UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
NOTICIA BOMBA, NOTICIA ROSA
NOTICIA BOMBA, NOTICIA ROSA
Dise, coméntase, rumoréase que a noticia bomba vai estalar no “Planeta Arousa”, o conocidísima Mariña Castaño, viúva do que foi premio nobel de literatura Camilo José Cela, parace ser que se botou un noivo Arousán. Non podemos dar máis datos sobre o asunto, nin tampouco especificar o concello de donde é natural, porque dariamos moitas pistas e porque é “top secret” , polo de agora, , pero imaxinamos que pronto ha saltar a programas televisivos de corazón a nivel estatal como “¿Dónde estás corazón?”, “A tu lado” ,“Aquí hay tomate” etc e a todas as revistas do corazón que enchen as nosas perruquerias. Rogamos a estes medios que cando publiquen a noticia polo menos cítennos. Na foto do recuadro á beira de Mariña Castaño está o personaxe en cuestión lixeiramente difuminado. Gardamos a foto como testemuña de que non nos estamos marcando un farol. ¡Ah, pódedes facer apostas!
--------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . DO PUNTO DE CRUZ A CRUZ E PUNTO.DO PUNTO DE CRUZ A CRUZ E PUNTO.
UN CAMBADÉS CON MOITOS PUNTOS.
O Punto de cruz non é só “cousa de mulleres”. -------------------------------------------------- A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO...
A Igrexa de San Benito de Fefiñans está sendo remozada pola Conselleria de Cultura da Xunta de Galiza, que esta en mans deses “demos” dos do Bloque. ¿Ata que punto unha entidade civil ten que facerse cargo dunha propiedade privada e ademais polo tanto multimillonaria?. ¿Onde vai todo o diñeiro que recada está empresa privada a longo e ancho de todo o ano e sobre todo no verán?. Logo ves protestar aos seus dirixentes dicindo que a nova materia Educación para a Cidadanía é pouco menos que “roja” e masón. San Benito, que non ten culpa de nada, debe ser un dos santos máis ricos do ceo. -------------------------------------------------- UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA: DOUS VIDEOS DE HUMOR. O primeiro deles é "EL REGIMEN", recomendado por Perto , a quen lle agredecemos o seu ofrecimento:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
O outro dos videos atopouno o noso servicio de redacción e vai sobre Xesuscristo, pero non vos asustedes que non é nada malo.
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
-----------------------------------
LEIRO EN SEGOVIA
Hay Festival mostra 11 esculturas docambadés Leiro. Unha nova de Angel Cambados. -------------------------------------------------- DEPORTES ------------- FÚTBOL SANXENXO - CAMBADOS
Melo e Furia. O Cambados desprazase a vila de Silgar para enfrontarse o Sanxenxo, o vindeiro domingo as seis da tarde, xa coa reincorporación de Melo. Despois do tropezo do domingo pasado perante o San Martin de Vilaxoan é de esperar que o Cambados recupere eses tres puntos perdidos para poder continuar entre os favoritos o ascenso. Hai que mentalizarse de que somos un equipo gañador , porque calidade, veterania ,experiencia e furia reresentado polo noso xogador que leva este nome hainas, e xa é hora de empezar a escalar posicions. A vindeira xornada queda como sigue:
CAMBADOS B - BAMIO
Beni Pomares e Fari Pola súa banda o Cambados B, recibe no Pombal as sete da tarde o Bamio, un equipo polo que se di nos foros bastante perigoso fora da casa. Hai que engadir que o Cambados B ten duas baixas moi importantes que son as de Beni Pomares e Fari. expulsados ambolos dous inxustamente polo lamentable árbitro que pitou en Romai, pero eso xa é agua pasada, esperemos que quenes os sustituan o fagan tan ben ou mellor ca eles que xa é bastante díficil. Así queda o resto da xornada:
---------------------------------------------------------------------------------------------------- BALONCESTO
Pola súa banda o Xuven desprazase a Mos para enfrontarse o Noriberica, campo díficil, pero os cambadeses están pasando por moi boa racha e van coa moral moi alta e de seguro que trairan un resultado positivo para continuar entre os favoritos, o partido é o sábado ás sete da tarde, o resto da xornada queda como segue:
----------------------------------------------------------------------------------------------- TENIS
Celebrarase entre as doce horas do mediodía do Sábado ate as doce horas do mediodía de Domingo, noite incluída. Poden participar todos aqueles interesados maiores de dazaseis anos chamando aos teléfonos 600 776 487 (Ignacio) ou 610 850 187 (Suso) e pagando a cota de cinco euros. Este torneo supón a presentación do recentemente creado Clube de Tenis de Cambados e conta coa colaboración do Concello. --------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .
EN PLENA VENDIMIA...EN PLENA VENDIMIA...
CAMBADOS VÓLCASE CON ESPERANZA SALNÉS
Foto das únicas rapazas que saen no calendario obviamente distorsionada sacada de www.cambadosenfotos.net """A iniciativa promovida por Perto, Rubi e Alex ten un nivel de compromiso máis alá da normalidade para facer posible un proxecto de incalculable valor social, non só polo que significa senón polo que pretende.Unir a moitísimas persoas cunha soa finalidade: a recadación e axuda incondicional. Cambadosenfotos.net síntese moi honrado de porder participar neste proxecto.De aquí deica Novembro iremos colocando fotografías coa intención de fomentar o interese, sen outra finalidade que potenciar a iniciativa de Rubi,Perto e Álex e a axuda para Esperanza Salnés.""" Eduardo Apariz Diaz (www.cambadosenfotos.net) ----------------------------------- ¡¡¡XA TEMOS LOTERIA DE NADAL!!!
Xa temos Loteria de Nadal, o mesmo número que fai dous anos , cando nos tocou unha gran pedrea, o 24/2/85 esta é a data que a nosa comparsa saiu por primeira vez a rúa. Coidamos que é un bo sinal e esperemos que nos toque. Mercáronse 3.000 euros deste número e repartiranse en partipacións de DEZ EUROS, si e o ano pasado vendomola toda e eran 9.000 euros , non vos quero decir nada este ano, así que se coñocedes a algún directivo non tedes máis que pedirlla, vaise acabar en días. ----------------------------------- OS CHEIROS NON NOS DEIXAN NIN EN TERRA NIN NO MAR.
E xa vai por enésima vez, outro novo verquido, que temos que padecer todos os cambadeses. ¿Quen multa os multadores? ¿Quen sanciona a empresa que fixo estes verquidos?¿Ou é que vai sair novamente indemne?. Estamos nun concellorcuasi tercermundista. Si temos visitantes pero vanse os cinco minutos a frase mais dita este verán é "Este pueblo es muy bonito pero huele que apesta". ¿Cando se lle porá solución os cheiros en Cambados?.
----------------------------------------------------------------------------------------------------- HISTORIA DE CIENCIA FICCIÓN (OU NON)
O día tres de setembro pasado , unha embarcación chea de turistas destas que saen dende O Grove, achegaronse a zona das bateas, o guia iba explicando cal era a función das mesmas, como se facia co mexilón , ostras e vieiras, un pouco máis adiante virón unha cousa rara que saia e que se formaba no mar, entón preguntaronlle o guia que ia abordo: ¿Que é eso?, o guia dixolle que era o emisario, cando lle estaba a intentar explicar o que era, virón unha cousa rara que saia do mar:
Todo o mundo quedou estupefacto, pero que era aquelo que saia do mar, parecia unha especie de submarino que emerxia, o patrón do embarcación turistica xamais vira cousa igual e mira que leva anos na profesión, mandou poñer a todo o mundo salvavidas, e dou un "pala atrás", o barco ficou parado. Ninguén daba credito o que estaba vendo habia xente que pensaba tamén que era un golfiño que aparecia e desaparecia, pero non , enton pasou o seguinte:
¡Dios mio que é eso!, xa non é unha pedra, xa non un submarino , empeza a coller forma humana, Neptuno non pode ser a menos que saira a dar unha volta sen corona e sen tridente, pode ser un monstrou marino que esta comendo preto do emisario, pero non , parece un home xigante, o xente dabordo comenzouse a asustar de verdade, ¿Que é ese enxendro?, definitvamente soubose o que era:
Tranquilo todo o mundo, que é o máximo mandatario de Cambados que "esporádicamente" e "puntualmente" saeu a dar unha volta por debaixo da agua para ver como se atopaba o emisario, decia o patrón do barco turístico, e seguiron tranquilamente coa viaxe. A todo esto todos cambadeses sabemos o que é un emisario e que sae polo emisario. Grazas a P.D. por facilitarnos as fotos. ----------------------------------- XI Xornadas Pegóxicas do Salnés.
