UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    Humor Grandecheo: NON CHEGUEI TODO O MÁIS ALTO DA CADEA ALIMENTARIA PARA SER VEGETARIANO.

    Cambados 31 de Xullo de 2009

    “DON RAMÓN” ASISTIU A FESTA

    INAUGURACIÓN DA SÚA ESTATUA

    COA PRESENZA DE UNHA GRANDE CHEA.

    Onte tivo lugar a inauguración da estatua de D. Ramón Cabanillas , que foi colocada na Praza do Concello, coa asistencia de autoridades , familia e como non da presencia de Unha Grande Chea, que entre outras cousas fumos os impulsores de este “Ano Cabanillas 2009”.  Gala en Fefiñans, festa na Calzada e festa na Rua Isabel II. As gaitas de Unha Grande Chea volveron a sonar  con forza animando a festa e logo a bailar os “playbacks” de D´Tacón. Podes ver todas as fotos do xoves en “As nosas fotos…”.

    ACTIVIDADES PARA HOXE:

    Alborada a cargo dos grupos de gaitas. As 13.00 horas, apertura dos stands de degustación. As 16 horas no Museo Etnográfico e do Viño, Xornadas técnicas do Albariño. Participación de expertos en trámites administrativos no cultivo, elaboración e comercialiazación do viño. As 22 horas na Praza do Concello verbena popular coa actuación de Verano Azul e Gran Estelares. As 22 h. na Praza de Fefiñans, Concerto de M-CLAN.

    Humor Grandecheo: SE COMO CAMIÑAS COCIÑAS CÓMOME ATA A POTA

    Cambados 30 de xullo de 2009

    UNHA GRANDE CHEA  NOS MEDIOS

    PROTAGONISTA MEDIÁTICA DA FESTA

    O NOSO CHALECO CHAMA A ATENCIÓN

    Na inauguración da festa do Albariño 2009 (Preme AQUI para ver un vídeo da mesma), aparte, obviamente, das autoridades, Unha Grande Chea foi a protagonista  da festa sen descusión algunha, todos os medios “solventes” non dubidaron en entrevistar o noso presidente ou a algún dos nos nosos directivos, o chaleco é evidente que chama a atención na festa, 24 anos  contemplan este prenda, somos con moito a peña máis antigua do Albariño e eso non pasa desapercibido. Podes ver as fotos de todo o mércores en “As nosas fotos”.  E preme AQUI para verrnos en video gravado pola Voz de Galicia. Por certo impresionante a actuación de “The Henry Warnimont” (Preme AQUI para ver un video da súa actuación) e de “504”, os primeiros melloraron moitisimo e teñen moito futuro,  e os segundos raian na profesionalidade. Maqueen, ben,  animaron, pero con certos problemas de son. O remate do concerto as gaitas de Unha Grande Chea animaron a festa, ata altas horas da madrugada.

    ACTIVIDADES PARA HOXE:

    Alborada a cargo de grupos de gaitas. As 10 no Parque de Torrado, ximnasia para maiores ao aire libre dentro do programa Concello Saudable. 13, apertura dos stands de degustación. As 22.15 na Praza de Fefiñans XII Gala do Albariño, onde se fará entrega dos premios nos eidos de Cultura e Artes Plásticas, Empresarial, Deportes, Atención Social, Xonarlismo e Comunicación Social. Por certo para o ano Unha Grande Chea cumpre 25 anos, ¿Algo terá que facer o Concello? (Ahí deixamos cair a picada). A Continuación concerto  en directo de Coti, Gibson Brothers, La Decada Prodigiosa e Maria Chenlo.  Ás 24 horas na praza do Concello actuación da orquestra D´Tacón e o Duo D´Perlas. (Podes ver os carteis neste mema páxina en "Vindeiros Eventos").

    Podes consultar todo o programa do Albariño premendo AQUI.

    Humor Grandecheo: SE BUSCAS UNHA MAN QUE CHE AXUDE, BÚSCAA AO FINAL DO TEU BRAZO.

    Cambados 29 de xullo de 2009

    ¡¡¡HOXE EMPEZA A FESTA!!!

