UNHA GRANDE CHE... 的个人资料UNHA GRANDE CHEA - CAMBA...照片日志列表更多 ![]() | 帮助 |
.
UNHA GRANDE CHEA - CAMBADOS -, TITULARES:XORNADAS LITERARIAS EN CAMBADOS // REPRESENTACIÓN DUN DINOSAURIO A TAMAÑO REAL // O MECO-CAMBADÉS GOGUE EN NEW YORK // OS LUNS A POESIA DE RAMÓN NOGUEIRA // HOTEL OS PAZOS, FABULOSO ANFITRIÓN // O NOSO CASTI O MELLOR TIRADOR…DE CANAS // SEMANA DA CIENCIA Humor Grandecheo: CASA SIN TELLADO, TELLEIRA NA FIANTEIRACambados 26 de Noviembre de 2009 O GDR RENOVA AS MESAS SECTORIAIS CHON REELIXIDO NOVAMENTE POR UNANIMIDADE EN REPRESENTACIÓN DAS ENTIDADES CULTURAIS DEPORTIVAS… A asociación do Grupo de Desenvolvemento Rural do Salnés (GDR www.gdrosalnes.com), que se encarga da xestión do programa Leader 2007-2013, celebrou onte varias reunións no centro de interpretación ambiental A Telleira, de Vilalonga (Sanxenxo). Presentouse un informe sobre a tipoloxía dos proxectos presentados ao Leader e presentouse aos socios as propostas innovadoras para o premio GDR O Salnés. Asemade dentro do orde do dia e concretamente no punto 5º estaba a renovación dos representantes da mesa sectorial na xunta directiva segundo os estatutos da asociación e concretamente no que se refiere a mesa das asociacións deportivas , recreativas de veciños e culturais, acordouse por unanimidade que continuara no cargo o presidente de Unha Grande Chea , Xaquín Charlín “Chon”. Humor Grandecheo: A POESIA É O COMENZO DOUN SOURISO.Cambados 25 de Novembro de 2009 XORNADAS LITERARIAS EN CAMBADOS RAMÓN CABANILLAS: A MODERNIDADE NA POESÍA GALEGA Por este orde: Carlos L. Bernardez, Luis Rei, Gonzalo Navaza, Ramón Nicolás, Miro Villar, Ramón Caride, Domingo Tabuyo, Elvira Riveiro, Kamo Petrosyan, Luis González Tosar, Manuel Bragado, Xosé Maria Dobarro e Xosé Ramón Pena. Cambados (EXPOSALNÉS), 27 e 28 de novembro 2009 Organiza: Centro P.E.N. de Galicia Patrocinan: Ministerio de Cultura Dirección General del Libro, Bibliotecas y Archivos Colaboran: Concello de Cambados Sociedade para o Desenvolvemente Comarcal de Galicia. Salnés. Venres, 27 novembro: 17,00 hs.- A significación de “Samos” a cargo de Carlos L. Bernárdez. Presenta.- Ramón Caride Ogando 19,00 hs.- Cabanillas na voz dos poetas de hoxe Música e poesía. Interveñen.- Silvia Penas, Elvira Riveiro, Miro Villar Ramón Caride Ogando, Domingo Tabuyo, Luís González Tosar. Música a cargo de Kamo Petrosyan, presenta Ramón Nicolás Sábado, 28 novembro: 11,30 hs.- Presentación da “Poesía galega completa” de Ramón Cabanillas (Edicións Xerais de Galicia) Interveñen.- Xosé Ramón Pena, Xosé Mª Dobarro, Manuel Bragado. 12,30 hs.- Actualidade da obra de Cabanillas Interveñen.- Xosé Mª Dobarro, Xosé Ramón Pena, Luis Rei Presenta.- Gonzalo Navaza. Humor Grandecheo: O DINASAURIO MAIS FERROZ CHAMASE: IGNORANCIUS TOTALISCambados 25 de novembro de 2009 REPRESENTACIÓN DUN DINOSAURIO A TAMAÑO REAL: POLOS
ALUMNOS DA PRIMEIRO DA ESO DO ASOREY DE CAMBADOS Arxentinosaurus: 50 m de lonxitude, 15 m de altura e 40 toneladas (quedouse un pouco curto no peso, necesitabamos máis xente). Participou todo o centro e a actividade estivo realizada polo alumnado de 1º de ESO que se encatgou de facer o debuxo e distribuir o traballo. Humor Grandecheo: O HUMOR GALEGO NON É MUNDIAL, SENÓN QUE O MUNDO E DO HUMOR GALEGO.Cambados 25 de Novembro de 2009
