UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
FELIZ ALBARIÑO 2007FELIZ ALBARIÑO 2007
Cando nos dispoñiamos a gozar do Albariño 2006, esta páxina, blog, bitácora ou como lle queirades chamar contaba con 25.000 visitas, e así o plasmamos nunhas camisetas o ano pasado, porque nos parecían moitas. Neste Albariño 2007 sobre pasamos as 70.000 visitas, a verdade que para catro cousas que conta esta Asociación do que pasa en Cambados, parécenos unha barbaridade. Pero todo isto e grazas a vos que nos seguides casique a diario dende diversos puntos de Galiza, dende diversos puntos do estado español e incluso dende sudamerica (un saúdo especial a noso amigo Domingo que nos segue dende Caracas), temos que dar tamén grazas os medios de prensa sobre todo a La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa, que de vez en cando achéganse polo nosa páxina e fanse eco das nosas novas. Se no lo permitides imos a seguir contándovos cousas que pasan neste fermoso pobo de Cambados e deste humilde Asociación. Neste tempo creamos o noso propio fotolog onde podedes ver fotos nosas do Albariño e do Entroido, creamos unha páxina de vídeos en you tube e unha páxina de música , as cales podedes visitar cando queirades, temos enlaces directos en cada nova que poñemos. Podes incluso baixar o único CD que temos editado coas nosas cancións do E-Mule poñendo no servidor global “Unha Grande Chea”.. En fin queridos amigos no meu nome e no da Asociación que represento quérevos desexar un Feliz Albariño 2007, e os que están fora non vos preocupar que nos volo contaremos en fotos. Unha aperta a tod@s.
SALVADOR CORES "FICO" PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA
O MUNDO O REVÉS ¿OU NON?O MUNDO O REVÉS ¿OU NON?
Estos dos simpaticos cans son a Nala e o Rex, que o s seus repsectivos donos o Xocas e Salva (Fico) están a intentar cruzar, a foto non deixaria de ter máis importancia ou curiosidade ca que que ten si non fora porque:
A posición está cambiada, mal poden chegar a un "bo acordo" desa maneira ¿Non creedes?
UN CABALEIRO DE ALTOS VÓSUN CABALEIRO DE ALTOS VÓS
Cando nos enteramos que Amancio Horro, ia a ser nomeado Cabaleiro do Capitulo Serenisimo do Albariño recibimos a nova con ledicia, porque xa era hora de que algún nomeamento de cabaleiro fora merecido e non partidista. Quen ia a decir que aquel chaval de aspecto tímido que andaba pola Juventud T.A.C., da que algúns da asociación formamos parte e nunca renegamos nin renegaremos a elo, ia a ser primeiro piloto militar , a algunha pasada ten dado por Cambados nun F-18, e logo todo un Comanddante de Vó, actualmente prestando os seus servizos en AIR EUROPA. Alegremonos de corazón que "un dos nosos" acade tal distinción. Desta vez si que o Capitulo Serenisimo chegou o ceo. ¡¡¡NORABOA AMANCIO!!! FOLLA DE PRATA MERECIDA
Tamén nos enteramos de que Fernando Pombo ia ser distinguido coa Folla de Prata do Albariño, merecidisima destinción. Fernando sempre foi un home que pese as discrepancias que tiveramos con algunha xente do seu partido, sempre o tivemos ahí para falar, para comentar cousas, asistir os nosos actos, asistir as nosas festas, sempre foi un home afable e dialOgante con nos, o que lle agradecemos sempre. ¡¡¡NORABOA FERNANDO!!! PEREIRO 10º NO TOUR Xa que estamos de noroboas queremolle dar tamén a noraboa a Oscar Pereiro, que tan brillante tour acaba de facer, e a ver se dunha vez por todas lle dan o que gañou. ¡¡¡NORABOA PEREIRO!!!
