UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
www.cambadosenfotos.netTEATRO CARACOL EN www.cambadosenfotos.net
A mellor páxina do momento www.cambadosenfotos.net ven de publicar a derradeira función de Teatro Caracol "Suspendese a función", fotos dunha calidade suprema, ben realizadas tanto en branco e negro como en cór dignas do mellor profesional, da a sensación de que as fotos están en movemento, podedes ver este fabuloso traballo premendo directamente no seguinte link: http://www.cambadosenfotos.net/teatrocaracol.html
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . UNHA GRANDE CHEA TV "RUMBA DOS CINCO MARIÑEIROS"UNHA GRANDE CHEA TV:
presenta:
Como vos prometemos, imos ir desmenuzando os videos da Noite das Letras Galegas no Café Continental, en primeiro lugar amosamos a interpretación polo grupo de gaitas "UNHA GRANDE CHEA" da "Rumba dos cinco mariñeiros":
Para ESCOITAR o video pecha abaixo de todo a canción en audicción.
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . MENSAXE PARA MARISAMENXASE PARA MARISA:
Esta mensaxe é para Marisa unha rapaza de Santo Tome que está a estudar en Lisboa. Temosche o traballo que nos pediches feito, pero perdemos o teu correo e non sabemos como enviarcho, por favor mandanos un e-mail o noso correo.
UNHA GRANDE CHEA.
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . ELECCIÓNS 2007OUTROS CATRO ANOS SEN PALCO E......SEN SILLAS.
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . www.cambadosenfotos.netwww.cambadosenfotos.net ADICA UN ESPECIAL A NOITE DAS LETRAS GALEGAS.
A páxina máis importante de Cambados, a dia de hoxe, no que a fotos se refire www.cambadosenfotos.net ten adicado un espacio a Noite das Letras Galegas que UNHA GRANDE CHEA levou a cabo no Cafe Continental de Cambados, que podedes ver premento directamente en: http://www.cambadosenfotos.net/noitedasltrasgalegas.html .
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . UNHA GRANDE CHEA TVUNHA GRANDE CHEA TV EN COLABORACIÓN COA TVG PRESENTE UN XOIA DA MÚSICA GALEGA.
Hoxe (26/05/07) o Xocas e máis eu fumos cear a San Vicente a casa de Ricardo e de Charo (cuñados do Xocas) era unha cea de cumprenanos do noso amigo Xulio, un portugues , comunista ata médula , afincado no Grove, deronos de cear manxares exquisitos, entremeses (entre eles "presunto"), de primeiro arroz en blanco con vieira con cebola digno do mellor restaurante da comarca preparado excelentemente por Charo, de segundo outro "delicatessen" un cabrito preparado con auga e martini rosso cociñado por Maria Elena a muller de Xulio, de 1 a 10 mereceria un 11. Riquísimo. E de postres nin contarvos todo excelente. O vir para Cambados viña escoitando a galega e puxeron a canción "Ahi ven o maio interpretada por Ana Belen Monis e Noelia Represas , duas rapazas que concursan no programa "Son de Estrelas" da TVG, non parin ata atopar o video da canción e , para os que no viron na TVG, amosarvolo en UNHA GRANDE CHEA TV, espero que vos guste: Preme directamente en este enlace http://www.crtvg.es/son/asx/c_verin.asx
CHON.
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . METODO DE GAITA GALEGAO "MÉTODO DE GAITA GALEGA I" DO GAITEITO XAQUIN XESTERIA XA ESTÁ NA RÚA
O noso mestre, amigo, camarada de carallas, e GAITEIRO "XAQUIN XESTEIRA", acaba de sacar a rúa da mán de Edicións "CUMIO" o volumen I do "MÉTODO DE GAITA GALEGA" que en breve será presentado en Cambados, xa vos manteremos informados do día, lugar e hora.
