UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
Humor Grandecheo: ATA MAÑÁ SE EU QUERO. "DEUS"Cambados 30 de setembro de 2009 JOSÉ BUGALLO SENRA, NOVO DIRECTOR DO CONSERVATORIO E DA ESCOLA DE MÚSICA 1.- José Bugallo Senrra.- 2Lorena Varela.- 3.-Marco Lucato.
Humor Grandecheo: VAIAMOS Ao GRAN. "UN DERMATÓLOGO"Cambados 29 de setembro de 2009 UN SERVIZO USADO POR MOITA XENTE. O CENTRO DE DINAMIZACIÓN DO SALNÉS PECHA AS SÚAS PORTAS O DÍA 30 DE SETEMBRO
O centro rexistrou, desde xaneiro de 2007, máis de 600 usuarios e usuarias e impartiu case un cento de obradoiros. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en setembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías no Salnés. Neste mes estivose a impartir un obradoiro tecnolóxico, “Retoque dixital: Gimp”, cunha duración de 10 horas e no que se están a formar catro persoas (2 homes e 2 mulleres). Asemade, 14 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuítoas instalacións en “aula aberta” e/ou asistir a todas as iniciativas que o CDSI oferta. En setembro foi utilizada nun total de 96 ocasións. En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar nesta comarca en xaneiro de 2007, foron xa 646 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 97 obradoiros nos que se formou a 809 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 10 charlas e 6 iniciativas, nas que participaron 258 persoas. A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas. Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu. Humor Grandecheo: DEVÓLVANME A MIÑA CAPA. "O OZONO"Cambados 28 de setembro de 2009 UN CAMBADÉS EN ARIZONA JORGE OTERO MILLÁN INVESTIGA SOBRE PERCEPCIÓN VISUAL A NOVA QUE QUITAMOS ONTE SOBRE JORGE ESTABA “UN POUCO ATRASADA”. Aqui vemos a Xurxo no seu actual posto de traballo en Arizona. Naceu en 1982. Cursou Enxeñería de Telecomunicación na Universidade de Vigo e rematou a especialidade de telemática no 2006. Agora é axudante de investigación no laboratorio da doutora Susana Martínez-Conde en Phoenix, Arizona. Jorge Otero estudou Enxeñería de Telecomunicación na Universidade de Vigo, terminando a especialidade de telemática no mes de xullo do 2006. O último ano de carreira "traballei como bolseiro en prácticas na empresa viguesa 2Mares Demil facendo o meu proxecto de fin de carreira alí". Na cidade olívica Jorge Otero practicou Tae-Kwon-Do durante moitos anos, "sendo campión galego xuvenil". A práctica do deporte, con todo, non impide ter un bo rendemendo académico, e deste xeito obtivo hai anos "un segundo posto na olimpíada matemática galega". Na actualidade reside en Phoenix, Arizona, onde traballa no laboratorio que a doutora coruñesa Susana Martínez-Conde ten no Instituto Neurolóxico Barrow. Alí exerce como axudante de investigación, analista de datos e programador. "Souben que había unha praza vacante neste laboratorio a través dunha compañeira que traballa aquí e que tamén é galega. Pareceume unha oportunidade moi interesante así que decidín presentarme. Despois de que aceptaran contratarme e rematar a miña carreira incorporeime en setembro do 2006 ó grupo", explica. "As investigacións nas que traballa o noso laboratorio –sinala– céntranse na percepción visual, tratando de explicar cómo o noso cerebro procesa a información que recibe a través dos ollos e como forma con ela a nosa percepción do mundo Por exemplo, unha liña de investigación na que traballamos é a relacionada cos pequenos movementos que fan os nosos ollos cando fixamos a mirada e como estes