UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
O ALBARIÑO XA CORRE POLAS NOSAS VEAS.Cambados 1 de Agosto de 2008 - FESTA DO ALBARIÑO 2008 -
O SECRETO DE BONEY M ESTÁ NA PERRUCA.
ESTE SI QUE FOI UN XOVES DE ALBARIÑO
ALGÚNS EMPÉÑANSE EN SEGUIR FACENDO POLÍTICA NA FESTA.
1.- O Secreto de Boney M está na perruca. 2.-Alberto e Mariano viñeron a facer politica a festa. (Foto Martina Miser).-3.- Un momento do pase que fixemos diante do Bar Silva.
O Xoves do Albariño deu para moito empezando por Mariano e Alberto que viñeron a facer política pola mañá, xa á tarde descubrimos o secreto mellor gardado de Boney M é non é outro que a perruca do macho. Temos vídeos e fotos da actuación de Boney M, o vídeo preparámolo máis para diante, a actuación non deixou indiferente a ninguén, exenta de toda calidade, porque era en play back, pero para idade que teñen animaron a festa. Despois continuamos a festa coas gaitas tanto diante de nosa sede oficial o Bar Silva, como no Bar Piñeiro e tamén nos postos. En definitiva un bo xoves de albariño. As fotos deste día están colgadas en "Mais Álbums". Tamén podes ver un video da actuación de Boney M en Cambados na seguinte ligazón: http://es.youtube.com/watch?v=TQEYnVeix-w colgado por
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
------------------------------------------------------------
Cambados 1 de Agosto de 2008 - FESTA DO ALBARIÑO 2008 - OSCAR PARDO ENTREVISTADO NA VOZ A MITICA PAXINA VOLTA A COLLER FOLGOS www.cambados.tk , TODO UN SÍMBOLO PARA CAMBADOS. 1.- Oscar nunha foto de Martina Miser.- 2.- Neste albariño cos seus amigos.3-Onte xoves con Chon de Unha Grande Chea. Este rapaz, xa cada vez menos rapaz e maís home , foi un dos grandes impulsores da rede de redes en Cambados, animou o cotarro informártico na vila compaxinando a páxina www.cambados.tk cos seus estudos, a Voz faille unha entrevista que podedes ler completa na seguinte ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/08/01/0003_7027767.htm?idioma=galego ------------------------------------------------------------ Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf ------------------------------------------------------------ Cambados 1 de Agosto de 2008 - FESTA DO ALBARIÑO 2008 - UNHA CAMISETA ORIXINAL EDUARDO APARIZ É O AUTOR DA FOTOGRAFÍA PODES VELA MOITO MÁIS AMPLIADA EN www.cambadosenfotos.net 1.- Foto de Eduardo Apariz para a camiseta desta pandilla. Mel, Sergio,Iago, Edu, Borja, Josiño entre outros, son os que van levar unha das camisetas máis orixinais deste Albariño 2008. Unha fotografía de Eduardo Apariz ( www.cambadosenfotos.net )é a que serve para ilustrar a mesma, aínda que tamén pola parte de atrás ten a súa lectura. ------------------------------------------------------------ Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf ------------------------------------------------------------ Cambados 31 de Julio de 2008 - FESTA DO ALBARIÑO 2008 -BÚSCANSE EXTRAS PARA UNHA PELICULA EN CAMBADOS
"AGALLAS" É O SEU TITULO , DE CONTINENTAL FILMS
PARA RODAR UNHA ESCENA EN SANTA MARIÑA.
1.- Carmelo Gómez.- 2.- Hugo Silva.- 3.- Ruinas de Santa Mariña.
A produtora Alen Films púxose en contacto con Unha Grande Chea para buscar extras para unha película chamada "Agallas" de Continental Films e protagonizada polos popularísimos Carmelo Gomez e Hugo Silva. As persoas interesadas terán que estar comprendidas nunha banda de idade entre os 30 e 60 anos, e terán que estar dispoñibles o xoves día 7 de Agosto dende oito da mañá a oito da tarde para rodar unha escena no Cemiterio de Santa Mariña. Interesad@s deberedes dirixirvos a María teléfono 625515433.
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
------------------------------------------------------------
Cambados 31 de Julio de 2008 - FESTA DO ALBARIÑO 2008 -
ALBARIÑO: PARA SER MÉRCORES NON ESTIVO MAL.
BEAT ROAD, QUINQUILLANS E AS PUNTAS FORON A ATRACCIÓN DA NOITE.
HOXE IREMOS VER A BONEY M, OU OS RESTOS QUE QUEDEN DO GRUPO.
1.- Os Quinquillans en plena actuación polas rúas cambadesas. 2.- Beat Road facendo gozar os asistentes 3.- Nas portas de Leria estaba o xogo das puntas.
Un mércores que deu bastante de si, como sempre quedamos na nosa sede oficiosa o Bar Silva para comezar o percorrido polos postos. A noite estivo animada polos Quinquillans e xa na praza do Concello os afeccionados os Beatles puideron deleitarse coa actuación de Beat Road, que veñen sendo Nestor Blanco, familia e "El bosque ambulante" que como todos lembrades foran os grandes animadores da Noite Beatles en Discoteca Zao fai dous anos organizada por Unha Grande Chea. Rematamos na Leria gozando dunha grande sesión de puntas. Hoxe San Albariño dirá o que nos depara. Coma sempre goza das nosas fotos en "Mais Albums".
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
------------------------------------------------------------
Cambados 31 de Julio de 2008 - FESTA DO ALBARIÑO 2008 -
DESPREGABLE, NA RÚA A DESTACAR A ENTREVISTA A RODESIO DE CHOURIZO FILMS
E TAMÉN A ENTREVISTA A LUIS DAVILA.
1.- Portada do Nº 18 de Despregable.- 2.- Rodesio, un dos entrevestados.- 3.- Luis Davila.
Estes días sairá da imprenta o despregable nº18. Moitos traballiños pasaron para sacar este número, que sae, con un mes de 31 días de retraso... "all we need is time". --------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
------------------------------------------------------------
O II FESTIVAL DE SOLIEDARIDADE CO POBO SAHARAHUI TROCA DE LUGAR. VAISE CELEBRAR NA PRAZA DE PAIXEIRIA EN VEZ DO EXTERIOR DO AUDITORIO 1.- Trópico de Grelos . 2.- Shanga Noeda.
Comunicanos a xefe de prensa do II Festival Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que se troca o lugar onde se ia a celebrar o festival, e en vez do Exterior do Auditorio vilagarciá, vai ser na Praza da Peixeria. Un bo festival para unha boa causa. ------------------------------------------------------------ Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf ------------------------------------------------------------ Cambados 31 de Julio de 2008 - FESTA DO ALBARIÑO 2008 - A SAGA XESTEIRA CONTINUA OS SEUS FILLOS E SOBRIÑO SON GARANTES DELA PONTEARNELAS FOI TESTEMUÑA. 1.- Xaquin cos seus fillos e seu sobriño en Pontearnelas (Foto A voz de Galiza).- 2 e 3.- No nadal con Unha Grande Chea. A estas alturas todos coñecemos a calidade humana e musical do mestre Xaquín Xesteira, e como lle trata de inculcar os seus os valores tradicionais da nosa terra e as nosas costumes, e así o podemos ver na festa de Santa Marta, despois de actuar cos Faiscas , como goza tocando a gaita nun bar calquera na compaña dos seus fillos e do seu sobriño, as cales tamén son asiduos do Nadal con Unha Grande Chea. A estirpe non se perde e está ben asegurada na saga Xesteira. ------------------------------------------------------------ Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf ------------------------------------------------------------ POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA , UN MEMBRO DE UNHA GRANDE CHEA É PREGOEIRO DUNHA FESTACambados 30 de xullo de 2008 - FESTA DO ALBARIÑO 2008 -
SAN ALBARIÑO, O NOSO PATRÓN, SANTO DE SANTOS.
SUAREZ CANAL, MEDIO RURAL, E RUBEN LOIS, TURISMO, INAUGURAN A FESTA
TAMÉN ESTIVERON PRESENTES, MONTSE PRADO, TOURIS, LOUZÁN E O PRESIDENTE DO CONSELLO REGULADOR. 1.- Suarez Canal, Ruben Lois, o Presidente do Consello Regulador, Touris e Louzán, cortando a cinta. 2.- O gran protagonista destes dias, o presidente de Condes de Albarei, Guillermo Fernández co presidene de Unha Grande Chea "Fico". 3.- O Secretario de Unha Grande Chea "Chon", departindo co Conselleiro Suárez Canal.4.- Os rapaces da prensa, os que nunca saen nas fotos, entre outras cousas porque as quitan eles.
Sobre das catorce horas procedíase a inauguración do LVI Festa do Viño Albariño en Cambados, da man do Conselleiro de Medio Rural e do Director Xeral de Turismo. Alí estaban todos os persoeiros importantes do pobo e representación de case todas as peñas albariñenses, en especial Unha Grande Chea. Numeroso público e prensa déronse cita para ver como as autoridades cortaban a cinta e inauguraban o recinto feiral. O pasa rúas estivo da man de Con de Xido. Fotos da inauguración en "Mais Albuns" baixo a epigrafe "Mercores Albariño 2008" . Se alguén non quere que se publique a foto donde el sae non ten máis que mandarnos un correo e inmediatamente será retirada.
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf ------------------------------------------------------------ Cambados 30 de xullo de 2008 - FESTA DO ALBARIÑO 2008 -
HOXE INAUGURASE A MELLOR FESTA DO MUNDO
O ALBARIÑO É PARA OS CAMBADESES O "SÚMMUM"
O CONSELLEIRO SUÁREZ CANAL INAUGURA A FESTA.
1.- Foto do Albariño de 1987 nela podemos ver a Benito Iglesias, Jorge Castiñeiras, Suso Pombo, Mon Vieites, Chon, Fico e....Hadrián no colo do pai. 2.- Unha Grande Chea con Súarez Canal na inauguración do Albariño de 2006.- 3.- O Bar Piñeiro volta a abrir as portas polo Albariño con Manuela Aragunde o cargo, un lugar emblemático para tomar un Albariño.
Xa está aquí xa chegou, o tan ansiado Albariño comeza hoxe a súa andaina ata o domingo, todo Cambados ten unha ilusión enorme nesta festa, é a festa que nos une a todos, aínda que algúns estean empeñados en separarnos, é a festa cambadesa por excelencia. Os Cambadeses que estades foro non vos preocupar iremos contando a festa dende esta humilde páxina. Hoxe aparte de inauguración que correrá a cargo do Conselleiro de Medio Rural Alfredo Suárez Canal, actuarán o Grupo de Teatro os Quinquillans polas Rúas de Cambados e o grupo Beat Road especialista en Beatles. Para Unha Grande Chea é a festa por excelencia é a única peña que sae todos días do Albariño a tope, de tódolos xeitos os anos non perdoan e cada vez costa mais, pero a base de esforzo levámola festa. ¡¡¡Felicidades a tod@s!!! . Podedes ver fotos do Martes vespera de Albariño en "Máis Albums", feitas no único bar que estaba aberto o "Bar Piñeiro".
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
------------------------------------------------------------
Cambados 30 de xullo de 2008 - FESTA DO ALBARIÑO 2008 -
MANOLO PAZ EXPÓN NO COLEXIO DE FONSECA
O ESCULTOR INTERNACIONAL CAMBADES NA UNIVERSIDADE
“A RAREAR “ É O TITULO DA EXPOSICIÓN.
1 e 2.- Unha das mellores obras de Manolo "Bosque de Menhires" e 2.- Dia da inauguración da exposición.
Ata mediados de outubro, as esculturas máis emblemáticas e persoais de Manolo Paz tomarán residencia nos xardins de Fonseca. En colaboración coa galería compstela SCQ e a Vicerretoria de Cultura da USC, a obra social Caixanova reunirá aí oito pezas realizadas entre 1990 e 2005 polo escultor cambadés de fama internacional e chalequeiro de Unha Grande Chea."A rarear" é o titulo destas senlleiras pezas coas que conviveu o artista estes quince últimos anos no seu taller. A exposición estara dende 17.07.2008 ó 12.10.2008 Santiago. Xardín exterior do Colexio de Fonseca. Horario: de martes a sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. Domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas.
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
------------------------------------------------------------
CASA DA MUIÑEIRA, UN ENCANTO DE CASA.
