UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
HUMOR RETRANQUEIRO: * RECORDA SEMPRE QUE ES ÚNICO... EXACTAMENTE IGUAL QUE TODOS OS DEMAIS.Cambados 1 de Outubo de 2008
TONINO INTERNACIONAL
O “MAGO” COCIÑEIRO CAMBADÉS EN PAMPLONA
FOMENTANDO O CONSUMO DAS NOSAS ALGAS
1.- Tonino en plena faena.- 2.- O mago Tonino.- 3.- O Pandemonium, tanto como vinoteca como restaurante é unha visita obligada en Cambados.
O cociñeiro cambadés Antonio Botana "Tonino" presenta no III Congreso Internacional de Gastronomía e Saúde de Pamplona unha serie de pratos aderezados con algas galegas, un produto que considera que ten "camiño" para integrarse na dieta.
"As algas teñen dúas posibilidades: enxalzar outros produtos ou ben ser os protagonistas indiscutibles", manifestou desde Pamplona.
"Aínda non fun capaz de atopar un alga para convertela en protagonista pero si para enxalzar e acompañar outros a base de vieira, centola ou lura (chipirón)", comentou o cociñeiro.
Engadiu que as múltiples variedades de algas que probou, todas elas procedentes das rías ou das costas galegas, permiten "enxalzar sabores e aromas mariños” ata o punto de contribuír a “reforzar, dando cor e vistosidade" aos pratos.
Indicou que na elaboración dos seus pratos utiliza produtos dunha empresa galega que comercializa máis dunha trintena de variedade de algas, tanto frescas como en salgadas ou deshidratadas. O cociñeiro, que dispón dun coñecido restaurante Pandemonium en Cambados, destacou o contido proteínico das algas e as súas propiedades "saudables", ás que augurou perspectivas interesantes para a gastronomía.
"Se buscamos gastronomía e saúde, as algas son o camiño", indicou Botana, quen subliñou que para garantir a salubridade é necesario que se cultiven en "zonas marítimas limpas afastadas das concentracións de metais".
O III Congreso Internacional de Gastronomía e Saúde, que ten previsto premiar ao popular cociñeiro Karlos Arguiñano e homenaxear aos actores Imanol Arias e Juan Echanove, conta coa presenza de restauradores de Galicia, Cataluña, País Vasco, Asturias, A Rioxa e Andalucía, ademais de profesionais de Italia e Francia.
Texto: Diario de Arousa.- Fotos: Diario de Arousa, Tonino e Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------ Cambados 1 de outubro de 2008
MANUEL BUSTO EN GALERIA BORRÓN
DENDE O TRES DE OUTUBRO ATA O 5 DE NOVEMBRO
O PROFESOR DEBUXANTE EXPÓN AS SÚAS OBRAS
1.- Manuel Busto.- 2,3,4, e 5.- Varias obras de Manuel Busto que podes ver nesta exposición.
Dende o vindeiro tres de outubro e ata o cinco de novembro, o pintor e profesor Manuel Bustos expón na Galeria Borrón de Cambados, o titulo da exposición é "Incerteza". A exposición póde vistar de martes a sábados de 11.30 a 14 horas e de 18.30 a 21.30 horas. Manuel naceu en Pontevedra no 1957 cursor estudos na facultade de Belas Artes en Madrid entre 1977 e 1982.
Texto e fotos: GALERÍA BORRÓN 4. Av. Galicia, 39 Cambados (Pontevedra) Telf. 986.52.01.22. borron4@terra.es
------------------------------------------------------------ Cambados 30 de setembro de 2008
GOGUE CODEASE COA XENTE DE HOLLYWOOD
VEN DE FACER UN IMPRESIONANTE TRABALLO PARA JIM WARD
O MAIS COÑECIDO LOCUTOR E ACTOR DE DOBLAXE DE HOLLYWOOD
1.- Charles Chaplin por Gogue. 2.- O Gordo e o flaco por Gogue.- 3.- Harold LLoyd por Gogue.- 4.- Jim Ward.- 5.-Lisa Coburn. 6.- James Coburn.
O caricutaturista grovense e de ascendencia cambadesa Gogue, autor dunha viñeta diaria no Faro de Vigo, ven de facer un traballo nunha páxina web para o famosisimo locutor e actor de doblaxe holiwudiense Jim Ward. Todas as caricaturas e ilustracións que se ven na páxina son do noso amigo Gogue incluido a animación e flash. A autora da páxina web e Lisa Coburn filla do lexendario actor de cine xa desaparecido James Coburn. Podedes ver o traballo integro de Gogue en http://www.apocryphalbuttrue.com/
A veces temos grandes e verdadeiros artistas entre nos é parece que lle dan máis importancia noutros paises neste caso EEUU, como é o caso de Gogue. Parabens meco.
Texto: Chon (grazas o correo de Gogue). Fotos.- http://www.apocryphalbuttrue.com/ .
------------------------------------------------------------ Cambados 29 de Setembro de 2008
“SALVEMOS FONTE GAITEIRA”
A PLATAFORMA RECIBE O APOIO DOS GAITEIROS
ALGUNS CAMBADESES TAMÉN SE ACHEGARON ATA CATOIRA
1.- A ponte de madeira de Fonte Gaiteira.- 2.- Varios gaiteiros tocando unha peza.- 3.- Xaquin Xesteira e Nando Casal. (Preme nas fotos para velas ampliadas)
A Plataforma catoirense “Salvemos Fonte Gaiteira”, recibiu o apoio dos gaiteros galegos en reivindicación de que non se constrúa no parque natural “Fonte Gaiteira”, entre eles poidemos ver a Xaquin Xesteira de Treixadura e Nando Casal de Milladoiro. Centos de persoas acudiron en sinal de protesta para salvar esta gran arboleda. Ata ali tamén se achegaron algúns gaiteiros cambadeses que tamén quixeron apoiar a plataforma, en representación de Unha Grande Chea acudiron Susa e Chon. A verdade é que é unha aberración o que se pretende construir ali. Próximamente colgaremos unha reportaxe fotográfica do evento en “As nosas fotos…”. Polo momento podedes entretervos cun video en “Os Nosos videos” dun dueto de luxo Nando Casal e Xaquin Xesteira tocando xuntos unha peza. Tamén si queredes podes ver un video de Edelmiro 007 que tamén estivo no lugar premendo en http://br.youtube.com/watch?v=vGKkt8-15F8 .
Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------ Cambados 28 de setembro de 2008
A DORNA AIREXA, GAÑA CONTRA PRONÓSTICO
O IV DESAFIO “SARRID WHAIT LOME” PARA A TRIPULACIÓN DE FERNANDO POMBO
ESCASO VENTO PERO MOITA EMOCIÓN
1.- A Airexa en primeiro plano e Unicornio Azul en plena regata.- 2.- O publico que quixo pudo seguir a regata dende o Daporta do Mar.- 3.- A tripulación gañadora no entrega de trofeos no Pub a Leria. (Preme nas fotos para velas ampliadas)
A dorna Airexa patroneada for Fernando Pombo foi a gañadora contra pronóstico do IV desafio “Sarrid Whait Lome”, disputado onte nas augas da Ria de Arousa. A regata dou comenzo as cinco da tarde, e durou preto de duas horas. O vento escaseaba , pero non a emoción a regata foi apretada , sempre comandada por Unicornio Azul, ata que chegou o momento cumbre da tarde, a viraxe na voia do Eirido, ai a expericiancia da tripulación da Airexa e a súa maniobra adiantaron a Unicornio, o mesmo tempo que o “desventaron”, cando xa quiso reaccionar era tarde e a Airexa curzou primeira a liña de meta pero con Unicornio na popa. En "Os nosos vídeos", podedes ver imaxes da regata, e en "As nosas fotos...", fotos da regata e da entrega de premios. Unha preciosa tarde de mar, empanada e viño.
Texto: Chon.- Fotos Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------ Cambados 27 de setembro de 2008
O CINEASTA CAMBADÉS JUAN GALIÑANES NOVAMENTE PREMIADO
NO FESTIVAL DE CINE DE ELCHE
MELLOR PRODUCCIÓN DE ANIMACIÓN POR “EL BUFÓN Y LA INFANTA”
1.- Cartel de "Espiritu del Bosque".- 2.- Juan con Chon e Richar de Unha Grande Chea.