    TODO ESTÁ PREPARADO PARA A MELLOR FESTA DO MUNDO

    A UNHA DA TARDE TODOS NA CALZADA.

     

    Todo está preparada para a mellor festa do mundo, hoxe a partires das trece horas comeza a Festa do Albariño, ali estaremos para proceder a inuguración e dende aquí animamos a todo o mundo se sume o acto. O día comezará con Alborada a cargo de grupos de gaitas e as 13 horas  no Paseo da Calzada  inauguración da LVII Festa do Viño Albariño polo Conselleiro de Medio Rural, Presidente da Deputación de Pontevedra, Delegado Territorial e o Alcalde de Cambados. As 19 horas no Parque de Torrado, festa infantil con hinchables, taller de xoieria con sementes, animación e agasallos de Gas Natural. As 21.00 horas super-concerto na praza do Concello con “The Henry Warnimont”, “504” e “Maqueen”.

    Decir doutra banda que foi espectacular a presentación do libro sobre a biografia de Ramón Cabanillas “Crónica de desterros e saudades” de Luis Rei,  presentación de luxo con Francisco Fernández Rei, Victor Freixanes e Emilio Insua, rematando o acto Luis cun discurso emocionado e emocionante. Unha Grande Chea fixolle o seguinte agasallo debididamente montado por Eduardo Apariz:

     

    Humor Grandecheo: SE A MONTAÑA VÉN A TI ... ¡ CORRE , É UN DERRUBE !

    Cambados 28 de xullo de 2009

    FAISCAS DE SOLOBEIRA NA TVG

    GRAVARAN PARA O PROGRAMA “ALALA”

    DURANTE A FESTA DE SANTA MARTA

    Os Faiscas de Solobeira cos Danzantes de Cobas

     

    Mañán é a festa de Santa Marta en Pontearnelas, nesta festa son uns fixos dende fai varios anos un dos mellores cuartetos tradiconais de Galicia “Faiscas de Solobeira”, excelentemente guiados e dirixidos polo mestre Xaquin Xesteira, ademais amigo e compañeiro de Unha Grande Chea. Pois ben, nesta festa a TVG , e máis concretamente o programa “Alala” vai proceder a gravación durante todo o día da festa destes escelentes gaiteiros, quenes estarán acompañados dos seus amigos os inigualables “Danzantes de Cobas”. O programa emitirase na vindeira tempada de “Alala” aproximadamente no mes de setembro ou outubro , do cal informaremos oportunamente.

    Humor Grandecheo: A INACTIVIDADE SEXUAL É PERIGOSA... PRODUCE CORNOS!! (

    Cambados 28 de xullo de 2009

    THE HENRY WARNIMONT ANTE A SÚA AFECCIÓN

    O VINDEIRO MERCORES NA PRAZA DO CONCELLO

    O REMATE HAI O CONCERTO SOLICITADO POR UNHA GRANDE CHEA E WWW.CAMBADOSWEB.NET

     

    A ultima hora e fora de programa o Concello seguiu as indicacións de Unha Grande Chea e www.cambadosweb.net e o mércores 29 antes de concerto de Maqueen, haberá un concerto de grupos de Cambados , menos dos que esperabamos, ogallá que para o ano os avisen con máis antelación e se faga un gran concerto de grupos cambadeses e se convirta nun clásico. De todas formas grazas no nome dos rapaces, porque eles o necesitaban.  Además de "504" estarán  The Henry Warnimont que  teñen  a seguinte historia:
    Nacen no ano 2005 na localidade pontevedresa de Cambados baixo ou nome de 'Playback', que logo dun par de anos cambia polo nome actual. A orixe do grupo ten lugar con Falcón, Buchán e Berto (dous guitarras e batera), uníndose pouco despois Ruvy co baixo, Domy na voz e Miguel non teclado. A incorporación de Yoli tivo lugar trala marcha do cantante orixinal e do teclista. Actualmente, 'The Henry Warnimont' esta a ultimar temas para a gravación dá súa primeira maqueta que se prevé para antes do verán de 2009.
    INFLUENCIAS
    Guns n' roses, Led Zeppelin, Muse, Arctic Monkeys, Jimi
    Hendrix , The Offspring, Green Day, Rede Hot Chili Peppers, Porcupine Tree...
    MEMBROS
    Yolanda Martinez (Voz), David Falcón (Guitarra solista,rítmica e coros), David Bouzada 'Buchán' (Guitarra rítmica,coros), Ruvy Igrexas (Baixo e coros) e Berto Chaves (Bateria)
    XÉNERO/S
    Rock / Alternativa

     

    ACTIVIDADES PARA HOXE:

       

    1.- Luis Rei.- 2.- Francisco Fernández Rei.- 3.- Emilio Insua.- 4.- Victor Freixanes.

