UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    Humor Grandecheo: 'CHEGARÁS CORRENDO Ao TELÉFONO XUSTO A tempo PARA OÍR COMO COLGAN'

    Cambados 30 de xuño de 2009

    UN VECIÑO DE FEFIÑANS VIVIU 146 ANOS

    SEGUNDO FRAI BENITO JERÓNIMO FEIJOO E MONTENEGRO

    ASÍ OBRA NON SEU LIBRO “TEATRO CRITICO UNIVERSAL”

    Frai Benito Jerónimo Feijoo e Montenegro

    Frai Benito Jerónimo Feijoo e Montenegro (Casdemiro, Ourense, 8 de outubro de 1676  Oviedo, 26 de decembro de 1764). Ensaísta, sabio, polígrafo, galego, do século XVIII. Ata 1725, Feijoo non comezou a publicar as súas obras, case todas elas coleccións de opúsculos polémicos que chamou discursos (de discorrer, isto é, disertar libremente), verdadeiros ensaios se a liberdade do seu pensamento fose absoluta. Unha das súas obras neste xénero é “Teatro crítico universal”, integrada por oito volumes (118 discursos) publicados entre 1724 e 1739 (o título teatro debe entenderse coa acepción, hoxe esquecida, de «panorama» ou visión xeral de conxunto). No devandito libro no seu tomo I , Discurso XII, parágrafo 6 aparece o seguinte texto:

    “6. En Galicia morreu o ano pasado de 1726 un pobre labrador, chamado Juan de Outeiro, veciño que foi da Vila de Fefiñans, Arcebispado de Santiago; digno pola súa longa vida de máis longa memoria, e aínda de que se perpetúe o seu nome nas prensas. Para pescudar a súa idade, faltando libros, e demais instrumentos, non se achou outro testemuño, que o informe conteste dos máis anciáns co seu devandito; pois adoitaba afirmar, que cando se fabricou a Igrexa de S. Francisco de Cambados, ía diante do carro que conducía os materiais para a fábrica: e supondo, que polo menos tería entón, para poder acordarse, seis, ou oito anos, e que no devandito Templo áchase unha inscrición que di acabouse a obra o ano de 1588, inferise, descontando os seis, ou oito anos que tería, que naceu o de 1580, desde o cal, ata o de 1726, que faleceu por Maio, saen 146 anos de idade: e é digno de reparo, que o seu común alimento era pan de millo, e verzas cocidas, talvez algunha sardiña, ou ameixa: o seu agasallo extraordinario puchas de leite, e fariña de millo: carne de vaca só a comía algún día moi festivo: viño (aínda que lle bebía) rarísima vez pola súa escaseza de medios lográballe: e o que máis admiración fai é, que ata o fin dos seus días, sempre se manexou con firme axilidade, e tanta enteireza no xuízo, coma se tivese corenta anos.”

    Humor Grandecheo: 'Os PROBLEMAS NIN SE CREAN, NIN SE RESOLVEN, SÓ SE TRANSFORMAN'.

    Cambados 30 de Xuño de 2009

    A FESTA DO LUME

    ACTUACIÓN DE ISI VAAMONDE

    TEATRO ESCOLA MUNICIPAL

    ACTUACIÓN DE MARVEL

    Onte a partir das 20 horas tivo lugar no Pazo de Torrado “A festa do Lume” que incluia a actuación do cambadés Isi Vaamonde, cunha actuación moi  brillante, logo actuaron os rapaces  doTeatro Escola Municipal baixo a dirección de Noelia Toledano tamén estiveron a gran altura cunha performance transguesora que levaba por titulo “Litha”, e rematou a noite o grupo vigués Marvel. A festa tamén inclueu unha sardiñada gratuita, as actuacións musicais correron a cargo de Nova Producións.  Podes ver unha ampla reportaxe fotográfica en “As nosas fotos…”.

    Humor Grandecheo: 'SE MANTÉS A CALMA CANDO TODOS PERDEN A CABEZA, SEN DÚBIDA É QUE NON CAPTACHES A GRAVIDADE DO PROBLEMA'.

