UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    CHOURIZO FILMS E O CAMBADOS ACAPARARON O PROTAGONISMO NA VILA

    DOUS GRANDES ACONTECEMENTOS
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS (1)
    Onte houbo dos acontecementos en Cambados que queremos destacar na nosa páxina, primeiro a estrea de "A verdadeira historia de W. Joe", da produtora Chourizo Films, perante un auditorio practicamente cheo, a estrea foi un éxito rotundo a xente salia sorprendida da exhibición. Parabén os "Chourizos". Tamén queremos destacar que a exhibición abriuse cun curto de Alberto Dominguez, actualmente estudando imaxe e son, quen empeza xa a facer os seus "pinillos" como cineasta a curta titulada "Mascaras", excelente u curto de Alberto.
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS
    Logo tamén queremos destacar a cea do Cambados que tivo lugar no restaurante Forniños pero deste acontecemento hai un vídeo o efecto que podedes ver  na páxina do Cambados www.clubjuventudcambados.cl.tf .
    NOVA XENTILEZA DE:
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS SALVADOR CORES
    ------------------------------------------------------------
    UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTAVOS UN VIDEO PARA RIRSE UN POUCO.
    A estas alturas  xa quedaron poucos sen que nun correo non vos mandaran este video de dous homes discutindo sobre do "ChiquilicuatrE", para eses poucos aqui o tedes:
     
      
    XENTILEZA DE:
    unhagrandechea cambados A capitana
    ------------------------------------------------------------ 

    PESE A TODO...OUBIÑA TAMÉN EXISTE

    XIX MARATÓN POPULAR DE OUBIÑA
    ORGANIZA, COORDINA E DIRIXE: A ASOCIACIÓN CULTURAL SAN VICENTE DE OUBIÑA.
    MARATON_J..
    Mercedes Prado Presidenta da Asociación presentado o acto (Foto J. L Oubiña)
     

    No ano 1990 a Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña  organizou a 1ª carreira  co obxectivo de fomentar o deporte entre os veciños e veciñas da nosa parroquia e ofertar a deportistas de outros concellos a posibilidade de vir correr a Oubiña un domingo pola mañán.

    E o vindeiro domingo celebraremos  a 19 Edición do Marathón Popular de Oubiña. “Memorial Manuel Mariño Castro”.

    Esta carreira conta coa participación de deportistas de todas as edades:

    §       conta con 8   categorías divididas por idades, nas que poden participar homes e mulleres de todas as edades; e así noutras edicións houbo participantes desde  3 até 65 anos.

    §       Con unha categoría absoluta.

    A carreira discurre  polas pistas da parroquia de Oubiña con dous recorridos,

    §       Un de 5 Kilómetros para as 8 primeiras categorías

    §       Outro de 10 Kilómetros para a categoriá absoluta.

    No Maratón Popular de Oubiña entréganse máis de 50 premios, xa que en cada categoría se entregan  6 premios: 1º,2º e 3º  aos corredores masculinos e 1º,2º e 3º ás corredoras femeninas.

    Na organización do evento participan arredor de 50 persoas, da Xunta Directiva, socios e socias e veciños e veciñas que colaboran activamente en distintas tarefas de organización (inscripción, reparto de dorsais, avituallamento, controles…).Aos que quero dar as gracias ao igual que a todos os patrocinadores que fan posible a realización desta carreira.

    A saída será ás 11.30 horas de aquí do Centro Cultual e a meta será tamén aquí.

    Montse Prado 3 2007-07-27_IMG_2007-07-20_02_45_07__108-EDRENR-20072007 1176107024gustavo_veloso

    Montserrat Prado, Maria Xesús López e Gustavo Veloso

    Queremos mostrar a nosa satisfacción porque nesta 19 edición contaremos para a entrega de premios coa presencia de:

    ·       Delegada da Consellaría de Innovación e Industria Montserrat Prado

    ·       a Delegada Provincial da Consellería de Cultura e  Deporte   Mª Xesús López Escudeiro

    ·       e de Gustavo César Veloso, o gañador da Volta Ciclista a Catalunya 2008, moi vinculado coa Asociación de Veciños de Oubiña, e aproveitaremos para facerlle un recoñecemento ao seu gran mérito deportivo.

    Despois da entrega de premios haberá festa con música, comida e bebidas para todos os participantes e para o público que se acerque hasta Oubiña.

    NOVA XENTILEZA DE:

    unhagrandechea cambados o chilro

    ------------------------------------------------------------

    Galiza Nova anima as mozas e mozos do Salnés a acudir ao estreo de Pradolongo, en Vilagarcía de Arousa

    cartel_pradolongo_0 

    A proxección deste filme, en Vilagarcía de Arousa, terá lugar a partir deste venres, 30 de maio e durante toda a 1ª semana de xuño nos Multicines Gran Arousa. Galiza Nova amosa publicamente o seu apoio ao filme, e a todo o cinema galego feito na nosa lingua, e anima as mozas e mozos da comarca a acudir a calquera das sesións que dende este venres e ata o próximo xoves se van a proxectar en Vilagarcía de Arousa . Galiza Nova parabenízase pola proxección en Vilagarcía de Arousa do filme Pradolongo, dirixido por Ignacio Vilar e producido por Vía Lactea Films, co apoio da TVG, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galiza, a Deputación de Ourense, a Axencia Galega do Audiovisual ou Turgalicia, entre outras entidades. O filme, feito integramente en galego e participado, entre outros, por actores como Rubén Riós, Tamara Canosa, Roberto Porto ou Mela Casal está case integramente rodado en espazos da comarca de Valdeorras, moitos deles coincidentes con aqueles onde foi rodado hai agora uns vinte anos o mítico filme Sempre Xonxa. O galego empregado é maioritariamente o propio da zona valdeorrá.Galiza Nova difundirá socialmente durante esta semana a nova estrea do noso cinema e apoiará así o dereito das galegas e galegos a podermos gozar de todo tipo de producións cinematográficas e audiovisuais feitas na nosa lingua. No entanto, desexámoslle a Ignacio Vilar e a todo o seu equipo o mellor dos éxitos nesta súa andaina.

    unhagrandechea cambados galiza nova

    NOVA XENTILEZA DE:

    Treixadura

    ------------------------------------------------------------

    OBRADOIRO PARA MAIORES 

    logo CC O[1]..

    O Centro Comarcal do Salnés - Rede de Dinamización da Sociedade da Información - O Concello de Vilagarcía de Arousa

    Comezan en xuño unha serie de obradoiros sobre informática enfocados cara asPersoas Maiores.

    A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con

    maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e otros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes

    necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

    mayores1_02

    O Centro Comarcal do Salnés e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa, ten proxectado desenvolver neste mes de Xuño unha serie de obradoiros enfocados cara as Persoas Maiores, que terán lugar na Casa da Xuventude en horario de mañá (10:00 a 12:00 horas):

     Na primeira semana realizarase o obradoiro sobre o “Manexo do teclado e o rato”. Debido ao número de participantes inscritos (20 en total), formaranse dous grupos de 10: un grupo para os días 3 e 4 e outro grupo para os días 5 e 6. A duración de cada obradoiro

    será de duas sesións de dúas horas cada unha.

     Na segunda semana realizarase desde o día 9 até o 12 o obradoiro “Iniciación a Internet”.

    A duración será de catro sesións de dúas horas.

     Na terceira semana durante os días 16 e 18 realizarase un obradoiro sobre o manexo do Google (“Googlear”) e, ao igual que sucede no obradoiro sobre o Manexo do Teclado,

    volverase a repetir os días 19 e 20. A duración será de duas sesións de dúas horas cada unha.

     Xa por último, e desde os días 23 até o 26, realizarase de novo a obradoiro de “Iniciación a Internet”. A duración será a mesma, catro sesións de dúas horas cada unha.

    Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

    NOVA XENTILEZA DE:

    CLAREO

    ------------------------------------------------------------

    MAÑÁ É O DIA GRANDE DE CHOURIZO FILMS

    CON MOTIVO DA ESTREA DE CHOURIZO FILMS

    pUB A lERIA (2)

     

    Moita xente pregúntanos quen é ou que son Chourizo Films, afortunadamente cada vez menos porque  grazas o seu traballo e a difusión do mesmo tanto no Auditorio como na prensa van sendo máis coñecidos. Antes que nada sempre dicimos a quen nos pregunta que Chourizo Films primeiramente son un grupo de amigos de Cambados, son un verdadeiro arco parlamentario porque nese grupo hai de todo, de esquerdas, de dereitas, de centro, apolíticos pero iso non é óbice para que se leven ben, e  todos eles teñen un nexo en común “Pasalo ben”. Empezaron facendo curtos para velos elos mesmos, divertíanse e comezaron a exhibir os seus curtos no Pub A Leria, local onde habitualmente se reúnen, é como o seu local social. O seu primeiro gran éxito a nivel gran público foi cando fai uns meses fixeron unha exhibición no auditorio de tres dos seus curtos e concretamente coa estrea de “To die in Tragove II” . Teñen a súa propia páxina en you tube http://es.youtube.com/Chourizofilms e un  gran éxito xa que un dos seus curtos titulado “No volveré” está próximo a acadar as 90.000 vistas , todo un logro.

     

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS CHOURIZO FILMS EDUARDO APARIZ

     

    Tamén fan colaboracións con outros colectivos e a destacar que entre eles están os artífices do calendario de espidos “Tende unha man” no que recadaron un gran cantidade de cartos facendo entrega da mesma a Asociación “Esperanza Salnés” que se adica o coidado de nenos diminuídos. Mañá venres estrean unha de vaqueiros “a cambadesa” : “A verdadeira historia de W. Joe” no Auditorio de Cambados as 21.30 horas. Por primeira vez  na súa curta pero prometedora carreira cinematográfica o curto ten unha duración de 18 minutos, todo unha incógnita pero dende este espazo queremos animar a todos a que asistades a estrea, de seguro que vos ides divertir. Nesta ocasión pedíronos a súa colaboración tanto no reparto como na música, UNHA GRANDE CHEA  non dubidou nin un intre en participar con eles, porque estamos seguros que eles están a facer historia en Cambados. É incrible o que se pode facer cunha simple cámara de vídeo, moitas ideas e amizade infinda, que non farían “estes” si tiveran medios dabondo ¿sabe Deus?.

    UNHA NOVA XENTILEZA DE:

    UNHA_GRANDE_CHEA_A_LERIA

    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    “R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    “O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    “Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    “Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    “Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA  

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    FUTBOL DE CAMBADOS EN

    www.clubjuventudcambados.cl.tf

    BALONCESTO DE CAMBADOS EN

    www.xuven.com 

    ------------------------------------------------------------ 

    FALTAN POUCOS DÍAS PARA DESCUBRIR O SEGREDO

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS RAMÓN CABANILLAS

    Este sitio, este monumento, este lugar tan emblemático de Cambados vaise ser o noso "leit motive" do que pensamos facer neste paseo o vindeiro 21 de xuño, insistimos que aínda non podemos dicir nada porque estamos ultimando detalles e non queremos que se nos escape ningún, queremos ir creando expectación , pero tede en conta que se vai falar de Cambados e aínda por riba ben, porque o 21 de xuño, reservada a data, UNHA GRANDE CHEA vai botar a casa pola ventá, todo un reto. Manterémosvos informados.

    NOVA XENTILEZA DE:

    unhagrandechea cambados zocos

    ------------------------------------------------------------UNHA GRAN PROFESIONAL DO PERIODISMO

    mARUXA 

    Os periodistas son como os cámaras no cine o persoal de atrezzo no teatro, a xente de protocolo etc , son os que fan case todo pero nunca saen en nada, nos hoxe queremos destacar o traballo dunha gran profesional, a periodista cambadesa Maruxa Alfonso.  Maruxa como todos sabedes traballa para a "La Voz de Galicia" e cando pode fai todo o posible porque o seu pobo destaque no seu medio de traballo. Hoxe queremos darlle os nosos parabens polo seu traballo en xeral e en particular polas súas novidosas entrevistas a dúas políticos cambadeses Victor Caamaño e Domingo Tabuyo, podedes velas en:

    Entrevista a Victor Caamaño:

    http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/05/28/0003_6855459.htm?idioma=galego

    Entrevista a Domingo Tabuyo:

    http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/05/29/0003_6858909.htm?idioma=galego

    NOVA XENTILEZA DE:

    UNHA_GRANDE_CHEA_CAMBADOS_PANDEMONIUM

    ------------------------------------------------------------

    UNHA GRANDE CHEA TV

    PRESENTA O VIDEO ¡¡¡ALA MADRI!!!

    UN VIDEO ANÓNIMO QUE AMOSA A CELEBRACIÓN DA LIGA DO MADRID POLA PEÑA DO BAR GERMAN DE CAMBADOS

    ¡¡¡ABSTERSE OS BARCELONISTAS NON É UN ESPECTÁCULO AGRADABLE PARA VOS!!!

       

    NOVA XENTILEZA DE:

     hervella-3 UNHA_GRANDE_CHEA_A_LERIA unhagrandechea cambados eduardo apariz 

    ----------------------------------------------------------- 

     

    GALIZA É INFINDA

    ARTIGO DE MARIA MARIÑO COSTA E LARA CORES CACABELOS SOBRE CABANILLAS
    NA REVISTA "JOLICHADAS" DO IES FRANCISCO ASOREY
    NO SEU NÚMERO DE MAIO
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS LARA (1)
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS LARA (2) 
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS LARA
    NOVA XENTILEZA DE
    marel
    ------------------------------------------------------------
    A ESCRITORA FINA CALDERREY TRIBUTOUSELLE UNHA MERECIDA HOMENAXE
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS FINA CASALDERREY (1) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS FINA CASALDERREY UNHAGRANDECHEA CAMBADOS FINA CASALDERREY (2)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS FINA CASALDERREY (3)                  UNHAGRANDECHEA CAMBADOS FINA CASALDERREY (4)
    (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)

    Letras Galegas 2008.
    A escritora galega Fina Casalderrey (Premio Nacional de Literatura)co seu libro 'O misterio de fillos de lúa', recibiu unha afectuosa homenaxe o día 17 de maio en Cambados(13,00 horas en Exposalnés) ó recibir o 5º premio 'Ramón Cabanillas' outorgado polos libreiros de Cambados. Foi un acto moi emotivo para a escritora, recibindo o cariño dos seus amigos Mª.Carmen Durán e X.Vázquez Pintor; alumnos do colexio Magariños(todos participaron no acto); e do público de Cambados. Fina Casalderrey sentiuse coma na súa casa e setiu unha profunda emoción cando recibiu un longo aplauso do público, manifestando que levará para sempre na súa memoria o cariño dos cambadeses. Asinou libros e despois xantou con amigos e libreiros no restaurante 'A Traíña'.

    NOVA XENTILEZA DE

    unhagrandechea cambados libraria Ramón Cabanillas

     

    ------------------------------------------------------------

    FARO DE VIGO FAISE ECO DA NOSA FOTO PREMIADA

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS FARO DE VIGO

    NOVA XENTILEZA DE:

    logo CC O[1]..

    ------------------------------------------------------------

    A GAITA GALEGA É UN INSTRUMENTO SORPRENDENTE

    ¿QUÉ VAI PASAR AQUI?
    ¿ALGO SORPRENDENTE?
    ¿ALGO ÚNICO?
    ¿ALGO MÁXICO?
    UNHAGRANDECHEA PASEO DA CALZADA.
     
