UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
O CONCELLO NON ACERTOUEQUIVOCOUSE O CONCELLO O POÑER A PANTALLA NA PRAZA DO CONCELLO.
APENAS HABÍA XENTE MIRANDO O PARTIDO.
A IDEA ACERTADA SERÍA A PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS.
A PÁXINA DO CAMBADOS www.clubjuventudcambados.cl.tf FIXO UNHA REPORTAXE DE COMO PASARON OS CAMBADESES NA LERIA, BAR SILVA E BAR GERMAN
Os nosos rexidores locais puxeron unha pantalla para os cambadeses poidaran presenciar o final do Campeonato de Europa do futbol, nun sito donde lle daba o sol e apenas se apreciaba. Apenas houbo afluencia de público, o sitio ideal sen lugar a dúbidas seria a Praza de Alfredo Brañas donde a sombra dos edificios faria que a pantalla se virá perfectamente.
De todolos xeitos, houbo outros sitios onde os cambadeses o pasaron ben e na páxina do Club Juventud Cambados www.clubjuventudcambados.cl.tf podedes ver un ampla reportaxe fotográfica de que como viviron o partido os cambadeses en tres establecementos emblemáticos , o Pub a Leria, o Bar German e o Bar Silva.
NOVA XENTILEZA DE:
TABUYO TAMÉN SE MOVE PARA CONSEGUIR FINANCIACIÓN PARA O ANO CABANILLASDOMINGO TABUYO CONSEGUE UNHA IMPORTANTE FINANCIACIÓN PARA O ANO CABANILLAS
O DEPUTADO CAMBADÉS LOGROU O APOIO DA SOCIEDADE ESTATAL DE CONMEMORACIÓNS CULTURAIS O deputado e concelleiro do PSOE en Cambados, Domingo Tabuyo, reuniuse a pasada semana co presidente da Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais, José Luis García Velasco, para exporlle o proxecto que o municipio pretende pór en marcha durante o próximo Ano Cabanillas, que se celebrará no 2009. O cambadés aproveitou o encontro para solicitar a colaboración desta institución na organización dos festexos cos que se celebrará o aniversario da morte do poeta. Segundo explica o propio Tabuyo, García Velasco mostrou a súa boa disposición e o seu compromiso a colaborar e participar en varias das actividades que se organizarán o próximo ano. En concreto, estivo de acordo en financiar todo o relacionado con seminarios, exposicións, publicacións e cun congreso de poesía. Actos todos eles que figuran no borrador elaborado polo académico Francisco Fernández Rei e polo técnico municipal, Luis Rei, encargados de organizar os festexos. NOVA XENTILEZA DE ------------------------------------------------------------ O ULTIMO DO I SERÁN RAMÓN CABANILLAS DE CAMBADOS A DELEGADA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA PARTICIPOU ACTIVAMENTE NO I SERÁN RAMON CABANILLAS DE CAMBADOS
No I Serán Ramón Cabanillas déronse moitas circunstancias, moitas curiosidades, moita xente, moitos participantes, pero queremos destacar a presencia dunha persoa que non foi invitada especialmente, que nin tan sequera foi invitada verbalmente, pero si estivo alí participando coma a que máis, participando activamente, a Delegada de Innovación e Industria Montserrat Prado, participou de forma activa, descoñeciamos a súa faceta como pandeireiteira, pero abofé que o facía moi ben. Con esta curiosa e significativa imaxe, despedimos o I Serán Ramón Cabanillas, grazas a todos incluída a Concelleira de Cultura do Concello de Cambados.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------
PARABENS "CONDES DE ALBAREI"
O Pazo de Baión, un brindis nas adegas Condes de Albarei e o Presidente de Unha Grande Chea co Presidente de Condes de Albarei.
Víctor Caamaño portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no concello de Cambados, presentou, por vía de urxencia, para ser tratada no pleno de onte, a seguinte MOCIÓN: Hai uns días apareceu nos medios de comunicación a noticia de que o Pazo de Baión, que fóra confiscado no seu día no marco dunha operación antidroga; foi adquirido pola adega cooperativa cambadesa “Condes de Albarei”, despois de participar nunha poxa convocada polas autoridades xudiciais. Esta noticia foi moi ben recibida en Cambados e en toda a comarca, pois ponse fin á incerteza sobre o futuro dunha explotación vitivinícola que, durante moitos anos, estivo desgraciadamente unida á lacra do comercio da droga. Para nós, como cambadeses, ten que ser unha satisfacción e un orgullo que dúas empresas do noso concello, que ademais son cooperativas que representan a varios centos de familias, se interesasen por lavar a imaxe e poñer en valor un negocio que outro cambadés desprestixiou coa súa reprobable conduta. Organismos, institucións e particulares amosaron publicamente este días a súa valoración positiva de que fose precisamente unha empresa de aquí a que, finalmente, se fixese coa propiedade da explotación do pazo. Propoñemos, pois, que o Pleno da Corporación Municipal de Cambados tome os seguintes ACORDOS: · Manifestar publicamente a satisfacción porque sexa unha empresa cambadesa a que se faga cargo de explotación vitivinícola do Pazo de Baión. · Felicitar á Cooperativa “Condes de Albarei” por este logro, e desexarlle os maiores éxitos no futuro. Dita moción foi aprobada por unanimida por todos os grupos políticos da Corporación Cambadesa, e a cal UNHA GRANDECHEA tamén se suma. NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------ GALIZA, UN VERDADEIRO PAÍS Os oito selos son das Bandeiras nacionais de Irlanda, Escocia, Illa de Man, País de Gales, Cornualles, Bretaña, Galicia e Asturies. Celebrase cada agosto e asisten 750,000 visitantes, o Festival Interceltique da Bretaña en Lorient é a celebración mundial máis máis importante relativo o mundo celta. Polo menos para alguen somos país. O enderezo da paxina en cuestión é o seguinte: http://celticcountries.com/webmagazine/culture/isle-of-man-post-pan%11celtic-stamp-collection/ Unha colaboración de Tino González Vilas NOVA XENTILEZA DE ------------------------------------------------------------ OS ASADORES DO MONTE DA PASTORA Xiramos visita o Monte da Pastora e podemos ver que o seu o estado pola parte visible non esta nada mal, o que si cambia é o seu estado pola parte de atrás do monte onde están os merendeiros e os asadores, non queremos aquí descargar a culpa na administración que corresponde senón na xente que usa o monte non é de recibo o lamentable estado no que está algúns dos asadores , os que lle faltan incluso a parrila. Temos que ser máis consecuentes e maís responsables co patrimonio municipal e sobre todo nunha paraxe tan bonita como o Monte da Pastora onde conta a lenda que Xesuscristo na cruz que se ve o fondo e despois de ser tentado polo demo tres veces cando lle dixo "Todo isto te daré menos Fenfiñanes, Cambados y Santome, si ante mi te postrases". Non aceptou a oferta aínda que estivo dubidando.