    Cambados 28 de xuño de 2009

    FELICIDADES RIF ROCK

    10 ANOS “AMBIENTANDO” CAMBADOS

    O PUB MÁIS DINÁMICO MUSICALMENTE FALANDO

    Este ano cumpre o Pub Rif Rock , con doble entrada pola Rua Infantas ou pola praza das "Terrazas" , o seu décimo aniversario, como diversos colectivos cambadeses queremonos unir a eles para felicitar este “pequeño” pero grande pub.  Hoxe por hoxe  é un referente en Cambados e na provincia de Pontevedra e ata nos atrevemos a dicir que en Galicia a hora de promocionar grupos musicais e solistas. Parabéns  e a cumprir moitas decadas máis. www.rifrockerz.blogspot.com .

    Humor Grandecheo: 'CANDO As COUSAS PARECEN IR MELLOR, É QUE PASACHES ALGO POR ALTO'. (Axioma de Chungo Paus Polos)

    Cambados 27 de Xuño de 2009

    “TREBOEIRO” DARÁ UN CONCERTO ESTE SÁBADO

     ORQUESTRA DE MÚSICA POPULAR GALEGA EN ARXENTINA

    Unha das formacións máis importantes para o mantemento da música tradicional galega en Arxentina, a Orquestra Treboeiro, estará de xira por Galicia entre os vindeiros 25 de xuño e 10 de xullo grazas a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. Esta formación musical fará unha para na vila de Cambados o sábado 27 de xuño ás 22.00 no Auditorio da Xuventude.
    Desde a emigración no país sudamericano, Treboeiro está dedicada á interpretación da música galega, con énfase especial naquela composta polos que tiveron que partir na procura dunha vida mellor
    Nesta actuación  revalorízanse as creación musicais, sexa nos xéneros ancestrais ou novos, propios da Galicia exterior, que os emigrantes xeran como identidade da súa especificidade cultural.

    Humor Grandecheo: 'O SEGURO CÓBREO TODO. MENOS O QUE CHE SUCEDEU' (Lei de Esoco Rede Sucuenta)

    Cambados 25 de xuño de 2009

    OS POETAS CANTAN A CABANILLAS

    O VINDEIRO VENRES TRES DE XULLO

    1.- Casa natal de Ramón Cabanillas en Fefiñans.- 2 Ramón Cabanillas.- 3.- Monumento a Ramón Cabanillas no paseo da Calzada de Cambados.

    A asociación de intervención sociocultural REDES ESCARLATA (http://www.redesescarlata.org/ ), á que nada relativo á lingua e á cultura galegas lle é alleo, en abril do 2008 celebrou en Padrón o 50 aniversario da coroación poética de Ramón Cabanillas, xunto con poetas das terras de Iria e de Cambados.

    Neste ano 2009 en que Cambados e a comarca do Salnés están a conmemorar o 50 aniversario do falecemento do poeta das Irmandades da Fala, as REDES ESCARLATA e os Poetas da Terra de Cambados queren cantar a Cabanillas na súa vila natal ovindeiro venres 3 de xullo. Este mesmo día do ano 1960 inaugurouse no popular paseo da Calzada o monumento que deseñara Francisco Asorey, formado por un cón do Monte da Pastora (coa dedicatoria de Vento mareiro a Cambados), sobre unha base de pedra do pinal de Tragove que cantara Cabanillas.

    O programa dos actos é o seguinte:

    1. Ás 20h concentración diante da casa natal do poeta (actual Casa-Museo Ramón Cabanillas, sita na rúa Novedades de Fefiñáns).

    Despois da saudación a cargo de Francisco Fernández Rei e da interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia polo gaiteiro (e presidente das Redes Escarlata) Xosé Antón Laxe Martiñán, farase un cortexo cívico con este percorrido: praza de Fefiñáns (popularmente praza do Mercado), rúa Real (pasando por diante da casa familiar de Cabanillas), praza de Asorey (onde está o monumento ó escultor da Naiciña e a casa modernista onde viviu Valle-Inclán), rúa do Príncipe e paseo da Calzada. No monumento farase unha ofrenda floral, en nome das Redes Escarlata e do pobo de Cambados.

    2. Ás 20,30h., no paseo da Calzada, haberá un recital poético e unha actuación musical, precedida da intervención de Luís Rei (cronista dos desterros e das saudades de Cabanillas ) e da intervención dun familiar do poeta.

