UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
Humor Grandecheo: DIME CON QUEN SOÑAS, DIREICHE CON QUEN NON TE DEITAS.....Cambados 31 de Agosto de 2009 O ENÓLOGO JORGE HERVELLA “BARRE” NO CONDADO ACADOU CINCO DOS OITO PREMIOS TEMOS EN CAMBADOS UN DOS ENÓLOGOS MÁIS LAUREADOS DE GALICIA. A “L” Festa do Viño do Condado de Salvaterra do Miño (Pontevedra) rematou este domingo, nunha xornada na que se deron a coñecer os gañadores da 'Cata á procura dos viños DELICIOSOS do ano', na que participan 29 marcas da Denominación de Orixe Rías Baixas. A celebración, que comezou o venres, continuo na xornada deste domingo coa solemne investidura dos Cabaleiros da Confraría dúas Viños do Condado do Tea, unha distinción que se outorga a persoas que "polos seus logros ou a súa vinculación co sector contribúan á difusión da calidade e exquisitez" dos caldos desta zona. O enologo ribadaviense residente en Cambados, Jorge Herbella, barreu a hora dos premios, xa que dos oitos “Deliciosos” que se premiaban este ano el acodou cinco dos titulos cos seguintes viños elaborados por él: Laxas Condado, Eidosela Albariño, Señorio de Rubios Albariño, Señorio de Rubiós Condado Blanco e Señorio de Rubios Condado Tinto. Parabens o noso amigo, que por certo non fai máis que acadar premios. Humor Grandecheo: DIME CON QUEN ANDAS, DIREICHE QUEN É O OUTRO....Cambados 31 de Agosto de 2009 OS GAITEIROS HOMENAXEARON A CABANILLAS O PE DO SEU MONUMENTO NO PASEO DA CALZADA. OS TERRIBLES DE AROUSA UNHA GRANDE CHEA VOLANDEIRA XIRONXA OS XESTEIRAS Coa presenza do Alcalde Cambados, Luis Aragunde e de numerosísimo público os gaiteiros homenaxearon a Cabanillas. En primeiro lugar actuaron os Terribles de Arousa, quenes tamén leron uns versos do noso autor sobre os gaiteiros, de seguido subeu o palco Unha Grande Chea, quen por medio do seu presidente Chon, deu lectura a un poema e de seguido procederon a interpretar douas temas, a foliada “Vilaxoan” e o “Pasadoble de Viascón”, a continuación subiron os rapaces de Xironxa, logo os de Volandeira, ata que chegou o intre máis emocianante do evento cando o mellor gaiteiro de Galicia, Xaquin Xesteira, sube o palco ansalza a figura do autor, presume de cambadés, da lectura a un poema e interprete unha preciosa Alborada que arrancou os aplausos máis grandes da noite, a conitnuaciuón e por primeira vez , actuou en público cos seus fillos Anxo e Roi interpretando unha muiñeira composta por el mesmo denominada “O Rillachavos”, pecharon o acto os “Terribles de Arousa”. O acto foi organizado polo concello, encargándose da súa producción Inma Cores e da presentación do mesmo o biografo de Cabanillas Luis Rei. Podes ver en vídeo a interpretación de Unha Grande Chea premendo AQUÍ e a dos “Xesteira”, premendo AQUÍ, ou máis arriva en “Os Nosos videos”. Humor Grandecheo: NON SÓ APROVÉITASE SENÓN QUE SE NECESITA SABER APROVEITALOCambados 30 de Agosto de 2009 “504” A PIQUES DE SACAR O SEU NOVO DISCO Un dos grupos de rap con maís futoro a nivel galego “504”, está a piques de rematar o seu derradeiro traballo e nunha semana ou duas estará na rúa, somentes queda por rematar o mastering, e o deseño das copias físicas. Dende o grupo nos comentan que están moi entusiasmados con este proxecto, porque se lles sae ben dará moito que falar.
O C.D. SANTOME XA TEN A VENDA A SÚA LOTERIA O Club Deportivo Santome, cuxo principal valedor, ou o menos a cabeza visible é Perto Pisalleira, acaba de poñer a venta a súa loteria de Nadal , o número é o 16.433, e todos aqueles que quieran facerse cun décimo podense dirixir o amigo Perto, ou a calqueira membro do equipo.