O cineasta cambadés Juan Gañliñanes ven de ser premiado no Festival de Cine de Elche pola mellor producción de animación polo seu curto “El Bufón y la Infanta” . Ademais o noso paisano é noticia doblemente xa que foi o montador de “Espiritu del Bosque” unha longametraxe de animación, e a estar a argallar o a súa propia longametraxe, da que xa vos informaremos cando teñamos máis datos. Máis información en http://juangalinhanes.wordpress.com/
Texto e fotos: Unha Grande Chea e http://www.espiritudelbosque.com/
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
----------------------------------------------------------- Cambados 27 de setembro do 2008
II FESTA GASTRONÓMICA PEZUÑAS DE PORCO
OS DIAS 10, 11 E 12 DE OUTUBRO
NO PASEO DA CALZADA - CAMBADOS
1.- Cartel anunciador do evento.
A Asociación Amigos do Pezuño organiza por segundo ano a Festa Gatronómica Pezuñas de Porco (a anterior fixose en 2006), no Paseo da Calzada os días 10, 11, 12 de outubro. Tamén se poderá degustar mexilón, polbo e berberechos, así como viños do pais. Colaboran entre outras entidades o Pazo “A Capitana” , a Depuradora José Maria Daporta e Hijos, a Adega Ouso da Torre (Bar Germán) e o Concello de Cambados.
Texto e Fotos: http://www.cambadosweb.net/
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
------------------------------------------------------------ Cambados 26 de setembro do 2008 PROBLEMAS NA WEB www.cambados.tk NON ESTARÁ OPERATIVA ATA O MARTES SEGUE A FUNCIONAR O SEU FAMOSO LIBRO DE VISITAS 1.- Portal de www.cambados.tk.- 2.- O insuperable Beni Pomares. Dende o día 23 de setembro pasado, hai problemas coa administración da web, e polo menos ata o vindeiro martes non se poderá modificar o contido da páxina, agás o libro de visitas que segue aberto para todos vos. De todo los xeitos a páxina amiga aconséllanos o artigo “Deci Alpiste”, un novo artigo de opinión de Beni Pomares, e que xa deixou varios comentarios no libro de vistas. Texto e fotos www.cambados.tk Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1 ------------------------------------------------------------
HUMOR RETRANQUEIRO:"A CERTEZA DA DIAGNOSI É O PRIMEIRO MEDICAMENTO EFICAZ"
Cambados 26 de setembro de 2008
ÁS ARBORES DO CARRIL-BICI
ALGUNHAS TAPAN O TRAXECTO
E CUESTIÓN DE ENDEREITALAS.
1.- Unha árbore invasora.
Dando un paseo co vehículo sen motor de dúas rodas polo carril-bici de Cambados, aparte de gozar das vistas que nos despensa o mar, como vaias despistado pódeste atopar de fronte coas ramas de algunha que outra árbore que o invaden. Non sabemos que administración ten que coidalo, o que si pedimos e que se fagan as correccións canto antes, simplemente por un tema de seguridade.
Texto: Chon.- Foto Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------ Cambados 26 de setembro do 2008
O PAPA NOVAMENTE EN CAMBADOS
SEGUNDO O PERIÓDICO CAMBADÉS "A NOVA TROLA"
VIAXA DE INCÓGNITO ACOMPAÑADO DE ROUCO.
1.- O Papa e Rouco na vendima cambadesa.
Por segundo ano consecutivo o Papa Benedicto XVI atópase estes días de incógnito por Cambados na compaña de Monseñor Rouco, os dous parece que están a purgar os seus pecados e como penitencia veñen a botar unha man na vendima. Se topades con eles facer como si nos virades, tamén vai na penitencia.
Texto: Chon.- Foto: "A nova Trola".
------------------------------------------------------------
Cambados 25 de setembro de 2008
UNHA GRANDE CHEA TV CUMPRE DOUS ANOS http://br.youtube.com/UnhaGrandeChea
PRETO DE 94.000 REPRODUCIÓNS DE VÍDEO
20 VÍDEOS SUPERAN AS 1000 REPRODUCIÓNS.
Cando empezamos con isto do you tube, nin por asomo pensamos que iamos a ser tan visitados, despois de Chourizo Films, somos o canal cambadés que recibe máis visitas. Temos subido ata o de agora 195 vídeos, nos cales podes ver un pouco de todo, eventos de Cambados, vídeo clips de composicións de Unha Grande Chea, humor, costumes etc. Imos a seguir nesta liña e temos a produción en traballo continuo. Grazas a todos polas vosas visitas...e pola vosa paciencia.
Fotos e Texto: Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------
Cambados 25 de setembro de 2008
MANSO E AMIGOS NA XUVENTUDE
ACOMPAÑADOS DO GRUPO RUADA
CO GALLO DA FESTA DA VENDIMA ORGANIZADA POLO CONCELLO.
1.- Manso e amigos en plena actuación.
O grupo Manso e Amigos, composto por Manso, Monchiño Vieites, José Antonio Vilas, Blas Dominguez e Xoán Silva, actuarán o vindeiro sábado día 27 de setembro no Auditorio da Xuventude ás 20.30 co gallo da Festa da vendima e apoiados polo Grupo Ruada de Marín. Se queres deleitar o teu oído non podes perderte este recital. Na sección "Os nosos vídeos" podes gozar do bolero "Despierta", unha marabilla na voz de Xoán Silva.
Decir tamén que o domingo as 20.30 horas e continuando coa Festa da Vendimia, poderemos escoltar no Auditorio un Concerto do Grupo de Acordeóns do C.V.C. Valadares.
Texto: Chon .- Fotos: Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------ Cambados 25 de setembro de 2008 VENRES 26 de Setembro Sábado 27, para pechar o mes, sesión "RETRO BEAT" ------------------------------------------------------------ Cambados 24 de setembro de 2008
MANIFESTO DA PLATAFORMA "SALVEMOS A FONTE GAITEIRA"
(Catoira)
Diante da aberración que pretende facer o concello de Catoira na Fonte Gaiteira, onde quere construir un macroedificio, para abergar unha nova casa do concello e un auditorio-multiusos, son moitos os veciños e veciñas da nosa vila, que discrepan da ubicación desa obra e da necesidade de construir unha nova casa do concello. Por esta razón, o pasado domingo 14 de setembro, reunironse nese parque máis de cen persoas en asamblea aberta, na que se acordou formar unha Plataforma Cívica para conseguir salvar a Fonte Gaiteira. Un parque que debemos preservar e ampliar para disfrute xeral da cidadanía.
FONTE GAITEIRA (Preme nas fotos para velas ampliadas)
Na devandita asamblea, atopábanse tamén representantes de diversas asociacións como Adega, que é a organización ecoloxista máis importante de Galicia, Asociación de Gaiteiros Galegos, Ateneo Vikingo, a asociación de mulleres rurais “Ascuas”, sociedade de San Antonio de Padua etc.
A nosa vila, non pode perder a posibilidade de ter no centro do pobo un parque, que pola súa amplitude, daria aos veciños e veciñas das catro parroquias de Catoira diversos servizos, parque infantíl, zonas de lecer, lugar de concertos no verán ao aire libre etc.. Sería un auténtico despropósito, renunciar a ter ese gran parque, para construir unha nova casa do concello que ninguén demanda e tendo espazos de sobra para ubicar o auditorio-multiusos.
FONTE GAITEIRA (Preme nas fotos para velas ampliadas)
Ao carón desa parcela, formando todo un conxunto homoxeneo, harmónico, atópanse un muiño e outros bens protexidos por patrimonio, ao estar catalogados como ben de interese cultural, a ponte, a igrexa etc. O lóxico é darlle a todo esto un tratamento global integrando todo nun gran parque.
En Catoira temos unha serie de valores que nos distinguen e nos dan unha personalidade propia como pobo, os muiños de vento, de auga, de marea, as Torres de Oeste etc... Cunha pequena inversión, teriamos no centro do pobo outro valor que nos distinguiria e seria outro simbolo de identificación da nosa vila, o parque da Fonte Gaiteira. Renunciar a esto para facer un edificio, é converternos nunha vila estándar, sen personalidade, é renunciar a ir sumando valores e simbolos, que son os que fan atractivo a un pobo.
FONTE GAITEIRA (Preme nas fotos para velas ampliadas)
Esas son as razóns polas que se crea a Plataforma “Salvemos a Fonte Gaiteira”
Tendo coma reivindicacións principais as seguintes:
CONSTRUIR O AUDITORIO-MULTIUSOS NOUTRO LUGAR
DEIXAR A CASA DO CONCELLO ONDE SE ATOPA AGORA, PROCEDENDO A
UN ARRANXO DO ENGADÍDO QUE SE LLE FIXO Á VELLA CASA CONSISTORIAL.