NOVA XENTILEZA DE ------------------------------------------------------------ O I SERÁN RAMON CABANILLAS EN TRES VIDEOSUNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA TRES VIDEOS TRES
A 1ª, 2ª, E 3ª PARTE DO I SERÁN RAMON CABANILLAS
PARTE I PARTE II
PARTE III
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
"QUERIDA ANABEL"
A PROPÓSITO DO I SERÁN RAMÓN CABANILLAS E SEN ACREITUDE
Lemos estupefactos na prensa, de hoxe, despoís das relacións tan fluídas que mantemos últimamente, as manifestacións da nosa querida Concelleira de Cultura Anabel Carro a cal dicía textualmente: "...que o Concello non foi invitado e sen embargo, colaborou con eles e non puxo ningún contratempo", referíndose o I Serán Ramón Cabanillas. Un político Sra. Carro como vostede sabe que unha das cousas que lle esixe é que NON falte a verdade, sabe Vde. que o noso Presidente ía informando de todos os pasos que dabamos para organización do Serán, Vde. era a única persoa que tiña invitación verbal da nosa Asociación. Esta Asociación non cursou invitación a ningúen para asistir o Serán nin verbal nin escrita. Ata o de agora que nos saibamos é moi difícil facer os acontecementos no aire, claro que colaboraron deixándonos o Paseo da Calzada como colaboran con nos no entroido "deixándonos" a praza de Alfredo Brañas ata o de agora esa é toda a súa colaboración, esparamos co tempo ampliala. Sabemos que “non gusta” no Concello que existan colectivos que non dependan do mesmo e que organicen cousas cando así se fai din que están politizados. O que si lle temos que dicir que a nosa asociación ofreceuse en varias ocasións por escrito a colaborar co Concello e sempre se rexeitou a nosa axuda, ofrecemonos para colaborar no programa do Entroido e sempre se rexeitaron as nosas propostas, ofrecemos propostas para o Albariño e pouco menos que nos demonizan, ofrecemos o noso grupo de gaitas para actos beneficos e nunca nos chamaron. Non nos fale Sra. Carro de asociacións politizadas que ese é o aspecto onde os alguns dos seus (referimonos a colegas do seu partido obviamente) mellor se desenvolven. Sra. Carro creiamos que Vde tiña outra forma de facer cultura e seguimos a confiar en Vde, por favor non empece a coller costumes "rosaoubiñanas" que por ahí non vai a ningún lado. Que conste que o que menos pensabamos facer é polemizar con Vde. Sra. Carro, pero tampouco nos "tire da brenza". UNHA GRANDE CHEA ------------------------------------------------------------ EXPOSICIÓN DE MM.RR. "A SECA" O vindeiro 6 de xullo de 18 a 22 horas ca casa de Cultura de Corvillón exposición dos traballos realizados o longo do curso 2007/2008 pola Asociación de Mulleres Rurais "A Seca". A exposición entre outros inclúe traballos de pintura, bolillos, retaleria artesán e manualidades. NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------ SEGUIMOS CO SERÁNINTRES DE ESPERA
NERVOS ANTES DE ACTUAR NO I SERÁN RAMON CABANILLAS
(PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)
Antes de empezar a actuar a tensión notabase no ambiente sobre os que actuaban por primeira vez diante de tanto publico e aí tedes varias instantáneas dese momento, recibimos varias felicitacións pola organización do evento que agradecemos, e aínda faltas as mellores fotos as do Serán Ceibe que houbo o rematar. Aínda temos un monte de fotos sen publico e irémolo facendo pouco a pouco para non "empachar".
NOVA XENTILEZA DE
------------------------------------------------------------
O RIO DE LAVAR DE SAN ANTÓN
(Preme nas fotos para velas ampliadas)
Estas fotos que vos amosamos nesta espazo fóronnos enviadas por un veciño da Modia que se prefire manter no anonimato, nelas podedes ver un rio de lavar o pe da Capela de San Antón na Modia (Cambados) que se atopa nun estado lamentable, sen coidar, con porquería, antiestético, non sabemos quen ou quenes son os encargados do seu mantemento, pero alguén responsable debía de pasar polo lugar a arreglalo un pouco, polos menos para estes meses de verán onde nos visitan tantos turistas. Temos que ser un pouco máis coidadosos co noso patrimonio cultural.