A esta impresionante biografia a nós, co permiso de Xaquin, só lle engadiriamos un dato, que tamén é membro de UNHA GRANDE CHEA. ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . CARTA DE SOLIDARIDADE CON XAQUIN XESTEIRA
PUBLICA A CARTA DE SOLIDARIDADE CON XAQUIN XESTEIRA
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . CONCERTO DA MOCIDADEGRAN ÉXITO DO CONCERTO DA MOCIDADE, ALI ESTIVO O GRUPO DE GAITAS "UNHA GRANDE CHEA"
O Concerto da Mocidade organizado pola Xuventude do BNG no Pub A PERA tivo lugar na noite de onte (25/05/07) , con gran éxito de participación da mocidade cambadesa. Abreu o lume "En Play Back" quenes tiveron unha excepcional intervención, empezando un pouco nervosos o principio , pero logo soltaronse e de que maneira. Despois falou o número ún do BNG Victor Caamaño, quen se dirixiu os xovenes ali presentes, e despois interviron a Grupo de Gaitas "UNHA GRANDE CHEA", Xoan Silva, Hadrián e Quique Barreiro.
As cámaras de UNHA GRANDE CHEA TV tamén estiveron no acto e por problemas técnicos só poidemos salvar as seguintes imaxes, foi todo o que poido facer o noso reportero Chonsinho:
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . CHISTES MOI POLITICOSCHISTES "MOI" POLITICOS
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . O PRESIDENTE DA XUNTA EN CAMBADOSO PRESIDENTE DA XUNTA PROMETE NO MITIN DO PSOE A FUNDACIÓN RAMON CABANILLAS PARA CAMBADOS
No mitín de onte (23/05/04) do P.S.O.E. en Cambados, ante un Auditorio totalmente repleto, o Presidente da Xunta prometeu ante os ali presentes que a Fundación Ramón Cabanillas ia a ser unha realidade para Cambados, e dixolle tamén a Domingo Tabuyo, que contara con todo o seu apoio para realizar tal proxecto. Alegramonos en demasía de que aquela idea que saira de Francisco Fernández Rei na homenaxe a Ramón Cabanillas celebrada por esta Asociación alo por Decembro pasado tivera o eco que tivo, despois de que Victor Caamaño candidato do BNG tamén se compremetera coa Conselleria de Cultura a facer tal fundación agora é o propio presidente da Xunta quen di que eso proxecto vai adiante. Noraboa a Francisco Fernandez Rey, pola sua idea. Entre outro orden de cousas o Presidenta da Xunta, tamén lle dixo a Tabuyo que contara con él para a vindeira festa do Albariño. ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . AXENDA CULTURAL
AXENDA CULTURAL EN EXPOSALNÉS
EXPOSICIÓN de José Antonio Acuña “Luma”, NATUREZA GALEGA En Exposalnés, do 16 ao 30 de Maio Acuña naceu en Figueirido (Pontevedra) e xa desde neno sentiu admiración pola natureza, en especial polas aves, aínda que non foi ata estos últimos anos cando cambiou a observación pola fotografía. Socio de Aefona (Asociación Española de Fotógrafos da Natureza) desde o ano 2002, é premiado nalgún concurso local. Colaborou en varios libros da Editorial A Nosa Terra (Espazos Naturais, As Montañas de Galiza) e revistas (Caza Galega). A exposición está patrocinada pola Editorial A NOSA TERRA CURSO DE XESTIÓN DO ASOCIACIONISMO O Centro Comarcal acollerá a partires do 2 de Xuño un curso no cal se abordarán os problemas e dúbidas que poden ter as persoas relacionadas con asociacións sen ánimo de lucro. O programa está repartido en tres módulos de catro horas cada un. Podes apuntarte gratuitamente no teléfono 986 52 60 13 ou en ccsalnes@comarcasdegalicia.com. ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . CONCERTO DA MOCIDADECONCERTO DA MOCIDADE
O venres ás 10,30 da noite, no Pub "A PERA" terá lugar o "CONCERTO DE MOCIDADE" e peche de campaña do BNG, acturán o grupo "EN PLAY BACK" o grupo de gaitas "UNHA GRANDE CHEA" e os inigualables "XOAN SILVA E BLAS" acompañados nalguns temas por "HADRIÁN"
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . NESTE SILLON NON¡¡¡NESTE SILLÓN NON!!!
