UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    HUMOR RETRANQUEIRO: ¿UNHA PELICULA EROTICA PERTENCE O XÉNERO DE CIENCIA FRICCIÓN?

    Cambados 3 de Setembro de 2008

    UN ANXO "VOOU" DAS RUÍNAS
    UN DEBUXO DE 1957 CONSTATA A SÚA PRESENZA
    NA ACTUALIDADE HAI UN ENORME BURACO.

     

            

    1.- Debuxo de "Reina?".- 2.- Foto na actualidade.


    Moncho Botana sempre anda a procura de imaxes de internet sobre Cambados, estes días atopou a que vedes arriba, tratase dun debuxo de tinta  dun tal "Reina?" segundo se pode deducir da súa sinatura, no que na súa marxe superior dereita apreciase claramente a cabeza dun anxo (sinalado cunha frecha vermella), comprobeino onte persoalmente quitando unha foto o mesmo lugar e puiden apreciar que a cabeza do anxo non existe  e no seu lugar  hai un grande buraco, a "desaparición" é de fai algún tempo, pero a gran pregunta é: ¿Cómo desapareceu ese anxo?

    Texto: Chon.- Debuxo "Reina?" (facilitado por Moncho Botana) Foto: Unha Grande Chea.

     

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 1 de Setembro de 2008

    TRES NOVOS ÁLBUMS DE FOTOS
    FOTOS DE UNHA GRANDE CHEA CON FAMOSOS, POPULARES, POLÍTICOS ETC.
    FOTOS DO 3X3 E DO PREGÓN DE CARLOS RÁBADE

    CO PRESIDENTE TOURIÑODA XUNTA   CO FUTBOLISTA PELE   CO SHOWMAN MONCHO BORRAJO

    1.- Co Presidente da Xunta. 2.- Con Pele.- 3.- Con Moncho Borrajo.


    Dende o mes pasado que non podiamos subir fotos a sección de "As nosas fotos...As vosas Fotos", porque coa Festa do Albariño habiamos esgotado o espazo que nos daban para o mes. Cumprida a "pena", subimos un álbum que nos consideramos moi interesante onde podedes ver fotos de membros de  Unha Grande Chea co Presidente da Xunta, co Vicepresidente da Xunta,  con Pele, con Moncho Borrajo , con Marlene Morrau, co Alcalde   Touris, e un longo etc.. logo tamén subimos algúnhas fotos do campionato de Basket 3X3 e do pregón do no querido Carlos Rábade na seu pobo natal, ademáis engadironse cento e pico fotos máis o almbun de Hadrián Cores do Albariño. Dende aquí animamos a todos os que queirades que se publiquen as vosos fotos de algún acontecemento ou festa,  para  que nos las enviedes o noso correo.Tamén advertimos que se algúen sae nunha foto publicada neste espazo e por calqueira circunstancia non quere salir, non ten máis que poñelo no noso coñocemento e inmediatamente retirase a fotografía.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 31 de Agosto de 2008

    NOVO VÍDEO CLIP DE UNHA GRANDE CHEA

    "O ESCUDO" É A CANCIÓN QUE SERVE DE SOPORTE.

    CANCIÓN DE CEGO QUE FOI A ESTRELA DO ENTROIDO DE 1987.

         

    1.- Foto do antroido de 1987 co panel confeccionado por Mon Daporta.- 2 e 3.- Dous fotogramas do devandito panel.

    Un accidente dun camión con pluma o chocar contra a única ponte da praza de Fefiñans no ano 1987, causando danos no seu escudo foi o que nos dou pe a facer unha das mellores letras da nosa comparsa, de xeito gracioso  e con música de cego contase o ocorrido no accidente  e a consecuencia do mesmo. Dicir a modo de anécdota que nun bar de Cambados onde cantamos a canción estaba o propio autor do sinistro o cal nos invitou a unhas botellas de albariño. Podedes ver o videoclip que inclue tódalas viñetas do panel de cego , arriba en videos.

    Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 31 de Agosto de 2008

    A PELICULA “SABELA DE CAMBADOS” CUMPRE 60 ANOS

    FOI  RODADA EN 1948

    DIRIXIDA POR RAMÓN TORRADO

     

    1 e 2.- Dúas carteleras da pelicula "Sabela de Cambados"

    Ala polo 1948, cunha duración de 95 minutos e baixo a dirección de Ramón Torrado rodouse a película “SABELA DE CAMBADOS”, particpando como actores principales Maria Fernanda Ladrón de Guevara, Amparo Ribelles, Jorge Mistral e Fernando Fernández de Córdoba entre outros, a producción correu a cargo de Suavia Films-Cesareo González, o film estrenouse o 14 de febreiro de 1949 no Cine Avenida de Madrid. Trátase dun drama preto dun amor abnegado. Un mozo namorado a unha muller que prefire a outro, emigra a América para esquecer o seu fracaso e buscar fortuna. Cando regresa tras moitos anos de ausencia, atópase que Sabela é infeliz debido a que o seu marido e o seu fillo son dous lerchos vividores que non dan nin golpe e dilapidan a fortuna das súas conxugues. Juan, o agora rico indiano, non quere aproveitar a situación e mal meterse no fracasado matrimonio, por contra, decidirá intentar convencer ao díscolo marido de que abandone a vida de disolución moral que leva e faga feliz á súa boa esposa. Pese o titulo a película non foi rodada ningunha escena en Cambados, os exteriores filmaronse en Santiago e na Coruña.

    Texto: Internet.- Fotos: Imaxes Google.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 30 de Agosto de 2008

    CON DE XIDO A ALACANTE

    NESTE MES DE SETEMBRO

    INTERCAMBIO CULTURAL CO GRUPO DE DANSES CENTENER DE VILA JOIOSA

    1.- Susa, pandereteira de Unha Grande Chea tamén forma parte de conde Xido.- 2.- Formación de Conde Xido.

    Os integrantes do grupo folclórico Con de Xido devolverán en setembro a visita ao Grupo de Danses Centener de Vila Joiosa e viaxarán a Alacante, no marco do intercambio folclórico no que ambos están participando.

    O grupo alacantino estivo en Cambados ata fai uns días participando nun festival folclórico que convenceu aos cambadeses. Ademais, tiveron ocasión de coñecer os lugares máis emblemáticos da comarca do Salnés e gozar da amabilidade dos habitantes desta zona.

    O intercambio cultural no que participa Con de Xido desenvólvese co patrocinio do Concello de Cambados e co apoio da Deputación de Pontevedra, o que lles permite coñecer outras paraxes.

    Texto: Diario de Arousa.- Fotos: Unha Grande Chea e Con de Xido.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 30 de Agosto de 2008

    LIBRO PARA LER: “AVOS”

    DE CHEMA HERAS

    RESIDENTE EN CAMBADOS

      

    1.- Chema Heras e Rosa Osuna.- 2.- Portada do libro "Avós".

    Hoxe presentámosvos unha marabilla de libro, aínda que quizá non destaque tanto polo seu formato ou pola súa tradición, é unha delicia, un libro cunha historia moi tenra. "Avós" (Abuelos) é o seu título.

    Dous avós decátanse de que vai haber baile no pobo, e o avó mételle présa á súa muller xa que ten moitas ganas de ir, aínda que ela non está do todo convencida. Unha historia de aceptación do paso do tempo, tenra e doce como poucas. Un libro que nos ensina o poder do amor e o respecto a pesar do paso dos anos.

    Chema Heras é o seu autor é profesor de inglés e vive en Cambados, e escribiu libros para o ensino da lectura en galego e tamén outros para o Departamento de Educación de Nova Gales do Sur durante a súa estancia en Australia. Nacido en Avila en 1957 é un dos personaxes máis recoñecidos da actualidade,  no noso país,  e tamén no estranxeiro. As ilustracións son de Rosa Osuna.

    Texto: Chon.- Fotos: A Voz de Galicia e Imaxes Google.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 30 de Agosto de 2008

    TENIS DE MESA DE ALTURA EN CAMBADOS

    XXXII EDICIÓN DO TORNEO DO ALBARIÑO

    ORGANIZA TENIS DE MESA CAMBADOS

     

      

    1.- Raquel Martinez.- 2.- Karoll Hasek.- 3.- Ñajo Padin

    Os principais equipos galegos e varios conxuntos de Portugal danse cita esta fin de semana non pavillón de San Tomé na trixésima segunda edición do Trofeo Albariño de Tenis de Mesa. Un torneo organizado polo Cambados T.M., e que conta coa colaboración do Concello de Cambados, ou Salnés T.M., a Deputación de Pontevedra e mais a Fundación Deporte Galego, dependente dá Dirección Xeral para ou Deporte dá Xunta.