NOVA XENTILEZA DE
------------------------------------------------------------
"POLÉMICA" COMISIÓN
O nove de Novembro de 2007 no Pleno do Concello de Cambados, e por unanimidade dos tres grupos políticos aprobouse o seguinte: "A creación dunha comisión organizadora con todos os representantes da sociedade que acollería a todas as asociacións que queiran participar nos actos a organizar". Nese mesmo pleno o Alcalde Touris dicía textualmente: "...habería que facer un esforzo para que fose representativa de todo o mundo...". Despois de oito meses convócase a constitución desta comisión, que se viu "capada" polo Concello desconvocando as organizacións interesadas en participar no evento e convocando soamente as institucións. Ata o de agora o único que se fixo relativo a Cabanillas foi o I Serán Ramón Cabanillas organizado por Unha Grande Chea. Coidamos que debemos participar todos os que queiran por que cantos máis sexamos a pensar máis cousas interesantes poden xurdir. Hoxe parece ser que houbo esa reunión e que foi bastante polémica seguramente maña veremos información na prensa escrita. A prensa fíxose eco desta convocatoria falida para as asociacións que podedes ver na seguinte ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/06/26/0003_6936394.htm?idioma=galego
NOVA XENTILEZA DE
------------------------------------------------------------
O PASARÚAS FOI MOI VISTOSOO PASARÚAS CHAMOU A ATENCIÓN POLAS TRAVESÍAS CAMBADESAS
O PREVIO DO I SERÁN RAMÓN CABANILLAS
(PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)
O I Serán Ramón Cabanillas de Cambados, comenzou cun pasarúas dos grupos que actuaron na primeira parte do Serán, así desfilamos pola Rúa Principe, Real, Praza de Fefiñans, Novedades, Triana, Ribeira de Fefiñas, Parque, Curros Enriquez, Rúa Nova, Avda. de Galicia, Praza Compostela, Hospital, Isabel II, Plaza do Concello para voltar novamente o Paseo da Calzada, así foi como quentamos motoros os grupos participantes Con de Xido, Boudebou, Xironsa, Os Ventiños, Alborozo e Unha Grande Chea, a quenes aproveitamos para darlle as grazas pola súa participación, pola súa colobaración polo seu comportamento éxquisito e porque todos querian que para o ano se repita.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
GRAZAS A PRENSA AROUSANA POLA SÚA COBERTURA NO SERÁN
Tamén lle temos que dar as grazas dunha maneira especial, os medios de prensa de Arousa, especialmente a La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa, porque fixeron unha cobertura do evento moi especial tanto previamente como posteriormente o I Serán Ramón Cabanillas, grazas a Miguel Anxo, Pereira, Maruxa neles representamos a todos que traballan neses medios que dunha maneira ou doutra falaron do noso serán. Non esquenzamos tampouco a Tele Salnés , a Maria José e Julio que aparte de publicitar o evento tamén dalgunha maneira nos axudou. Grazas a todos.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------ TREIXADURA VISTOS POR EDUARDO APARIZ www.cambadosenfotos.netTRES "COLLAGES" TRES DE TREIXADURA
POR EDUARDO APARIZ
O fotógrafo cambadés EDUARDO APARIZ, estivo realizando durante o concerto de Treixadura, que formou parte do I Serán Ramón Cabanillas, un traballo fotográfico para o grupo, e na súa páxina www.cambadosenfotos.net, podemos ver en todo o seu esplendor estes tres esplendidos "collaxes", un deles podelo ver tamén máis ampliado na portada e vese o númerosísimo público asistente o acto. Coma sempre unha verdadeira artistada.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
SUSPENDIDA A REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA "RAMON CABANILLAS"
Incomprensiblemente, dende o noso punto de vista, a Concellalía de Cultura, ou quen fora, acaba de suspender a reunión prevista para mañan xoves as doce de mañá no Salón de Plenos de Concello de Cambados, que seria a primeira da Comisión Organizadora aprobada por uninimidade no pleno de novembro do 2007. Para ser exactos non se suspende senón que se ciñe a unha xuntanza da Xunta, Concello, Deputáción e partidos con representación no Concello, eliminando dun plumazo a todas asociacións que tiñamos e temos un interés especial en estar. Guastarianos que alguén saira a "palestra" e nos explicara o motivo de excluir da mesma os Asociacións Culturais. Cabanillas non é só dos politicos é de toda a xente de Cambados.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
MÁIS SERÁNTRES ESTAMPAS DISTINTAS DO SERÁN
MARIA JOSE, A PRESENTADORA, FICO O NOSO PRESIDENTE, E O NOSO ESCUDO
(Preme nas fotos se queres velas ampliadas)