    As 10 no parque de Torrado, ximnasia para maiores ao aire libre, campaña Cambados Concello Saudable. As 20.00 horas na planta baixa de Pazo de Torrado, inauguración da Exposición “A Rasoeira dos Recordos” realizada pola Editorial  Galaxia. No Xardín do Pazo de Torrado, presentación da biografia de Ramón Cabanillas “Crónicas de desterros e saudades”, de Luis Rei, coa participación do autor, ademáis de Francisco Fernández Rei, Emilio Xosé Insua López e Victor Freixanes. Apertura e peche músical da soprano Andres Bua Aguin.

    Humor Grandecheo: AO QUE MADRUGA DIVOS MÍRAO SORPRENDIDO!!

    Cambados 27 de xullo de 2009

    O ESPIRITU DE CABANILLAS NA PRAZA DO CONCELLO

    ACABA DE SER COLOCADA A SÚA ESTATUA HOXE MESMO

    UNHA GRANDE CHEA OS PRIMEIROS EN FOTOGRAFIALA

    O autor da escultura, Lucas Miguez depelo branco e barba,  falando coa funcionaria do Concello Maria Parada, mentras os obreros colocan a mesma.

     

    Hoxe mesmo acaba de ser colocada a estatua do noso máis universal dos nosos paisanos o egrexio escritor Ramón Cabanillas, feita en bronce polo escultor de Mos Lucas Miguez. El autor da obra en compaña de varios obreros procederon a colocación da estatua as 14 horas horas aproximadamente , a  mesma será inaugurada en breve. D. Ramón está sentado nun dos bancos que hai diante do Concello cun libro nunha man y noutra a pluma, no libro pódese ler o famoso poema “Ati meu Cambados…” Por certo se por curiosidade queres botarlle unha ollada  antes da inuguaración vas vela así:

     

     

     Unha Grande Chea de tódolos xeitos ofreceche a posibilidade de que vexas como a colocoraron premendo no seguinte arquivo: 

    Humor Grandecheo: A INTELIXENCIA PERSÉGUEME, PERO EU SON MÁIS RÁPIDO.

    Cambados 27 de xullo de 2009

    BLOG SOBRE A PEONALIZACIÓN

    DA PRAZA DE FEFIÑANS

    http://peonalizacion.blogspot.com

    ACTIVIDADES PARA HOXE

     

    O mesmo que abreu a conta en facebook,  Iago Pillado Losada, procedeu a apertura don blog a prol da peonalización da Praza de Fefiñans http://peonalizacion.blogspot.com . Iago fainos ver con todo luxo de detalles os pros e os contras do peche da Praza e seguinos a decir: “Ningúen se imaxina que a Praza do Obradoiro, a de María Pita na Coruña ou a da Ferrería en Pontevedra estivesen atravesadas por unha estrada, nin que servisen de aparcamento no canto de preservar os seus valores históricos, artísticos e turísticos. Pola contra, en Cambados levamos un forte retraso no proceso de recuperación dos cascos vellos para os peóns, que hai décadas que se ven producindo en vilas e cidades de toda Galicia, promovidas por gobernos municipais de todas as cores políticas.”

    A partir dagora, na dirección http://peonalizacion.blogspot.com  estará dispoñible o contido desta campaña para quenes non teñan conta de Facebook. Na mesma liña de facilitar a adhesión de quenes non teñen conta de Facebook, abreu unha recollida de sinaturas  en liña. Quen queira asinar, pode facelo aquí: http://cort.as/0t4

     

    ACTIVIDADES PARA HOXE:

    Maribel Iglesias

    Do 27 ó 30  no Centro Cultural a Merced e nas Casas de Cultura das Parroquias, actividades “Xogos Tradicionais”. No pazo de Torrado, as 21.30 horas, proxección de fotobiografia de Cabanillas realizada por Maribel Iglesias, acompañada de concerto para guitarra por Nestor Blanco e zanfoña por José Manuel Acha.