CONVERTER TODA A PARCELA DA FONTE GAITEIRA NUN PARQUE.
DOMINGO 28 DE SETEMBRO, CONCENTRACIÓN NA FONTE GAITEIRA ÁS 12 DA MAÑÁ. SALVEMOS A FONTE GAITEIRA.
PLATAFORMA “SALVEMOS A FONTE GAITEIRA
FONTE GAITEIRA (Preme nas fotos para velas ampliadas)
FONTE GAITEIRA DE CATOIRA
(Carta aberta do gaiteiro Nando Casal a todos os gaiteiros de Galicia)
1.- Nando Casal.- 2.- Nando Casal en Milladoiro.- 3.- Nando Casal en Cambados. (Preme nas fotos para velas ampliadas)
Nos tempos máis escuros da nosa cultura e da nosa música tradicional, no noso país non abundaban os grupos de gaitas, non sendo doado atopar máis alá dun puñado desas formacións, fundamentais na conservación e transmisión do patrimonio musical do noso pobo.
Había unha vila en Galiza, na que a mediados do século pasado, seguia mantendo viva a nosa música . Así, Os Riveiros”, “Brisas do rio Ulla, “Os Areeiras” e logo máis tarde “Faíscas do Xiabre” fixeron que Catoira fose o pobo de Galiza no que había máis cuartetos de gaita. Foi a nosa vila unha importante “Fonte Gaiteira” do noso país.
Eran tempos aqueles nos que, froito do autoodio, do complexo de inferioridade que se fomentaban desde o poder, o gaiteiro e a súa música era considerada por moita xente música de aldeanos e paletos.
Afortunadamente a situación mudou e hoxe, tanto a nosa música tradicional, como a figura emblemática que a representa “o gaiteiro” gozan do recoñecemento da maioría do pobo. Pódese dicer, que estamos a vivir un explendor da nosa música. Semella que as distintas fontes gaiteiras ao longo do noso país tiñan un bo caudal, para que as novas xeracións bebesen deses ricos manantiais, fructificando e ampliando ese rico patrimonio herdado dos nosos devanceiros.
Esta reflexión ven a conto, porque en Catoira, no corazón do pobo, temos un fermoso parque que se chama “Fonte Gaiteira”, no que no seu dia tocaron os lexendarios Gaiteros de Soutelo. Atopándose ao carón da Fonte Gaiteira un prado, un muiño de auga e unha ponte romanica protexida por patrimonio. O concello en vez de darlle a todo esto un tratamento global, ampliando o parque, pretende enche-lo de formigón para construir un macroedificio.
Diante desa pretendida desfeita, unha parte importante do pobo de Catoira reaccionou e ten convocada unha concentración na Fonte Gaiteira, o vindeiro domingo 28 de Setembro ás 12 horas.
A música tradicional dun país, ven a ser a banda sonora coa que se identifica ese pobo. Na creación desa banda sonora ten unha influenza fundamental a paisaxe e o medio no que vivimos. Por eso as persoas vinculadas á nosa música tradicional, somos especialmente sensibles coas agresións ao medio ambiente.
Catoira aportou moito a ese manantial da música tradicional que antes citaba, a traveso da nosa Fonte Gaiteira, da que moitos seguimos bebendo.
Para protexer o noso patrimonio artístico, paisaxístico, medioambiental, é polo que vos fago un chamamento a todos os gaiteiros do país, a que acudades o vindeiro Domingo á concentración que imos celebrar ás 12 da mañá no devandito parque. Pretendemos facer unha grande concentración de gaiteiros. Traer os vosos instrumentos para demostrar que os gaiteiros galegos queremos defender a Fonte Gaiteira.
Logo convidámosvos a xantar no parque.
Salvemos a Fonte Gaiteira.
Unha aperta. Nando Casal- gaiteiro-
Texto: "PLATAFORMA SALVEMOS A FONTE GAITEIRA" e "NANDO CASAL".- Fotos: J.M. Carballal, www.catoira.net , www.milladoiro.com, e Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------ HUMOR RETRANQUEIRO: "XUVENTUDE, DIVIDIDO TESOURO"Cambados 23 de setembro de 2008
MR. MISTO FILMS FAI UN “CASTING” 1.- Entidades Colaboradras.
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
------------------------------------------------------------ Cambados 23 de setembro de 2008
DUNCAN PATTERSON E MICK MOSS EN A ESMORGA
XUNTÁNSE NOVAMENTE PARA INTERPRETAR ANTIMATTER
ACTÚA TAMÉN COMO ARTISTA INVITADO “AVERSE”
1.- Cartel anunciador do evento no Pub Esmorga.-2.- Duncan Patterson.- 3.- Minck Moos.- 4.- Cartel anunciador para toda Galicia.
Da man de Warpig Agency hoxe as 21 horas no Pub Esmoraga de Cambados un espectáculo inusual presentan a Duncan Patterson e Mick Moss, reforzados con Aversse, que noutra foran compañeiros en Anathema, vannos deleitar cun concerto de peculiares características.
Duncan Patterson. A carreira deste señor comeza na década dos noventa, cando se une como baixista e compositor á banda Anathema, dos irmáns Cavannagh. Esta banda foi pioneira, xunto a My Dying Bride e Paradise Lost, da xénese do Doom e o Gothic Metal. Bo, mentres estivo na banda, Patterson contribuíu a crear xoias como Sunset of Age (1995), Mine is Yours To Drown In (Ours is the New Tribe) (1995), Suicide Veil (1996), etc. Cando a banda publicou Alternative4, Patterson deixou a formación porque os seus gustos empezaban a ir por outros camiños.
Mick Moss en solitario dá mostras de ser capaz de seguir levando as rendas de Antimatter, unha banda de rock progresivo, pero cun enfoque mais emocional.
Texto e fotos: Warpig Agency
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
------------------------------------------------------------
Cambados 23 de Setembro do 2008
A FESTA DO ALBARIÑO EN www.galicia360.com
UNHA FOTO DE 360º DO PASEO DA CALZADA
EN PROXECTO A PRAZA DE FEFIÑANS.
1.- A páxina www.galicia360.com .
Unha das páxinas web máis prestioxiosas do noso país www.galicia360.com , acaba de publicar unha foto do Paseo da Calzada en plena ebulición da Festa do Albariño podes vela na seguinte ligazón http://www.galicia360.com/comarca-do-salnes/festa-do-albarino-cambados.html , e un xeito máis de darlle prestixio a nosa festa e realzar a mesma . Tamén nos comentaron da referida web que teñen en estudo facer unha fotografía de 360º da Praza de Fefiñans.
Texto: Chon.- Foto: www.galicia360.com .
