UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    Humor Grandecheo: "A BURRO REGALADO, NON SE LLE PERISCOPEAN OS INCISIVOS."

    Cambados 31 de amio de 2009

    CON DE XIDO, OS INTERNACIONAIS DO SERÁN

    A ASOCIACIÓN CULTURAL DE CASTRELO, MISTURA XUVENTUDE E VETERANIA

    NO ALBARIÑO SON FIXOS.

    A Asociación Cultural Con de Xido de Castrelo (Cambados), ó chegar o tempo estival non para de traballar, ainda que o fai tamén no inverno. Xa falamos aquí en más dunha ocasión os famosos intercambios que fai con grupos nacionais, estatais ou internacionais. Conde Xido son un grupo moi disciplinado , nel anidan gaiteiros, pandereteiras e grupo de baile , é un grupo que se lle albisca un futuro envidiabel, e por suposto que tamén estarán no Serán que organiza Unha Grande Chea. Por certo hoxe no Faro de Vigo (www.farodevigo.es) adicalle un espazo o Serán que podes ler premendo AQUI Animamos dende aquí a todos os grupos de gaitas e pandereteiras que queiran participar neste Serán chamen o telefono 626669562.

     

    Humor Grandecheo: "POR QUE VOAR CANDO PODES FLOTAR?" XAMAICA AIRLINES

    Cambados 31 de maio de 2009

    NATALICIO DE RAMÓN CABANILLAS

    O VINDEIRO DÍA TRES DE XUÑO ÁS 20.30 HORAS

    NO AUDITORIO MUNICIPAL DE CAMBADOS

       

    1.- Cartel do aniversario. 2.- O Coro infantil e xuvenil de Cambados.

    Organizado polo Concello de Cambados o vindeiro día tres de xuño ás 20.30 horas vai ter lugar no Auditorio da Xuventude  os actos conmemorativos de natalicio de D. Ramón Cabanillas. Abrangue estes actos  a lectura dramatizada dos poemas “A Rosa de cen follas” a cargo do Cadro de Declamación do IES Ramón Cabanillas, serán tamén homenaxeados ós editores da obra completa de Ramón Cabanillas, Francisco Fernández del Riego e Xesús Alonso Montero, verase un vídeo co saúdo do primeiro e intervención do segundo co titulo “O  meu trato con Cabanillas”. Rematará o acto a Coral infantil-xuvenil municipal de Cambados con cancións de Ramón Cabanillas. O acto foi invitada expresamente UNHA GRANDE CHEA.

    Humor Grandecheo: "ESTÁ CIENTIFICAMENTE COMPROBADO QUE O ÚNICO QUE DETÉN A CAÍDA DE PELO... É O PISO."

    Cambados 30 de maio de 2009

    DOMINGUEZ SÚMASE A HOMENAXE A MIGUEL SINEIRO

    UNHA CARICATURA DO FAMOSO DEPORTISTA É O SEU AGASALLO

    O Secretario de Unha Grande Chea, o polifacético Dominguez, e tamén entre outras cousas coñecido pola súa facilidade para facer caricaturas, normalmente soleas facer en calquer bar mentres está a tomar un  quinto Estrella de Galicia e a poder ser nunha servilleta, e non quixo deixar pasar u ocasión para homenaxear a este “monstruo” do baloncesto cambadés que este ano decidiu “colgar as botas”. Dende Unha Grande Chea reiteramos a nosa adesión a esta homenaxe.

    Humor Grandecheo: "AQUELES QUE CREN QUE O SABEN TODO AMÓLANNOS AOS QUE REALMENTE O SABEMOS."

    Cambados 29 de maio de 2009

    A ASOCIACIÓN CULTURAL DORNA NON PODIA FALTAR

    AINDA QUE SON DA ILLA CONTAN CON XENTE DE CAMBADOS NAS SUAS FILAS

    ESTÁN MOI ILUSIONADOS NESTA ACTUACIÓN

    Os da Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa, e máis concretamente a súa sección de pandereteir@s non dixo que non a invitación de Unha Grande Chea e non van faltar neste II Serán Ramón Cabanillas. Nas súas filas conta con xente de Cambados que están moi ilusionados con esta actuación, e xa levan uns días ensaiando a tope para a cita. Animamos dende aquí a todos os grupos de gaitas e pandereteiras que queiran participar neste Serán chamen o telefono 626669562.