son una parte fundamental do sistema visual. Os experimentos que realizamos neste campo permiten estudar como afectan os movementos dos ollos á nosa percepción e cal é a actividade das neuronas que fai que isto suceda". O seu labor concreto dentro das liñas de traballo que se desenvolven no laboratorio "consiste fundamentalmente en implementar software que facilite a análise dos datos obtidos dos experimentos para poder extraer conclusións". Ademais, axiña "comezarei a encargarme do deseño e programción de sistemas de adquisición de datos en tempo real cos que poder desenvolver novos experimentos. Este é un proxecto moi relacionado coa miña carreira, Enxeñería de Telecomunicación, no que poderei aplicar moito do aprendido nela". Otero apunta que "a investigación que realizamos é básica: comprender o funcionamento do sistema visual. Non obstante, este mellor entendemento pode facilitar nun futuro a diagnose e tratamento de enfermidades relacionadas coa visión e neurolóxicas". Ultimamente "estamos a traballar, en colaboración cun grupo de investigación de Ohio, no estudo de certos movementos do ollo que aparecen en pacientes que sofren determinadas enfermidades neurolóxicas. A correcta identificación e medida destes movementos pode axudar á diágnose e tratamento destas doenzas". No laboratorio en Phoenix traballan cinco persoas, pero conta con colaboradores doutras universidades e centros de investigación en Estados Unidos, en Inglaterra, en Francia e en España". E desas cinco persoas, agora tres son galegas: a doutora Susana Martínez-Conde, investigadora principal; a doutora Xoana González Troncoso, que actualmente traballa nun proxecto de investigación posdoutoral e o propio Jorge. Este asegura que "nos meses que levo aquí penso que todo foi moi ben. Foi un cambio moi radical para min en tódolos aspectos tanto persoais como laborais. Irme tan lonxe e a facer un traballo que non é moi típico para un enxeñeiro de Telecomunicación fíxome ter algunha dúbida. Pero agora estou moi contento de tomar esta decisión e de estar aquí traballando. Teño que dicir que o trato que veño recibindo aquí é inmellorable e que especialmente a miña compañeira galega Xoana me axudou moito e fixo que a adaptación fose máis sinxela". Neste tempo "acadei ser coautor dun artigo que será proximamente publicado na revista científica Perception. Isto foi posible grazas a un traballo que fixen relacionado con procesado de imaxe dentro dun proxecto que estuda como as esquinas dunha figura son especialmente importantes para que o noso cerebro poida interpretar as imaxes". O investigador lembra tamén que malia a distancia mantén "fortes vínculos coa miña familia e os meus amigos. Procuro informarme do que pasa na comunidade e as miñas fontes son os diarios dixitais e tamén a familia e os amigos". Grazas a Genoveva Millán (nai do prapaz) por sacarnos do erro. Humor Grandecheo: NÓS APOIAMOS A LIBERACIÓN FEMININA. “CÁRCERE DE MULLERES”.Cambados 27 de Setembro de 2009 UN MATEMÁTICO CAMBADÉS CON FUTURO JORGE OTERO MILLAN, SELECCIONADO PARA A OLIMPIADA NACIONAL DE MATEMÁTICAS ACTUALMENTE CURSA ESTUDOS EN VIGO. 1.- Jorge Otero.- 2.- Jorge Otero co sua familia, o seu irmán Luis e os seus pais. Jorge Otero Millan é un rapaz cambadés que actualmente está a cursar os seus estudos nun Institutuo de Vigo, concretamente Cou, e con outros cinco rapaces da noso país foi seleccionada para acudir a Olimpiada Estatal de Mataméticas que vai ter lugar o vindeiro més de marzo en Palma de Mallorca, que sirvará para selecciónar os que van asitir a fase internacional. Por razons laborais dos seus pais Genoveva Millán e o seu home, Jorge reside en Vigo. Moita sorte a este cambadés nesa Olimpiada de matemáticas. Podes ver a nova que saiu na TVG premendo AQUÍ. Humor Grandecheo: QUE FERMOSA É A HUMANIDADE. “UN CANÍBAL.”Cambados 26 de setembro de 2009 AS CLASES PARA ADULTOS TRASLADÁNSE “A MERCED” O INICIO DO CURSO ESTÁ PREVISTO PARA O VINDEIRO DÍA 2 DE OUTUBRO