    Humor Grandecheo: NON SON UN COMPLETO INÚTIL, POLO MENOS SIRVO DE MAL EXEMPLO.

    Cambados 26 de Xullo de 2009

    “504” EN CONCERTO, EN CAMBADOS

    O VINDEIRO MÉRCORES DO ALBARIÑO 29 DE XULLO

    NA PRAZA DO CONCELLO SOBRE DAS 23.00

     

     

    O mellor do rap galego na actulidade vai estar en Cambados, a derradeira hora pecharon un concerto co Concello , por eso non sae na programación do Albariño, será o vindeiro mércores na Praza do Concello co gallo da Festa do Albariño sobre das 23.00 horas aproximadamente.

    Breve descripción do grupo:

    504 é un proxecto musical de recente creación, froito da alianza entre dous grupos anteriores, “Bronquitis Crónica” e “Mito Escrito”, xa asentados no panorama galego. Estes grupos foron claros referentes da que pode ser denominada como a segunda xeración do rap galego, a cal abarca aos artistas musicais que inician a súa produción artística a partir do ano 2000.

     

     

    A súa formación estrutúrase en 4 mc´s (cantantes) Bad, Didaco, Kotto e Peich; un dj, Webo; e un produtor musical, o beatmaker Pablo Uve, apoiado por Bad. Os seus integrantes son orixinarios tanto de Santiago de Compostela como de Cambados.

    Logo de ofrecer máis de 100 concertos ao longo da xeografía galega, compartir escenarios con artistas do panorama estatal, nas visitas destes a Galicia; e sacar ao público sete referencias ao longo desta década, con formatos de longo autoproducido; hoxe afrontan a publicación de “504”, proxecto homónimo ao nome da nova agrupación, con formato de digipack autoproducido, pero desenvolvido a partir duns recursos, tanto técnicos como de comunicación, que o elevan a un acabado profesional.

    O lanzamento da súa primeira referencia está previsto para Setembro de 2009 e serán adiantados os seus contidos, a modo de preview, mediante actuacións ao longo de todo o verán deste ano.

    Cun son na liña do actual rap hardcore que produce exitosamente a escena estatal, 504 vén achegar ao panorama rap de Galicia a contundencia lírica de todos os seus integrantes, a diversidade derivada do seu formato e procedencia, uns contidos que oscilan entre o egotrip de corte lúdico, a subcultura hip-hop e certo intimismo existencialista.

    Humor Grandecheo: SE O AMOR É A RESPOSTA, PODRIAME REPETIR A PREGUNTA?

    Cambados 26 de Xullo de 2009.

    XURXO DURÁN EXPÓN NO TETUÁN

    ATA FINAIS DE AGOSTO.

    Xurxu Durán, unha amiga deste e o presidente de U.G.CH.

     

    Xurxo, aparte das súas obras,  dirixe en Rennes na Bretaña francesa,  donde reside habitualmente, un colectivo artístico de 60 persoas os que lle da clases. Estes días e ata que remate Agosto, Xurxo,  expón no Pub Tetúan de Cambados, sito na Rúa Isabel II. A exposición titulase “Solucións plásticas”. As creacións inspiranse na vida cotiá do autor  e pódese apreciar unha gran variedade de obras en óleo, acrílico, sobre táboa, papel e lenzo.

    ACTIVIDADES PARA HOXE:

    De 11 a 13 horas no Pavillón Polideportivo do Pombal, Curso de Capoeira. As 11 no Paseo da Calzada, exposición de antiguedades “O Barco Bello”. As 12 na praia de Santo Tome, competición de kayaks de mar entre os Clubes Kayak de Vigo, A Pinela de Aldán, Club Muros-Noia e Piraguismo Cambados. As 17.00 horas, dende o Peirao turistico de O Grove, XXV Remonte da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. As 22 horas na Praza de Fefiñans, Elección de Raiña e Damas da LVII Festa do Albariño. As 23 horas actuación en concerto de MR. Dixie Swing Band.

