UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
Humor Grandecheo; COMO DESEXARÍA ESTAR CONTIGO, TIRARME ENRIBA TUA, QUITARME A ROUPA, ESQUECER TODOS OS MEUS PROBLEMAS E PASAR A NOITE MÁIS FERMOSA O TEU LADO... “A MIÑA BELA “CAMIÑA”.Cambados 23 de outubro de 2009 UNHA GRANDE CHEA ORGANIZA UN GRAN EVENTO A “ II XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GALEGAS YOU TUBE” O 21 DE NOVEMBRO EN CAMBADOS O vindeiro 21 de Novembro a Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande Chea , e con motivo do Ano Cabanillas 2009, organiza na nosa vila a "II XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GALEGAS YOU TUBE" (a I Xuntanza tivo lugar en Lugo o ano pasado máis ou menos polas mesmas datas). A ela están invitados todos os amigos e amigas que teñan a súa canle en you tube en galego (tamén se admitirá obviamente os que a teñan en castelán e queiran acudir) , os actos van consistir no seguinte: 11 h.- Recepción dos amigo@s na praza de Fefiñans e entrega de panoleta conmemorativa. 11.30 h..- Poseo polo pobo no tren turístico. 12.30 h..- Visita o Pazo de Ulloa. 13.00 h.- Visita a Adega de Albariño "A Capitana". 13.30 h..- Recepción por parte do Sr. Alcalde os partipantes na xuntanza. 14 h. Traslado o hotel "Os Pazos" dos particIpantes para a súa acomodación. 14.30.- Xantar de Confraternidade no Restaurante "Os pazos", e o remate "Gran Gaiteirada". Polo serán se o tempo e permite paseo pola zona de viños de Cambados. 21.40 Cea no mesmo restaurante. Os interesados poden chamar o telefono 626669562 ou enviar un correo a unhagrandechea@hotmail.com
MOI IMPORTANTE. O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O VINDEIRO 20 DE NOVEMBRO ÁS 20 H. Humor Grandecheo: EVITE Os VIRUS, FERVA O COMPUTADOR ANTES DE USALO.Cambados 23 de Outubro de 2009 DÚAS “ACTRICES” DE CARACOL “PÁSANSE” A ESCOLA MUNICIPAL MONTSE GONZALEZ VILAS E ROSA MARY DEBUTAN EN “LA CASA DE BERNARDA ALBA” QUE SE ESTREARÁ O VINDEIRO 24 DE OUTUBRO AS 20.00 HORAS NO AUDITORIO DA XUVENTUDE. Montse e Rosa Mary. Dúas das principais actrices de Caracol, unha delas é a primeira actriz Montse Vilas na compaña da actriz secundaria Rosa Mary pásanse a Escola Municipal de Teatro, e con esta compañía van debutar o vindeiro 24 de outubro na obra “La Casa de Bernarda Alba”. Montse de forma accidental, alo menos é o que nos dixeron, e por unha baixa dunha das actrices da obra e por consello de Rosa Mary, esta sen embargo forma parte xa das dúas "compañías". Dende aquí desexámoslle sorte as dúas e por engadidura a Escola Municipal de Teatro na estrea desta importante obra. Humor Grandecheo: INTENTALO É O PRIMEIRO PASO PARA O FRACASOCambados 22 de outubro de 2009 UNHA GRANDE EXPOSICIÓN DE JACOBO DOMINGUEZ CONMEMORATIVA DO 75º ANIVERSARIO DO EDIFICIO DA JUVENTUD CATÓLICA O VINDEIRO DOMINGO 25 DE OUTUBRO ÁS 19 H., INAUGURACIÓN. 1.- Jacobo Dominguez "alma mater" da exposición. 2.- Chopi e Chon vistindo a camiseta da Juventud T.A.C nos seus tempos mozos.