    A seguir o escritor (e membro das Redes Escarlata) Anxo Angueira irá presentando as persoas que van recitar textos propios ou de Cabanillas:

    Polas Redes Escarlata recitarán Óscar Antón, Neves Soutelo, Xosé Luís Santos Cabana, Xaquín Silva, Xosé Antón Laxe Martiñán, Elvira Riveiro, Isaac Xubín, Xabi Xil Xardón, Iago Castro e Antón Dobao.

    Pola Terra de Cambados recitarán Emilio Insua, María Xosé Cacabelos, Manuel Costa Trigo, Xosé Ramón Martínez Cacabelos, Domingo Tabuyo e Xosé María Vila Ribadomar.

    Haberá tamén música (e poesía) a cargo de Leo de Matamá (membro das Redes); e finalmente o gaiteiro Laxe Martiñán interpretará o Himno Galego.

    3. Se chove farase a concentración na casa natal de Cabanillas, o cortexo e a ofrenda; pero o acto poético-musical trasladaríase ó Auditorio da Xuventude, sito na rúa San Francisco, a uns pasos da actual igrexa parroquial (antigo convento franciscano sobre o que versou en 1923 o tema da sesión inaugural do Seminario de Estudos Galegos, a cargo do seu primeiro presidente, o arraiano Armando Cotarelo Valledor).

    4. O Ilmo. Concello de Cambados colabora no acto poético do 3 de xullo en honra de Cabanillas coa achega de toda a infraestrutura necesaria.

    Fefiñáns (Mar da Arousa), 25 de xuño do 2009

    Francisco Fernández Rei

    (en nome das Redes Escarlata)

    Humor Grandecheo: 'CANDO TEÑAS As MANS CHEAS DE GRAXA, COMEZARACHE A Picar O NARIZ'. (Lei de Vayusté Pordiós)

    Cambados 25 de xuño de 2009

    TRES CAMBADESES REMATAN O CAMIÑO DE SANTIAGO

    BATIRON O RECORD MUNDIAL EN TEMPO TRANSCORRIDO

    EMPEZARON NO 2002 E REMATARON NO 2009. UN CAMIÑO MOI LONGO DE 737 QUILOMETROS.

     

    1.- Pepe Daporta , Fico e Chon nun descanso do Camiño no seu derradeiro tramo.- 2.- "A Compostela" que  acredita a peregrinación.

    A credencial do peregrino con todos os sellos ds etapas realizadas.

     

    Os tres cambadeses que veñen de rematar o camiño estes días son Pepe Daporta, Fico e Chon, despois de "sete anos facendo o camiño". Ben, este hai que explicalo polo miudo en realidade empezaron o camiño en Roncesvalles,  Fico e Chon o 08/06/02, deixando na Rioxa, no dous mil tres chegaron ata Fromista (Palencia), o 2004 e 2005  non se fixo camiño e no 2006 incorporase en Fromista, Pepe Daporta entre o 2006 e 2007 chegaron ata preto de Palas de Rei, no 2008 tampouco fixeron camiño e remataron este ano concretamente ó 24/06/09. En total en días foron 34, mais o menos dentro de media normal. Sen dúbida o paixase o camiño máis bonito están en Galicia, según nos comentaron os peregrinos.

    Humor Grandecheo: 'A ÚNICA VEZ QUE A PORTA PÉCHASE SOA É CANDO DEIXACHES As CHAVES DENTRO'. (Lei de Angustias Negro Destino)

    Cambados 25 de xuño de 2009

     GOGUE NOVAMENTE NUNHA PORTADA EN E.E.U.U.

    ESTA VEZ EN “LA PULGA MAGACINE” DE MIAMI FLORIDA

    Novamente o caricaturista  grovense de orixe cambadés Gogue  ven de ser portada cunha das suas sensacionais caricacaturas nunha remista americana . O seu particular Obama é portada do popular “La Pulga Magacine”, do cal a súa directora xeral Luz Ceballos di: “GOGUE, é un pracer coñecer o teu gran talento e un gusto que achas plasmado a túa arte na Pulga Magazine síntome moi satisfeita co teu fermoso traballo que pode coñecer grazas ao marabilloso mundo do internet.A caricatura de Obama gustou moito a todo noso publico aqui nos estados unidos. Moitisimos abrazos e esperamos que sigas connosco.”