    Humor Grandecheo: "É INÚTIL, NON ME FAN NIN CASO." DEUS

    Cambados 29 de maio de 2009
     
     
    O periódico quincenal "O Aturxo" www.aturuxo.es , pide perdón os seus lectores cambadeses xa que o artigo do presidente de Unha Grande Chea, Chon, sae hoxe como medio borroso. Un erro teno calquera e non pasa nada, e ademais se o erro é de imprenta ainda menos. Dado que se trata dun artigo informativo e divulgativo vai sobre os que nomean membros de mesas nas eleccións o que queira lelo pode facelo premendo AQUI.
     
     
    Doutra banda tamén vos animamos a que leades a este mago da rede,  que tanto fixo a está a facer porque a mocidade se mova en Cambados, Oscar Pardo Planas, a súa entrevista no Aturuxo, podedes acceder a ela premendo AQUI.
     
     
    E xa aproveitando a ocasión Chon, o noso presidente,  quere agradecer os mostras de cariño e gratitude que lle dispensou moita xente, sobre todo maior, polo artigo adicado o desaparecido bar de "O Vajo" e ta´mén publicado no Auturxo, que parece ser que gustou moito, ainda que para  moita da xente xoven non lle diga nada, de todos os xeitos os que non o viron no Aturxo poden acceder a él premendo AQUI.

    Humor Grandecheo: "SE O UNIVERSO É INFINITO...POR QUE CUSTA TANTO APARCAR?".

    Cambados 28 de maio de 2009
     A ACTUACIÓN DE ISI VAAMONDE TROCA DE ESCENARIO
    VAI SER NO PAZO DE TORRADO
    DENTRO DE "FESTIVAL DE SAN XOAN" ORGANIZADO POR NOVA PRODUCIÓNS
    O Concerto de Isi Vaamonde que ata o de agora anunciabamos neste páxina como que ia ter lugar na Illa do Paseo Marítimo de Cambados, fixeronnos saber que vai ter lugar pero no Pazo de Torrado, un marco moito máis idoneo, acolledor  e sobre todo abrigado. Vai estar enmarcado dentro do denominado "Festival de San Xoán" organizado por Nova Produccións, e o día será o mesmo martes 23 de Xuño e as 20, horas, e non estará só Isi Vaamonde tamén haberá outros grupos, que segundo a organización están pendentes de confirmar. Polo de agora xa está anunciado como concerto gratuíto en http://www.myspace.com/novaproducions . De todolos xeitos a organización dixo que nos facilitaria máis información unha vez se vaian coñecendo os grupos participantes.

    Humor Grandecheo: "SE DEUS EXISTE É O SEU PROBLEMA"

    Cambados 27 de Maio de 2009

    “ATALÚNS” UN GRUPO EN ALZA

    ESTE GRUPO DE MARCÓN,  TAMÉN ESTARÁ NO SERÁN

    DA MAN DO SEU MESTRE JULIAN CARABELOS

    “Atalúns” a pesares de ter tan só dous anos de vida, é xa un grupo experimentado perfectamente guiados pola man do seu mestre Julian Carabelos . Dentro de seo do grupo podemos atopar gaitas, acordeóns, percusión, pandereteiras, pois está composto de doce membros.  Un dos seus compoñentes Roberto  tamén nos confirmou xa fai uns días que estarán presentes no II Serán Ramón Cabanillas de Cambados.  Aínda que o grupo ten a súa sede social en Marcón, nel podemos atopar xente de Poio, Pontevedra,Marin,  Aldán, Vilaboa, Cerdedo…, e de seguro que o vindeiro seis de xuño faranos pasar un rato agradábel interpretando as súas pezas. 

    Humor Grandecheo: "A INFANTERÍA DO MEU PAÍS NUNCA RETROCEDE, DÁ MEDIA VOLTA E SEGUE AVANZANDO."

    Cambados 27 de maio de 2009

    O CRUCEIRO PERDIDO

    APARECE GRAZAS AS OBRAS DA C-550

    “CASTRELO MÓVESE” QUERE REHABILITAR A PEZA.

    Arriba o cruceiro desaparecido, debaixo o presidente de "Castrelo Móvese", Amancio Gondar.

    Os traballos de ensanche da estrada de Castrelo proporcionaron unha inesperada sorpresa, pois deixaron ao descuberto os restos dun cruceiro que a maioría dos veciños consideraban desaparecido. Agora, a asociación "Castrelo Móvese", que preside Amancio Gondar, pretende rehabilitar a peza e colocala na contorna da súa localización orixinal, ao principio da estrada do Facho, no lugar da Bouza.