Queremos destacar estas tres estampas do serán, porque cada unha delas ten a súa peculiariadade, na primeira podemos ver a guapa Maria José presentadora do magazine da noite dos venres en Tele Salnés, está madrileña de ollos preciosos ten a facilidade de falar un galego academico, que encandilou os ali presentes, exemplo vivo alguns "bifidos", ademais de darlle unha axilidade e vistosidade a presentacións dos grupos. Logo doutra banda temos o noso presidente Fico, tan ocurrente coma sempre e tan orixinal, e para rematar que pensarian "alguns" o ver o noso escudo ondeando no Centro Comarcal do Salnés, tranquilos que non imos "tomar o Concello". Seguiremos informando do serán que deu para moito.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------
REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA "ANO RAMON CABANILLAS"
O VINDEIRO XOVES AS DOCE HORAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO
A UNHA GRANDE CHEA FOILLE CURSADA INVITACIÓN
O vindeiro xoves ás doce de mañá está convocada no Salón de Plenos do Concello de Cambados a primeira xuntanza da Comisión Organizadora "Ano de Cabanillas 2009", coa asistencia dun alto cargo de presidencia concretamente o Guillermo Ginarte. A acto en cuestión foi convocada UNHA GRANDE CHEA, a nosa organización viña demandando dende fai tempo dende este mesmo espazo a creación de Cómisión dunha vez por todas así como Victor Caamaño representante do BNG. Lembremos que está comisión foi aprobada por unanimidade do Pleno do Concello de Cambados en nomvebro de 2007.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
A CAMBADESA ARACELI BUGALLO NON VAI O CAMPIONATO DE ESPAÑA
RENUNCIA POR UN COMPROMISO PERSONAL IRRENUNCIABLE
A esgríma cambadesa non contou onte finalmente con representación no Campionato de España de Espada. A tiradora do Compostela Esgrima Araceli Bugallo viuse obrigada a renunciar á súa praza no torneo debido a un compromiso persoal fixado fai tempo, e convertido en obstáculo insalvable despois de que a organización do Campionato de España adoptase a incomprensible decisión de pospor unha semana a cita por temor á recente folga de transportes. NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------ CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS No Centro Comarcal do Salnés, paseo da Calzada, vai ter lugar un Curso de Manipulador de Alimentos, autorizado pola Conselleria de Sanidade, sendo a entidade de formación con número de rexistro 101/GA. Con entrega de certificados acreditativos (carnet). Terá lugar o luns 30 de xuño de 17 a 20 horas. Información e inscripción no teléfono 636535760. Organiza: Enatop. NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------ GRAZAS A DOS POR VIR E PARTICIPARO I SERÁN RAMÓN CABANILLAS XA É HISTORIA
AGORA A PENSAR NA SEGUINTE EDICIÓN
ESTAMOS E RECOMPILAR TODOS OS DOCUMENTOS GRÁFICOS DO SERÁN, AHÍ VOS VAI A PRIMEIRA ENTREGA.
"OS NOSOS AMIGOS"
(preme nas fotos para velas ampiadas)
En escena a Asociación Cultural Alborozo, A asociación Cultural Xironsa, e o Grupo Ventiños de Oubila
O Cuarteto Tradicional BoudeBou, á asociación cultural Conde Xido e a Asociación Cultural Dorna
Temos que antes de nada darlle as grazas a toda esta xente que nos axudou a facer o Serán, alguns deles era a primeira vez que actuaban en público, ilusionados, nervosos, espectantes, todos o fixeron moi ben. Esta semana iremos "colgando" o diverso material gráfico que estamos a xuntar, é a nosa maneira de agradecerlle o pobo de Cambados, a Dirección Xeral de Turismo, a Montserrat Prado, e a Treixadura, todo o esforzo que fixerón para que este I Serán Ramón Cabanillas fora un éxito de público, e bueno tamén dicir que a organización, ainda que pequemos de vanidosos, non estivo mal.
NOVA XENTILEZA DE:
GRAZAS A JOAQUIN POLA TILA.
------------------------------------------------------------
CAMBADOS HOMENAXEA A "DON RAMON"HOXE É O GRAN DÍA DE D. RAMON CABANILLAS
AS GAITAS DE CAMBADOS E TREIXADURA , OS SEUS PES
O GAITEIRO DE CAMBADOS
Este gaiteiro celta de ollos azuados, un pouco destes días, un pouco legendario, labrego un anaquiño, mariñeiro outro anaco, que recorda as imaxes solenes de Ticiano, ven de caste daqueles varudos lusitanos que loitaron de Roma cos fortes lexionarios.
Este gaiteiro celta dos ollos azuados, no segredo curruncho da súa alma de bardo e no fol da súa gaita, pechou os hinos sagros e os berros loitadores dun pobo rudo e bravo que nas noites da lúa, á soma de carballos, adoróu no misterio uns dioses xa enterrados, o alalá namorante, relixioso e nostalxico, e a alborada ridora, feita de limpos raios do morno sol nacente, de pingotas de orballo, de arumes das roseiras, de chíos de páxaros.
Este gaiteiro celta dos ollos azuados cando sol alumaba o vello campanario, cando estaban desertas a praza e máis o adro, e o mar era un espello, e o vento repousado bicaba as pedras negras de silenzoso pazo, Veuno e trúxooo a este lenzo, con todo o seu encanto Don Ramón de Zubiaurre, o mozo pintor vasco. RAMON CABANILLAS.
