UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
Humor Grandecheo: POR SIMPLE SENTIDO COMÚN NON CREO EN DEUS, EN NINGÚN.Cambados 30 de abril de 2009 TEATRO CARACOL REMATA MAÑAN SÓ QUEDAN ENTRADAS PARA A FUNCIÓN DAS 20.30 HORAS MÁIS DE DOUS MIL RAPACES FORON TESTEMUÑAS DO ÉXITO DE CARACOL Mañá 1º de Maio rematan as actuacións de Teatro Caracol por este ano. “ A Bruxa Mala do Oeste” vaise, e de seguro que para o ano voltará outro perxonaxe que xa estará rondando a cabeza da súa directora Olga González. Para mañá só quedan entradas para a función das 20.30 horas, podes retiralas en Chinelas , Sansatur e Tintoreria Clareo ou no seu defecto chamando ó 620 569 046. Miles de rapaces foron testemuñas da obra e abofé que o pasaron moi ben así como os maiores que pudemos ver a obra o domingo pasado. Máis de seis meses de arduo traballo contemplan esta obra, paga a pena vela e volver a ser neno unha vez máis. Podes ver unha entrevista Directora de Caracol Olga González premendo AQUÍ. Humor Grandecheo: TODOS SOMOS AFECCIONADOS. A VIDA É TAN CURTA QUE NON DÁ TEMPO PARA MÁIS.Cambados 30 de Abril de 2009 A SOLUCIÓN PARA O CHEIRO O MEXO NO ALBARIÑO "OS PRISMAS MICCIONADORES" Todos sabemos que na festa do Albariño corren grandes rios desa “aguita amarilla” polas rúas de Cambados, e o cheiro o mexo que existe na vila chega a ser insoportabel sobre todo nas noites dos venres e dos sábados, todo elo debido a irresponsabilidade dos “mexadores”. En vista delo Unha Grande Chea propón o Concello a colocación dos “Prismas Miccionadores”, un aparello de fácil colocación e que evitaria que todos os homes mexaran o seu libre albedrio polas rúas cambadesas. Eso si o aparello é sexista xa que non hai versión feminas. Humor Grandecheo: SEN COÑECER A MISERIA É IMPOSIBLE VALORAR O LUXO.Cambados 29 de abril de 2009 O ACTO ADICADO A “PACO DE XENXA” NA PRENSA OS MEDIOS MÁIS IMPORTANTES DE AROUSA ESTIVERON EN EXPOSALNÉS O DIA 16 DE MAIO TEMOS QUE ENCHER O AUDITORIO PARA HONRAR A ESTE CAMBADÉS TAN ILUSTRE E TRIANERO DE PRO. Onte na rolda de prensa en Exposalnés estiveron presentes os medios de prensa máis importantes do Salnés , é dicir, Faro de Vigo, La Voz de Galicia , Tele Salnés e Diario de Arousa, as cales se fixeron amplo eco da presentación realizada pola Asociación de Libreiros Cambadeses en colaboración con Unha Grande Chea. Se premes no nome de cada un dos medios podes ver como trataron o evento. Para nos Francisco Fernández Rei “Paco o de Xenxa” e unha persona admirada e admirable, podes ver o seu curriculum premendo AQUÍ , tamén temos que destacar que a homenaxe que Unha Grande Chea lle fixo a Cabanillas no ano 2006 el participou como conferenciente e neste acto naceu o Ano Cabanillas 2009. Humor Grandecheo: NON ESPERES A QUE CHE TOQUE A QUENDA DE FALAR: ESCOITA DE VERDADE E SERÁS DIFERENTE.Cambados 28 de Abril de 2009
6º PREMIO RAMÓN CABANILLAS
ORGANIZA ASOCIACIÓN DE LIBREIROS DE CAMBADOS E COLABORA UNHA GRANDE CHEA
O 16 DE MAIO NO AUDITORIO DE CAMBADOS