EN OUBIÑA UN SITIO DE PAZ VERDOSA
UN TIPICO SITIO CONVERTIDO EN CASA RURAL 1.2.3.- Fotos da "Casa da Muiñeira.4.- Situación da mesma. No lugar de Abilleira Nº 1, parroquia de Oubiña, Concello de Cambados, está a "Casa dá Muiñeira" unha pequena casa do ano 1800 importante naquela época xa que nas súas proximidades as xentes dos arredores achegábanse a moer nos muíños, era centro de reunións, historias, rituais máxicos e relixiosos da moenda antes de botar a fariña no saco facíase o sinal da cruz, collíase unha pouca e chuspíase sobre ela e tirábase ao chan deste xeito pensábase que a fariña estaba protexida de calquera maleficio. Se queres contactar con ela podes facelo polos seguintes medios: Teléfonos: 0034-986520851 - 0034-686022411. Email: info@casadamuineira.com ou en www.casadamuineira.com ------------------------------------------------------------ Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf ------------------------------------------------------------ Cambados 29 de xullo de 2008 UN MEMBRO DE UNHA GRANDE CHEA, PREGOEIRO
CARLOS RÁBADE DARÁ O PREGÓN EN RÁBADE
CO GALLO DAS FESTAS PATRONAIS DO POBO LUGUÉS.
1.- Carlos co seu gran amigo Elpidio. 2.- Carlos enfundado co chaleco de Unha Grande Chea.-3- Carlos co Presidente de Unha Grande Chea, "Fico".
Carlos Rábade Pallarés, que foi durante moitos anos Director do Colexio Público de Castrelo e actualmente inspector de educación en Lugo, e membro de Unha Grande Chea, vai ser o encargo de ler o pregón no seu pobo natal Rábade durante as festas patronais. Carlos lera o pregón o vindeiro trece de Agosto, a aínda que é home tranquilo non oculta o seu nerviosismo ante tan importante evento para él. Parabéns a Carlos es estaremos de corazón con el en Rábade.
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
------------------------------------------------------------
Cambados 29 de xullo de 2008
XA TEMOS RAÍÑA DAS FESTAS
MARÍA ROMERO DÁLLE O RELEVO A MARÍA TERESA CHANTADA
A ELECCIÓN NON PUIDO SER NA PRAZA DE FEFIÑANS E TRASLADOUSE O AUDITORIO.
1.- Maria Romero a antarior raíña do Albariño co presidente de Unha Grande Chea.-2 .- Maria Teresa Chantada e Maria Sanmiguel, as novas raíñas.
A guapísima María Romero dálle o relevo a non menos guapa María Teresa Chantada de Corvillón, a cal foi elixida nun accidentado domingo, xa que a elección estaba prevista para o domingo pola noite para a choiva impediu que o acto se celebrara no Praza de Fefiñans e o final tivo lugar a elección no Auditorio. Tamén foi elixida a raína infantil desta vez a agraciada foi María Sanmiguel. Parabéns as afortunadas.
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
-----------------------------------------------------------
Cambados 29 de xullo de 2007
PONTE ARNELAS É DE VILANOVA DE AROUSA
A FESTA DE SANTA MARTA SAE NO PROGRAMA DO ALBARIÑO DESTE ANO. NO PROGRAMA DO ANO ANTERIOR NON SAIA.
1.- Programa do Albariño deste ano.- 2.- Diario de Arousa dixital de hoxe.
A veces non entendemos cousas que vemos e que oímos e que nos gustaría que alguén nos explicara, como é que alguén confunda interesada ou desinteresadamente a localización dun lugar en concreto. Sen ir mais lonxe o Concello de Cambados inclúe no seu programa do Albariño deste ano, non así no do ano pasado, a Festa de Santa Marta como se dunha festa local se tratara, ou caso da edición dixital do Diario de Arousa que coloca a Festa de Santa Marta dePonte Arnelas na sección de Cambados. Ponte Arnelas ten o Código Postal 36614, nin tan sequera é parroquia xa que pertence a de San Xoán de Baión do Concello de Vilanova de Arousa. Non é que isto teña unha importancia suma pero "O César o que é do César ...e a Vilanova o que é de Vilanova".
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
------------------------------------------------------------
Cambados 29 de xullo de 2008
O CAMBADOS B SALTA A PALESTRA
"POPI" SEGUE COMO ADESTRADOR
O PRESIDENTE RICHAR DOULLE A BENVIDA.
1.- Richar Ridixindose os xogadores.- 2.- Plantel do Cambados B con algunha que outra ausencia.
Aínda que sexa un equipo de terceira rexional traemos hoxe como nova a presentación do Cambados B, xa que a maioría deles son asiduos desta páxina. Desámoslle sorte neste nova tempada e como lle dixo o presidente o seu obxectivo non é ascender o seu obxectivo e ter os xogadores preparados para que en calquer intre poida dar o salto o primeiro equipo.
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- DUAS PEÑAS DO ALBARIÑO COMEZAN A FESTA XUNTOS CUNHA CEACambados 27 de xullo de 2008
UNHA GRANDE CHEA NA “GUIA CICERONE”
A GUIA FAI UN CUMPLETO REPASO DA FESTA UNHA GUIA DE “LUXO”.
1.- Portada da "Guia Cicerone. 2.- Páxina adicada as Peñas.- 3.- Foto que publica a revista de Unha Grande Chea.
O número 2 da prestixiosa "Guía Cicerone" do presente mes de xullo, pública un especial moi completo da Festa do Albariño de cinco páxinas que podedes atopar en calquer quiosco. Na reportaxe fai un completo repaso pola nosa festa e cita a UNHA GRANDE CHEA como "...a peña máis antiga que a principios dos anos 80 foron os inventores do vaso atado cun cordel e que hoxe en día usa todo o mundo...", tamén cita a peñas como "É mellor que faga dano ca que se perda" ou "Chejar e Encher".
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
------------------------------------------------------------ Cambados 27 de xullo de 2008
CONCERTO DE SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
O DÍA 1 DE AGOSTO EN VILAGARCIA NO EXTERIOR DO AUDITORIO 1.- Cartel anunciador do evento. 2.- Xurxo Souto e a incomparable Susa de Unha Grande Chea. 3.- Xulio Abonjo. O vindeiro venres 1 de Agosto ás 20.30 horas no exterior do Auditorio de Vilagarcía de Arousa Concerto de Solidariedade co Pobo Saharauí, coa actuación de Xurxo Souto, Xulio Abonjo, Asociación Cultural Dorna de Illa de Arousa, Chus silva, Trópico de Grelos, Shanga Noeda, La Sonora, Banda Pontenkim e Tarú e os Paxaros Coiro. Todo o que se recaude irá destinado para pagar ó traslado dos nenos desde Tinduf a Galicia para que pasen unhas "VACACIONS EN PAZ". Para calquer dúbida, consulta, entrevista tanto coa organización como cos grupos chamar a Loli Santos (610.94.08.14) Irene Santos (609.90.90.98) Quintans (645.84.21.60) Juan (637.16.09.59) ------------------------------------------------------------ Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf ------------------------------------------------------------ Cambados 27 de xullo de 2008.
PRESENTACIÓN DO CLUB JUVENTUD CAMBADOS
FOTOS E VIDEO EN www.clubjuventud.cambados.cl.tf
XA PODES VISITAR A PÁXINA OFICIAL DO CLUB EN www.clubjuventudcambados.es
As novas fichaxes e a plantilla o completo.
O pasado 25 de xullo tivo lugar a presentación do club Juventud de Cambados. Tes moita máis información en www.clubjuventudcambados.cl.tf . Poderás ver fotos e un vídeo dos discursos do capitán, adestrador e presidente Richar, vocal tamén de Unha Grande Chea. Asemade dicirche que está aberta xa a páxina oficial do club en www.clubjuventudcambados.es .
------------------------------------------------------------
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
------------------------------------------------------------ Cambados 25 de Xullo de 2008 "DIA DA PATRÍA GALEGA"
UNHA GRANDE CHEA ASINA O MANIFESTO A PROL DO GALEGO
FERRIN, BERNARDIÑO GRAÑA E TOSAR, ENTRE OUTROS, ASINAN O MANIFESTO
A INICIATIVA É DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LENGUISTICA
Na primeira foto vemos a presentación do manifesto, no medio o presidente da MPNL, Carlos Callón, e na última foto a Hadrián ,de Unha Grande Chea, con Ferrin.
Perante as continuas agresións que estamos a sufrir os galegos por parte dos sectores españois máis reaccionarios un grupo de intelectuais galegos deron a coñecer un manifesto a prol do noso maltratado idioma se queres apoiar o mesmo asina nesta ligazón: http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm Tamén prestaronn o seu apoio Alfonso G. Sanmartín, Ana Kiro, Bernardino Graña, Carlos Blanco, César Portela, Lois González Tosar, Manolo Rivas, Mercedes Peón, Teresa Moure, Xosé Luís Méndez Ferrín , Xulia Vaqueiro, Avelino Pousa Antelo, Xoan Costa, Benigno Pereira, Ignacio Vilar, Jorge Mira, Iolanda Castaño, Cesareo Sánchez Iglesias , Xosé Lastra Muruais e Unha Grande Chea, entre outros. ------------------------------------------------------------ Cambados 25 de xullo de 2008 "DIA DA PATRÍA GALEGA"
VICTOR CAAMAÑO REPLICA Á FEBLE RESPOSTA DA CONCELLEIRA
A ANABEL CARRO SEMPRE LLE TOCA BAILAR COA MÁIS FEA OS DEMAIS CONCELLEIROS TAMÉN TEÑEN RESPONSABILIDADES NO ASUNTO. Victor Caamaño, Anabel Carro e a polémica biblioteca.
En resposta as afirmacións da concelleira de cultura con respecto ao peche polas tardes da biblioteca municipal, Victor Caamaño portavoz do BNG do Concello de Cambados quere matizar o seguinte:
Primeiro que non dubidamos da calidade do servicio da biblioteca municipal nin da amplitude do seu horario de atención ao público, senón que precisamente por ser coñecedores do funcionamento desta, non entendemos que pechara as tarde do mes de xullo.
A biblioteca é un servizo público pensado para todo tipo de cidadáns, non soamente para os colexios, e como servizo público debe priorizar a calidade sobre o rendemento económico.
Aos usuarios habituais de biblioteca non se lles pode dicir que no verán teñen que substituír a consulta dun libro, a lectura dun xornal ou a utilización de internet por outro tipo de actividades culturais. As actividades culturais son complementarias pero non poden substituír ao servizo de biblioteca, de igual xeito que non o pode facer a biblioteca móbil, aínda que esta sexa un bo complemento para a promoción da lectura ou para levar este servicio a outros lugares do concello.
Sexamos claros, cando se pecha a biblioteca polas tardes non se está “optimizando un recurso” como di a concelleira, senón que soamente se está aforrando o soldo do substituto da persoa titular por encontrarse esta de vacacións.
------------------------------------------------------------ Cambados 25 de Xullo de 2008 "DIA DA PATRÍA GALEGA"
CHOURIZO FILMS PRESENTA:
PALAS 2008 ·"O VÍDEO"
DIRECTOR: RODRIÑO PIÑEIRO "RODESIO"
------------------------------------------------------------
Cambados 24 de Xullo de 2008.
E DESTA VEZ NON É UNHA GRANDE CHEA
O CONCELLO DE CAMBADOS "INVITA" O BOTELLÓN
NO CARTEL ANUNCIADOR “FULL MON” APARECE O EPIGRAFE “SE PERMITE BOTELLÓN” NA MARXE SUPERIOR ESQUERDA.
Anabel Carro, o cartel anunciador do evento e Touris.
Este titular poderiamos lelo en calquera xornal si os nosos amigos periodistas estiveran un pouco atentos a programación do Albariño , concretamente o sábado 26 de xullo está anunciada unha "Festa Xoven"(que denominación máis sacrosanta para un festival DJ parecese moito a “Pascua Xoven”) na Illa das Goritas (por certo trocaron para a Praza de Fefiñans) a base de DJs. No cartel anunciador do evento chama o mesmo “FULL MOON” e no mesmo se o ampliamos pédese ler perfectamente “Se permite botellón”. ¿Lembrádesvos que nos o ano pasado propuxemos a mesma festa pero no Parque? Lembrádesvos que Anabel Carro pouco menos que nos dixo que incitabamos os xoves de Cambados o botellón?. Mirade que caprichoso é o tempo e o cabo dun ano resulta que os que incitan ó botellón os xoves Cambadeses son Touris e Anabel Carro. Agora en serio parécennos ben todas as iniciativas, o que realmente nos parece mal é que cando as propón Unha Grande Chea sexan pouco menos que demoníacas e cando as mesmas propostas veñen da man de Touris e de Carro sexan anxelicais. Un pouquiño de cordura por favor.