    Falta pouco xa para desvelar o Gran Segredo, algo, grande, algo impresionante, algo único, por primeira vez no Paseo da Calzada o 21 de Xuño vai pasar algo que nunca pasou na mesma, o Paseo, Cambados e Galiza van ser nova en todo o mundo ese días , pero non vos preocupedes que o Gran Segredo será revelado proximamente en rodal de prensa. UNHA GRANDE CHEA  vai sorprender en Cambados.
    NOVA XENTILEZA DE
    unhagrandechea cambados radio lider
    ------------------------------------------------------------
    TREIXADURA TRIUNFOU EN PONTEVEDRA
    _DSC6588tt-copia
    Un  intre da actuación de Treixadura do sábado en Pontevedra, foto de Eduardo Apariz, podedela ver moito millor en www.cambadosenfotos.net
    O pasado sábado en Pontevedra, e máis concretamente no Teatro Principal Treixadura volveu a triunfar perante o público que abarrotaba a sala. Unha magoa que non puido ir unha representación de Unha Grande Chea, xa que todos nos atopabamos no aniversario da voda do xefe. Pero ben contan as crónicas que cada vez este grupo acapara máis atracción co publico e por suposto a posta en escena e impresiónate. A ver si os vemos pronto por Cambados, iso seria o "Non vai máis".
    NOVA XENTILEZA DE
    unhagrandechea cambados o chilro
    ------------------------------------------------------------
    HOXE REMATA O PRAZO
    PARA QUITAR AS ENTRADAS PARA A CEA DO C.J. CAMBADOS
    XA HAI MÁIS DE CENTO E PICO LONGO VENDIDAS.
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS FUTBOL
    Hoxe é o derradeiro día para quitar as entradas para a Cea Fin de Tempada que vai ter lugar o vindeiro venres 30 de maio as 11 da noite no Restaurante Forniños de Tragove. A festa promete durar ata altas horas da madrugada, barra libre incluída, así que os máis descoidados xa o sabedes a quitar as entradas ou ben no Pub a Leria ou no bar do propio club.
    NOVA XENTILEZA DE
    unhagrandechea cambados climax UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GUAU NOVO
    ------------------------------------------------------------
     

    O GALEGO E O ÚNICO IDIOMA, O NOSO IDIOMA.

    UNHA GRANDE CHEA GAÑA O CONCURSO 1 FOTO...100 FOTOS.

    A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

    sinal catarata

    1º PREMIO A FOTO DE UNHAGRANDECHEA "QUE SINALA" E 2º PREMIO "CATARATA"

    O Centro Comarcal de O Salnés en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da información celebrou o sorteo do concurso “1 Foto, 100 Fotos” o venres 23 de maio ás 17:00 horas.

    A pesares de non acadarse as 100 fotos, a participación foi bastante alta, cun total de 28 fotos presentadas, o que duplicou en algo máis dun mes, o número de fotos colgadas en Abre os ollos ao Salnés.

    A fotografía gañadora do Mp4 foi “Sinal” enviada pola Asociación Unha Grande  Chea, de Cambados,, mentras que o Mp3 correspondeu a “Catarata”, enviada por Natividad Fortes Eiré, de Vilagarcía de Arousa .

    Noraboa ás premiadas!!!

    sorteo agasallos

    Grazas por participar e recordade que podedes seguir enviando as vosas fotos ao seguinte enderezo de correo electrónico alberto.cambados@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

     Visita o fotolog no seguinte enderezo web http://www.blogoteca.com/olladaosalnes/

    Datos de contacto:

    Alberto Fandiño Mariño

    Eliana Bouzas Collazo

    Rede de Dinamización da Sociedade da Información

    Centro Comarcal do Salnés

    Tlf.: 986 52 60 13

    Fax: 986 54 33 66

    http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/centros/index.php?idc=77

    Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

    UNHA NOVA XENTILEZA DE:

    ZAo

    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    “R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    “O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    “Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    “Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    “Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA  

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    FUTBOL DE CAMBADOS EN

    www.clubjuventudcambados.cl.tf

    BALONCESTO DE CAMBADOS EN

    www.xuven.com 

    ------------------------------------------------------------ 

    O CAMBADÉS FRANCISCO LEIRO PREMIO NACIONAL DA CULTURA GALEGA

    NA CATEGORÍA DE ARTES VISUAIS

    Nuevo Documento de Microsoft Word (1) Nuevo Documento de Microsoft Word (3) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS  FRANCISCO LEIRO

    O escultor cambadés Francisco Leiro recibirá o Premio Nacional dá Cultura Galega, na categoría de Artes Visuais, despois de que o xurado valorase a proxección internacional da obra do artista e entendese que era a mellor das 200 propostas que recibiu.
    O xurado dos Premios Nacionais dá Cultura Galega fallou onte os primeiros catro dos seus dez galardóns, que recaeron no arquitecto Manuel Jorreto (Arquitectura e Espazos Públicos), o escultor cambadés Francisco Leiro (Artes Visuais), a profesora Margarita Ledo (Cine e Audiovisual) e no Museo do Pobo Galego (Cultura Tradicional e de Base).
    Na categoría de Artes Visuais, os membros do xurado escolleron ao escultor Francisco Leiro polo seu prestixio internacional e a súa forza creativa, que parte dunha tradición e dunha iconografía vinculada a Galicia e que proxecta a través de novas linguaxes e soportes. Francisco Leiro Lois é un dos artistas galegos actuais máis relevantes e conta cunha extraordinaria proxección internacional. Dacabalo entre o seu Cambados natal e os seus estudos en Madrid e New York, Leiro é un dos grandes renovadores da plástica contemporánea na Península.

    UNHA NOVA XENTILEZA DE

    fersuman1

    ------------------------------------------------------------

    A PLANTA DE FINA

    unhagrandechea cambados cactus (1)    unhagrandechea cambados cactus

    Fina a "Fica" ten unha grande cantidade de plantas na eira da súa casa, cada vez menos porque o "cemento" invadiu parte das súas propiedade, aínda así garda un grande número delas. Fisgando atopámonos este curioso cactus o cal téndeslle que buscar vos o parecido, nos deixármolo o traballo da vosa imaxinación.

    UNHA NOVA XENTILEZA DE

    bar silva

    ------------------------------------------------------------

    IÑIGO SILVA PARTICIPANTE NO MEDIO IRONMAN

    a25c16f3

    «O Iroman foi só o principio. Xa fixen todos os dúatlons de Galicia»
    Íñigo Silva foi un dos tres cambadeses que participou nun Ironman, unha proba deportiva na que se percorren centos de quilómetros en bicicleta, correndo e nadando. Agora volve ás Canarias para competir nas Tres Illas, unha competición menos dura pero moito máis intensa.
    -Despois do Ironman ¿quedan ganas para seguir facendo deporte?
    -Este ano xa participamos no medio Ironman de Lisboa e se non fixemos o Ironman foi por falta de horas para adestrar. Despois, vin a páxina das Tres Illas en Internet e gustoume moito, porque inclúe windsurf. Ao final, o Ironman foi só o principio. Xa fixen todos os dúatlons de Galicia.
    -Imos, que isto engancha.
    -O ano que vén pensamos ir outra vez a Lanzarote. Entras nunha dinámica que, ao final, acábache enganchando. Agora cando adestras dúas horas en bicicleta non chegan a nada porque estás afeito facer cinco.
    -Cóntenos en que consiste a proba das Tres Illas
    -Sáese nadando do porto da Graciosa. Son dous quilómetros, pero hai moita corrente. Despois hai que subir un barranco de 650 metros, e coller unha bici para percorrer 69 quilómetros ata o sur de Lanzarote. Para terminar usamos unha embarcación, que no meu caso é unha táboa de windsurf, para chegar a Forteventura.
    -é unha competición benéfica
    -Si. Teñen moitos proxectos no Sahara e este ano queren recadar para cambiar o motor dun autobús.

    Texto: Maruxa Alfonso.- Foto: Martina Miser.

    UNHA NOVA XENTILEZA DE

    unhagrandechea cambados ficos_logo
    ------------------------------------------------------------

    A RE-VODA

    unhagrandechea cambados salva irene (1) unhagrandechea cambados salva irene (3)

    Como xa vos anunciamos neste espazo o pasado sábado tivo lugar o 25 aniversario da voda do Presidente de Unha Grande Chea Salvador e da súa dona Irene. Aínda que non é un acto en estrictu sensu da Asociación senón que era unha festa privada que organizaban Salva e Irene, alí estabamos case todos, a festa foi colosal en todos os sentidos e durou ata altas horas da madrugada. Entre os diversos agasallos que recibiu a parella destacamos dous que nos chamaron a atención, primeiramente unha obra do escultor internacional cambadés Manolo Paz, foi un regalo que se lle fixo entre todos invitados e tamén recibiron como agasallo por parte de un dos asistentes dun porquiño de nome "Enchufe", que non nos estranaría nada que formara parte doutra das nosas festas nun futuro non moi afastado.

    Destacar que repetiron a voda, esta vez polo rito civil e vestidos co noso traxe nacional. Pasámolo  de marabilla.