Humor Grandecheo: ESTOU EN CINTA. “SCOTCH”Cambados 25 de Setembro de 2009 OLGA COSTA ABRENOS A PORTA OS ANIMAIS XORNADA DE PORTAS ABERTAS MAÑAN A PARTIRES DAS 11.30 Mañá sábado 26 de setembro Olga Costa convida a tódalas persoas que queiran coñecer mellor o refuxio de animais abandoados, dende as 11:30 ata as 14.30 o albergue acollerà as correspondentes visitas, así poderán coñecer a crùa realidade á que Olga afronta a cotío. O refuxio está situado no lugar de Refoxos-Corvillón-Cambados. Humor Grandecheo: ENCÁNTAME IR A ESCOLA. “UN PIOLLO”Cambados 25 de setembro de 2009 GOGUE NUN LIBRO SOBRE AS MATEMÁTICAS GRAO EDITORIAL OFRÉCELLE ESA OPORTUNIDADE. As circunstancias polas que se move o caricaturista meco-cambadés Gogue son infinitas. Agora é Graó Editorial www.grao.com é unha firma, con 30 anos de experiencia, especializada na edición de libros e revistas de pedagoxía destinadas ao profesorado. Na actualidade, Graó Editorial publica 12 revistas e ten uns 500 títulos vivos no seu catálogo de libros. Actualmente teñen en proxecto a publicación dun libro que leva por título "Matematicamente competentes para rir" que formará parte da colección Micro-Macro Referencias e no que se recollen viñetas dedicadas ás matemáticas. Trátase dunha iniciativa do autor Pablo Flores (profesor da Universidade de Granada), o cal coleccionou ao longo dos anos 2.000 viñetas humorísticas que utiliza de diversos modos nas clases que imparte aos futuros mestres de matemáticas. Para este libro foron seleccionadas as dúas caricaturas de Gogue que se reproducen máis arriba. Humor Grandecheo: CHÓCAME A XENTE QUE NON DÁ A CARA. “ANÓNIMO”Cambados 24 de Setembro de 2009 TROCOS DE DATAS DE TRES ACONTECEMENTOS “LA CASA DE BERNARDA ALBA”, “EL ZOO DE CRISTAL” E A “HOMENAXE A RAMÓN ULLOA”
A representación de “La Casa de Bernarda Alba”, que ía realizar a Escola Municipal de Teatro o vindeiro venres, ás 20 horas, no auditorio da Xuventude, aprázase por cuestións técnicas para o sábado, 24 de outubro, no mesmo escenario e á mesma hora. Humor Grandecheo: AO FIN SOS. “O ERMITAÑO”.Cambados 24 de setembro de 2009 O CAMBADÉS BENXAMÍN REI MOSTRA A FESTA DA AUGA É A EXPOSICIÓN PÓDESE VISITAR NO AUDITORIO DE VILAGARCIA ATA O 20 DE OUTUBRO
-Porque me considero un “seareiro” da festa, levo moitos anos vindo. Ao longo do tempo xa realicei multitude de vídeos e fotos persoais, pero este ano decidín dedicarllo ao público. Trátase dun vídeo “non coments”, é dicir, con imaxe e son ambiente, onde se pode observar a esencia da festa. Ao finalizar, aparece unha breve música de peche cun texto que explica, para os que non o saiban, en que consiste esta celebración. Por outra banda, a película está dividida en catro bloques; O Botellón, Festa dá Auga, Batalla dá Auga e Final dá Batalla. As fotos foron feitas no mesmo contexto que o vídeo, a xente tomoume como un deses fotógrafos que fan as fotos para despois vendelas e mostráronse tan participativos que ao final me atopei con 300 instantáneas e decidín facer a exposición. -Ten intención de que este