------------------------------------------------------------
ACLARANDO QUE É XERUNDIO BULLOCK COMENTANOS QUE NON É A PRIMEIRA VEZ QUE SE REUNEN AS PEÑAS SEGUNDO ÉL XA HOUBO OTRAS COMIDAS DE CONFRATERNIDADE Asiduos do Pub a Leria (as fotos foron recollidas de varios fotologs) Comentanos no noso espazo o amigo “Bullock” que é como sabedes o nome de guerra de Eulogio, habitante da Leria, "que hai xa uns anos o día do concerto de Giorggi Dann xa houbo no Pazo de Ulloa unha comida de confraternidade á que acudiron as peñas "Os Jarolois", "Os Malos", "Os Palowis" e "Os Boludos" e nunha finca do Ouso da Torre xa van creo que dúas edicións, segue a comentar Eulogio, dunha comida de confraternidade o sábado de Albariño entre tódalas peñas que van pola Leria". Queda feita a túa aclaración querido Eulogio, descoñeciamos este dato i é maís é unha cousa que nos agrada e a ver si pera o ano facemos unha gran concentración de peñas, ahí queda a idea, difícil pero non utópica. O que si é certo amigo Eulogio entón que Cea, o que se di Cea, é a primeira. Unha aperta. ------------------------------------------------------------ Cambados 24 de xullo de 2008. Este sábado 26 de Xullo volve, 5 meses despois, como solista ós mandos: KURCO Sound System ¡¡¡a saber que nos ofrece!!! Máis información en http://www.rifrockerz.blogspot.com ------------------------------------------------------------ Cambados 23 de Xullo de 2008.
I CEA DE CONFRATERNIDADE DO ALBARIÑO
LEVARANA A CABO AS "PEÑAS" MAIS ANTIGAS DO ALBARIÑO: "CHEJAR E ENCHER" E "UNHA GRANDE CHEA."
UNHA IDEA QUE NUN FUTURO NON SE DESCARTA AMPLIAR A OUTRAS "PEÑAS".
A "peña" "Chejar e Encher", a primeira en poñer de moda as camisetas, o Pazo de Ulloa en Cambados, e Unha Grande Chea, co seu típico chaleco.
Onte chegouse o un acordo verbal entre Eduardo Dolado representante de "CHEJAR E ENCHER" e José María Daporta representante de "UNHA GRANDE CHEA" na sede oficiosa desta última peña o "Bar Silva" de Cambados, para levar a cabo unha cea de confraternidade a celebrar no Pazo de Ulloa de Cambados o vindeiro un de Agosto venres do Albariño. Por primeira vez na historia do Albariño dúas "peñas", e podemos afirmar sen ningún xénero de dúbidas que son as mais antigas da Festa, xúntanse para levar a cabo unha "I Cea de Confraternidade" e esperemos que non sexa a última, na mesma despois de inxerir unha suculenta cea, intercambiaranse agasallos e os presidentes das mesmas tanto Eduardo Dolado "Edu", como Salvador Cores "Fico", pronunciaran os discursos de rigor. Non faltaran por suposto as gaitas de Unha Grande Chea para amenizala festa. Estas dúas peñas distínguense por dúas cousas moi importantes para a Festa do Albariño: "Chejar e Encher" foia a primeira que puxo de moda as camisetas e os lemas, de feito o nome da "peña" ven dado polo primeiro lema que puxeron na camiseta e a "peña" "Unha Grande Chea" ademais do seu típico Chaleco, foi a primeira "peña" que puxo de moda o cordel para o vaso, pena que no patentaramos.
------------------------------------------------------------
Cambados 23 de xullo de 2008
PARA ESBOZAR DOUS SORRISOS
Dous dos nosos mellores amigos enviáronos estes dous correos ún é un relato verídico dun xuízo e outro é unha especie de pasteis que teñen un nome moi curioso e tamén verídico.
O acusado educado no xuizo e na fundición
Nun xuízo o Ministerio Fiscal pregúntalle o acusado: É certo que Vostede, o día dos feitos cagouse nos mortos do denunciante, en toda a súa puta familia, na cadela da súa nai e no fillo de puta do seu pai, o igual que en toda a corte celestial.
O acusado mirando de reollo para o Fiscal e cun sorriso irónico, contestoulle: Non, é falso...Eu estaba tranquilamente traballando na fundición e entón díxenlle o denunciante: "Antonio, por Deus, ¿non de te das conta de que me botaches todo o aceiro fundido polas costas e que é unha sensación moi desagradable? "COJONES DEL ANTICRISTO"
Conta a Historia que o Beato de Liébana tiña grandes diferenzas teolóxicas cun "tal Elipando de Toledo" que ao parecer era un "pouco herexe". A súa inimizade chegaba ata tal punto que o Beato de Líebana chegoulle a definir como "o collón do anticristo".
Líebana é unha zona de Cantabria que destaca pola súa paraxes naturais, e tamén por algúns dos seus produtos culinarios, como o bagazo, o queiso picón ou os "quesucos de liébana". Fai un par de semanas, paseando por este pobo cántabro o noso amigo atopou nunha tenda a caixa de doces que podedes ver na foto. Como vedes chamaronlle a atención. ------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------ OAS CONCELLERIAS DO BNG VÓLCANSE NO ALBARIÑOCambados 22 de xullo de 2008.
UNHA ALTERNATIVA A FESTA MEDIEVAL DE PONTEARNELAS (VILANOVA DE AROUSA)
UNHA GRANDE CHEA PROPÓN O CASCO HISTÓRICO DE CAMBADOS
UNHA FESTA FEITA A BASE DE TALONARIO E ENCONTRA DO PENSAR DOS CAMBADESES
Na primeira foto podemos ver a presentación I Festa Medieval de Pontearnelas (Vilanova de Arousa) e na seguinte cambadeses disfrazados o ano 2006 de Era Medieval disfraz proposto por Unha Grande Chea, eses mesmo ano propoñiase o Concello a celebraciún dunha festa Medieval en Cambados.
A festa Medieval de Pontearnelas xa é a segunda idea que o Concello de Cambados lle apropia a Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande Chea, outra é a celebración da Gala do Deporte que o parecer vaise celebrar en outubro.
A nosa Alternativa a festa Medieval de Pontearnelas é que se celebre en Cambados, que ten un dos cascos históricos máis bonitos de Galiza, e non que a leven para un sitio onde acaban de construír unha moderna ponte "colgante". No plano que aportamos marcamos en vermello onde se podía levar a cabo a festa e seria: Praza de Fefiñans, Rúa Real, Rúa Príncipe, Paseo da Calzada, Praza do Concello, Rúa Infantas, Praza de Alfredo Brañas, e Rúa Hospital, o marca é o noso criterio inmellorable.
Sector que propón Unha Grande Chea para a celebración da Festa Medieval.
Porque non somos partidarios da Festa Medieval en Pontearnelas, polas seguiontes razóns:
1º.- Lévana para un sitio onde non hai infraestrutura hostaleira, as asociacións des hostaleiros de Cambados e Zona Centro debían de dicir algo o respecto non imos salir nos precisamente na súa defensa.
2º.- É unha feira subsidiada pola Deputación que si o PP perde nun futuro esta festa tamén desaparecería case seguramente.
3º.- E unha feira mal colocada no tempo pois é un dos fins de semanas que máis festas hai en Galiza e mesmo tempo que lle fai competencia a Festa de Santa Margarita e a súa xa clásica sardiñada.
4º- E unha festa para facerlle competencia a exitosa Feira Franca de Pontevedra. Non queremos dicir con iso que vaia a ser un fracaso porque xa coñecemos o poder de convocatoria do PP, cando Louzán toca a lume todos acoden a apagalo.
En definitiva, fora de tempo e de lugar.
-----------------------------------------------------------
UN CAMBADÉS CAMPIÓN DE EUROPA JUNIOR DE PIRAGUISMO NA COMPAÑA DE RAMÓN GERMADE EN K-500 UNHA BOA RECOMPENSA O SEU TRABALLO Fotos de David Martinez con algúns dos seus campañeiros. O Cambadés Paulino Otero e Rodrigo Germade proclamáronse campións de Europa júnior na modalidade de K-2 sobre 500 metros ao imporse na final que se celebrou onte en Szeged (Hungría). A parella arousá, que xa conseguiran a medalla de prata nos 1.000 metros, avantaxaron por só 48 centésimas aos representantes alemáns. Houbo máis alegrías na xornada para os padeeiros galegos. No C-2 500 David Maquieira e Jacobo Domínguez conseguiron unha meritoria medalla de prata. Ademais, o K-4 júnior masculino formado polo catalán fincado en Tui Joan Ardit e os galegos Carlos Garrote, Joaquín Montes e Álvaro Burcio proclamouse subcampión. ------------------------------------------------------------ Cambados 22 de xullo de 2008 A BIBLIOTECA DE CAMBADOS PECHADA NO MES DE XULLO POLAS TARDES CO NECESARIA QUE É PARA OS ESTUDANTES TANTO UNIVERSITARIOS COMO DE ENSINO MEDIO UNHA DENUNCIA DE VICTOR CAAMAÑO, PORTAVOS MUNICIPAL DO BNG, FAI SALTAR A ALARMA Victor Caamaño en distintas facetas da seu traballo diario. Durante gran parte do mes de xullo, a biblioteca municipal estivo pechada polas tardes, parece ser que coincidindo coas vacacións da persoa encargada da súa apertura e que, ademais, non tiña noticia de que o horario da biblioteca se variara o verán pasado. Sendo coñecedor Victor, da demanda deste servizo municipal por todo tipo de cidadáns e, polo tanto, da necesidade de manter o horario de tarde da biblioteca, cree que en caso de ausencia sería oportuno substituír, por outra, á persoa titular para que a atención ao público non se vexa prexudicada. Solicita do Concello se lle dea a coñecer cal foi a causa de que este verán a biblioteca municipal estivese pechada as tardes do mes de xullo. ------------------------------------------------------------ Cambados 22 de xullo de 2008 UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA: UN NOVO VIDEO DE TREIXADURA E DE XTRUME TREIXADURA NUN PROGRAMA DE TV E XTRUME NO FESTIVAL DE VILAGARCIA.
Dicir respecto de XTRUME que é unha magoa que o Concello de Cambados non se fixera eco da proposta de UNHA GRANDE CHEA de facer no Albariño unha Festival rock cos grupos de Cambados, o millor cun pouco de sorte igual o fan para o ano. ------------------------------------------------------------ Cambados 22 de xullo de 2008 O CHALEQUEIRO CARLOS BLANCO PROFETA NA SÚA TERRA DARÁ O PREGÓN DA FESTA DA AUGA EN VILAGARCIA. NAMENTRES EN CAMBADOS O PREGÓN SEGUE A SER PARA UNS POUCOS. Carlos Blanco en tres imaxes da presentación do libro de UNHA GRANDE CHEA no ano 2005 O Chalequeiro de Unha Grande Chea, o actor polifacético arousán Carlos Blanco, será o encargado de dar o pregón da Festa da Auga en Vilagarcía de Arousa. Carlos Blanco entre numerosas cousas foi o que presentou o libro de Unha Grande Chea no ano 2005, agora mesmo está a colaborar no programa da Cadena Ser "La ventana del verano" que se emite polas tardes. A ver cando o Concello de Cambados designa a un Francisco Leiro, Ramón Cacabelos ou Manolo Paz ou outro cambadés destacado para pregoeiro da nosa mellor festa e por certo o pregón é aberto para todos os Cambadeses e non só para os que van xantar o Pazo de Torrado, e unha reividicación que facemos todos os anos polo Albariño.