A Asociación de ensinantes do Salnés, Candea, presidida por Adela Leiro, organiza como cada ano as súas xornadas pegoxicas. As actividades deron comenzo o luns 24 e remataran o vindeiro venres cunha visita a Illa de Cortegada (parque das Illas atlánticas). Durante esta semana poderase visitar o IES Asorey unha exposición titulada “Os Tesouros das montañas galegas”.
--------------------------------------------------
SE BUSCAN:
oSalva Bin Laden e Oyrman Al Zawahiri, son con diferencia os máis buscados nestes datas polos exercitos bodegueiros para arreglar as suas trincheiras. Cada vez que chega a vindimia practicamente perdemos de vista a estes dous "terroristas da electricidade", a ver si aparecen pronto porque queremos seguir facendo mais atentados contra a estupidez de certa xente. ----------------------------------- DEPORTES: FUTBOL CAMBADOS 0 - SAN MARTIN 2
Primeira derrota do Cambados na casa, nun partido para olvidar , no que o San Martin aproveitou as duas ocasións que tivo en troques o Cambados desaproveitou varias que tivo. Un partido para esquencer rapidamente a traballar durante toda a semán para recuperar estes puntos perdidos.
O mister Carregal, en principio plantexou ben o partido, pero as cousas a veces non saen como un as plantexa, o mellor os xogadores fallaron no plano emocional, o árbitro tivo unha actuación nefasta tan só permitiu xogar unhas 40 minutos en total o resto permitiulle o San Martin perder o tempo que quixo, pero bueno hai tempo para correxir e esperemos que o Mister así o faga. Borrón e conta nova, e así queda a clasificación:
ROMAI 2 - CAMBADOS B 1
Partido xogado de poder a poder entre o Romai e Cambados nun terreno moi seco e polvoriento, empezou dominando o Romai ata que marcaron o 1-0 logo o Cambados veuse arriba e consigueu empater o encontro nun gran gol de Beni Vilas, a partir de ahi un señor, neste caso de vermello fixo a peor actuación árbitral que se pode ver nun campo de futbol, este elemento:
Permiteu o xogo duro e subterraneo do Romai, sin pitar moitisimas faltas que lle facian o Cambados, e logo o comenzar a segunda parte expulsa inxustamente a Fariña por un agarrón a un contrario no seu campo, denigrante, logo seguir permitindolle facer os xogadores do Romai o que querian , perante tanta impotencia Beni Pomares foi expulsado por tirarlle o balón a un contrario, cando debia de quitarlle tamén cartón amarelo. Increible que un señor deste calibre poida estar arbitrando partidos de futbol, pero non nos temos que esquencer que estamos na terceira autonomica e podes atopar de todo, así queda na clasificación o Cambados B:
E aqui vos deixamos unhas imaxenes do encontro:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina. BALONCESTO XUVEN 84 - RECEMIL 71
O Xuven segue con paso firme a súa andadura na categoria a vense de impoñer o Recemil de Ferrol, non sen traballo, xa que o partido decideuse a prol dos cambadeses no derradeiro cuarto. Bo comenzo do Xuven que esperemos que siga nesta liña, polo de agora está ahí arriba cos mellores , así está a súa clasificación:
-----------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .
RECUPERAR A MEMORIA...RECUPERAR A MEMORIA...
"O NOVO EMDEN"
Cartel do documental O Grove estreou ou documental que narra a fuxida dos seus veciños, en 1937.
O Novo Emden Foi a produtora Saga TV a que decidiu profundar na historia e para iso foi fundamental a información que contén a Causa por Rebelión Militar (728/37) que gardan os arquivos de Ferrol. Segundo este documento, os grovenses foron acusados de rebelión militar e ata condenados a diferentes penas. Os mecos puideron evitalas aínda que os seus familiares se tiveron que afrontar as represalias en forma de multas, embargos e interrogatorios. Algúns aínda dan fe diso.
Tripulantes do Novo Emden Pero a travesía do Emden resultou frutífera. Ou barco, construído nuns estaleiros de Palmeira dous anos antes chegou á costa de Bretaña ese mes de agosto. As autoridades francesas ditaminaron que a súa tripulación tiña que regresar a España, menos catro deles que quedan en Concarneau acollidos pola beneficencia. Ou resto utilizou para volver a fronteira catalá, baixo ou control de exército republicano naquel momento, e alí dispérsanse con distinta sorte. Algúns acaban en campos de concentración franceses e alemáns, no exilio; outros pásanse ás tropas franquistas e outros limítanse a subsistir. Texto: Bea Costa (Periodista Cambadesa). -------------------------------------------------- ¿E LOGO CAMBADOS NON TEN MEMORIA HISTÓRICA?
Familiares de Antonio Chaves coa sua foto Grazas á Asociación da Recuperación da Memoria Histórica do Grove, estes dias estase a falar e bastante da represión fascista sufrida no noso pais. Nós sabemos que Cambados tamén tivo os seus verdugos e as súas vítimas, tivo os seus fascistas e os seus democrátas. Se hai unha persoa en Cambados que representa ás victimas estamos seguros de que non é outro que Antonio Chaves del Rio, o último patron maior antes de que os golpistas facciosos subisen ao poder.
A Illa de San Simón coñecida vulgarmente como "O Lasareto", ahi estiveron pechados e foron asasinados varios homes de Cambados. A xente da época sabia que Antonio era un home bo , sindicalista defensor sen concesións dos mariñeiros, e iso polo réxime represor non estaba ben visto polo que no Nadal do 36 é “paseado” polos seus asasinos e o seu corpo nunca xamais foi atopado. Pero como o caso de Antonio Chaves hai outros moitos , así como episodios que se non se recuperan quedaran no máis absoluto dos esquecementos.
Portada do libro do xoven historiador cambadés Jacobo Dominguez Pedreira, chamado a ser o biógrafo da nosa vila, quen foi quen de entrar con moito tacto na nosa historia, libro digno de ler. No Grove temos un bo exemplo, unha asociación que traballa con esmero para facer ver aos seus paisanos a enorme diferenza entre asasinos (golpistas) e demócratas. ¿Por que non intentalo? Só fai falta dar o primeiro paso. Recuperemos a memoria histórica de Cambados. -------------------------------------------------- RESUMO DA FESTA DA VIEIRA Notase na festa dá vieira “outras mans” na organización dá mesma e por suposto que non teñen que ver co Concello, ainda que se este tivo que ver en canto as actuacións musicais. ¿Por que dicimos esto?. Dicímolo porque á hora de homenaxear, agradecer, ou premiar o labor a asociacións ou persoas a confraría non politiza o acto como fai na festa do Albariño os gobernantes do Concello de Cambados.
Andrés "O Araña" No capítulo persoal homenaxeose a todo un “LOBO DE MAR” como é Ricardo Rei máis coñecido por todos en Cambados como “Andrés o Araña”, dise deste home que os temporais tiñanlle medo e ata se conta a anécdota que cando foi do famoso Hortensia foi o único en saír á mar. Como tantos nenos da súa idade Andrés, tivo que ir moi nova para a mar , xubilándose moito máis tarde dos 65 anos e porque “obrigárono” senón seguro que se por il fóra aínda estaría traballando. Inclinacións políticas de Andrés: descoñecidas.
Xaquin Rubido da PDAR A Asociación galardoada este ano foi a PDAR (Plataforma pola defensa dá Ría) esta plataforma é a que se encarga de lembrarnos que temos que coidar a nosa querida ría que cada vez está máis contaminada, é a que se encarga de lembrarnos que os depósitos de Ferrazo son un perigo patente para a nosa ría e seguen aí ameazantes, é en definitiva a que se encarga de lembrarnos que temos unha ría maxestuosa e non a coidamos e é a Plataforma que loita moitas veces polos dereitos de moitos mariñeiros quenes ás veces lle dan as costas cando se convocan manifestacións. Inclinacións políticas da PDAR: Ningunha, formara varios colectivos entre eles non está o PP.