O vindeiro domingo 25 de outubro as 19 horas vai ter lugar un dos actos mais importantes a celebrar este ano en Cambados, trátase da inauguración da exposición conmemorativa do 75º aniversario da construción do Edificio da Juventud Católica. Esta magna exposición ten un nome e non é outro que o do historiador cambadés Jacobo Domínguez Pedreira, fixo un traballo impresionante de recollida de documentos, testemuños, fotografías, datos, anécdotas en fin varios meses de traballo van ver a luz o vindeiro domingo. Con todo este traballo Jacobo tamén presente un libro conmemorativo do evento, de seguro que llo van quitar das mans.
Dia de Cristo Rey de 1975, de pe de esquerda a dereita: Pepe Cubeiro, Andrés Vieites, Oscar Fariña, Chon, Reboeiras, Jose Luis e Piño (falecido). Agochados: Ramón Padin, Sanchis e Eduardo. Equipo da Juventud T.A.C. 1975, de pe de esquerda a dereita: José Luis, Reboeiras, Eduardo Toniño, Andrés Ramiro. Agochados: Pepe, Sanchis, Roberto, Chon e Egidio.
Os que temos máis de corenta e cinco anos e podemos gozar da Juventud Católica sabemos o ben que o pasamos nese edificio , foron varias xeracións de xoves cambadeses que gozaron do edificio. Explicarllo os xoves de hoxe é un tanto difícil, porque agora teñen discotecas, pubs, consolas, ordenadores, infinidade de deportes etc. Pero antes non tiñamos nada e poder estar na rúa de 7 a 11 da noite todos os días sen que teus pais che dixeran nada e aínda encima estar reunidos todos xuntos homes e mulleres , iso non había cartos que os pagara. Dicir que neste edificio naceu o Club Juventud Cambados, o “Xuven”, o Club de Tenis, e moitos matrimonios.
1.- Procesión de Cristo Rey de 1976.- De esquerda a dereita, Chon, Eduardo, Roberto, Reboeiras e Oscar. 2.- Cabalgata de Reis de 1976, organizada pola Juventud, Chon de Rei Mago.
Dentro dos numerosos actos tanto relixiosos como pagáns que se van celebrar neste 75º aniversario da Juventud Católica vai haber unha xantar de confraternidade o vindeiro 22 de novembro as 14.30 horas no Restaurante Forniños de Cambados no que poderán participar todos os que dun xeito ou doutro estiveron ligados a este edificio. Pódense retirar as entradas na Caixa Rural (antigo Banco Zaragozano). Todos os que algún dia gozamos deste magnifico edificio agradecémoslle a Jacobo Domínguez Pedreira, o seu traballo, a súa intelixencia, a súa dedicación e por suposto esta magna exposición. Él e só él é o verdadeiro artífice da mesma. Parabéns Jacobo. Humor Grandecheo: CARIÑO, FAI TEMPO QUE NON ME COMPRAS ROUPA. -E DESDE CANDO TI VENDES ROUPA?Cambados 21 de Outubro de 2009 O BOSQUE MÁXICO DE TEATRO CARACOL A COMPAÑÍA DE CAMBADOS COMEZA O TRABALLO DA SÚA OBRA DESTE CURSO ESCOLAR Chon, Montse e Dominguez nun intre da obra do ano pasado. Este ano Caracol non contara con Dominguez por motivos personais. Unha bruxa enfeitiza a unha parella de panadeiros para que non poidan ter fillos. Para romper o maleficio, ambos terán que penetrar nun bosque e superar unha serie de probas. No seu camiño atoparán a personaxes dos contos populares centroeuropeos, como a Carrapuchiña Vermella ou a Cincenta. Este é o punto de partida de "Dentro do bosque", unha opereta de Stephen Sondheim que este curso versiona Teatro Caracol. A compañía