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
------------------------------------------------------------ Cambados 22 de Setembro do 2008 ENTREVISTA A FRANCISCO FERNANDEZ REI “PACO DE XENXA” “O IDEAL É QUE TODO O MUNDO COLABORARA” UNHA GRANDE CHEA PUXO O XERME DO ANO CABANILLAS 2009 COA SÚA HOMENAXE NO 2006. 1.- Paco no homenaxe a Cabanillas organizada por Unha Gande Chea.- 2.- No viño posterior co presidente de Unha Grande Chea e a delegada de Industria Montse Prado.- 3.- Coa Concelleira de Cultura Anabel Carro. (Preme nas fotos para velas ampliadas). Cambados, unha terra que rezuma cultura e arte desde Fefiñáns ata San Tomé, ten no académico Francisco Fernández Rei toda unha institución á hora de organizar calqueira acto relacionado co mundo das letras. Por iso, a ninguén lle resultou estrano que o Concello pensara nel para encabezar a comisión organizadora dos actos do Ano Cabanillas 2009. Profundo coñecedor do poeta da raza, soubo formar un equipo perfecto co seu biógrafo, Luis Rei, para que a partir do mes de xaneiro os salinienses poidan redescubrir a este autor, que segundo afirma, foi fundamental para o desenvolvemento do pensamento galeguista e combativo nunha época na que o compromiso non era doado. Francisco Fernández Rei é un apaixoado da cultura e non sabe dicir que non cando lle propoñen algún proxecto relacionado co seu pobo, con Cambados. Orgulloso da súa condición de veciño de Triana, o académico non dubidou en asumir o compromiso e xa presentou o borrador dun ambicioso programa para conmemorar o Ano Cabanillas 2009. É un conversador pausado, tranquilo, pero firme no momento adecuado e non deixa pasar a oportunidade para engaiolar a quen lle fala e convertir a entrevista en tertulia. Coñecemento e sabidoría sóbralle e, como bo mestre, sabe transmitila. ¬O 2009, coa celebración do Ano Cabanillas, debería ser un ano especial para Cambados? ¬Non só para Cambados, senón para O Salnés e para toda Galicia ¬Recibiu Cabanillas un recoñecemento público acorde coa importancia da súa obra e o seu pensamento? ¬En vida, nos anos 10 e 20 era un dos escritores máis mimados e aclamados porque nesa época fixo tres obras que son fundamentais na historia da literatura galega moderna como son “O Vento Mareiro” en 1915, “Da Terra Asobalalda” do 17 e a “Noite Estrelecida” en 1926. Estes traballos fixeron que fora un home totalmente recoñecido antes da República, pero despois, cando pasan os tristes anos da posguerra, a figura de Cabanillas está moi valorada polo seu compromiso coa lingua, coa literatura e coa renovación de Galicia. 1.- Tumba de Cabanilla en Santo Domingo de Bonaval.-2.- Tumba de Cabanillas no Cemiterio de Fefiñans.- 3.-Paco no Monumento a Cabanillas no paseo da Calzada. ¬Pódese decir que o autor cambadés foi quen de favorecer a creación de editoriais galegas? ¬Non vou a mencionalas agora, pero hai moitas que a primeira obra que publicaron foi de Ramón Cabanillas. ¬Que significou a Coroación de Padrón. ¬El xa era moi velliño, pero foi porque era consciente da importancia que tiña ese acto, xustamente un ano despois da coroación de Rosalía de Castro. ¬Foi Cabanillas unha fonte para as letras dos cantautores galegos? ¬Teño que decir que si. Botaban man de Celso Emilio (Ferreiro), pero tamén do Cabanillas combativo, pero o tempo pasa e neste momento, coa excepción de Cambados no que está moi presente, este autor está moi esquecido. ¬A qué e refire vostede cando fala do Cabanillas combativo? ¬Cabanillas é unha das figuras fundamentais, non só literarias, porque foi moito máis ca eso. O home adoptou unha postura combativa ao servizo dunha causa. Pero a verdade é que hai varios Cabanillas; o amoroso ou o dramaturgo, con obras fundamentais para o teatro do século vinte. 1.- Paco cos seus compañeiros da Real Academia Galega. 2.- Paco no seu despacho.- 3.- Paco na organización das Xornadas de Embarcacións Tradicionais. ¬Poderase poñer en valor todo o seu legado durante o Ano Cabanillas? ¬Eso agardamos, pero non desde arriba, senón desde a base, desde as escolas, os colexios e a xente. ¬A falta de poucos meses para a efeméride, qué queda por programar? ¬Neste momento está todo por facer, aínda que hai diversas propostas plantexadas polos colectivos de Cambados. ¬Convocárono a vostede para algunha reunión na que analizar esas propostas? ¬A única reunión oficial que houbo foi a constitución da comisión hai dous ou tres meses. Desde aquela non houbo máis. Supoño que dentro de pouco nos chamarán para falar de todo isto. ¬Precísanse moitos cartos para elaborar unha programación tan completa como a que seguro ten vostede en mente? ¬Hai cousas que non se poden facer se non tes diñeiro, pero tamén se poden facer moitas con poucos cartos. Eu pensei nunha exposición de pintura galega con grandes artistas, pero ademais de precisar da colaboración doutras institucións, tamén se precisan cartos para asegurar as obras. Pero hai outras que incluso sin diñeiro se poden facer, como ocorreu o día que fixemos o acto do cincuenta aniversario da coroación de Padrón, onde non se lle pediu nada a ninguén e alí fíxose algo moi bonito, con paixón e vontade. 1.- Paco presentado en Cambados o seu libro "A Memoria de Cambados".- 2.- Paco no muelle onde tanto traballou a súa nai. 3.- Paco coa concelleira Anabel Carro e co biografo de Cabanillas Luis Rei.
¬En qué situación se atopa o borrador que presentou xunto con Luis Rei? ¬Ese programa é moi ambicioso, cun Cabanillas non só para Cambados, senón para Galicia e outros sitios, porque tivo relación con Madrid, La Habana... O que está claro é que ese ano está ahí e Cabanillas vaise a celebrar e non só para poñer en valor a este autor, senón toda a cultura que e fai no Salnés. ¬Pensa que esta celebración pode ser o xerme da creación da Fundación Cabanillas, que vostede foi o primeiro en propoñer? ¬Pode ser, pero con fundación ou sen ela pódense facer cousas. Hai uns anos catro amigos podían xuntarse e montala, pero neste momento non é tan doado porque se precisa un capital inicial e superar unha serie de controis que supoñen demasiada burocratización que impide a espontaneidade. Neste momento, para min, o fundamental é que non pase o ano 2009 sen que a figura de Ramón Cabanillas sexa realmente posta en valor. Si durante ese tempo resulta que se dan as condicións para creala, pois mira, mellor que mellor. ¬Están superadas as diferencias entre o goberno local e o BNG ao respecto da comisión organizadora dos actos? ¬Eu non son apolítico, pero neste caso prefiro ser apartidario. O ideal é que todo o mundo colabore e poña as bases para que sexa un gran ano. A min, o que realmente me gustaría, é que pasara o mesmo que cando foi o Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebrou en Cambados, onde estivemos todos unidos e fixemos unha cousa moi bonita. 1.- Luis Rei sendo nomeado Chelequeiro por Unha Grande Chea.- 2.- Luis Rei con Victor Caamaño.- 3.- Luis Rei con Victor Caamaño, Xuan Antonio Pillado
¬É doado coordinarse con Luis Rei? ¬Si, estamos en contacto permanente e comentamos as propostas que presenta a xente. A nosa función é de ser asesores e contribuír a que saia o mellor posible, pero dependerá de moitos factores, como o humano ou as axudas institucionais. ¬Hai boa disposición por parte da Xunta? ¬Polo que leo na prensa parece que haina por parte dos socialistas e o último que vin é que a Consellería de Cultura tamén vai a colaborar. Penso que debe ser un proxecto de todos e logo haberá que ir encaixando as pezas e que haxa atrancos como a marea, que sube e baixa. ¬Está Cabanillas ben representado no pavillón de Galegos Ilustres? ¬É unha auténtica vergoña que 41 anos despois de que as súas cinsas haxa alí simplemente no chan dous nomes; Ramón Cabanillas. Alí non está ese epitafio que lle adicou á muller. Parece que hai ilustres de segunda como Cabanillas, Asorey e o gran xeógrafo Domingos Fontán. Eso non pode ser. Unha entrevista de Jose Pereira. Fotos: Diario de Arousa, Faro de Vigo, A Voz de Galicia e Unha Grande Chea. Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1 ------------------------------------------------------------ HUMOR RETRANQUEIRO: "OS HIPOCONDRIACOS SON PENSA-DORES"Cambados 21 de setembro de 2008
IV DESAFÍO AIREXA - UNICORNIO AZUL
GRAN PREMIO "SARRID WHAIT LOME"
SÁBADO 27 DE SETEMBRO DO 2008.
1.- Escenario da regata e percorrido.- 2.- A Airexa e Unicornio na edición anterior.(Preme nas fotos para velas ampliadas)
As Tripulacións das dornas centenarias Airexa e Unicornio Azul, enfrontanse o vindeiro sábado 27 de setembro no IV DesafíoTtrofeo "Sarrid Whait Lome". Na primeira edición a gañadora foi a Airexa, nas dúas seguintes os ganadores foron a tripulación de Unicornio Azul. Esperemos que haxa vento e que se poida ver unha boa regata.
De seguido o programa de actos segundo nolo facilitou a organización, foito con moito humor:
PROGRAMA:
Pola mañá:
- Albaroda a cargo dos últimos en chegar do día anterior.
A Mediodía:
- Reunión das dúas tripulacións e demais persoal que queira asistir a tomar uns viños e armar un pouco de barullo no Bar Silva.
A hora de comer:
- Cada un pa súa casa.
A hora do café:
- Os da Airexa a do German e os de Unicornio na de Emilio.
Pola tarde:
- As 17 ou 17.30 horas , empeza o desafío con saída e chegada na punta do peirao de Santo Tome.
O acabar o desafío:
- Entrega de premios no Pub Leria con risas, choros e bebida, para todos os asistentes.
A noite:
Cena - baile - cotillón nun sitio preparado para o evento para todos os que veñan.