    Gogue segue a levar o arte xenuino galego por todo o mundo a eiqui moita xente sen enterarse. “Vivir para beber” como diria Floreano. Novamente parabéns amigo Gogue. Máis información en www.buscalapulga.com

    www.myspace.com/lapulgamagazine .

    Humor Grandecheo: 'CANDO NECESITES ABRIR UNHA PORTA COA ÚNICA MAN LIBRE , A CHAVE ESTARÁ NO PETO OPOSTO' (Lei de Mecago Enlamar)

    Cambados 24 de xuño de 2009

    CONCENTRACIÓN EN CAMBADOS

    EN DEFENSA DA LINGUA

    O XOVES 25 DE XUÑO ÁS 20.30 HORAS NO PASEO DA CALZADA.

    As Anpas do Salnés, Casaescola, Candea, Departamento de Normalización Lengüistica, Coordinadora de ENDL do Salnés, ASPG, NEG, AGXPT,CCOO, CIG, UXT e SGTE, convocan os Cambadeses e a Comarca do Salnés en Xeral a participar nunha Concentración “En defensa da Lingua” e polo dereito de aprender en galego o vindeiro xoves ás 20.30 horas no Paseo da Calzada.

    Humor Grandecheo: 'TODO CORPO SENTADO NO INODORO FARÁ SOAR O TIMBRE DA PORTA'. (Lei de Nicagar Puedeuno)

    Cambados 24 de Xuño de 2009

    ALUMNOS DO ASOREY PREMIADOS EN CLIMÁNTICA

    CUN TRABALLO SOBRE RAMÓN CABANILLAS.

    CELEBREOUSE O DÍA 20 DE XUÑO EN PONTEVEDRA.

    Imaxe da entrega de premios no II Congreso CLMNTK celebrado en Pontevedra o sábado 20.

    Climántica é un proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa que se iniciou en setembro de 2006. Un traballo en equipo dirixido por Francisco Sóñora Luna e levado a cabo por diferentes expertos.

    No ies f. asorey participamos todo o departamento de Ciencias con distintos traballos na Web e nas aulas. Este curso gañamos un premio como centro e varios equipos de alumnos e alumnas de 1º e 4º de ESO participaron tamén a nivel individual no II CONSCURSO DE TRABALLOS ESCOLARES: clmntk 09.

    O equipo formado po Jessica Calo e Soraya Borrageiros, de 1º de ESO A gañou o primeiro premio de fotografía cunha presentación a partir dun poema de Ramón Cabanillas.

    O premio consiste nunha viaxe no veleiro “Nieves polas Rías Baixas e as Illas Cíes, Ons e Sálvora.

    Así explican as autoras o seu traballo no acto de recollida dos premios:

    O noso traballo consiste en representar mediante fotografías a importancia que ten a auga para a nosa vida.

    Nós, vós, toda a humanidade, e o resto dos seres vivos, precisan a auga para vivir, por iso hoxe, neste Congreso de Climántica, queremos ter presente a auga como un gran recurso preciso e necesario deste planeta.

    Nos tempos en que agora vivimos ese recurso tan necesario está en escaseza para moitas persoas, porque hai xente que a malgasta en cousas sen importancia.

    Este traballo foi realizado usando como punto de partida o poema de Ramón Cabanillas “Agoíña miragreira”, publicado en 1913, poeta cambadés ao que este  ano se lle están adicando numerosas homenaxes con motivo do 50 cabodano da súa morte. A música é de Vivaldi. Fíxose con fotos sacadas por nós coa axuda da nosa profesora Adela.

    I.E.S. FRANCISCO ASOREY-CAMBADOS

    Humor Grandecheo: TODO CORPO MERGULLADO NA BAÑEIRA FARÁ SOAR O TELÉFONO'. (Lei de Mevi Amatar)

    Cambados 24 de Xuño de 2009

    PREOCUPACIÓN NA ASOCIACIÓN POR DEREITO

    ANTE A INCERTEZA DA CONTINUIDADE DO AULA ESTABLE NO CEIP A LOMBA.