Manolo Trigo de "Trivi" Esta ano a empresa galardoada foi “Confeccións Trivi”, foi a pioneira en materia de plásticos é creada polo desaparecido Manuel Trigo (home de Cuca ), e que na actualidade rexenta o fillo do seu mesmo nome en compañía dos seus irmáns, que foi quen recolleu o galardón. Trivi é un modelo de empresa, nunca tivo ningún problema laboral, colabora con Asociacións, Clubs Deportivos e outros estamentos do pobo , dá traballo a xente de Cambados, foi un recoñecemento merecido. Inclinacións políticas de Trivi: Descoñecidas. Esta é a gran diferenza entre a Festa do Albariño e a Festa da Vieira que nesta última prímase e se está a homenaxear a quen o merece, pola contra na do Albariño por suposto que non , salvo contadas excepcións.
Yayo e Tonino Este ano dicir tamén que os hostaleiros implicáronse dun xeito contundente. Por primeira vez realizouse un concurso de confección de vieiras resultando gañador Yayo Daporta (Restaurante Yayo) e sendo o terceiro lugar para Antonio Botana (Restaurante Pandemonium) .
Non podemos dicir, porque mentiriamos , que a afluencia de xente foi masiva, pero se podemos dicir que estivo animada e segundo os organizadores do evento dise que se consumiron nin máis nin menos que 7.000 vieiras, que para mediados de setembro non está nada mal. -------------------------------------------------- A PÁXINA DE PROTECCIÓN CIVIL
A xente de Protección Civil de Cambados, escribiunos un correo para que poromocionaramos a súa páxina, e o prometido é debeda, , aqui tedes o enlace a mesma: http://pccambados.spaces.live.com/ , dende logo que non vos vades a aburrir botandolle unha ollada. -------------------------------------------------- DEPORTES FUTBOL:
O Club Juventud de Cambados, enfróntase na vindeira xornada ao San Martin de Vilaxoan, un “derby” veciñal que esperamos que atraia moita xente a Burgans.
Eulo, ten moitas posibilidades de ir convocado po primeiro equipo. Os de Carragal , logo da merecida vitoria en San Adrián, parece que se puxeron as pilas e esperan seguir escalando posicións, os cambadeses afrontan o partido coas baixas de Simón e Melo por distintos motivos.
Mara, entrenador do Cambados B Pola súa banda o Cambados “B” desprázase a Romay onde se enfronta ao titular da praza, outro partido difícil para os de “Mara”, quen despois do duro enfrontamento contra un dos favoritos a ascender como é o San Miguel , se enfronte a un dos descendidos a tempada pasada. Partido difícil no velódromo, pero esperemos que os nosos rapaces volvan dar a talla. BALONCESTO
O “Xuven”, recibe no Pombal ao Gauzón Iberica Recemil, procedente do popular barrio de Ferrol que dá nome ao club “Recemil”, ás 19 horas os de Diego Doval deben dar boa conta dos ferroláns quen veñen de perder a xornada pasada no seu feudo 57-79 ante os ourensáns do Cafetal Pavillón.
Se queres máis información dos rivais do “Xuven” podes visitar a súa páxina web : www.cdrecemil.com , quen na mesma expresan o seu desexo de conseguir a súa primeira vitoria á conta dos cambadeses, pero estamos seguros de que o "submarino amarelo" vaillo impedir. -------------------------------------------------- UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA: O VIDEO DO NOVO GRUPO CAMBADÉS "THE RAKETS"
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina. ----------------------------------
DE SUDAR VAI O CONTO...DE SUDAR VAI O CONTO...
O SABADO PASADO INAUGUROSE A NOVA SAUNA-AUDITORIO EN CAMBADOS
Contan os que estiveron o sábado no recital de Maria do Ceo co gallo da Festa da Vieira, que nunca pasaron tanto calor no Auditorio, ata dende o escenerio a propia Maria do Ceo queixose da forte calor que estaba s sufrir. Auditorio novo e sen aire acondicionado ou un servicio de ventilación como Deus manda, e que cando se fan as cousas a presa, xa se sabe o que pasa.
Esto señores, si que é sudar a !gota gorda!. Sarna con gusto non pica, pero mortifica. -----------------------------------
EXPOSICIÓN DE CLEOFE VIÑAS EN EXPOSALNÉS:
Do 15 ao 30 de setembro de 2007 Diplomada universitaria en Educación Xeral Básica, imparte clases dende anos como Monitora de Artes Plásticas. Ten realizado distintas exposicións tanto a nivel de colectivo como individual, pertencendo á Asociación de Artistas de A Coruña dende o ano 1998 ata a actualidade. MAIS INFORMACIÓN: 649.36.28.04 Centro Comarcal do Salnés ----------------------------------- EXPOSICIÓN DE JOSE VAAMONDE NA "RIBEIRA DE FEFIÑANS"
O pintor cambadés Jose Vaamonde expón dende o 17 de setembro ao 14 de outubro na vinoteca "Ribeira de Fefiñans" en pleno corazón da Triana Cambadesa. O conxunto da obra denominada "Silencios", é digna de ver, pasadevos pola "Ribeira" e podedes combinar un bo viño coa arte. ----------------------------------- MARIA "A DE DOMI" É A QUE NOS ENVIA ESTE CHISTE E ADEMAIS É PROTAGONISTA:
O PENAL
Maria a de Domi espértase ás 5 da madrugada dando berros e saltos na cama.
----------------------------------- DEPORTES: UN CAMBADES NA VOLTA CICLISTA A ESPAÑA
O cambadés Modesto Sánchez, que noutra hora fora o noso ciclista campionisimo en tantan e tantas carreiras pola nosa terra, chegou a ser campión galego, forma parte do corpo técnico do Karpin Galicia e ahí o podedes ver na fila do medio de cuarto empezando pola esquerda, de seguro que cando volte xa nos contará na de Juan Silva como foi o conto. Modesto ademáis ten unha peculiaridade sabe de carretilla todolos rios de España cos seus respectivos afluentes, vamos ¡unha máquina!. Por certo xa que estamos a falar de ciclismo recoñocer aqui publicamente a labor dun home que leva toda a vida adicada a él como directivo e organizador e de seguro que se non fora por él non existiria o ciclismo en Cambados, non é outro que Ernesto Falcón. ----------------------------------- FÚTBOL
Simón O Cambados "A", impuxose nun partido sen moita historia ó San Adrian por 0-1, un equipo díficil no seu campo, cun gol de Simón, magoa a súa expulsión, coidamos que inxusta, a ver se non lle cai ningún partido de sanción, e como se ve xa empezamos a escalar postos na clasificación e xa estamos de quintos:
Pola súa banda o Cambados B, arrincou un máis que merecido empate perante o San Miguel de Deiro (2-2), ante un Campo Municipal do Pombal casí aborratado, facia tempo que non se via tante xente no Pombal
En canto o partido en sí decir que mereceu gañar o Cambados, toda vez que o arbitraxe foi anticasera totalmente, favorecendo o San Miguel de maneira descarada, un penalti que non existiu que deu orixe o primeiro gol do San Miguel e un falta inxesitente que se sacou o árbitro de manga deu orixe o segundo gol do San Miguel, que insistimos se non fora polo árbitro saia derrotado do Pombal.
O heroe do partido sen lugar a dúbidas foi Paio que xogou casi que todo partido coa cabeza vendada e un corte na mesma, o remate do encontro foi o centro médico e tivo que levar seis puntos de sutura, peor parado resultou o xogador do San Miguel que chocou contra él xa que tivo que ser trasladado o Hospital Dominguez, donde nos informamos que foi atendido e voltou o seu enderezo. Asi vai a clasificación doi Cambados "B":
E grazas a Antia aqui tedes unha reportaxe video gráfica do encontro:
E por ultimo darlle a noraboa e facerlle unha pequena homenaxe os Benxamins do Cambados, que quedaron campións do torneo celebrado en Ribadumia o impoñerse na final por 4-1, ¡¡¡Bravo Campións!!!