A PRENSA DE HOXE
O ESCENARIO DO I SERÁN RAMÓN CABANILLAS
AI VOS ESPERAMOS TODOS
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------ MÁIS PARTICIPANTES DO I SERÁN RAMÓN CABANILLASBOUDEBOU "UNS CRACKS" DA GAITA
ESTA É A SÚA GRAN CITA
E ESPERAN NON DEFRAUDAR
Cuarteto tradicional BOUDEBOU Os membros do cuarteto Boudebou estan formados no grupo de música e baile tradicional Xironsa e tamén na escola de música tradicional de Vigo. Debido ó apoio de mestres gaiteiros e amigos doutros cuartetos vinculados co mundo da gaita, decidiron crear o grupo co fin de tocar por gusto a música tradicional galega e tamén por explorar novas melodías. Son un grupo de recente creación pero que xa levan moito tempo tocando xuntos a pesares de non pasar ningún dos 26 anos. A maioría das veces xuntanse para tocar en festas tradicionais, vodas ou simplemente por tocar para eles.Tamén teñen tocado en concursos de gaiteiros como o Ricardo Portela quedando sempre entre os oito mellores. Son tradicinais na festa do Albariño de Cambados, son os grandes animadores da festa. Persoas de contacto: Carlos Andrade Hermida (tlf 678394384). Nicolás Sineiro Pintos (tlf. 666878945 ). NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------ FIN DE CURSO EN ZAO
Este venres, fin de curso en Discoteca Zao de Cambados, coa tua copa poñenche a nota, os mestres serán "Doble Morgan" uns especialistas do Pop Rock atlántico. NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------ OS PARTICPANTES DE CAMBADOS DO "I SERÁN RAMON CABANILLAS" A ESCENAASOCIACIÓN CULTURAL CON DE XIDO - CASTRELO - CAMBADOS
21 ANOS A CONTEMPLAN
E UNHA TRAXECTORIA INTERNACIONAL ENVIADABLE
A Asociación Cultural Conde de Xido foi fundada no ano 1987 e con sede social na Bouza-Castrelo, co esforzo duns cantos pais que pouco a pouco, e coa incorporación de outros pais e integrantes do grupo, conseguiron chegar os 21 anos de traxectoria que cumpren este ano. En todo este tempo realizáronse innumerables actividades, coa colaboración de integrantes, directivos, socios, Concello e Deputación. Entre todas as actividades realizadas caben destacar os innumerables intercambios culturais que fixemos tanto no estranxeiro como nas noutras comunidades do estado español, subliñamos intercambios realizados co Pais Vasco Francés, coa Bretaña francesa, e de ámbito estatal, Ibiza, Valladolid, Salamanca, Toledo, Alicante, Asturias, entre outros. Tamén temos que facer especial mención do Festival anual que celebran coa participación de grupos de toda a Comunidade e grupos estranxeiros. E o traballo feito durante todo o ano durante as clases tanto de gaita como de baile, nas cales admítese a xente de tódalas idades, sen excepcións. PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
A PAXINA WEB DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS ANUNCIA O SERÁN
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
A PRENSA SEGUE A FACERSE ECO DO SERÁNA VOZ DE GALICIA E DIARIO DE AROUSA, PUBLICAN NOVAS RELACIONADAS CO SERÁN
O TEMPO DEFINITIVAMENTE ACOMPAÑA
TREIXADURA EN PLENO ENSAIO
Unha entrevista a Xaquin Charlin"Chon" o noso Secretario na Voz sobre o Serán e información xeral do mesmo en Diario de Arousa.
O tempo definitivamente vai acompañar, no video podedes ver a Treixaduran ensaiando no famoso "Muiño"
A WEB DE A NOSA TERRA TAMPOUCO SE QUIXO QUEDAR ATRÁS E TAMEN DOU A NOVA
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------
MIGUEL ANXO FDEZ. ATACA DE NOVO CON FRANK SOUTELO
Xa saiu o libro de M.Anxo Fernández: "Tres disparos e dous friames". Novo caso do detective Frank Soutelo. Xa se presentou oficialmente en Compostela para os medios de comunicación e, próximamente, presentación na adega Martin Codas (xa anunciaremos o día). M.Anxo Fernández é crítico de cine e escritor, publicou varios libros sobre o cineasta galego Carlos Velo(gran coñecedor da sua vida e obra), ademais ten publicadas varias novelas na editorial Galaxia, sempre co tema do cinema de fondo. Este novo libro é da serie do detective Frank Soutelo(novela negra)un detective americano un pouco retranqueiro, que lle gusta a comida galega e o viño albariño. M.Anxo férnandez é unha persoa moi querida en Cambados porque estivo como profesor no colexio de Castrelo durante varios anos e amigo de UNHA GRANDE CHEA. A nova podela ver nesta ligazón coa TVG:
http://www.agalega.info/videos/?emi=3246&corte=2008-06-18&hora=21:15:51&canle=tvg1
NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------ O T.M. CAMBADOS DESTACA TAMÉN NAS CATEGORIAS INFERIORES Gran final de tempada o que está asinando a canteira do Cambados Tenis de Mesa. O pasado sábado, no pavillón municipal de San Tomé , os pupilos de Karol Hasek coparon os tres títulos en xogo no Campionato Galego Cadete de Dobres. Fernando Padín e Eduardo Barreiro convertéronse nos novos campións autonómicos no dobres masculino, Gema Cores e Raquel Martínez no feminino, e Gema Cores e Eduardo Barreiro na modalidade de mixtos. Os tamén xogadores do Cambados T.M. Fernando Padín e Raquel Martínez, e Rubén Lois e Tomás Carbajal finalizaron cuartos e sextos nos cadros de dobres mixto e dobres masculino, respectivamente. O mesmo día e no mesmo escenario disputouse o Campionato Galego Infantil de Dobres. Raquel Martínez e Cristina Barreiro acabaron terceiras no dobres feminino, con Raquel asinando idéntico posto no mixto xunto ao seu compañeiro Martín Regueiro. Ademais, Regueiro e Iván Lois foron cuartos no dobres masculino, e Lois e Barreiro cuartos no mixtos. NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------ ESTA CASI TODO LISTO PARA O SERÁNO TEMPO PARECE QUE NOS ACOMPAÑARÁ NO "I SERÁN RAMÓN CABANILLAS"
¡¡¡A CALZADA TENSE QUE ENCHER!!!