empezou estos días o traballo e abriu o prazo para que os colexios e institutos do Salnés reserven praza para as funcións de abril. A compañía Teatro Caracol vén de iniciar o traballo para o seu espectáculo deste curso 2009 –10. Desta volta, o grupo escolleu a obra "Dentro do bosque", escrita a finais dos anos setenta polo norteamericano Stephen Sondheim. Humor Grandecheo: É MÁIS FINO QUE O PELELLO DUNHA MERDA.Cambados 21 de outubro de 2009 THE HENRY WARNIMONT E A SÚA “MAQUETA” XA TEN OS CATRO PRIMEIROS TEMAS COLGADOS EN www.myspace.com/thehenrywarnimont
Humor Grandecheo: SE COMO CAMIÑAS COCIÑAS CÓMOME ATA A POTACambados 29 de outubro de 2009 TORNEO 24 HORAS DE TENIS
Humor Grandecheo: O COMPUTADOR NACEU PARA RESOLVER PROBLEMAS QUE ANTES NON EXISTÍAN.Cambados 20 de outubro de 2009. XORNADA DA MEMORIA HISTÓRICA NO GROVE A REPRESIÓN FRANQUISTA: ENTRE A LIBERDADE DE INFORMACIÓN E O DEREITO AO HONOR ”CALLAR AL MENSAJERO” E “ROCÍO” A DEBATE NO GROVE O XOVES 22 DE OUTUBRO ÁS 20 H. 1.- Francisco Espinosa.- 2.- Dionisio Pereira.- 3.- Antón Mascato. A concellería de cultura do Concello do Grove organiza unha xornada de debate arredor da Memoria Histórica, concretamente sobre a represión dos investigadores, dos historiadores, sobre os que se intenta manter o silencio, cando non o medo. Esta actividade consta de dúas partes, a primeira será a presentación do libro “Callar al mensajero”, do catedrático Francisco Espinosa, no que se analiza o intento de silenciar aos investigadores levándoos aos tribunais de xustiza por recolleren as voces dos represaliados. Na obra son doce os casos descritos con precisión, entre os que se analiza o que afecta á familia de Ramón Garrido Vidal, á que un Xuíz de Cambados lles pechou -sen sequera escoitalos- a web na que incluían a memoria escrita do seu pai, nunha acción promovida polos descententes do ex alcalde grovense Joaquín Álvarez Lores. Outros casos analizados son os do historiador Dionisio Pereira, absolto das acusacións da familia do excalde falanxista de Cerdedo; ou o da directora de Documentais da Televisión catalana, Dolòrs Genovés, tamén absolta de graves imputacións nas que sinalaba aos responsables do fusilamento dun político catalán; casos que demostran que a liberdade de investigar, o dereito a saber quen foron os represores, está por riba do dereito ao honor que reclaman as familias dos responsables da represión que asolou a nosa historia recente. Nesta obra do profesor Espinosa, O Grove está moi presente xa que tal e como el mesmo dí na súa introdución "o antecedente inmediato deste libro foron as xornadas que se celebraron no Grove en setembro de 2007 co título “A represión en Galiza; o dereito a saber, e a liberdade de investigar”, que reuníu á maior parte dos afectados por demandas relacionadas co dereito ao honor; unha ocasión única para percibir o problema e contactar cos protagonistas deste libro". Temos neste libro as conclusións principais daquelas xornadas que marcaron un camiño de respecto para o coñecemento da Historia oral en relación coa represión franquista. A segunda parte desta xornada será a proxección da película máis censurada da historia da democracia española, “Rocío”, de Fernando Ruíz Vergara, que despois de ser xulgado por