    Na xornada de hoxe competirán vos raquetistas dás categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e veterán. Entre a representación local, parten con opcións de podio Paula Padín e Andrea Chaves, en benxamín feminina, Martín Regueiro, en alevín masculina, Raquel Martínez e Cristina Barreiro, en infantil feminina, Eduardo Barreiro e Fernando Padín, en cadete masculina, e Ñajo Padín, en veterán.

    Mañá será ou quenda dá categoría absoluta. Nela, e cos mellores xogadores de Galicia e do norte de Portugal en competición, Karol Hasek será a principal baza do Cambados T.M.

    O Trofeo do Albariño comezará ás dez dá mañá, e prolongaráse ata iso dás dúas dá tarde, para completar a súa primeira xornada desde as catro ata a última hora dá tarde.

    Texto: A Voz de Galicia.- Fotos: Tenis de Mesa Cambados.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 29 de Agosto de 2008

    OUTRO CARBONCIÑO DE LLORENS SOBRE CAMBADOS

    DESTA VEZ TRATASE DA CAPELA DO HOSPITAL

    FOI REALIZADO EN 1924.

         

    1.- Carbonciño da Capela do Hospital de LLorens (1924).- 2.- Capela do Hospital  na actualidade.- 3.- Pintor Llorens

    Lembrabamos o mes pasado  que en 1924, Lloréns viaxou coa súa muller a Cambados. Alí realizou unha serie de apuntes, dos cales algúns, serviron de base a óleos, pintados posteriormente. Nesta ocasión LLorens fai unha composición da Capela do Hospital , ten un punto de vista baixo, case a nivel de chan. As casas que aparecen representadas, están realizadas dun modo lineal e xeométrico, contribuíndo a crear a sensación de profundidade e perspectiva da rúa. Francisco LLorens Diaz, naceu na Coruña en 1874, se no coñeces podeslle dar un repaso a súa biografia en http://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_Llorens_D%C3%ADaz

    Texto e fotos: Moncho Botana.

    ------------------------------------------------------------

    HUMER RETRANQUERIO: O ÚNICO QUE FRENA A CAIDA DO CABELO É O CHAN.

    Cambados 28 de Agosto de 2008
    VENRES 29 DE AGOSTO EN PAZO DE TORRADO
    DANZAS AFRICANAS
    UN ESPECTÁCULO EXÓTICO E DE COLORIDO

    Mañá venres 29 de Agosto de 11 a 13 horas un espectáculo exótico e de colorido vai ter lugar no Pazo de Torrado, este leva por nome "DANZAS AFRICANAS". Este espectáculo serve para dar fin as actividades infantís que se viñan desenrolando no Pazo de Torrado e organizadas polo Concello de Cambados.
    Texto: Concello de Cambados.- Fotos: Imaxes Google.
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 28 de Agosto de 2008
    TOP TEN CAMBADOS YOU TUBE

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 28 de Agosto de 2008
    X-TRUME E O ALBARIÑO
    VÍDEO DE ALGÚNS MEMBROS DESTE GRUPO
    FEITO E REALIZADO POR ELES MESMOS.
    1.- Un fotograma do vídeo.

    Algúns compoñentes de X-Trume fixeron un vídeo no que se nota que non o pasaron nada mal no Albariño gozando da festa ata o dia seguinte, divertidos, dicharacheiros, musicais, este ano botamos de menos non haber estado con eles, pero tempo haberá para facelo, para ver o vídeo non tedes máis que premer na seguinte ligazón: http://br.youtube.com/watch?v=YFXrMZqVXr4 .
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 27 de Agosto do 2008

    GARAJE JACK EN CONCERTO

    O VENRES EN CLIMAX

    VENTA ANTICIPADA DE ENTRADAS EN PUB A LERIA ,  PUB TETUÁN e RIF ROCK.

    1.- Garaje Jack

    GaraJe Jack é unha banda de rock de Madrid que comezou a súa andaina en 1998. Sempre focalizou a súa enerxía no directo e pronto se fixo asiduo a todas as salas do foro sendo o grupo que mais veces actuou na sala Siroco.  se Foi abrindo paso a base de convencer nos concertos a publico, critica e medios: Cunha formación de guitarras, baixo, batería e voz, Garaje Jack encárgase de recordarnos, nestes tempos de fría musica electrónica e ante a ameaza do retorno do "plomizo" rock progresivo, que hai que preservar o feeling e o nervio do rock, así como a súa esencia intensa, apaixonada e sincera.  Os que non coñezades a este grupo arriba en videos tedes o seu derradeiro video clip.

    Texto: El Pais.- Foto:  www.garajejack.com

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 27 de Agosto de 2008

    O GALEGO É O NOSO IDIOMA

    COMO ASOCIACIÓN CULTURAL É A NOSA OBRIGA DEFENDELO

    A VECES É ATACADO INXUSTAMENTE

              

    1.- Armindo Iglesias o "Cura de Vedra".- 2.- O filósofo George Steiner.

     

    Dúas claros exemplos delo son os ataques que acabe de recibir por dúas persoas da vida publica un cura e un filosofo. O Cura de Vedra na “hojita parroquial” viña dicindo pouco máis ou menos que había que eliminalo o curioso é que o 86% dos seus feligreses usan o noso idioma, namentres o filosofo George Steiner facía unha comparanza pexorativa  co catalán deste calibre “…Pero non me compare o catalán co galego! O catalán é un idioma importante, cunha literatura impresionante…” e logo o galego non ten unha literatura impresionante Rosalia, Curros Enriquez, Eduardo Pondal, Cabanillas  e un longo etc.  O que está claro é que poñerlle portas a cultura é un erro,  veña de onde veña.

    Texto Chon.- Fotos: Imaxes de Google

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 27 de Agosto de 2008.

    SEMINARIO DE INICIACIÓN Á CREACIÓN DE EMPRESAS NO RURAL

    IMPARTIRASE NO CENTRO COMARCAL DO SALNES

    UNHA INICIATIVA DE AGADER

    1.- Centro Comarcal do Salnés.

    A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) en colaboración coa Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza, dependente da Consellaría do Medio Rural organizan, en 8 centros comarcais de todo o país, unha ronda de seminarios de creación de empresas no rural. O Centro Comarcal do Salnés acollerá o “seminario de iniciación á creación de empresas no rural” os venres 19, 26 de setembro e 3 de outubro en horario de tarde (17-21 h.). Máis información no Tf.: 986 526013.

    Texto: Centro  Comarcal do Salnés.- Foto: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 26 de Agosto de 2008
    UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
    "A GRAN MOLLADURA"
    DE "CHOURIZO FILMS"
                    
     
    Falando de Chourizo Films dende Unha Grande Chea, queremos darlle os nosos parabéns a David Martinez coñecido na Leria como "Pildorilla", o Ironman cambadés, xa que en breve comeza unha das carreiras máis duras da súa vida "O Matrimonio". ¡¡¡Ánimo David!!!
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 26 de Agosto de 2008
    EXPOSICIÓN DE MAQUETAS ARTESANAIS
    NO PAZO DE TORRADO
    POR RAMÓN PAZOS TORRES
      
    1, 2, 3.- Varias maquetas de Ramón Pazos Torres

    A partires do día 21 de Agosto está aberta a exposición de Maquetas Artesanais no Pazo de Torrado e ata o 14 de Setembro de Ramón Pazos Torres, a maior parte das súas obras están baseadas nas embarcacións tradicionais galegas como poden ser os barcos de pescar e de viaxeiros, pódese visitar toda a semana de 11 a 13 h. e de 17 a 20 horas agás o domingo pola tarde.
    Texto: Chon.- Fotos: Ramón Pazos Torres
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 26 de Agosto de 2008
    OUTRA PÁXINA DIVERTIDA

    1º.- Preme na dirección de abaixo.

    http://www.star28.net/snow.html   

    2º.- Escribe o teu nome no recadro branco donde pon a palabra: Message

    3º.- Preme donde pon:  Submit

    4º.- Xa verás que cousa máis refrescante.

    Grazas a Juan Maceiras por enviarnos este simpático correo.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 25 de Agosto de 2008.
    UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
    II REGATA CALMOSEIRA
    A REGATA VISTA DENDE A AIREXA.