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS: Festividade de Santa Rosa no Monte da Pastora. As 10.30 no Pavillón de Santo Tome XXXIII Torneo de Tenis de Mesa. As 18 horas partido no Campo Municipal de Burgans correspondente a Liga de Preferente Autonómica entre os equipos C.J. Cambados e Caselas. As 21 no Paseo da Calzada. Os Gaiteiros de D. Ramón. Centenario da publicación de “A perfecto Feixoo”, recital poético acompañado de grupos de gaitas Humor Grandecheo: SE OS PAIS DA TÚA MOZA NON CHE DEIXAN QUE ESTES CON ELA, POIS SACALA POLA FIESTRA!!!Cambados 29 de Agosto de 2009 GOLF PARA NENOS OS VINDEIROS 7 E 9 DE SETEMBRO
A Concelleria de Deportes do Concello de Cambados, ven de programar as X Xornadas de Intrudución O Golf, que vai ter lugar os vindeiros días 7 e 9 de setembro para rapaces entre 9 e 15 anos no Campo Público de Meis no Monte Castrove, na Armenteira, as prazas son limitadas e a inscripción é gratuíta.. Para información e inscripcións no negociado de deportes, 1ª Planta do edificio de Servizos Municipais da Rúa Ourense.
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS. Festa do Turista e Festividade de San Roque en Vilariño. Alborada a cargo de grupos de gaitas. As 10.30 no Pavillón de San Tome XXXIII Torneo de Tenis de Mesa. As 16.30 no Paseo Marítimo de Santo Tome Bazquet 3X3. As 18 no Paseo Marítimo de Cambados XIII Triatlón Popular. As 19 h. No Pazo de Torrado Zona Centro organiza a I Xornada “Concello Solidario” As 21 horas no Paseo de Calzada, Mexiloada e Queimada para os asistentes. As 22, na Praza do Concello, verbena popular coa actuación das orquestras Decolor e Duo Marfil, e as 23.30 no adro parroquial da igrexa de Vilariño, actuación das orquestras Cieudad de Vigo e Cheveré. Humor Grandecheo: NON HAI NINGUN OBSTACULO PEOR QUE OS SOGROSCambados 28 de Agosto de 2009 OS GAITEIROS CON DON RAMÓN O DOMINGO ÁS 21 HORAS NO PASEO DA CALZADA, O PE DO SEU MONUMENTO Os Terribles de Arousa Unha Grande Chea Volandeira Xironxa Xaquín, Anxo e Roi Xesteira, todo un espectáculo para ver o vindeiro domingo.
O vindeiro domingo ás 21 horas diante do monumento a D. Ramón no Paseo da Calzada vai ter lugar a grande homenaxe dos gaiteiros da bisbarra o noso “Poeta da Raza”, el que ben soubo cantar as excelencias dos nosos homes da gaita mediante as suas poesias cheas de amor e tenrura. D. Ramón co noso idioma facia marabillas e nos o domingo queremoslle rendir pleitesia e facerlle o mesmo tempo unha homenaxe sentida a par que emocionada, para elo esteramos ali : “Os Terribles de Arousa” que van ser os mantenedores musicais do acto e que tamén leran un poema do noso egrexio escritor, tamén estaremos nos, os de Unha Grande Chea, que dun xeito ou doutro grazas a homenaxe que fixemos no 2006, fumos os precursores deste Ano Cabanillas 2009, e non podiamos faltar nesta homenaxe, coa interpretación de duas pezas e a lectura dun poema por parte do noso presidente Chon. Tamén estará o grupo Volanderia, que tamén botarán duas pezas e farán lectura don poema de D. Ramón. Xironsa tampouco podia faltar nesta homenaxe con duas pezas e a lectura dun poema. Con de Xido , por circunstancias de traballo non poderán actuar coas gaitas e só procederán a lectura dun poema. Pero quen si vai estar é o mellor gaiteiro de Galicia, Xaquin Xesteira, a persoa que coa suá gaita vai honrar a Cabanillas dun xeito moi especial, porque non vai tocar só , vaino facer cos seus fillos Anxo e Roi , e o mellor agasallo que D. Ramón podia recibir dos gaiteiros de Cambados, o mellor gaiteiro de Galicia e os dous futuros mellores gaiteros do noso pais, non vos podedes perdes este fermoso espectáculo, Agardamosvos. E Falemos galego como facia D. Ramón. Tamén queremos aproveitar para felicitar o noso vicepresidente Ramón Martinez Ulloa , porque onte tomou posesión como novo concelleiro de Cambados. Parabens "Martines".
Este Sábado 29 de Agosto As 16:00h. se realizará o sorteo dos grupos e as 16:30 comezan os partidos. BASKET 3x3 REGULAMENTO.