O MECO-CAMBADÉS GOGUE EN NEW YORK ALI COINCIDEU CON BILL GALLO
Gogue con Bill Gallo na redaccion do Daily News Gogue estivo en New York de donde volveu a semana pasada, ali estivo con Bill Gallo quen leva varios anos pasando uns dias sempre na Illa da Toxa e depaso comendo e ceando no Restaurante Dorna, donde Gogue soubo del por Marisol e Lis. Fixeron unha grande amizade, pois son colegas de profesion, Bill con Bertha e Yuchie e Gogue con Floreano. BILL GALLO, naceu en Manhattan o 28 de Decembro de 1922, é un dos máis prestixiosos debuxantes de prensa dos Estados Unidos traballando diriamente no Daily News desde 1941. Foi chamado ao Exercito e paticipó na Segunda Guerra Mundial na zona do Pacifico. É o creador dos personaxes Bertha e Yuchie, moi coñecidos na prensa americana.As súas grandes paixóns son o Beisbol e o Boxeo, onde leva moitos anos debuxando, creando e cultivando premios e mencións pola súa gran creatividade e humanidade para goce dos seus miles de admiradores tanto de Estados Unidos como do resto do Mundo. Recibiu o James J. Walker Award da Asociación de Escritores de Boxeo e o Champions Award do Downtown Athletic Club. Está incluído no International Boxing Hall Of Fame. Recibiu da National Cartoonist Society o Milton Caniff Lifetime Achievement Award en 1998 e moitos innumerables premios mais, o que fan deste xenial artista sexa un dos mais admirados caricaturistas da prensa americana na actualidade. Humor Grandecheo: AGUSTIN SACAME UNA FOTO..."LLEVO PISA Y NO TENGO CADETE"Cambados 24 de Novembro de 2009 EVA SOTO E EDUARDO APARIZ TRABALLANDO XUNTOS A FAMOSA DESEÑADORA CAMBADESA E O FAMOSO FOTOGRAFO COLABORAN NUN GRAN TRABALLO. Moda, fotografia e cetreria nunha mesma imaxe, e non está trucada. Este
traballo foi encargado pola afamada deseñadora cambadesa Eva Soto,
"Tesoira de Prata 2008"para a súa colección "Pajaros na
cabeza" .Todo un pracer poder traballar con Eva Soto e contar coa
inestimable colaboración dos cetreros Evaristo e Moncha ,que co seu saber facer
co aguia, falcón e bufo, fixéronnos o traballo moito mais fácil. Ningunha das
fotografías é unha montaxe , só froito da paciencia e saber facer dos
adiestradores e as modelos Andrea e Aelssandra. Humor Grandecheo: QUE É POESIA...POESIA É RAMÓN NOGUEIRA.Cambados 24 de Novembro de 2009 OS LUNS A POESIA DE RAMÓN NOGUEIRA ALMORZAR INTENSIDADE“Envexo que as estrelas non teñan vertixe” Neste mundo incompleto
Humor Grandecheo: GRANDE XUNTANZA, GRANDE GAITEIRADACambados 23 de Novembro de 2009 HOTEL OS PAZOS, FABULOSO ANFITRIÓN A XUNTANZA DE CANLES YOU TUBE NON PUDO BUSCAR MELLOR LUGAR FELICITACIÓN POR PARTE DOS ASISTENTES A UNHA GRANDE CHEA POLA ORGANIZACIÓN. 1.- membros de Unha Grande Chea brindando cos demais concentrados no Pazo A Capitana.- 2.