enfocar, e identificar, aos responsables dos crimes acontecidos nos anos da Guerra Civil nos lugares nos que se celebra a romería máis simbólica de Andalucía, tivo que padecer que a súa obra fose amputada pola lexislación vixente na transición. Fernando Ruíz decidíu entón que non se daban as condicións de liberdade e democracia, para continuar vivindo en España, polo que decidíu marchar ao exilio, en pleno proceso de Transición democrática. Unha película que supón por si soa un completo exercicio do estado da situación deste asunto que se move entre o dereito a investigar e informar e o dereito ao honor das persoas implicadas en feitos delictivos. Ao remate haberá un coloquio cos participantes na actividade. Esta xornada celebrarase na Casa da Cultura Lueiro Rey, o xoves 22 de outubro, ás 20.00 horas da tarde, e na mesma participan Francisco Espinosa, autor de “Callar al mensajero”; Dionisio Prereira, historiador; e o concelleiro de cultura, Antón Mascato. Humor Grandecheo: As PILAS DA CALCULADORA DE PETO, QUE DURARON TODO O CURSO, ESGOTARANSE DURANTE O EXAME FINAL DE MATEMÁTICAS.Cambados 19 de outubro de 2009 MANOLO PAZ “GALEGO DO MES” NOMEADO POLO GRUPO CORREO GALEGO FÁIXELLE ENTREGA DO GALARDÓN O VINDEIRO XOVES O chalequeiro de Unha Grande Chea, Manolo Paz, amigo e escultor ilustre de fama mundialmente coñecida , foi designado “Galego do mes de Maio” polo Grupo Correo Galego.Este grupo designa nunha gala , esta ano acada a 20ª edición, os galegos do ano 2009 no mes de maio este ano o galardón recaeu sobre o noso ilustre paisano, entre outros galardoados atópanse o ex-presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor, a actriz María Castro Jato ou o escritor Xosé Neira Vilas. O acto o cal está invitada a Asociación Unha Grande Chea, terá lugar o vindeiro 22 de Outubro ás 20.00 no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, o mesmo será clausurado polo Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo e actuará o Grupo de Cámara da Real Filharmónica de Galicia. Parabéns o noso ilustre chalequeiro. Máis información prmendo AQUÍ. Humor Grandecheo: UNHA VEZ UNHA VÍVORA MORDEU A Chuck NORRIS NUNHA PERNA. LOGO DE CINCO DÍAS DE AGONIZANTE DOR, A VÍVORA MORREU.Cambados 17 de Outubro de 2009 “O CINE EN CAMBADOS” XA ESTÁ NAS LIBRARIAS CAMBADESAS ONTE FOI A SÚA PRESENTACIÓN NA ADEGA MARTIN CODAX ADELA LEIRO E MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ FORON OS PRESENTADORES DO LIBRO Sabela Pillado presenta o seu libro sobre a evolución histórica do cine en Cambados
MÁIS COUSAS HOXE SÁBADO Hoxe tamén comeza en Cambados un curso de “Habilidades sociolaborais e administrativas” no Centro Cultural de A Merced e que se alongará ó 24 e 31 de outubro de 17 a 20 horas. A partires das 23 horas no Centro Cultural “Manuel Mariño Castro” de Oubiña e organizado pola Asociación de Veciños San Vicente vai ter lugar un Serán no que actuan ata des grupos no que se inclue comida e bebida, entre eses grupos está o noso, o Grupo de Gaitas Unha Grande Chea e Asociación Obradoiro Volandeira, e por último no Auditorio da Xuventude ás 23.00 horas concerto do grupo de Pop Rock “Marvel” . Humor Grandecheo: Pai noso que estás no ceo...deixate estar que non teño gañas de verte.Cambados 