TREIXADURA EN CONCERTOTREIXADURA EN CONCERTO
Xa que este ano non imos a ter de concerto en Cambados (se axceptuamos a actuación no Centro Cultural de Oubiña) dos nosos admirados Treixadura, UNHA GRANDE CHEA TV, trainos tres videos dos nosos mellores gaiteiros e o seu orféon, esperemos que disfrutedes deles.
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina
BORRON 4 NOVA EXPOSICIÓN.BORRON 4: NOVA EXPOSICIÓN.
A Galería Borrón 4 foi fundada por Luís Fernández Silvoso, en 1998, co fin de fomentar e impulsar o desenvolvemento das novas tendencias da arte actual galego. Para a difusión destas emerxentes propostas participa en Feiras de Arte, intercambia artistas con outras galerías nacionais e organiza unha media anual de nove exposicións, fundamentalmente de escultura, pintura e novas tecnoloxías, de artistas contemporáneos e de vangarda. Borrón 4 centra a súa atención na promoción de mozos creadores. O pasado 27 de Xulio tivo lugar a presentación da Exposición Colectiva de Verán, na que participan os seguintes artistas:
PINTORES: FRANCISCO RECUERO, JOSÉ LUIS VILLAMIL, JULIO SANJURJO Y BALDO RAMOS.
ESCULTORES: JESÚS CURIÁ Y MARCOS JUNCAL.
JESUS CURIA MARCOS JUNCAL GALERÍA BORRÓN 4. Av. Galicia, 39 Cambados (Pontevedra) Telf. 986.52.01.22. borron4@terra.es HORARIO: De martes a sábado de 11,30 a 14,00 e de 18,30 a 21,30.
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
www.cambadosenfotos.net
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . OS HARRAIS DE UNHA GRANDE CHEA NO CONCERTO DE LAMATUMBA EN RIBADUMIAOS HARRAIS DE UNHA GRANDE CHEA NO CONCERTO DE LAMATUMBA EN RIBADUMIA
Así aparecen desta guisa no Faro de Vigo os Harrais de Unha Grande Chea no concerto de Lamatumba en Ribadumia, por certo un concerto maravilloso, a pena é que non se poida repetir este ano no Albariño en Cambados.
O XOCAS E TELEFONICAO XOCAS E TELEFONICA
O "Xocas " aparte de ser o noso gaita maior (en ausencia do Mestre Xesteira) é tamén o noso "cerebro" do grupo e ten cousas a veces de xenio esta conversa que vades ler pasouelle a él o outro día actuando de cómplice a súa muller Anxeles: De amarelo: a operadora de Telefonica Movistar
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
www.cambadosenfotos.net
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA: VIDEO SOBRE A LERIAUNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA: VIDEO SOBRE A LERIA
Co permiso da súa autora ANTIA CACABELOS, amosamosvos un video feito por ela, que resume nuns minutos de xeito preciso cal é o ambiente da Leria , obviamente falta moita xente pero ANTIA soubo reflectir a súa particular visión sobre un dos mellores establecementos de Cambados.
Esta é Antia Cacabelos:
Esta é o video que presentamos da mesma:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
Se queres ver máis videos de ANTIA esta é a súa dirección en you tube: http://youtube.com/yoyyo07 .
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
www.cambadosenfotos.net
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . ¡¡¡PEATONILIZACIÓN DA RUA ISABEL II NO ALBARIÑO, XA¡¡¡¡¡¡PEATONILIZACIÓN DAS RUAS ISABEL II E CASTRIÑO NO ALBARIÑO, XA¡¡¡
Rúa Isabel II. Hai veces que non entendemos os criterios que se seguen para peatonilizar rúas no Albariño por parte da Policia Local de Cambados. Unha das rúas máis carismáticas e que ainda conserva ese sabor de "ir de viños" é a Rua Isabel II, que precisamente nos días do Albariño adquire unha importancia escpecial. Ali atopanse o Bar Silva, Tetúan e no Albariño tamén sempre abre o mítico Bar Piñeiro, polo que se xunta sobre todo nas noites do venres e sábado unha grande cantidade de xente, que ten que andar apartarse cada vez que pasan coches, que por certo van sair sempre o mesmo sitio, ou sexa que non ten practicamente saida ningunha, a veces ten habido máis de un incidente. Solicitamos do Xefe de Policia Local Sr. Duarte (sabemos que é asiduo visitante desta páxina) , que teña a ben cando faga o "plaining" que seguro ha de estar a preparar para o Albariño, declare zona peatonizable as rúas Castriño e Isabel II. Engadir ademáis que na Rua Castriño a certas horas da madrugada xuntase tal cantidade de xente na praza que nos denominamos a Quintana que é imposible que pasen os coches e se pasan sempre con perigo para os que ali toman viños (para exemplo a foto dabaixo).