------------------------------------------------------------ Cambados 21 de Xullo de 2008 PALAS-CAMBADOS XORNADAS DE IRMANDADE HOUBO DOBLE CONFRONTACIÓN DE FUTBOL E BALONCESTO O RESULTADO ERA O DE MENOS AINDA QUE GAÑARON OS CAMBADESES NAS DÚAS ESPECIALIDADES No futbol gañouse a penalties, tamén se levou uniforme de paseo, e en baloncesto os cambadeses aplataron os palenses. Se xa era difícil superar o ben que se pasou o ano pasado, este ano foi moitisimo millor, as xornadas más completas , ampliaronse a duas os enfrontamentos deportivos, levouse uniforme de paseo e carallada houbo a esgalla, na cea de confratirnadade sobrou polbo e Melide estaba no mesmo sitio esperando polos cambadeses, a pena é que coincidira cunhas festas tan importantes coma as Revenidas en Vilaxoan, pero bueno non se pode estar en todos sitios a vez, senón que llo pregunten a Quechi. Para o ano máis. Podedes ver fotos do evento aportadas por Perto Pisalleira e Chonsinho en “Máis Albuns” baixo a epígrafe “Fotos Palas 2008”. ------------------------------------------------------------ Cambados 21 de Xullo de 2008 O PLAN PEME PRESENTASE EN CAMBADOS DA MAN DA DELEGADA DE INDUSTRIA MONTSE PRADO O OBXECTO DO PLAN E MELLORAR A COMPETIVIDADE DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS. Montse Prado está a dsenrrolar unha actividade frenétva en Cambados. Mañá martes día 22 vaise presentar na nosa comarca o Plan PEME Galega; este é un Plan da Consellaría de Innovación e Industria que ten por obxecto mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas. Esta presentación, que está dirixida aos pequenos e medianos empresarios do Salnés, será feita pola Delegada de Innovación e Industria Montse Prado a partir das 12:30h. da mañán no Salón de Actos de Exposalnés en Cambados. ------------------------------------------------------------ Cambados 18 de xullo de 2008. AS CONSELLERIAS DO BNG DANLLE UNHA LECCIÓN A TOURIS E A PEDRO RIAL 60.000 EUROS APORTAN A FESTA MEDIO RURAL E INDUSTRIA AHORA TAMÉN LLE TERÁN QUE DAR A FOLLA DE PRATA OS DE MEDIO RURAL. Montaserrat Prado e Costenla foroon os encargados en anunciar as axudas. Cada unha das consellerías achega a metade do orzamento para financiar actividades e a cata. Os delegados de Industria, Montserrat Prado, e de Medio Rural, Gonzalo Constenla, presentaron onte as subvencións que as súas respectivas consellerías concederán á Festa do Albariño de Cambados. En total, o Concello e o consello regulador recibirán algo máis de 60.000 euros para financiar uns festexos que se atopan entre os máis importantes de Galicia. A axuda repártese a partes iguais entre as dúas administracións autonómicas. Con todo, Industria destinará a súa ao Concello, mentres que Medio Rural centrarase en subvencionar as actividades que organiza o consello regulador, como a cata de viños ou a colocación das casetas. Segundo explicou Prado, a consellería dispón dunha orde que busca fomentar o turismo axudando aos concellos a organizar festas. E é aquí onde se inclúen as celebracións cambadesas. «Esta orde ten en conta lla festa é de interese turístico, se ou concello é turístico e ou número de participantes que asisten aos actos», explicou Prado. Requisitos todos eles que cumpre con fartura a Festa do Albariño. Por iso desde fai anos, Industria concede a Cambados a maior axuda posible, que ascende a un total de 30.000 euros. A maiores, esta mesma consellería tamén inclúe a Cambados no calendario de actuacións culturais que se organizan a través de programas como o Vía Stellae e Vai de Camiño. «Hai a quen lle interesa ocultar todas esa colaboración pero vos feitos son teimudos e así a demostran», asegurou Prado. A participación de Medio Rural, en cambio, céntrase sobre todo en sufragar os gastos que ocasiona a festa ao consello regulador. Dos 30.000 euros que achega esta consellería, o 80% destínase a actividades como o concurso de viños ou a colocación das casetas. Outro dez por cento, recíbeno as arcas municipais para a organización de distintas actividades e, o resto, destínase á organización das xornadas técnicas do Albariño. «Medio Rural apoia decididamente unha festa que xa é patrimonio de toda Galiza», concluíu Constelna. Titulares: Unha Grande Chea. Texto: Maruxa Alfonso. ------------------------------------------------------------ Cambados, 17 de Xullo de 2007 Michi Calamres en Rif Rock Este sábado 19 de Xullo, por primeira vez en Europa sesión a cargo de MICHI CALAMBRES!!! unha noite tola de rock'n'roll para subversivos, bizarros e cavernícolas ¿estades todos preparados?
------------------------------------------------------------ PALAS, REVENIDAS, PALAS, REVENIDAS, PALAS, REVENIDASCambados 17 de Xullo de 2008
TRICICLE NON VEN O ALBARIÑO
EN REALIDADE E CLOWNIC, A SEGUNDA COMPAÑIA DE TRICICLE
DE TODOLOS XEITOS O ESPECTÁCULO NON DESMERECE
Antonio del Valle, Eduardo Méndez e Fedor de Pablos.
Por un erro das nosas fontes informamos que viña Tricicle a festa do Albariño, e non é asi exactamente ven unha segunda compañía que se denomina Clownic sendo os actores compoñentes da mesma Antonio del Valle , Eduardo Méndez e Fedor de Pablos. Esta segunda compañía foi creada para pode cumplir o seus comprimisos, pero temos que decir polo que nos estivemos informando que o espectáculo non desmerece. ------------------------------------------------------------ Cambados 16 de Xullo de 2008.
VINDEIRO DESTINO: PALAS DE XUGA
A EXPEDICIÓN CAMBADESA ESTÁ DISPOSTA PARA MARCHAR
MÁS DE 50 CAMBADESES INVADIRÁN PALAS DE XUGA ESTE FIN DE SEMÁN
Imaxes do ano pasado.
Xa se está a converter nun clásico os enfrontamentos futbolísticos entre a Sa lección do Pub A Leria de Cambados o equipo de fútbol rexional de Palas de Rei digo Palas de Xuga. Así xa está a expedición preparada para partir este venres para a vila palense e disputar o vindeiro sábado o II Encontro da Amizade Palas de Xuga - Cambados. A expedición compoñena segundo os derradeiros datos máis de cincuenta persoas que "invadiran" Palas e Melide por suposto este fin de semana. A ultima hora aínda non tiña confirmada a presencia en Palas do reporteiro de Unha Grande Chea, pero estamos facendo as xestión pertinente para que acude a faga unha boa reportaxe do partido.
------------------------------------------------------------
Cambados 16 de xullo de 2008
EXPOSICIÓN NA CASA DA CULTURA DE DENA "AS TELLEIRAS"
ORGANIZA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "A TELLEIRA"
O SÁBADO DEZANOVE DE XULLO HABERÁ UNHA DEMOSTRACIÓN DO TRABALLO DOS TELLEIROS
Cartel anunciador do evento.
Na casa da Cultura de Dena, está tendo lugar unha exposición denominada "As Telleiras", que estará aberta dende o 14 ao 24 de mes de Xullo, estará aberta de 17 a 23 horas hágas mercores e sábados. E o Sábado19 de xullo ás 19 horas haberá unha demostración dos telleiros Ramón Lorenzo e Daniel González.
------------------------------------------------------------
Cambados 16 de xullo de 2008
ARMANDO GUERRA EXPÓN NO C.C. DO SALNÉS
DO 15 AO 30 DE XULLO
DA PUBLICIDADE A PINTURA
Varios cadros do autor.
Artista pontevedrés que chegou á pintura tras unha longa e frutífera labor como publicitario.Criado na educación artística tradicional, a súa obra discorre polos derroteiros do expresionismo máis vivo e intimista evocando o conflito entre os sentidos. A súa pintura é como unha metáfora do seu ser, expresando toda esa vitalidade e enerxía contidas que se desatan furiosamente nos seus naufraxios, con eses mares encrespados que intentan apagar a vida baixo as súas augas e nesa loita feroz do home contra a natureza, a batalla da supervivencia nun mundo hostil. ------------------------------------------------------------ Cambados 15 de xullo de 2008
UNHA GRANDE CHEA RETA A QUEN SEXA A QUE FAGAN LIMPEZA
OS ELECTRICISTAS VIRTUAIS DA ASOCIACIÓN LIMPARON DA CABLES A FACHADA DA IGRESA DE FEFIÑANS
ASÍ É COMO DEBERIA ESTAR
Fachada da Igrexa de Fefiñans
Os electricistas virtuais de UNHA GRANDE CHEA e puxeronse más a obra, e despois de ver a lamentable imaxe da esqerda na que un poste de cemento con varios cables estropean a fachada, limparon toda ela quedando a imaxe como se pode ver a dereita, que é como realmente deberia estar , deden que retamos a que corresponda para que o fagan.
Cambados 15 de Xullo do 2008.
------------------------------------------------------------
MONOLOGISTAS EN CAMBADOS
GRAZAS A CONSELLERIA DE INOVACIÓN E INDUSTRIA
ACTUARÁN NA PRAZA DE FEFIÑANS
De esquerda a dereita Quico Cadaval, Avelino González, Martalado, Candaido Pazó e Pepe Suevos
PAZÓ, QUICO CADAVAL, PEPO SUEVOS, MARTA LADO E AVELINO GONZÁLEZ ACTUARÁN EN CAMBADOS O 17 DE XULLO O programa do Xacobeo Vai de Camiño, depedente de Conselleria de Innovación, Industria e Turismo, fará un alto o próximo 17 de xullo en Cambados. A música, a danza e os mellores monologuistas do momento pasarán pola praza de Fefiñáns nunha actuación que veñen substituír ás que tradicionalmente se dedicaban á música folk. «E un espectáculo variable, que nace aproveitando vos conteiros e monologuistas de Galicia. É un cartel espectacular non que se inclúe a música en directo de Creole Kings», explicou Faber, un dos responsables do espectáculo. Polo escenario pasarán, en primeiro lugar, os integrantes do Proxecto Zocas, unha decena de orixinais bailaríns. Trátase dunha actuación de baile vangardista con raíces en Galicia. «Vos bailaríns usan zocas», engadiu. A continuación, actuarán monologuistas da talla de Cándido Pazó, Quico Cadaval, Avelino González, Pepo Suevos e Marta Lado. E entre historia e historia poderase escoitar o directo de Creole Kings. Todo iso, a partir das nove da noite en Fefiñáns. ------------------------------------------------------------ Cambados 15 de Xullo de 2008.
MIGUEL PALACIOS SEGUE A SÚA MARCHA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DA XADREZ
GAÑOU UNHA PARTIDA, FIXO TABLAS EN DUAS E PERDEU OUTRA
NON ESTÁ NADA MAL PARA O 89 DO RANKING
Miguel disputando o Campinato de España coma camiseta da selección galega.
A marcha de Miguel Palacios no Campeonato de España despois da cuarta partida é a seguinte: Gañou a primeira o madrileño Adrián Montañés Nº 13 do ranking, toda unha sorpresa se temos en conta que Miguel é o 89 do ranking, loita fraticida xa que son moi amigos. A segunda perdeu Miguel co valanciano Marcos Llamazares Nº 29 do ranking. A terceira fixo tablas con valenciano Julio Silva , número 42 do ranking e na cuarta fixo tablas coa andaluza Maria Carmen Nieto Nº 58 do ranking, leva en total Miguel 2 Puntos. De todolos xeitos se queres seguir o campionato podes facelo na paxina da federación española de xadrez www.feda.org ------------------------------------------------------------ Cambados, 14 de Xullo de 2008.
CABALEIROS E DONAS DESTE ANO, SEN SORPRESAS
A DESTACAR O PRESIDENTE DE CONDES DE ALBAREI
O NOMEAMENTO MÁIS POLITICO, O DE ROSA OUBIÑA.
DAMAS E CABALEIROS 2008
1.- A presentadora de Telemadrid Beatriz Pino.- 2.- O presidente da Fegamp Carlos Antonio Fernández.- 3.- O Director Xeral de co Consello Empresarial da Organización Mundial do Turismo José Antonio Ferreiro. 4.- Rosa Oubiña militante do PP de Cambados. 5.- Guillermo Rodriguez, Presidente das Adegas Conde de Albarey e 6.- Vicente Cebrán Sagarriga, Conde de Creixell e Presidente da Adega Pazo de Barrantes.
Agás as damas, que habería algún que outro comentario que facer, os nomeamentos do Albariño entran dentro do normal, xente vinculada dalgun xeito co turismo ou cas adegas. Preto das damas decir que a primera das citadas por aqui non é que sexa moi coñecida en canto a outra é un nomeamento totalmente politico e sen razón de ser. Pero é o que hai.
FOLLAS DE PRATA
1.- Dolores Garcia, Alcalde sa de Vilagarcia e 2.- Ruben Lois, Director Xeral de Turismo.
Neste apartado nada que decir, aqui os do Concello "soltaronse a melene" a ate se atreveron a nomear un cargo de PSOE e outro do BNG, este Ruben Lois, intimo amigo do noso bombeiro Dominguez, eso si para o nomeamento deste último sengun propias palabras de Pedro Rial, foi o único que "abreu as portas". Tamén recibirán a folla de prata:Xaquín Alvarez, Pablo Buján, Ignacio Landín, Anselmo Rodriguez e Andrés Quintá.
CENSURADOS "FOREVER"
1.- Xoan Antonio Pillado Ex Alcalde de Cambados e 2.- Luciano Amoedo o enologo de Martin Codax.