    De todo este fin de semana tan prolífico en acontecementos en Cambados, destacamos, porque participamos nel activamente,  a II Regata Calmoseira organizada pola Asociación do mesmo nome. Partimos as 12 da maña do peirao de San Tomé abordo dunha dorna das antigas con mais de 100 anos na súa quilla, e cun cariño especial pois esta embarcación fora propiedade dun dos fundadores de Unha Grande Chea o inesquecible "Tito Silva",  patroneada por Fernando Pombo e dos contramestres Beni, Cesar e Nolo, e o cámara de Unha Grande Chea, filmamos a carreira por gran parte da nosa ria incluído o "sprint" final das duas dornas vencedoras. Despois veu o xantar no Bar Xeito con sardiñas, xurelos, churrasco e gaiteirada a cabo de Os Resesos e Unha Grande Chea, foi un verdadeiro pracer navegar na Airexa e pasar un día con xente do mar, esperamos que vos guste o vídeo.
     
                       
    Se por calqueira circunstancias non ves o video con normalidade dende esta paxina preme directamente neste enlace:   http://www.youtube.com/watch?v=k7hvNe-zLC4
    Texto: Chon.- Video: Unha Grande Chea.
    ------------------------------------------------------------

    HUMOR RETRANQUEIRO: "O COGOMELO PREFERIDO DOS ONANISTAS É "A MANITA PHALLOIDE""

    Cambados 23 de Agosto de 2008

    III FEIRA DE OPORTUNIDADES

    NO PASEO DA CALZADA

    TANAKAS , UN STAND A VISITAR

    .

    1.- Cartel que anuncia a Feira.- 2.- Paseo da Calzada.- 3.-Stand de Tanakas

    Os días 22, 23 e 24 de Agosto no Paseo da Calzada estase a celebrar a III Feira de Oportunidades que organiza Zona Centro, nela pódense mercar en postos de varias comercios asociados a organización a prezos moi alcanzables. A feira está patrocinada por Caixanova, Deputación de Pontevedra, Consellería de Innovación e Industria e Comercio do Salnés.

    Texto Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 21 de Agosto e 2008

    II REGATA CALMOSEIRA

    SAIDA DENDE PEIRAO DE SAN TOME

    UNHA GRANDE CHEA PARTICIPARA ACTIVAMENTE NO EVENTO

     

    1.- Cartel anunciador do evento.- 2.- Gerardo, un dos organizadores, na súa dorna.

    A regata Calmoseira, para dornas tradiconais,  celebra o vindeiro sábado en Cambados a súa segunda edición con saída dende o Peirao de San Tome as doce da maña, cunha novidade importante na organización: pódese bogar. Deste xeito, se o mar queda en calma podre, os navegantes poden botar man dos remos. A iniciativa contribuirá a darlle emoción e espectacularidade á regata de dornas a vela.  O remata festa rechada no Bar Xeito de Cambados con sardiñeda e xuralada para os particpantes e invitados.

    Texto Chon.- Fotos Calmoseira.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 21 de Agosto de 2008

    JOSE RAMÓN COSTA EXPÓN EN CAFETERÍA REYMAR DE CAMBADOS

    AMOSA OS SEUS DERRADEIROS TRABALLOS

    OS CADROS PÓDENSE VER ATA MEDIADOS DE SETEMBRO

       

    1.- Mon Costa.- 2.- Cafeteria Reymar.-3.- Bailarina en azul, unha das suas mellores obras (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)

     

    O popular pintor cambadés "Mon Costa", expón parte do seu traballo na Cafetería Reymar de Cambados, durante este mes de Agosto e da primeira quincena de Setembro nela podemos admirar a súa obra de gran colorido e realismo. De paso que tomas un café ou unha copa nesta amplia cafetería situada na rúa Valle Inclán de Fefiñans, tamén podes apreciar as fermosas obras deste pintor cambadés.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 21 de Agosto de 2008

    FESTIVAL XIRONSA

    NO CAMPO DAS FESTAS DE CORVILLON

    O VINDEIRO DOMINGO.

         

    1.- Cartel anunciador do evento.- 2.- Os Carunchos.- 3.- Manso e Amigos. (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)

    O próximo domingo 24 de Agosto no campo das festas de Corvillón e a partires das 5 da tarde vai ter lugar o "FESTIVAL XIRONSA", con mexiloada, xogos populares para nenos e xogo de Chave para maiores. Tamén haberá pasarrúas con grupos de música tradicional e as 9 da noite concerto a cargo de dous grupos de música popular de contrastada valía "OS CARUNCHOS" e "MANSO E AMIGOS". Non vos podedes perder esta espectacular cita que organiza a Asociación Cultural Corvíllón.

    Texto: Chon. Fotos: Unha Grande chea e paxina web de Os Carunchos.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 20 de Agosto de 2008

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 20 de Agosto de 2008

    FOTOGRAFÍA EDUARDO APARIZ

    www.cambadosenfotos.net

    ¿CANDO PARARÁ DE SORPRENDERNOS?

      

    1.- Jorge Herbella.- 2.- Haytam (Preme nas fotos para velas ampliadas ou  directamente visita www.cambadosenfotos.net  para velas )

    Sabiamos e sabemos do bo facer e do traballo de Eduardo Apariz, sabemos tamén que é un home que revolucionou a fotografía en Cambados, que o acaban de contratar para facer unha voda en Madrid, outra en Foz etc, e todo grazas o seu traballo e a súa páxina), pero que nos decides destas dúas fotografías unha resume un home feito e dereito e triunfador na vida o famoso enólogo Jorge Herbella gran triunfador da Festa do Albariño deste ano e a outra fainos ver en todo o seu esplendor un rapaz que acaba de chegar a Cambados despois de nove meses de viaxe dende o Limbo, Haytam.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados, 20 de Agosto de 2008.

    MARIA JESUS RUIZ EXPON EN EXPOSALNÉS

    HIPERRREALISTA, CONSIDERASE AUDOTIDACTA.

    DURANTE A SEGUNDA QUINCENA DE AGOSTO.

       

    1.- Maria Jesús Ruiz Villar.- 2.- Hindú.- 3.- Cabalo na aldea.

    Durante a segunda quincena de agosto o Centro Comarcal do Salnés acolle a exposición da pintora-retratista Mª Jesús Ruíz Villar.  Esta pintora autodidacta nace o 4 de xaneiro de 1961 en Ponferrada. E adícase á profesión artística 40 anos. Dou clases de pintura en diferentes localidades do Bierzo e continúa niso, á vez que prepara obra, constantemente, sen parada. A súa pintura suxire hiperrealismo, serenidade, surrealismo, imaxinación, maxía, ensoñación. Delicadeza nos seus trazos. Forza nas súas obras. Inspiran confianza, sensibilidade, sentimentos. Toma con exactitude o matiz das formas e cores. Súas obras desprende vida propia. Entre pinceles creáronse 700 obras.

    MÁIS INFORAMACIÓN:670352116

    Centro Comarcal do Salnés

    Paseo da Calzada s/n

    36630 Cambados (Pontevedra)

    Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12

    Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

    Texto: Centro Comarcal Do Salnes.- Fotos: Páxina web de Maria Jesus Ruiz.

     

    HUMOR RETRANQUEIRO:OS PREGRINOS CATALANS SON DIESSEL, DISQUE ANDAN MOITO PERO CONSUMEN POUCO

    Cambados 19 de Agosto de 2008

    TEATRO DE TITERES EN PAZO TORRADO.

    "CARMIÑA BRAÑOLAS E AS TARRAÑOLAS"

    DA COMPAÑÍA TITIRIMAÑA, E ORGANIZADO POLO CONCELLO.

      
    1.-Portada de Carmiña Brañolas e as Tarrañolas.- 2.- Compoñentes de Tarrañolas.- 3.- O Duende, protagonista tamén do teatro.

     A compañía Titirimaña vai representar as 12 do mediodía  do vindeiro xoves “Carmiña Brañolas e as Tarrañolas”, teatro infantil de monicreques,  o argumento é que Carmiña e Charrasquiño son dos bos amigos, viaxeiros que adoran a música e os contos. Nas súas viaxes pásanlle cousas marabillosas e descobren máxicos personaxes e instrumentos  moi antigos que tocaran cos rapaces. E un xeito de ensinar os nenos os nosos instrumentos máis tradicionais. Tamén a destacar este fin de semán , concretamente o sabado 23 a Festa do turista con verbena incluída meixolada e queimada, e a celebración da XII Triatlón Popular.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 18 de Agosto de 2008
    UNHA GRANDE CHEA DÁLLE PERSOALMENTE OS PARABÉNS A JORGE HERBELLA.
    O XA PRESTIXIOSO ENÓLOGO INVITOUNOS A DEGUSTAR OS SEUS DERRADEIROS PREMIOS.
    O BAR GERMAN FOI TESTEMUÑA DO ACTO.
               