    Humor Grandecheo: ¡¡¡ UN AMOR SEN BICO É COMO UN MACARRÓN SEN QUEIXO !!!

    Cambados 25 de xullo de 2009

    FOTOS DA SARDIÑADA DE SANTA MARGARITA

    MAÑÁ RASTRILLO DE ANTIGÜEDADES NO PASEO DA CALZADA

     

     

    Hoxe dentro de que é a festividade de Santa Margarita tivo lugar o xa tradicional  sardiñada que ten xentilmente a Comisión de Festas reparte gratuítamente, asi como pan e viño tinto. Impresionante o esforzo desta xente, as colas eran enormes como podedes ver na reportaxe fotográfica a que podes acceder  premendo no seguinte arquivo:

    SANTA MARGARITA 2009 SARDIÑADA

    RASTRILLO DE ANTIGUEDADES

    Doutraba banda mañan hai Rastrillo de antiguedades no paseo da Calzada , donde sole haber cousas interesantes e moi baixo prezo, se vos interesa algo podes ver un video das cousas que máis o menos se vende premendo AQUÍ.

    Humor Grandecheo: SE UN DÍA LEVÁNTASCHE E NON PODES VER O SOL: ¡SOBE A PERSIANA, PARVA!

    Cambados 25 de Xullo de 2009

    O PAZO DE FEFIÑANS EN TVE

    UNHA REPORTAXE TEN COMO ANFITRIONAS AS DONAS DO PAZO

     

    Estes días emitiuse na primeira de TVE unha reportaxe do Pazo de Fefiñans, e as súas cepas lexendarias, con explicación das donas do Pazo dos aspectos máis relavantes do viño e do lugar máis bonito de Galicia. Por certo que podedes seguir votando a Praza de Fefiñans como unha das maravillas de Galicia premendo AQUÍ.  Asemade se queres ver o video non tes máis que premer AQUÍ.

    ACTIVIDADES PARA HOXE:

    Alborada a cargo de grupo de gaitas.  De 11 a 13 horas no Pavillón Polideportivo de O Pombal  Curso de Capoeira. As 12 sardiñada  e mexiloada gratuíta  para os asistentes con motivo da festividade de Santa Margarita. As 13.30  Concerto a cargo da Banda de Música Cultural  de Ribadumia. As 20.30 horas misa solemne na capela de Santa Margarita e Procesión, e por último as 22 horas en Santo Tome, verbena popular cua actuación da Orquestra Oriente e Grupo Latino.

    E por suposto non esquezamos que hoxe é o Dia da Patria Galega.

    Humor Grendecheo: BONITAS PERNAS A QUÉ HORA ABREN?

    24 de xullo de 2009

    FESTIVAL XIRONSA 2009

    VII FESTIVAL DE MÚSICA POPULAR

    O 26 DE XULLO AS 17.00 NO CAMPO DAS FESTAS DE CORVILLÓN

    1.- Cuarteto tradicional Bou de Bou.- 2.- Grupo tradicional "Tanto me ten"

    O vindeiro domingo 26 de xullo as 17.00 horas no Campo das Festas de Corvillón, vai ter lugar o Festival Xironsa 2009, VII Festival de Musica Popular, organizado pola Asociación Cultural Xironsa. Entre as actividades destacamos xogos populares, obradoiros de música, exposición de fotos, mexiloada e chourizos o viño, carreiras de carrilanas e zancos. As 21 horas concerto a cargo do cuarteto tradicional “Bou de Bou”, “Duo de acordeóns Rias Baixas”,  e o grupo tradicional “Tanto nos ten”.

    Humor Grandecheo: VIVIREI DOS MEUS PAIS ATA VIVIR DOS MEUS FILLOS...

    Cambados 24 de xullo de 2009

    ¿PERO NON VAS VOTAR O PAZO?

    O PAZO DE FEFIÑÁNS COMO A 7ª MARAVILLA DE GALICIA?

    ¿E LOGO QUE VAS VOTAR “A LOMBA?