Rúa O Castriño tamén vulgarmente coñecida como A Quintana
PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB JUEVENTUD CAMBADOSPRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB JUEVENTUD CAMBADOS
Onte, día da patria galega, tivo lugar no Campo Municipal de Burgans a presentación do Club Juventud de Cambados, o acto estivo presentado por Pacho Oliveira, quen despois de facer unha breve presentación de todos os xogadores ún por ún, deulle a palabra o Presidente Ricardo Charlin "Richar", quen brevemente expuso os obxectivos do Cambados neste tempada e entre eles non se descarta o ascenso, "pero hai que ter os pes no chan" e traballar moito. Seguidamente Pacho deulle a palabra o novo entrenador Eduardo Carregal, quen dixo que non ia a prometer máis que traballo e esforzo tanto por parte do corpo técnico como dos xogadores. Rematou o acto cun sentido "Hala Cambados". Logo tiveren unha pequena sesión de entrenamento. O vindeiro martes as nove é a presentación do Cambados B, no Campo Municipal do Pombal.
Os máximos responsables do Cambados, este ano tanto na dirección do club como na técnica: Richar e Carregal. Tamén, como non, estivo presente UNHA GRANDE CHEA TV, quen elaborau unha reportaxe fotográfica que podedes ver a continuación:
Para un mellor son apaga a canción en audicción o remata da páxina.
25 DE XULLO: DIA DA PATRIA GALEGA25 DE XULLO: DIA DA PATRIA GALEGA
Perante un día tan sinalado para nos e coidamos que para todos os galegos non queremos deixar pasar esta ocasión para amosarlle, ainda que sexa xinxelamente, o noso agradecemento a nosa patria a Nosa Nai, a Nosa Señora. O noso respeto a bandeira de Galiza. Como música de fondo escoitaredes o himno galego que soará ata o vindeiro venres e escollemos tamén para rematar esta homenaxe un poema do noso admirado escritor cambadés D. Ramón Cabanillas Enriquez que escribie no ano 1917 e que aparece no libro “Da terra asoballada”, un canto a bandeira galega “En pé”, e que tan ben musicou un dos nosos mellares cantantes de música galega e membro de Unha Grande Chea: Xoan Silva.
Irmáns! En pé, sereos, a limpa frente erguida, envoltos na brancura da luz que cai de riba, o corazón aberto a toda verba amiga, e nunha man a fouce e noutra man a oliva, arredor da bandeira azul e branca, arredor da bandeira de Galicia, cantémo-lo dereito a libre nova vida! a noite da Frouseira á patria escravizaron uns reises de Castela. Comestas polo tempo, xa afloxan as cadeas… Irmáns asoballados de xentes extranxeiras, ergámo-la bandeira azul e branca! e ó pé da enseña da nazón galega cantémo-lo dereito a libertar a Terra! de lexendaria historia, en pé! en pé dispostos a non morrer sin loita! O día do Medulio con sangue quente e roxa mercámo-lo dereito á libre honrada chouza! A oliva nunha man, a fouce noutra, berremos alto e forte: “A nosa terra é nosa!” Ramón Cabanillas |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
|
Visita os nosos videos en | |
|
Visita as nosas fotos en: | |
|
Visita a nosa música en: | |
|
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita |
www.cambadosenfotos.net |
|
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
|
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . | |
A emprendedora e dinámica Iria Ribadomar, a cabeza visible de POLONOSO proponos a todos os cambadeses a celebración dunha comida paralela o domingo do Albariño no Parque, concretamente a proposta consiste en """que ese dia había que empezar coa tradición de comer no parque, tipo romaría tradicional ou algo así. Para facer a contra-comilona. Para que a xente se apuntara habería que traer cousas gratis ( donacións de hosteleiros ou particulares) pero para empezar, hay que corre-la voz para que aínda que sexa levando a comida, vaiamos bastante xente. Nos xa o vamos a facer fijo, comentádeo, podía estar ben."""