    Ante a incerteza da continuidade do aula estable, creada no colexio CEIP "A Lomba" no curso 2008-2009, "Por Dereito", busca a contrarreloxo, unha reunión co novo Conselleiro de Educación, co fin de chegar a un acordo que de continuidade no tempo, a este proxecto educativo.

    O obxectivo do aula estable é fomentar a inclusión e a participación de persoas con necesidades de educación especial, como Autismo e outros trastornos do desenvolvemento na educación ordinaria. O resultado desta experiencia durante este curso, foi extraordinaria. Todos os pais constatamos avances sobresalientes nos nosos fillos. Cousas tan “sinxelas” para nós como a autonomía, a iniciativa propia, a capacidade de decidir, etc.. é algo que xamais pensamos ver nos nosos fillos, e logo deste ano é un soño que comeza a facerse realidade. Os nosos fillos compartiron educación, cada un na súa clase, co resto dos seus compañeiros e á vez, recibiron apoio específico en determinadas horas da xornada no aula estable. Todo isto débese a unha suma de factores como son, a colaboración, implicación e traballo do profesorado do CEIP A Lomba, o traballo e coñecementos dos profesionais da Asociación BATA, e non menos importante, a implicación de todo o alumnado e pais do centro, que se converteron, en compañeiros, titores, pais e nais dos nosos fillos.

    En base a todo isto consideramos que a desaparición do aula estable, ou dalgún dos factores apuntados antes, suporía, un retroceso total e absoluto na educación e o proxecto de vida dos nosos fillos, así como do resto dos nenos, algo ao que nin pensamos nin podemos renunciar.

    Non podemos entender como un proxecto educativo innovador, que aglutina a todo tipo de persoas e converte contornas, antes segregados nunha única contorna, non conta co apoio total e absoluto das diferentes administracións e institucións. Unha vez máis, ante todo somos pais e polo tanto non entendemos que conceptos como ?público?, ?privado?, ?específico?, etc? poida impedir o proxecto de vida que queremos para os nosos fillos.

    Por todo isto, cremos que é necesaria e urxente unha reunión co conselleiro de educación que, estamos seguros, producirase en breve e na cal deberanse sentar unhas bases firmes para a continuidade e desenvolvemento deste gran proxecto educativo.

    MAIS INFORMACIÓN: ASOCIACIÓN POR DEREITO 679728094.

    Humor Grandecheo: NUNCA TE ESQUEZAS DE SORRIR PORQUE O DÍA QUE NON SORRÍAS SERÁ UN DÍA PERDIDO.

    Cambados 20 de xuño de 2009

    O PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA NOMEMADO “IRMANDIÑO”

    A IRMANDADE XURIDICA GALEGA NOMEOU A CHON POLOS SEUS MÉRITOS A PROL DO GALEGO.

    O ACTO TIVO LUGAR NO PAZO DE FONSECA

    Hoxe tivo lugar no Pazo de Fonseca o nomeamento de “irmandiños” por parte da Irmandade Xuridica Galega (IXUGA), baixo a presidencia do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Galicia Carlos Varela, do Teniente Fiscal de Pontevedra Benito Montero e do Maxistrado da Audiencia de Pontevedra Sr. Barreiro, o presidente de Unha Grande Chea “Chon” foille entregado o titulo de “Irmandiño” e a medalla que o acredita como tal.  Tamén foron nomeados entre outros o Maxistrado de Tribunal Supremo Luciano Varela, o funcionario Xexús Maria González e o letrado Sr. Estarque.

    Humor Grandecheo: "O TRABALLO EN EQUIPO É ESENCIAL: PERMÍTECHE BOTARLLE A CULPA A OUTRO."

    19 de Xuño de 2009

    CONCENTRACIÓNS NAS DELEGACIÓNS DE EDUCACIÓN

    O VINDEIRO MERCORES 24 DE XUÑO

    REXEITAMENTO DAS ENQUISAS SOBRE O USO DO GALEGO NO ENSINO

    O próximo mércores 24 de xuño ás 11 h haberá concentracións diante das catro Delegacións Territoriais da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, como rexeitamento ao proceso dos inquéritos ás familias sobre o uso do galego no ensino, polo que este supón de agresión á saúde da nosa lingua.

    Humor Grandecheo: "O MELLOR DE NON SABER FACER NADA É QUE SE TEN MOITO TEMPO LIBRE."