BALONCESTO
Decir tamén que os do "Xuven" dirixidos por Diego Doval, foron quen de vencer a domicilio perante o Drova Vigo por un tanteo total de 68-74, esto parece que tamén marcha vento en popa.
E por suposto non fai falle decir que calqueira club de Cambados que queira sair nesta páxina non ten máis que mandarnos a súa foto a o noso correo e tres ou catro frases do evento. Agradeceriamolo moito porque nos non damos abasto. ----------------------------------- UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA A MONCHIÑO VIEITES E XOAN SILVA A DUO:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina. -----------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .
DE ISLANDIA A CAMBADOS, PASANDO POR VILANOVA.DE ISLANDIA A CAMBADOS, PASANDO POR VILANOVA.
DIEGO, PANDERETEIRO DE UNHA GRANDE CHEA CON "PIPI ESTRADA".
"Pipi Estrada con Diego. Esta foto si que ten suma importancia, nin máis nin menos que o pandereteiro de Unha Grande Chea, Diego, na compaña do famosisimo Pipi Estrada , toda unha personaxe das revistas do corazón o mesmo tempo que cronista deportiva. A foto foi sacada no partido Islandia-España e ainda despois sairon de copas por Reikiavik. Como sabedes Diego e o representante legal no estado español dunha empresa islandesa denominada Marel que se adica a maquinaria para transformación de peixe. Este Diego é un crack.
"Pipi Estrada" coa sua compañeira actual a actriz de cine erótico Adela Lapiedra. ----------------------------------- AS PARANOIAS DO ALCALDE DE VILANOVA
En manifestacións feitas en varios medios de comunicación estos dias o Alcalde Vilanova, veu que pouco menos que botarlle a culpa do homicidio do rapaz da Illa de Arousa a movida cambadesa. Ata ahí podiamos chegar Sr. Durán, Vde, precisamente Vde que é un home que se por algo se califica é por insultar a xente da oposición, rirse dela, minusvalorana, e facerlle ver os seus veciños que Vde e sheriff do pobo. Vostede que vai sembrando a discordia por donde pasa e non entende o que é unha man amiga. Mirese a un espello e faga acto de contricción. Non nos extranaria nada que os presuntos homicidas foran votantes seus. A movida cambadesa estase a conseguir con bastante traballo e esforzo por parte dos hosteleiros cambadeses e non é cuestión de botartlle a eles a culpa dos homicidios en todo caso botella vde. o seu amigo e compañeiro de partido Touris que non fai respetar, e decimos en todo caso, a hora de peche , e non a toda xuventude que disfruta do fin de semán. O que sembra ventos Sr. Durán, recolle tempestades. -------------------------------------------------- MARIA DO CEO NA FESTA DA VIEIRA
Maria do Ceo é unha portugesa afincada na Galiza, a dulzura natural do noso idioma unalle Maria as influencias e sentir portugués e sae unha voz celestial. O público que acuda o Auditorio enseguida se vai ver atrapado na dulzura da súa voz. Maria do Ceo ten publicado os seguintes Cds. “Cartas de amor”, “Vellas Lembranzas”, “Al rescate del alma”, “Fado e outras músicas”, “Panxioliñas-Villancicos” e “Duas Almas no Miño”. Maria do Ceo actua este sabado 15 de semtembro no Auditorio da Xuventude de Cambados, as dez da noite. --------------------------------------------------
TOP 20 VIDEOS YOU TUBE CAMBADOS (Setembro 2007)
Nº
AUTOR
VIDEO
EXHIB.
1
Chourizofilms
14301
2
Tinofico
7330
3
losada
5491
4
LucasVieites
2596
5
losderibadumia
2500
6
UnhaGrandeChea
2425
7
Losada
2321
8
Chourizofilms
2228
9
Chourizo films
2131
10
badly
1963
11
carlistoshache
1902
12
Chourizofilms
1887
13
tridimensional
1846
14
Chourizo films
1779
15
darcobusa
1744
16
Chourizo films
1614
17
UnhaGrandeChea
1540
18
Chourizo films
1477
19
bertodomy
1408
20
geldare
1404 Clasificación feita o 12 de setembro as 20.36 horas.
A destacar o impresionante despegue de “No volveré” da productora Chourizo Films, quen en menos dun mes doblou o segundo clasificado. Chourizo films tamén entra con forza no posto 16 cun dos seus mellores films “El Golpe”. Chourizo é gran triunfadora desta lista con sete traballos na mesma.
Pola nosa banda “SINFONIA DE PEIDOS DE UNHA GRANDE CHEA” sube dous postos, namentras “Unha monísima baixada o pilón. UNHA GRANDE CHEA “ entra en postos de descenso.
Pasa o ocupar o faroliño vermello “Marea laranxa” e desaparece da clasificación o video da perrera.
UNHA GRANDE CHEA TV acaba de facer un novo traballo alicerzado na páxina de Eduardo Apariz www.cambadosenfotos.net , un resumo das súas mellares fotos que hoxe vos amosamos esperemos que vos guste a él e a vos:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
-----------------------------------
A VINDEIRA XORNADA
O Cambados “B” comenza a liga o domingo fronte a un dos favoritos a priori para quedar campión, nin máis nin menos que o San Miguel de Deiro, equipo no que cobran varios dos seus xogadores , é a posta de largo dos “B”. Parece ser que no foro Arosa Futbol ninguen da un peso por elos, todo mundo da favorito o San Miguel e o millor teñen os seus argumentos , pero nos creemos que os nosos rapaces poden dar a badalada. Asemade decir que estrenan sponsor a nova discoteca cambadesa CLIMAX é a encargada de sponsorizalos.
Doutra banda o Cambados "A" desplazase a xogar co San Adrián e esperamos que continue a racha baixo a dirección e tutela do veterano Cascallar quen pese a xogar con gripe o domingo, foi un dos destacados.
Asi vai o noso Cambados na clasificación. -----------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . DE MOMENTO...PRIMEIRO ESPERANZA SALNÉS...DE MOMENTO...PRIMEIRO ESPERANZA SALNÉS...NA PRENSA
ASI O VIU A PRENSA AROUSÁN O DO ALMANAQUE
Podedes ver o ecó que tivo xa na prensa o do almanaque pro Esperanza Salnés, i eso que están empezando. Non vos Quero decir nada cando se faga a súa presentación oficial que se calcula para principios de decembro entón si que vai ser gorda.
Así o amosou DIARIO DE AROUSA
Asì o transmiteu a Voz
Así volo fixo ver VIEIROS Se o queredes ver en Vieiros a nova premer directamente neste enlace http://www.vieiros.com/nova/60813/colectivos-cambadeses-ispense-para-un-calendario-benefico
Doutra banda , a nosa Asociación pousou onte para o fotógrafo Eduardo Apariz para cubrir un novo mes do calendario a prol de Esperanza Salnés. Dicir que estivemos por espazo de dúas horas e esperamos e confiamos na habilidade do artista , polo menos para que non “destaque” demasiado as prezadas barrigas dalgúns dos nosos componentes, as fotos das cuadrillas van ser o segredo mellor gardado de todos os tempos. De todos formas non é a primeira vez que nos espimos en público, fai moitos anos en certo pazo de Cambados e no seu estanque démonos un baño “en pelota picada” en pleno Albariño eran outros tempos e non tiñamos tanto “postizo”, aí vai a mostra:
----------------------------------- MIGUEL PIÑEIRO , artista.
Miguel Piñeiro avogado vilagarcián admirador de UNHA GRANDE CHEA e asiduo das empanadillas do "Bar Germán" el e a súa familia, ten un fillo do seu mesmo nome que acaba de expoñer oito obras no Nautico de San Vicente presidido polo tamén letrado Avelino Ochoa, tal foi o éxito da exposición que foron xa vendidas as oito obras. A presentación da mesma correu a cargo do concellal do BNG Antón Máscato.