     

    O Faro de Vigo acaba de invitarnos a que votemos a 7ª Maravilla de Galicia, pero si nos en Cambados temos a primeira, a mais fermosa, a máis coqueta, a máis idilica, a máis agarimosa, a máis “chuliña”, a máis riquiña, a máis agaiolante, a máis sambinitiña, a máis elegante, a máis impresionante, a máis itinerante, a máis rimbombante, a máis acolledora, a máis…, en fin a mellor maravilla do mundo, e por ende de Galicia,  a………………………………¡¡¡Praza de Fefiñáns!!!, , vota esta maravilla premendo AQUÍ. E iso que temos entre outras as seguinte s maravillas de Galicia: Castro de Baroña, Parque Natural das Illas Atlánticas, Dunas de Corrubedo, Ribeira (A Coruña), Praia das Catedrais, Ribadeo, Lugo, Faro de Fisterra, Costa da Morte (A Coruña), Casco Vello de Pontevedra…., non teñen nada que facer. ¡¡¡Votanos!!!, e chama a todos cambadeses a que nos voten.¡¡¡Ollo, temos moi poucos votos, así que a votar por Fefiñans!!!.

    Actividades para hoxe:

    No pavillón polideportivo municipal, "Curso de Capoeira".

    21.00.- No Pazo de Torrado, exhibición de Capoeira".

    23.00: Illa das goritas-Porto de Cambados. FESTA DANCE MÁXIMA FM, coa actuacíón  dos DJ´s: Dani MonterMiguel Angel Roca, Toni Sánchez,  e J.L. Sánchez.

    Humor Grandecheo: A VIDA SON 3 DÍAS: 2 DE FESTA E UN DE RESACA

    Cambados 23 de Xullo de 2009

    FARO DE VIGO FAISE ECO DE MATIAS

    O XORNAL TOMOU BOA NOTA DO ACTOR CAMBADÉS

     

     

    Na Faro de Vigo de onte, e na edicción de Arousa, fixose amplo eco da nova do actor cambadés que triunfa en Suecia. Matias Padin chamou a atención dos redactores arousáns de Faro de Vigo. A veces ún enteresase de cousas a través de charlas con amigos, nos que coñeciamos a este rapaz non sabiamos da súa condición de actor, ata que o outro día nunha comida con Rosalia e Eduardo comentaron o tema de xeito anecdótico. Nin que decir ten que é unha maravillosa nova para o noso pobo, e ainda que a veces insistimos no tema, se sabedes dalgún paisano que destaque por algo, por favor facernolo saber.

     

     

    Actividades para hoxe en Cambados:

    -10.00: No Parque de Torrado, ximnasia para maiores  ao aire libre, campaña Concello Saudable.

    -20.00: No Museo de Pazo de Torrado, inauguración da Exposición “Cabanillas e os artistas do seu tempo”. Mostra aberta ó público de 24 de xullo ó 20 de setembro.

    21.00: No pazo de Torrado, defensa personal clase aberta para maiores de 12 anos.

    22.30: Na Escalinata de Santo Tome, Rimas ao vento mareiro. Espectáculo con imaxes, música e poesias  de Ramón Cabanillas a cargo da escola municipal de teatro e con participación  de embarcacións tradicionais.

    Humor Grandecheo: NON ROUBES... O GOBERNO ODIA A COMPETENCIA

    Cambados 22 de Xullo de 2009

    POLA PEONALIZACIÓN DA PRAZA DE  FEFIÑANS

    NUN PORTAL DE FACEBOOK QUE XA TEN PRETO DE 300 MEMBROS

    O SEU ADMINISTRADOR É IAGO PILLADO LOSADA.