    Cambados 19 de Xaneiro de 2009
    MÁIS FOTOS DA CARREIRA
    TODAS AS FOTOS DOS CAMBADESES PARTICIPANTES
    COLGADAS EN "AS NOSAS FOTOS".
      
    Atopamos nunha páxina más de 500 fotos da I Carreira Ano Cabanillas 2009, nos seleccionamos a todos de Cambados que participaron na carreira e podes ver as mesmas en "As Nosas Fotos..." e baixo a epigrafe "I Carreira Ramón Cabanillas 2009".  De todolos xeitos se que res ver todas as fotos podes premer AQUI  e AQUI.

    Humor Grandecheo: "BIENAVENTURADOS OS QUE SE RIN DE SI MESMOS PORQUE NUNCA SE LLES ACABARÁ A BROMA."

    Cambados 19 de xuño de 2009
    VIDEOS PREMIADOS POLA MANCOMUNIDADE DO SALNES
    O VIDEO DO INSTITUTO ASOREY PREMIADO NO DE CENTROS DOCENTES
    UNHA GRANDE CHEA NON ACADOU PREMIO. 

             

              

    O Video colocado en primeiro lugar foi premio no apartado de Mozos, o video colocado en segundo lugar foi premiado na categoria de adultos no apartado de orixinalidade, o video colocado en terceiro lugar foi premio tamén na categoría de adultos pero no eido de promoción da comarca, e o cuarto foi premio no apartado de Centros Educativos e foi realiazado polos alumnos do I.E.S. Asorey de Cambados, e axudados un pouquiño polos profes. Debaixo as fotografias dos gañadores:

    Humor Grandecheo: "CALQUERA DECISIÓN QUE TOMES, SERÁ UN ERRO."

    Cambados 19 de xuño de 2009

    CABANILLAS, NO EXAME DE GALEGO DA SELECTIVIDADE PARA AGRADO DOS AROUSÁNS

    Preto de 300 alumnos do Salnés e Ulla enfróntanse estes días ás probas de acceso á universidade.

    Aos case 300 arousáns que se presentaban onte ás probas de selectividade esquecéronselle rapidamente os nervios cando viron a pregunta central do exame de lingua galega. Por nada menos que 3 puntos tiñan que explicar a vida e a obra de Ramón Cabanillas, poeta cambadés ao que este ano, ao celebrarse o 50 aniversario do seu falecemento, dedicáronselle unha chea de actividades culturais por toda a comarca do Salnés.

    Así que durante unha hora e media encheron como puideron páxinas e páxinas dos seus caderno pequeno “cada proba de selectividade escríbese nun” e confiaron naquilo que durante un curso aprenderon do "poeta dá raza". A sorte deulle unha pequena vantaxe aos 290 alumnos das comarcas do Salnés e Ulla que onte facían fronte ás temidas “pero non tan difíciles” probas de acceso á universidade.

    Repartidos entre as sedes de Santiago e Pontevedra, os mozos realizaron onte os exames das materias troncaís: lingua castelá e galega, historia ou filosofía (unha a elixir) e inglés. Hoxe xa cada un afrontará as probas propias da súa especialidade.

    O municipio que máis alumnos achega ás probas é Vilagarcía, por razóns de poboación, cun total de 147 persoas. Polo Bouza Brey acoden 20 alumnos, 51 polo Castro Alobre e 24 polo Cotarelo Valledor, todos a examinarse na sede de Santiago. En Pontevedra pola súa banda tócalle aos do Miguel Anxo González de Carril, con 52 alumnos. Na capital provincial tamén se examinan o instituto Ramón Cabanillas de Cambados (35 alumnos), o de Vilalonga (29), o de Monte dá Vila no Grove (23) e o da Basella en Vilanova (37). En Santiago, xunto aos 3 centros vilagarciáns afrontan as probas o Francisco Asorey de Cambados con 15 alumnos e o instituto de Valla con 14.

    En total, 290 persoas, un número que, como cada ano, viuse reducido con respecto ao curso anterior. Ás probas de xuño de 2008 acudiron do Salnés e Ullán un total de 316 persoas, unha mostra clara da evidente diminución de poboación universitaria algo do que, ano tras ano, advírtese desde as autoridades educativas.