Hoxé a mañá no Centro Comarcal do Salnés tivo lugar a presentación en rolda de prensa do 6º Premio Ramón Cabanillas que este ano recae no cambadés e trianero de pro e con un curriculum envidiable FRANCISCO FERNANDEZ REI, "Paco o de Xenxa", será o sábado 16 de maio ás 21 horas no Auditorio da Xuventude de Cambados, e participarán o poeta cambadés Xosé Maria Ribadomar, Xoan Piñeiro, amigo de Paco, quen glosara a figura do homenaxeado e Chourizo Films estreará unha curta titulada "A Man Segreda" baseada nun poema de Ramón Cabanillas, en canto as actuacións musicais estarán a cargo do pianista Miguel Costas Piñó, que fará a súa presentación en Cambados e rematará o acto cun pequeno recital de Xoán Silva, Blas e Xaquin Xesteira. O cartel e obra de Unha Grande Chea, e trátase dunha montaxe na que podemos ver a Francisco Fernández Rei con D. Ramón Cabanillas. Seguerimos informando moito máis deste premio en dias vindeiros. Humor Grandecheo: EXISTE ALGO TAN INEVITABLE COMO A MORTE: A VIDA.Cambados 28 de Abril de 2009 BRONQUITIS CRÓNICA TERCEIROS NO MÚSICA XOVE '09 Bronquitis Crónica, o grupo de Hip-Hop cambadés finalmente quedou terceiro na final do Música Xove '09. Peich un dos seus integrantes non puido cantar por estar aqueixado de faringitis, polo que Bad tivo que facer fronte á situación el só. Os integrantes do grupo estan bastante descontentos pola actuación dos membros do xurado, non cren que estes sexan os máis aptos para puntuar unha actuación de Hip-Hop. Recoñecen que Mito Escrito estivo moi ben, pero non estan de acordo cos gañadores, que ao final foron Tramaturgia (Teo), polo que presentaron un recurso ante a organización. Estaremos pendentes deste recurso, aínda que nestes casos sempre é difícil que algo así prospere, desexámoslles moita sorte de todos os xeitos. En resumo, o resultado final do concurso foi do seguinte xeito: Tramaturgia (Teo) 1º clasificado. Mito Escrito (S.Compostela) 2º clasificado. Bronquitis Cronica (Cambados) 3º clasificado. Información recollida de www.cambadosweb.net Tamén podes ver unha entrevista a Bad, membro de Bronquitis Crónica premendo AQUÍ. Humor Grandecheo: O TEMPO É O MELLOR AUTOR: SEMPRE ATOPA UN FINAL PERFECTO.Cambados 27 de abril de 2009
VOLANDEIRA VISTENOS DE GALEGOS
A ASOCIACIÓN CAMBADESA INAUGURA UNHA EXPOSICIÓN O DÍA 30 DE ABRIL
EN EXPOSALNES PERMANCERÁ ABERTA ATA O 30 DE MAIO.
A Asociación Obradoiro Volandeira invita a todos os cambadeses a "EXPOSICIÓN DE TRAXES TRADICIONAIS" que terá lugar no Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés , sito no Paseo da Calzada o vindeiro xoves 30 de abril a partir das 20 horas, colaboran no evento o devandito Centro Comarcal e Cambados Zona Centro, ó final de inauguración non se descarta festa músical da xente de Volandeira. Humor Grandecheo: O DÍA NO QUE O HOME DÉASE CONTA DAS SÚAS PROFUNDAS EQUIVOCACIÓNS, ACABOUSE O PROGRESO DA CIENCIA.Cambados 26 de abril de 2009 O ANO CABANILLAS CHEGA NUEVA YORKE DA MAN DE ANABEL CARRO, TENENTE DE ALCALDE O ALBARIÑO ANDIVO A CORSO O acto cultural "Cambados e Cabanillas no Club España" deu comezo o venres, as 20.00 horas, na sede da asociación. Acudiron galegos, cambadeses e mesmo españois socios do club. Humor Grandecheo: O FINAL DE CONTAS, TODO É UN CHISTE.Cambados 26 de Abril de 2009 CAMBADESES "NON CORRADES" POLO SI OU POLO NON E A CONTA QUE NOS TEN? A9 AUTOESTRADA CORUÑA-SANTIAGO E VICEVERSA. O próximo día 16 de marzo empeza a funcionar o novo radar de distancia en autoestrada da Coruña; é o primeiro que se coloca (actualmente só hai en Barcelona). Estará en probas, pero o día 16 xa empezará a rexistrar infraccións. O seu radio de acción será de 22 quilómetros: entre os puntos quilométricos 7 e 29. En toda esa distancia pódeche pillar, xa que non é un radar de foto colocado nun punto determinado, senón de tramo; é dicir, tómache aleatoriamente unha foto ao paso polo quilómetro 7 e outra ao pasar polo quilómetro 29. Calcula a velocidade media polo tempo que investiches en percorrer os 22 quilómetros controlados e, se superas a velocidade máxima establecida para ese percorrido, cursa automaticamente a denuncia, que che chega directamente a casa. Unha colaboración de J.M. de A Estrada. Humor Grandecheo: GOCEI MOITO CON ESTA OBRA DE TEATRO, ESPECIALMENTE NO DESCANSO.Cambados 26 de abril de 2009 CAMBADOS TAMÉN PRESUME DE SALNÉS ANTIA CACABELOS, CHOURIZO FILMS E UNHA GRANDE CHEA OPTAN A PREMIO SORTE OS NOSOS “RIVAIS” OGALLA O PREMIO SEXA PARA CALQUEIRA DELES
A medida que avanza o prazo para enviar os vídeos, a calidade dos mesmos aumenta proporcinalmente, a así podemos ver o de “Chourizo Films” un video innovador xa que nos presenta unha insolita praza de Fefiñans de noite (podedelo ver en “os nosos videos”) ou o de Antia Cacabelos, orixinal e moi ben traballado pola nosa amiga cuns planos moi interesantes e que podedes ver nesta nova. Sorte os nosos “rivais” e que gañe calqueira deles, desexamolo de corazón. Humor Grandecheo: FAI TEMPO CONVIVÍN CASE DOUS ANOS CUNHA MULLER ATA DESCUBRIR QUE OS SEUS GUSTOS ERAN EXACTAMENTE COMO OS MEUS: OS DOUS ESTABAMOS TOLOS POLAS MOZAS.Cambados 24 de abril de 2009 TEATRO CARACOL E UNHA GRANDE CHEA DOBLEMENTE PROTAGONISTAS MANOLO PILLADO, TESOREIRO DA ASOCIACIÓN PARTICIPOU NA OBRA ASÍ JUAN MACEIRA ACTOR PRINCIPAL DE CARACOL TANTO O PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA COMO A DIRECTORA DE CARACOL ASISTIRON DE ÉPOCA O ACTO. 1.- Manolo Pillado e Juan Maceira en plena actuación.- 2.- Outra imaxen da representacón.- 3.- Olga e Romi de Teatro Caracol con Chon de Unha Grande Chea. Cambados volveu o pasado mércores ao 1919. Fíxoo para recuperar o mesmo espírito co que entón se estreou a obra de Ramón Cabanillas, A man dá santiña . A Xuventude foi, por un momento, o antigo pavillón Lino e, entre o público, había xente como Castelao. O que non estaba era o homenaxeado, o poeta dá raza . Non foi fai noventa anos á estrea da súa obra, e presentou unha carta de desculpa. Pero quizais tampouco estivese onte de corpo presente. Din os que o coñecían que non lle gustaban as homenaxes. O do xoves, gustoulle. O acto comezou como en 1919. Entón, Luis Peña Novo foi o encargado de presentar a primeira representación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego. Onte, foi Evaristo Calvo o que ocupou o seu posto. Reproduciu, case de corrida, as súas palabras de entón, explicando a necesidade que tiña Galicia de recuperar e enxalzar a súa cultura. Encargouse tamén de exercer de anfitrión, no papel de Lino Lastres , propietario do pavillón. Este contou algunhas das anécdotas vividas por este teatro, que lograron arrincar as risas ao público. A súa intervención terminou cunha lectura do prólogo da obra. Chegou entón o momento de representar a obra. Foi unha montaxe orixinal. Os actores non se movían, permanecían sentados no alto do escenario, pero interpretaban os seus papeis á perfección mentres unha serie de imaxes guiaba ao público. Eva , Rosa Fiel , Mariña e Manuela Galiñanes deron