    UNHA NOVA XENTILEZA DE

    ELECTRICIDADE

    ------------------------------------------------------------

    UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:

    UN VIDEO DE CHOURIZO FILMS

    "HOMENAXE A JUAN GALIÑANES"

     

         

    UNHA NOVA XENTILEZA DE

    UNHA_GRANDE_CHEA_A_LERIA

    ------------------------------------------------------------

    GALIZA ESTÁ DE FESTA.

    25 ANOS DE CASADOS
    SALVA E IRENE CUMPREN AS SÚAS VODAS DE PRATA
    "A FESTA VAI SER DAS QUE MARCAN ÉPOCA".
    PANCARTA
     
    Este fin de seman hai festa rachada, o motivo non é para menos o noso Presidente Salvador Cores González "Fico" e a súa muller Irene Cacabelos  cumpren 25 anos de casados, botan a casa pola ventá e invitan a súa familia e os seus amigos a unha grande festa este sabado no Pombal, non faltaran guitarras, acordeón, gaitas etc., para celebrar esta gran festa . Ben o merecen.
     
    SANY0744 lastscan1 salva e irene
    Na primeira foto podemos ver os colocadores da pancarta, no medio a foto da voda e por ultimo unha foto actual da familia.
    GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN A:
    unhagrandechea cambados articolor
    ------------------------------------------------------------
    CONCURSO 1 FOTO, 100 FOTOS
    nuevo-2
     

    A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

    O Centro Comarcal do Salnés en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información levará a cabo o día 23 de Maio ás 17:00 horas o sorteo dos premios do concurso “1 Foto, 100 Fotos”. Dito sorteo realizarase no propio Centro Comarcal do Salnés.

    Hai que lembrar que con esta actividade, que estaba dirixida a todos os públicos, pretendíase  que o fotolog “Abre os ollos ao Salnés” acadase as 100 fotografías. O número de fotos acadadas foi de aproximadamente 70. Aínda que o concurso xa rematou, a xente que estea interesada pode seguir enviando fotos para colgalas no Fotolog e así construír unha radiografía da comarca do Salnés.

    Datos de contacto:

    Alberto Fandiño Mariño

    Eliana Bouzas Collazo

    Rede de Dinamización da Sociedade da Información

    Centro Comarcal do Salnés

    Tlf.: 986 52 60 13

    Fax: 986 54 33 66

    http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/centros/index.php?idc=77

    Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
    ------------------------------------------------------------
     
     

    GALIZA, NOSA NAI.

    UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
    A BANDA DE MÚSICA DE CASTRELO
    INTERPRETANDO O HIMNO GALEGO.
      
    ------------------------------------------------------------
    A CALZADA DE CAMBADOS
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS CALZADA INTERROGANTE
     
    A nosa Calzada, a calzada de Cambados cantada polo poeta da raza Ramón Cabanillas, e preguntarédesvos porque esa interrogante, pois porque aínda non podemos dicir nada , pero algo grande pode pasar no mes de xuño neste paseo, esta atentos a nosa páxina que vos teremos informados.
    ------------------------------------------------------------
     
     
     

    GALIZA TEN DUAS LINGUAS: O GALEGO E A GALEGA.

    TREIXADURA , UNHA FORMA DE ENTENDER GALIZA.
    cambados unhagrandechea treixadura (19) cambados unhagrandechea treixadura (24)

    Treixadura son úas concepcións ben arraigadas na música da nosa terra: O CANTO e A GAITA.

    Música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos . Cantigas populares que arrouparon a gaita no século pasado . Melodías de gaita que máis prenden nos galegos. Novas cantigas que Treixadura “peneira no seu tremiñado” ademais de contribuír á divulgación e normalización da música tradicional, comparte co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

    Para contactar con Treixadura: Apartado de correos nº 76 , 36630 CAMBADOS , 986 414 196, 609 805 837 , correo@treixadura.com , www.treixadura.com . Como xa anunciamos o vindeiro sábado están no Teatro Principal de Pontevedra as 20.30 horas.

    Doutra banda temos que decir que un video de Xaquin Xesteira acaba de acadar  as 3000 visitas en You tube, este non é outro que himno galego gravado por Unha Grande Chea no Café Continental co gallo das Letras Galegas 2007.

        

    UNHA NOVA XENTILEZA DE :

    unhagrandechea cambados o chilro 

    ------------------------------------------------------------

    NOVA EXPOSICIÓN DE LINO

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS LINO SILVA UNHAGRANDECHEA CAMBADOS LINO SILVA (2) 

    Lino Silva e o Palacete de Mendoza

    Hoxe abre unha mostra o pintor cambadés  Lino Silva no Palacete de Mendoza.

    Hoxe é acto inaugural da exposición do pintor cambadés Lino Silva titulada “As pantasmas de Lino Silva”.

    Nesta ocasión, o artista, sempre fiel aos seus principios, mostra unha serie de obras innovadoras que sorprenden pola súa ironía, retranca e, ata, descaro. Emprega un ton burlesco que quizais esconda sentimentos máis profundos máis persoais e intimistas do pintor, de modo que se trata dun xeito indirecto de mostrar, a través destas obras, a súa persoal visión da vida e da arte.

    Os inicios artísticos de Lino Silva, que naceu en Cambados en 1950, remóntanse ás primeiras nocións de escultura impartidas polo seu tío José Vaamonde Silva. Entre 1966 e 1972 estuda Escultura na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Mestre Mateo de Santiago e na Escola de Belas Artes de Madrid.

    A súa primeira exposición data de 1970 con pezas escultóricas, que se repetiron ao longo dos anos en diferentes puntos da comarca do Salnés.

    NOVA XENTILEZA DE :

    bar silva

    ------------------------------------------------------------

    PREMIO CONTOS NA LAREIRA

    CECILIA MÉNDEZ OBTÉN O SEGUNDO PREMIO

    Contacontosbcd

     

    Unha Cambasesa obtén o 2º premio "Contos na Lareira", que organiza a asociación O Arrieiro de Moraña.
    Na categoría de menores de dezaseis anos recibiu ou segundo premio Cecilia Méndez Troncoso, de Oubiña. Esta rapaza, de nove anos, concursou co conto A miña amiga a serpe .

    ------------------------------------------------------------

    A DANZA GALEGA É PARTE DE NOS, É GALIZA.

    FESTIVAL DE BALLET GALEGO  NO AUDITORIO DE CAMBADOS
    unhagrandechea cambados eduardo apariz
    Cartel obra de "Eduardo Apariz Fotografia"
     
    O vindeiro sábado 24 de maio as 20 30 horas no Auditorio de Cambados terá lugar un festival de Balet Galego a cargo da "Escola de Danza Tempos" da Sociedade Cultural de Cambados e da Escola de Danza "Clásicos" de Vilagarcía, baixo a dirección de Begoña Fontán.
     
    NOVA XENTILEZA DE:
    unhagrandechea cambados eduardo apariz
    ------------------------------------------------------------
    RELOXO DIXITAL DE LEPE
    unhagrandechea cambados lepe

    Un dos nosos asiduos mandunos o seguinte correo: Despois de moitas horas de arduo traballo, os científicos da escola técnica superior de enxeñeiros industriais de lepe, conseguiron o primeiro reloxo dixital en internet, que ademais,funciona. Picade nesta dirección para comprobar o seu funcionamento:

    http://www.yugop.com/ver3/stuff/03/fla.html

    ------------------------------------------------------------

    PREMIOS ANTILINGUA

    NA BITÁCORA GaliciaProfunda.com

    unhagrandechea cambados os antilingua (2) unhagrandechea cambados antilingua unhagrandechea cambados os antilingua (1) 

    Os premios "Antilingua": Franco, Paco Vázquez e Galicia Bilingüe

    Velaí a decisión dos internautas, que votaron os gañadores dos premios Sacho de Ouro, Boina de Ouro e Fouciño de Ouro.

    Franco foi o elixido para a "Boina de Ouro" ao personaxe histórico que máis perseguiu o galego. Os internautas coincidiron en cualificalo como unha "mazá podre, podre" para o idioma.
    Francisco Vázquez recibe o "Sacho de Ouro" ao que máis dano lle fixo ao galego nos últimos anos. "O seu rexeitamento frontal a que "A Coruña" quedase sen o "L" quedará marcado para sempre na memoria dos galegofalantes", apuntan os promotores do premio.
    Por último, Galicia Bilingüe foi a escollida para o "Fouciño de Ouro". "Esta asociación pretende botar abaixo o decreto de galeguización do ensino, no que se establece que, cando menos, o 50% das materias estarán impartidas en galego, un dos poucos grandes logros que conseguiu o galego nos últimos anos", sinálase no fallo.