Texto e Fotos: Organización "Sarrid Whait Lome" .
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
------------------------------------------------------------ Cambados 21 de Setembro do 2008.
VILAGARCIA INVADE CAMBADOS
A TRAVÉS DOS SUMIDOIROS
A ANÉCDOTA A RAS DE CHAN
1,2.- Tapa de sumidoiro na que se pode ver o escudo de Vilacarcia.
Na Rúa Albariño de Cambados, intersección Rúa Pays de Dolls atopamos unha tapa dos sumidoiros do Concello de Vilagarcía de Arousa, ignoramos si é ou non moi común este feito, pero o que si sabemos e que non deixa de ser curioso.
Texto e fotos: Moncho Botana.
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
------------------------------------------------------------ Cambados 21 de Setembro de 2008.
NOVO QUIOSCO NA CALZADA
DE MADEIRA E ACORDO CO ENTORNO
MAS AMPLO CO DE ANTES.
1.2.- Novo quiosco da Calzada. (Preme nas fotos para velas ampliadas.)
Informabamos fai uns días que derrubaran o quiosco da Calzada e ignorabamos o que ía a pasar co mesmo, agora xa temos a resposta, resulta que montaron outro un pouco máis grande , un anaco separada de veira rúa e de madeira. Os compradores de prensa que estaban preocupados polo quiosco xa poden respirar tranquilos. A verdade e que dálle outro aira a Calzada. Alegrámonos pola idea e pola súa propietaria.
Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
------------------------------------------------------------ Cambados 20 de Setembro de 2008 II TORNEO DE TENIS 24 HORAS OS VINDEIROS 27 E 28 DE SETEMBRO
Cartel anunciador.
Texto e cartel: Club de Tenis Cambados. Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1 ------------------------------------------------------------ Cambados 19 de setembro de 2008
ANO CABANILLAS I XORNADAS. CABANILLAS E A ESCOLA
PROGRAMA
ANO CABANILLAS
PROXECTO DE TRABALLO. CABANILLAS E A ESCOLA
Texto e Cartel: Candea.
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
------------------------------------------------------------
Cambados 19 de setembro de 2008
Este sábado, continuamos coa programación de concertos para conmemora-los 9 ANOS do RIF-ROCK con: *ndp: é INCOMODO, non Incómodo, coma se dí por ahí... Texto e carteis: Rif Rock Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1 ------------------------------------------------------------
HUMOR RETRANQUEIRO: "NUN MUNDO DONDE TODO É MENTIRA , O AUTOENGANO PODE SER UN BO PASAPORTE".Cambados 18 de Setembro de 2008
I XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GALEGAS “YOU TUBE” XA SE COÑECE O PROGRAMA DE ACTOS ¡A OPORTUNIDADE DE COÑECERNOS E DISFRUTAR XUNTOS!
1.- As murallas de Lugo. DATA: sábado18/10/2008. LUGAR ENCONTRO: Porta de aceso ao Centro Comercial “As Termas” (polígono do Ceao-Lugo), no estacionamento aberto. (Identificarédesnos polo son das Gaitas, a bandeira galega e as pañoletas conmemorativas que vestiremos). HORA ENCONTRO: 11:00 h./11:00 a.m. Logo de realizar a entrega das pañoletas conmemorativas entre tódolos asistentes realizaremos unha visita á muralla romana de Lugo e ver a cidade vella. O Xantar é ás 14:00 h./14:00 p.m. e a Cea ás 21:00 h./09 p.m., no Bar-Parrillada “As Searas” (San Vicente del Burgo-Lugo), co seguinte menú: *Xantar:1º: Empanada,tortilla,calamares,chourizo,xamón e croquetas.2º: Churrasco de ternera e cerdo. 3º: Postres. *Cea: Carne á maragata (especialidade de asado de carne). Custo/persoa: 26 €/persoa. Lembrade que podedes vir con compaña e instrumentos para montar a foliada. A DATA DE REMATE PARA CONFIRMAR A INSCRIPCIÓN E PARTICIPAR NA XUNTANZA É O LUNS 29 DESTE MES DE SETEMBRO, a formalizar mediante contacto con calquera das tres Canles Galegas organizadoras:
Texto e fotos: As canles convocantes. ------------------------------------------------------------ Cambados 18 de Setembro de 2008
CURSO PARA DESEÑAR BLOGS IMPARTIRANSE NA MERCED O PRIMEIRO EMPEZA O 20 DE SETEMBRO. 1.- Blog de Unha Grande Chea.- 2.- Centro multiusos "A Merced" A oficina de información xuvenil de Cambados puxo en marcha unha serie de actividades para os máis novo agora que terminou a tempada estival. Durante os sábados dos próximos meses, o centro da Merced acollerá clases para aprender a confeccionar blogs e para manexar a fotografía dixital. O primeiro destes cursos dará comezo o próximo 20 de setembro. Está pensado para mozos de entre 12 e 30 anos que queiran aprender a deseñar blogs en Internet. As clases impartiranse entre as once da mañá e a unha da tarde. Seis días máis tarde, dará comezo un ciclo sobre a planificación e a organización no traballo. Impartirase en dúas xornadas, de dez horas cada unha. Xa no mes de outubro dará comezo un taller de fotografía dixital. As clases serán todos os sábados en horario de once da mañá a unha da tarde. Terminará o 28 de novembro. A última das propostas do departamento de Xuventude é un curso sobre habilidades sociais e voluntariado que comezará o 8 de novembro. Texto e fotos: A Voz de Galicia. ------------------------------------------------------------ Cambados 17 de setembro de 2008
GOGUE EXPÓN EN CAMBADOS
NA CAFETERÍA REYMAR (CAMIÑO DO CUARTEL) DO 17 AO 30 DE SETEMBRO 1.- Cartel anunciador da exposición.- 2.- Gogue con membros de Unha Grande Chea. (preme nas fotos para velas ampliadas.)
Hoxe inaugurase na Cafetería Reymar de Cambados a exposición 15 FLOREANOS EN ESCABECHE. Tratase de 15 orixinais de Floreano en versión culinaria, e dicir temas que falan das comidas, cociñas, receitas, etc. Unha boa oportunidade de ver os traballos de este extraordinario caricaturista grovense e universal. Lembremos que Gogue fai unha viñeta diaria no Faro de Vigo amén de traballos en outras publicacións. Texto: Chon.- Foto: Gogue e Unha Grande Chea. ------------------------------------------------------------
Cambados 17 de setembro de 2008
DOMINGO 21 ÁS 20.30 H. TEATRO “BAGOAS DE NOITEBREGA” DA COMPAÑÍA ATREZO TEATRO 1.- Cartel da Obra.- 2.3.- Dúas escenas da obra. (Preme nas fotos para velas ampliadas) Sipnose da obra: A obra reflexa unha guerra, un enfrontamento entre dous bandos do que un deles resulta vencedor e o outro vencido, sen regras, o fin xustifica os medios e todo e lícito cando se trata de gañar, pero, ó final, sexa cal sexa o resultado, todos perden. Nembargantes, esta non é unha guerra como calquera outra: o campo de batalla é o salón da casa de Marcelo, os bandos a familia deste e a muller que vive con el, o obxectivo... cada bando ten o seu: o dun son os cartos e o do outro a información; e as armas empregadas son: ambición, hipocrisía, envexa, carraxe... e moitas outras, ocultas as veces baixo unha aparencia amable ou, incluso, cariñosa. Texto e fotos: Atrezo Teatro. ------------------------------------------------------------ Cambados 17 de setembro de 2008
ESCURIDADE MUNDIAL: 17 SETEMBRO 2008 DESDE AS 21:50 ÁS 22:00 HORAS. 1.- O mundo.- 2.- Galicia.- 3.- Cambados.