vídeo póidase emitir, algunha vez, na TVG? -A verdade é que nin se me ocorreu ofertalo nin comentei a ninguén da profesión que o tiña. O que si fixen foi colgalo en youtube, en bloques de 10 minutos, aínda que non cos detalles cos que conta agora. A miña intención é que a xente nova que participou na festa póidao ver antes de que empecen coas súas actividades do día ao día. -Cre que a festa da auga está ben promocionada fóra de Galicia? -Creo que non, porque non hai vídeos promocionais a nivel de reportaxe. Só hai gravacións “caseiras” feitas co móbil dalgún participante pero non películas didácticas. O que fixen foi utilizar unha cámara subxectiva, coma se non tivese nin idea de que ía a celebración sacando a imaxe bonita, a parte boa da festa. -Como foron os labores de gravación? A xente mostrouse participativa? -Si, todo foi moi ben. Eu estaba “camuflado” cun chubasquero amarelo, sobre todo para protexer a cámara, pero aínda así me mollaron igual. -Como vive vostede a festa da auga? -Sempre participo, aínda que co meu particular vicio, o traballo. Teño a miña cámara á beira e todo o que vexo captúroo, é a miña forma de ver as cousas. Sen a cámara digamos que gozo a metade. Este ano, vinme saltando ao ritmo dos “bombos” coa cámara en man. -Ten previsto realizar máis traballos deste tipo aproveitando as festas doutras localidades? -Non, a verdade é que non mo expuxo porque no traballo cada día hai unha cousa distinta. Eu sempre que vou a un evento deste tipo fágoo acompañado da miña cámara, non o planeo, xorde de xeito espontáneo. Xa en 1984 fixen algo parecido, un vídeo histórico en Cambados, coincidindo coa festa do Albariño. Tamén no mesmo ano, na transición á democracia, o concello de Cambados foi tomado polo pobo e tamén realicei unha reportaxe sobre ese tema. -Como describiría o seu día como cámara da TVG? -Levo traballando na TVG desde 1986. Son un reporteiro gráfico e fago todo tipo de reportaxes, desde enterros, festas ata actos políticos, en calquera lugar. Podes ver os videos da Festa da Auga premendo nas seguintes ligazóns: http://www.youtube.com/watch?v=NuYUA_Jb5sU http://www.youtube.com/watch?v=XjDlSrUtq7I http://www.youtube.com/watch?v=nJBEOfPGsBA Humor Grandecheo: TEÑO NERVIOS DE ACEIRO.” ROBOCOP”.Cambados 24 de Setembro de 2009 XORNADA DE PORTAS ABERTAS NOS MUSEOS DE CAMBADOS Os dias 26 e 27 de Setembro, coincidindo coas festas da vendima os museos de Cambados celebrarán as súas xornadas de portas abertas. Esta é unha ocasión magnífica para visitalos nosos museos, xa que moitos cambadeses non os visitaron nunca, xa sabemos que non son o Museo do Prado nin o Moma, pero son parte da nosa propia historia, polo que tentemos coñecer outras cousas coñecendo tamén as nosas. Fonte: www.cabamdosweb.net NUNCA PUIDEN ESTUDAR DEREITO “O JOROBADO DE NOTREDAME”Mércores 23 de setembro de 2009 UN LIBRO DE SABELA PILLADO A PUNTO DE PRESENTARSE O SEU TITULO É “HISTORIA DO CINE EN CAMBADOS” 1.- Sabela Pillado Villaronga, autora do libro.- 2.