    ------------------------------------------------------------

     

    GALIZA RESPOSTOU EN SANTIAGO.

    MIGUEL PALACIOS CONSEGUE O PEÓN DE BRONCE

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PALACIOS (1) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PALACIOS (2) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PALACIOS

    na foto está miguel co pequeno - Enrique Tejedro, actual subcamepón de España. é cantabro. gañou o torneo vencendo en todas as partidas. 10 de 10.
    Javier García, de Aragón, foi segundo. son os únicos que lle gañaron a miguel

     

    O cambadés Miguel Palacios volveu evidenciar o seu bo estado de forma, conseguindo por primeira vez na súa carreira deportiva o peón de bronce, na XX edición do torneo Internacional Peón de Ouro celebrado en Mondariz o pasado sábado e domingo.

    O torneo ten como premio en cada categoría 5 peóns, un ouro para o vencedor, outro de prata para o segundo clasificado e 3 de bronce para o terceiro, cuarto e quinto.

    Ao Mondariz asistiron preto de 400 xogadores, 80 dos cales participaron na categoría infantil, destacando a presenza de xogadores da selección española, así como destacados xadrecistas portugueses.

    Miguel, que terminou o torneo con 7´5 puntos, tan só perdeu dúas partidas; precisamente ante o vencedor final, o cántabro Enrique Tejedor, actual subcampión de España, que fixo pleno, con 10 puntos noutras tantas partidas, e ante o aragonés Javier García, que sería peón de prata.

    O éxito de Miguel, que conseguiu sete vitorias e un empate, cimentouse no triunfo obtido na quinta rolda ante Breixo Gómez (vencedor da edición de 2004) así como nas táboas conseguidas na sexta ante o ourensán David Gómez, que sería quinto; e confirmouse coa vitoria en novena rolda sobre o aragonés Alberto Quintín, (15º no último campionato de España e vencedor da edición do Peón de Ouro de 2006) e que acabaría terceiro.

    A próxima cita sitúase en Vilagarcía, onde se celebrará o vindeiro sábado o Torneo Santa Rita, valedoiro para o Circuíto Galego Escolar. Logo en xuño o circuíto continuará en Ourense, Ribadumia e Mugardos.

    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    “R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    “O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    “Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    “Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    “Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA  

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    FUTBOL DE CAMBADOS EN

    www.clubjuventudcambados.cl.tf

    BALONCESTO DE CAMBADOS EN

    www.xuven.com 

    ------------------------------------------------------------ 

    MANOLO PAZ EN NATIONAL GEOGRAPHIC

    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS mANOLO pAZ (2) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS mANOLO pAZ

    A veces andando pola rede un atópase cousas do máis rechamante  como é o presente caso, o noso amigo e colaborador Tino González Vilas enviounos un enlace dunha páxina onde saen as quince mellores fotografías de National Geographic do ano 2007, todas elas dunha gran beleza, pero resulta que nunha podemos ver unha das obras dun nosos escultores máis consagrados a nivel internacional e chalequeiro de UNHA GRANDE CHEA e que se atopa nas inmediacións da Torre de Hercules de A Coruña:  MANOLO PAZ.

    A ligazón  é a seguinte: http://86400.es/2007/03/31/las-15-mejores-fotografias-de-national-geographic/ 

    ------------------------------------------------------------

    SERIE CAMBADESES  ILUSTRES: ANTONIO MAGARIÑOS PASTORIZA

    unha grande chea cambados magariños (3) unha grande chea cambados magariños (2) 

    Antonio Magariños  e na seguinte foto na compaña do seu alumnado e doutro compañeiro.

    Naceu en Negreira en 1881, pero a finais do século XIX chega a Cambados coa súa muller, tamén mestra. En 1899 cesa na Escola de Nenos o mestre Marcelino e Magariños toma posesión deste cargo.

    Pronto se integra na vidal cultural de Cambados e vai a ser secretario, vicepresidente e bibliotecario do “Casino de Caballeros”, así como vicepresidente da Asociación de Mestres Nacionaís.

    En 1907 funda, xunto con Cabanillas e González Fraga, o xornal “El Umia”. Nel escribirá unha serie  de artigos sempre relacionados coa educación e a súa  importancia na sociedade. Un destes artigos titulado “La enseñanza en Cambados” foi moi comentada na súa época.

    Participa tamén na vida política do momento, e así nos anos 20 é Secretario do Sindicato Agrícola Católico  e na Ditadura de Primo de Rivera  é secretario do partido Unión Patriótica Nacional.

    Foi un dos organizadores de homenaxe e Asorei en 1922, celebrada na finca da casa dos Taboada, á que asisten personalidades  como Castelao, Cabanillas, Risco, Basilio Alvarez, Lugris, Portela Valladares, Lloréis etc., é decir, o máis selecto de literatura, artes e política galega do momento.

    unha grande chea cambados magariños (4) unha grande chea cambados magariños

    O convento onde dou clase Magariños e na outra foto o colexio que leva o seu nome.

    Nos anos 30 da dúas conferencias nos cursiños de Magisterio  sobre “Iniciación del niño en el análisis gramatical” e “Curiosidades aritmético-geométricas acerca del metro cúbico”.

    En 1950 é nomeado fillo adoptivo de Cambados. Morreu en Cambados en 1955.

    O colexio da Avenida de Vilariño leva o nome deste cambadés de adopción, membro dunha familia de mestres e pai doutro  mestre importante: Antonio Magariños Granda.

    Cabanillas adicoulle este poema cando finou:

    IN MEMORIAM

    Escolante de verba clara e limpa

    como ágoa de riancho montesío

    camiñou pola vida, sonridente,

    de vagar, repousado, paseniño,

    de xeito que cruzaba

    a estrada do Convento, de cotío.

    Unha mañán a Corte veu buscalo.

    E foise, sin saloucos nin arrepíos.

    De cadeira do enseño. Ceo adiante, ó seu novo destiño.

    De ternura e paciencia

    tiña o ardente corazón tecido.

    E era crente e sinxelo. Non o chorodes.

    tras do mantelo azul estremecido,

    nestrora ten unha cadeira de ouro

    e está póndolle escola os anxeliños.

    ------------------------------------------------------------

    MILLEIROS DE PERSOAS NAS RÚAS DE COMPOSTELA NA DEFENSA DO NOSO IDIOMA

    unhagrandechea cambados manifestación galego (1) unhagrandechea cambados manifestación galego (2) unhagrandechea cambados manifestación galego

    Pese á choiva onte fomos milleiros os galegos e galegas que, dando resposta ao chamamento da Mesa pola Normalización Lingüística, nos trasladamos a Compostela e ateigamos a Praza da Quintana, na manifestación máis numerosa que se lembra en defensa do dereito e vivirmos en galego. O rotundo éxito desta mobilización pon de manifesto o compromiso dos sectores máis dinámicos da sociedade galega cun dos sinais básicos da nosa identidade, a lingua.