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
VICTOR CAAMAÑO TAMÉN REIVINDICA A COMISIÓN ORGANIZADORA "ANO CABANILLAS 2009"
O Goberno Municipal de Cambados está incumprindo un acordo plenario e deslexitimando un órgano (Comisión Organizadora) creado por unanimidade dos grupos municipais coa finalidade de acadar a máxima pluraridade e participación cidadá na organización dun evento cultural de gran importancia para o noso Concello, como é a celebración do Ano Cabanillas 2009. Ningún sentido ten xa a creación dunha Comisión Organizadora dun evento se este xa está organizado. O BNG esixe ser tido en conta na organización do Ano Cabanillas 2009, ao igual co resto dos cidadáns e sectores implicados, como se acordou no Pleno Extraordinario de novembro. Somos coñecedores de que en Cambados hai persoas e organizacións con ideas e iniciativas moi interesantes e que non se debe desperdiciar a súa colaboración. Se desde o Concello non se vai a contar con nos na celebración do cincuentenario da morte de Ramón Cabanillas, o BNG non deixará de homenaxear a este escritor e poeta emblemático de Cambados o próximo ano 2009. NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------ GOGUE PRESENTE O SEU LIBRO: "HISTORIAS FLOREANICAS" A Concellería de Cultura do Concello do Grove, convída a UNHA GRANDE CHEA á Presentación do libro e inauguración da exposición Historias Floreánicas, de Gogue ( http://www.goguetoons.com/ )
Participan:
Pepe Carreiro, debuxante; Nacho Hortas, humorista gráfico; Luís Rei, historiador;José Antonio Cacabelos, alcalde; e Antón Mascato, concelleiro de cultura, ademáis do propio autor.
Durante o acto proxectarase un diaporama da obra de Gogue relacionado coa personaxe;estrearase o Cantar de Floreano, do que é autor o músico Kiko Bea; desfilarán os cabezudos da familia floreánica; poñendo o ramo festeiro os membros da agrupación tradicional Zurrumalla.
Venres, 20 de xuño, ás 21.00 horas da noite, no Cine O Mariño, do Grove.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
O CENTRO COMARCAL DO SALNES ACTUANDO CON "ACHÉGATE"
Anxo Moure trae ao Centro os Contos Solidarios.
Dentro das actividades complementarias da exposición ACHÉGATE, o Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés acolle este martes 17 de xuño 3 sesións de contacontos con Anxo Moure. Os Contos Solidarios nacen no ano 2000 da man da ONGD chantadina Bicis pola Paz, sendo monitorizado polo colectivo de educación ambiental Papaventos e financiado por Cooperación Galega. O contador Anxo Moure percorreu máis
cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar ós alumnos sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdicopedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica…..
Ó Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés achegaranse 3 grupos concertados de 50 nenos e nenas, 1 grupo do CEIP CASTRELO de Cambados achegarase ás 10:30 h. e 2 grupos do EEI A PASTORA achegaranse ás 11:30 h. e ás 12:30 h.. Os participantes gozaran moito da experiencia, aprendendo sobre solidariedade, e levaron como agasallo un librito co conto As magas da Solidariedade.
Cooperación Galega é a ferramenta a través da cal Galiza canaliza as súas accións en pro do desenvolvemento poñendo a disposición dos pobos máis pobres do planeta a súa experiencia histórica, os seus valores, activos e recursos e sumándose aos procesos existentes para combater a pobreza e as súas causas ó promover activamente o dereito ao desenvolvemento integral, humano e sostible.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
UNHA GRANDE CHEA NOS PREMIOS NACIONAIS DA CULTURA GALEGAUNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
VIDEO PROMOCIONAL DE TREIXADURA GAITEIROS E O ORFEÓN.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
LEIRO ESTIVO ARROUPADO POR UNHA AMPLA DELEGACIÓN CAMBADESA E POLA SÚA FAMILIA
UNHA GRANDE CHEA , TAMÉN ESTIVO NOS PREMIOS NACIONAIS DA CULTURA GALEGA
Francisco Leiro, escultor internacional e de Cambados para máis sinais recolleu o sábado pasado o Premio Nacional de Cultura Galega no eido de artes visuais. Leiro subiu a recoller o premio e primeiramente adicoullo os seus pais e logo a o seu pobo, a Cambados, que magoa que alí non estivera nin o noso Alcalde nin a Concelleira de Cultura, probablemente terían outros compromisos. Pero Leiro non estivo só , alí estaba a súa muller os seus pais, a súa familia e unha ampla delegación cambadesa entre a que se contaban varios directivos da nosa Asociación encabezados polo no Presidente Fico, e Leiro estivo compartindo con nos as súas impresións e tamén coa delegada de Innovación e Industria Montserrat Prado. Tamén estiveron no cto Mmercedes Prado, Presidenta da Asociación Cultural de Oubiña, Ramón Argibay da librerria Ramón Cabanillas, Victor Caamaño concelleiro do BNG de Cambados, o escritor Ramón Caride entre outros.
REPORTAXE FOTOGRÁFICO:(Preme nas fotos para velas ampliadas)
Na primeira fotoo o presidente Hadrián e Irenre na porta do Pazo de Concgresos, na segunda Leiro o lado de Méndez Ferrin e Margarita Ledo, e na terceira todos os premiados.
Na primeira foto Anxeles, Xocas, Hadrián e Susa, na segunda Chon, Teresa, Irene e o Preidente Fico, e na terceira Chón vindo de fotografiar os premiados.
Na primeira foto Antón Reixa falando co pai de Leiro, na segunda o presidente Fico con Irene e na terceira a guapisima Susa.
Na primeira foto Susa, Hadrián en Chon, na segunda Fico, Xocas e Chon e na terceira un momento do espectáculo.
Na primeira foto Anxeles e Xocas, na segunda Leiro falando co presidente da Xunta ante a presencia do noso presidente Fico e na terceira Hadrián posando co Presidente da Xunta.
Na primeira e segunda foto a Delegación de Unha Grande Chea posando con Leiro e coa presencia da Delegada Provincial de Innovación e Industria Montserrat Prado, e na terceira Hadrián posando con Antón Reixa e o Vicepresidente Quintana.