     

     

     

    Iago Pillado Losada e un estudante da USC, natural e veciño de Cambados con inquietudes diversas, unha delas é mirar o mellor para o seu pobo, el dinos neste portal que “A Praza de Fefiáns (s.XVI), unha das máis fermosas de Galicia, atópase aínda en pleno 2009 aberta ao tráfico rodado, maila que hai anos que se construíu unha estrada alternativa. Na mesma teñen cabida o Pazo de Fefiñáns (s.XVI) e a Igrexa de San Bieito (1618-1634), e nela se celebraba antigamente o mercado.”  E sigue engadindo “Aos membros deste grupo gustaríanos que se procedera á peonalización da praza para recuperala durante todo o ano coma espazo de esparcemento para todos e todas, e que deixe de ser a estrada e o aparcamento que a día de hoxe é.”. Unha Grande Chea , entre outras moitas persoas e colectivos  de toda clase e condición, desexa esta peonalización, ti se queres incluirte como membro deste grupo preme AQUÍ.

    Humor Grandecheo: A PREGUIZA É A NAI DE TODOS OS VICIOS E, COMO Á NAI, HAI QUE RESPECTALA

    Cambados 22 de xullo de 2009

    INTERESANTE DEBATE

    SOBRE O ALBARIÑO NA PAXINA  www.cambados.tk

     

     

    Estes días estase a reactivar de xeito frenético o foro de www.cambados.tk, cun tema case que unico, a Festa do Albariño, o debate estase aproducir dentro dunha boa cordialidade con respeto a tódalas opinións e con ideas bastantes interesantes, paga a pena dar unha volta polo foro (Libro de visitas)  e deixar a opinión neste novo debate. Nos xa deixamos a nosa.

    Humor Grandecheo: ¡¡A VIDA É ASÍ DE SINXELA NON LLE BUSQUES ENREDOS E DIVIERTETE!!!

    Cambados 22 de Xullo de 2009

    MICHI CALAMBRES NO RIF ROCK

    ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS

     

    Este Venres... CALAMBRES!!! Este Venres 24 de Xullo,

    o Rif-Rock ten o pracer de presentar na nosa cabina unha nova tolemia do...Sr. Michi CALAMBRES!!! nunha sesión moi especial que ademáis nos intruducirá nos sonidos dun dos seus novos proxectos:Triquili-TIKI Recordings!!!Non vo-lo perdades!!!

    Máis información en http://www.rifrockerz.blogspot.com

     

    Actividades para hoxe en Cambados:

    As once horas na Praia de San Tomé, exhibición  de Fit Pilates e clase aberta a maiores de 12 anos. As 20,30 horas  no Pazo de Torrado, “As Roladas” (Foi un intento, conducido pola man de Ramón Cabanillas, para crear unhas páxinas literarias e de instrución para divertir, educar e concienciar ao público infantil galego. Nesta publicación colaboraba tamén Wenceslao Fernández Flórez, se ben os seus artigos non chegaron a publicarse, debido a que, desgraciadamente, esta iniciativa non pasou dos dous primeiros números. As ilustracións que aparecen nos dous números publicados maio e xuño de 1922 son de Castelao e de Antonio Palacios. ), sesión de contacontos para nenos “O mar de Cabanillas”, e por último ás 21.30 no Pazo de Torrado exhibición de Body e clase aberta para maiores de 12 anos.

    Humor Grandecheo: QUE PARECIDO HAI ENTRE UNHA MULLER EMBARAZADA, UNHA TORTA DE QUEIXO QUEIMADA E UNHA BOTELLA DE CERVEXA CONXELADA... ? QUE SE A SACARAS UN POUCO ANTES XAMAIS PASARÍA.

    Cambados 21 de xullo de 2009

    GRITO DE MATIAS DAPORTA E TINO GONZALEZ

     

     

    Matias Daporta González e  Tino González (sobriño e tio respectivamente ), foron quen de subir o “cabalo de Gadis”  que estaba estes días  na porta deste establecemento preto da Praza de Abastos  en Cambados, e efectuar o grito Gadis, por parte de Matias foi este  “¡¡¡Porque hai un galego na lúa, vivamos como galegos!!!”.  Se queres que  ver o grito  e que sexa o  máis votado preme AQUÍ e vota por el. Por parte de Tino foi "¡¡¡Gustame ser galego porque o bran en Galicia dura dez meses, vivamos como galegos!!!", (un pouquiño esaxerado por parte de Tino, pero bueno...) se queres ver e votar por el preme AQUI. Está en xogo un mp4 ou unha televisión de plasma. Asemade se queredes votar por outros cambadeses que tamén probaron o grito de orgullo premer AQUI .