Hoxe (22/05/07) pasou unha anécdota neste noso concello que é digna de ménción, totalmente certa. Viñeron os de Diario dse Arousa, un redactor e unha fotografa, para facerlle unha reportaxe a Domingo Tabuyo. A fotografa, toda unha profesional, dixo que queria facerlle unha foto nun sillón do Concello, un destes rimbombantes que teñen. Ala foron a fotografa o redactor e Domingo, chegaron a Concello , foronlle pedir permiso a Touris, o cal nunha actitud moi seria un tanto nervioso, dixolle "De usar o sillón nada de nada, que vaia a outro sitio a quitar a foto", o redactor intentou mediar pero Toruis negabase en redondo. Ali forón a outro centro oficial para ver si habia unha sillón do estilo , pero nada tamén se encontraron ca negativa, a final tiveron que ir a quitar a foto a un sillón do parador. ¿Pero o Concello non é a casa de todolos cambadeses? ¿Que daño lle podia facer Domingo Tabuyo quitando unha foto no sillón?, a anécdota a pesar de ser simpática non deixa de ser un termómetro do estado de nerviosismo que está a vivir algunha xente durante este periodo electoral. Nos que de negativas do alcalde sabemos un cacho largo, imos , ainda que se sexa grazas o fotoshop a sentar a Domingo TAbuyo nese sillón.
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . SOLIDARIDADE CON XAQUIN XESTEIRAEN SOLIDARIDADE CON XAQUIN XESTEIRA
No mitin central do Partido Popular , celebrado o outro dia na Sociedade Cultural de Cambados Touris de xeito grotesco, fixo unha alusión o noso mestre, amigo, compañeiro e sobre todo persona Xaquin Xesteira. Nó ánimo de facer rir os seus incondicionais dixo que o BNG no seu pragroma trataria de afondar na promoción dos instrumentos tradicionais no Conservatorio, e preguntabase ¿sabedes para quen seria a praza? E o propio Touris nervoso e sudoroso contestabase , “Pois a praza seria para o gaiteiro ese , para Xaquin, ese que anda por ahí”. Ademáis de exercer de adivino, non tan ben aplicado e aquí aquel famoso refrán de “Pensa o ladrón que todos son da súa condición” Pensa que todo mundo enchufa a todo o mundo. Xaquin é un profesional coma a copa dun pino é mestre na Universidade Popular de Vigo, é fundador do grupo Treixadura Gaiteiros, en fin non imos desenrolar aquí todo o seu historial humano e profesional porque encheriamos este blog e duos máis. Con Touris solo podemos decir que a súa profesión é “gerente” tal como reza en algúns documentos e o seu enderezo é a Praza do Concello Nº 1, eu o seu currículum profesional é politico da boina, como nalgunha ocasión dixo o seu propio xefe o Rajoy. Podemos pasar Touris, que non vaias o Homenaxe a Cabanillas, podemos pasar que lle “roubes” as cadeiras a Teatro Caracol, podemos pasar que non nos poñas o palco no Antroido, podemos pasar que non nos contestes as preguntas da nosa entrevista, podemos incluso pasar as vinte razóns que andan a circular por ahí para non votarte, en fin pasamos moitas cousas, o que non podemos pasar é que insultes a un artista deste pobo, insultes a un home que quere a Cambados con locura e non para aproveitarse del económicamente, que insultes a un home bo e xeneroso, que insultes en suma a un home que pasea o nome deste pobo e a cultura deste pais polo mundo adiante. Touris dende que estas no Concello podes mercar moitas cousas pero unha, a educación , non se compra si queres saber como se consigue fala con Xaquin Xesteira, que a él sobralle tanta , e xeneroso como é de seguro cederiache gustoso unha pouquiña, e que ven che vendría. UNHA GRANDE CHEA ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . OS HERORES DE LANZAROTEOS HEROES DE LANZAROTE
DURA COMPETICIÓN Tres cambadeses completan con éxito o Ironman Lanzarote Nadaron 3,8 quilómetros, pedalearon 180 e correron outros corenta David Martínez tardou 11 horas en realizar a proba e quedou entre os 200 primeiros
Ata Lanzarote fóronse este fin de semana tres veciños de Cambados cun claro obxectivo: completar as probas do Ironman Lanzarote. Unha dura competición na que os participantes deben nadar 3,8 quilómetros, percorrer outros 180 en bicicleta e 42,2 máis en carreira. Os tres conseguiron chegar á meta e, un deles, clasificouse ata entre os 200 primeiros. Foto: Faro de Vigo.- Texto: A Voz de Galiza.