- Carmelo xerente do Hotel Os Pazos facendo a queimada despois da cea. Como ben sabedes o pasado sabado celebramos a II Xuntanza de Amigos das Canles Galegas You Tube, cun programa de actos moi completo, Pavitren, Recepción no Concello, Ruinas de Santa Mariña, Pazo a Capitana, e debido a choiva non poidemos asistir a outros lugares que tiñamos programados, pero tiñamos certo temor a Hotel Os Pazos, porque nunca celebraramos nada ali pese a estar no centro de Cambados, pero os temores volveronse en satisfaccións porque a acollida por parte de Carmelo e familia foi maravillosa, a comida excelente (felicitacións as cociñeiras) e o prezo excepcional, Carmelo tivo a delicadeza de facernos ademais despois da cea unha boa queimada con aturuxo incluido, todo elo adornado con gaiteirada tanto despois de comer como despois de cear. Podes ver un resumo fotográfico en “As nosas fotos” e videos nas canles you tube XOANARCODAVELLA e ETERNIA7. Os asistentes que o longo da tarde noite foron aumentando ata chegar a treinta persoas, marcharon contentisimos pola vila, pola xuntanza, pola nosa organización e sobre todo polo Hotel Os Pazos, lugar que recomendamos expresamente para calqueira clase de celebración. Tamén lle queremos agradecer o Pazo A Capitana pola súa acollida e por facernos partícipes dos seus excecelentes caldos como Albariño, Espedeiro e Tinto Barrantes. Xornada completa quizais un pouquiño deslucida pola choiva pero na maravillosa terra na que estamos tampouco é de extranar. Grazas a todos os asistentes por facernos tan felices. Humor Grandechea: CANEANDO (FACENCO CANAS) QUE É XERUNDIOCambados
23 de Novembro de 2009 O NOSO CASTI O MELLOR TIRADOR…DE CANAS O MELLOR DO ESTADO ESPAÑOL
As “canas” son unha das consumicións máis populares en case calquera bar. Pero
aínda que o acto de encher un vaso con cervexa de barril pareza sinxelo ten a
súa arte, e nas escolas de hostalería ensínanse diferentes técnicas para “tiralas”.
Un veciño de Cambados de 23 anos, Alberto Castiñeiras Cacabelos, pode considerarse
como un dos mellores “tiradores” de canas de cervexa de toda España. Texto e foto Faro de Vigo. Humor Grandecheo: A CIENCIA CERTA...CERTA CIENCIACambados 21 de Xaneiro de 2009
SEMANA DA CIENCIA
ANO DARWIN-ANO DA ASTRONOMÍA ORGANIZA: Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química do I.E.S. Francisco Asorey. Cambados DATAS: 23 a 30 de outubro
Como en anos anteriores o centro quere sumarse a esta importante celebración que ten lugar todos os anos en Novembro para chamar a atención do alumnado e da comunidade en xeral, sobre un evento, ou tema científico, de interese. Este ano adicámollo á Astronomía e á persoa e a obra de Charles Darwin, pioneiro no estudo da evolución das especies. Coa finalidade de darlle a maior difusión posible fixemos unha serie de actividades nas que participaron profesorado e alumnado, algunhas delas abertas e ás que convidamos a todas as persoas que estean interesadas.
ACTIVIDADES:
EXPOSICIÓNS: -Darwin: a súa vida e a súa obra -Evolución da vida-expecies extinguidas (elaborada polo alumnados de 1º de ESO) -Libros -Fósiles
OBRADOIROS: -Astronomía (alumnado) -Dinosaurios (alumnado) -Observación do ceo nocturno: mércores 25, das 19 ás 21 horas, no patio do centro. Dirixida por membros da Asociación Astronómica “Sirio” de Pontevedra (actividade aberta)
VISITAS GUIADAS POLO ALUMNADO: -Para grupos de Primaria interesados.