    Mañá ao mediodía os últimos exames acabarían (aínda que algúns alumnos xa terminan hoxe) e os estudantes xa só terán que esperar polas cualificacións. Despois tocará botar contas para ver se teñen a nota suficiente para entrar nas súas carreiras preferidas e, logo, por diante ábreselles un longo verán no que desfacerse de todo a tensión acumulada estes días.

    Noticia recollida de www.farodevigo.es .

    Humor Grandecheo: "NUNCA SE PERDEN OS ANOS QUE SE QUITA UNHA MULLER, VAN PARAR A CALQUERA DAS SÚAS AMIGAS."

    Cambados 19 de xuño de 2009

    CONVERTEN A “CIBELINA” NUNHA MACETA

    A FONTE DE PRAZA COMPOSTELA DEIXA DE SELO.

    ERA ONDE CELEBRABAN OS TITULOS OS DO “MADRID”

    Hai cousas curiosas, anéctodas, trangresións  etc, pero o que acaba de ocorrer coa fonte da praza Compostela en Cambados non deixa de ser curioso. Os simpatizantes do “Madrid” que van o Bar Germán a este fonte chamanlle a “Cibelina”, porque e donde celebran os titulos os madridistas. Pero estes días a fonte apareceu cuberta totalmente de terra, o principio os madridistas pensaron que ere unha broma macabra dos barcelonistas, pero non o parecer foi unha decisión conxunta dos veciños e do Concello. E agora ¿onde van celebrar os titulos os do Madrid?

    Humor Grandecheo: "UN HOME SEN CALZÓNS É O ANIMAL MÁIS INDEFENSO DO MUNDO."

    Cambados 17 de Xuño de 2009

    O I.XU.GA. NOMEA “IRMANDIÑOS”   A XESUS Mª GONZALEZ E  A XAQUIN CHARLÍN

    O ACTO TERÁ LUGAR NO PAZO DE FONSECA O VINTE DE XUÑO.

    POLOS SEUS MÉRITOS CONTRAIDOS A PROL DO GALEGO NA ADMINISTRACIÓN DA XUSTIZA.

       

    1.- Benito Montero. 2.- Xoán Horro.- 3.- Xesús Maria González.- 4.- Xaqúin Charlin.

    A IRMANDADE XURÍDICA GALEGA (I.XU.GA.)e unha institución que  procura levar a cabo diversas  accións encamiñadas a fomentar o espírito normalizador do galego aos colexios de avogados, procuradores, notarios , rexistradores e funcionarios, o vindeiro día 20 de Xaneiro ten lugar o seu acto anual para imposición de togas e medallas  os novos “Irmandiños” que vai ter lugar no Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela, entre os nomeados están os funcionarios de xustiza Xaquin Charlín González con destino nos xulgados de Cambados e Xusús Mª González ainda que nado no Grove, tamén reside na vila cambadesa e con destino no Xulgado de Paz de Vilanova que recibirán cadan sua medalla.  Os meritos contraídos polos mesmos son a propagación e uso do idioma galego na xustiza tanto escrito como oralmente dende fai varios anos. Na acta fundacional desta Irmandade que tivo lugar en Foz no ano 2008, formaron parte da mesma dous cambadeses os Fiscaís Xoan Horro e Benito Montero.  Mais información sobre esta Irmandade premendo AQUÍ.

    Humor Grandecheo: "TODOS OS HOMES TEÑEN O SEU PREZO. ALGÚNS ESTÁN EN OFERTA."

    Cambados 16 de Xuño de 2009

    DOUS FUTUROS FENOMENOS DA GAITA

    ANXO E ROI XESTEIRA TIVERON O SEU BAUTISMO COMO GAITEIROS

    NO II SERÁN RAMÓN CABANILLAS 2009

    O II Serán Ramón Cabanillas deu para moito. Magoa aquelas pingas que cairon o final cando ia a actuar Bou de Bou, que despois o fixeron marabillosamente debaixo dos árbores, pero a sorpresa no palco ian a ser Anxo e Roi Xesteira , o final tamén o tiveron que facer abaixo pero non desmereceron, ata se atreveron co “Smajare” (Himno de Unha Grande Chea), a qui os podes ver no seguinte video:

     

     

      

    Humor Grandecheo: "O 25% DOS HOMES TEN PROBLEMAS PSÍQUICOS: ¡O RESTO ESTA TOLO!"