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . MITIN DO PSOE- INFORMACIÓN ELECTORAL -
PRIMICIA DE DERRADEIRA HORA: O PRESIDENTE DA XUNTA EMILIO PEREZ TOURIÑO EN CAMBADOS.
Somos o primeiro medio en dala nova, agás cambios de axenda de derradeira hora, o presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño estará no mitin do vindeiro 23 de maio no Auditorio da Xuventude de Cambados arroupando a Domingo Tabuyo e a súa candidatura, todo un golpe de efecto do PSOE de Cambados.
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . acertixoACERTIXO:
(Por Raúl Cacabelos Bote)
Van Raul e dous amigos máis a cear a un coñecido bar de tapeo de Cambados , despois da cea o pedirlle a conta e donde ven o “lio”. -Camarero traesnos a conta por favor. -Son 30 euros, rapaces. Cada ún deles pon 10 euros, cando o camarero vai poñer os cartos na caixa, o Xefe dille: -Pero eses non son amigos teus? Cobralles só 25 euros. O Camarero dase conta que si devolve os 5 euros pode haber follón para repartilos e decide quedarse con 2 euros e devolverlle 3, ún para cada ún. Agora e cando ven o bo. Se cada ún puxo 10 euros e lle devolve 1 euro realmente puxo cada ún deles 9 euros. Polo que: 9 x 3 = 27 , se engadimos os dous co que se queda o camarero son 27 + 2 = 29. ¿Dónde está o puto euro? O que consiga sabelo que llo diga a Raul.
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .
O CONTINENTAL DOU PARA MOITOUNHA GRANDE CHEA TV:
PRIMEIRO ADIANTO DO QUE PASOU NO "CAFE CONTINENTAL"
Queridos amigos, aqui temos o primeiro resumo fotográfico a xeito de video que nos trai a nosa TV, da man de www.cambadosenfotos.net quen amablemente nos deixou as instantaneas, temos todo gravado, como xa dixemos, a medida que no lo permita o tempo iremos publicando reportaxes do evento.
Se queres escoitar a música do video para a "Canción en audicción" máis abaixo.
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . UN "HARRAI" DE UNHA GRANDE CHEA EN "MOCIDADE EN MARCHA"UN "HARRAI" DE UNHA GRANDE CHEA ARTICULA EN "MOCIDADE EN MARCHA"
A segunda edición do Boletin "Mocidade en Marcha", nesta edición dou para moito, completa, amena con artigos de indubidabel valia como o de Beni Pomares, e outras moitas de inusitado interés. Pois ben, entre elas atopamos un artigo dun "harrai" de UNHA GRANDE CHEA o chamado Chonsinho ou Sinho polos seus amigos, que non lle da mal a pluma, reproducimos o artigo:
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |
|
|