Proponse apagar todas as luces e se é posible todos os aparellos eléctricos, para que o noso planeta poida 'respirar'. Se a resposta é masiva, a enerxía que se aforra pode ser brutal. Só 10 minutos e vexa que pasa. Se estamos 10 minutos na escuridade, prendamos unha vela e simplemente mirámola e nós estaremos respirando e o noso planeta. Recorde que a unión fai a forza e o Internet pode ter moito poder e pode ser aínda algo máis grande. Texto: Josefina Carracelas.- Fotos Google Earth ------------------------------------------------------------ Cambados 16 de setembro de 2008
UN SÍMBOLO DA CALZADA DESAPARECE: "O QUIOSCO"
IGNORAMOS SI PARA SEMPRE O FEITO É QUE DEIXA UN GRAN BALEIRO
1.2. O quisco derrubado. (Preme nas fotos para velas ampliadas).
Todos estabamos acostumados a ver o famoso QUIOSCO de "Castor", como así se coñecía, que era o home da actual propietaria no paseo da Calzada nada máis comezar a mesma. Hoxe algúns cambadeses levantámonos coa sorpresa de que o mesmo fora fulminado non por un raio senón por unha brigada de obreiros. Iso si, queda claro que nos ignoramos os motivos e si se vai reconstruír doutro xeito. Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------ Cambados 16 de setembro de 2008
EXPOSICIÓN DE MANOEL BONABAL NO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL DO SALNÉS A EXPOSICIÓN PODERÁ VISITARSE ATA O 30 DE SETEMBRO. 1.2.3.4.- Varios cadros de Manuel Bonabal. (Preme nas fotos para velas ampliadas) Manoel Bonabal naceu en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1.961.Estudiou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo da súa cidade e complementou súa formación no estudio de escultura do seu pai Manuel Barreiro Moratalla.Distintos cursos de gravado: calcográfico, impartido polo profesor D. Antonio Alegre Cremades, fotopolímeros e técnicas aditivas (beca), no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC)-Betanzos (A Coruña). Litografía, impartido por Sindo Cerviño.Taller realizado por Pedro Calapez dentro dos "diálogos ibéricos" -actuación sobre o espazo-. En xuño 2.007 e 2008 imparte talleres de Mail Art (arte postal) organizado pola Fundación Granell (A Coruña) e Roteiro de Creación, así como cura a exposición realizada na Biblioteca Pública Ánxel Casal. (Opten o 1ºpremio de votación popular nas visitas ós talleres do Roteiro). Estancia becada no Museo de Arte contemporánea da Bienal de Cerveira (Portugal) marzo 2008. para a realizar no seu taller a obra"O Bicho"(Ravar). Pintor, súa laboura artística desenvólvese dende fai máis de vinte anos especialmente na Arte Postal. Compoñente do grupo Ravar (constituído por artistas do gravado. MÁIS INFORMACIÓN SOBRE MANOEL BONABAL: http://manoelbonabal.blogspot.com/ móbel: 649 710 840 .Fixo taller: 981 565 433 (entre 09:30 e 20:00 horas). Enderezo electrónico: mabace@wanadoo.es Texto e fotos: Centro Comarcal do Salnés. ------------------------------------------------------------ Cambados 16 de Setembro de 2008
UN ÁLBUM ENTRAÑABLE
EN "AS NOSAS FOTOS...AS VOSAS FOTOS" UNHA GRANDE CHEA DENDE 1985 PÓDENSE VER UNHA FOTO DA CADA ANO DO ANTROIDO E DO ALBARIÑO 1.- Antroido de 1988.- Albariño de 1995.- Antroido de 2006 , unha mostras das fotos que podedes ver no albúm. (Preme nas fotos para velas ampliadas.)
En "As nosas Fotos...As vosas fotos" e baixo o titulo "Historia de Unha Grande Chea no Antroido e no Albariño", podedes ver unha foto de cada ano do Antroido e do Albariño, evidentemente collemos as que nos nos parecen máis significativas, pero temos centos de fotos, agás dos primeiros anos do Albariño, xa se sabe ás maquinas de fotos eran "a pan de millo" e era un risco andar con elas, hoxe cas cámaras dixitais xa é outra historia. Aproveitamos a ocasión para dicir que si queredes publicar algún evento deportivo, cultural a algunha festa en "As nosas fotos...As vosas fotos" no tedes máis que enviárnolas o noso enderezo electrónico. Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------ HUMOR RETRANQUEIRO: EN CAMBADOS ESTAMOS RODEADOS DE XENTE QUE VAI E VEN PERO QUE EN REALIDADE NIN NOVAI NIN NOS VEN.
Cambados 15 de setembro de 2008.
GALA DO HUMOR AFASAL A FAVOR DOS ENFERMOS DE ALZHÉIMER PARTICIPA O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA O POLIFACÉTICO CARLOS BLANCO 1.- Carlos Blanco.- 2.- Oswaldo.- 3.- Pepe Suevos. Na gala, que se celebrará no auditorio vilagarcía o 21 de setembro a partir das 9 da noite, actuará o actor vilagarcián e chalequeiro de Unha Grande Chea Carlos Blanco , xunto a Pepo Suevos e Oswaldo. De seguro que os tres nos farán pasar intres inesquecibles. As entradas venderanse a un prezo único de seis euros. Ademais, Afasal abriu un número de conta para a fila cero. Quen queira contribuír pode facer o seu donativo en Caixanova, no número de conta 2080 0067 27 0040044243. Texto: María Santalla. Fotos: Unha Grande Chea e Imaxes Google. ------------------------------------------------------------ Cambados 15 de Setembro de 2008UNHA GRANDE REMONTADA
O CAMBADOS FIXO VIBRAR O SEU PÚBLICO REMONTOU UN 2-0 CANDO FALTABA MENOS DE MEDIA HORA. 1.- Unha das formacións do Cambados nesta tempada (Preme na foto para vela ampliada).
Hoxe traemos a esta páxina os homes do Club Juventud Cambados, que onte marcáronse un partido dos que fan época en Burgans, remontando un 0-2 cando falta menos de media hora para rematar o encontro. O publico gozou de 20 minutos de fútbol total entre os dous equipos. Dicir que o rival era de entidade xa que o Gondomar acaba de descender de autonómica preferente. Dicir tamén que o Cambados B, en fase probatoria perdeu en partido amigable perante o Chispa de Corón por 1-0. Texto Chon. Foto Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------
Cambados 14 de Setembro de 2008
O CENTRO DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL DO SALNÉS ACOLLE UN SEMINARIO SOBRE CREACIÓN DE EMPRESAS NO RURAL CELEBRARASE OS DÍAS 19 E 26 DE SETEMBRO E 3 DE OUTUBRO A Consellaría do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), organiza un Seminario de iniciación á creación de empresas no rural, que se desenvolverá no Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés durante os días 19 e 26 de setembro e 3 de outubro, en horario de 17:00 a 21:00 horas. • Os Seminarios de Emprendemento no Rural están encamiñados a estimular a creación de negocios nestas zonas, ademais de lle ofrecer aos interesados asesoramento sobre a planificación empresarial. • Agader colabora na organización desta actividade que se desenvolverá entre os meses de setembro e outubro. Texto e fotos: Centro Comarcal do Salnes, donde podes recabar máis información. ------------------------------------------------------------ Cambados 13 de setembro de 2008
SAE AO MERCADO A PRIMEIRA VEA DECORATIVA CON AROMA DE ALBARIÑO ESTIMULA O RELAX É IDEA DE JOSE LUIS VILANOVA. O xerente da empresa Novavila, José Luís Vilanova, durante a presentación da primeira vea con aroma de viño de Albariño.(EFE)
EUROPA PRESS. 12.09.2008 Aseguran que axuda a mellorar a calidade de vida. Vén nun vaso de cristal que poderá utilizarse para degustar Albariño. A empresa Novavila presentou hoxe Aroma de Albariño, a primeira vea decorativa con fragrancia deste viño galego. Segundo o promotor desta iniciativa, José Luís Vilanova, trátase dun produto "novo que estimulará o relax" e "axudará a mellorar a calidade de vida creando un ambiente especial". Contouse coa colaboración de enólogos, expertos cereiros e perfumistas. Para a elaboración deste produto, que segundo a empresa considérase un "referente" en I+ D +i no sector, contouse coa colaboración de enólogos, "expertos" cereiros e perfumistas ademais de utilizar a carta de cata para obter un resultado "igual ao mellor" aroma do Albariño. Ademais, como "valor engadido", a vea presentarase dentro dun "moderno" vaso de cristal, ideado para ser utilizado tras consumirse a vela para degustar "un bo Albariño". A vea será comercializada exclusivamente a través da páxina web do Hotel Enolóxico Novavila, en Meis (Pontevedra), e nas tendas da familia Vilanova Pena na localidade pontevedresa de Ribadumia e en Valencia. Nova que saliu en http://www.20minutos.es/noticia/411414/0/vela/aroma/albarino/ e foinos enviada polo noso amigo Tino Gonzalez. ------------------------------------------------------------ Cambados 12 de setembro de 2008.-