    Cambados 16 de Xuño de 2009

    MÁRTIRES DA TROULA

    (Un texto de Edu Apariz Chaves, un periodista en ciernes).

    Mártires da troula que percorren e revivien cada fin de semana o vía crucis da ebriedade e a camaradería.A Pastora vestida de Gólgota vixía dende a lontananza os rumores da súa esmorga; sofás e cómodas convértense, por imperativo de cónxuxes molestas,en escenario de contristado espertar e domingo de resurrección.

    Tornáronse semblantes rexios os rostros imberbes e cederon o seu lugar os ventres planos ás barrigas "cerveceiras", mais non mudou a necesidade sempiterna de purgar ,en vieiros empedrados, a alma enfurruxada; o desexo de soterrar, por unhas horas, o ruído,as penas e o teléfono.

    Nin cravos,nin letanías, nin cálices,nin coroas de espiño.

    Viño sen bendicir e amizade fóra de todo dogma.

    Marabillosa herexía.

    Apariz Chaves

    Texto e fotos recollida de www.cambadosenfotos.net donde podes atopar máis fotos dos martires da troula.

    Humor Grandecheo: "O AMOR É CEGO: SÓ O MATRIMONIO PODE DEVOLVERLLE A VISTA."

    Cambados 15 de Xuño de 2009

    II SERÁN RAMÓN CABANILLAS

    I CAMPIONATO DE FUTBOL INDOR 3X3

    ÉXITO DE PARTICIPACIÓN E DE PÚBLICO

    Anxo e Roi , tocando a gaita, os fillos de Xaquin Xesteira. Podes ver máis fotos en "As nosas fotos", baixo a epigrafe "II Serán Ramón Cabanillas"

    O sábado pasado tivo lugar o II Serán Ramón Cabanillas  e o I Campionato Futbol Indor 3x3 no Pazo de Torrado organizado todo elo polo Club Juventud de Cambados e pola Asociación Cultural Unha Grande Chea, os primeiros encargaronse do que era en si  o aspecto devortivo mentras que os segundos encargaronse de organizar o Serán. O Obxectivo era levar o Pazo de Torrado canto máis xente mellor para que as ventas tiveran salida tanto de comida como de bebida, todo elo en beneficio do Club Juventud de Cambados.

    Participaron no evento os seguintes grupos: Asociación Obradoiro Volandeira de Cambados, Pandereteiras da Asociación de Veciños de Oubiña, Asociación Cultural Con de Xido de Castrelo, Grupo Ataluns de Marcón, Ventiños de Oubiña, Cuarteto Tradicional Bou de Bou de Corvillón, Asociación Cultural Xironsa de Corvillón, Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa, Grupo Relinga, e a colaboración de Xaquin Xetesira e dos seus fillos Anxo e Roi, así como un grupo de amigos de Vilagarcia de Arousa. A todos eles moitas grazas e esperamos contar con todos o vindeiro ano.

    A salientar tamén a comida campestre, baixa o sombra das árbores do Pazo de Torrado, estabase como na gloria.

    Agradecer a colaboración das seguintes entidades: Concello de Cambados, Adegas Martin Codax, Adega Ouso da Torre, Adega Zárate, Adega A Capitana, Adega Castro Baroña,  Adega Lagar da Cachada, Adega Vento Mareiro, Gimnasio Vital Sport, Electricidade Salvador Cores, Talleres Pedreira e Depuradora José Maria Daporta e Hijos.

    Asimismo agradecer os fotografos particulares que nos cederon fotografias e por suposto a Paco, Mon e Eduardo que foron os asadores oficiais do churrasco.

    Seguro que ttivemos  fallos, polo que pedimos perdón e para o ano intentaremos correxilos. Se alguen quere enviarnos as súas fotos non ten máis que deirixirse ou ben a algún directivo de Unha Grande Chea  e se quere remitilas por e-mail a unhagrandechea@hotmail.com . Se queres ver fotos do 3x3 visita www.clubjuventudcambados.es  

    Mira a noticia en Faro de Vigo premendo AQUI.