    1.- Jorge Herbella sendo felicitado por Chon de Unha Grande Chea.- 2, 3, e 4 .- Os viños premiados que probamos no Bar German xentileza de Jorge Herbella, Señorio de Rubiós, Laxas e Divino Rei.


    Jorge Herbella o enólogo triunfador na festa da derradeira edición do do Viño Albariño, gañando por primeira vez na historia o mesmo enólogo o primeiro e o segundo premio, invitou a Unha Grande Chea, e demais asiduos dos partidos de fútbol do Bar German a degustar os Viños Señorío de Rubiós (1º premio no Albariño 2008), Laxas (2º premio do Albariño 2008) e Divino Rei (1º Premio da Festa do Ribeiro 2008), foi unha promesa que nos fixo cando lle demos os parabéns o mesmo día do triunfo e que cumpriu no día de onte.
    Texto: Chon.- Fotos Eduardo Apariz e Internet.-
    ------------------------------------------------------------Cambados 18 de Agosto de 2008.
    O CAMBADOS PRESENTASE EN BURGANS
    CAUSOU BOA IMPRESIÓN
    SOBRE TODO NA PRIMEIRA METADE
       
    1º.- Primeira alienación do Cambados en Burgans.- 2.- O capitán do Vilalonga recolle o trofeo de máns de Luis Aragunde Teniente de Alcalde de Cambados. 3.- O capitán Cambados Jacobo tamén recolle o seu trofeo en presenza tamén dos presidentes dos dous equipos. (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)

    Onte o Cambados presentouse diante da súa afección en Burgans en disputa do Trofeo do Albariño, que se adxudicou o Vilalonga por 1-4. O Cambados na primeira parte causou moi boa impresión, se ben na segunda o Vilalonga demostrou que esta dúas categorías por riba do Cambados.
    Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 18 de Agosto de 2008.
    DOBRE PASTORA
    A QUEIMADA TODO UN ÉXITO.
    MEXILLÓNS, ROSCA E QUEIMADA REPARTÍRONSE NA PASTORA.
         
    1.-  Tita dando as ultimas voltas a queimada do sábado na Pastora, bebeuse toda a perola, non Tita senón os asistentes. 2º.- As dúas imaxes da Pastora que sairon en procesión. 3.- A Pastora titular está a ser restaurada.

    A Comisión de Festas da Pastora está a facer unha labor encomiable cara a recuperar a antiga romaría da Pastora. O sábado fíxose unha queimada a que asistiron máis de duascentas persoas dobrando así os asistentes da primeira edición. En canto a anécdota do dia da Pastora estivo que en a falta dunha desfilaron dúas virxes, xa que a titular a esta a ser restaurada.
    Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 18 de Agosto de 2008
    "CINE NA RÚA" EN CAMBADOS

           

    LUNS 18 DE AGOSTO: "ARMA FATAL". MARTES 19 DE AGOSTO: "UN ENGAÑO DE LUJO". MERCORES 20 DE AGOSTO: "HASTA QUE EL CURA NOS SEPARE".

    LUGAR: PAZO DE TORRADO (SE CHOVE FARASE NO AUDITORIO DA XUVENTUDE)

    HORA 22.00. ORGANIZA: CONCELLO DE CAMBADOS.

    TEXTO: Chon. Fotos: Index.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 17 de Agosto de 2008

    SONDESEU EN VILAGARCIA

    TODO UN ESPECTÁCULO NO ESCENARIO

    XAQUIN XESTEIRA DIRECTOR DE GAITAS E PERCUSIÓN

     
    1.- Rodrigo Romani, Director General de SondeSeu.- 2.- SondeSeu en plena actuación.- 3.- Xaquin Xesteira Director de Gaitas e percusión de SondeSeu. 

    SonDeSeu nace dunha experiencia musical e didáctica realizada no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes de Vigo a partir do curso 2001-2002. Alumnos e profesores forman a primeira orquestra folc de Galicia. Un total de 35 músicos recrean repertorio tradicional e de nova composición dende un espirito aberto, un timbre fundamentalmente acústico, instrumentos construidos na súa maioría no propio país por artesáns mesmo pertencentes á propia orquestra e arranxos contemporáneos na liña do xa clásico folc galego producidos en exclusiva para a formación polos profesores das aulas do conservatorio, todos eles con longa traxectoria no estilo. A coidada presencia escénica constitúe de por si un espectáculo orixinal e vistoso. O son, potente e cheo de enerxía, transmite ó publico mensaxes de ledicia e harmonía, como xa o puxeron a proba nos concertos que veñen dando en Galicia. O director de gaitas e de percusión e noso amigo e mestre Xaquin Xesteira, E O Director Xeral da Orquesta Folck é Rodrigo  Romani. Podedes ver unha actuación dos mesmos nun video máis arriba.

    Texto e fotos:  paxina de Son de seu;   www.sondeseu.org .

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 17 de Agosto de 2008

    PAPIGIL EN CAMBADOS
    O GAITEIRO DE CANIDO -FERROL TERRA FIXO UNHA VISITA RELÁMPAO A NOSA VILA.
    DEPARTIU UNS INTRES CO NOSO SECRETARIO CHON

                

    1.- O gaiteiro Papigil.- Video de Papigil coa nena Noelia Fersan.


    Papigil, un dos máis famosos gaiteiros da "rede" estivo onte en Cambados coa súa dona e seu pequeno fillo Alejandro,  de paso de Baiona a Ferrol, para estar expresamente con membros de Unha Grande Chea. Papigil ten o seu propio espazo web http://www.myspace.com/galegadeculturadegaita  así como en you tube http://es.youtube.com/user/papigil  . De seguido vos deixamos cun vídeo da homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas onde interpreta "O merlo" na compaña de pequena gaiteira Noelia Fersan. Grazas Papigil por facer este esforzo de vir a visitarnos. 

    Texto: Chon.- Foto:  http://www.myspace.com/galegadeculturadegaita .- Video : Edelmiro7

    ------------------------------------------------------------

     

    HUMOR RETRANQUEIRO: O CONCELLO DE GALICIA QUE MÁIS FAI TRABALLAR O VALEDOR DO POBO É CHANDRXA DE QUIEIXA

    Cambados 16 de Agosto de 2008
    HOXE QUEIMADA GRATIS NA PASTORA
    ORGANIZADA POLA COMISIÓN DE FESTAS A PASTORA
    A PARTIR DAS 22.00 HORAS.
     
    1.- Cartes del Festas da Pastora.- A Capela do mesmo nome.(PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)
     

    Hoxe ás 22 horas e organizada pola Comisión de Festas da Pastora "Gran Queimada" no monte o pé da capela, todos os asistentes están invitados. Esta queimada é a segunda vez que esta comisión de festas a organiza, e dende logo se resulta que se ha converter nun clásico en Cambados no verán. E a noite tamén na praza do Concello gran verbena oorganizada pola Comisión de festas de San Roque a cargo das orquestras Costa Dorada e Azucar.
    Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 16 de Agosto de 2008
    CLOWNING TRIUNFOU EN FEFIÑANS
    A REPRESENTACIÓN DE "SIT" FOI TODO UN ÉXITO
    A PRAZA CHEA RIU A ESCACHAR

    Onte viviuse na Praza de Fefiñans unhas das mellores, senón a mellor actuación que pasou este vran por Cambados. A compañía Clowning , a segunda compañía de Tricicle fíxonos gozar dun espectáculo de hora e media de duración no que a xente realmente o pasou ben. Para os que pérdechedes este gran espectáculo aquí tedes en vídeo unha pequena mostra feita pola primeira compañía de Tricicle, pero Clowning non desmerece nada a como eles chaman "os xefes". O espectáculo estaba patrocinado por Caixanova e oraganizado polo Concello de Cambados.
       
    Texto: Chon.- Video: You tube
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 15 de Agosto de 2008

    XORNADA FRENÉTICA HOXE EN CAMBADOS

    FEIRA DE ARTESANÍA, CONDE XIDO E CLOWNING DE TRICICLE

    E TAMÉN PRIMEIRO DIA DA FESTA DE SAN ROQUE.