    As obras de ensanche da estrada comarcal PO-550 ao seu paso por Castrelo deixaron ao descuberto un cruceiro que moitos veciños xa deran por desaparecido. A asociación veciñal desta parroquia de Cambados, Castrelo Móvese, acolleu a noticia con sorpresa e moita satisfacción e anuncia que van intentar recompor o cruceiro para volver instalalo nas proximidades da súa localización orixinal, no lugar da Bouza.

    O descubrimento produciuse a finais da pasada semana. As máquinas da empresa que está executando o ensanche da estrada puxéronse a rozar e a remover terra na estrada de acceso ao Facho, case enfronte do hotel O Cruceiro, cando de súpeto atoparon as pedras do vello monumento.

    Coas obras afloraron o banzo sobre o que se sustenta o cruceiro, a súa base hexagonal e a vara, que estaba enterrada no chan, en posición horizontal. Os responsables da empresa puxéronse entón en contacto coa asociación Castrelo Móvese, que preside Amancio Gondar. Este avisou á súa vez á Dirección Xeral de Patrimonio, pois a intención dos veciños é poder recompor o cruceiro e volver colocalo.

    Fai case dúas décadas alumnos e profesores do colexio de Castrelo realizaron un traballo sobre os cruceiros desa parroquia. Un dos integrantes do equipo era Xoán Antonio Pillado Silvoso, quen indica que na época da Guerra Civil unhas persoas tirárono, aínda que logo foi erixido de novo polas autoridades franquistas.

    Curiosamente, os seus restos aparecen agora debido a unhas obras na estrada; e tamén foron uns traballos deste tipo os que propiciaron no seu día a súa desaparición. Pillado Silvoso explica que a principios da década dos setenta realizáronse as obras de ampliación da estrada do Facho, e que un camión rompeu sen querer o monumento.

    Caeu no esquecemento

    Naquel entón quedaron no lugar a vara, o pé e a base do cruceiro, mentres que a cruz e o capitel puxéronse a recado, conservándose na actualidade na sancristía da igrexa de Castrelo.

    Desde entón, e debido ao tempo transcorrido, este cruceiro foi caendo no esquecemento. Moitos mozos xa nin sequera sabían que existira nalgún momento, e os maiores pensaban que o máis probable é que alguén collese as pezas e que estas xa fosen agora irrecuperables.

    Amancio Gondar explica que a intención dos veciños é volver a ensamblar todas as pezas do cruceiro, e colocalo o máis cerca posible da súa localización orixinal. Para iso xa falou con Patrimonio e retiraron as pezas que foron descubertas tras as obras da estrada para evitar o seu espolio.

    Este é un dos moitos cruceiros que hai na parroquia de Castrelo, varios dos cales foron minuciosamente estudados por Afonso Daniel Rodríguez Castelao para a súa obra "As cruces de pedra na Galiza".

    Un artigo de Anxo Martinez (escritor e periodista de Faro de Vigo).

    Humor Grandecheo: "SE O CEO É TAN PERFECTO COMO DI A BIBLIA, A MIN QUE ME BUSQUEN NO INFERNO."

    Cambados 26 de maio de 2009

    “VOLANDEIRA” NO SEU PRIMEIRO SERÁN

    A ASOCIACIÓN OBRADOIRO ESTARÁ COS SEUS GRUPOS DE PANDERETEIRAS

    O SEU TRABALLO VERASE RECOMPENSADO O SEIS DE XUÑO.

    Arriba o grupo de pendereitaras senior e abaixo o grupo de pandereiteras infantís de Volandeira

    A Asociación Obradoiro “Volandeira” ven de confirmar por medio da súa presidente Mar, que estarán presentes no II Serán Ramón Cabanillas de Cambados  cos seus grupos de pendereteiras tano infantís como senior, e será  practicamente a súa presentación oficial perante o público de Cambados. Como sabedes está a Asociación está a facer unha gran labor preto de recuperación dos nosos valores tradicionais e destaca no seu haber o recuperar os papamoscas de San Bieito e recentemente a exposición de traxes tradicionais que aínda se pode ver no Centro Comarcal do Salnés ata o 30 de maio.

    Humor Grandecheo: "HAI ESTUDANTES AOS QUE LLES APENA IR AO HIPÓDROMO E VER QUE ATA OS CABALOS LOGRAN TERMINAR A SÚA CARREIRA."