Sempre facemos esta reividincación, porque nos parece a cousa máis inxusta do mundo, Xoan Antonio por ser do BNG é o único alcalde de Cambados que non é Cabaleiro, doutra banda que dicir de Luciano Amoedo, pois que como enólogo esta mundialmente recoñecido e todos entendidos din que hoxe por hoxe é o home que más sabe de albariño. Pregamolle e Pedro Rial e a Touris que sean cando menos xustos.
------------------------------------------------------------ POR FIN XA SABEMOS AS ACTUACIÓNS PARA O ALBARIÑOCambados, 13 de xullo de 2008
XA SE COÑECEN AS ACTUACIONS DO ALBARIÑO 2008
DE TODO UN POUCO
A DESTACAR TRICICLE
Alis, Boney M, Cristina LLorente, e Fangoria
Juncal Rivero, Tricicle, Deluxe e Lorena.
Ben xa temos aquí as actuacións deste ano, gustarán máis, menos,hai de todo, iso si tan só con quince días de antelación, por aquí pasaran Alis, Deluxe, Lorena, Cristina LLorente, Tricicle, Fangoria, Boney M (pero estes aínda actúan ¡incrible!), e tamén contaremos coa presentadora Juncal Rivero quen vai ser a que inaugure oficialmente a festa e a que actúa como presentadora no patio de armas, como vedes actuación de música galega ningunha, pero !Isto é o que hai!. Dos nomeamentos do Capitulo Serenísimo merecen artigo aparte.
------------------------------------------------------------
Cambados, 13 de Xullo de 2008
O CAMBADÉS MIGUEL PALACIOS DEBUTOU NA SELECCIÓN GALEGA DE XADREZ
A ACTUACIÓN PÓDESE CALIFICAR COMO BOA
A SÚA SEGUINTE CITA É O CAMIPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL EN PADRÓN.
Miguel Palacios en plena actuación.
O cambadés Miguel Palacios completou unha aceptable actuación no seu debut nunha competición oficial como integrante da Selección Galega de xadrez, categoría infantil.
O cambadés formou parte do combinado galego xunto co vigués Samuel Villar e o ourensán Samuel Cruz, así como as representantes femininas, a viguesa María González e as ferrolás Aranzazu Sánchez e Laura Formoso, na disputa do Campionato de España por autonomías, celebrado o pasado mes de xuño na localidade asturiana de Avilés. Disputáronse seis roldas e en cada partida os equipos utilizaban catro xogadores, sempre con paridade entre homes e mulleres. A nivel de equipo, Galicia mantivo a súa posición no ranking inicial, que era décimo, ao terminar a competición nese mesmo posto (con 11´5 puntos), entre as 18 comunidades participantes. Galicia gañou tres encontros (ante Estremadura, A Rioxa e Melilla, empatou ante Baleares e perdeu con Cataluña e Castela León)
A súa vindeira cita o campionato de España individual.
A nivel individual, a participación de Miguel pódese cualificar de boa, pois disputou catro partidas, perdendo a primeira ante o catalán Pacheco e vencendo nas outras tres, contra Paula Marques (A Rioxa), Clara Rivas, de Castela León e a melillense Asun Alsina. Miguel, que partía no posto 61 do ranking individual, finalizou no 32.
Agora a cita está en Padrón, no Campionato de España individual, categoría infantil, que comeza o domingo 13 de xullo. O nivel de participación é cuantitativa (148 xogadores) e, sobre todo cualitativamente moi alto.
Os datos con claros. Preto de 20 xogadores con elo internacional por encima de 2000 puntos. De feito, o cambadés, con elo FIDE 1588, ocupará o posto 87 do ranking inicial, polo que as súas aspiracións céntranse en mellorar esa posición, e achegarse o máis posible ao posto 50.
Na súa última participación nun campionato de España, fai dous anos en Estremadura, Miguel acabou no posto 33, con 5´5 puntos, algo que se antolla moi difícil de igualar nesta edición. A cita, como queda dito, do domingo 13 ao venres 18 de xullo, nun torneo que consta de nove roldas.
------------------------------------------------------------
Cambados, 13 de Xullo de 2008.
Ramón Falcón
Entrevista ilustrativa na Voz de Galiza a un dos propietarios do Rif-Rock, Ramón Falcón, que na mesma nos fala de por que e como naceu o emblemático pub cambadés, o que se estila no mesmo e das celebracións o final do verán, podela ver picando na seguinte ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/07/13/0003_6981373.htm?idioma=galego
------------------------------------------------------------
Cambados, 12 de Xullo de 2008
UNHA GRANDE CHEA ACADA REPRESENTACIÓN NA DIRECTIVA DA GDR O SALNÉS
O NOSO SECRETARIO SERÁ O NOSO REPRESENTANTE
POR PRIMERA VEZ ACADAMOS UN POSTO DIRECTIVO DE TAN ALTO NIVEL
Xaquín Charlín "Chon" será o noso representante na directiva e Salvador Cores "Fico" será o sustituto en caso de ausencia do anterior.
Un representante de Unha Grande Chea, formara parte da directiva da "Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural O Salnés". Hoxe as dez de mañá en reunión celebrada en Exposasalnés da Mesa Sectorial das Asociacións Deportivas, Recreativas, de Veciños e Culturais tiñan que elixir un representante para a Xunta Directiva, presentáronse catro candidaturas entre elas a de Unha Grande Chea, quen en votación dos alí presentes resultou elixida. Esta directiva estará formada por 19 representantes das Asociacións de todo o Salnés. O representante da nosa Asociación na directiva será o noso Secretario Xaquin Charlín "Chon".É a primeira vez que ostentemos un cargo corporativo a nivel comarcal. ------------------------------------------------------------ Cambados, 12 de Xullo de 2008
UNHA GRANDE CHEA TV. PRESENTA:
"11 DE XULLO, SAN BIEITO DE CAMBADOS"
¿RELIXIÓN? ¿FANATISMO?, ¿NEGOCIO? ¿FOLCLORE?: UNHA MISTURA DE TODO
Se tes problemas para ver o video dende esta páxina, podes velo picando directamente nesta ligazón: http://es.youtube.com/watch?v=3sTtn33jvMc
Unha Grande Chea, e case que todos os seus membros, menos os de Santo Tome, sempre tivemos unha relación especial co santo, tanto os agnósticos como os crentes. Este santo é capaz de que algunha xente diga "Eu creo máis enSan Benito que en Dios" ou controversias polo estilo. Nós é o único santo que lle fixemos unha letrilla cuxa primeira estrofa dicía: "San Benito de Triana ten un pistolo de ouro para matar o ladrón de D. ..." o nome do don poñédello vos. Este vídeo está feito con todo o respeto o patrón de Triana "San Bieito".
------------------------------------------------------------
MOITAS FELICIDADES A ASOCIACIÓN VOLANDEIRACambados, 12 de Xullo de 2008
PARABENS A ASOCIACIÓN VOLANDEIRA
"PETRA" E "BENITO" TODO UN ÉXITO
OS PAPAMOSCAS CASI ECLIPSARON A SAN BIEITO
Petra e Benito, por diante, na festa e por detrás.
A nosa noraboa a Asociación Volandeira, polo iniciativa e polo traballo realizado nesta festa de San Bieito coa presentación en sociedad dos papamoscas Petra e Benito. Esta xoven Asociación apúntase así un gran tanto na súa andaina pola vida social cambadesa. Xa participaron tamén dun xeito moi activo no I Serán Ramón Cabanillas. Parabens a un gran traballo, tanto Petra como Benito estaban perfectos, e os seus movementos na procesión e remate da mesma espectaculares.
------------------------------------------------------------
Cambados, 12 de Xullo de 2008
O GRAN PINTOR FRANCISCO LLORENS ESTIVO EN CAMBADOS
NADO NA CORUÑA EN 1874, VISITOU CAMBADOS EN 1924
MONCHO BOTANA ATOPA "NA REDE" UN BOCETO DO ILUSTRE PINTOR DA RÚA HOSPITAL.
A esquerda o boceto do pintor coruñés da Rúa Hospital, no centro a rúa como está na actualidade e dereita unha foto de Francisco Llorens.
En 1924, Lloréns viaxou coa súa muller a Cambados. Alí realizou unha serie de apuntes, dos cales algúns, serviron de base a óleos, pintados posteriormente. A composición que fixo da Rúa Hospital, ten un punto de vista baixo, case a nivel de chan. As casas que aparecen representadas, están realizadas dun modo lineal e xeométrico, contribuíndo a crear a sensación de profundidade e perspectiva da rúa. Dúas mulleres camiñan portando selas sobre a cabeza. Trátase de figuras moi abocetadas, feitas mediante liñas xeométricas que marcan os contornos, e enchidas mediante un simple sombreado. As árbores que aparecen no fondo e na dereita, están realizados mediante trazos raiados, en distintas direccións e intensidades, creando contrastes de luces e sombras.
Francisco LLorens Diaz, naceu na Coruña en 1874, se no coñeces podeslle dar un repaso a súa biografia en http://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_Llorens_D%C3%ADaz . Moncho Botana. ------------------------------------------------------------
Cambados, 11 de Xullo de 2008.
O CONSELLEIRO SÚAREZ CANAL EN CAMBADOS
CON MONTSE PRADO E VICTOR CAAMAÑO DERÓN UNHA CHARLA
O MOTIVO DA MESMA FOI O 25 DE XULLO DIA DA PATRIA GALEGA.
O Conselleiro de Medio Rural Alfredo Suárez, Canal, a Delegada de Industria Montse Prado e o Portovoz do BNG no Concello de Cambados Victor Caamaño nun intre da charla.
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, realzou onte o papel do nacionalismo no goberno galego, durante o transcurso da presentación da campaña "Cremos non noso país?" encamiñada á celebración do Día dá Patria en Santiago, o próximo 25 de xullo.
Durante un acto público no Centro Comarcal do Salnés, ante numerosos militantes e simpatizantes do Bloque, Suárez Canal debullou algunhas das propostas formuladas polos nacionalistas ao longo do último ano e a incidencia que tiveron na defensa dos intereses de Galicia. Durante o acto tamén interveu Victor Caamaño Portovoz do BNG no Concello de Cambados e a delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria, Montserrat Prado, quen efectuou unha defensa sen concesións da política nacionalista e na necesidade de avanzar no autogoberno. Neste sentido, ambos coincidiron na necesidade de que o Bloque incremente a súa presenza e o seu peso no Goberno galego e confían que así será logo das eleccións que se convocarán o próximo ano, nas que prevén superar os trece deputados que teñen actualmente. No que á celebración do 25 de Xullo, esperan que a participación sexa masiva e agardan que os nacionalistas de Cambados e O Salnés acudan á cita. ------------------------------------------------------------
Cambados, 10 de xullo de 2008.
CHOURIZO FILMS AGASALLA A UNHA GRANDE CHEA CUN NOVO VÍDEO
FOI RODADO CO MOTIVO DA PRESENTACIÓN DO CALENDARIO PARA ESPERANZA SALNÉS
"GALICIA CADA DÍA MÁIS LINDA" , É A PEZA QUE SONA, UNHA DAS PREFERIDAS DO GRUPO.
Se por calqueira motivo non vos vai ven o video picar neste enlace
GRAZAS CHOURIZO FILMS ( http://es.youtube.com/user/Chourizofilms )
------------------------------------------------------------
Cambados, 10 de xullo de 2008.
UN MOZO CAMBADÉS BUSCA COMPOÑENTES PARA UN GRUPO MÚSICAL
VALENTIN ESTEVEZ RIAL QUERE FORMAR UN GRUPO DE ROCK
INTERESADOS, XA SABEDES, POÑERSE EN CONTACTO CON ÉL
O noso amigo Valentín Estévez Rial quere facer o seguinte anuncio: “Búscanse componentes para montar grupo de rock en Cambados, todo interesado débese poñer en contacto con él no seguinte correo: tilanaso@hotmail.com , debe indicar o estilo que lle gusta, nome e teléfono de contacto, e se é posible correo electrónico”. O seu espazo web é : ------------------------------------------------------------ UNHA GRANDE CHEA NO GDRCambados 9 de Xulllo de 2008
A ASOCIACIÓN DE ASOCIACIÓNS CONSTITUEUSE EN CAMBADOS
UNHA GRANDE CHEA E DAS ASOCIACIÓNS CONSTITUINTES
Á ASOCIACIÓN DE GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL CONSTIUESE EN CAMBADOS.
Foto 1.- Adela Leiro que representou a Candea. Foto 2.- Maria José Cacabelos que representou a Guimatur.- Foto 3.- Chon asinando os estatutos en representación de Unha Grande Chea e Foto 4.- O Sr. Durán que protagonizou a anécdota da xuntanza.