TEATRO: -“Discurshow. Matarratas Darwin” (alumnado) Humor Grandecheo: CANTANDO CHÉGASE A ROMA.Cambados 21 de Novembro de 2009 THE HENRY WARNIMONT EN TV NA
CANLE CORREO O grupo cambadés The Henry Warnimont foi entrevistado pola canle de TV CORREO nunha ampla reportaxe. Este grupo que en principio se chamaba “Play Back” deuse a coñocer por primeira vez nunha actuación perante o gran público na Noite Beatles organizada por Unha Grande Chea en Discoteza Zao. Unha da suas mais sonadas actuacións foi no Flup Pop festival rock que tivo lugar en Cambados, así como na derradeira Festa do Albariño despois de varias peticións desta páxina para que asi o fixeran. Están adquirindo experiencia a pasos axigantados. Podes ver a reportaxe premendo AQUÍ. Humor Grandecheo: YOU TUVE CAMBADOS A TOPECambados 21 de Novembro sw 2009
II XUNTANZA DE CANLES GALEGAS YOU TUBE FORON RECIBIDOS NO CONCELLO DE CAMBADOS Ás 13 horas e despois de percorrer o pobo no Pavitren os asistentes a II Xuntanza de Amigos das Canles Galegas You Tube, foron recibidos no Concello de Cambados polo teniente de Alcalde Antonio Iglesias Pombo, o Presidente de Unha Grande Chea, agredeu os asistentes a su presencia e animandos a continiuar propagando a nosa terra polo mundo adiante por medio de you tube. O Sr. Iglesias doulle a benvida o noso pobo os asistentes e agredeceulles que escolleran Cambados para celebrar este evento. Logo xiraron visita o Pazo-Adega-Casa Rural “A Capitana” donde degustaron os ricos caldos da súa adega e de seguido retiraronse a xantar o Hotel Restaurante Os Pazos. En breve pondremos unha ampla reportaxe fotográfica do evento. Humor Grandecheo: A PELOTA SALTA E VOTA.Cambados 20 de Novembro de 2009O XAV CONSEGUE DUAS VITORIAS E DUAS DERROTASRESULTADOS 14/15 NOVEMBRO
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
EQUIPO |
PJ |
PG |
PP |
NP |
JF |
JC |
TF |
TC |
PUNTOS |
|
|
1 |
XAV Cambados |
4 |
4 |
0 |
0 |
12 |
0 |
300 |
177 |
8 |
|
2 |
CV Brétema |
3 |
2 |
1 |
0 |
8 |
4 |
276 |
248 |
5 |
|
3 |
ARQO Rianxo |
3 |
2 |
1 |
0 |
6 |
5 |
244 |
194 |
5 |
|
4 |
Bertamiráns Voleibol |
3 |
2 |
1 |
0 |
6 |
7 |
259 |
278 |
5 |
|
5 |
Dodro Os Bacelos |
4 |
1 |
3 |
0 |
7 |
11 |
334 |
391 |
5 |
|
6 |
Emeve Lab. Nupel B |
3 |
1 |
2 |
0 |
4 |
6 |
206 |
234 |
4 |
|
7 |
CV Val do Dubra |
4 |
0 |
4 |
0 |
0 |
12 |
159 |
300 |
4 |
|
8 |
Voleibol Maniotas |
2 |
1 |
1 |
0 |
5 |
3 |
186 |
142 |
3 |
LIGA ZONAL
XUVENIL FEMININA25-18/25-13/15-25/19-25/15-8
Nun partido longo e de marcador incerto, as xuvenís pasaron de perder 2-0 a empatar o encontro para
finalmente sucumbir no quinto set. É a primeira derrota do equipo na
competición. Participaron Tania Charlín (capitá), Ana Pombo (líbero), Leticia
Nogueira, Andrea Carro, Isabel Lois, Nelly Vidal, Selemne Jorge, Sofía
Fernández, Noa García e Valentina Barreiro.
|
EQUIPO |
PJ |
PG |
PP |
NP |
JF |
JC |
TF |
TC |
PUNTOS |
|
|
1 |
IES Bertamirans Voleibol |
3 |
3 |
0 |
0 |
9 |
2 |
265 |
199 |
6 |
|
2 |
XAV Cambados |
3 |
2 |
1 |
0 |
8 |
5 |
275 |
233 |
5 |
|
3 |
Xiria Asesoria Cervantes |
3 |
2 |
1 |
0 |
8 |
7 |
310 |
294 |
5 |
|
4 |
Voleibol Dumbria |
3 |
1 |
2 |
0 |
7 |
6 |
278 |
253 |
4 |
|
5 |
CD Conxo |
3 |
1 |
2 |
0 |
5 |
8 |
245 |
291 |
4 |
|
6 |
CV Noia |
3 |
0 |
3 |
0 |
0 |
9 |
123 |
226 |
3 |
LIGA GALEGA CADETE FEMININA
9-25 29-27 14-25 6-25
Entre lesións e gripes só poideron acudir ó encontro cinco cadetes ás que
axudaron catro infantís. Partido de grandes contrastes xa que a pesar de gañar
o segundo set, o primeiro e o último caeron do lado vigués dunha maneira fácil.