    Cambados 26 de maio de 2009

    O VIDEO DO IES FRANCISCO ASOREY

    PRESENTADO O CONCURSO “PRESUME DO SALNES”

    OS PROTAGONISTAS SON OS PROPiOS ALUMNOS E O SALNÉS

    Dúas imaxes do video.

    “Salnes antergo e saudoso, terra sagra e petrucial, farta de seculos, chea de amor, e dolor de nai. Unha ermida cada castro, cada valgada un pinal, cada camiño un cruceiro, cada recunño un fogar” con este poema de Ramón Cabanillas comeza este precioso video presentado a concurso e realizado polo Grupo de Video I.E.S. Francisco Asorey de Cambados, e o único presentado ata o de agora no eido de Centros Educativos. A organización ampliou o prazo ata o 30 de maio,  e en adultos presentaronse ata o de agora 17 vídeos entre eles o de Unha Grande Chea (que podedes ver en “Os nosos vídeos), e na categoría de mozos presentaronse 5 vídeos. Podes ver o video de Asorey en “Os nosos vídeos…” ou no seu defecto premendo AQUÍ.

    Humor Grandecheo: "FAINO BEN E SEN MIRAR CON QUEN"

    Cambados 26 de maio de 2009

    CARREIRA “ANO CABANILLAS”

    O 14 XUÑO ÁS 11.30 H.

    CON SAÍDA DA PRAZA DE FEFIÑANS

    Cartel feito por "Unha Grande Chea", sobre un cadro de Ramón Costa.

    Organizada polo Concello de Cambados vaise celebrar este ano a “Carreira Ano Cabanillas”, o vindeiro catorce de xuño ás 11.30 horas con saída da Praza de Fefiñans e cun percorrido de 10.000 metros. A falta de confirmación oficial do percorrido este vai ser eminentemente urbano, como xa dixemos saída de Praza de Fefiñans,  seguindo a  Vilagarcía baixando pola Avda. da Coruña (antigo Campo da Merced), Paseo marítimo hasta Santo Tomé, baixada saíndo no cruce do Brexo, Ruínas de Santa Mariña,  Cruceiro de Vilariño, Avda. Rosalia de Castro e novamente na praza de Fefiñans, un circuíto o que haberá que dar tres voltas. Está carreira está incluída na LIGA NEW BALANCE CHAMPIONCHIP 2009 - GALICIA, e podes inscribirte xa na mesma premendo AQUÍ. A novidade vai ser que cada corredor levara na súa zapatilla un Chip que marcará a orde de entrada e o crono cando chegue a meta, tal e como podemos ver na seguinte imaxe:

    Humor Grandecheo: "ULTIMAMENTE TEÑO UN SOÑO QUE NON ME DEIXA NIN DURMIR."

    Cambados 26 de maio de 2009

    OS MOCIDADE EN MARCHA NA REDE

    Unha nova sección do blog www.cambados.tk  permite consultar os tres exemplares en papel que Cambados.tk puxo na rúa. Trátase de dous boletíns de 16 páxinas e dun panfleto cun artigo sobre memoria histórica. Podes acceder a este apartado desde a barra superior da súa web, ou premendo aquí. No mes de Xullo, ou en Agosto, podería ver a luz un novo exemplar da revista laranxa. Iso levará engadido ademais unha campaña de recadación de fondos para cubrir os gastos de impresión, como xa acontecera coa venda de camisolas en 2006. Máis información moi pronto en www.cambadostk , de donde se recolleu esta información.

    Humor Grandecheo: "NON SE SE CORTARME AS VEAS OU DEIXARMAS LONGAS."

    Cambados 25 de maio de 2009

    “XIRONSA” TAMÉN ESTARÁ NO SERÁN

    ESTÁN A TRABALLAR A TOPE PARA ESTAR A PUNTO

    TAMÉN VIRÁN AS PANDERETERIAS INFANTÍS

    A Asociación Cultural “Xironsa”, ven de confirmar  tamén a súa participación no “II Serán Ramón Cabanillas” que vai ter lugar en Cambados no Pazo de Torrado o vindeiro 6 de xuño a partires das 21.30 h. e que organizan conxuntamente o Club Juventud de Cambados e Unha Grande Chea, co obxectivo de recadar fondos para o Club.  A Asociación Cultural “Xironsa”, ten unha dilatada carreira como grupo no cal está o fronte un dos mellores gaiteiros de Cambados,  Nacho e por suposto  virán acompañados do seu grupo de pandereteiras infantís, Corvillón sempre foi unha boa canteira en Cambados. Animamos dende aquí a todos os grupos de gaitas e pandereteiras que queiran participar neste Serán chamen o telefono 626669562.

