO FACELO O COINCIDIR EN VENRES SANTO OS PAPAMOSCAS DE VOLANDEIRAS TAMÉN SE ESTREAN NO SAN BIEITO DE PRIMERA 1.- Chon posando cos papamoscas da Asociación Cultural Volandeira.- 2.- San Bieito en plena procesión.- Manuel Rial. A imaxe de San Bieito volverá saír este ano en procesión despois de que o pasado ano non puidese facelo por coincidir en Venres Santo, unha casualidade que só ocorre cada 95 anos, segundo un cálculo realizado polo responsables de estatística do Concello, Manuel Rial. O programa de actividades da festividade de San Bieito de inverno continuará o ritmo normal doutros anos, polo que as misas comezarán ás sete da mañá e sucederanse cada hora ata que ás doce e media do mediodía celébrese a solemne, tras a cal sairá a procesión, que efectuará o seu percorrido de costume. Ao seu termo terán lugar as tradicionais “poxas”. Tamén será novidade neste San Bieito de Primavera os Papamoscas da Asociación Cultural Volandeira. A festividade relixiosa continuará pola tarde con misas ás seis, ás sete e ás oito. O pasado ano non se puido celebrar a procesión porque a festividade de San Bieito coincidiu con Venres Santo, o que motivou que o responsable de estatística do Concello, Manuel Rial, a través da aplicación dunha das fórmulas do matemático Karl Friederich Gauss realizase un cálculo mediante o cal conclúe que esta coincidencia ocorre cada 95 anos. Deste xeito, xa manifestou o pasado ano que sucedeu o mesmo en 1913 e en 1818, polo que vaticina que volverá pasar no ano 2103. Manuel Rial di que realizou o cálculo logo dunha conversación na que lle dixeron que en 2008 non se ía a celebrar a festividade de San Bieito por coincidir con Venres Santo. A partir de entón ?apliquei a fórmula de Gauss ao cálculo da data da Pascua de Resurrección, que sempre se celebra en domingo, e resteille dous días?. Explicou que a partir de aí dividiu a data por 19, refugou os decimaís e volveu dividir por catro e outra vez por sete. Chamoulle A, B e C aos resultados e aplicou outra fórmula para achar D e outra máis para saber o valor de E, que conseguiu logo de multiplicar B por dous, sumarlle catro veces C, engadir seis veces D e sumar o valor N. Todas estas operacións, que se aproximaron a través doutros cálculos, permitíronlle descubrir que no século XX, San Bieito de Inverno e Venres Santo coincidiron en 1913. Pero a súa curiosidade levoulle a realizar a mesma operación para o século XVIII e deulle a data de 2018, polo que aplicando as mesmas contas está en disposición de asegurar que volverá ocorrer en 2103, en pleno século XXII. Todos estes cálculos foron posibles grazas a que a Igrexa cristiá atopou unha solución para decidir a data de celebración da Pascua no concilio de Nicea (no ano 325) onde se estableceu a data de Resurrección de Xesucristo celebrásese sempre un domingo e que non coincidise nunca coa Pascua xudía, que se celebraba en calquera día da mesma semana. Humor Grandecheo: EL PODE PARECER UN IDIOTA E ACTUAR COMO UN IDIOTA. PERO NON SE DEIXE ENGANAR. É REALMENTE UN IDIOTA.Cambados 19 de marzo de 2009 GOGUE CARICATURIZA A DEMI MOOR CO PERMISO DESTA. EL CO SEU CUMPAÑEIRO LONDON FIXERON UNHA HISTORIETA A RAIZ DUNHA CURIOSA FOTOGRAFIA DA ACTRIZ E O SEU HOME. O xenial meco-cambadés Gogue na compaña de Rick London fixeron unha historieta de Demi Moore e do seu home Asston Kutcher. A partir dunha curiosa foto da actirz con seu home, London , pideulle permido para a partir da foto facer unha historieta o que a afamada actriz accedeu. Tanto Gogue como London colaboran para crear historietas de encargos para famosos, ejecutivos e outra xente. Podes ver aquí donde se publico este traballo http://londonstimescartoons.blogspot.com:80/ Humor Grandecheo: ESTES SON OS MEUS PRINCIPIOS. SE A VOSTEDE NON LLE GUSTAN, TEÑO OUTROS.Cambados 18 de marzo de 2009 NOVO CONCERTO DE NOVA PRODUCIÓNS O VINDEIRO DEZ DE ABRIL NO PABILLÓN DE SANTO TOME (CAMBADOS) "The Henry Warnimont" e "Airas" "Los Hijos Bastardos de Peter Lorre" e "Niño y Pistola" "Holywater" e "Lori Meyers" A produtora Nova Producións, acaba de anunciar na súa páxina web http://www.novaproducions.com/ un novo concerto a celebrar o vindeiro dez de abril ás 20.00 H. Nel actuarán The Henry Warnimont (Cambados), Airas (Cambados), Los Hijos Bastardos de Peter Lorre (Sanxenxo), Niño y Pistola, Holywater, Lori Meyers, Divan DJ (Sala Karma). Máis información en http://www.novaproducions.com/ . Humor Grandecheo: A QUEN VAI VOSTEDE A CRER?, AO MIN, OU AOS SEUS PROPIOS OLLOS?Cambados 18 de marzo de 2009CHARLAS ORGANIZADAS POLA PARROQUIA |
|
|