Necesitamos ese espíritu de loita dos segundo e terceiro set para próximas
xornadas. Xogaron Paula Serantes (capitá), Nicole Magariños, Fuensanta Bugallo,
Clara Fernández, Aida Rey e as infantís Bibiana Silva (líbero), Estela
Vilanova, Lara Diz e Mariña Durán.
|
EQUIPO |
PJ |
PG |
PP |
NP |
JF |
JC |
TF |
TC |
PUNTOS |
|
|
1 |
CV Ribeira Sacra |
4 |
4 |
0 |
0 |
12 |
0 |
300 |
109 |
8 |
|
2 |
Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova A |
4 |
3 |
1 |
0 |
9 |
4 |
293 |
225 |
7 |
|
3 |
XAV Cambados |
4 |
1 |
3 |
0 |
4 |
10 |
225 |
328 |
5 |
|
4 |
CVO Divina Pastora |
4 |
0 |
4 |
0 |
1 |
12 |
166 |
322 |
4 |
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA
25-18 25-19 21-25 25-13
O partido peor xogado das infantís no que levamos de temporada. As infantís non
xogaron co seu bó xogo ao que nos teñen acostumados ata os últimos puntos do
encontro. Os seus saques puideronlle xogar unha pala pasada ao equipo de Aida
Cortegoso. Aínda que gañaron, agardamos mellor xogo das infantís este domingo
ás 11:30 en Monforte contra a Pinguela. Neste partido xogaron: Bibiana Silva
(capitá), Estela Vilanova, Celia Bao, Mariña Durán, Claudia Cores, Carmen
Cortegoso,Lara Diz, Marta Palacios, Iria Martinez. Na bancada quedaron: Sandra
Moares e María Pomares.
|
EQUIPO |
PJ |
PG |
PP |
NP |
JF |
JC |
TF |
TC |
PUNTOS |
|
|
1 |
Ribeira Sacra A |
4 |
4 |
0 |
0 |
12 |
0 |
300 |
151 |
8 |
|
2 |
XAV Cambados A |
4 |
3 |
1 |
0 |
9 |
5 |
319 |
250 |
7 |
|
3 |
Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova |
3 |
0 |
3 |
0 |
2 |
9 |
169 |
268 |
3 |
|
4 |
Escola CV San Martiño Ourense |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cambados 20 de Novembro de 2009
HOXE VENRES, NOVA PROXECIÓN DO CICLO CINEMAS
DIXITAIS
NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS
• O Centro Comarcal do Salnés proxectará, o venres 20 de novembro ás 18:00 h. a sesión que se denomina "A XAURÍA HUMANA (Galicia na Guerra Civil)", das curtametraxes que se verán hai máis información no arquivo que se adxunta a esta nova. A entrada é de balde, ata completar aforo.
Achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais, promover as producións audiovisuais galegas e contribuír a estabilizar unha programación audiovisual nos concellos do país son as necesidades que a Consellaría de Cultura cubriu con este proxecto.
O salón de actos do Centro Comarcal do Salnés converterase, de novo, en sala de cine grazas a esta rede de exhibición que a través do soporte dixital, vai continuar co ciclo de curtametraxes este venres 20 de novembro coa proxección do ciclo "A XAURÍA HUMANA (Galicia na Guerra Civil)" dentro do ciclo cinemas dixitais.
As curtametraxes que se proxectarán son:
• 1939: UN BERRO DE SILENCIO FORMULARIOS TRUCULENTOS, dirixida por Alicia Conchas.
• A GUERRA DOS AVÓS dirixida por Oscar Galansky
• ALMA ESQUECIDA dirixida por Clara García Nieto
• CORES dirixida por Jairo Iglesias
MINAS dirixida por Dani De la Torre
• RIBADEO, 1936 dirixida por Jairo Iglesias
• SOLDADO SEN FORTUNA dirixida por Roque Cameselle
Esta proposta pretende dar a coñecer a amplísima e excelente oferta de producións de curtas e achegar aos cidadáns do Salnés, as últimas producións de curtas sobre temas diversos.
--
Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés
Paseo da Calzada s/n
36630 Cambados (Pontevedra)
Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12
Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com
Cambados 19 de Novembro de 2009
O 25 DE NOVEMBRO
DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Mariña Varela encargada do C.I.M. de Cambados.
Co gallo do día mundial contra da violencia de xénero haberá unha exposición de debuxos sobre igualdade entre homes e mulleres e sobre violencia de xénero na casa do Concello de Cambados, ás 12 horas, coa entrega de agasallos os asistentes. Durante a mañá tamén habará un stand informativo sobre as actividades do Centro de Información da muller. Tamén haberá no Auditorio de A Xuventude unha conferencia sobre a loita contra a violencia de xénero. Este un tema no que todos e todas nos debemos de concienciar e tratar de erradicar, unha forma de conseguilo é a educación.