|
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
|
Visita os nosos videos en | |
|
Visita as nosas fotos en: | |
|
Visita a nosa música en: | |
|
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita |
www.cambadosenfotos.net |
|
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
|
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . | |
SERENGUETI- SALNESGUETI
Todos os anos por estas datas, cando a calor do verán íspenos e acaríñanos, unha chamada profunda invítanos a levantarnos, empeza a conta atrás da gran migración.
Polas chairas do Salnesgueti, o nerviosismo empeza a notarse. No cráter do Ngorogorozao, xa se están organizando os grupos para a gran marcha. É unha gran estrea para moitos deles, saen do oasis ao campo aberto por primeira vez e non temen ser devorados.
Un acontecemento de excepcional importancia fai mover mandas completas de seres vivos en busca da enerxía necesaria para continuar a viaxe da vida. Esa migración, vital para as súas vidas, é causada por ese líquido imprescindible sen o cal a vida sería totalmente cuestionable, polo menos do xeito que hoxe a entendemos, o Albariño Rías Baixas.
O mismísimo fillo de Deus, non podería realizar a súa última cea sen ese líquido dourado na que todos beberon Albariño Rías Baixas, menos Judas que non se sabe o que bebeu. Á vista de tales acontecementos históricos demóstrase que o albariño é bo para o espírito e a tolerancia.
O recente descubrimento dun pergamiño atopado na casa de Don José, demostrou esta teoría do albariño, tendo en conta do desengano que sufriu o fillo do Xefe nas vodas de Canan co primeiro viño, remediándoo co segundo como din as sacras escrituras con albariño. Entre os invitados había alguén de Cambados.
Os mamíferos, compón case en exclusivo a gran procesión e peregrinaxe ás fontes e ao lugar onde mana o albariño. Auténticas riadas de toda clase de fauna, seguen anualmente a chamada que se fai desde Cambados, santuario da inspiración e a festa. É o momento propicio para espertar a lívido, é un momento óptimo para a Xeorxia e o Desenfreo.
E entre os mamíferos chegan os grandes depredadores, menos interesados nas causas da migración, pero se nos que a realizan, por que seguro que algunha peza caerá entre as súas garras, saben que as e os mamíferos, unha vez mamados, perden os reflexos e a percepción do perigo. Visten elegantes, son simpáticos, educados, lentes de sol e roupa de marca, estudan á presa antes de atacala, atacan ata conseguir algo, nunca se dan por vencidos. Moi perigosos. Beben coca cola.
Os carroñeros non desperdician os restos dos depredadores, non lles importa que os mamíferos non estean en condicións óptimas é a súa oportunidade e non a pensan desaproveitar, comerán o que atopen. Aproveitan o que os depredadores non queren, non lles importan que non teñan as condicións físicas perfectas, ao contrario prefírenos con inconvenientes .Son mais fáciles. Visten de calquera xeito, son descoidados, van de pasotas pero esperan a súa oportunidade para comer, son moi abundantes é mais fácil defenderse deles, pero tamén son perigosos. Mostran certo interese polas causas da migración. Proban o viño.