----------------------------------- OS MAGOS DA COCIÑA CAMBADESA É obvio que a nova cociña cambadesa ten claro quen son os seus dous mellores representantes na actualidade, os magos dos fogons “Tonino” (Restaurante Pandemonium – Rua do Albariño-) e a “Yayo” (Restaurante Yayo – Rua Hospital-), pese a súa xuventude ambolos dous experimentados cociñeiros , que nos ensinan a comer sin fartarnos coma porcos, que nos ensinan novos sabores e sobre todo coidan con sumo detalle cada prato así como a elegancia dos seus locais. Ademáis ata son innovadores a hora de facer publicidade , aquí tedes para mostra un botón:
ESTA NOVA FOI PATROCINADA POR:
----------------------------------- A "MESA" DA AS GRAZAS A Mesa pola Normalización Lingüística remiteulle esta carta a Angel Cambados Tirado, respecto a nova de que Salvat non quere incluir entre os 25 idiomas en que vai editar o seu novo album , o galego:
Angel Cambados Tirado
Prezado Ángel (e demais amigas/os de Unha Grande Chea):
O meu nome é Fran Rei e son o Responsábel Nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística, a sección xuvenil da Mesa.
En primeiro lugar, envíovos como non un cordial saúdo e agradézovos, en nome de todas as mozas e mozos que traballamos no noso colectivo, que vos poñades en contacto connosco e que, por suposto, decidírades apoiar desde o voso espazo na rede a campaña que temos activada en favor dun Astérix en galego e difundila por Cambados. Deseguro que, aínda que de principio non consigamos moito, grazas a campañas como a vosa ou á que tamén está a levar adiante a Ciberirmandade da Fala aos de Salvat Bruño ficaralles máis claro que en Galiza hai quen estamos dispostas/os a defendermos o noso idioma.
En realidade, as primeiras accións que levamos adiante polo tema de Astérix son xa de 2005 (entre eles, a propia campaña de sinaturas, que se fixo sobre todo no ensino), que foi cando saíra o anterior título, Astérix e Os Viquingos, só en español e en catalán. De aquela foi moi curioso que a Salvat Bruño non lle importase paralizar a distribución dos cómics en catalán cando detectaron algúns erros na impresión e substituilos inmediatamente todos por outros corrixidos. Tamén o é (non sei se isto o saberíades) que o primeiro Astérix en galego, Astérix e a Fouce de Ouro, tivémolo en 1974, con Franco aínda vivo.
O seguinte paso que temos pensado dar é termos unha entrevista coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, que pensamos ten unha grande responsabilidade por canto da anterior vez xa se comprometera connosco a facer todo o posíbel para que as aventuras de Astérix puidesen ser comercializadas en galego no noso país.
Pola nosa parte, estamos moi interesadas/os en mantermos un contacto continuado con aqueles colectivos e asociacións de todo tipo -xuvenís moi especialmente -que poidan traballar nunha liña semellante á nosa ou cos que poidamos colaborar para cousas como esta. O noso correo, para calquera cousa que queirades, é mocidade@amesanl.org. Ao pé da mensaxe mesmo vos vai o meu teléfono por se tamén queredes pórvos en contacto comigo por esa vía.
Así que nada, para calquera cousa, xa sabedes onde estamos!
Recibide unha forte aperta
Francisco Xosé Rei García --------------------------------------------------
"DEREITO A SABER..."
PROGRAMA:
----------------------------------- "NACE" OUTRA NOVA CAMPIONA DE XEDREZ EN CAMBADOS
MARTA PALACIOS VENCEDORA BENXAMÍN EN VILANOVA
Pola súa banda, o irmán de Marta, Miguel, tivo unha discreta actuación en categoría infantil, concluíndo en novena posición, con 3´5 puntos.
----------------------------------- A FESTA DA VIEIRA A Confraría de Cambados organiza novamente a Festa da Vieira que alcanza xa a sexta edición, na cal como novedades máis importantes atopamos a instalación da carpa gastronomica no Pazo de Torrado e que os festivais terán lugar no Auditorio. Desexamos sorte a Benito González e ao seu equipo nesta nova etapa.
----------------------------------- "DESINFORMADORES" Este é o punto de información turístico que podedes ver en pleno Paseo da Calzada de Cambados. Como apreciades atópase nun estado lamentable por non ter non teñen nin pantalla, e non que é leve así , un día , nin dous nin tres, leva varios meses e como outros que se instalaron no municipio, así é como emprega o noso alcalde as subvencións que lle dan, mágoa de diñeiro para outros mesteres.
----------------------------------- FUTBOL CAMBADOS 2 - MARIN 1
A primeira victoria da era Richar, xa está no peto, o Cambados o domingo pasado impusose o Marin nun encontro en que a primeira parte foi dos marinenens e incluso a segunda ata o minuto 10 en que marcaron o gol. Este espoleo o Cambados quen nos cinco derradeiros minutos do encontro doulle a volta o partido perante o delirio dos afeccionados. Esto empeza a andar.
En canto a asistencia de público non estivo mal, pero podia estar moito millor , temonos que animar todos, dende todos estamentos para enchar un pouco máis a grada. ----------------------------------- UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA: Un "mixto" de Treixadura "....Teño unha galiña branca..."
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina. -----------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .
ESPERANZA SALNES MERECE MIL CALENDARIOSUN CALENDARIO DE GRUPOS DE CAMBADESES ESPIDOS SALIRÁ EN BENEFICIO DE ESPERANZA SALNES
Estase a argallar en Cambados, o que coidamos vai ser a nova do ano con diferencia, nin máis nin menos que un calendario de xente, clubs e pandillas do pobo e algunha creemos que da Arousa, incluída unha de mulleres, con espidos artísticos, cun obxectivo benefico e non é outro que recaudar fondos para Esperanza Salnés Asociación Cambadesa pera nenos descapacitados . Os promotores de esta idea , como non podian ser doutra maneira son xente vinculada o Pub A Leria, o chalequeiro de UNHA GRANDE CHEA Rubi (Tlf. 649544969) (o mesmo tempo un dos donos do Pub) e Perto (Tlf. 647583858), unha persona de mar vinculada o Clube Baloncesto Santome, de seguro que o éxito está asegurado:
Perto e Rubi U.G.CH.- ¿Cando e donde xurde a Idea de Facer o Calendario?
U.G.CH.- ¿Houbo problemas para buscar xente, e quen participa no evento?
Edu e Sagri U.G.CH. ¿Farase unha presentación o grande do calendario?
ESTA ENTREVISTA FOI PATROCINADA POR:
-----------------------------------
POLITICA, FAMOSOS E ....XUVEN E PARA REMATAR UXIA XENLLE.POLITICA, FAMOSOS E ....XUVEN E PARA REMATAR UXIA SENLLE.
APARCAMENTOS
O noso primeiro mandatario non lle saen licitadores para o aparcamento da Merced, a súa "gran obra maestra" da anterior lexislatura, pero porque empeñarse en levar os aparcadoiros para Fefiñans, non seria máis loxico facelos donde propuso o BNG en plena campaña electoral, e decir donde estivo colocada a famosa carpa no Albariño, no mesmo centro da vila donde está toda actividade cultural e social.
A ver si vai ser que nin "Dios" entende os politicos, ou tamén pode ser que "Deus" queira poñer o aparcamento debaixo da Parroquial.
----------------------------------- "CHAO LUCIANO"
A veces temos a sorte de pisar a historia dun xeito tan real como a vida mesma. Estos días foise toda unha personaxe da opera, do "bell canto" , un home que quixo achegar o que era propiedade da elite, o pobo liso e chan, e por iso foi criticado polos "puristas" (uns tomas polo cu, como diria José Maria). Pavarotti foi, é e será un xenio e hoxe nos queremos que formara parte de UNHA GRANDE CHEA. "Chao Luciano". ----------------------------------- CHAYANE E MÁIS JUAN.
Como xa moitos sabedes, Juan Iglesias, expresidente do Xuven equipo o que levou as mais altas copas deportivas e populares, é un socio destacado de UNHA GRANDE CHEA, e estando por razóns laborais en Madrid, coincideu nunha cafeteria da capital con Chayane que está de xira polo estado español, e non deixou pasar o acasión para sacar unha "instantanea" con él. ----------------------------------- O "XUVEN" ENTRA EN ESCENA.