vida ao sector feminino, mentres Manuel Núñez , Manolo Pillado , Ricardo Oliveira e Juan Maceira encargáronse dos papeis masculinos. A montaxe, moi orixinal por certo, foi obra da directora da escola de teatro, Noelia Toledano , que contou coa axuda da directora do conservatorio, Lorena Varela . As fotografías foron obra de Quico Álvarez . E de encargarse de que todo saíse á perfección ocupouse o biógrafo de Cabanillas, Luis Rei . Un éxito que se repetirá. Entre o público púidose ver a algúns disfrazados de época, que era o que pedía a organización. O presidente dunha Grande Chea, Chon , ou a directora de Caracol, Olga González e unha das suas colaboradoras Romi , foron algúns de que os que se vestiron como en 1919. A representación foi, un éxito. Tanto que o Concello está disposta a repetila. Será nas proximidades do Día dás Letras Galegas e incorporará algunhas novidades. Para que os que queiran, poidan volver vela. Un artigo de Maruxa Alfonso. Humor Grandecheo:NAS FESTAS NON TE SENTES XAMAIS; PODE SENTAR AO TEU LADO ALGUÉN QUE NON CHE GUSTE.Cambados 24 de Abril de 2009 O FUTURO DOULLE A RAZÓN A UNHA GRANDE CHEA NO ANO 2004 XA VATICINARAMOS QUEN SERIA O FUTURO ALCALDE DE CAMBADOS NO BOLETÍN QUE SE EDITOU NO ANTROIDO DO 2004 PUBLICOUSE A NOVA. 1.- Nova publicada no Antroido de 2004, no Boletín que cada ano edita Unha Grande Chea. Sabiamos que non nos equivocamos cando no Boletín do Antroido de 2004 publicabamos a nova de que o futuro alcalde de Cambados seria Luis Aragunde, e o tempo veunos a dar a razón, tiveron que pasar cinco anos para que se cumplira a profecia de Unha Grande Chea. Dende aquí parabéns o novo “Superdelegado” o tantas veces diana das nosas críticas o Sr. Touris, unhas veces acertadas e outras non, e parabéns tamén o novo alcalde o cambadés de pro Luis Aragunde. Podes ver todo o Boletín do Antroido do 2004, premendo no seguinte arquivo:
Humor Grandecheo: FILLO MEU, A FELICIDADE ESTÁ FEITA DE PEQUENAS COUSAS: UN PEQUENO IATE, UNHA PEQUENA MANSIÓN, UNHA PEQUENA FORTUNA?Cambados 24 de Abril de 2009 O RIF-ROCK NON CESA A SÚA FRENÉTICA ACTIVIDADE ESTE SABADO SESIÓN DOBLE 1.-THE EVEN FLOW EXPERIENCE. 2.- THE UNDERTOWN PROJECT. 3.- ISI VAAMONDE, co presidente e Secretario de Unha Grande Chea RIF-ROCK presenta unha noite de concertos en sesión doble este SÁBADO 25 ás 23:30h., primeiro THE EVEN FLOW EXPERIENCE e despois THE UNDERTOWN PROJECT. Humor Grandecheo: DIS QUE COÑECICHES A XUAN NUN ASCENSOR, E A MIÑA PREGUNTA É: SUBÍA OU BAIXABA? ISTO É MOI IMPORTANTE PORQUE, CANDO BAIXAMOS NUN ASCENSOR, SEMPRE TEMOS UNHA SENSACIÓN SEN CARGA NO ESTÓMAGO QUE ÁS VECES PODE CONFUNDIRSE CON AMOR. EN CAMBIO,Cambados 24 de Abril de 2009 OUTRO QUE PRESUME DE SER IMPRUDENTE COLGAN OUTRO VIDEO DE CONDUCCIÓN TEMERARIA, ESTE VEZ EN MOTO Portada da canle
A canle por dentro con outros videos
Unha imaxen do video temerario Unha persoa presumiblemente xoven que se autodenomina yago619 e o parecer de Cambados acaba de colgar este video http://www.youtube.com/watch?v=Cgp-jwkPQmc en you tube na súa canle http://www.youtube.com/yago619 , tratase dunha conducción temeraria en moto polas rúas cambadesas e en plena noite, outra das cousas que non nos gustaria ver na rede e menos que sexa de Cambados. Humor Grandecheo: É UNHA BOBADA MIRAR DEBAIXO DA CAMA. SE A TÚA MULLER TEN UNHA VISITA, O MÁIS PROBABLE É QUE A ESCONDA NO ARMARIO. COÑEZO A UN HOME QUE SE ATOPOU CON TANTA XENTE NO ARMARIO QUE TIVO QUE DIVORCIARSE UNICAMENTE PARA CONSEGUIR ONDE COLGAR A RCambados 23 de Abril de 2009 ROSA ELVIRA CAAMAÑO NA GALERIA BORRÓN 4 DENDE O 25 DE ABRIL Ó 30 DE MAIO Rosa Elvira Caamaño e a súa obra "Desde mi jardin"