HOXE INAUGURASE A FESTA DA VIEIRA
O PATRÓN MAIOR E O ALCALDE DE CAMBADOS INAUGURARON O ACTO HOMENAXE A “LOLA A RODIÑA” E “TILO O FERREIRO”. 1.- "Lola a Rodiño".- 2.- "Tilo o Ferreiro"
Hoxe ás 13.30 horas tivo lugar no Paseo da Calzada a inauguración da Festa da Vieira por parte do patrón maior Benito Gonzalez e o Alcalde Touris. A carpa de degustación está situada no Paseo de Calzada ata o domingo incluído. No xantar de confraternidade que fai este ano a Confraría, serán homenaxeados dous personaxes que fixeron historia en Cambados a mariscadora e loitadora “Lola a Rodiña” e “Tilo o Ferreiro”, a primeira porque foi unha das grandes impulsores para que os mariscadoras teñen os dereitos que agora teñen e unha gran defensora do Serrido, e Tilo porque foi o impulsor e creador dos rastros das vieiras, un máis que merecido recoñecemento. Texto: Chon.- Fotos: "Cambados O mar" e Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------
Cambados 12 de setembro de 2008.-
JUAN ANTONIO HORMIGÓN PRESENTA O SEU LIBRO EN CAMBADOSUNHA ESTENSA OBRA SOBRE VALLE INCLANHOXE AS OITO NO PARADOR.1.- Anabel e Allegue presentando o libro noutro foro2.- ´Juan Antonio Hormigón.O municipio de Cambados acolle hoxe a presentación oficial da primeira biografía cronolóxica de Valle-Inclán, elaborada por Juan Antonio Hormigón. O acto, organizado pola asociación Amigos de Valle, terá lugar ás oito da tarde no Parador.«Trátase dunha obra bastante extensa que se editou en tres volumes. é moi obxectiva e pormenorizada», explicou onte a primeira tenente alcalde de Cambados, Anabel Carro. A edila mostrouse encantada de que o municipio acollese a presentación deste volume, pois nos parecen unha idea excelente para recuperar a figura de Val en Cambados, xa que viviu aquí cinco anos». Texto e fotos: A Voz de Galicia. ------------------------------------------------------------ Cambados 11 deSetembro de 2008
A REVISTA RETRANCA LÉMBRASE DE CAMBADOS NO SEU DERRADEIRO NÚMERO O ALBARIÑO SAE CITADO UN INGREDIENTE DUN CÓMICO PATE 1.- www.revistaretranca.com (Preme na imaxe para vela ampliada) No derradeiro número da revista "Retranca" www.revistaretranca.com , nunha das súas paxinas publícase un famoso pate, no que o "Albariño de Cambados" é un dos seus ingredientes. A revista retranca presentouse en Cambados non fai moito da man de Kiko da Silva, e unha revista que paga a pena ler. Texto: Chon.- Fotos: www.revistaretranca.com . ------------------------------------------------------------ HUMOR RETRANQUEIRO: NUN AMOR DE CONVENIENCAI ALGUEN ESTÁ NAMORADO POLA CONTA QUE "LLE ATRAE"Cambados 11 de setembro de 2008
www.cambadosweb.net VOLTA CON FORZA DESPOIS DE TER GRAVES PROBLEMAS NA PÁXINA TAMEN TEÑEN VERSIÓN EN GALEGO. 1,2.- Na páxina podes ver unha preciosa foto de Cambados. Despois de haber tido unha seria de problemas na súa páxina www.cambadosweb.net "Cambados en la red", volven a cargo con novidades, e con ganas de seguir a falar dende un punto de vista obxectivo de Cambados. Unha das súas grandes novidades e que tamén podes ler a páxina en galego. Benvidos de novo compañeiros da rede e a traballar. Texto. Chon.- Fotos: www.cambadosweb.net. ------------------------------------------------------------ Cambados 10 de setembro de 2008
OS CAMBADESES MANU TRIGO E GUS REY SUBCAMPIÓNS EN RIBADUMIA PERDERON NA FINAL PERANTE CESAREO VALEIRA E JOSE LUIS PAZ O TENIS É UN DEPORTE EN ALZA EN CAMBADOS. 1.- Manue e Gus cos gañadores da final Cesareo e José Luis.- 2, 3 e 4.- Manu e Gus cos seus respectivos trofeos. (Preme nas fotos para velas ampliadas). Manu Trigo e Gus Rey, veñen de acadar o subcampionato do Torneo de Tenis celebrado recentemente en Ribadumia, despois de perder na final ante Cesáreo Valeira e Jose Luis Paz quen se impuxeron os cambadeses por 6-1 e 6-2, pese o marcador os cambadeses opuxeron seria resistencia. En simples o gañador foi José Luis Paz. Texto Chon: Fotos: Manu Trigo. ------------------------------------------------------------ Cambados 10 de setembro de 2008
VANDALISMO NO PASEO MARÍTIMO
ARRANCAN UNHA ARBORE E TIRANA O MAR COUSAS QUE NON DESEXAMOS VER 1.- a árbore foi arrancada violentamente.- 2.- a árbore no mar.
Recentemente unha das árbores do Paseo Marítimo, a altura das pistas de tenia, máis ou menos, apareceu seccionada e a árbore no mar. Son cousas que non nos gusta ver nin en Cambados nin en ningún sitio, tanto o mobiliario urbano como os seus adornos debemos respetar por moitas razóns pero unha delas é que os pagamos todos. Texto: Chon.- Fotos Unha Grande Chea. ------------------------------------------------------------ Cambados 10 de setembro de 2008
Ademais dos concertos que xa anunciamos o día 4 de setembro nesta mesma páxina, poñemos no voso coñecemento as seguintes ------------------------------------------------------------ Cambados 9 de novembro de 2008
HOMENAXE A CARLOS POMBO "BOLERO". DENTRO DO TORNEO DO ALBARIÑO ORGANIZADO POLO XUVEN 1.- Carlos Bolero nunha das súas típicas xogadas.- 2.- Carlos Bolero con toda a plantilla do Xuven.- 3.- A nosa quena homenaxe , quixemos que por un día vistira a camiseta dos "Lakers". (Preme nas imaxes para velas ampliadas.) Dentro Torneo do Albariño 2008 que este ano presenta dúas novidades ; a primeira é que haberá dous torneos no mesmo evento , un cos equipos EBA e o Xuven e outro especial " Leite Rio Breogán - CD Vagos Lusavouga", vaiselle render unha máis que merecida homenaxe pola súa retirada (25 anos como xogador do Xuven) a Carlos Pombo "Bolero". O torneo que conta coa colaboración do Concello será de entrada gratuíta a todos os menores de 15 anos e cun único abono de 3 euros , poderás ir a todos os partidos nos tres días do torneo. Xoves:20,30 : Inelga Villagarcía-Peixegalego Marín Venres19,00 : Estblec Otero - Estudantes de Lugo 21,00 : Leite Rio Breogan- CD Vagos Lusavouga (Homenaxe a Carlos Pombo) Sabado 18,00 : 3ª e 4ª 20,00 : Final Texto: www.xuven.com . Fotos: Faro de Vigo, www.xuven.com e montaxe Unha Grande Chea. ------------------------------------------------------------ Cambados 8 de setembro de 2008
NOVO VÍDEO CLIP DE UNHA GRANDE CHEA TRATASE DUNHA PARODIA DO PROGRAMA "LA OPINIÓN" UNHA HOMENAXE A "MELY FANDIÑO". 1.- A vella Dominga autora de varias chamadas.- 2.- A protagonista do vídeo clip Mely Fandiño. Tódolos días en Radio Pontevedra pódese escoitar o programa "La Opinión" presentado por Mely Fandiño, pois ben nos fai xa moitos anos gravamos unha serie de situacións ironizando un pouco o programa, que como moitos sabedes vendeuse nunha cinta con outras cancións no entroido do 1998. Podedes escoitar a propia Mely nunha chamada real aínda que non o pareza e despois varios montaxes feitos por nos. Nun deles falase dun problema que houbo ese mesmo ano nun famoso bar da Rúa Hospital cun tamén famoso perruqueiro por un problema de "quitame de aí ese vaso" O anécdotico do caso é que o perruqueiro non piso máis o bar en cuestión. O vídeo podédelo ver máis arriba, pero se tedes problemas para facelo dende a paxina aquí tedes a súa ligazón directa http://br.youtube.com/watch?v=XAc0zT6myTY Texto: Alfonso.- Fotos: Unha Grande Chea e Imaxes Google. ------------------------------------------------------------ Cambados 8 de setembro de 2008
CAMBADOS IMAXE CARA O MUNDO
TURGALICIA NON SE ESQUECE DO NOSO POBO
O VIDEO É A MIOXA DE GALICIA CARA O EXTERIOR.