    Humor Grandecheo: "DÁME UN PUNTO DE APOIO E TOMAREIME OUTRO WISKY."

    Cambados 25 de maio de 2009

    O ASOREY REMATA A SEMANA DAS LETRAS

    CON POEMAS MUSICADOS DE CABANILLAS

    Os alumnos en plena actuación acompañados a caixa polo noso "Domin".

    O instituto Francisco Asorey rematou onte as celebracións da Semana das Letras Galegas cun festival no que non faltaron os poemas musicados, os monólogos e as pezas musicais acompañadas de soporte multimedia, na que os alumnos do centro foron os auténticos protagonistas.

    Deste xeito, e baixo o título “Os viaxeiros das estrelas”, baseado nun poema de Ramón Cabanillas adicado a Asorey, e en “O sono dunha noite de verán” de William Shakespeare, os asistentes á representación poideron viaxar por diferentes paraxes de Cambados a través de poemas musicados e monólogos con creativos decorados.

    Ademais, durante a semana tamén visitou o centro Cándido Pazó co seu “Espectáculo da palabra”, e a profesora da Filoloxía Galega e Románicas da Universidade de Santiago de Compostela, María Dolores Villanueva, quen lles ensinou algo máis sobre Ramón Piñeiro.

    Humor Grandecheo: "TODOS DEBERIAMOS CRER EN ALGO, EU CREO QUE ME TOMAREI OUTRA COPA."

    Cambados 25 de maio de 2009

    ALEJANDRA BURGOS “SALEUSE”

    FENOMENAL CONCERTO DA ARXENTINA NO CAFÉ CONTINENTAL

    O PÚBLICO GOZOU DA SÚA ACTUACIÓN

       

    (Preme nas fotos para velas ampliadas)

    Fenomenal concerto o que vimos  onte nun repleto Café Continental a cargo de Alejandra Burgos, esta rapaza miúda sorprendeu a propios e estraños e sobre todo a quen non a coñeciamos, rockera, melódica, cañera, unha actuación completisima moi ben acompañda do fenomenal guintarrista Antonio Aranda, o final fixeron participar o público na súa actuación, durante preto de dúas horas. Parabéns a Alejandra Burgos e o Café Continental.

    Humor Grandecheo:

    Cambados 24 de maio de 2009

    “VENTIÑOS DE OUBIÑA” ESTARÁ NO SERÁN

    ACOMPAÑADOS DO SEU GRUPO DE PANDEREITEIRAS

    TAMÉN VIRÁN AS PANDERETERIAS INFANTÍS

    Na foto a arriba os Ventiños de Oubiña en plena actuación e abaixo o seu grupo de pandeteteir@s.

    O grupo “Ventiños de Oubiña”, ven de confirmar a súa participación no “II Serán Ramón Cabanillas” que vai ter lugar en Cambados no Pazo de Torrado o vindeiro 6 de xuño a partires das 21.30 h. e que organizan conxuntamente o Club Juventud de Cambados e Unha Grande Chea, co obxectivo de recadar fondos para o Club. Os “Ventiños de Oubiña” que ensaian na Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña virán acompañados do seu grupo de pandereteir@s e tamén traerán un grupo de pandereteiras infantís, amosando así que hai canteira. Animamos dende aquí a todos os grupos de gaitas e pandereiteiras que queiran participar neste Serán chamen o telefono 626669562.

    Humor Grandecheo: "A QUEN A BO ARBOL ARRÍMASE, NON SE LLE VE CON QUE OURIÑOS."

    Cambados 24 de maio de 2009

    AS DOAZÓNS DE SANGUE EN CAMBADOS ESTÁN POR ENCIMA DA MEDIA EN GALICIA E DO ESTADO ESPAÑOL

    As doazóns de sangue no Concello de Cambados están por encima da media galega. Así llo indicaron os representantes do Centro de Transfución de Galicia á administración local nun escrito no que agradecen esa colaboración altruísta, á vez que felicitan ao Concello e aos veciños que acudiron a doar sangue as últimas veces nas que o autobús deste centro desprazouse ata Cambados para recoller as doazóns dos veciños.