16 de outubro de 2009 ISI VAAMONDE CONTINUA NO Nº1 DO TOP 20 MINUTOS TEMOS QUE SEGUIR VOTANDO POR EL Isi Vaamonde con Chon e Domin de Unha Grande Chea. Isi vaamonde non se cansa de darnos as grazas a todos por votar por el e dinos: Humor Grandecheo: ERA TAN FEO, QUE CANDO MORREU TIVÉRONLLE QUE ENTERRAR CON MORTADELA PARA QUE LLO COMESEN Os VERMES.Cambados 16 de outubro de 2009 HOXE É A PRESENTACIÓN DUN GRAN LIBRO: “O CINE EN CAMBADOS” DA CAMBADESA SABELA PILLADO VILLARONGA A Asociación de Ensinantes do Salnés e as Librarias “Ramón Cabanillas” e “Contos”, programan a presentación do libro “O Cine en Cambados” da escritora cambadesa Sabela Pillado Villaronga e vai ter lugar hoxe ás 20 horas no salón da Adega “Martin Codáx” de Vilariño. Unha obra inprescindible na casa de todos os cambadeses e todos os amantes o cine. Parabéns Sabela. Humor Grandecheo: SE VOSTEDE DESCOBRE QUE EXISTEN CATRO XEITOS POSIBLES EN QUE UN PROCEDEMENTO POIDA FRACASAR, E LOGRA SOLUCIONALAS, ENTÓN XURDIRÁ INEVITABLE E RAPIDAMENTE UNHA QUINTA POSIBILIDADE DE FALLO.Cambados 18 de Outubro de 2009 “QUEREMOS GALEGO” DENDE CAMBADOS DOMINGO 18 OUTUBRO ÁS 10.15 HORAS DENDE A PRAZA DO CONCELLO “PREGASE PUNTUALIDADE”. A Plataforma “Queremos Galego Salnés”, pon autubuses dende Cambados a Santiago para acudir a manifestación a prol da nosa lingua. Salirán as 10.15 horas dende a Praza do Concello, prégase a máxima puntualidade. Para calqueira eventualidade chamar o telefono 660266069. Humor Grandecheo: TRABALLAS MENOS QUE UN HIPPI EN VACACIÓNSCambados 15 de outubro de 2009 DEFINITIVAMENTE UNICORNIO AZUL GAÑADOR DO V DESAFÍO VENCE ASÍ NO TOTAL DE REGATAS POR 3-2 A AIREXA. Fai uns días neste mesmo espazo web, publicaramos, posiblemente debido a un mal entendido ou unha mala interpretación , que o “V Desafío Unicornio Azul-Airexa”, suspenderase por falta de vento. Pois ben isto non foi así, despois de falar cos armadores das respectivas embarcacións, declarase como gañador do “V Desafío” a embarcación UNICORNIO AZUL , con todo merecemento. Realmente o que pasou na conversa que se pode ver na fotografía foi que efectivamente o armador da Airexa Fernando Pombo manifestoullo o armador do Unicornio Azul e patrón da mesma Emilio, que eles retirábanse por falta de vento que non ían vogar entre outras cousas porque non tiñan remos, que si Emilio quería gañar a regata tería que facer todo o percorrido como así fixo e dentro da legalidade vixente. En canto o dos remos non se chegaron a prohibir, senón que simplemente Airexa non quixo levalos. En definitiva, de común acordo entre os armadores é xusto e pertinente declarar gañador do “V Desafío unicornio Azul-Airexa” a UNICORNIO AZUL con todo merecemento, polo que no total de regatas estes avantaxan a Airexa por 3 a 2. Pese a este pequeno malentendido esperamos que para o ano siga habendo “Desafío”. Humor Grandecheo: É IMPOSIBLE FACER ALGO A Prueba DE BOBOS, PORQUE ESTES SON MOI ENXEÑOSOS.Cambados 14 de outubro de 2009 O SERÁN DE OUBIÑA VAI ROMPER COA PANA ATA DEZ GRUPOS VAN PARTICIPAR NO MESMO COMENZA ÁS 21 HORAS O VINDEIRO SÁBADO 17 DE OUTUBRO. 1.- Bou de Bou e 2.- Ventiños de Oubiña. 1.- Volandeira e 2.- Faiscas de Solobeira. 1.- Xironsa e 2.- Unha Grande Chea Asociación Cultural Dorna.