- Cartel da pelicula "Sabela de Cambados", da cal seguro que se falará no libro. Fixeronnos saber que a polifácetica e cambadesa Sabela Pillado Villaronga, acaba de rematar o seu libro “Historia do Cine en Cambados”, patrocinado por Candea e que será presentado aproximadamente a mediados de outubro. Segundo nos contaron Sabela fixo a tesina de fin de carreira xa fai algún tempo sobre este tema e gustou tanto que a animaron a que fixera o libro. Esperamos con ansiedade o mesmo que ven a completar a xa prolifica Historia de Cambados nas librarias. A MIN O QUE ME REBENTAN SON Os CAMIÓNS. “O SAPO”Cambados 23 de Setembro de 2009 UNHA GRANDE CHEA PONTE EN CONTACTO CO MUNDO CUN SIMPLE CLICK PODES ACCEDER A TODOS OS PERIODICOS DE EUROPA E DO MUNDO Unha Grande Chea ponte en contacto co mundo cun simple click, e podes acceder a todos as portadas dos periodicos dos cinco continentes incluídos os deportivos, e o que é mais se pinchas en cada un deles accedes directamente a súa páxina web. Preme AQUÍ para acceder a este máxica páxina. Humor Grandecheo: Os HOMES SEMPRE QUEREN SER Os PRIMEIROS NA VIDA DUNHA MULLER.Cambados 22 de setembro de 2009 UN CAMBADÉS QUE TRIUNFOU EN VENEZUELA EMILIO AGRA BAULO, UN ESPECIALISTA DO HUMOR GRÁFICO Emilio Agra Baulo nace o 27/02/52 en Cambados, emigrando cos seus pais a Venezuela aos 6 anos de idade. Reside en Caracas. A partir de 1970, comeza a traballar en publicidade, iniciando as súas participacións en exposicións colectivas. En 1973 inicia a súa primeira escenografía para teatro, e en 1975 traballa como alumno libre de escultura con Julio César Beira. Ao ano seguinte monta a súa propia exposición individual: un mural no Pedagóxico de Maracay, trasladándose a París , onde traballará como adegueiro, "paseador" de can, coidador de hotel, empregado de limpeza e letrista. En 1977 traballa en serigrafía con Esteban Castillo, gráfico venezolano, con dez anos de estancia en Francia; estuda na Alliance Française e como alumno libre na Universidade de Vicennes (París); na capital parisiense realiza unha exposición individual (maio-xuño 1977). A partir desta data realizará exposicións en España, Roma , Florencia, Luxemburgo, Londres etc, onde exporá as súas primeiras esculturas de ferro, regresando a Venezuela en 1978. Ao ano seguinte con outros sete artistas máis participa no colectivo da Avenida do 19 de Abril. Edita o seu primeiro libro de humor gráfico en 1981, mercé ao cal publica unha caricatura semanal en “El Diario de Caracas” durante uns sete meses. En 1982 xa dedicado plenamente ao deseño caricaturas , escenografías, escultura e pintura, viaxa á Nova York e Washington, ano en que Maraven publica a “La Historia del humorismo gráfico en Venezuela” de Ildemaro Torres, un compendio do humorismo gráfico en Venezuela e no que por suposto se inclúe a Agra. Desde Agosto de 1983 ata xaneiro do ano seguinte traballou como deseñador asistente no Museo de Ciencias (Caracas), na exposición Alejandro de Humboldt. Primeiro premio de pintura en 1984, publicando varios debuxos na revista de humor cubana “Palante”. Xunto ao artista Antonio Cabezas realiza en 1985 “Dédalo”, un proxecto escultórico mural no que se unen en concreto , ferro e lona, realizando ao seguinte ano a contraportada de “Contenido”, suplemento dominical de “El Periódico” (Diario de Aragua). En marzo de 1987 expón as súas esculturas de ferro e relevo no Museo de Arte de Maracay. Comeza en xuño de 1988 “La Ñapa”, caricatura diario en “El Periódico”. Publica en decembro de 1989 o seu segundo libro de humor, e en 1991 o terceiro “La Ñapa”, recompilación de caricaturas diarias en “El Periódico” durante dous anos e medio. Humor Grandecheo: As SOGRAS INVENTÁRONSE PORQUE O DIAÑO NON PODE ESTAR EN TODAS PARTESCambados 20 de setembro de 2009 LINO SILVA EXPÓN NO REYMAR DENDE O 10 DE SETEMBRO Ó 1 DE NOVEMBRO 1.- Cartel da Exposición de Lino.- 2.-Cafeteria Reymar O artista cambadés Lino Silva, expón na Cafeteria Reymar de Fefiñans – Cambados, os seus cadros dende o 10 de setembro ata o 1 de Novembro. A cafeteria distinguese, porque aparte de poder tomar un café o unha copa tranquilos, tamén ten sitio para o arte, e monta unha exposición detrás doutra, así que calquer artista que se precia ten que pasar por Cafeteria Reymar. E que contarvos de Lino Silva, un artista consagrado que os seus 59 ano, case que ven de volta de todo, de seguido un resumen da súa vida e obra:
Humor Grandecheo: A PSIQUIATRÍA / PSICOLOXÍA É O ÚNICO NEGOCIO ONDE O CLIENTE NUNCA TEN A RAZÓNCambados 19 de Setembro de 2009 Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés (novo programa e definitivo)
XIII XORNADAS PEDAGÓXICAS DO SALNÉS
P R O G R A M A Luns 21 de setembro: 6-8 da tarde EXPERIENCIAS Unidade didáctica sobre os portos Sistema portuario galego Xosé María Leal Bóveda IES Ramón Cabanillas-Cambados 1ª Sesión: - 4,30-6 da tarde 2ª Sesión: 6,30– 8 da tarde Martes 22 de setembro EXPERIENCIAS O contorno animado. Experiencias de animación (1º e 2º ciclo ESO) Manuel Busto Magdalena IES “A Basella”, Vilanova de Arousa. OBRADOIRO: OFICIOS TRADICIONAIS DE GALICIA: sombreiros de palla, os sancosmeiros. Antonia Pérez Froján, de Noia Mércores 23 de setembro CONFERENCIA Proxecto Climántica Francisco Soñora Luna Licenciado en Pedagoxía e Bioloxía director do proxecto CLIMÁNTICA EXPERIENCIAS: CLIMÁNTICA Víctor M. Caamaño Rivas, Isaac Pontanilla Pérez, Adela Leiro Lois I.E.S. Francisco Asorey Xoves 24 de setembro EXPERIENCIAS TICs: Ferramentas de autor galegas na escola Xosé Antón Vicente Rodríguez C.E.I.P. O Piñeiriño-Vilagarcía de Arousa. CONFERENCIA Que pasa co galego? Marta Dacosta Alonso Venres 25 de setembro Ruta polo rego de Armenteira: muíños, flora e fauna Manuel Domínguez Rey (VENTOS) De luns a venres: Exposicións: climántica traballos eScolares
Humor Grandecheo: O IMPORTANTE NON É GAÑAR, SENÓN FACER PERDER Ao OUTRO.Cambados 19 de Setembro de 2009 “LOS PIRATAS” CANTANDO OS “MALOS TRATOS” A COMPARSA DE CADIZ EMOCIONA CON ESTA PEZA Por sorte ou non eviannos moitos correos, a maioria, pois xa se sabe, de abrir, ver e tirar, pero un amigo mandounos un, no que achegaba un arquivo de video, e vimolo e penso que paga a pena que vos tamén o vexades, parque a letra a pesar de ser dunha comparsa non deixa de ser de un “10”, aqui de seguido tedes o video en cuestión, se tedes problemas para velo dende a páxina premer AQUÍ:
Humor Grandecheo: NON TE TOMES A VIDA EN SERIO, Ó REMATE NON SAIRÁS VIVO DELA.Cambados 18 de setembro de 2009 “BERROS DENDE O ALÉN” NOVO E ORIXINAL BLOG CAMBADÉS DO VECIÑO DE SAN TOME “RAMÓN NOGUEIRA” 1.- Ramón Nogueira.- 2.- Unha das súas fotos. Berros dende o alén é un blog no que o seu creador, o veciño de San Tomé Ramón Nogueira, expresa as súas opinións a través de pequenos relatos poéticos ou poemas mesturados con fermosas fotografías (tamén da súa autoría) que complementan os textos. De feito, Ramón tamén dispón dun Flickr onde se pode ter acceso á súa colección de imaxes. Vale moito a pena pasarse polos dous espazos e ler e observar o que Ramón nos di a través da pantalla. Nova recollida de www.cambadostk.comHumor Grandecheo: O MÁIS PARECIDO A ETERNIDADE.....UN MES SEN SOLDO.(POLO ETERNO).Cambados 17 de setembro de 2009 ISI VAAMONDE COMEZA A SABOREAR O TRIUNFO O CANTAUTOR CAMBADÉS COROA A LISTA DE '20minutos.es'. SÉGUENLLE NO PODIO VETUSTA MORLA E O GRUPO SHAP. Portada da revista dixital "20 minutos.es" Isi con Chon e Domin despois dunha actuación no Rif Rock