Na primeira foto Hadrián departindo con Presidente da Xunta mentras Fico e o Alcalde de Santiago saian do acto, na segunda Susa posando con Budiño e Mercedes Peón e na terceira Hadrián con Méndez Ferrin.
Na primeira foto Susa co seu admirado Xurxo Souto, na segunda Hadrián e Susa con "Farruco" e na terceria Teresa, Hadrián, Susa e Chon con "Amadora"
NOVA XENTILEZA DE
------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------
O SERÁN EN MARCHADESGRANANDO A TREIXADURA: MAGOIA BODEGA. Comeza a súa andadura musical no Conservatorio Superior de Música de Vigo realizando os estudos de gaita, piano e frauta de bico.Dende 1990 ata a súa desaparición forma parte do grupo MUXICAS, gravando os discos “Escoitando medra-la herba”, “No colo do vento”, “Naturalmente” e “20 anos de camiño”. Realiza colaboracións con Rodrigo Romaní en “Albeida” e con Susana Seivane en “Alma de buxo”. Forma parte do libro-cd “De pano sedán”. Xunto con Paulo Nogueira realiza a dirección e produción musical de “O Quiquiriquí” e “Pelo Gato 24”. Actualmente é mestra de educación musical no ensino primario.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
O CENTRO DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL DO SALNÉS ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE COOPERACIÓN GALEGA _ O xerente da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza, Emilio M. Martínez Rivas, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Carlota Román García, inaugurarán en Cambados a mostra que estará aberta ao público ata o 29 de xuño.
_ A exposición complétase coa celebración de “Contos solidarios”, unha actividade lúdica dirixida a escolares que terá lugar o martes 17 de xuño.
O Salnés, 14 de xuño de 2008.-
O xerente da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza, Emilio M. Martínez Rivas, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Carlota Román García, inauguran o luns 16 de xuño ás 19:00 h. a exposición fotográfica “Achégate!” no Centro Comarcal do Salnés. A mostra, que pretende amosar os proxectos que está a desenvolver a Cooperación Galega en países de África e de América Latina, estará aberta ao público ata o vindeiro 29 de xuño.
A campaña “Achégate!” está a percorrer os centros comarcais durante este ano 2008. Ata finais deste mes poderase visitar na sede do Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés, en Cambados, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres. Os sábados e os días festivos estará aberta de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. A programación desta campaña inclúe tamén a actuación “Contos solidarios”, de Anxo Moure dirixida a escolares, que se celebrará na mañá do17 de xuño a partir das 10:00 ata as 14:00. Despois do Salnés, a exposición poderase visitar nas comarcas de Terra de Caldelas, do 1 ao 15 de xullo; de Terra de Lemos, do 1 ao 16 de agosto; de Terra de Trives, do 26 de agosto ao 11 de setembro; da Paradanta, do 16 ao 30 de setembro; do Carballiño, do 3
ao 19 de outubro; de Terra de Celanova, do 1 ao 15 de decembro; e de Bergantiños, do 17 ao 31 de decembro. No ano 2009, a campaña continuará nos centros comarcais de Valdeorras, do 15 ao 31 de xaneiro, de Ordes, do 3 ao 17 de febreiro, e de Tabeirós – Terra de Montes, do 1 ao 15 de xuño.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
TRAIXADUROSO "I SERÁN RAMÓN CABANILLAS" POLO MIUDO
Unha Grande Chea tocando unha peza no Paseo da Calzada
Estamos a recibir correos e chamdas de toda Galiza, de como vai ser exactamente o serán do vindeiro sábado 21 de Xuño, e ainda que onte xao explicamos en Tele Salnes , imolo contar con detalle , vai constar de catro partes:
1º.- Ás 20 horas: Pasarúas dos grupos Con de Xido,Boudebou, Xironxa, Os Ventiños, A.C. Dorna e Unha Grande Chea, polas rúas de Cambados, que rematará no Paseo da Calzada. 2º.- Actuación dos grupos de gaitas antes referidos(máis menos de 21 a 23 horas), os cales interpretaron en principio duas pezas no escenario que se monte o efecto. 3º.- Actuación de Orfeón Treixadura Gaiteiros (máis menos de 23,30 a OO,30 horas). 4º.- O remate do Concerto de Treixadura "Serán Libre" o pe do monumento a Ramón Cabanillas, no mesmo Paseo da Calzada, ata altas horas da madrugada. Non vai faltar mexilóns, empanada, polvo e albariño, que correran a cargo do Club Juventud de Cambados, que se encargara do servicio de bar. Por certo na paxina da Asociación dos Gaiteiros Galegos xa publicaron tamén o noso serán podedelo ver nesta ligazón: http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/piCal/index.php?smode=Daily&action=View&event_id=00003294&caldate=2008-6-14
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
DESGRANANDO A TREIXADURA: CÉSAR LONGA.