O vindeiro día 25 de abril ás 20.30 na Galeria Borrón 4 dee Cambados procederase a inauguación da exposición de Rosa Elvira Caamaño que se denomina “Desde mi jardin”. A exposición estará aberta dende o 25 de abril ata o 30 de maio en horario de mañá de martes a sábado de 11.30 a 14.00 horas e de 18.30 a 21.30 horas. Rosa Elvira Caamaño Fernández naceu en Bueu (Pontevedra). Reside, durante a súa infancia, un tempo na vila de Meira, na provincia de Lugo, na casa das súas tías maternas. Alí recibe os seus primeiros estímulos artísticos, á vista das paredes pintadas, cheas de flores e de personaxes fantásticos, e as grandes fotografías dos seus antepasados. Na súa infancia recibe de agasallo de Reis unha máquina de cine, cuxas películas eran unha sinxela tira de papel transparente pintado enrolado sobre un cilindro de cartón, a súa imaxinación e habilidade lévana a crear e debuxar as súas propias películas. Estuda bacharelato en Bueu e Pontevedra, un curso de Farmacia en Santiago de Compostela, e posteriormente trasládase a Madrid, para preparar o seu ingreso na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando. Para preparalo asiste ás clases de Pedro Martínez Sierra, notable debuxante e pintor, actualmente catedrático de Debuxo da Facultade de Belas Artes da Complutense de Madrid. Na Escola de San Fernando realiza os estudos de Licenciatura e Doutoramento, alí ten como profesores (entre outros) a Rafael Martínez Díaz, José Carralero, Manolo Villaseñor (Catedrático de Pintura Mural e Procedementos Pictóricos), Guillermo Vargas e sobre todo, Pedro Mozos que foi o seu mestre. Para máis información sobre a artista e a súa obra preme AQUÍ. Humor Grandecheo: DURANTE OS MEUS ANOS FORMATIVOS NO COLCHÓN, ENTREGUEIME A PROFUNDAS CAVILACIONES SOBRE O PROBLEMA DO INSOMNIO. AO COMPRENDER QUE PRONTO NON QUEDARÍAN OVELLAS QUE CONTAR PARA TODOS, INTENTO O EXPERIMENTO DE CONTAR PORCIÓNS DE OVELLA EN LUGCambados 23 de Abril de 2009 PAULA CHARLÍN “DO CINE A TEATRO CARACOL” A ACTRIZ MÁIS FAMOSA DE CAMBADOS PARTICIPA EN “A BRUXA DO OESTE” Paula Charlín é unha moza cambadesa, por certo acaba de cumprir a maioría de idade, que cursa os seus estudos no I.E.S. Asorey, de Cambados, fai un ano participou como protagonista en “O TESOURO” que é unha tv movie dirixida por Manuel Martín Cuenca e producida por Morena Films, Vaca Films, Estrategia Audiovisual e Loma Blanca, en coprodución con varios canles autonómicas. ”O TESOURO” está protagonizada por Antonio de la Torre (Goya ó mellor actor secundario 2006 por “Azuloscurocasinegro”, “Volver”) e dous mozos debutantes: Julio Soler e a nosa Paula Charlín. Entre o reparto tamén están os actores Antonio Durán “Morris”, Xavi Mira, Xulio Abonjo ou Luis Zahera. No podiamos deixar pasar a oportunidade de poder facerlle unha entrevista a esta fermosa rapaza, sempre coa sua inseparable amiga Mariña Silvoso, co motivo da estrea de “A Bruxa do Oeste” de Teatro Caracol, na que ela participa. UNHA GRANDE CHEA.