Este ano o Serán que vai organizar a Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña, vai romper coa pana. Ata dez grupos van participar no evento a sáber:as propias pandereteiras da Asociación, A Asociación Volandeira, Faiscas de Solobeira, Ventiños de Oubiña, Xironsa, Bou de Bou, San Pedro de Cea ,. Asociación Cultural Dorna , Os Quicos de Vilagarcia e Unha Grande Chea. Promete ser un serán visto e entretido, paga a pena pasar este sábado polos locais da Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña "Manuel mariño Castro". Humor Grandecheo: NON É QUE O PROGRAMADOR NON SAIBA, SENÓN QUE O USUARIO NON ENTENDE.Cambados 14 de ocutubro de 2009 AUTOBUSES PARA A MANIFESTACIÓN DO 18-0 DE CAMBADOS TAMÉN PODE SAIR UN AUTOBUS INTERESADOS CHAMAR A 660266069 A Plataforma QUEREMOS GALEGO Salnés informa a todos aqueles que teñan interés en acudir o vindeiro 18 de Outubro a Manifestación que tamén pode sair un autobus dende Cambados se o ritmo de anotación aumenta ata chegar a ún número determinado. Para anotarse para sair dende Cambados chamar o teléfono 660266069. Humor Grandecheo: (NUN COCHE SUCIO) NON O LAVES, PLANTA PATACAS!Cambados 14 de outubro de 2009 AUTOBUSES PARA A MANIFESTACIÓN DO 18-0 QUEREMOS GALEGO SALNES SAIRÁ DENDE VILAGARCIA A Plataforma QUEREMOS GALEGO Salnés informa a todos aqueles que teñan interés en acudir o vindeiro 19 de Outubro a Manifestación que se vai celebrar en Santiago a prol do noso idioma que a sáida para os autobusus do Salnés será ás 10 da mañá dende o Paseo Elpidio Villaverde de Vilagarcia de Arousa, entre o auditorio e a casa do mar. Para anotarse chamar os telefonos 647652471 ou 693421476. Humor Grandecheo: SE O MUNDO FOSE UN CUBO, TODOS SERIAMOS CUBANOS.Cambados 13 de Outubre de 2009 A BENEMÉRITA TAMÉN TEN SENTIDO DO HUMOR DISFRAZARON DA GARDA CIVIL A FONTE DA PRAZA DA LEÑA NO DÍA DA SÚA PATRONA. Onte Dia do Pilar, Patrona da Garda Civil, probablemente membros da benemérita disfrazaron a Fonta da Praza da Leña en Fefiñans de Garda Civil, a tal efecto puxeron na bola bigote, un tricornio e máis a súa capa. Cando chegou o noso fotográfo xa estaba algo desfeito o moneco para paga a pena velo. Quen dicia que a benemérita non ten sentido do humor. Humor Grandecheo: UNHA VEZ UNHA VÍVORA MORDEU A Chuck NORRIS NUNHA PERNA. LOGO DE CINCO DÍAS DE AGONIZANTE DOR, A VÍVORA MORREU.Cambados 13 de Outubro de 2009 “YURI GAGARIN TRIO” NO CONTINETAL O 18 DE OUTUBRO ÁS 23 H. "NON DEBES PERDER ESTA CITA" VENDA DE ENTRADAS: CONTINENTAL, LERIA, TETUAN E RIF 1.- Yuri Gagarin Trio en pleno concerto.- 2.- Yuri Gagarin Trio co desaparecido Antonio Vega. Ou “Yuri Garín Trio”, estará ou vindeiro 18 de outubro non Café Continental dá Rúa Hospital de Cambados, quen por certo por primeira vez fai un concerto de pago. Todos aqueles interesados en asistir poden retirar a súa entrada non Continental, Leria, Tetuán ou Rif. De seguido unha breve exposición dá historia do grupo e un artigo de Juan R. Rei sobre ou grupo non Despregable 20: “Baixo ou pseudónimo de Yuri Gagarin Trio, ou teclista, compositor e arreglista Basilio Marti (Vigo, España, 1966) lanzou en 2007 o seu primeiro traballo en solitario, "Premier", gravado non seu estudo caseiro e autoeditado. Algúns clásicos do jazz mesturados con estilos funk e drum and bass xunto a outros xurdidos dá "inspiración estratosférica" daban forma a un disco