Concellos e colectivos sociais, culturais e económicos constituíron onte a Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural O Salnés (GDR), un organismo que substituirá ás fundacións comarcais e que xestionará os fondos procedentes do Programa Leader para a posta en marcha de proxectos encamiñados ao desenvolvemento do territorio. Durante a reunión celebrada onte no auditorio da Xuventude, á que asistiron representantes de máis dun centenar de asociacións da comarca, constituír unha comisión provisional, presidida por Jorge Domínguez, que se encargará de programar as reunións das diferentes mesas sectoriais, ata a súa creación definitiva no mes de setembro.
A Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande tamén forma parte desta grande Asociación de Asociacións e noso Secretario asinou os estatutos como unha das organizacións constituíntes. A anécdota estivo protagonizada polo Vicepresidente da Deputación Sr. Durán quen a hora votar a reforma ou non dos estatutos levantouse e mirou para atrás emitindo o seu voto, todo mundo se escangallou de risa , facía este xesto para darlle a coñecer a súas asociacións "afins" o que tiñan que votar e despois falaba a nosa concelleira de cultura de manipular asociacións. ------------------------------------------------------------
Cambados 9 de Xullo de 2008
EDUARDO APARIZ, UN ARTISTA DA FOTOGRAFÍA
PRESENTA UN NOVO TRABALLO NO SEU ESPAZO WEB
"FOTOGRAFÍA NO ESTUDIO"
A obra de Eduardo Apariz é impresionante mira no seu maior esplendor en www.cambadosenfotos.net
Aparece na páxina web de Eduardo Apariz www.cambadosenfotos.net un traballo titulado "Fotografía no estudio", e pódense ver con moito máis detalle, apreciando a fermosura , a súa estética, a súa grandeza na citado sitio web. Algunha parece en cadro de verdade. Como sempre temos que quitar o chapeu diante deste artista cambadés.
------------------------------------------------------------
Cambados 9 de Xullo do 2008
A GALA DO DEPORTE PARA OUTUBRO
UNHA VELLA REIVINDICACIÓN DE UNHA GRANDE CHEA
OS NOSOS DEPORTISTAS MERECEN ESO E MÁIS
A esgrimista Araceli Bugallo, o axedrecista Miguel Palacios e o especialista en descenso en Moountain Bike Losada, tres dos nosos deportistas máis significativos para hai moitos máis.
Lemos estes días na prensa que o Concello ten previsto para outubro deste ano a celebración da I Gala doDeporte en Cambados. ¡¡¡Por fin!!! diriamos nos, dende fai tres anos vímolo solicitando dende este espazo, que había que darlle máis importancia os nosos deportistas de ámbito no só nacional senón estatal, e facer unha gran gala do deporte en Cambados, aínda que moi tarde dámolle a benvida a iniciativa. Pouco a pouco o concelleira de Cultura vaise apropiando dalgunha das nosas ideas e como diría o Rei dos españois "nos llena de orgullo y satisfacción".
------------------------------------------------------------
Cambados 9 de Xullo de 2008
UNHA APOSTA É UNHA APOSTA
MONCHO BOTANA GAÑOULLE A APOSTA A DOMINGUEZ
TENLLE QUE PAGAR UNHA SUCULENTA CEA
Moncho Botana antes do 1 de Xullo e despoís do 1 de Xullo
Ramón Botana Cabanillas o neto do do noso egrexio escritor Ramón Cabanillas , gañoulle a aposta o membro de Unha Grande Chea Dominguez, apostaralle este último a Moncho Botana que non era capaz de deixar o pelo longo ata o primeiro de xullo de 2008, Moncho aceptou o desafío i é mais gañoullo, así Domin ¡Tes que pagar! mal que che pese. O noso amigo Paco Guerra foi autor da reportaxe gráfica.
------------------------------------------------------------
Cambados 9 de Xullo de 2008
O MONUMENTO O CHE SOFRE UN ATENTADO
HADRIÁN E SUSA ACUDIRAN A SÚA INAUGURACIÓN EN REPRESENTACIÓN DE UNHA GRANDE CHEA
OS BÁRBAROS NON TARDARÁN EN CAIR
A Policia Local de Oleiros levantando acta do atentato, Susa e Hadrián no día da súa inauguración e un primeiro plano do monumento.
Uns indeseables probablemente radicais de dereitas foron os autores do atentado contra a o monumento erixido o Che en Oleiros na noite de onte. A inauguración do mesmo acudiron en representación de Unha Grande Chea, Susa e Hadrián. Pese a todo probablemente non sexa moi difícil identificar os autores xa que unha cámara de vixiancia grava o monumento as 24 horas do día.
------------------------------------------------------------
Cambados 9 de Xullo de 2008
Como din no seu blog: vós veredes que ides facer, pero eu pasaría de tanto festival, porque este Sábado 12 de Xullo volve á cabina do Rif-Rock o alter-ego máis quente: BLACKY SANTÓRUM feat. Kurco SoundSystem SUMMER FUN!!!
------------------------------------------------------------
Cambados 9 de Xullo de 2008
VOLVE www.cambados.tk
POR DIVERSAS RAZÓNS A PÁXINA ESTIVO UN POUCO ABANDONADA
¡¡¡ TEMBLADE POLÍTICOS CAMBADESES!!!
A páxina volve con novos folgos.
Volve www.cambados.tk, despois como eles din dunha "breve" paréntese. A páxina que máis dor de cabeza lle levanta os nosos políticos, volve con novas forzas e ademais reclamando o apoio de colaboradores, ou sexa que xa sabes se tes ánima de periodista ponte en contacto con eles. O que si notamos bastante desmellorado é o seu famoso foro, a calidade brila pola súa ausencia e os comanterios a maioria son fútiles e vacios de contido, un aspecto a mellorar pero que pouco depende dos promotores da páxina. Benvidos de novo e unha aperta
------------------------------------------------------------
Cambados 9 de Xullo de 2008
HOMENAXE O GAITEIRO RICARDO PORTELA
PRESENTACIÓN DO CD "FOLIADA NAS RIAS BAIXAS"
NO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
Dúas instantaneas de Ricardo Portela e a portada do CD.
O vindeiro venres día 11 de xullo, no Teatro Principal de Pontevedra, ás 21:00 horas terá lugar a *gala presentación* do dobre CD *Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre*.
O acto, de *entrada libre*, será conducido por *Xurxo Souto* e contará con actuacións musicais de artistas participantes no disco como ÁLvaro Novegil, Os Trazantes de Tenorio, Enrique Otero, Airiños do Parque de Castrelos ou Juanjo Fernández entre outros, e pequenas entrevistas a familiares, amigos e alumnos de Portela como Rosa Portela, José L. Calle, Xosé V. Ferreirós, Antón Corral, Wenceslao Cabezas del Toro "Polo", Amando Fontám, Eladio Argibay ou Xabier Garrote entre outros. A gala desenvolverase dentro dos actos do IX Memorial Ricardo Portela promovida polo Concello de Pontevedra e organizada pola Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, Andrade Comunicación e Edicións do Cumio. O traballo discográfico recolle as aportacións de máis de trinta artistas do mundo da música tradicional que renden homenaxe ao gaiteiro de Viascón. Trátase dun dobre CD publicado por Edicións do Cumio pola iniciativa da Asociación Toque Pechado de Pontevedra, encabezada Oscar Ibáñez, no que os músicos reinterpretan o repertorio de Ricardo Portela e que se acompaña de fragmentos de conversas con amigos e alumnos de Portela. A edición complétase cun libriño onde se recollen os textos de cada un dos participantes a modo de semblanza do mestre de Viascón. O traballo está promovido pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e os Concellos de Pontevedra e Cotobade. ------------------------------------------------------------
Cambados 8 de xullo de 2008
A CONSELLERÍA DE CULTURA CON CAMBADOS A TOPE
FINCANCIARÁ O ANO CABANILLAS
UN COMPROMISO PERSONAL DE ANXELA BUGALLO
Anxela Buballo, Conselleira de Cultura e Deporte, Luis Bará Director Xeral de Cultura, Maria Xesús López Delegada Provincial de Cultura e Ramón Cabanillas: Póker de ases.
A Consellería de Cultura e Deporte, en máns do BNG, vólcase coa a celebración do ano Cabanillas como non podía ser menos. En representación da Conselleira Sra. Bugallo, Luis Bará o Director Xeral de Cultura díxolle os representantes cambadeses que a financiación do Ano Cabanillas estaba asegurada. E para canalizar toda esa axuda está a Delegada Provincial de Cultura María Xesús López. As criticas primeiras da Concelleira de Cultura de Cambados e do noso Alcalde a Consellería de Cultura como todos sabiamos eran infundadas, coma sempre. Teremos coa axuda de Cultura un bo ano Cabanillas, sobre todo se a dirección corre a cargo de Paco o de Xenxa e de Luis Rei.
------------------------------------------------------------
Cambados 8 de xullo de 2008
LINO SILVA EXPÓN EN BORRÓN 4
TEBRAS E CLAROS É O TITULO DA EXPOSICIÓN
ESTARÁ ATA O 8 DE AGOSTO
Unha das súas obras que se expoñen e a segunda imaxe é un autoretrato do propio Lino Silva.
O vindeiro xóves ás 20.30 horas a recoñecida Galeria Borrón 4 inaugura a Exposición de Pintura de fomoso artista cambadés Lino Silva que leva por nome “Tebras e Claros”. A exposición poderrase visitar de martes a sábado de 11.30 a 14.00 horas en horario de maña e de 18.30 a 21.30 horas en horario de tarde, áta o 9 de Agosto. A Galeria Borrón está situada na Avda de Galicia Nº 39 de Cambados, o seu telefono é o 986520122 e o seu correo electrónico borrón4@terra.es. ------------------------------------------------------------ JORGE HERVELLA UN ENÓLOGO EN ALZACambados 7 de Xullo de 2008.
JORGE HERVELLA GAÑA O PRIMEIRO PREMIO NA XLV FESTA DO VIÑO DO RIBEIRO
O RIBADAVIENSE DE NACEMENTO E CAMBADÉS DE ADOPCIÓN FOI O CREADOR DO VIÑO GAÑADOR "DIVINO REI"
TEN O SEU ESTABLECEMENTO NOS CATRO CAMIÑOS EN CAMBADOS
Jorge Hervella e a súa tarxeta.
O enólogo Jorge Hervella Primeiro Premio en brancos na XLV Feira do viño do Ribeiro na "Cata Oficial", mais de 60 adegas participaron no evento.
A Adega "Castro Rei" de Sampaio (Ribadavia) Propiedade de Rafael Castro Domínguez, fixo o viño branco gañador elaborado polo enólogo Jorge Hervella co nome de "Divino Rei". En tinto a gañadora foi o colleiteiro Antonio Cajide co seu viño "Viña do Avó". A XLV Feira do Viño do Ribeiro chegou así seu fin en Ribadavia tras tres xornada de actividades. Os organizadores ven positivo o traslado do certame a xullo, para así poder amosar uns viños de calidade, e destacan a bonanza meteorolóxica. ------------------------------------------------------------
Cambados 7 de xullo do 2008
AS MULLERES DO MAR, GUIAS TURÍSTICAS
O SEU LEMA: "ACHÉGATE A CAMBADOS, COÑECE CON NÓS A CULTURA DO MAR"
GUIMATUR TEN DOUS ROTEIROS DIFERENCIADOS
Mulleres mariscando na praia un día calqueira e o seu quiosco onde os turistas poden encargar as súas visitas guiadas.
¿Que é Guimatur? Pois Guimatur non é nin máis nin menos que a Ásociación Cultural de Mulleres do Mar de Cambados, está formada por 17 mariscadores e duás redeiras. Está aberta a todas as mulleres que traballan no sector do mar. As súas actividades promordiais son as visitas guiadas pola beiramar e os bancos marisqueiros e os seus obxectivos son amosar a súa forma de vida e a rica herdanza cultural do pobo mariñeiro galego, dar a coñocer o seu traballo, revalorización da muller no mundo do mar e a promoción dos nosos productos e riqueza gastronómica.
------------------------------------------------------------
Cambados 6 de Xullo do 2008
ZAO REVENTARÁ CON "THE HENRY WARNIMONT"
OS QUE ANTES ERAN "PLAY BACK" ESPERAN GAÑAR NOVAMENTE A MOCIDADE CAMBADESA
CADA VEZ TEÑEN MÁIS CALIDADE
Varios intres da actuación de este ano de The Henry Warnimont en "Cheavisión"
O día de San Bieito , o 11 de Xullo ás 23 horas na Discoteca Zao de Cambados preséntanse en sociedade con se novo nome "The Henry Warnimont" os cambadeses que antes se chamaban "Play Back". Nos coñecémolos sobradamente e mitos de vos tamén porque xa levan dous anos consecutivos participando nos Venres de entroido que organizamos na Discoteca Zao, tanto no Festival Beatles como en Cheavisión. Desexámoslle moita sorte co seu novo nome e que triunfen.