    ------------------------------------------------------------

    MEIS, CADERNO DE BITÁCORA

    unhagrandechea cambados meis caderno de botacora

    Co gallo da semana das Letras Galegas "Meis, Caderno de Bitácora" rescata un dos fitos históricos mais importantes do Concello, pois é en Meis un dos primeiros lugares onde se oficiou misa en galego. Ollade o artigo en:
    http://meis.blogaliza.org/ 

    ------------------------------------------------------------

    18 DE MAIO MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO A PROL DO GALEGO

    QUE BEN O PASAMOS ONTE NO PANDEMONIUM
    (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS PANDEMONIUM (1) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS PANDEMONIUM (2) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS PANDEMONIUM (3)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS PANDEMONIUM (4) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS PANDEMONIUM (5) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS PANDEMONIUM
    Pese a ser unha carallada onte o Pandemonium estivo cheo para ver como Juan Silva, Salva e Hadrián facian as delicias dos asistentes  cantando as tipicas cancions destas datas.Tamén estivo presente o grupo de gaitas de UNHA GRANDE CHEA, das cales non temos fotos polo de agora. En fin a festa durou ata altas horas da madrugada ata que un veciño con sono queixouse a Policial Local e mandounos parar.
    ------------------------------------------------------------

    O DIA DAS LETRAS GALEGAS SABEMOS QUE SOMOS NACIÓN

    ACTOS INSTITUCIONAIS DO DIA DAS LETRAS GALEGAS
    (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)
    unhagrandechea cambados actos letras galegas (8) unhagrandechea cambados actos letras galegas (9) unhagrandechea cambados actos letras galegas (10)unhagrandechea cambados actos letras galegas (11) unhagrandechea cambados actos letras galegas (2) unhagrandechea cambados actos letras galegas (14)
    unhagrandechea cambados actos letras galegas (4) unhagrandechea cambados actos letras galegas (5) unhagrandechea cambados actos letras galegas (6)
     
    Hoxe tiveron lugar en Cambados os actos institucionais do Dia das Letras Galegas, por orde cronolóxico dicir que primeiramente o BNG organizou unha ofrenda floral no monumento a Ramón Cabanillas o acto consistiu en unha alocución por parte fe Victor Caamaño, logo Olga González Vilas e Manolo Pillado leron uns versos de Ramón Cabanillas,  a Delegada de Industria Montse Prado tamén falou da importancia do noso idioma e invitando os asistentes a acudir a manifestación do dia 18 en Santiago, rematou o acto interpretando o himno galego o insigne gaiteiro Xaquin Xesteira.
    As doce media e organizado polo Concello de Cambados, a Banda de Música de Castrelo dou un concerto dunha calidade superior no Auditorio da Vila rematando tamén coa interpretación do himno galego.
    ------------------------------------------------------------
    O  AVALANCHA DE XENTE QUE ACUDEU A FEFIÑANS EVIDENCIOU CERTO DESASTRE ORGANIZATIVO
    MÁIS DA METADA DA XENTE QUE ACUDEU A VER A PANORAMA NON PUDO VER O CONCERTO.
    2008-05-24_IMG_2008-05-17_01_21_27__116-EDRENR-17052008 a17c16f1 oshowdostonechos384x185
    Onte a Praza de Fefiñans quedouse moi pequena para acoller un concerto a que se lle dou tal publicidade que que máis da metade da xente que viu a Cambados a velo non puido facelo por non existir sitio material.  Entre o escenario, os bares, as torres a TVG o guindastre do Pazo etc, ocuparon materialmente máis da metade da praza, despois o control da xente por parte do concello de Cambados foi todo un desastre, incluso houbo xente que chegou as mans para poder ver o concerto e tivo que intervir a Policía Local. Onte non pasou nada que poderamos lamentar de verdadeiro milagre. A verdade que canto se bota de menos A Merced para a celebración de concertos de este calibre e o mesmo tempo para aparcamento se non se fixera o que o pobo de Cambados non quería, lucrarse vendendo pisos.
    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    “R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    “O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    “Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    “Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    “Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA  

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    FUTBOL DE CAMBADOS EN

    www.clubjuventudcambados.cl.tf

    BALONCESTO DE CAMBADOS EN

    www.xuven.com 

    ------------------------------------------------------------
    VICTOR CAAÑAMO DENUNCIA  ANOMALIAS NOS PORTOS DE CAMBADOS
    a17c6f1     P014GENN01_1
    Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Cambados,
    EXPÓN: a situación na que se encontran algúns contedores nos puntos de recollida dos residuos portuarios dos portos de San Tomé e Tragove, en Cambados.
    En San Tomé encóntranse cheos os seguintes contedores: os de madeiras e palets, cartón, vidro, cabos e aparellos, así como o de aceites e filtros onde, tamén, se acumulan a súa beira cinco garrafas cheas de aceite. Ademais, no crebaondas deste porto estanse a depositar moitos restos de aparellos e cabos a modo de vertedoiro incontrolado.
    No porto de Tragove, nos arredores da lonxa, están cheos  os contedores de disolventes e pinturas, fluorescentes e pilas. Nos contedores do contorno da nave das redeiras están ao completo os de redes e cabos, madeiras e palets, roupas de augas, caixas de plástico, neumáticos, cartón, vidro e aceite. Ademais á beira deste último contedor hai un bidón de 200 litros de aceite, tamén á espera de ser recollido.
    Entre os profesionais do sector do mar a opinión máis xeralizada con respecto a esta situación é que a recollida deste tipo de material de desfeita non se realiza coa celeridade que sería necesaria e como consecuencia a acumulación de residuos, da unha imaxe de abandono e de mal funcionamento do sistema de recollida. Como o bo funcionamento do sistema de recollida deste material resulta imprescindible para evitar a contaminación e destrucción paulatina do medio mariño cómpre que Portos de Galicia, como responsable da Administración, se implique máis nesta tarefa.
    Ademais, á vista do estado dos contedores, queda claro que a xente do mar está a colaborar na recollida deste tipo de material, evitando que acabe en lugares non desexados polo que neste momento cómpre o maior compromiso da Administración co mantemento medioambiental das zonas portuarias, algo que resultará imprescindible para a conservación dos ecosistemas litorais e redundará no beneficio de todos.
    SOLICITA: sexan baleirados todos os contedores cheos dos portos de Cambados e, no futuro, tente mellorarse este sistema de recollida diminuíndo a periodicidade no seu funcionamento, así como mantemento do  bo estado do contorno onde están ubicados estes contedores. 
    ------------------------------------------------------------ 
     

    CAMBADOS FALA GALEGO

    XOAN ANTONIO PILLADO INVITANOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    DÍA DAS LETRAS GALEGAS
     O vindeiro sábado, 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 12 h. do mediodía, o BNG de Cambados celebrará un acto conmemorativo da data, consistente nunha ofrenda floral diante do monumento de Ramón Cabanillas. Neste acto darase lectura a uns poemas e farán unhas intervencións o portavoz municipal, Víctor Caamaño e a Delegada Provincial de Innovación e Industria, Montserrat Prado. Rematará o acto coa interpretación do himno galego por parte dos asistentes, acompañados pola gaita de Xoaquín Xesteira.
    Hai xa seis anos que o BNG de Cambados ven facendo este acto de ofrenda floral ante o monumento de Ramón Cabanillas, senlleiro representante cambadés das Letras Galegas; aínda que a distinta hora do acto escolar organizado polo Concello, para non interferir nos actos institucionais.
    No BNG consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas en Galiza, e un dos dereitos fundamentais que temos coma pobo. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con digniade e normalidade.
    O BNG convoca a tódolos seus afiliados e simpatizantes en particular, e a tódolos veciños e veciñas de Cambados que o desexen, a participar neste acto de reivindicación do noso idioma, ante o monumento de quen sempre o defendeu e lle deu sona e prestixio social e cultural. Asimesmo fai un chamamento para acudir á manifestación que o seguinte día, ás 12 do mediodía, se vai celebrar en Santiago de Compostela para reivindicar o dereito a VIVIRMOS EN GALEGO.
     Cambados, 15 de maio de 2008.


    Xoan AntonioXoán Antonio Pillado Silvoso.
    Responsábel local.

    ------------------------------------------------------------

    A TVG E PANORAMA BOTAN OS RESTOS

    10.000 PERSONAS INVADIRÁN HOXE CAMBADOS GRAZAS A CONSELLERIA DE CULTURA

    picture203 picture204 picture206

    picture205 picture207 picture208

    Todo esta listo e praparado para a actuación de hoxe a noite da Orquesta Panorama e demais atraccións internacinais na Praza de Fefiñans. A nosa praza trocou o seu tranquilo aspecto por unha praza dinámica. A gran orquestra Panorama, acompañada entre outros de Rosario Flores, Carlos Baute, King Africa , A Rosa etc, e baixo a presentación de Manquiña, Superpiñeiro e Os Tonechos, van encher sen dúbida ningunha a praza máis bonita de Galiza. ¿Quen decia que a actual Xunta de Galiza se esquencera de Cambados? Con espectáculos como este parece que non. A disfrutar todo o mundo, a Xunta invitanos. Por último queremos decir que se non se toman as oportunas medidas de seguridade , tal e como está a praza hoxe pode haber algún que outro problemas, esperemos que non, pero...

    ------------------------------------------------------------

    O DIA DAS LETRAS GALEGAS TIÑAN QUE SER TODOS OS DIAS DO ANO

    CHOURIZO FILMS PRESENTA:
    UN TRAILER DO CURTO:
    "A VERDADEIRA HISTORIA DE W. JOE"
      
     
    ¡¡¡impresionante!!!
     