§ O campo de xogo será o equivalente a media pista de baloncesto e unha canastra. § Os equipos estarán compostos por tres xogadores, e poden contar con un xogador reserva. § Cada equipo nomeará un capitan que será o representante único. § O xogo será a 15 puntos con 2 de vantaxe e terá unha duración máxima de 10 minutos. O rematar este tempo, gañará o encontro o equipo que vaia por diante no marcador. § No caso de que o partido remate en empate, cada xogador terá que lanzar un tiro libre, e gañará o equipo que máis canastras anote. § En caso de empate ó finaliza-la liga de grupos, o equipo con maior básquet-average ó seu favor será o que pase á seguinte ronda. § Cada canastra vale un punto, agás aquelas conqueridas máis lonxe de 6,25, que valerán 2 puntos. § A primeira posesión do balón será sorteada. § Despois de cada cambio de posesión, rebote defensivo ou balón recuperado, o balón deberá saír da liña de 6,25. § Despois de cada canastra o balón troca de posesión e iniciase o xogo dende o medio campo. § Cando o balón saia fora, deberá poñerse en xogo dende a banda. § As loitas supoñen, sempre, a posesión do balón para o equipo que se defendía. § As faltas sacaranse sempre de banda. § Cada 5 faltas de un equipo defensor supón un tiro libre (con valor de 1 punto) que se lanzará sen perder tempo, e sen posibilidade de rebote, posto que a posesión continuará no equipo atacante. § As faltas intencionadas non se permitirán e serán penalizadas con un tiro libre, posesión do balón ó equipo que sufriu a falta e expulsión do xogador agresor. § O principio fundamental do 3X3 é o "fair-play", ou xogo limpo. Cada partido rexerase por este principio e os participantes actuarán como árbitros. Cada xogador debe declarar as faltas que comete. En caso de liorta os equipos involucrados serán expulsados da competición. § Ningún xogador poderá xogar en máis de un equipo. § Os equipos que se retrasen máis de 5 minutos no comenzo do encontro quedarán descalificados. § Queda totalmente prohibido colgarse do aro, o que se penalizar con expulsión directa do equipo. § Calquera circunstancia non contemplada, será competencia exclusiva dos responsables da organización e a sua decisión última será inapelable.
§ - A inscripción no torneo de baloncesto 3x3 supón a total aceptación de estas normas.
ACTIVIDADS PARA HOXE EN CAMBADOS: As 10 na Piscina Municipal do Pombal, natación para embarazadas. As 10, 14, 16 e 20 horas no peirao de Tragove, Xi Escola de Verán de Vela. As 10.30 no Parque de Torrado, día dos nenos, fin de actividades, función de despedida de As Roladas.. Humor Grandecheo: DEFINICIÓN DE FÁCIL: MULLER QUE TEN A MORAL SEXUAL DUN HOME.Cambados 27 de Agosto de 2009 ¡¡¡QUE GARDAS AQUELES!!! TRABALLARON DURO DENTRO DAS SÚAS POSIBILIDADES De esquerda a dereita: Prado, Sr. Carril, Costa, O de Vilanova (lamentamos non nos lembrar do seu nome), Méndez Rico, Emilio "Willy", Ramón Dominguez e Reboredo, o fondo Sr. Fidalgo. Os que andamos polos 40 ou 50 temos un recordo especial dos que compuxeron ás ordes de Méndez Rico a Policía Local de Cambados. Traballaron duro , a veces nunhas condicións non adecuadas en canto a instalacións e medios. Que non se lembra de Prado, un home serio o que debido a súa altura todos lle tiñamos medo, ou de Sr. Carril, serio pero a veces simpático, ou de Costa que era un lince facendo notificacións coñecía Cambados o "dedillo", ou do de Vilanova (lamentamos non nos lembrar do seu nome) sempre tan lento pero tan seguro, ou do Xefe Méndez Rico, que era a elegancia personificada aínda estando de uniforme, exixente pero o mesmo tempo condescendente cos seus homes, e sobre todo que non se lembra de “Willy” como todos o coñeciamos era un espectáculo velo dirixir o tráfico, con tal elegancia que a veces parecía estar bailando “O lago dos Cisnes”, ou de Ramón Rodriguez, que entendía moi ben a xente de Cambados e sabia como tratala, ou de Reboredo, eficiente a par que serio, sen esquecernos do que está o fondo na foto o Sr. Fidalgo, vixiante de parques e xardíns, que sempre nos corría do parque, ou porque pisabamos o céspede, ou porque estabamos no columbios fora de hora…. En fin son xente que deixou pegada na vila e agora todos eles está xubilados, o último en facelo foi Costa, ou incluso algún falecido. Dende este humilde espazo a nosa homenaxe a estes homes que deixaron unha grande parte da súa vida o servizos dos cambadeses, e que tamén merecia estar o seu recordo en Internet.