O Xuven, comenza a sua andaina nesta tempado 2007/08, con moitas ilusións, moito traballo por diante e coa estela de ser un dos grandes equipos de baloncesto en Arousa, unha das xoias do Xuven é a súa canteira, que miman e coidan con esmero todos e cada ún dos directivos que pasamos por este club, e porque tamén "...non só de futbol vive o home...". O Pavillón do Pombal recupera esta fin de semán o sabor antergo do gran derbi comarcal de baloncesto, lamentablemente longo tempo desterrado do marco ligueiro. Establecementos Otero de Cambados e Inelga BBC de Vilagarcía enfróntanse a partir das 19 horas na primeira semifinal do Torneo do Albariño. Marín Peixe Galego e Chantada de Liga EBA mediranse acto seguido, ás 21 horas no segundo cruzamento do Torneo.Xuventude e Inelga BBC chegan á cita de hoxe condicionados polos seus respectivos programas de posta a punto ante o inminente inicio ligueiro.No caso do cadro cambadés, os homes de Diego Doval encóntranse ante o seu segundo compromiso da pretemporada, a escasos oito días do arranque do campionato regular da Primeira División Nacional.Tras caer co Marín Peixe Galego o pasado sábado por 60-71, partido no que o Establecementos Otero foi de menos a máis, Diego Doval conta con todo o seu persoal dispoñible. Incluído Iván Villar, que esta semana se mantivo á marxe dos adestramentos do seu equipo afectado dun proceso gripal. O técnico local terá, pois, que realizar dous descartes entre os 14 homes cos que traballa desde o inicio da pretemporada, os nove con ficha de Primeira Nacional xunto a catro xogadores do equipo Sénior Zonal e o júnior Emilio Oubiña.
----------------------------------- UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA EN EXCLUSIVA: O "ALA LA DAS MARIÑAS" DE UXIA SENLLE. Pregamos encarecidamente que vexades e escoitedes este peza interpretada por Uxia Senlle e Cristina Fernández, é simplemente maravillosa:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina. -----------------------------------
¡¡¡TOMADE NOVAS!!!¡¡¡TOMADE NOVAS!!!
A ROMARIA DE SANTA BAIA DE RIBADUMIA NA PRENSA:
----------------------------------- "DO PARANÁ SERIGRAFIA"
DO PARANÁ, Espazo serigráfico invita á mostra de traballos realizados polos talleristas do curso de verán o día seis de setembro as 21 horas no Ulla Nº 25-Baixo-Pontevpedriña – Santiago. Haberá música, brinde e un sorteo sorpresa entre os asistentes. A entrada é libre e gratuíta. Grazas
----------------------------------- EXPOSICIÓN "ULTREIA" EN EXPOSALNÉS
Durante esta primeira quincena de setembro, o Centro Comarcal do Salnés acolle a exposición titulada "Ultreia:El Camino de Santiago". Trátase dunha viaxe fotográfica por distintos puntos do camiño de Santiago realizadas por José Antonio Robés Cuadrado. Ultreia mostra as vivencias dos protagonistas do camiño, os peregrinos, que percorren as máxicas corredoiras galegas e portuguesas ao longo da súa viaxe ata chegar a Santiago. Esta exposición fotográfica, financiada con fondos da Consellería de Cultura, percorrerá diversos puntos da xeografía galega exhibíndose nos centros comarcais. -------------------------------------------------- UHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA: OS DANZANTES DE COBAS. Os Danzantes de Cobas son un agrupación centenaria da parroquia que lle da o nome no concello de Meaño, cun vestiario único e normalmente formada por homes,ainda que en tempos atrás teñen bailado mulleres, a maioria deles son familia entre si, e son típicos no San Bieito de Cambados e na festa do Albariño, aqui os pededes ver na Festa do Albariño do 2007 , facendo en baile presentación as autoridades na festa.
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
-----------------------------------
No Concello de O Grove, dende que o PP foi derrotado e o seu alcalde anda liado co das listas do Pais Vasco, cambiaron moitas cosas sobre todo en politica social. Unha delas tomada con senso do humor polo xenial Gogue no gráfico de arriba, foi a inmediata retirada do simbolo fascista e tamén a retirada da foto de rei do salón de plenos. Nos , os de Cambados, parecenos que para eso imos ter que tardar outros catro anos, sobre todo para retirar a foto do rei.
Os cambades, nembargantes temos na igresa arroquial comandada por Aldao, un símbolo fascista que non hai "Dios" que o retire. Nin Lei da Memoria, nin Lei de retirada de símbolos fascistas , nin nada de nada. As autoridades civís tiñan que tomar a tichola polo mango e retirarlle subvencións a Iglesias Catolica en tanto en canto no retire os símbolos fascitas das súas fachadas, sobre todo as subvencións de Patrimonio.-
A Xunta de Galiza, e sobre todo a Concelleria de Cultura (nas máns do BNG) debian de tomar cartas inmediatamente no asunto, e proceder a retirade deste e doutros símbolos fascistas das igrexas e outros edificios do noso pais, canto antes.Hai que retiralos dunha maneiro ou doutra. ----------------------------------- A "EPISTOLA" DE MONCHO ARGIBAY.
Moncho Argibay non é un libreiro o uso, é unha especie de mecenas da Cultura , quen co traballo e co seu esforzo e afortunamente na compaña doutros libreiros de Cambados, están a facer das librerias uns lugares de acollida, de esparcemento , de actos culturais e de cultura viva , a veces ata parece que da a sensación que os libros van coller vida. A todo esto a Concellalia de Cultura do Concello de Cambados, sempre lle dou as costas, e polo que se ve seguirallas dando. Moncho acaba de escribir esta preciosa carta a “ Voz”, un pequeno conto que non é un conto, unha realidade que parece ficción, en suma unha historia que se repite cada ano e parece ser que ningún fai nada para remedialo. O conto non ten desperdicio. Coidamos que Ramón Cabanillas estaria moi orgulloso de que a “súa librería” tivera un dono tan especial. A epístola publicada na Voz de Galiza, di asi: " """"HABIA UNHA VEZ... Había unha vez unha vila fermosísima que dormia deitada o sol á beira do mar. Era un mércores a primeiros do mes de Agosto. As rúas estaban cheas de postos de venta ambulante. No centro da vila había instalada unha carpa xigante, que era de xente que coñecia aos que mandaban; e vendían productos que tamén tiñan os hostaleiros da mesma. As rúas estaban cheas de papeis ciscados polo chan, e colectores de plástico a carón das casas de pedra. Ao longo do paseo marítimo había un arrecendo fedento que daba noxo e que tamén sía polos sumidoiros. Como estaban todos os espazos ocupados con postos ambulantes, non había donde aparcar os coches dos que viñan mercar aos comercios da vila, pero había unha grúa moi lixeira que persegúia aos que se atrevían a aparcar onde non querían os policias que ían diante da grúa. O da grúa, tamén coñecido dos que mandaban, facía o seu agosto. igual que os carpa xigante e os dos ruidosos postos ambulantes. Malia todo, os cidadáns e as cidadás da vila eran felices e comían...""""" ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- "SUBVENCIÓNS"
Como sa vichedes na prensa o Concello de Cambados , ainda que o noso alcalde diga o contrario, tamén recibe suculentas subvencións de vicepresidencia, e si o noso alcalde fora unha persoa agradecida , non nos sorprenderia a seguinte imaxe:
Pero coñecendo como coñecemos o noso Alcalde a imaxen máis probable seria esta:
Canto máis nos gostaria a todos a primeira imaxen que a segunda ¿verdade?. ----------------------------------- UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA: "Calqueira día no Bar Silva (2)". Como o propio titulo di, calqueira dia no Bar Silva atopamonos escenas coma a que sigue, nela podedes ver a Monchiño Vieites e Xoan interpretando un chistoso "Papagaio"
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
----------------------------------- UXIO LOPEZ "O PINTOR INJLÉS"
Trinta anos de traballo avalan a este artista “injlés”, Uxio López “…erase un home a un bigote pegado…”. Dominador absoluto do pintura abstracta, traballou todolas técnicas , ultimamente está a experimentar en chapas de aluminio , con procesos ambiguos de fiXación e con quencemento a temperaturas de casique 200 graos.
Ten previsto participar vindeiramente en “Iberarte 07” en Zaragoza.