              

    1.- O Alcalde Touris e Anabel e Anabel Carro.- 2.- Feira de Artesanía na Calzada.- Susa, pandereteira de Unha Grande Chea, tamén participa hoxe con Con de Xido no irmandamento de baile na praza de Fefiñans. (PREMA NAS FOTOS SE QUERES VELAS AMPLIADAS.)

    Hoxe abre as súas portas no stands da calzada a Feira de Artesanía cunha participación de máis de vinte artesáns que nos amosaron os seus produtos tanto utensilios como gastronomía, que se podaran degustar nos mesmos será inaugurada polo Alcalde Touris e pola concelleira de Cultura Anabel Carro. Sen esquecer o inmandamento dos grupos de danzas Con de Xido e Centener de Vila Joiosa de Alicante, a o prato forte o espectáculo Sit de Clowning dirixido por Tricicle.

    Texto: Chon.- Fotos: Diario de Arousa e Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 15 de Agosto de 2008

    CARLOS BLANCO OUTRO QUE SENTA CÁTEDRA NO SEU POBO

    O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA DOU O PREGÓN EN VILAGARCÍA

    REIVINDICATIVO, CON IRONÍA E CON HUMOR.

         

    1.- Carlos Blanco na presentación do libro de Unha Grande Chea NO 2005.- 2.- Carlos Blanco na chegada o Concello de Vilagarcia para dar o pregón ONTE.3.- A Alcaldesa de Vilagarcia imponlle a medalla de ouro da cidade. (PREME NAS IMAXES PARA VELAS AMPLIADAS).

    Como non podía ser menos o artista Carlos Blanco, non defraudou os seus paisanos no pregón das festas de San Roque, un discurso reivindicativo, irónico e con moito humor, amén de repasar a súas anécdotas como neno. Non é con ánimo de criticar nin moito menos,  pero a ver cando vemos no noso pobo un pregón popular como o de Rabade ou como o de Vilagarcía, nunha das festas máis importantes de Galicia, a do Albariño. 

    Texto: Chon. Fotos: La Voz de Galicia, Diario de Arousa e Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 15 de Agosto de 2008

    NACE UN NOVO ESPAZO WEB EN CAMBADOS

    http://www.abeatroad.com.ar

    O XERME DO GRUPO ESTIVO NA NOITE BEATLES ORGANIZADA POR UNHA GRANDE CHEA.

     

    Actuación en Cambados de A Beat Road o mércores do Albariño (Preme na foto se queres vela ampiada).

    A Beat Road é a fusión de Nestor Blanco  e Familia con "El Bosque Ambulante". Este grupo comezou a xerminar na Festa Beatles organizada en Discoteca Zao a ano pasado por UNHA GRANDE CHEA. O mércores do Albariño tiveron unha grande actuación en Cambados, e agora véñenos a presentar o seu novo espazo web onde podedes ver fotos, vídeos e actuacións futuras do grupo.

    Texto: Chon.- Foto: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

     

    Cambados 14 de Agosto de 2008

    CARLOS RABADE FOI PROFETA NA SÚA TERRA

    O PREGOEIRO DE RABADE ENCADILOU OS PRESENTES CUN EXCELENTE PREGÓN

    NON SE ESQUECEU DE CAMBADOS E DE UNHA GRANDE CHEA NA LECTURA DO MESMO.

    1.- Carlos despois de ler o pregón recollendo a estatuiña co cheleco de Unha Grande Chea de mans do Alcalde de Rabade. 2.- Departindo coa delegaciónde Unha Grande Chea.3.- Un abrazo emocionado con Fico.(PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS).

    Onte era o gran dia para o noso amigo Carlos Rabade, era o día que lía o pregón no seu pobo natal, un día moi importante para el. Evidentemente unha representación de UNHA GRANDE CHEA tiña que estar alí, e a hora que dende o palco empezou a ler o pregón fomos aparecendo cos nosos chalecos na praza para sorpresa do pobo en xeral e del en particular, foi moi emocionante para el e para nos. O Alcalde de Rábade agasallouno cunha estatuiña caricaturizada de Carlos vestindo o típico chaleco de Unha Grande Chea. Alí estivemos departindo coa súa familia e percorremos coas nosas gaitas varios bares de Rábade. Parabéns Carliños.

    Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 13 de Agosto de 2008.
    AS FOTOS DE HADRIÁN CORES
    MÁIS DE CATROCENTAS FOTOS DO ALBARIÑO
    E AINDA NOS QUEDAN MÁS DE 200 POR PUBLICAR O ESGOTAR A CAPACIDADE MENSUAL.
     Image Hosted by ImageShack.us Image Hosted by ImageShack.us
    1.2.3.- Unha mostra do que queda para setembro .
    Faltaban as fotos de Hadrián, ou que é o mesmo de Kores, ou o que o mesmo de Fico Jr., e xa están colgadas a partires de hoxe máis de 400 fotos, e ainda nos quedan casique 300 por publicar que non podemos facer ata Setembro xa que esgotamos a capacidade que cada mes que concede Microsoft, non por iso imos deixar da dar novas. A maiora delas son obviamente coa súa pandilla "Os Comemipas", tamén hai fotos doutra xente, a ver si atopas a túa, para elo vaite arriba "A NOSA PORTADA" "MÁIS ALBUMS", "FOTOS DE HADRIÁN CORES DO ALBARIÑO 2008".
    ------------------------------------------------------------
     
     

    HUMOR RETRANQUEIRO: OS MOCOS DOS CATIVOS VERANEAN NA MANGA.

    Cambados 12 de Agosto de 2008
    O DIA 15  VINDEIRO, DOBLE ESPECTÁCULO EN FEFIÑANS
    DUNHA BANDA CON DE XIDO E GRUP DE DANSES CENTENER E DOUTRA BANDA CLOWNING
    DANZA E TEATRO TODO NUN.
    unhagrandechea cambados condexido tricicle (1)    unhagrandechea cambados condexido tricicle   unhagrandechea cambados condexido tricicle (3)  
    1.- Con de Xido.- 2.- Grup de Danses Centener.- 3.- Clowning.

    O día quince hai doble función na praza de Fefiñans por un lado, ás 21 h.  o intercambio cultural dos grupos folclóricos Conde de Xido de Castrelo e Grup de Danses Centener de la Vila Jiosa, e posteriormente o espectáculo Sit da Compañía Clownic dirixida por Triciclo, patrocinada pola obra social Caixanova e dentro das actividades que organiza o Concello.

    Texto: Programa do Albariño.- Fotos.- Con de Xido.- Paxinas web de Centener e Tricicle.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 12 de Agosto de 2008.
    PUB A LERIA
    LICENCIATURA 2003/2008
    "COPEIROS MAIORES DO REINO"
    1218522438787_f
    1.- Licenciatura 2003/2008

    A Universidade da Leria acaba de licenciar a Promoción "Copeiros Maiores do Reino" a todos os que pasaron por ese xa mítico Pub dende o 2003 o 2008 a traballar servindo copas, na orla xuntos cos mestres Rubi e Pichón, podemos ver a Mónica, Danilo, Ramón Lolita, Palowi, Beni Pres, Beni Pomares, Pilaruca. Kike, Tinich, Bea, Manu Fari, Mel, Rosa Carol, Laura, Maria Mariña, Quechi e Cuqui. A todos eles parabéns pola súa licenciatura.

    Texto: Chon. Foto: www.fotolog.com/dr_greg_house69

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 11 de Agosto de 2008
    CINE NA RÚA
    "THE HOLIDAY" NO PAZO DE TORRADO
    O XOVES ÁS 22.00 HORAS
    CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA THE HOLIDAY (2)   CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA THE HOLIDAY (1)   CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA THE HOLIDAY
    1.- Cartafaz do film.- 2.- Os protagonistras Cameron Diaz (Amanda Woods), Kate Winslet (Iris Simpkins), Jude Law (Graham), Jack Black (Miles).- 3 O Pazo de Torrado.

    Ás 22 horas do vindeiro xoves 14 de Agosto no Pazo de Torrado, "CINE NA RÚA", coa proxección  da película "THE HOLIDAY , unha comedia romántica, podes ver, trama, actores, etc, na seguinte ligazón http://www.labutaca.net/films/47/theholiday.htm  , patrocinada pola obra Social Caixanova e dentro do programa de actos da Festa do Albriño.

    Texto: Chon.- Fotos. "Internet".

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 11 de Agosto de 2008
    MONCHO BOTANA E A "REDE"
    ATOPA UN CARBONCILLO DO PAZO DE FEFIÑANS
    O AUTOR É O DEBUXANTE TONI CONEJO
    cambados unhagrandechea toni conejo    cambados unhagrandechea toni conejo (1)     CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MONCHO BOTANA
    1.- Carbonzillo da Praza de Fefiñanes. 2.- Toni Conejo autor do debuxo.- 3.- Moncho Botana localizou o mesmo.