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS: As 10 no Parque de Torrado, simnasia para maiores ao aire libre dentro do programa Cambados, Concello Saudable. As 10, 14, 16 e 20 , no peirao de Tragove, XI Escola de verán de vela. Humor Grandecheo: NUNCA ESQUEZO UNHA CARA, PERO CONTIGO FAREI UNHA EXCEPCIÓN.Cambados 26 de Agosto de 2009 MÁIS APARATOS PARA A TERCEIRA IDADE
O CONCELLO QUERE AMPLIAR O CIRCUITO DE XIMNASIA DO PARQUE DE TORRADO A xunta de goberno vén de solicitar unha subvención á secretaría xeral para o Deporte, destinada á ampliación do circuito biosaudable para a terceira idade no parque de Torrado.
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS: Na pisicina municipal do Pombal, natación para embarazadas, campaña Concello Saúdable. As 10, 14,16 e 20, no peirao de Tragove, XI Escola de Verán de Vela. As 21 horas no Pazo de Torrado. De rosas e roseiras, recital poético 2009 Ano Cabanillas.Humor Grandecheo: NUNCA DISCUTAS CUN IDIOTA, POIDA QUE OS DEMAIS NON NOTEN A DIFERENZA.Cambados 25 de Agosto de 2009 MARTIN CODAX NO PROGRAMA DE “BUENAFUENTE” MANQUIÑA, NEUS ASENSI E BUENAFUENTE GOZARON DO MESMO. FOI ONTE NO PROGRAMA DA SEXTA.
No programa que se emite na “Sexta”, que ven a ser o programa estrela da cadea, estiveron lembrando programas xa emitidos, facendo o que se chama un “remake”, en un deses programas estiveran convidados o actor galego “Manquiña”, a actriz Neus Asensi, a demais de falar de cine tamén estiveron comendo percebes e bebendo un dos Albariños por excelencia de Cambados “Martin Codax”. Foto e nova: Angel Cambados.
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS: As 10 no parque de Torrado, ximnasia para maiores o aire libre dentro do programa “Cambados Concello Saudable”. As 10, 14, 16 e 20 horas, no Peirao de Tragove, XI Escola de Verán de Vela. As 20 no Parque de Torrado, exhibición de adestramento canino Dosorribas, organizado pola Asociación Protectora de Animais de Cambados. Humor Grandecheo: A ENVEXA AOS DEMAIS É O PEOR INSULTO A UN MESMO.Cambados 24 de Agosto de 2009 CURSIÑO INTENSIVO DE TEATRO A CARGO DA COMPAÑÍA CARACOL
A todas aquelas persoas que dun xeito ou doutro lle interese o teatro, a Compañía Caracol organiza un cursiño intensivo de "Teatro Xestual" dende o 1 de setembro ata o 4 incluido, de dúas horas de duración cada dia. o horario será de 9 a 11 da noite. O prezo do cursiño será de 30 euros. Para realizar a inscripción os nteresados chamar o número 620569046. O profesor que imparte o cursiño é o americano Joshua Mccarey, e o nome do mesmo é "Cuerpo poético".