Os grandes saurios, como os carroñeros tamén llo comen todo, pero son traizoeiros e moi perigosos. Escóndense pacientemente durante moito tempo, é posible que algún non coma desde a anterior migración, camúflanse moi ben e son lentos ata o momento de actuar, no que unha vez seleccionada a presa actúan como un resorte. Tamén menten con tal de conseguir meter algo entre os seus dentes, válelles todo. Coñéceselles polo seu aspecto físico, grandes cicatrices, boca grande e con empastes. Abundan menos que os grandes depredadores e os carroñeros. Están interesados polas causas da migración, e son espectadores de todo. Toman moito albariño, algúns tamén cervexa.
O cánidos, comen moi aprisa, están en todas as partes compiten con todos os anteriores, adoitan imitar aos depredadores pero non compiten con eles, fáltanlles táboas, son menos perigosos, normalmente non producen feridas mortais, os mamíferos aprenden con eles para poder defenderse mellor dos outros. Son finos, elegantes, falan moito e divertidos. Non son perigosos. A migración para eles é motivo de festa e é o que mais celebran, as presas non teñen gran importancia para eles, pero se hai que comer come. Beben de todo.
Os especialistas, de especie incalificable, como o seu nome indica, saben moi ben o que queren, son fríos, calculadores, insensibles, localizan á victima exacta e non paran ata que a cacen, son moi rápidos, encántalles a carne, non poden vivir sen devorar algo. Cando a conseguen se desmotivan, van a por outra. Nin idea do que beben, pero posiblemente só auga.
E todos eles, mamíferos, canidos, saurios, carroñeros, depredadores e especialistas, forman a gran marea que vai alagar Cambados durante a gran migración que todos os anos no primeiro domingo de Agosto, concentra a maior cantidade e diversidade de fauna das Rías Baixas e por suposto do mundo.
Cambados para beber, comer, bailar e gozar, momentos para o sexo, viño e rock and folk.
E ao que non lle guste algunha destas cousas…....quédanlle os museos, ou ser cocellala de cultura.
Pepe Daporta
(Escribiu este artigo para o especial do Albariño do ano pasado de Faro de Vigo que hoxendia ven o pelo).
|
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
|
Visita os nosos videos en | |
|
Visita as nosas fotos en: | |
|
Visita a nosa música en: | |
|
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita |
www.cambadosenfotos.net |
|
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
|
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . | |
|
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
|
Visita os nosos videos en | |
|
Visita as nosas fotos en: | |
|
Visita a nosa música en: | |
|
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita |
www.cambadosenfotos.net |
|
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
|
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . | |
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador vista
www.cambadosenfotos.net
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .
Entre Pedro Rial e Touris, Canciler e Copeiro Maior do Capitulo Serenísimo do Albariño “ se lo guisan y se lo comen” o do nomeamento dos Cabaleiros, fanos a maioria das veces por razóns políticas, as menos por razóns de promoción do viño (a artistas e personaxes públicos ) e algunha que outra vez por mérito como é o caso deste ano o notario Sr. Dopico. Pero ata o de agora nunca nomearon a ninguén que non fora da súa corda , simpatizante, militante ou cargo politico do Partido Popular. Nos dende fai tempo vimos reivicando que hai duas peroas en Cambados totalmente discriminadas e si que por méritos propios debian de ser cabaleiros e son:
Luciano Amoedo é o enologo da bodega Martin Codax, e dirixe tamén o Departamento de I+D en colaboración coas universidades galegas. Luciano diplomouse en Enxeñeria Ténica Agrícola e máis tarde especilizouse en Viticultura e Enología. Na súa faceta de catador, forma parte do Comité de Cata da Denominación de Orixe “Rias Baixas” desde o seu comenzo
Ademáis participa en Comites de Cata tanto de ámbito nacional como internacional (Silleda, Burdeos…) e imparte cursos de cata e enoloxia. Foi xerador e promotor da Denominación de Orixe “Rias Baixas” e ún dos socios fundadores da cooperativa e das Bodegas Martin Codax. Luciano tamén e enologo de infinidade de Bodegas de Albariño e doutros viños e está considerado por especialistas consumados como unha das persoas que máis sabe do Albariño na actualidade. Para maior abundamento lede unha das poucas entrevistas que ten concedidas neste link http://www.revistafusion.com/galicia/2003/junio/entrev117-2.htm .