------------------------------------------------------------
Cambados 6 de xullo de 2008
ASEMBLEA DO CLUB JUVENTUD CAMBADOS
CELEBROUSE HOXE AS 11 DA MAÑA EN EXPOSALNES
PRESENTACIÓN DA SÚA NOVA PÁXINA WEB www.clubjuventudcambados.es
O Cambados presentou a súa nova páxina web, e presidendo a reunión o Presidente Ricardo Charlín "Richar, o Secretario Borja Botana e o tesoureiro Manuel Leiro.
Hoxe ás 11 tivo lugar no Salón de Exposalnés a Asemblea do Club Juventud de Cambados, a destacar a gran labor da directiva, encabadaza por Richar, membro tamén destacado de UNHA GRANDE CHEA, os obxectivos deportivos cumpridos e presentación da súa nova páxina web. Moita máis información www.clubjuventudcambados.cl.tf
------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------
Cambados 6 de xullo de 2008.
O BAR GERMAN CUMPRE 80 ANOS
FOI INAUGURADO UN 18 DE XULLO
É O ESTABLECEMENTO HOSTELEIRO ABERTO MÁIS ANTIGUO DE CAMBADOS E UN DOS MÁS ANTIGUOS DA COMARCA.
(PREME NAS FOTOS SE QUERES VELAS AMPLIADAS)
Varios intres de celebración no Bar German, e recemento Chourizo films rodou ali escenas do seu western
Chegar aos oitenta anos é sempre tarefa difícil. Facelo no bo estado de saúde que goza o bar Germán de Cambados é case envexable. Este establecemento abriu as súas portas o 18 de xullo de 1928, cando Cambados se atopaba inmerso na celebración dos festexos de Santa Mariña. Foi Germán Pintos o que entón rexentaba este negocio. Pasoulle a testemuña ao seu fillo, Ramón Pintos, ao que aínda hoxe se lle pode ver polo local xogando a partida. E este cedeulle, fai uns anos, o local ao seu fillo, Celestino Pintos. En total, tres xeracións pasaron pola barra deste establecemento que dentro dunha semana cumprirá os oitenta anos. «Ao principio vendía de todo un pouco. Tiñamos tamén unha adega pequena na que se facía albariño e tinto. A colleita vendíase na taberna», recorda hoxe Ramón Pintos, máis coñecido como Moncho . A súa paixón era ser mecánico e, durante anos, traballou en varios talleres da zona. Pero un bo día «dixéronme que tiña que traballar aquí, que facía falta», explica.
Para UNHA GRANDE CHEA é parada obligatoria o Bar German nos Antoridos
A historia de Celestino, ao que todos chaman Tino , é diferente. Empezou estudos de filoloxía, pero non lle gustaba demasiado. Volveu a casa e descubriu no viño unha das súas paixóns. Aquela pequena adega continúa hoxe fornecendo dos mellores albariños ao establecemento. «Temos dúas hectáreas de albariño coas que elaboramos 20.000 botellas e o 60% da produción véndese aquí», asegura Tino. Ouso dá Torre, que así se chama a firma, tivo moito que ver na creación do consello regulador. De feito, Moncho e o seu pai participaron en moitas das reunións para debater os estatutos do novo consello regulador. Tino é hoxe catador desta entidade. Pai e fillo dirixen esta pequena adega e realizan todo o traballo. Quizais por iso os seus caldos teñen tanta fama, «porque vivimos a vida no medio das cepas», afirma Moncho. Cando o bar Germán abriu as súas portas, os mariñeiros eran os seus principais clientes. «Vendiamos viño e chatos para os mariñeiros, nada máis», asegura Moncho. Recorda que, nunha soa mañá, era necesario «encher a botella de cana entre catro e cinco veces». Entón, a partida xogábase tamén antes de comer, «porque non había café». Non foi ata os anos sesenta que chegou a primeira cafetera ao local. Con ela apareceron as que hoxe son as famosas partidas de cartas e tamén de dominou. Foi pola mesma época cando Pepita , a muller de Moncho chegou tamén ao Bar Germán.
Os protagonistas do Bar Garman: Unha clientela fiel, Pita, Tino e Moncho, e o ben que se pasa ali mirando os partidos.
E con ela fixeron aparición as famosas empanadillas. Sérvense todos os sábados e os domingos e lograron converter a este establecemento nun local de obrigada visita durante os fins de semana. De feito, en ocasións resulta case imposible atopar un oco libre á hora do viño. Nestes oitenta anos, o Germán viu cambiar moito á súa clientela. «Agora vén moita mocidade», asegura Pepita . é lugar de cita obrigada para os amantes das partidas de carta e, ultimamente, de dominou. Tamén, lugar de fútbol, onde moitos cambadeses celebraron recentemente a última vitoria da selección española. Pero, sobre todo, é un local familiar, entrañable. Se detrás da barra estiveron xa tres xeracións de Pintos, entre os seus clientes figuran ata catro xeracións da mesma familia. Será polas empanadillas, será pola calor co que se acolle a todo o mundo pero ao Germán quédanlle aínda moitos anos máis de traballo. Texto: MARUXA ALFONSO. ------------------------------------------------------------ Cambados 5 de Xullo de 2008
GOGUE E FLOREANO ESTIVERON EN CAMBADOS
LUIS REI INFORMOUNOS DA ASCENDENCIA CAMBADESA DE GOGUE
UNHA GRANDE CHEA ESTIVO NA PRESENTACIÓN DO LIBRO.
A portada do libro, o reverso e os membros de Unha Grande Chea posando con Gogue.
Onte presentou en Cambados o seu libro Gogue, este grovense internacional que todos los dias nos fai rir dende as paxinas de Faro de Vigo. O presentación foi realmente sensacional, estivo a cargo de dous grandes amigos seus Benito Leiro e Luis Rei. Comezou falando Luis Rei quen como sempre, o "chalequeiro" de Unha Grande Chea, ilustrou de xeito maxistral os alí presentes sobre da figura e obra de Gogue, a aínda fixo rir os presentes en bastantes intres da súa disertación.
O Secretario de Unha Grande Chea, Chon esperando a que Gogue lle escriba a súa adicatoria, e por último os intervientes na presentación do libro, Luis Rei, Gogue, Benito Leiro e Moncho Argibay
Enterármonos, polo menos nós, que pola venas de Gogue corre sangue cambadesa xa que o seu pai era natural de Cambados, casou no Grove e alí naceu Gogue, que un estudante en Dakota fixo a súa tese doutoral sobre a obra de Gogue etc. Logo tomou a palabra Benito Leiro quen falou sobre da traxectoria profesional de Gogue e por ultimo tomou a palabra o propio Gogue quen emocionado deu as grazas os alí presentes. Unha Grande Chea tamén tivo alí os seus representes, a así asistiron o acto Susa, Hadrián e Chon quen posaron co artista. Xi xa admirabamos a Gogue, dende admimrolo moito máis. Ah, por certo, o libro paga a pena compralo e cara o Alvariño deixamosvos coa derradeira viñeta do mesmo que ven valdría como lema nalgunha das camisetas deste ano. A presentación correu a cargo de Moncho Argibay en representación das librarias Contos, Castelao e Cabanillas.
------------------------------------------------------------ Cambados 5 de xullo de 2008. OS PAPAMOSCAS VOLTAN A SAN BIEITO DA MAN DA ASOCIACIÓN OBRADOIRO "VOLANDEIRA" PRESENTADOS ONTE NA PRAZA DE FEFIÑANS Os danzantes de cobas e un dos papamoscas no ano 40, duas fotos de onte da Voz de do Diario de Arousa, dos novos papamoscas.
Vecinos e turistas víronse onte sorprendidos cando en plena praza de Fefiñáns apareceron dous bonecos xigantes, acompañados dun grupo de gaiteiros. E é que nin sequera moitos aldeáns acórdanse dos papamoscas, os cabezudos que acompañaban a imaxe de San Benito na súa procesión. Contan na asociación Obradoiro Volandeira, que se encargaron de elaborar estes bonecos, que das festas do San Benito desapareceron fai máis de 45 anos. Por iso os responsables desta agrupación pediron, axuda institucional para permitir que estes xigantes volvesen lucir todos os 11 de xullo, cando Cambados celebra unha das súas festas máis importantes.
Encargoronse de adquirir as enormes cabezas destes bonecos, que foron elaboradas nun taller de fallas de Valencia. E os mozos de Volandeira puxéronse ao choio para confeccionar, con todo luxo de detalles, os traxes e o armazón destas criaturas. Tres semanas levoulles coser saias e pantalóns, pendentes e camisas. Foron tan detallistas que ata coseron un a un os flocos do pano que leva a moza. Non resulta fácil, explican, atopar tea con floco de tales dimensións.
Mar Martinez e Manuel Rial (no foto con Montse que pertence as duas asociaicóns Unha Grande Chea e Volandeira) foron os que dirixiron os seus cara a consecución destes papamocas. Os integrantes de Volandeira coidaron ata o último detalle na recuperación desta tradición. Informáronse de que, por exemplo, á moza coñecíalla en Cambados como Petra , pois contan que se parecía a unha señora de Corrubedo que todos os ano traía unha atraccións á festa cambadesa. Ao home, en cambio, bautizárono como Benito, xa que ninguén recorda como se lle chamaba outrora. A asociación preparou tamén a presentación con todo luxo de detalles. Fixo que os papamoscas saísen do palacio, como se facía entón, e que fosen acompañados dun grupo de gaiteiros. Así percorreron durante un intre a praza de Fefiñáns. Os que llo perderon deben saber que poderán volver ver estes papamoscas o próximo 11 de xullo. Durante as festas do San Benito percorrerán as rúas pola mañá e participarán na procesión pola tarde. Os novos bonecos en cifras. Moitos poden pensar que esta celebración é completamente pagá, pero en Volandeira aseguran que non. «Naceron para engrandecer o divino», explica Manuel Rial , integrante de Volandeira. Eran típicos dos festexos en toda Galicia, pero en Cambados tiñan un nome especial. Chamaronlle papamoscas porque abrían e pechaban a mandíbula mentres desfilaban. Os que agora elaboraron estes mozos miden 3,60 metros de altura e pesan, cada un, ao redor de vinte quilos. De sacalos á rúa encargaranse tamén os de Volandeira. Unha persoa situarase baixo a roupaxe, pero outras deberán axudalo a guiarse polas rúas do municipio. Así polo menos explicouno onte a presidenta da asociación, Mar Martinez . Ao final, a presentación acabou converténdose en toda unha festa. á mesma acudiron numerosos veciños e integrantes de Volandeira. Os presentes arrincáronse a bailar ao ritmo das gaitas e demostraron que de tradición saben o seu. Felicidades por esta iniciativa que, seguro, encantará a todos os veciños. Texto: Maruxa Alfonso. ------------------------------------------------------------ Cambados 5 de xullo do 2008. ACTO DO BNG EN CAMBADOS INVITAN OS CAMBADESES A UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O DIA DA PATRIA O ACTO TERÁ LUGAR EN EXPOSALNÉS Victor Caamaño, Montse Prado e Alfredo Suárez Canal quenes falaran no acto. ------------------------------------------------------------ Cambaados, 5 de Xullo do 2008. 100.OOO VISITAS CHOURIZO FILMS UN RECORD SEN PROCEDENTES NA BISBARRA O SEU CURTO "NO VOLVERÉ" ACADOU ESA CIFRA
Non por esperado non deixa de ser sorprendente, o curto “NO VOLVERÉ” de produtora cambadesa Chourizo Films acadou as 100.000 visitas que como sabedes en you tube son moitas porque a recoñecer a IP do ordenador si repites para ver novamente o film só che conta unha vez. Din os nosos colegas no seu fotolog www.fotolog.com/chourizofilms que non saben o motivo de tantas visitas pero que teñen entradas de Chile, México, California, Arkansas, Brasil etc. Danos as gracias a todos os que visitamos o film incluíndo aos que pensan que estan todo o día pinchando nos vídeos para acordar maior repercusión. Nos dámoslle os nosos parabéns a Chourizo Films e para os poucos que aínda non o virades aquí o tedes novamente:
------------------------------------------------------------ O MES DE XULLO É O MES DE GALIZA, PARTICIPA NOS ACTOS QUE HONRAN O TEU PAÍSCambados 4 de xullo de 2008
AS REVENIDAS 2008
"TODO UN ESPECTÁCULO"
As Revenidas cada ano que pasa van adquirindo unha forza e fama moi merecidas, é toda grazas os homes e mulleres de Vilaxoan e en espacial a Asociación Cultural Repicocha, este ano téñennos preparado o seguinte programa: Día 18 de xullo: As 22.30 horas no escenario Caixagalicia actuación de ATAQUE ESCAMPE, CAPITÁN SINHO, SON DO GALPOM, ARPIONI, GALEGOZ e MARCOS PAYNO. Ataque Escampe, Som do Galpóm, Arpioni e Galegoz Día 19 de xullo: A partir das 12 horas alborada a cargo dos XIRIFEIROS. A partir das 14 horas chupinaso e sardiñada popular Revenidas. A partir das 16 horas, animación , zancudos, monociclistas, percusión, malavares, e música a cargo de OS TERRIBLES DE AROUSA e PETER PUNK Os Xirifieiros. Os Terribles de Arousa e Pieter Punk . A partir das 20.30 horas sardiña popular Revenidas, e no escenario Revenidas actuación de TITERES ALAKRAN e a actuación especial de TINO BAZ. Titeres Alakran e Tino Baz
E xa a partir das 22.30 horas e no escenario Caixagalicia actuación de SERRA-LHE-AI, CAPITÁN SINHO, O SONORO MAXIN, CHE SUDAKA, e O INFANTE TERRIBLE.