Uxio aparte de ser un excelente pintor é admirador de UNHA GRANDE CHEA, e dende aquí desexamolle moita sorte nos seus futuros proxectos, que co traballa, seguro que ha tela. ¡En Vilagarcia tamén hai boa xente!.
"ENERXÍA SOLAR"
Parecenos ben o estudo doutras enerxias alternativas, pero coidamos que ese problema está solucionado no Concello de Cambados, pois co calor que desprenden os gobernantes do PP, a enerxia que soltan, e sobre todo o "amor" o seu pobo o problema da enerxia solar está soluicionado, xa de agora endiante nos imaxinamos como vai traballar o noso goberno:
----------------------------------- "AS PINTADAS"
Parece ser que os turistas de Madrid están preocupados por esta "simbólica" pintada "NOM QUEREMOS SER UNHA PRAIA DE MADRID AMI" , en troques non os notamos tan preocupados en gravísimas pintadas na súa vila e corte coma estas:
"ROJOS NO, ETA PAREDÓN", "MARICONES POR LA ESPALDA", "ZP TRAIDOR", "STOP EMIGRACIÓN", "COMUNISTAS NO", "MUERTE ESTADO" e tantas e tantas outras, estás si que non lle preocupan os madrileños. ----------------------------------- UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA: treixadura en concerto "A Illa de San Simón"
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina. -----------------------------------
"CAI...XA"
¡Menos mal que non houbo ningunha desjrasia!, así diria calqueira paisaniño de Cambados, despois de que as letras de “Caixa Rural” viñeran abaixa. Cairon sobre da unha da madrugada dun día calqueira cando ninguen pasaba por ali. Pero por un momento maxinadesvos que cairan as oito da tarde do dia da inauguración da Festa do Albariño. ¿Cantas autoridades podería levar por diante o letreiro?. Coma unha especie de premonición so quedaron en pe as letras “Caixa” ou “Cai xa” e”Ur” a patria chica do bíblico Abrahan. Esto seria unha sinal de que Deus existe ou de que non invitaron a Aldao a inaugurar a Festa, ou de que a empresa que colocou as letras eran uns verdadeiros chapuzas, nos máis ben inclinámonos por este derradeiro suposto.
----------------------------------- O AUTOGRAFO DA "MARLENE"
A Montse, que capaz do que sexa, foi de viaxe a Punta Umbria, e coincidencias do destino topouso no mesmo restaurante donde estaba a cear con Marlene, e nin curta nin perguiceira, achegouse preto da artista e pideullo un autografo para "Chon" (o noso Secretario , a quen tamén se coñce por Kiko"), e foi o agasallo que trouxo a Chon da súa curta viaxe a provincia onubense.
----------------------------------- O CAMBADOS A "ESQUENCER O DE ATIOS. O Cambados ten que esquencer a mala sorte que tivemos en Atios, a tratar de impoñerse o Marin o vindeiro Dominguo e empezar xa a subir postos na clasificación.
O domingo o "harrai" de Unha Grande Chea "Domy" entrou no minuto 76 do encontro xa cando o Atios se puxera por diante e non tivo sorte cara o gol, esperemos que domingo xoge e si a teña.
Pola súa ban o Cambados "B", fai o seu derradeiro encontro probatorio fronte a Ponte Arnelas o sabado a tarde no campo destes, despois do de "Crecente" no que perderon 4-2 pero fronte a un equipo que sendo de tercera rexional cobra coma un de primeira. -----------------------------------
"ESMAJARE É NOSO""ESMAJARE É NOSO"
Dende que colgamos na nosa páxina de you tube a canción “Esmajare” como himno da comparsa, viñeronse sucedendo unha serie de comentarios tanto na mesma páxina de you tube como en outras páxinas nas que está colgado o video que nos fixeron reflexionar e o mesmo tempo indagar. Habia comentarios de que esta canción se oia na festa dos Caneiros en Betanzos, de que se oita tamén moito pola zona de Lugo. Ben o zona dos Caneiros podia ser porque o noso presidente Salvador Cores “Fico” ten uns amigos en Betanzos dende fai moitos anos e cada vez que vai ali normalmente hai guitarrada e non é nin a primeira nin a última vez que interpreta “Esmajare”.
Festa dos caneiros en Betanzos O que si tardamos en indagar é o da zona de Lugo, ata que demos cun grupo folk que se chama “Xarin, Gaiteiros do Incio” que tiñan gravada no seu único disco podedes escoitar o corte en http://www.marcus.es/2006/06/total-eclipse-of-the-heart/ , e claro por medio da súa páxina web puxemonos en contacto con eles, e moi amablemente contestaronos o seguinte “””…unha noite de troula, en Vilafranca, o bombeiro de Treixadura subido a unha escaleira cortando nun fosil de xamon, esbaralle o pe e fode un dedo co coitelo (non pasou a maiores por porque estaba perfectamente anestesiado)…os de Treixadura con Xaquin a cabeza tocaron a peza…””” claro e donde está Treixadura está o noso mestre e compoñente de Unha Grande Chea, Xaquin Xesteira , e continuan decindo os de Xarín “””…E seguramente naceria con vos, nos non asumimos a paternidade do bicho, simplemente o coidamos, damoslle de comer e vemolo medrar, de feito, sempre pensamos que a paternidade correspondialle os de Treixadura, foito dunha noite de alcohol e desenfreno... Un consello, collede o trozo de letra que temos nos a maiores e metedello o final da estrofa, non se fai tan repetitivo o asunto (ainda que lle chega de carallo)…””” Grandes tipos os de Xarin, a ver si un día facemos un hermanamento.
O mestre Xaquin Xesteira e a portada do CD de "XARIN GAITEIROS DO INCIO" E xa o que é máis caralludo é que o outro di na Illa de Arousa a “Orquesta Pontevedra” puxo a interpretar o tema en plena verbena, ali estaba un reporteiro de Unha Grande Chea TV que gravou as seguintes imaxes:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
En fin “Esmajare” como todos sabedes é unha versión dunha canción de Bony Tyler chamada “Total Eclipse of de Heart” e un bo día aló polo ano oitenta e tantos, cando se xuntaron a nós os rapaces da banda de Musica de Castrelo empezou a tocala a trompeta, os demais seguimolle a broma e ahí empezou a hostoria de Esmajare e daquela aparte de letra en si xa deciamos “ o de esmajar contra a parede” o de “esmajar coma un bicho” e tantas frases que deciamos para alongar a canción. En fin que o “Esmajare” naceu con UNHA GRANDE CHEA, a as probas nos remitimos. Hoxendia que nos saibamos está a lo menos en dezaoito servidores de todo o mundo ata está nunha páxina japonesa, aqui vos damos uns cuantos: http://www.videosonar.com/test/details.php?t=user&tag=UnhaGrandeChea http://www.videoplayer.es/tag/treixadura/ http://www.buscatube.com/v/1/y/unha.aspx http://www.videoblogs.com/buscador.php?web=youtube&clave=unha http://www.mundogaliza.com/videosnarede/index.php?d=27&m=07&y=07&category=7 www.perumodelos.com/video/index.php?en=youtube&q=UNHA http://seslitv.com/videoara.php?tag=unha http://www.berm.co.nz/cgi-bin/video/browse.cgi?t=unha www.videolarim.us/arama/unha-videolari.html http://www.vieiros.com/nova/59360/esmajare-o-himno-de-unha-grande-chea http://www.turkishmedia.com/haberbaz/hi.asp?k=unha+grande+chea http://www.lastvideo.net/author/1/UnhaGrandeChea.html http://w10.mocovideo.jp/search.php?MODE=TAG&KEY=treixadura http://www.videocarnage.com/index.php?search=cambados http://pic.myjpg.org/index.php?feed=unha+grande+chea&submit=jpg4.us%E3%81%A7%E8%A6%8B%E7%B4%A2 http://nandemo.blogdns.com/fj/unha+grande+chea/ http://www.blogoteca.com/cartafoldomandeo/index.php?l=1&pag=2 http://www.blogoteca.com/cartafoldomandeo/index.php?l=1&pag=2 Nos pensamos que o “Esmajare” moralmente é propiedade de UNHA GRANDE CHEA e non o podemos rexistrar toda vez que é unha versión doutro tema, sen mais deixamosbos co noso himno:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
-----------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA O GRUPO DE GAITAS UNHA GRANDE CHEA PARTICIPA NUNHA ROMARIAPOR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA O GRUPO DE GAITAS "UNHA GRANDE CHEA" PARTICIPA NUNHA ROMARIA
UNHA GRANDE CHEA segue a facer historia, por primeira vez, i esa era unha das nosas ilusiuóns, participamos nunha romaria perante centos de persoas , concretamente na Romaria de Santa Baia en Ribadumia, imaxe da santa que podedes ver tamán na foto superior. Ainda que a priori estabamos un pouco nerviosos, así que comenzamos a actuar soltamonos e saeunos unha actuación fenomenal. Estamos desexando repetir noutra romaria. O publico encantoulle a nosa actuación sobre todo canto interpretamos "Galicia cada día máis linda...".