Cambados 18 de novembro de 2009
CONQUISTA DE ROMA
A AGUIA CAMBADESA COMEUSE A AGUIA ROMANA
O CHALECO MÁIS FAMOSO DE CAMBADOS INVADE ROMA
O Chaleco máis famoso de Cambados , o chaleco de Unha Grande Chea, conquistou Roma, estivo en moitos lugares da capital italiana ente eles tres míticos como son o “Coliseum” a “Fontana de Trivi” e “Piacca de San Pietro” e en moitos outros dos que sa vos informaremos, como un video gravado na propia “Capella Sixtina”, donde o parecer non se poden sacar nin fotos nin videos, e iso consigueuno este xa “sacro chaleco”. As minivacacións si que cundiron.
Noutro orde de cousas informar que hoxe 18 de setembro terá lugar un obradoiro “Sotenibilidade e aforro en tempos de crise”, organidade polo Servizo Galego de igualdade e xestionado polo Centro de Información á Muller, no Centro Comarcal Exposalnés de 17 a 20 horas.
Cambados 18 de novembro de 2009
UNHA GRANDE CHEA PIONEIRA
EN NOVEMBRO DE 2006 XA PIDIAMOS DIGNIDADE PARA A TUMBA DE CABANILLAS
PUBLICADO NA VOZ DE GALICIA O 9 DE NOVEMBRO DE 2006, ANIVERSARIO DO PASAMENTO DO POETA.
1.- A tumba do poeta en Bonabal. ".- A tumba do peota en Fefiñans (Fotos Unha Grande Chea).
Ola
aquí estamos de novo despois destas minivacacións dispostos a seguirvos
informando sobre a actualidade cultural e deportiva cambadesa, e así onte en
varios medios de prensa o Alcalde Luis Aragunde facia balanzo do ano
Cabanillas, no cal non imos entrar a valorar porque non é a nosa misión,
remataba o noso alcalde decindo ““xa solicitei á Consellería de Cultura que
dispoña o necesario para dotar o sartego de Ramón Cabanillas das melloras
acordes coa ilustre persoalidade do defunto. Asemade, pedimos que se proceda á
inscripción do epitafio elixido polo eximio poeta”. Pois ben esto xa o
solicitamos nos en novembro do 2006, daquela a periodista cambadesa Maruxa
Alfonso no medio no que traballa “La
Voz de Galicia” titulaba “A tumba de Cabanillas en Bonaval
carece de epitafio elexido por el”, ademais decia “A confusión de
competencias sobre do panteón de Galegos
Ilustres dificulta a súa inscripción”. E seguia dicindo “A asociación Unha Grande Chea, de Cambados
denuncia que ningúen se fixera cargo para que se cumpliran os desexos do poeta
da raza”, e seguia manifestando Maruxa “A denuncia de Unha Grande Chea deixou o
descuberto a confusión de competencias que existe sobre to panteón de galegos
ilustres”, e remataba Maruxa dicindo “A denuncia de Unha Grande chea foi onte
apoiada pola familia do autor cambadés”. Pois ben o César o que é do César e a Unha Grande Chea o que é de Unha Grande chea.
1.- A periodista cambadesa Maruxa Alfonso.- 2.- Copia da nova publicada o nove de Novembro de 2009, curiosidades do destino dia do aniversario da morte do poeta.
Cambados 12 de Novembro de 2009
¡¡¡MINI VACACIÓNS!!!
UNHA GRANDE CHEA COLLE CINCO DIAS DE VACACIÓNS.
Adivinade a onde vou de vacacións.
Este espazo web colle unhas minivacacións dende o día 12 ate o 17 de novembro, polo tanto durante eses días non veredes publicada ningunha nova. O noso administrador vai facer unha pequena viaxe e algunha imaxe da mesma teredes. Se nos queredes enviar algo facelo igual, xa sabedes o noso correo unhagrandechea@hotmail.com. O día 18 de novembro seguiremos coma sempre informando do que nos parece interesante cultural e deportivamente no noso pobo. Ata a volta.