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS: Do 24 ó 17 de Agosto no centro Cutlural A Merced e nas casas de cultura das parroquias, actividades: “Semana dos libros”. As 10, 14, 16 e 20 horas no peirao de Tragove, “XI Escola de Verán de Vela”. As 21 horas no xardin de Pazo de Torrado, recital de Poemas de arte e artistas de Ramón Cabanillas, a cargo da Escola Municipal de Teatro con acompañamento m´sucial. Humor Grandecheo: ESTUDAR É DESCONFIAR DA INTELIXENCIA DO COMPAÑEIRO DA BEIRA.Cambados 23 de Agosto de 2009 DENDE AS MOTOS Á PASTORA PASARELA PON O COLOFÓN O DIA. Hoxe como todos sabedes é a Festidade da Pastora, pero tamén hai outros actos que imos a contar, primeiramente as 11 Concentración de motos antigas do Club de Motos Vellas do Salnés e Alborada a cargo de grupo de gaitas. As 12.30 misa cantada pola coral Santa Mariña na Capela da Pastora, as 14, comida campestre no monte da Pastora organizada por Volandeira. As 19 h, Misa e a continuación procesión coa nova imaxe da Pastora restaurada. As 21.30 no Pazo de Torrado “Show cooking “ ou o que é o mesmo “Cociñando Cambados”, demostración de cociña dos productos tradicionais de Cambados, con acompañamento músuical de Manso e Amigos. E para rematar as 22 horas, na Praza do Concello, verbena popular coa actuación de Pasarela e Duo Colores.. Humor Grandecheo: O IMPORTANTE NON É SABER SENÓN TER O TELÉFONO DE QUEN O SABECambados 22 de Agosto de 2009 TRIATLÓN, FUTBOL , QUEIMADA E GALA BENEFICA NO MESMO DÍA, OPCIÓNS DONDE ESCOLLER Hoxe temos donde escoller en Cambados para pasalo ben, e así as 18 horas podemos ir o Paseo Marítimo de Cambados, donde se vai celebrar o XIV Triatlón Popular, logo as 19.30 podemos pasar polo Campo Municipal de Burgans, donde poderemos ver un emocionante choque entre o Cambados e o Celta de Vigo, en disputa da XXXVIII Edición do Trofeo do Albariño. Logo a noite ou ben podemos acudir o Monte da Pastora donde as 22 horas vai ter lugar a “III Queimada Popular”organizada pola Comisión de Festas da Pastora, ou acudir a “III Gala Benefica o Salnés Polos Animais”, con entrega de galardóns ás entidades e colectivos sensibilizados e que rematará cun concerto do grupo de rock Iguana Tango. Humor Grandecheo: NON POR MOITO MADRUGAR LEVÁNTOME MÁIS TEMPERÁN.Cambados 21 de Agosto de 2009 “MOTOS VELLAS DO SALNES” PRESENTACIÓN DA MARCHA DO DOMINGO 23 COA PRESENCIA DO ALCALDE LUIS ARAGUNDE Hoxe ás 12.30 horas tivo lugar na praza do Concello de Cambados coa asistencia de tres destacados membros da Asociación “Motos Vellas do Salnés” e do alcalde da vila, a “XII CONCENTRACIÓN MOTOS VELLAS DO SALNÉS” que vai ter lugar o vindeiro domingo 23 de Agosto, acto o cal xa vimos anunciando dende fai tempo na sección de “Vindeiros Eventos”. A marcha e para motos anteriores a 1970, a preinscrpción é obrigatoria e a saida e da Praza de Fefiñans ás 11 horas. Farase un percorrido polo Salnes, rematando cun xantar en Casa Rosita de Cambados. Os telefonos de cotacto son 676069088, 630082415. Maís información en http://motosvellasdosalnes.blogspot.com Humor Grandecheo: ANTES ERA INDECISO. AGORA? NON SEI.Cambados 21 de Agosto de 2009 “COCIÑEIROS A RÚA” COCIÑEIROS DE CAMBADOS SACAN A ALTA COCIÑA Á RÚA NUN SHOW SINGULAR E PIONEIRO O alcalde, Luis Aragunde, xunto cos cociñeiros do Grupo 9, Antonio Botana e Yayo Daporta –estrela Michelín-, ademais do sumillere Jose Luis Aragunde -secretario da asociación Gallaecia- e maila nutricionista do programa Concellos Saudables, Ana Pérez, presentaron hoxe o singular Show Cooking (exhibición de cociña) que van realizar o vindeiro domingo, ás 21,30 horas, no parque de Torrado. Humor Grandecheo: LOITAR POLA PAZ É COMO FOLLAR POLA VIRXINIDADECambados 21 de Agosto de 2009 “BRATH” EN CAMBADOS AS 22.30 HORAS. NO PAZO DE TORRADO DENTRO DO PROGRAMA “CULTURA EN RUTA” Hoxe chegará a Cambados o programa «Cultura en Ruta», que patrocina Caixanova xunto co concello de Cambados prepararon un variado menú de espectáculos para todos os gustos e idades. O escenario no que se desenvolverán todos eles é a Praza do Concello a partir da 18:00. O espectáculo arrincará con música e diversión para os máis pequenos para terminar cun concerto dun grupo local, aínda por confirmar, e do grupo folk Brath. O espectáculo iníciase ás seis da tarde, cun pasacalles de gaiteiros. Ás oito, ao pé do camión escenario situado na praza, comezará a diversión infantil. A peza Roi, O Cagabolas, será a encargada de arrincar as risas dos máis pequenos. Trátase dunha comedia que pretende achegar ao público infantil e familiar as aventuras e desventuras dunha atípica parella de pallasos con humor, complicidade e ilusión. Ás dez da noite, a acción pasará directamente ao camión escenario. Este abrirá as súas entrañas para dar paso a un grupo de pop-rock local cuxa identidade aínda non transcendeu. Unha hora máis tarde, a banda en cuestión cederá a testemuña ao grupo folk Brath. É este un grupo galego cuxos músicos levan máis de vinte e sete anos xuntos, compondo música de raíz, pero cunha especial influencia do rock progresivo. De feito, Brath caracterizouse desde os seus inicios por incluír os sons dun baixo electrónico e unha batería nas súas cancións. Unha ampla discografía avala o seu traballo, que se completa con gravacións de discos colectivos e bandas sonoras para películas e series de televisión. En Cambados, ademais de realizar un percorrido polos temas da súa traxectoria musical, presentarán o seu novo traballo, Camiño de Compostela.