Ademais máis actividades, acampada, buses, todo de balde.
Serra-Lhe-Ai, Sonoro Maxin e Che Sudaka
------------------------------------------------------------
Cambados 4 de Xullo de 2008
PEREIRO = PERERO
A veces “paseando polos fotologs cambadeses atopaste cousas moi interesantes, concretamente no de www.fotolog.com/bullock84 vemos unha foto de Pereiro o revés e nos enteramos que este elemento, este personaxiño ven de asinar o manifesto promovido polos entes fascistoides españois e que prepara o famoso director dun peridico mundano que facia o amor cun corsé e non precisamente coa súa colorida muller, un manifesto claramente contrario as linguas galega, vasca e catalá .Pola parte que nos toca queda desterrado da nosa páxina web. Oscar Pereiro nunha entrevista a Vieiros que non ten desperdicio, é un cúmulo de contradicións, podedes lela na seguinte ligazón http://www.vieiros.com/nova/67602/non-estou-de-acordo-con-que-nos-colexios-sexa-obrigatorio-o-uso-do-galego , chega a dicir que non está de acordo en que nos colexios sexa obrigatorio o uso do galego, incluso Chourizo Films, coa relavancia que ten este colectivo chega a pedir a retirada do maillot de Pereiro do Pub a Leria , apoiamos esta moción tamén. Non sabe este elemento que o idioma que está en perigo é o galego, non sabe que na prensa uso do galego sendo optimistas non pasa do 10%, que na administración de xustiza non chega o 3%, que nos rexistros da Propiedade e Notarias non chega o 1% , ou que só o 35% dos nosos mozos falan en galego etc. etc.. Pereiro non mereces ser galego, de agora endiente imoche castelanizar o teu nome e rebautizamote como “PERERO”. ------------------------------------------------------------
Cambados 3 de xullo de 2008
¿CANDO NOS DARÁN A COÑECER AS ACTUACIÓNS DO ALBARIÑO?
DE MOMENTO ALIS E DE LUXE E DOS UNICOS QUE SE SABE ALGO.
A estas alturas o ano pasado xa se coñecían as actuacións do Albariño, e pensabamos que era tarde porque estabamos en ano electoral o al menos esa era a exucsa do concello, pero resulta que este ano estamos xa en xullo e só coñecemos unha das actuacións e non de xeito oficial aínda que si xa consta na súa páxina web www.alismusic.com , a actuación de Alis máis Deluxe. Alis este ano actuará tamén en moitos concertos como artista invitado de Amaral. Pero ¿que pasa cos outros días?, e imposible que a estas alturas de tempada non teñan contratados os artistas que van actuar no Albariño. ¿Por que nos dan a coñecer?. ¿Levarán a cabo a nosa famosa idea de darlle un días os grupos cambadeses? en fin esperemos que nos despexen todas estás dúbidas en breve.
------------------------------------------------------------
Cambados 3 de Xullo de 2008
UNHA GRANDE CHEA NON PODE IR AS REVENIDAS
POR RAZONS PERSONAIS INAPRAZABLES TEMOS QUE SUSPENDER A ACTUACÓN
PEDIMOS PERDÓN A ORGANIZACIÓN E DESEXAMOSLLE MOITOS ÉXITOS.
Dende logo os días 18 e 19 de xullo, toda aquel que pertenza o Planeta Arousa, non se pode nin debe aburrir porque ten unha cita en Vilaxoán. O programa amplísimo en todos os sentidos incluídos o culinario con máis de mil quilos de sardiña para xantar gratuitamente e non digamos nada do musical que puídechevos ver todos na prensa. Nos desafortunadamente , pese a estar invitados pola organización para actuar , por razóns persoais inaprazables non podemos acudir, xa lle presentamos as nosas escusas a organización, a cal dexémoslle moitos éxitos no evento que de seguro que o van ter.
------------------------------------------------------------
Cambados 3 de Xullo de 2008
NIN COMISIÓN NI REUNIÓN, UNHA SIMPLE CHARLA INFORMATIVA
O PP INCUMPRE UN ACORDO PLENARIO TOMADO POR UNANIMIDADE
PESE A TODO D. RAMÓN CABANILLAS ESTA POR RIBA "POLITIQUEOS BARATOS".
As 20.30 horas no Salón de Plenos do Concello de Cambados tivo lugar unha reunión entre a Comisión de Cultura do Concello de Cambados e algunhas das asociacións cambadesas, presidía a reunión a Concelleira de Cultura Anabel Carro, a cal nun perfecto castelán explicou por encima en que vai consistir o Ano Cabanillas, logo Luis Rei, o home que máis sabe de Cabanillas, explicou polo miúdo en que van consistir os actos e como poden participar as asociacións nos mesmos.
Ata aquí todo máis ou menos ben, pero o pleno de Novembro de 2007 quedou sen cumprir, lembramos o que dicía a periodista da Voz presente naquel pleno o 11/11/2007, Maruxa Alfonso: """...O remate foi o socialista Domingo Tabuyo o que propuxo unha decisión salomónica. «Podemos crear una comisión organizadora, con todos os representantes da sociedade, e unha máis executiva», afirmou E esta foi a proposta que tamén triunfou entre os presentes. Así, a comisión de Cultura encargarase de tomar todas as decisións e, periodicamente, reunirase con todas as asociacións que queiran colaborar nos festexos...""". Isto que dicía Maruxa e que se acordou no pleno non ten nada que ver coa "REUNIÓN" de onte que foi somentes iso , unha mera charla informativa e non unha Comisión Organizadora como se acordou no pleno. Non é que queiramos aguar a festa pero Touris e Anabel non cumpriron nin pensan cumprir o acordado plenario. Algo terán que dicir os demais partidos políticos o respecto. O remate da reunión un membro de Unha Grande Chea preguntoulle a concelleira que era isto unha reunión ou a constitución dunha comisión a resposta de Anabel foi "...isto é unha comisión-reunión...", vaia híbrido, non isto non é Sra. Concelleira nin unha Comisión nin unha reunión, isto é unha simple charla informativa. Si estivera Don Ramón no Salón de Plenos diríalle a Anabel aquela frase do seu poema "Amor de Neno" que dicía: "Non finxas o que non sintes, porque non hai quen cho crea". Por certo no Diario de Arousa de hoxe podemos ler esta frase textual: "...La concejala convocará nuevamente a todos las asociaciones en el momento en el que disponga de un programa definitivo y a medida en que las gestiones que está realizando fructifiquen...", temolle que decir os nosos amigos de Diario de Arousa que esto non é verdade, é mais o Concelleira de Cultura dixo que non se volveria a convocar porque é moi díficil reunir a todos. Pero pese a incumprimentos plenarios D. Ramón esta por riba de todo isto e entre todos témolle que facer un bo ano. ------------------------------------------------------------
Cambados, 2 de Xullo do 2008
O RIF-ROCK, UN DOS PUBS MÁIS EMBLEMÁTICOS DE CAMBADOS CUMPRE NOVE ANOS
Hoxe 2 de Xullo o RiF-Rock cumpre 9 anos de vida. Un venres 2 de xulllo de 1999 abría as súas portas na Rúa Infantas de Cambados, segundo os donos sen saber moi ben o que estaban a facer , pero nos engadimos que están a facer unha boa labor social e cultural aparte de lúdica e que continuen por moitos anos. Invitanos a tomar unha copa a súa saude, pero as celebracións oficias deixanas para finais do verán. !!!Felicidades Rifeños¡¡¡ NOVA XENTILEZA DE ------------------------------------------------------------ NOVA CONVOCATORIA DO CONCELLOCULTURA CONVOCA NOVAMENTE A UNHA GRANDE CHEA
E AS DEMAIS ASOCIACIÓNS DE CAMBADOS
A CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN "ANO CABANILLAS"
A comisión de Cultura do Concello de Cambados, convocou a Unha Grande Chea a unha xuntanza que está prevista para mañá no Salón de Plenos do Concello de Cambados, ás 20.30 horas. Polo pouco que sabemos é para cumplir un acordo plenario do Concello de Cambados do ano 2007 que acordado a unha creación dunha Comisión Mixta para a organización de Ano Cabanillas 2009. Falando con outras asociacións culturais o mediodia algunha ainda non recibirá a invitación.
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
GOGUE PRESENTA O SEU LIBRO
"HISTORIAS FLOREÁNICAS"
ACTÚAN COMO MESTRES DE CEREMONIA BENITO LEIRO E LUIS REY
Luis Rei, Benito Leiro, Gogue e a portada do libro.
O vindeiro venres 4 de xullo ás 21 horas e no Salón de actos de Exposalnés presentación do libro "Historias Floreánicas" do caricaturista grovense Gogue. Presentarán o acto o Xefe de Prensa do Concello Benito Leiro e historiador Luis Rei. E por suposto tamén falara no acto Gogue. Organizan o acto as librerías Contos - Castelao e Cabanillas. NOVA XENTILEZA DE: ------------------------------------------------------------ PRESENTACIÓN DA EMPRESA CAMBADESA "A TRAIÑA SELECCIÓN GASTRONÓMICA" Esta empresa dirixida por Chicha Rodríguez Vieites e Alfonso Cordal Rodríguez, comenzou a súa andadura hai aproximadamente 7 meses; aínda que existe na longa carreira familiar, dende máis de 3 xeracións. As labores comerciais dos noso antecesores, comenzaron só con peixe; máis tarde engadiuse o marisco ao noso catálogo. A continuación foron o viño e a augardente os protagonistas. Agora a estrela é a grandeza da nosa gastronomía na súa totalidade. NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------
Ao longo do mes de xullo, as nenas e nenos de entre 4 e 12 anos poderan interectuar coas Novas Tecnoloxías.
A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas. As nenas e os nenos, cada vez a unha idade máis temperá, achéganse ao ordenador coa mesma curiosidade que ao mundo real, ben sexa para xogar, navegar, conversar etc. Aproveitando as vacacións de verán, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, realiza 2 obradoiros, os cales están encamiñados a mostrar o contido dun espazo como é a Internet, onde a aprendizaxe se combina coa diversión e o entretemento.
Ao longo do mes de xullo, os martes e o xoves en horario de 11:00 a 12:00 o primeiro grupo e de 12:00 a 13:00 o segundo grupo terán ocasión de familiarizarse un pouco máis co ordenador e a internet.
Os grupos dividironse en función da idade das e dos participantes. Así os máis pequenos (ata 7 anos) interectuaran entre eles e co ordenador mediante xogos educativos en software libre. Pola súa parte, os maiores (entre 7 e 12 anos) faran un traballo colaborativo, onde ademais de traballar en grupo terán que empregar distintas ferramentas ofimáticas e internet: software específico para a elaboración de presentacións dinámicas, google, descarga de música legal...
Prévese unha alta participación xa que o número de nenas e nenos anotados ascende a corenta e seis.
Datos de contacto:
Alberto Fandiño Mariño
Eliana Bouzas Collazo
Rede de Dinamización da Sociedade da Información
Centro Comarcal do Salnés
Tlf.: 986 52 60 13
Fax: 986 54 33 66
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/centros/index.php?idc=77
NOVA XENTILEZA DE:
------------------------------------------------------------ |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|