cun claro carácter cinematográfico, froito quizá dous traballos realizados con anterioridade non mundo dá imaxe e ou cine. Nas súas presentacións en directo por toda España contou coa colaboración de músicos dá talla de Antonio Veiga, Anye Bao, Billy Villegas e Antonio Ramos. Na acualidad, Basilio Martí prepara un novo repertorio para ou seu próximo disco. Formación: Anye Bao, Batería (batería de Estopa Raimundo Amador etc), Antonio Ramos "Maca" , Contrabaixo (baixista de Raimundo Amador), Basilio Martí , Teclados (músico e arreglista musical de Antonio Vega) . Máis información en http://www.myspace.com/trioyurigagarin “Premier" de YURI GAGARIN TRIO no Despregable20 [texto: Juan R. Rei] Atractivo, moderno, arriscado, a proposta de Basilio Martí é sumamente nova. Ó marxe dous circuítos habituades do pop-rock, e aínda que xogando con elementos do jazz este proxecto abarca sons e ritmos de todo tipo sen que sexa sinxelo engadilo nun estilo concreto. Acompañado por Anyie Bao á batería e Antonio Ramos "Maca" ó contrabaixo recrea seis temas propíos entre os que destacan a inquietante "Misteriosas explosiónes en Texas", a cinematográfica "Disco Elephant" ou "Pica como una avispa", ademáis de botar man de tres grandes dá música do secuto XX: Henry Mancini, Duke Ellington e John Coltrane. Humor Grandecheo: BUSCO SEXO, E SE XORDE... AMIZADE.Cambados 13 de outubro de 2009 PARA O UNICORNIO AZUL NON HOUBO SUSPENSIÓN UN DOS SEUS TRIPULANTES IAGO OTERO ACLARA O TEMA TODO ELO SEGUNDO A SÚA PROPIA VERSIÓN. Iago Otero tripulante de Unicornio Azul, cree que o publicado nesta páxina con respecto o V Desafio Airexa-Unicornio Azul, non se axusta a realidade e fai a seguinte aclaración: “Teño que decir que ¡¡non se suspendeu!! o ano pasado a Airexa utilizou as palas de canoa de piraguismo de este mismo modo non estan prohibidas a utilización de elas neste ano... e o comisario non comunicou a suspension da regata, fixo unha proposta e comunicou que a Airexa quedara sen vento e retirouse ... o Unicornio Azul nese intre tiña vento para desplazar a embarcacion sen remos, como ven se dixo unha regata devese anular cando por causas moi extremas de vento sea imposible ou perigoso para os tripulantes, ou polo contrario por un tempo prolongado a regata quedase sen vento e fora imposible moverse grazas o vento. E non se rematou por vondade propria, porque se lle comunicou a Airexa, esta xa retirada,que tomou a opcion ela mesma de que o Unicornio rematase a regata completamente ou quedaria anulada a regata. De este modo cando o Unicornio se encontra a piques de coller a bolla da Illa da Arousa, comunicouselle o que propuxo a Airexa e continuou rumbo a Cambados con vento. Humor Grandecheo: PARA MIN O ÉXITO É TRABALLAR E PODER PARAR DE TRABALLAR. ESO É O ÉXITO: PODER PARAR.Cambados 12 de outubro de 2009 LINO, SEMPRE LINO A CAFETERIA REYMAR ESTASE O CONVERTIR NUNHA GALERIA DE ARTE A EXPOSICIÓN DE LINO ATA O 1 DE NOVEMBRO. 1.- Cafeteria Reymar, exposición de Lino Silva.- 2.- Autoretrato de Lino Silva. As exposicións de Lino Silva sempre crean expectación. A súa pintura, inzada de sombras que semellan saír do interior dúas personaxes, a miúdo inmersos en ambientes bohemios, conta con ducias de incondicionais. A cafetería Reymar “situada na rúa Val le Inclán de Cambados” acolle a última mostra do pintor cambadés. M.A. MARTINEZ.- Faro de Vigo. |
|
|