- Por qué te decidiches a actuar este ano en Teatro Caracol? PAULA CHARLÍN.-Dende cativa gustáronme as obras da compañía Caracol, e despois de que o ano pasado subira non máis dun minuto con eles, quedei encantada da sensación de actuar cara os sorrisos dos nenos, e xa que nos vindeiros anos vouno ter bastante máis complicado (máis ben imposible) pola universidade, non podía deixar pasar esta oportunidade. U.G.CH.- Que diferencias atopas entre o “cine” e o teatro? P.CH.-Ben, para os que din que despois do cine isto e algo de pasadeira que saiban que non, eu penso que hai que ter bastante máis valor para subirse a un escenario que para poñerse detrás dunha cámara, onde podes pasar todo día repetindo dúas frases, se queres falando baixiño, que para algo están os micros, e diante de descoñecidos...cando tes que actuar diante dos teus amigos de toda a vida e coidando de falar alto e claro para que se che entenda,cambia a cousa. U.G.CH..- Como ves a obra deste ano “A Bruxa do Oeste”? P.CH.- Penso que é unha obra que vai gustar, aínda que é unha das mais longas, amenizase pola combinación de cancións e diálogos moi divertidos nun constante cambio de escenarios. Quedei moi sorprendida do complicado que é sacar a diante unha obra de teatro, pero sen dúbida o esforzo de meses mereceu a pena. U.G.CH.- Que che parece esta mistura de xente moi nova e xente madura traballando na obra? P.CH.- Home, dende logo non vimos a quitar o sitio,o Teatro Caracol leva consigo unhas caras,as que ano tras ano se ven no escenario,como as de Manolo Pillado,Montse González,María Pillado, os Dominguez, etc.Eles son realmente Caracol, e penso que calquera dos novatos temos moito que aprender deles, así é que fomos os que demos máis problemas nos ensaios. De tódolos xeitos, penso que non é tan importante que sexan mozos ou vellos, senón as gañas que teñan de actuar. U.G.CH.- Que concepto tes da directora Olga Vilas? P.CH.- Que podo contestar para que non me mate? é broma, paréceme tan boa directora como persoa, e o mellor é que adora o teatro, e demóstrao, movendo á xente e cando se sube ó escenario. En xeral temos moi bo ambiente, so os berros e os nervios típicos da semana antes da estrea para que todo saia ben. U.G.CH.- Estas nerviosa así como se achega a data da estrea? P.CH .-A verdade é que non estaba tan nerviosa como ilusionada, pero hai que recoñecer que a bilirrubina se dispara un par de minutos antes de comezar a función, cando escoitas dende dentro o balbordo dos nenos. U.G.CH.- Por última Paula, díxome un paxariño que tes un novo proxecto para facer cine, podes contarnos algo. P.CH .-Pois o paxariño quedouse coa información a medias, porque ó final a cousa quedou en nada, este é un ano importante, estou en 2º de BACH, e decidín adicarme por enteiro a sacar o mellor posible o curso, e deixar iso para mais adiante, aínda que recoñezo que con moita magoa. U.G.CH.- Se queres dicir algo mais, di o que queiras: P.CH .