    XENTILEZA DE :
    UNHA_GRANDE_CHEA_A_LERIA
     
    ------------------------------------------------------------
    ALVAREZ BLÁZQUEZ E O ALBARIÑO
    O HOMENAXEADO DAS LETRAS GALEGAS 2008 ERA UN ASIDUO DOS PRIMEIROS ANOS DA NOSA FESTA
    xose_maria_alvarez_blazquez unhagrandechea cambados albariño

    Este ano  xa todo o mundo sabe a estas alturas, que  o día das letras Galegas está a adicado a Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 5 de febreiro de 1915 - Vigo, 2 de marzo de 1985) foi un escritor (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador, e editor galeguista. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca. O que xa sabe menos xente que xunto con homes de letras  da talla de Cunqueiro, Castroviejo, Lorenzana, Millán Pardo, Caamaño Bournacel, Trigo etc eran dos asistentes os primeiros xantares do Albariño, concretamente Alvarez Blazquez actuaba como si  de tal secretario  se tratase levantando acta e concretamente no ano 1960 cualificaba os viños gañadores como "caballeros albariños", así reza no libro "A festa do Albariño - 50 anos na historia de Cambados" do periodista, escritor e na actualidade Xefe de Prensa do Concello de Cambados, Benito Leiro Conde.

    ------------------------------------------------------------

    O GRAN DIA DE GALIZA ESTA A VIR.

    A ASOCIACIÓN DE LIBREIROS PREMIA A FINA CASALDERREY
    CONCEDELLO PREMIO CABANILLAS NA SÚA V EDICIÓN
    E MAIS ACTOS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
    fina_casalderrey_foto_portada
     

    Os libreiros de Cambados celebrarán o vindeiro sábado día 17 a VII Feira das Letras Galegas cun amplo e variado programa de actividades que inclúe o acto de entrega do V Premio Ramón Cabanillas, que na presente edición recibirá a escritora Fina Casalderrey (máis información sobre a escritora en www.fina.casalderrey.com). A feira, que se situará no Paseo da Calzada, ao lado do monumento a Ramón Cabanillas, abrirá ás once da mañá e os stands permanecerán ata as dúas e media da tarde.O programa de actividades inclúe a entrega do premio no Centro Comarcal do Salnés, así como a sinatura de libros por parte da escritora. Posteriormente, os xerentes das librarías Ramón Cabanillas, Contos e Castelao, organizadores do acto, procederán a realizar un sorteo de lotes de libros.O último acto previsto para a xornada terá lugar nun coñecido restaurante de Cambados cun xantar no que poderán participar todas aquelas persoas relacionadas co mundo da cultura que o desexen.

     

    a6c10f1 cambados unhagrandechea treixadura (12) a8c7f1

     

    Entre os actos organizados polo Concello no Día das Letras terá lugar un concerto da Banda de Música de Castrelo no auditorio as 12.30 h., banda da que forma parte o pólifácetico membro de Unha Grande Chea Xaquin Xesteira ( www.treixadura.com ) nominado tamén os Premios nacionais da cultura galega no eido de promoción da música tradicional , quen de seguro nos ha de ofrecer algunha peza a gaita dentro do concerto, decir ademos que o ilustre gaiteiro fará soar previamente as 12 da mañan do 17 de maio fronte o monumento de Cabanillas as notas do himno galego, nun  acto organizado polo BNG.

     

    lastscan

      ACTOS TAMÉN NO

    rif-letras-+negativo_logo+blog2

     

               2008-05-17_comomepos_crimson4_mini nuevo-2

    ------------------------------------------------------------

    COLLAGE ADICADO A "TEATRO CARACOL"

    FEITO POLO ARTISTA CAMBADÉS EDUARDO APARIZ www.cambadosenfotos.net

    caracol-def

     

    Esta collage está feito por Eduardo Apariz e podedes ver con maior amplitude e nitidez na súa paxina web www.cambadosenfotos.net , é unha homenaxe do artista a este gran grupo de teatro cambadés co gallo dos seus quince aniversario de vida. Teatro Caracol por este motivo co xa sabedes está "nominado" os Premios Nacionais da Cultura Galega no eido de iniciativa cultural.

    ------------------------------------------------------------

    O VIÑO DE GALIZA, O MILLOR DO MUNDO

    CURSO DE CATA EN CORVILLÓN
    ORGANIZADO POR A ASOCIACIÓN CULTURAL DE CORVILLÓN
    SERÁ IMPARTIDO POR JORGE HERVELLA
    UNHAGRANDECHEA CAMBADOS JORGE hERBELLA hervella-3
    Jorge Hervella, eminente enólogo impartirá o curso.

    A Asociación Cultural de Corvillón  organiza durante os días 19 o 24 de maio no Centro Cultural “Xacobe Castro” da mesma parroquia un curso de cata en horario de 21 a 22 horas de luns a venres e de 20 a 22 horas o sábado.  O programa consistirá na cata de Albariños e Rias Baixas da zona de O Salnés, O Rosal e Guarda e cata de tintos  xoves , crianza e reserva das denominacións de orixe Rioja e Ribera del Duero. O prezo do curso é de 25 euros e será impartido polo eminente enólogo Jorge Hervella. Para información e inscrición dirixirse os seguintes teléfonos 986520835 e 607471373. A s prazas son limitados e estará aberto o prazo ata o día 14 de maio.

    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    “R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    “O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    “Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    “Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    “Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA  

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    FUTBOL DE CAMBADOS EN

    www.clubjuventudcambados.cl.tf

    BALONCESTO DE CAMBADOS EN

    www.xuven.com 

    ------------------------------------------------------------

    OS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA NON SUDARON O SUFICIENTE

    PERDERON PRANTE OS AVOGADOS E PROCURADORES 5-4 

    unhagrandechea cambados xulgado

    O pasado venres os funcionarios  de xustiza dos Xulgados de Cambados medironse en partido de futbito perante, os profesionais (avogados e procuradores) e perderon por 5 goles a 4. Formaron polos funcionarios Pedro, Fandiño, Josiño, Vicente, Paco e Charlin. Polos profesiones poidemos ver a Alberto Sanmartin, Miguel Palacios, Fermin Varela, Fernando Guillan e Gabriel Santos. O mellor de todo estivo despois nacea e nas copas. Dirixeu o encontro Pachicho e moi ben pola afección das duas partes tanto funcionarias como profesionais.

    ------------------------------------------------------------

     

    O GALEGO, EN GALIZA, E MÁIS ANTIGUO CO CASTELÁN

    O PAMDEMONIUM ORGANIZA UN CONCERTO
    O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COA ACTUACIÓN DE XOAN SILVA E BLAS E O GRUPO DE GAITAS "UNHA GRANDE CHEA" COMO TELONEIROS
    pande juan
    O vindeiro Sábado Día 17 de Maio e sobre da 1 da mañán,  entre a gran variedade actos existentes na nosa vila, vai estar o que organiza o PÁNDEMONIUM, trátase dun concerto que XOÁN SILVA E BLAS no que van a abrir o lume Grupo de Gaitas UNHA GRANDE CHEA, estes son os protagonistas comprometidos ate o de agora, aínda que de aquí a sábado non se descarten outras fichaxes por parte da vinoteca organizadora do evento. Os que non coñezades a Xoan Silva e Blas podedes velos nunha actuación no Homenaxe a Ramón Cabanillas organizado por UNHA GRANDE CHEA, na compaña o oboe do mestre XAQUIN XESTEIRA, más arriba na sección videos.
    NOVA XENTILEZA DE
    UNHA_GRANDE_CHEA_CAMBADOS_PANDEMONIUM
    ------------------------------------------------------------
    A "BANDA DE TIZÓN" TIVO UN PROTAGONISMO ESPECIAL NA VISITA A CARRIL DE ALFONSO XIII
    DERONLLE A BENVIDA O MONARCA CON TRAXES PRESTADOS
    a10c2f1 a10c2f2
    Banda de Tizón
    A banza de Tizón, bisavó de Chon, é o unico que se atopa sentado.
     