Cambados 11 de Novembro de 2009
II XUNTANZA DE AMIGOS DE CANLES GALEGAS YOU TUBE
ANIMAMOS OS "YOUTUBISTAS" DE CAMBADOS
Como sabedes o vindeiro día 21 de Novembro imos organizar a "II Xuntanza de Amigos de Canles Galegas You Tube" co programa de actos que consta na cabeceira deste espazo web, aínda que no faccebook moita xente confirmou a asistencia polo de agora ningún de Cambados confirmou “oficialmente” a súa presenza nin os actos nin a comida. Aínda estades a tempo para facelo, ou ben mandando un correo a unhagrandechea@hotmail.com ou chamando o telefono 626669562. ¡¡¡Animádevos!!!. O prezo de xantar é tirado.
Cambados 11 de Novembro de 2009
UNHA GRANDE CHEA INVITADA
A CONMEMORACIÓN DO 50 ANIVERSARIO DO FALECEMENTO DE RAMÓN CABANILLAS.
O DÍA 14 DE NOVEMBRO
Luis Rei, Luis Aragunde, Salvador Garcia Bodaño, Margarita ledo, Xosé Luis Mendez Ferrin, Dario Xohán Cabana, Francisco Fernández Rei, Xosé Ramón Barreiro e Xaquin Xesteira, protagonistas do acto.
Unha Grande Chea, foi invitada especialmente polo Presidente da Real Acadamia Galega D. Xosé Ramón Barreiro Fernández e polo Alcalde D. Luis Aragunde á conmemoración do 50 aniversario do falecemento de Ramón Cabanillas, con consta dos seguintes actos:
18.00 h.- Recepción da Real Academia Galega e das autoridades na Casa do Concello de Cambados.
18.30 h.-Ofrenda floral e poética diante do monumento de Ramón Cabanillas no paseo da Calzada. Actuación do grupo “Con de Xido”. Ofrenda Floral realizada polo Alcalde de Cambados e o presidente da R.A.G. Lectura do poema “A Calzada de Cambados, por Aloia Insua Avión, estudante de primaria. Cortexo cívico desde o paseo da Calzada ao Auditorio da Xuventude.
19.00 h.- Sesión Plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega no Auditorio da Xuventude. Presentación a Cargo de Luis Rei. Apertura do acto por Luis Aragunde, Alcalde Cambados. Discurso de Salvador Garcia Bodaño, académico numerario. Lectura de poemas por Margarita Ledo Andión, académica numeraria. Discurso de Xosé Luis Méndez Ferrin, academico numerario. Lectura de Poemas por Dario Xohan Cabana, académico numerario. Discurso de Francisco Fernández Rei, académico numarario. Fecha a sesión académica Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega. Interpretación do Himno Galego polo gaiteiro e membro de Unha Grande Chea, Xaquin Xesteira.
Cambados 11 de Novembro de 2009
¡DESCARGAO XA¡
DESCARGA XA O SINGLE DO NOVO LP DE 5.0.4
Descarga xa o single do novo LP de 5.0.4 no seguinte link:
http://www.hhgroups.com/tema-269041/5... /
http://www.galiciaflow.net/maketas/vai...
Se queres cómpralo antes de que salga o disco, por só 0,99 € podes adquirilo en iTunes:
http://itunes.apple.com/é/album/504s
Escóitao en:
http://www.myspace.com/cincocerocuatro
http://www.myspace.com/mitoescrito
http://www.myspace.com/bronquitiscronica
http://www.myspace.com/pablouve
http://www.myspace.com/kottomitoescrito
http://www.myspace.com/peichsolo
http://www.youtube.com/watch?v=P_ApTmZdYyQEstade atentos, falta xa moi pouco para que salga á venda o disco que non vai deixar indiferente a ninguén. Manterémosvos informados!
504 é un proxecto musical de recente creación, froito da alianza entre dous grupos anteriores, Bronquite Crónica e Mito Escrito, xa asentados no panorama galego. Estes grupos foron claros referentes da que pode ser denominada como a segunda xeración do rap galego, a cal abarca aos artistas musicais que inician a súa produción artística a partir do ano 2000.
A súa formación estrutúrase en 4 mc´s (cantantes) Bad, Didaco, Kotto e Peich; un dj, Webo; e un produtor musical, o beatmaker Pablo Uve, apoiado por Bad. Os seus integrantes son orixinarios tanto de Santiago de Compostela como de Cambados.