    Humor Grandecheo: SE ALGUNHA VEZ SENTES UN GRAN BALEIRO ¡INXERE ALGO! ¡¡É FAME!!!

    Cambados 21 de Xullo de 2009

    UN CAMBADÉS QUE TRIUNFA EN SUECIA

    MATIAS PADIN VARELA UN ACTOR FEITO REALIDADE

    Aqui podemos ver a Matias en varios trailers primeiro da pelicula Storm, despois na serie "Nya tider" e na pelicula "Snabba Cash"

    Na primeira foto podemos ver a Matias nunha obra de Teatro, na segunda rodando un escena de "Snabba Cash" ,  a terceria e o cartel desta última pelicula donde aparece Matias (é o primeiro pola esquerda), e a cuarta nunha escena tamén desta última pelicula.

     

    Karl Louis Matias Padin Varela, ainda que nacido en Estocolmo o 23 de Xuño de 1980, e de pais cambadeses e él tamén se considera cambadés. Matias e fillo de Luis Padin Fandiño (irman de Fernando que ten a tenda de deportes Sportman en Triana)  y Maria del Carmen Varela que foi veciña do Borrón (fronte a antiga escola de Viritas) , os cales emigraron a aquel pais en busca de mellor fortuna. Matias xa non é promesa senón toda unha realidade no cine sueco. Tras as súas costas ten films como Frokën Sverige (2004), Estocolmo Bogie (2005), Storm (2005 Premio do Público no Festival de Cine de Estocolmo 2005 e o  Méliès de Plata no  Festival de Cine de Amsterdam 2006. Preme AQUÍ para ver o trailer), e xa con un papel destacado en  Snaba Cash (preme AQUI para ver un trailer desta derradeira pelicula)  que foi rematada de rodar este ano. Tamén participa nunha seria moi famosa na televisión sueca ”Nya tider” facendo o papel de Mischa (podes ver a cabeceira da serie premendo AQUI) , e tamén fixo os seus ”pinitos” no teatro. Matias que a maioria do tempo que pasou en Cambados foi por motivos vacacionais,  tamén ten os seus amigos cambadeses, un deles é Edu Chuchunero, que nos facilitou as fotos que vedes abaixo, do Albariño onde podemos  ver , cando o traballo llo permite, a Matias na Festa gozando da mesma como bo cambadés que é.

    Na primeira das fotos podemos ver a Matias no Pub a Leria, na segunda co seu amigo Edu e na terceira nunha festa feita no Pazo de Ulloa con varios dos seus amigos cambadeses.

    Humor Grandecheo: AS MOZAS "PERDIDAS"... SON AS MÁIS BUSCADAS.

    Cambados 21 de xullo de 2009

    "CABANILLAS E OS ARTISTAS DO SEU TEMPO"

    INAUGURACIÓN DESTA EXPOSICIÓN

    O DIA 23 DE XULLO ÁS 20.OO HORAS NO PAZO DE TORRADO

    Nesta exposición podemos ver obras de Castelao, Lloréns, Asorey, Seoane, Narciso Pérez, Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Antonio Palacios, Uxio Souto entre outros (colocados na foto por este orde).

     

    No Museo do Pazo de Torrado inauguración da Exposición “Cabanillas e os artistas do seu tempo”. Mostra aberta ó público do 24 de xullo ó 20 de Setembro. Mostra composta por obras orixinais de Castelao, Lloréns, Asorey, Seoane, Narciso Pérez, Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Antonio Palacios, Uxio Souto.... Unha mostra que fará de Cambados un referente cultural en Galicia. Organiza Concello de Cambados.

    Ademáis temos hoxe as seguintes actividades: As 10 no parque de Torrado, ximnasia  para maiores o aire libre dentro da Campaña “Cambados Concello Saudable”. As 12 no Pazo de Torrado, exhibición de Taekwondo e clase aberta para nenos de 5 a 14 anos, e ás 20.30 horas no xardín do Pazo de Torrado, recital dos Poemas de arte e artistas de Ramón Cabanillas, a cargo da Escola Municipal de Teatro con acompañamento músical dentro dos actos “2009 Ano Cabanillas”.