OUTRAS ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS: As 10 dende a Praza do concello, saida para visitar o parque Marcelle Ntureza. A mesma hora na pisicina municipal do Pombal, natación para embarazadas. Humor Grandecheo: OS FILLOS NON SON UNHA BENDICIÓN SON UN FALLO DO CONDÓNCambados 21 de Agosto de 2009 GOMEZ CHARLIN, BIOGRAFIA OU FICCIÓN EXPERIMENTA COA REALIDADE 1.- Antonio cvon Cabanillas.- 2.- Antonio na súa casa rodeado dos seus trofeos como deportista.- As novelas do cambadés Antonio Lorenzo Gómez Charlín non son o relato ordenado duns feitos, senón un collage de técnicas diversas “na liña da novela de vangarda ou do novo xornalismo norteamericano de mediados do século XX”, onde caben desde diálogos mantidos a través de mensaxes de móbil “co seu típico código linguístico de abreviaturas e onomatopeyas”, ata artigos xornalísticos ou cartas remitidas por prisioneiros no campo de concentración de Mauthausen. Estes son algúns dos ingredientes de "A vida soñada das sirenas”. Para o cambadés Antonio Gómez a literatura é unha necesidade básica máis, como a comida ou o descanso. Le moito, e cando se pon a escribir as palabras sáenlle a gallarón, como o sangue brota a través dunha ferida. A literatura, para el, é a táboa de salvación á que aferrarse, o analxésico que permite soportar a dor, a soidade e todos os demais puñadas que a vida propinoulle. "A vida soñada das sirenas" é o título da nova novela de Antonio Lorenzo Gómez Charlín, un cambadés de 38 anos que un día decidiu emigrar ao sur para ver a vida doutro xeito e escribir un libro. Estivo en Murcia e na actualidade vive nas illas Canarias; traballou como xerente dun prostíbulo e nun hotel; foi corredor de fondo, e campión canario de probas tan duras como o cros ou a media maratón. Unha vida ata certo punto atribulada e singular que lle deixou un ronsel de experiencias e de sensacións que agora pretende plasmar en "A vida soñada das sirenas", unha novela de case 300 páxinas que se pode adquirir na librería Contos, da rúa San Francisco, case enfronte do auditorio da Xuventude, en Cambados. Antonio Gómez advirte de que este último libro "é case un compendio dos tres anteriores", e que "sobre o oitenta por cento dos contidos do libro son autobiográficos". Por ese motivo, hai escenas e personaxes que algúns recordarán dos anteriores títulos do autor cambadés, como "As belezas de Kyoto" ou "Hai putas que teñen algo de santas". Como nesas obras, a actual "Vida soñada das sirenas" é unha novela fragmentada e caótica, na que o autor fai saltar polo aire as tradicionais convencións sobre o tempo e o espazo na novela. A pesar de todo, Gómez argumenta que "na miña literatura as rupturas non son arbitrarias. Hai unha especie de liña invisible que percorre todo o libro". Nesta ocasión, esa liña é el mesmo, Antonio Gómez, un personaxe que xa se presenta nas primeiras liñas como un home enigmático "e un claro exemplo de desdobramento da personalidade. Capaz de bicar as ás dunha bolboreta, e ao minuto seguinte de arrincarlle o corazón coas mans espidas, o símbolo da maldade encarnado nunha persoa". Nesta última novela, o escritor cambadés vai describindo diversos episodios da súa vida, pero sempre relacionados co seu afán por escribir. Así, conta o seu tortuoso paso polo servizo militar “cunha época no calabozo por apuntar a un veterano cun arma descargada”; a súa etapa de corredor de fondo “era un atleta capaz de imprimir uns fortes cambios de ritmo e que adoraba saír forte desde o principio”; os seus encontros afectivos e sexuais, xa sexa con prostitutas ou cunha moza coa que mantivo unha relación telefónica durante oito meses; ou os seus períodos de vacacións en Cambados, dos que emerxen os personaxes e os escenarios da súa nenez e mocidade. ANXO MARTÍNEZ - Humor Grandecheo: TODO O BO NESTA VIDA MATA, ENGORDA OU EMBARAZA!!!Cambados 19 de Agosto de 2009 XA ESTÁ AQUÍ O 3X3 DA MAN DE DE ANIDEGA E EMBAIXADA PRUSIANA O DIA 29 NO PASEO MARITIMO DE SANTO TOME