    O noso Amigo Moncho Botana, xubilado él, sempre anda buscando cousas na "rede" e abofé que atopa curiosidades dignas de mención como un debuxo a carboncillo do Pazo de Fefiñans dun tal "Toni Conejo", un afamado pintor , catedrático de debuxo  nado no 59, podes ver o seu curriculum na seguinte liagazón http://conejo.ws/hojas/curriculum/curriculum_web.htm . 

    Texto: Chon.- Fotos Página de Toni Conejo e Eduardo Apariz.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 10 de Agosto de 2008

    UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:

    XI CONCENTRACIÓN DE MOTOS VELLAS DO SALNÉS

    SAÍDA DENDE A PRAZA DE FEFIÑANS DE CAMBADOS

    CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLASCAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLAS (2)CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLAS (1)

    1.- Os organizadores coa Concelleira de Cultura.- 2.- A xoia da Concentración.- 3.- Roberto , de Unha Grande Chea, tamén participou no evento.

    Hoxe tivo lugar no incomparable marco da Praza de Fefiñans de Cambados a saída da XI Concentración de Motos Vellas do Salnés, alí podemos ver os organizadores do evento como o Concellal Rafael Guerrero, Amancio Horro, Piti, Portas etc, e un gran número de participantes, entre os que se atopaba  o noso Roberto Cababelos que tamén participou no evento. A saída oficial douna a Concelleira de Cultura Anabel Carro. Unha Grande Chea TV estivo  alí e preséntavos esta reportaxe , na que respetamos o son das motos vellas porque de verdade era espectacular.

              

    Texto: Chon I.- Fotos: Diario de Arousa e Unha Grande Chea.- Video: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 10 de Agosto de 2008

    O 3X3 DO 2008 EN MARCHA

    ANEDEGA E EMBAIXADA PRUSIANA ABREN O PERIODO DE INSCRIPCIÓN

    ESTE ANO PREVEESE UNHA PARTICIPACIÓN MASIVA.

    samp6f6f5b5d3247cfd3 nuevo-14 nuevo-26

    1.- Anedega + Embaixada Prusioana toman a dianteira.- 2.- Ramón Falcón un dos organizdores do evento,. ·.- Richar de Unha Grande Chea, participou na anterior edición.

    ANIDEGA +
    EMBAIXADA PRUSIANA presentan:
    3º Torneo de BASKET 3x3. SÁBADO 23 de AGOSTO CAMBADOS, NO APARCAMENTO DO PASEO MARÍTIMO DE SANTOMÉ. O LUNS ÁBRESE O PERÍODO DE INSCRICIÓNS QUE PODEDES FORMALIZAR NOS SEGUINTES LOCALES, E NOS QUE PODEREDES CONTEMPLAR AS BASES:
    RIF-ROCK, TETUÁN. A LERIA e CONTINENTAL.

    Texto: Organización.- Fotos: Montaxe de Unha Grande Chea. Fotogramas da reportaxe de Chourizo Films.

    --------------------------------------------------------

    Cambados 10 de Agosto de 2008

    UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:

    A FESTA EROPEA DO VIÑO E O RASTRILLO.

    AMBOLOS DUAS EVENTOS FORON NA CALZADA.

            

    ------------------------------------------------------------

    SABIAS QUE...O CORPO QUE MÁIS RESISTE O CALOR É O CORPO DE BOMBEIROS.

    Cambados 9 de Agosto de 2008

    O DOMINGO DO ALBARIÑO SHOW NA CALZADA

    VOLANDEIRA E UNHA GRANDE CHEA XUNTOS NO ALBARIÑO

    PROBABLEMENTE PARA O ANO A.C. VOLANDEIRA SAQUE AS SÚAS GAITAS A RÚA.

     

    cambados unhagrandechea domingo (1)   cambados unhagrandechea domingo (2)   cambados unhagrandechea domingo

    1.- O Presidente de Unha Grande Chea coa presidenta da A.C. Volandeira2.- O Dr. Mundo invitado a tocar con Unha Grande Chea.- ·.- O bo rollo que había o domingo na calzada.

    O Domingo despois de levantarse as tantas, sempre nos vemos no Paseo da Calzada, alí co pouco que sabemos tocar, facemos que a xente a esa hora estea a tomar postos nos viños se achegue a nos  e baile e goce da festa. Este ano a A.C. Volandeira, coa que temos varios nexos comúns , sendo o máis significativo Montse, tamén participou con nos, podedes ver arriba no "Vídeo Albariño 2008" varias escenas do evento, así como o noso xa amigo Roberto Gesteira e o médico da residencia sanitaria Montecelo  Mundo. Un pracer estar con Volandeira, logo fomos para o Pazo de Ulloa a tocar tamén unas pezas no Xantar que se fai alí, e xa mais nada ata o ano non hai máis albariño.

    Texto: Chon I.- Fotos: Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 9 de Agosto de 2008

    VIÑOS EUROPEOS EN CAMBADOS

    UNHA NOVA FESTA EUROPEA DO VIÑO 2008 ABRIU AS SÚAS PORTAS CON VIÑOS CHEGADOS DESDE OS CINCO CONTINENTES.

    ESTA NOITE, ÁS 22.30 HORAS, CELÉBRASE O BRINDE DÁS ESTRELAS.

    cambados unhagrandechea festa euripea do viño 1      cambados unhagrandechea festa europea do viño

    1 e 2.- Autoridades brindando pola Festa Eurpea do Viño.

    Volver A Festa Europea do Viño de Cambados, unha celebración das principais denominacións de orixe do Vello Continente e que abriu onte as súas portas, debería modificar o seu nome para futuras edicións polo de Festa Mundial do Viño. O caso é que este ano chegan ás casetas de promoción cambadeses caldos de todos os recunchos do planeta. Viños xa coñecidos como o procedente da Rioxa ou o propio Albariño pelexarán por humedecer as gargantas dos asistentes con outros chegados desde lugares tan afastados como Xapón, Arxentina, California, Sudáfrica ou Oceanía. Precisamente desde Australia chega Balmoral, o viño máis caro dos que se poderán adquirir en Cambados cuxa botella rolda os sesenta euros e que, segundo o alcalde, José Manuel Cores Tourís, «vale a pena probalo».

    Tourís inaugurou a festa xunto con outras autoridades locais e comarcais e afirmou que o obxectivo principal da mesma é «dar a coñecer moitos viños doutras zonas que se descoñecen e que son bos viños».

    Arroupados polo son de gaitas e pandereitas, as autoridades percorreron o paseo da Calzada. Fóronse detendo nalgúns das vinte e dúas casetas onde ademais de viños podíase atopar licores como o de café ou o de mel, antibióticos naturais e produtos galegos en conserva que se presentan como novidade.

    Personalidades, xornalistas e algún que outro intruso despistado foron invitados a un aperitivo dentro do recinto. O viño ofrecido neste acto de inauguración e co que as autoridades brindaron «por Cambados e polo viño» foi Señorío de Louros, gañador do concurso da Festa do Albariño. Esta noite, ás 22.30 horas, celébrase O Brinde dás Estrelas, con motivo da noite na que se pode observar o fenómeno das Bágoas San Lorenzo.

    Texto: Carlos Lorenzo.- Fotos: “La Voz de Galicia” e “Diario de Arousa”.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 9 de Agosto de 2008.
    UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
    "BRONQUITIS CRÓNICA" EN CAMBADOS
     
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 8 de Agosto de 2008

    II CAMPIONATO DO ALBARIÑO  DE  BANDULLOS UNHA GRANDE CHEA.

    EGIDIO REVALIDA A MEDALLA DE OURO

    ACADA A MEDALLA DE PRATA FICO.

    cambados unhagrandechea bandullos     cambados unhagrandechea bandullos (3)     cambados unhagrandechea bandullos (1)

    1.- Egidio, primeiro clasificado. 2.- Fico, segundo clasificado e 3.- Jorge , terceiro clasificado.

    O remate do Xantar procedeuse o “II campeonato do Albariño de Bandullos de Unha Grande Chea”, co seguinte resultado:

    1º.- Clasificado, medalla de ouro do Concello de Cambados, mención especial e diploma para Egidio, con 116 cms.

    2º.- Clasificado , medalla de prata do Consello Regulador, mención especial e diploma para Fico, con 113 cms.