    Segundo indican desde o Concello, «vos cambadeses levan varios anos demostrando a súa crecente solidaridade», e baséanse para iso en que, ao longo do ano pasado, o número de doazóns realizadas foi de 853, o que supón tres puntos porcentuais máis que no anterior, o que coloca a Cambados por encima da taxa recomendada pola Organización Mundial da Saúde, cifrada nun abanico de 40 a 60 doazóns por cada mil habitantes. Con estes datos, as cifras de Cambados superan a media galega e tamén a española.

    Necesidades no verán:

    Xunto co balance remitido a Cambados, o Centro de Transfusión de Galicia pide máis colaboración ante a próxima chegada dos meses de verán, un período no que sempre hai máis escaseza de doazóns polo aumento de accidentes de tráfico, de tal xeito que se estima que, nesas datas, precisaranse ao redor dos 127.000 doantes.

    O Concello de Cambados, ademais de felicitar á poboación pola súa solidariedade fai, como todos os anos, un chamamento aos veciños para que se incremente na medida do posible o número de doazóns, «polo indubidable interese sanitario desta acción altruísta e para que Cambados siga sendo un dous municipios máis solidarios de Galicia», subliñan.

    Unha colaboración de Angel Cambados.

    Humor Grandechea: "AMOR DE LONXE...FELICES OS CATRO."

    Cambados 24 de Maio de 2009

    A MARATÓN MANUEL MARIÑO TODO UN ÉXITO

    OUBIÑA CONVERTEUSE POR UN DÍA A CAPITAL DEPORTIVA DE CAMBADOS

    UNHA GRANDE CHEA,  PUB A LERIA E OS “COMEPIPAS" TIVERON UNHA REPRESENTACIÓN NO EVENTO.

        

    1.- Chon Sr. e Chon Jr. participaron na carreira. 2.- Xabu, Olga e Chon Jr. representando os "Comepipas".

    Hai que felicitar no novamente a Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña, pola impecable organización do XX Memorial Manuel Mariño en Oubiña celebrado hoxe, con éxito de público e de participación. Unha Grande Chea con dous directivos e os “Comepipas” con tres representantes tamén participaron na popular carreira. Asemade tamén participou na popular carreira o restaurador Yayo Daporta e o Pub A Leria estivo dignamente representado por David Martinez “Pildorilla”. Podes ver máis fotos do evento en “As Nosas Fotos..”

    Humor Grandecheo: "O QUE A BO ARBOL ARRÍMASE, É PORQUE ESTA CHOVENDO."

    Cambados 24 de maio de 2009

    DOUS CAMBADESES ÉPÌCOS

    JOSE ARAGUNDE E IÑIGO SILVA REMATARON A PROBA

    O IRONMAN É A MÁIS DURA DO ATLETISMO ACTUAL.

    Jose Luís Aragunde e Iñigo Silva puideron completar o Ironman de Lanzarote convirtiendose por segunda vez ambos en finisher desta proba computable para o campionato do mundo de Triatlón. A actuación de Iñigo foi magnífica 13h 15 min rebaixando en máis de 1 hora a súa anterior marca. Jose malia que tivo algúns problemas que superou ao longo da carreira, como calambres durante a proba de natación e un pinchazo na seu bicicleta, tamén logrou rebaixar a súa anterior marca, acabando nesta ocasión en 12 h 11 min , aínda que recoñece que esperaba mellorar máis este tempo, polo que está relativamente contento.

    A nós non nos queda máis que felicitar a ambos por este novo apunte nos seus respectivos curriculum persoal, que de seguir así será longo, xa que pretenden participar en outubro no primeiro Challenge Barcelona Maresme que se celebra en España.

    Fonte: www.cambadosweb.net

     

    Humor Grandecheo: "SEMENTA UN ARBOL E FAI FELIZ A UN CAN."

    Cambados 23 de Maio de 2009

    CHEGA O DESPREGABLE 21 CARGADO DE CONTIDOS

     

    A Embaixada Prusiana  xa puxo na rúa o seu último traballo en forma de fanzine. E, aínda que cun pouquiño de retraso, vén cargado con 60 páxinas de información cultural alternativa. Entrevistas como a que lle fan ao grupo de pop ferrolano Quant,  ou ao novo director da fundación Luís Seoane d'A Coruña, Alberto Ruiz de Samaniego. Fotografías a cargo de Sira Bilbao Melcón e cómic de ASH. Crónicas do Festival do Norte, do FLU POP ou dos concertos na Sala Boogaloo. E por suposto críticas e recomendacións de discos, cómic ou libros.

    Información recollida de www.cambados.tk