Outro evento xa cláxico en Cambados peta as nosas portas, o 3x3 de basquet, organizado por ANIDEGA e EMBAIXADA PRUSIANA, é xa a cuarta edición. O día 29 no Paseo Marítimo podremos ver novamente os baloncestistas en acción. Hai tres locais nos que podedes facer xa a vosa inscripción que son o Rif, o Tetúan e a Leria. E se non ides a xogar polo menos pasar por alí a gozar do espectáculo. A inscripción é de 5€ por xogador e os premios serán productos da adega Castrocelta máis entradas dobres para o encontro Obradoiro-Breogán que vai ter lugar o 18 de setembro no Pombal. A recaudación destinarase a unha entidade sen ánimo de lucro ainda por decidir. Humor Grandecheo: NON OPINIÓNS ESTUPIDAS, SÓ ESTUPIDOS QUE OPINANCambados 19 de Agosto de 2009 THE HENRY WARNIMONT EN MEAÑO TAMEN ESTARÁN X-TRUME E LOS PABLOS 1.- The Henry Warnimont.- 2.- X-Trume.- 3.- Los Pablos Será na Festa da Xuventude de Simes na noite deste vindeiro venres 21 de Agosto. THW é un grupo de música de Cambados do que forman parte Berto (batería), Ruvy (baixo eléctrico), Buchán (guitarra rítmica), David (guitarra solista) e Yoli (voz), e que naceu a partires do anterior grupo chamado En Play Back. Recentemente amosaron o seu traballo o mércores da Festa do Albariño 2009 e anteriormente noutros moitos concertos, a destacar a súa participación no FluPop organizado por Nova Producións. Nas últimas semanas estes rapaces estiveron traballando na súa primeira gravación de estudo. Este venres comparecerán en Meaño xunto a outras bandas, como os tamén cambadeses Extrume ou Los Pablos. Haberá tamén un Dj pinchando e outro grupo sorpresa. Sen dúbida un bo plan para este venres 21 de Agosto. Información facilitada por www.cambados.tk e THW. Humor Grandecheo: SE O MUNDO É UN PANO ENTÓN NÓS SOMOS OS MOCOSCambados 19 de Agosto de 2009 75 ANIVERSARIO DO EDIFICIO DA “XUVENTUDE” ONTE HOUBO A PRESENTACIÓN DOS ACTOS. O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, xunto co cura párroco de Santa Mariña Dozo, José Aldao, e mailo historiador Jacobo Domínguez, presentaron onte o programa de actividades que se van realizar, dende o Concello e dende a parroquia, para conmemorar o 75 aniversario da inauguración do edificio da Xuventude e o 80 aniversario da fundación da Juventud de Acción Católica. Entre as actividades que se van desenvolver con motivo desta conmemoración o historiador Jacobo Domínguez explicou que o 25 de outubro, día de Cristo Rey, vaise inaugurar unha gran exposición con paneis de fotografías históricas, vitrinas con obxectos das distintas épocas, carteis, afiches do cine, unha revista que se editaba en 1935, insignias, tazas de almorzo, roupa do párroco Cadarso e vestimentas propias da Juventud Católica. Esta mostra estará aberta ata o 22 de novembro. O mesmo día 25 tamén se vai presentar, no auditorio da Xuventude, un documental con entrevistas a "jóvenes" de distintas épocas que tiveron algún protagonismo na historia da Juventud, como por exemplo o primeiro presidente, Luciano Fariña. Despois haberá actuacións musicais e recitais poéticos con cancións e poemas que se tocaban ou recitaban nas décadas dos anos 30 e 40. Tamén se vai presentar un libro a modo de catálogo de experiencias e historias da Juventud. Nesta rolda de prensa para nos hubo un feito moi destacable, ver a presenza entre os periodistas de Manuel Silva Rey “Chechu” o que vimos medrar dende neno no Bar do seu pai “Bar Silva”, ainda que non rematou a carreira, xa está a facer prácticas no Diario de Pontevedra e auguraselle un excelente futuro como xornalista.