- Que vos animedes a vir, porque ó fin e ó cabo, fixémola para vós, e espero que vos guste. Humor Grandechea: SE QUIXESE UN CENTAVO ROMPERÍA A HUCHA DO MEU FILLO -SE TIVESE UN FILLO-.Cambados 22 de abril de 2009 ÉXITO ROTUNDO NA ESTREA DE TEATRO CARACOL FAI FELIZ A PRETO DE 5000 RAPACES AS AXUDAS DEBIAN SER MAIORES PARA ESTA ENTIDADE POR PARTE DAS INSTITUCIÓNS O pasado luns Teatro Caracol estreou a súa nova obra “A Bruxa do Oeste”, unha obra moi complexa, con moito cambio de decarodos, moi musical e moi entretida. As criticas da prensa non poideron ser mellores, os tres medios de prensa máis importantes de Arousa, na edición do martes non pasaron por alte a estrea e fixeronse grande eco do acontecemento , Faro de Vigo , A Voz de Galicia e Diario de Arousa fixeron un desplegue da estrea sen precedentes. Seria unha magoa perderse esta estrea, reiteramos que as funcións para os maiores son o vindeiro domingo 26 de Abril e venres 3 de maio, en funcios de 19 e 20.30 horas e as entradas podense adquirir en Sansatur, Chanelas e Tintoreria Clareo. Noutro orde de cousas decir que anda polo pobo unha xente que dice representar a Teatro Trasnadas e vende uns libretos e piden axuda económica, engadindo que colaboran con Caracol, feito falso e incerto, polo cal Caracol xa interpuxo a oportuna denuncia no Xulgado, non deixa de ser un que timo a pequena escala. (Mira as criticas premendo nos diarios) Humor Grandecheo: SUPOÑO QUE HABÍA QUE INVENTAR AS CAMAS DE AUGA. OFRECEN A ÚNICA POSIBILIDADE DE BEBER ALGO A MEDIA NOITE SEN PISAR AO GATO.Cambados 22 de abril de 2009 REEDICIÓN DAS OBRAS DO ANTIGUO CRONISTA DE CAMBADOS CAAMAÑO BOURNACEL AUTOR ENTRE OUTROS DE LIBRO “CAMBADOS A LA LUZ DE LA HISTORIA” Caamaño e Cabanillas en duas fotografias distintas. A Xunta de Goberno Local vén de acordar que se inicien as xestións precisas para levar a efecto a reedición das principais obras do que foi Cronista Oficial de Cambados, José Caamaño Bournacell.
Humor Grandecheo: QUE LLE DEAN O 10% DAS MIÑAS CINZAS AO MEU PROMOTOR ARTÍSTICO.Cambados 20 de abril de 2009 “BRONQUITIS CRONICA” NA FINAL AUTONOMICA DO CERTAME MUSICAXOVE POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO 1.- Bronquitis Crónica.- 2.- Mito Escrito.- 3.- Tramturgia. Tralo meritorio segundo premio acadado o ano pasado por esta coñecida banda cambadesa, este ano convidamosvos a todos a asistir á final do certame musicaxove, que terá lugar na prestixiosa SALA CAPITOL en Santiago de Compostela este vindeiro xoves (23 de Abril) a partires das 21.30. O Concurso conta con premios dotados de 500, 1000 e 2000 euros ademais da grabación en estudio de alguns temas e multitude de concertos. Os grupos que se disputarán os premios son: BRONQUITIS CRONICA (Cambados), MITO ESCRITO (Santiago de Compostela), TRAMATURGIA (Teo) Humor Grandecheo: ¡CAVAR TRINCHEIRAS! ¡COS NOSOS HOMES CAENDO COMO MOSCAS! NON TEMOS TEMPO PARA CAVAR TRINCHEIRAS. TERÉMOLAS QUE COMPRAR PREFABRICADAS.Cambados 20 de abril de 2009 CHOURIZO FILMS DOBLEMENTE NOTICIA O SEU VIDEO “NO VOLVERE” CUMPLE DEZ ANOS E UN DOS SEUS MÁXIMOS EXPOÑENTES JACOBO DOMINGUEZ COMPARTE ESCENA CON CARMELO GOMEZ EN “AGALLAS” 1.- Escena de "No Volvere". 2.- Jacobo Dominguez compartindo plano con Carmelo Gómez A produtora máis famosa de Cambados e comarca , Chourizo Films é doblemente noticia primeiramente o sua curta “NO VOLVERÉ” (podes velo premendo AQUÍ) con máis de 170.000 visitas, todo un record, cumpre este ano o seu décimo aniversario. Foi un das suas primeiras curtas coa interpretación maxistral de Jacobo Dominguez e o outro día Rodri “jefazo” de Chourizo Films contounos a anécdota de que a escena da praia foi rodada en tres praias distintas da zona, fermosa escena por certo. A este film