O acto serviu tamén para homenaxear a Valentín "Soqueiro" ese home que durante tantos anos tocou a bateria na Krazzy Kray e despois facendo duo con Manso en Casa Rosita, e además padriño do noso gaita maior Xocas e tamén a quen podedes ver na imaxe o señor con camisola azul o primeiro pola esquerda.
Tamén actuaron na mesma romaria e no mesma homenaxe a Soqueiro, "Manso e amigos", quenes tamén tiveron unha moi boa actuación. Chamounos a atención gratamente e inmensa Carballeira que teñen en Ribadumia, e que hoxe estaba ateigada de xente, non habia nin unha soa mesa libre , o dia era xenial e o ambiente moi agradable. Para nos foi unha "Proba Superada". ----------------------------------
UNHA MOREA DE COUSASUNHA MOREA DE COUSAS...
¿PORQUÉ NON ASTERIX E OBELIX EN GALEGO?
A Editorial Savat ten pensado sacar o vindeiro 14 de outubro un novo albúm de Asterix e Obelix e vaino facer en 25 linguas distintas incluindo o español e o catalán pero non o galego. Na páxina da Mesa pola normalización lenguistica podedes obter máis información o respecto http://www.amesanl.org/mnl/brunhoAsterix.html
Alertounos desta nova o noso amigo Angel Cambados Tirado, sempre atento a estas cousas, parecenos dende o noso punto de vista unha verdadeira aberración a ainda que sabemos que a priori esto non vai valer de moito pedimos o boicot a esa publicación. ¡¡¡ASTERIX E OBELIX EN GALEGO!!!
O PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA VISITA EZARO E MUXIA
O presidente de Unha Grande Chea "Fico" xirou visita a presa de Ezaro, un precioso paixase natural no Concello de Dumbría, a unica presa que a súa auga cae directamente o mar, e ali atopamonos con outro cambadés ilustre Luis Silvoso de "Borrón 4"
E como non o noso presidente non deixou pasar a ocasión para facer o ritual de meterse debaixo da pedra que cura o reuma xa no entorno da Virxe de Barca en Muxia.
E o estar en Muxia, como di a canción "Veño de abalar a pedra, de abalar a pedra veño..." Fico e acompañantes non deixaron de facer o ritual de "abalar " a pedra, e móvese vaia si se move.
O presidente foi acompañado neste viaxe do Secretario Chon a quen vemos nesta preciosa foto no piorno de Lira na compaña da súa filla. Temos que decir que este piorno está dentro do que é a eira da rectoral e tanto a rectoral en si como o seu entorno incluido o horreo están moi mal coidados. Seguro que "Iglexa" está esperando algunha subvención para arreglalo, porque eles os "pobriños" non teñen cartos. ----------------------------------- O PRESIDENTE E O SECRETARIO DE UNHA GRANDE CHEA ASISTIRON A CEA DO PRESIDENTE A TITULO PARTICULAR
----------------------------------- VIDEO DE "ABUCHEO AS AUTORIDADES" Paraceunos chamativo que un video que colgado fai apenas tres semanas acadara 813 visitas, e comenzamos a indagar a resposta foinos dada inmediatamente , este video , ademais de your tube foi colgado en duas páxinas especializadas en video e moi visitadas , de ahí o gran número de visitas.
Aqui o tedes outra vez se lle queredes botar outra visual:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
E que xa que estamos falando dos nosos videos, decir que un video producido integramente por UNHA GRANDE CHEA TV acadou a estas alturas máis de 2.200 visitas, todo un éxisto para nos, e en recoñocemento o mesmo voltamolo a reproducir:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina. ---------------------------------- A SOCIEDADE CULTURAL
¿PORQUÉ NON HAI RELEVO XENERACIONAL NA CULTURAL?
Hai moita xente xoven en Cambados, que non saben o que é a Sociedade Cultural. Alguns ata pensan que é un Centro donde se reune xenta de Terceira Idade, por que os unicos que ven na Sala de Xogos son a “catro maiores” xogando as cartas. Nos sabemos que é moito máis, que hai unha directiva presidida por Moncho Vieites que organiza cantidade cousas, cursillos, bailes etc. Ainda que pareza que non e unha sociedade moi activa. Pero a pregunta que faciamos o primeiro non deixa de ser unha realidade ¿Porqué non hai relevo xeneracional na Cultural?, porque a xente xoven non se fai soci@ da cultural. No local podense facer multitude de actos, eventos ou outras cousas. Non haberia quizais que replantarse o mellor as actividades que se organizan para atraer a Xuventude, ou non? Ou é mellor deixalo como está?. Nos pensamos que ese edificio pode ser moito máis aproveitable e podia ser cun pouco de traballo e de esforzo ese gran centro que necesita a Xuventude Cambadesa para reunirse e que non sexa un bar , un pub ou unha discoteca senón un gran centro cultural. Algun dia habrá que intentalo. -------------------------------------------------- O PINTOR CAMBADÉS RAMÓN COSTA PREMIADO
RAMÓN COSTA IMPONSE NO II CERTAME “PAISAXES DE SANXENXO”
O Cambadés Ramón Costa foi o gañador de pintura o aire libre “Paisaxes de Sanxenxo”, organizado polo Circulo Cultural Deportivo este verán. O noso eminente pintor saiu galardonado cunha configuración peculiar da vista de A Lanzada, impresionou o suficiente aos tres membros que integraban o xurado. -------------------------------------------------- QUE FERMOSO TRIBUTO A MONCHO BOTANA Na páxina de www.cambadosenfotos.net podedes apreciar esta fermosa e impresionante fotografia de Moncho Botana, feita por Eduardo Apariz, pero non é menos precioso o texto que adorna a foto feito por Eduardo Apariz (fillo), todo un diamante en bruto a hora de escribir.
"""No hemisferio norte dunha face atrapada nun fotograma distorsionado, fitan uns ollos escuros escondidos tras o parasol dun vidro afumegado.A mirada sempre é un bo interlocutor e malia permanecer case agochada, fala e conta máis alá das lúas de cristal.Completando a xeografía das latitudes máis altas deste rostro, medran as serpenteantes enrugas dunha fronte senil.Todo xorde e flúe envolto nunha prosa orgánica e silenciosa. Foto: Eduardo Apariz Texto: Eduardo Apariz Chaves. ------------------------------------------------- DOUS CHISTES MODIFICADOS
Este primeiro é de Pinto & Chinto de la Voz só lle fixemos duas modificacións.
Este segundo é de Quesada, de Faro de Vigo, gran admirador de Fraga, pero que nunca o puxo nunha situación comprmetida como esta. ----------------------------------- TODA A SORTE DO MUNDO PARA O CAMBADOS
COMENZA A TEMPADA PARA O CAMBADOS
Dende esta humilde páxina queremolle desexar toda a sorte do mundo ó CLUB JUVENTUD DE CAMBADOS, presidido por Richar, esperemos que consiga moitos existos. Sorte. ---------------------------------- ECOS DE SOCIEDADE
Este home que vedes na foto é LUCAS VIEITES o home de ASIX Informática, o home que lle ganou un pleito a un gran banco, pasouno mal, pero hoxe é un dia moi feliz para él, o donante do noso dominio www.unhagrandechea.org.es , CASASE, e el quixo que o noso grupo de gaitas estivera na súa voda, e para nos é unha honra amenizar o banquete de Lucas, é o noso agasallo. ¡¡¡SORTE LUCAS!!! -----------------------------------
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|