1 e 2.- Dous fotogramas do vídeo en cuestión.
Na campaña que este verán Turgalicia emitiu por televisión aparecen varios lugares de Cambados. Pica o enlace de Turgalicia e descúbreos ti mesmo http://www.turgalicia.es/plan/spot402008.asp?cidi=G&menu=15&subMenu_1=5 .
Tamén podes ver o vídeo de Tourgalicia en http://br.youtube.com/watch?v=Z9yYWQpDb_w
Texto: web www.cambadosweb.net (Cambados en la red).- Fotos: Fotogramas do propio vídeo de Turgalicia.
------------------------------------------------------------
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS
Visita os nosos videos en
Visita as nosas fotos en:
Visita a nosa música en:
Visita os nosos video clips en:
“R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc
“O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE
“Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM
“Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY
“Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA
“Albariño ou Rias Baixas”: http://es.youtube.com/watch?v=4Op5bxwL-oU
“Triana”: http://es.youtube.com/watch?v=w216qqhIhkE
“O Escudo”: http://br.youtube.com/watch?v=OsNNWE2a5IA
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita
FUTBOL DE CAMBADOS EN
BALONCESTO DE CAMBADOS EN
HUMOR RETRANQUEIRO: ¿UNHA ESTADISTCA DESFAVORABLE É UNHA INFORMACIÓN "COM PUTADA"? Cambados 7 de Setembro de 2008
O GRUPO DE GAITAS UNHA GRANDE CHEA NA FEIRA FRANCA 2008
ANIMACIÓN E COLORIDO UNHA GRANDE FESTA MEDIEVAL 1.2.3.- Varios intres da noite en Pontevedra.
O Grupo de Gaitas de Unha Grande Chea desprazouse na tarde noite do sábado a capital da provincia , para gozar da Feira Franca, vestidos de gaiteiros de época. Alí estivemos animando as rúas coas nosas gaitas e facendo pasar ben a xente por onde pasabamos. Unha boa experiencia, que de seguro esperamos repetir no vindeiro ano. Podedes ver máis fotos da nosa estancia en Pontevedra “ As nosas fotos…As vosas fotos”. Texto: Domin.- Fotos: Unha Grande Chea.
------------------------------------------------------------
Cambados 7 de setembro de 2008.
NOVA SECCIÓN DE www.mundofotos.net/iriaribadomar 1.2.3.- Fotos en tres D de diversos deseños de Iria.
------------------------------------------------------------ FESTA DA VALVANERA
NUN TEMPO FORON DAS MELLORES FESTAS DO CONCELLO. " A CHINA EN FESTAS".
Ata fai non moitos anos, San Bieito encargábase de inaugurar o apertado calendario de festas estivais en Cambados e a virxe da Valvanera, de despedir as celebracións da tempada estival, sen esquecer a Festa da Vieira.
O programa de actos para hoxe prevé actividades para os maiores e para os máis pequenos. Os infantes serán os protagonistas a partir das cinco desta tarde, cando se celebren regatas de embarcacións tradicionais, máis coñecidas como loros. Haberá tamén as entrañables cucañas.
Terá lugar a tradicional verbena. De pór a música encargaranse orquéstralas Grupo Latino e Mar de Prata. A partir da media noite, presentarase á nova raíña das festas e ás damas que a acompañarán durante este ano. A gañadora do certame foi Cristina Fernández Durán.
Pero sen dúbida o día grande dos festexos será mañá domingo. A banda de música de Castrelo e os grupos de gaitas anunciarán desde ben cedo as celebracións.
Texto: A Voz. Fotos: Comisión de Festas A Valvanera.
------------------------------------------------------------ Cambados 5 de setembro de 2008
I XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GALEGAS''YOU TUBE''
¡¡¡GALIZA CELEBRA A AMIZADE!!!
1.- http://es.youtube.com/XOANARCODAVELLA .- 2.- http://es.youtube.com/papigil e 3.- http://es.youtube.com/Edelmiro007
A vindeira data do SÁBADO 18 DE OUTUBRO DE 2008 celébrase na cidade galega anfitriona de Lugo a I XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GAEGAS DO''YOU TUBE''. Un sono de amigos,un ansiado proxecto de confraternización organizado polas canles Galegas de ''Edelmiro007'',''XOANARCODAVE LLA'' e ''Papigil'',co gaio dunha oportunidade para coñecernos e disfrutarmos XUNTOS dunha boa xornada á galega na compaña dos bos Amigos,boa comida,boa bebida e...¡foliada!. ¡COMO TEN QUE SER! Tódolos amigos das Canles Galegas do ''You Tube'' QUEDADES CONVIDADOSA ASISTIR e gratificarnos coa vosa inestimábel participación. Para asistires ou realizar calquera consulta que se vos precie,contactar coas Canles Galegas organizadoras: *Canle galega''Edelmiro007'': http://es.youtube.com/Edelmiro007 *Canle Galega''XOANARCODAVELLA'': http://es.youtube.com/XOANARCODAVELLA *Canle Galega''Papigil'': http://es.youtube.com/papigil A DATA LÍMITE PARA SE INSCRIBIR É O LUNES DÍA 29 DE SEPTEMBRO DE 2008 Texto e fotos: as devanditas canles de you tube.
------------------------------------------------------------
Cambados 5 de setembro de 2008
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
CHOURIZO FILMS E X-TRUME "A FOFITIS" E "IMAXES DE GALIZA" DISTINTOS PERO MOI BOS OS DOUS VÍDEOS. Dous videos distintos de dous dos grupos que tanto admiramos a par que queremos Chourizo Films e X-Trume, ogalla que cada ún no seu terreo cheguen o máis alto que poden chegar. O Video de Chourizo é unha homenaxe a David Martinez "Pildorilla", e o de X-Trume é unha homenaxe a nosa Terra. Disfrutadeos. Se por calqueira razón nos podedes ver ben nesta páxina podedes velos en http://es.youtube.com/watch?v=sNJ1brzKyQY e en http://br.youtube.com/watch?v=3cc29DuR6Ck .
Texto: Chon.- Videos: Chourizo Films ( http://br.youtube.com/user/Chourizofilms ) e X-Trume ( http://br.youtube.com/user/XTRUMEE )
------------------------------------------------------------
Cambados 4 de setembro de 2008
XA ESTA LISTO O PROGRAMA DE CONCERTOS PARA CONMEMORAR O 9º ANIVERSARIO DO RIF-ROCK ESTE MES DE SETEMBRO (ainda que xa sabedes que foi o 2 de Xullo non?) O Salvaxe e divertido directo de“LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE” Texto e imaxes: http://www.rifrockerz.blogspot.com/ ------------------------------------------------------------ Cambados 3 de Setembro de 2008
Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés Rúa dos Olmos 21. 36630 Cambados. Pontevedra XII XORNADAS PEDAGÓXICAS DO SALNÉS
O tema central é a auga, aproveitando a oportunidade deste ano
Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés
Rúa dos Olmos 21. 36630 Cambados. Pontevedra
CURSO: inicición á vela para o profesorado
ORGANIZACIÓN
Asociación de Ensinantes do Salnés (Candea) e LICEO MARÍTIMO DE VILAGARCÍA
CONTIDOS
· Manexo dunha embarcación a vela. Principios teóricos e prácticos.
· Estudo dos principios físicos relacionados coa navegación.
· Estudo da ría de Arousa:
DATAS DE REALIZACION
22, 23, 24, 25 e 26 de setembro de 2008
HORARIO
das 16 ás 20 horas,
LUGAR DE REALIZACIÓN
Peirao de pasaxeiros de Vilagarcía, nas instalacións de Clube de Mar do Liceo Casino.
Ría de Arousa, inclúe visitas a Cortegada e O Neixón (Rianxo).
Nº DE HORAS DA ACTIVIDADE
20 horas
Nº MÁXIMO DE PRAZAS
ata 20
RELATORES
Álvaro Paz tarrío, ESTEBAN GAÑETE BORRAGEIROS, EMILIO PATIÑO DEL VALLE.
inscripcións
Tf 986520161, 986520407, 986501919
matrícula
50 euros (inclúe seguro)
observacións
Levar desde o primeiro día roupa axeitada para o mar e algo para cambiarse no caso de molladura e unha toalla. Texto: Candea.
------------------------------------------------------------
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|