Comezou a súa traxectoria musical como membro do grupo folk LEIXAPRÉN, realizando dúas gravacións discográficas: "Na Festa do Boi" e "Gáitropos". Actuou en diferentes ocasións con MARIA MANUELA E MIGUEL, colaborando tamén con Mª MANUELA, no traballo "Para Miguel"; con RODRIGO ROMANÍ en “Albeida” e “Cantos Caucanos”; e coa Asociación de Gaiteiros Galegos na gravación de “O Quiquiriquí” e “Pelo Gato 24”. Produtor artístico do primeiro traballo discográfico do grupo DONICELAS “Que nunca foi abalada”. É mestre de música de Educación Primaria. NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------ CREACIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA ¡XA! O dez de novembro de 2007, acordouse por unanimidade no pleno do Concello de Cambados, crear unha comisión organizadora con todos os representantes da sociedade. Sete meses máis tarde esa Comisión aínda non se reúne, é mais aínda nunca se falou dela nin quen en concreto a van compoñer. Na prensa de onte, fáisenos saber que Presidencia vaia coordinar as axudas para o "Ano Cabanillas 2009". Quedan seis meses para o 2009 e tres de verán, polo que coidamos que hai que "moverse" moito máis para chegar o 2009 en boas condicións, non debemos tardar tantos meses entre uns pasos e outros. Deberiase crear esa comisión xa.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
SEGUIMOS CO SERÁN DESGRANANDO A TREIXADURA: ANTÓN LÓPEZ "TONINO"
Formouse como percusionista da man do seu mestre, Henrique Otero Covelo, con quen máis tarde compartiría a derradeira etapa do grupo OS CRUCEIROS. Acompaña ao gaiteiro Ricardo Portela entre os anos 83 e
85. Colaborador habitual do grupo MUXICAS nos últimos anos da década dos 80, participou con eles nos discos "O Demo Fungón" e "Desafinaturum". Co grupo NA LÚA colaborou nos discos "Ondas do Mar de Vigo", "Os Tempos son Chegados" e "Feitizo"; con RODRIGO ROMANÍ en “Albeida”; con MALVELA en “Que o pano non me namora” e “O Quiquriquí” da Asociación de Gaiteiros Galegos. É mestre de música de Educación Primaria.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
UNHA GRANDE CHEA EN TELESALNÉS
NO MAGAZINE DO VENRES FALARÁN DO SERÁN
REPRESENTARÁN A ASOCIACIÓN, DOMIN E CHON
No habitual magazine dos venres de TeleSalnés que normalmente vai sobre as 10 horas, neste ocasión Domin e Chon representarán a Unha Grande Chea para falar do I Serán Ramón Cabanillas, desgranando polo miúdo en que vai consistir o acto. Dar dende aquí , grazas anticipadas a Tele Salnés por ternos en conta e o mellor dentro do programa descubrimos unha sorpresa.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
ARACELI BUGALLO: UNHA GRANDE CAMPIONA
A CAMBADESA ACCEDEU Á CITA NACIONAL TRAS QUEDAR QUINTA NO TORNEO CLASIFICATORIO A PESAR DA SÚA ESCASA RODAXE ESTE ANO
Tras un ano sabático, a cambadesa Araceli Bugallo Otero volveu con forza ao panorama de esgrímaa con espada, aínda que quizá non con toda a forza que ela quixese. A tiradora do Compostela Esgrima clasificouse o pasado fin de semana para o Campionato de España Absoluto da súa especialidade tras finalizar no quinto posto do torneo de acceso disputado en Burgos. Entre preto de medio centenar de competidoras, Araceli conseguiu a súa meta, quedar entre as oito primeiras e coarse así na gran cita polo título estatal. Un cetro que xa conquistou nas edicións do 2003, 2004 e 2006, quedando subcampioa de España no ano 2005.
Dúbida se participar.- A alegría de Araceli Bugallo o pasado fin de semana tornouse en preocupación tras coñecer onte de boca da Federación Galega de Esgrima o adiamento do Campionato de España, previsto para este fin de semana en Alacante e posposto sete días por mor da folga do transporte que afecta a todo o estado. O baile de datas podería obrigar a Araceli Bugallo a renunciar á súa participación no Nacional, ao coincidir agora cun importante compromiso persoal. Neste sentido, a tiradora arousá dicía non entender a decisión dos organizadores de aprazar o evento, e queixábase de que do mesmo xeito que ela, «moita xente xa tinga vos seus billetes e fixera vos seus plans partindo de que ou campionato ía ser esta fin de semana».Se finalmente decide acudir a Alacante, Araceli ten moi claro cal será o seu obxectivo: «Rematar entre as dez primeiras». O podio, opina, quédalle agora moi lonxe, xa que «este ano a penas me adestrei, e non pódese vivir de rendas». No entanto, o nome de Araceli non debería ser obviar. Non en balde, quince días antes da súa actuación en Burgos finalizaba segunda no Torneo Nacional Xacobeo.
Texto: Pablo Penedo
NOVA XENTILEZA DE
------------------------------------------------------------
A MODESTIA E A EDUCACIÓN TAMÉN TOCAN A GAITA NA PERSOA DE PAULODESGRANANDO A TREIXADURA: PAULO NOGUEIRA
Mestre de Educación Musical no ensino primario. Comezou no mundo da gaita da man de Nando Casal, fundando posteriormente o grupo ANSUÍÑA en Vilanova de Arousa no ano 1990. Xunto con Magoia Bodega realiza a dirección e produción musical de “O Quiquiriquí” e “Pelo Gato 24”. Actualmente, tamén con Magoia Bodega, imparte cursos de música galega para o profesorado e realiza concertos didácticos para escolares. NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------ A GRACIOSA PORQUIÑA SEPARASE DOS SEUS PROPIETARIOSLETICIA ENCHUFE INGRESA NUN COLEXIO DE PAGO
OS SEUS PROPIETARIOS SALVA E IRENE ESCOLLERON O S.E.K
O SAN ESMERIL DA KOSTA SERÁ O SEU NOVO FOGAR E A SÚA COIDADORA PERSONAL MARGOT.
A porquiña que recibiron como agasallo no seu 25 aniversario de casado Salva e Irene, nova da que informamos neste espazo , acaba de ingresar non colexio de pago concretamente no S.E.K. A súa misión é engordar o máximo posible baixo o coidado persoal de Margot para que nun futuro non moi longo sirva para agradarlle a vida os seus superiores. Cada mes manterémosvos informados de como lle vai a Leticia Enchufe no seu novo fogar. NOVA XENTILEZA DE ------------------------------------------------------------ |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|