Humor Grandecheo: Os HONESTOS SON INADAPTADOS SOCIAIS.Cambados 17 de Setembro de 2009 “DA PALABRA A MELODIA” O MESTRE LUIS COSTA, A MEZZOSOPRANO NURIA LORENZO E O PIANO DE CARLOS ENRIQUE HOMENAXEAN A CABANILLAS ESTE VENRES NA XUVENTUDE. 1.- Luis Costa.- 2.- Nuria Lorenzo.- 3.- Carlos Enrique Este venres 18 de setembro, ás 20.00h no Auditorio da Xuventude o mestre Luis Costa, a Mezzosoprano Nuria Lorenzo e o piano de Carlos Enrique homenaxean a Cabanillas co posta en escea “Da palabra á melodía” Cancións de concerto sobre textos de R. Cabanillas. Programa: 1ª Parte: O meu Manoeliño, Meus irmáns, Corazón-Volvoreta, Quén no seu corazón, Aureana do Sil E O rei tiña unha filla 2ª Parte: Camiño da Ermida, A Capilla , Amor que a furto me levas, Non sopres vento, Camiño longo, Chove e Foliada. BREVE RESEÑA DO MESTRE LUIS COSTA: Luís Costa (Cambados, 1968) é licenciado en Musicoloxía (Oviedo, 1992) e en Historia (UNED, 1999); acadou o doutoramento na área de Música (Santiago de Compostela, 1999) con Premio Extraordinario. Veu desempeñando a docencia como profesor titular de música en Ensino Medio e como profesor titular de Hª da Música, Estética e Hª da Arte, en diversos conservatorios; actualmente exerce no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga (Pontevedra), do que é director desde 2006, e no Conservatorio Superior de Vigo. É ademais profesor asociado de Historia da Música e Folklore e do programa de doutoramento do departamento de Didácticas Especiais na Universidade de Vigo desde 2000. Ten sido profesor invitado en cursos de doutoramento e posgrados noutras universidades dentro e fóra de Galicia e director de numerosos traballos de investigación, participando regularmente como conferenciante en diversos foros divulgativos. Como investigador, ademais da súa tese de doutoramento (edición electrónica), ten publicado ao redor de de unha cincuentena de traballos en revistas especializadas, actas de congresos, seminarios, e obras colectivas con especial atención á función da práctica musical como espacio de construcción de significados sociais na Galiza contemporánea. Entre as súas contribucións máis recentes cómpre destacar o ensaio introductorio “Música e ideoloxía na xénese dos grandes cancioneiros folclóricos de Galicia” formando parte dos estudios críticos da reedición do Cancioneiro Musical de Galicia, (Fundación Barrié de la Maza, 2008) e a serie de dazasete colaboracións referidas ás danzas rituais en Galicia, en curso de publicación na obra Tempos de Festa en Galicia (Fundación Caixagalicia, 2006, 2008, e previsto vol III no 2010). Actualmente é membro de numerosas sociedades científicas nacionais e internacionais, da comisión técnica do Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega) e do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores. Humor Grandecheo: HAI UN MUNDO MELLOR... ¡PERO É CARÍSIMO¡.Cambados 16 de Setembro de 2009 HOMENAXE O MESTRE RAMÓN ULLOA NO AUDITORIO DA XUVENTUDE 0 26 DE SETEMBRO AS 20.30 HORAS O vindeiro 26 de Setembro no Auditorio da Xuventude de Cambados, vaise homenaxear o finado mestre RAMÓN ULLOA. Vai consistir nun concerto e tamén se porá unha fotobiografia do organista con acompañamento músical.. D. Ramón adicou a súa vida a música e o que é maís díficil, como pudo viveu dela. Todos os que pasamos dun xeito ou doutro pola igrexa que non se lembra de oir aquel vello órgano maxistralmente interpretado polo mestre Ulloa. D Ramón ven sendo abó do vicepresidente da Unha Grande Chea, Ramón Martinez Ulloa. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|