    3º.- Clasificado, medalla de bronce do Capitulo Serenisimo, mención especial e diploma para Jorge, con 112 cms.

    4º.- Chon: 110 cms. 5º.- José Maria, e Luis 108 cms.  6º.- Xocas e Alfonso 103 cms. 7º.- Hadrián 102 cms. 8º.- Siño e Chopi con 100 cms. 9.- Toti con 98. 10º.- Carlos con 96. 11º.- Richar con 95. 12º.- Juan con  94. 13º.- Domin e Javito con 92 cms. 14º.- Roberto Gesteira 86 cms. E 15º.- Ulloa con 85 cms.

    Participaron este ano fora de concurso varios asiduos da Leria co seguinte resultado: Juan Chatarra 110 cms, Pildorilla 99 cms, Popi 102 cms. Perto 104 cms. e Eulogio 102 cms.

    Texto Chon I.- Fotos :Unha Grande Chea.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 8 de Agosto de 2008.

    MEMBROS DE CHOURIZO FILMS PARTICIPAN EN "AGALLAS" COMO EXTRAS

    O FILM QUE ESTIVERON RODANDO EN CAMBADOS CARMELO GOMEZ  E HUGO SILVA

    NAS RUINAS DE SANTA MARIÑA.

    cambados unhagrandechea chourizo films (1)     cambados unhagrandechea chourizo films (2)     cambados unhagrandechea chourizo films

    Varios fotogramas da curta "EL FUNERAL" de Chourizo Films

    Os de Chourizo films están en todas. Pero non só de caras coñecidas vive o cine. Aos extras ninguén os mira, pero sen eles non hai escena. A produtora lanzou a súa convocatoria fai unhas semanas e os cambadeses responderon con xenerosidade. E, como non, alí estaban os mozos de Chourizo films enfundados nos traxes de loito que lles entregou a produtora e cumprindo de corrida as instrucións da dirección á hora de gravar as secuencias do enterro no interior das ruínas. A algúns lles tocou portar a caixa, e non era a primeira vez. Xa tiveron que facer o propio no funeral, co selo de Chourizo. O mentor de leste e outros curtos, Rodrigo Piñeiro, estaba onte alén da cámara para ver de cerca como traballan os profesionais. Él e os seus colaboradores, de momento, están no plano afeccionado pero, ¿quen sabe? Quizá algún cazatalentos queira darlles unha oportunidade. Esta semana, polo pronto, o ciclo Cinema Variedades ofrece a oportunidade de ver os seus traballos na praza de Alfredo Brañas.

    Texto: Bea Costa. Fotogramas “El Funeral” de Chourizo Films.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 8 de Agosto de 2008

    unhagrandechea cambados rif

    CAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIFCAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIFCAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIFCAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIFCAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIFCAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIF

    ESTE VENRES 8 DE AGOSTO
    COMBATE NA CABINA DO RIF-ROCK:

    COMOMEPOS
    VS
    MIA WALLAS

    NUNHA DESCONCERTANTE NOITE DE FREEROCKIN
    NA QUE NINGUEN SABE O QUE PODE PASAR!!!
    EXPANSIVE & PROGRESSIVE FREE RAWK'N'ROLLLL
    NON VO-LO PERDADES!!!
    dende as 00:00 ou algo así...

    Texto e fotos: RifRock.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 8 de Agosto de 2008

    ACLARANDO QUE É XERUNDIO

    Este e-mail só é para corrixir un comentario que facedes sobre a parroquia á que pertence Ponte-Arnelas. Efectivamente esta aldea é do Concello de Vilanova de Arousa (ata hai poucos anos era terra de ninguén: todos sabían onde estaba, pero ninguén investía nada na aldea), aínda que a parroquia á que pertencen os seus feligreses (crentes e non crentes - non coñezo ninguén que non estea bautizado ou que solicitase a apostaSía... Se cha dan???) é a de Oubiña. O cura que celebra misas na súa capela é o de Oubiña e Corbillón, polo que, dende o sentido relixioso e do "cepillo", si está vinculada ao Concello de Cambados.

    XOSÉ GARCIA MOLDES.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 7 de Agosto de 2008

    XI CONCENTRACIÓN MOTOS VELLAS DO SALNÉS

    EN CAMBADOS O 10 DE AGOSTO

    UN PERCORRIDO POLA NOSA COMARCA

    CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLAS DO SALNES (1)   CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLAS DO SALNES (3)   CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLAS DO SALNES

    1.- A "peñas" coas suas vellas motos. 2.- Escudo de club. 3.- Tres cambadeses e unha moto vella.

     

    O vindeiro dez de Agosto o Club Motos Vellas do Salnés organiza unha concentración de motos vellas que incluirá un percorrido pola comarca e inmediacións, comida e premios, podes recoller moita máis información e fotos en : http://motosvellasdosalnes.blogspot.com/

    ------------------------------------------------------------

    ADEUS, ALBARIÑO, ADEUS

    Cambados 7 de Agosto de 2008

    PÁXINA MOI CURIOSA: “O BAR DE BOA”

    APARECE O TEU NOME TATUADO NA  PEL DUNHA MULLER...

    ...OU DUN HOME ,  SEGUNDO PREFIRAS

    nuevo-2   nuevo-4

    1.- Podese ler claramente "Chon".- 2.- Podese ler claramente "Domin".

    Segue os seguintes pasos:

    1º.- Entra na seguinte web:  http://www.tatuagemdaboa.com.br/ 

    2º.- Aparece unha pantalla  e verás que che pide dous nomes , pon o teu e dun amigo te na primera o na segunda fila , como prefiras.

    3º.- Pasa por altos os campos de e-mail.

    4º.- Fai Clic en “Visualizar”  e mira o que pasa,  e non nos preguntedes como o fan porque non temos nin a menor idea pero é incrible.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 6 de Agosto de 2008
    CRONICA DO XANTAR DO SABADO DE ALBARIÑO
    RELACION DE AUTORIDADES
    AS COPAS XUNTARONOS COS DA LERIA
    CAMBADOS UNHAGRANDECHEA LERIA (1)   CAMBADOS UNHAGRANDECHEA LERIA (2)   CAMBADOS UNHAGRANDECHEA LERIA
    Tres intres das distendidas copas cos da Leria.

    O sábado do Albariño tivo lugar  o tipico xantar de confraternidade de Asociación, coa asistencias das seguintes personalidade e autoridades:

    JORGE CARLOS SALVA RICHAR

     

    Excmo. Sr. D. Jorge Francisco Castiñeiras Arenaz, Presidente do Club Xuventude Baloncesto e Director de Banesto en Vilagarcia de Arousa.

    Excmo. Sr. D. Carlos Rabade Pallares, Inspector técnico da Administración e avogado non exerciente.

    Excmo. Sr. D. Salvador Cores González Director Xerente de “Electricidade Salvador Cores S.L.”, Presidente de Unha Grande Chea, e Chavalier de Secavin (Anjois – Francia).

    Excmo. Sr. D. Ricardo Charlin Rey, Presidente do Club Juventud de Cambados e Especialista en Deportes varios no Concello de Cambados.

    EGIDIO ALFONSO TOTI SOCAS

    Exmo. Sr. D. Egidio Varela Lois , Interventor de Caixanova en Cambados e Secretario do Club Xuventude de Baloncesto durante 28 anos inenterrumpidamente. 

    Excmo. Sr. D. Alfonso Prado Blanco, Subdirector do I.S.M de Bamio-Vilagarcia e Profesor Emérito do mesmo centro.

    Excmo. Sr. D. Emilio Millán Galiñanes, Director Gerente de Explotaciones Marisqueras Rico II e Rico III.

    Excmo.D. Xocas Cores González, Codirector Xerente de “Electricidade Salvador Cores S.L.” e gaiteiro Maior do Grupo de Gaitas Unha Grande Chea.

    HADRIAN - SIÑO

    Excmo.D. Hadrián Cores Cacabelos, está a desenrrolar na actualidade estudos de Inxenieria Ténica Industrial  na Universidade de  Vigo e primeiro herdeiro na linea de sucesión de “Electricidade Salvador Cores S.L.”

    Excmo.D. Ramón Martinez Ulloa, ex vice patron maior da Confraria de Cambados e, Vicepresidente de Unha Grande Chea e exconcellal do Concello de Cambados.

    Excmo.D. José Manuel Domínguez Sánchez profesor  emérito especilista de Educación Física de I.E.S. Asorey de Cambados e embaixador vitalicio de Palas de Rei en Cambados.