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS: As 10 na Piscina Municipal do Pombal , natación para embarzadas , dentro da Campaña “Cambados Concello Saudable”. As 20.30 horas, no Pazo de Torrado “As Roladas”, sesión de contacontos para nenos.
Humor Grandecheo: A VIDA É BELA OS FEOS SOMOS NÓS...Cambados 18 de Agosto de 2009 GRANDE FESTA NA PASTORA ESTE FIN DE SEMANA UNHA FESTA DA QUE ERA SIDUO CABANILLAS Cabanillas na Pastora en 1904 Os Carballeiras Coral Polifonica Santa Mariña Os Danzantes de Covas Este fin de semana celebrase en Cambados a Romaria da Pastora, o sábado ás 22 horas terá lugar a “Gran Queimada” que este ano xa vai pola terceira edición, a celebrar no Monte da Pastora e gratis para todos os asitentes incluindo mexilons e pan. Xa o domingo día 23 alborada a cargo do grupo Os Carballeiras e a agrupación “Conde Xido”, acompañados pola Banda de Música Agrupación Musico-Cultural de Ribadumia, as 12.30 misa solemne pola “Coral Santa Mariña” de Cambados. As 19 misa e a continuación procesión polos lugares de costume acompañada pola Danzantes de Cobas, pola noite grann verbena amenizada por Pasarela e Duo Colores. Aporte non podes deixar de subir o monte a tomar a típica sandia. É de destacar a labor da actual Comisión de Festa que colleu unha festa que estaba practicamente a punto desaparecer e estase a converter nunha das festas punteiras de Cambados. Con de Xido Orquetra Pasarela Comisión de Festas da Pastora.
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS: As 10 no parque de Torrado, ximnasia para maiores o aire libre, campaña Concello Saudable. De 11 a 13.30 e de 19 a 21 no Pazo de Torrado “Caixiña de Mistos”, caravana itinerante de Cine Infantil. As 12 no Salón de Plenos do Concello, presentación dos actos conmemorativos do 75 aniversario da Xuventude Católico de Cambados. As 17 nas pistas de tenis de O Pombal, XII Open de Tenis. As 22 no Pazo de Torrado “Cinema Cabanillas”: A man da Santiña. Humor Grandecheo: LEVÁNTEIME O LUNS PARA IR O MARTES A TRABALLAR PERO VENDO O MÉRCORES QUE O XOVES ÍA CHOVER DIXEN O VENRES PARA QUE VOI A IR TRABALLAR SE O SÁBADO SE O DOMINGO É FESTA.Cambados 17 de Agosto de 2009 O DICTADOR FRANCO ESTIVO EN CAMBADOS CONCRETAMENTE NO QUE FOI HOTEL CALIXTO 1.- Hotel Calixto en 1910.- 2.- Edicio do Hotel Calixto na actualidade.- 3.- J. Rodriguez Cadarso Cobas, alcalde Cambados en 1949 O dous de febreiro do ano 1900 creabase en Cambados a fonda e café Calixto, convertido en 1920 en Hotel, nel pernoctaron ilustres personaxes das letras e da politica. Entre os primeiros citar a Valle Inclán e Ramón Cabanillas e entre os segundos o que chegaria a ser o que deu o golpe de estado no ano 1936. Presumiblemente o dictador Fracisco Franco estivera de paso anos antes de golpe. Posteriormente as portas do Calixto situouse a parada do primeiro coche de liña da zona, matrícula PO-13, e que unia as vilas de Carril, Vilagarcia e Cambados. Funcionou o hotel e cafeteria ata o ano 1948. Este información está baseada no Diccionario Biográfico da Comarca do Salnés de Xosé Lois Vila Fariña e Victor Viana Martinez. Comentanos tamén unha testemuña presencial do feito, que Franco tamén estivo esporadicamente en Cambados sendo alcalde da vila J. Rodriguez Cadarso Cobas (1949-1951), ainda que non tiña a parada oficial prevista o seu coche parou, cando o alcalde ia dispoñerse a saudalo , a masa intentouse acercar o coche, a súa escolta empurrou polo alcalde e casi o tiraron o chan , pecharon a porta do coche e continuou a sua marcha hacia A Toxa.
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS: Do 17 ó 20 de Agosto no Centro Cultural A Merced e nas casas de Cultura das Parroquias, actividades “Nosos amigos cos animais”. As 17 horas nas pista de tenis do Pombal XII Open de Tenis. As 21 horas No Pazo de Torrado, Da Terra asoballada, recital poético acompañado de música tradicional galega. |
|
|