O outro é Xoán Antonio Pillado Silvoso, é natural de Fefiñáns, profesor en Castrelo e licenciado en xeografía e historia pola UNED. Foi o primeiro alcalde elixido democraticamente en Cambados, desempeñando o cargo entre 1979 e 1987.
É o unico Alcalde de Cambados vivo que non é Cabaleiro do Albariño. Leer esta interesante entrevista con Xoan publicada no Faro de Vigo no seguinte link http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2983&pIdSeccion=17&pIdNoticia=134257 .
O gran pecado que cometeron os dous foi haberse definido de esquerdas e nacionalistas i eso por Touris non pasa.
Despois, ven un inglés calquera por ahí danlle ben de comer e de beber , fala ben de Cambados na súa revista denominada "Living Spain", que a leen catro pelagatos, e ala Cabaleiro do Albariño. Hai que ser un pouco máis ecuánimes Sr. Rial.
A revista "Living Spaien" e Pedro Rial
|
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
|
Visita os nosos videos en | |
|
Visita as nosas fotos en: | |
|
Visita a nosa música en: | |
|
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita |
www.cambadosenfotos.net |
|
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
|
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . | |
|
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
|
Visita os nosos videos en | |
|
Visita as nosas fotos en: | |
|
Visita a nosa música en: | |
|
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita |
www.cambadosenfotos.net |
|
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
|
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . | |
O cartel deste ano do Albariño tardou en chegar pero parecenos un acerto pleno, porque en sete fotos resume a historia da Festa do Albariño, quizais máis apropiado para o L aniversario, pero bueno parecenos unha boa homenaxe os que fixeron que a nosa festa sexa uha das de máis sona en Galiza. Tamén nos parece, ainda que tarde, unha homenaxe e un home e unha muller que foron santo e seña do Albariño en Cambados, a ainda que en vida non se lle recoñeceu por parte do concello a súa aportación a festa, e son Benito Silva e a súa dona, que tamén saen nuha das fotografias. Noraboa de verdade o autor do mesmo. Ainda que a nos, os de UNHA GRANDE CHEA nos gustaria que o cartal fora así:
|
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
|
Visita os nosos videos en | |
|
Visita as nosas fotos en: | |
|
Visita a nosa música en: | |
|
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador vista |
www.cambadosenfotos.net |
|
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
|
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . | |
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador vista
www.cambadosenfotos.net
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .
Lo primero que nos llama la atención de Miguel es su enorme parecido con Che Guevera y según nos comentó "Tito Moncho", como conocen sus sobrinos a nuestro querido Ramón, es que efectivamente el "Che" no le cae nada mal. Además también nos confesó "Tito Moncho", que Miguel, que reside en la inmediaciones del Sánchez Pizjuán, es un sevillista empedernido, por lo que le damos la enhorabuena por las mágnificas campañas que ultimamente viene realizando el club de sus amores. Otro de los grandes amores de Miguel es la tierra de su madre Galicia y por supuesto Cambados, tierra natal de su bisabuelo, nuestro gran admirado "Poeta da Raza" D. Ramón Cabanillas Enriquez. Miguel esperamos verte pronto por Cambados y disfrutar de un buen vino Albariño en el Pandemonium. Un abrazo de tus amigos de UNHA GRANDE CHEA.
ESTE ESPACIO HA SIDO ESPECIALMENTE PATROCINADA POR
|
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” | |
|
Visita os nosos videos en | |
|
Visita as nosas fotos en: | |
|
Visita a nosa música en: |
http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA |
|
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
|
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . | |
|
|