    Excmo.D. Juan Luis Iglesias Patiño, Xefe dos Servicios Informáticos de Pita Hermanos e asociados e expresidente do Club Xuventude de Baloncesto de Cambados.

    Excmo. Sr. D. Xaquin Charlin Piñeiro, estudante de Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela.

    JOSE MARIA CHON LUIS ROBERTO E ROBERTO

    Excmo. Sr. D. José Maria Trigo Daporta, Administrador Xeral de Datrimar e empresas asociadas.

    Excmo. Sr. D. Xaquín Charlin González, membro do Corpo de Tramitación procesual da Administración de Xustiza  e membro da Xunta de Personal de Administración de Xustiza de Pontevedra e expresidente do Club Juventud de Cambados.

    Excmo. Sr. D. Luis Paulino Charlin Director Gerente dos concesionarios Ford de Pontearnelas e Vilagarcia de Arousa.

    Excmo. Sr. D. Roberto Gesteira Losada, Arquitecto Técnico pola Universidade da Coruña e Xefe de Departamento  de T.A.D. de Madrid.

    Excmo. Sr. D. Roberto Cacabelos Fernández, Interventor Xefe de Caja Rural de Cambados e Colaborador emérito de San Benito.  

         (Todolos cargos citados son reais, ainda que pareza mentira).

         O menú consisteu este ano en: Tapas variadas, Salpicón feito por Yoli e Carne asada feita por Anxeles, postres variados e todo elo regados con Albariños, Rioxas e Riveras del Duero, cafe puros e licores variados. Todo estaba boisimo. Temos que destacar que este ano sumaronse a sobremesa os da Leria que estaban a xantar o lado na casa de Perto Pisalleira, compartimos copas e piscina e o compromiso de que para ano nos temos que devolverlle a visita.

    Queda para outra crónica o campionato de barrigas.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 6 de Agosto de 2008

    CINE É MUSICA NA RÚA

    CHOURIZO FILMS E BRONQUITIS CRÓNICA PROTAGONISTAS, ENTRE OUTROS

    NORABOA A CONCELLEIRA DE CULTURA ANABEL CARRO POR TAN EXCELENTE INICIATIVA.

    cambados unhagrande chea cine na rua cambados unhagrande chea cine na rua (1) cambados unhagrande chea cine na rua (2) cambados unhagrande chea cine na rua (4)

    1.- To die in Tragove.- 2.- Averdadeira historia de W Joe. 3Bronquistis Crónica e 4.- Anabel Carro con Rodrigo e Alberto.

    Grazas a unha excelente iniciativa da Concelleira de Cultura Anabel Carro, ssta seman temos cine dabondo o  ciclo abrirá hoxe mércores coa proxección do curto To die en Tragove 2 , da produtora cambadesa Chourizo Films, e continuará co don da dúbida . A oferta do xoves inclúe a proxección de tres curtos frikis : Centolos e gaitas , Un home de éxito (de Chourizo Films), e A fin do mundo , e o documental Pista Catro , de Pela do Alamo.

    O venres proxectaranse os curtos A verdadeira historia de W. Joe , de Chourizo Films na que como todos sabedes participou a Grupo de Gaitas de Unha Grande Chea, así como  algún membro como actor. A maldición do capitán Centolo , Dez Minutos , Encarna , Formularios Truculentos , Entorrados , 7.35 da mañá , Pablo no labirinto , Redondeo , Ntensidad , Conciencias tranquilas , X , Carne de neón e Choque . A festa pechará coa actuación do grupo de hip hop Bronquitis Crónica.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 4 de Agosto de 2008.

    O MESMO ENÓLOGO É O AUTOR DOS DOUS PRIMEIROS PREMIOS DO ALBARIÑO 2008
    JORGE HERBELLA, RIBADAVIENSE DE NACEMENTO E CAMBADÉS DE ADOPCIÓN
    NON TEMOS DATOS CONCRETOS PERO PARECE SER QUE A PRIMEIRA VEZ QUE ESTO PASA NO CERTAMEN.
    cambados unhagrandechea jorge hervella (1) cambados unhagrandechea jorge hervella (2) cambados unhagrandechea jorge hervella (3) cambados unhagrandechea jorge hervella
    1.- Un primeiro plano de Jorge Herbella. 2.- Con dous dos seus mellores amigos, Eduardo Apariz e Toño Meis, 3.- Como madridista de pro celebrando o titulo do Madrid no Bar Germán de Cambados e 4.- Con dous membros de Unha Grande Chea, Chon e Domin e con Nolo Daporta.
     
         Sen dúbida un dos grandes protagonistas do Albariño deste ano non foi outro que Jorge Herbella, ribadaviense de nacemento e cambadés de adopción,  enólogo de profesión de diversas adegas que este no non se contentou con ser o enólogo do 1º Premio do Albariño 2008, senón que tamén é o enólogo da adega que conseguiu o segundo lugar a este hai que engadirlle o primeiro premio na Festa do Riveiro 2008, o primeiro premio foi para o Señorio de Rubisó de As Neves e o segundo premio para a adega As Laxes de Arbo as dúas da zona do Rosal e o terceiro premio foi para Veiga Naum do Salnés. Maís dunha vez temos gozado con el tomando uns albariño no Bar German, alegrámonos especialmente do seu triunfo e dende aquí dámoslle o parabén.
     
    unhagrandechea cambados herbella
    ------------------------------------------------------------
    Cambados 1 de Agosto de 2008

    CHEJAR E ENCHER E UNHA GRANDE CHEA, UNIDOS POLO ALBARIÑO

    A CEA TIVO LUGAR NO PAZO DE ULLOA

    ESPERAMOS REPETIR PARA O ANO.

    CAMBADOS UNHAGRANDECHEA CHEJAR E ENCHER (2) CAMBADOS UNHAGRANDECHEA CHEJAR E ENCHER CAMBADOS UNHAGRANDECHEA CHEJAR E ENCHER (1)

    1.- Eduardo Dolado Presidente de Chejar e Encher, Montse de U.G.CH., Fico Presidente de U.G.CH e Javito tamén da mesa asociación. 2.- Camiseta que Chejar e Encher lle regala a Unha Grande Chea.3- Cartel que lle regalo U.G.CH a Chejar e Encher.

         Do venres do Albariño polo día pouco podemos contar porque estamos durmindo, pero ese dia foi un dos máis impor tantos do Albariño para Unha Grande Chea, foi a I Cea de Confraternidade entre Chejar e Encher e Unha Grande Chea, a remate da cea intercambiamos regalos, recibimos de Chejar Encher unha camiseta curiosa cos colores da peña amiga pero na que no anverso poñía "Chejar e Encher" e o reverso era o escudo da nosa Asociación, tamén recibimos un banderín  cos colores e lema da peña amiga, nos pola nosa banda regalámoslle unha camiseta de Unha Grande Chea, o libro do Entroido tamén da nosa Asociación e un cartel do Albariño de este ano lembrando a conmemoración da cea e con foto das dúas peñas. Despois baixamos para a de Juan Silva e continuamos festa. Por certo a cea tivo lugar nun marco incomparable, o Pazo de Ulloa agradecemos a familia Daporta a xentileza pola utilización do Pazo e dámoslle as grazas tamén o cociñeiro Vaquero ,  a Milagros e Lola que nos serviron a cea. Mais fotos da mesma en "Venres do Albariño 2008  O Albariño fotografiado por outra xente- Mais Albumns - A nosa Portada."  Grazas a Iria Botana a a Perto Pisalleira por enviarnos a súas fotos.

    ------------------------------------------------------------

    Cambados 1 de Agosto de 2008.

    ASTERIX E OBELIX VOLVEN A FALAR GALEGO

    A EDITORA SALVAT CEDEU A PRESIÓN DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

    OS PAXINAS WEBS GALEGAS TAMÉN TIVERON A SÚA INFLUENCIA, ENTRE ELAS A DE UNHA GRANDE CHEA.

    CAMBADOS UNHAGRADENCHEA ASTERIX E OBELIX

    1.- Asterix e Obelix falando galego.

         A presión galega exercida sobre a Editora Salvat por parte da Sociedade Galega encabeza pola Mesa ´da Normalización Linguistica, fixo o fin o cabo recapacitar a devandita editora e en outubro e novembro do presente ano volverán a falar en Galego, coa publicación dun triplo tomo de Asterix en outubro ou novembro vindeiro. Grazas a Anxel Cambados por facernos participes da nova.

    ------------------------------------------------------------