seguironlle outras curtas como “O Funeral”, “To die in Tragove (I e II), “O home que puxo en guerra o mundo”, “O Golpe”, “A verdadeira historia de W. Joe” e “Flores Amores e Cementerios”. Doutra banda temos que dicir que o mentado Jacobo Dominguez comparte plano con Carmelo Gomez no film “Agallas” do que se rodou algunha escena en Cambados. Conta de you tuve de Chorizo Films: http://www.youtube.com/Chourizofilms O seu fotolog: http://www.fotolog.com/chourizofilms/ Humor Grandecheo: NON PERMITIREI INXUSTIZAS NIN XOGO SUCIO, PERO, SE SE PILLA A ALGUÉN PRACTICANDO A CORRUPCIÓN SEN QUE EU RECIBA UNHA COMISIÓN, PORÉMOLO CONTRA A PAREDE... ¡E DAREMOS A ORDE DE DISPARAR!Cambados19 de abril de 2009 CINE GALEGO DE CALIDADE. Semana do Audiovisual Galego naceu, como un xeito de complementar e consolidar os galardóns máis importantes do sector no país e a súa divulgación na sociedade galega. Exhibiranse ao longo da xeografía de Galicia os traballos finalistas aspirantes a estes premios do audiovisual galego aos que compiten 148 obras nas 12 categorías de producións, ademais dos profesionais que se presentan nas outras 16 categorías, realizados no ano 2008.
O Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés, co motivo da entrega dos premios Mestre Mateo 08 o vindeiro 30 de abril colabora na Semana do Audiovisual Galego na que se exhibirán ao longo da xeografía de Galicia os traballos finalistas aspirantes a estes premios do audiovisual galego.
Con esta iniciativa, o Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés en colaboración con CINEMAS DIXITAIS pretende achegar ao público as producións audiovisuais producidas en Galiza no ano 2008 e darlle a maior difusión posible a estas obras e aos galardóns que desde 2003 veñen premiando ao cinema e aos profesionais galegos.
O Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés proxectará o vindeiro venres 24 de abril ás 20:00 h. o documental “Manuel e Elisa” e a curtametraxe “O soldadiño de chumbo”
A entrada é de balde ata completar aforo
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
Descrición Revisión en clave galega co relato clásico de H.C. Andersen. Argumento O soldadiño de Chumbo chega ao Museo do xoguete de Allariz e ten que loitar contra o malvado Cigarrón polo amor da bailarina. Localización Allariz Observacións Animación en plastilina. Estrea en Allariz Trailer en: http://www.youtube.com/watch?v=JUJpUMt04S8
MANUEL E ELISA Descrición Despois de 53 anos casados, Manuel Rodríguez e Elisa Flores seguen vivindo no lugar onde naceron, no Rosal, unha pequena poboación rural de Galicia, na fronteira norte entre España e Portugal. Os dous teñen as mans marcadas polo traballo e a súa vellez non consegue facelos cesar. Xuntos, con serenidade e disciplina, constrúen a cotián unha vida cargada de labores: facer as camas, cortar leña, queimar os restos de herba seca, pasear despois de comer, alimentar ós seus gatos, cargar terra, arranxar o remolque do seu tractor… Manuel y Elisa é un documental sobre as súas fazañas cotiás; unha historia de amor sen aloumiños e de convivencia sen palabras.
Argumento "Manuel e Elisa xorde como reacción ante unha fotografía, ante todo o que queda fora do encadre dunha fotografía. Nota do director
Podes velo trailer en Flocos.TV: http://flocos.tv/adianto/manuel-e-elisa-trailer/
|
|
|