    O outro día saia na Voz de Galicia saiu  unha nova histórica na cal se reflectía que Alfonso XIII visitara Carril e Vilagarcía, concretamente no ano 1907 que daquela eran concellos distintos. Nesa visita os de Carril doáronlle a Illa de Cortegada a Alfonso XIII para que nel construirá un Pazo de verán, promesa do rei que nunca viu a luz. Pois ben nesa visita un grupo de xentes de Cambados tivo un protagonismo especial ese grupo non foi outro que a banda coñecida vulgarmente pola Banda de Tizón. Tizón ven sendo bisavó por parte materna do Secretario da nosa Asociación Chon, e nela tamén estaban os bisavós de dous membros membros de Unha Grande Chea Javito e Xesteira, toda unha premonición, polo que aínda que no devandito artigo non se dixo é de xustiza facerlle esta homenaxe a aqueles valentes cambadeses que foron recibir o rei Alfonso XIII a Carril e Vilagarcía, aínda que para elo tiveran que prestarlle os traxes. A foto en cuestión atópase no poder de Chon quen a recibiu en herdanza da súa nai "Chonita".
    NOVA XENTILEZA DE 
    Apariz fotografia
     
    ------------------------------------------------------------
    UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
    MONOLOGO DE CARLOS BLANCO NUNHA SALA DE FESTAS DE MADRID
    ILUSTRADO CON FOTOS DE CANDO O NOMEAMOS CHALEQUEIRO E DE FOTOS DE MEMBROS DE UNHA GRANDE CHEA CON OUTROS FAMOSOS.
         
    NOVA XENTILEZA DE:
    ELECTRICIDADE
    ------------------------------------------------------------
    O PAZO DE TORRADO PÓDESE ALUGAR PARA FESTAS PRIVADAS
     torrado SANY0584 SANY0585
    Este fin de semana unha determinada Cia de Seguros que estreaba local en  Cambados, sendo o seu propietario fillo dun ex-concellal "alugou" o Pazo de Torrado para a realización dunha festa privada de presentación da oficina. Imaxinamos que calqueina empresa ou asociación tamén pode alugar o mesmo para calquer evento. O precedente é moi bo e hoxe aínda se podía ver a carpa montada o efecto no devandito pazo.
    ------------------------------------------------------------

    A FALA COMO O FALO HAI QUE USALOS.

    CHOURIZO FILMS AMOSANOS UN AVANCE EN VIDEO
    "A VERDADEIRA HISTORIA DE W. JOE", UN TRAILER QUE INCLUE TOMAS FALSAS
           1210353158_f
    Un trailer da pelicula, incluídas tomas falsas e  o cartel anunciador do film
     
    XA SABES O 30 DE MAIO ÁS 21.30 HORAS TES UNHA CITA NO AUDITORIO DA XUVENTUDE
    Entrevista a Rodrigo Piñeiro, director Chourizo Films, na Voz de Galicia nesta ligazón http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/05/11/0003_6808035.htm?idioma=galego 
    ------------------------------------------------------------

    “OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

    Visita os nosos videos en

    http://www.youtube.com/unhagrandechea

    Visita as nosas fotos en:

    http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

    Visita a nosa música en:

    http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

    Visita os nosos video clips en:

    “R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

    “O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

    “Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

    “Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

    “Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA  

    Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

    http://www.cambadosenfotos.net

    FUTBOL DE CAMBADOS EN

    www.clubjuventudcambados.cl.tf

    BALONCESTO DE CAMBADOS EN

    www.xuven.com 

    ------------------------------------------------------------
    ¿POR QUÉ LLE TES MEDO O GALEGO? ¡¡¡ATREVETE!!!
    cartazlinguapequeno
     


                     

    GALIZA NOVA DO SALNÉS LANZA UNHA CAMPAÑA PARA QUE A XENTE NOVA SE COMPROMETA CO FUTURO DA LINGUA GALEGA

     

    “Por que lle tes medo ao galego? Atrévete” tenta desterrar os prexuízos e tópicos sobre a lingua que aínda persisten na mocidade

     

    Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, levará a cabo nos próximos días unha campaña para promover o uso da lingua galega entre a xente nova.

     

    Baixo o lema “Por que lle tes medo ao galego? Atrévete” a campaña pretende que a mocidade galega se comprometa co futuro da lingua usándoa na súa vida diaria, así como loitar contra os prexuízos e tópicos contra o galego que aínda perviven na xente moza. Ademais, anima á mocidade a participar na manifestación do 18 de Maio en Santiago de Compostela a prol do idioma que organiza a Mesa pola Normalización Lingüística.

     

     

    “As administracións públicas deben garantir o dereito a utilizar a lingua galega”

     

    Neste sentido, Galiza Nova defende “o dereito básico a utilizar o idioma nacional de Galiza, o galego, en todos os ámbitos da vida pública, un dereito que as Administracións Públicas deben garantir”, ante os continuos atrancos para vivir en galego.

     

    Pon como exemplo que a imposibilidade de ver cinema en galego ou de estudar na nosa lingua. E aportou datos: ningunha universidade galega supera o 20% de aulas en galego ou a vertixinosa perda da lingua entre a mocidade urbana (só o 1,6 da mocidade de Ferrol ou o 4,3% da de Vigo tivo o galego como primeira lingua).

     

    “Máis de 10.000 dípticos, conferencias, ciclos de cinema.....”

     

    En canto á campaña de Galiza Nova para fomentar o compromiso da mocidade co galego, repartiránse máis de 10.000 dípticos; colocaranse máis de 5.000 cartazes; enviaranse cartas co material de campaña a todos os representantes de alunos de centros públicos e concertados; organizaranse charlas e ciclos de cinema en galego e despregaranse faixas co lema “En galego temos dereito” en lugares simbólicos da comarca.

     

    “As organizacións que se din defensoras do bilingüismo o que pretenden é manter a situación de inferioridade do galego”

     

    Por último, Galiza Nova critica a “aquelas organizacións que se din defensoras do bilingüismo cando o que realmente pretenden é manter a diglosia, a situación de inferioridade social e xurídica do galego, e mesmamente a súa desaparición”.

    ------------------------------------------------------------

     

    EU FALO GALEGO, TI FALAS GALEGO, EL FALA GALEGO, NOS FALAMOS GALEGO, VOS FALADES GALEGO, GALICIA BILINGUE FALA CASTELAN

    O WESTERN DE CHOURIZO FILMS "A verdadeira historia de W. Joe" CAUSA GRAN ESPECTACIÓN EN CAMBADOS E NA COMARCA
    DIARIO DE AROUSA ADICOULLE UNHA PÁXINA ENTEIRA O DOMINGO PASADO.
    unhagrandechea cambados chourizo films CHOURIZO FILMS UNHA GRANDE CHEA
     
    Gran espectación está a despertar o novo curto de CHOURIZO FILMS "A verdadeira historia de W. Joe" , que como coidamos todos sabedes vaise estrear o vindeiro 30 de maio as 21.30 horas no Auditorio de Cambados, sen ir máis lonxe, o pasado domingo Diario de Arousa, adicoulle unha páxina enteira no suplemento dominical, donde contaba pormenorizado o argumento do film. Os dous "alma mater" da produtora Rodrigo Piñeiro e Jacobo Dominguez teñen todo xa disposto para estrea e de seguro que haberá algúnha que outra sorpresa na mesma. Serie todo un acontecemento de esta humilde produtora enchera o Auditorio, seria todo un reto e como non un grande éxito.
    MÁIS INFORMACIÓN EN:
    UNHA_GRANDE_CHEA_A_LERIA
     
    ------------------------------------------------------------
    rif-letras-+negativo_logo+blog2
     
    2008-05-09_munstapha_jagarwaka%26meshkalina_mini
     

    venres 9 dMaio
    (dende as 23:50h. aprox.)
    JAGARWAKAS & MESHKALINA
    ARTEFACTOS SICODÉLICOS SUDAMERICANOS
    con MUNSTAPHA

    Un homenaxe á escena peruana dos sesenta, o proto-punk de Lince, o rhythm'n'blues criollo, a psychodelia andina, extendida por Chile e cunha vertente moito máis beat por Arxentina e Uruguay. A outra parada obrigada é Mexico, dende a loucura do distrito federal ata o tex-mex fronteirizo pasando polo glamour do surf instrumental de Acapulco... aquí está.
    Unha sesión moi solicitada e da que seguro que haberá novas entregas.

    ------------------------------------------------------------