Logo de dar máis de 100 concertos ao longo da xeografía galega, compartir escenarios con artistas do panorama estatal, nas visitas destes a Galicia; e sacar ao público sete referencias ao longo desta década, con formatos de longo autoproducido; hoxe afrontan a publicación de 504, proxecto homónimo ao nome da nova agrupación, con formato de digipack autoproducido, pero desenvolvido a partir duns recursos, tanto técnicos como de comunicación, que o elevan a un acabado profesional.
O lanzamento da súa primeira referencia está previsto para Decembro de 2009 e está previsto adiantar os seus contidos, a modo de preview, mediante actuacións ao longo de todo o verán deste ano.
Cun son na liña do actual rap hardcore que produce exitosamente a escena estatal, 504 vén achegar ao panorama rap de Galicia a contundencia lírica de todos os seus integrantes, a diversidade derivada do seu formato e procedencia, uns contidos que oscilan entre o egotrip de corte lúdico, a subcultura hip-hop e certo intimismo existencialista. "
Recorda!: invita a todo o mundo aos eventos das diferentes redes sociais, escoita, descarga, copia, pega, distribúe, envía, postea, manda, comenta, báixao, súbeo, dillo, compra, propaga, queima... fai o que queiras co tema... que se decate ata a túa curmá!
Moi pronto o disco á venda en cada esquina, en iTunes... etc Aos poucos iremos adiantando tamén o material audiovisual.
Un saúdo!
5.0.4
Cambados 10 de Novembro de 2009
UNHA DAS NOSAS MELLORES ACTUACIÓNS
NO COLEXIO PREESCOLAR DA PASTORA
Hoxe e con motivo do Magosto tivemos unha das nosas mellores actuacións neste ano, e xa van aló unhas unhas cuantas, nin máis nin menos que diante dos nenos de 3 a 6 anos do Colexio Preescolar da Pastora, gozaron como o que son, ananos. Primeiramente fumos tocando de clase en clase e logo varias pezas no patio, habia que ver a cara de ledicia dos nenos, e nos como tales tamén xogamos con eles. Unha moi boa actuación , si señor. Por certo as castañas estaban riquísimas. Xa sabedes para o ano tedesnos a vosa disposición. Bicos. (Podes ver máis fotos en as nosas imaxes).
Cambados 10 de Novembro de 2009
OS CANS FIXERON UN ARRASO
NA EIRA DO AMIGO MALONO BRIONES
«¿Que facemos agora con este destrago, compañeiro?». Manolo Briones pregúntase unha e outra vez quen vai responder pola salvaxe escabechina que un grupo de cans abandonados perpetraron o domingo pola noite no seu galiñeiro. Trátase dunha estrutura illada, situada xunto ao seu domicilio, na rúa dos Olmos, en Cambados. A pesar da existencia dun peche, un par de canes lograron introducirse no seu interior cara ás nove e media da tarde. «Eu acababa de preguntarlle á muller se pechara ou cortello, baixei mirar e topeime con isto». Dos 24 pitos que Manolo e a súa familia criaban para consumo propio, 18 foron abatidos cos dentes durante a noite de autos. «Ou resto, quitando dous ou tres, creo que van ir morrendo porque están moi mal», explica o infeliz propietario das aves, que non terá outro remedio que recorrer á carnicería para abastecer a súa mesa este inverno.
Os artífices da matanza son, ao parecer, os integrantes dunha manda de cans rueiros que desde hai meses roldan a zona. O xerme do grupo salvaxe atópase nunha camada de catro ou cinco cachorros que unha femia abandonada pariu ao redor de abril. A este núcleo inicial uníronselle, co tempo, un par de exemplares máis, e así comezaron as fazañas dos agresivos canes. Fai cousa dun mes, un deles enganchou polo pescuezo a unha galiña á que arrastrou ata atopar un lugar no que devorala a gusto. «Unha galiña non é nada, pero isto, compañeiro, isto é moito», lamenta Manolo mentres se dispón a dar sepultura á vintena de pitos degolados a dentadas.
«Baixei coa lanterna, fun mirando e xa vin algúns polos mortos, cando ollei non galiñeiro alí estaban vos dous cans, roendo neles». Inmediatamente, o propietario dos infaustos pitos emprendeuna a fartar coas feras, que optaron por fuxir á carreira sen enfrontarse con el. O caso é que xa nalgunha ocasión Manolo Briones dirixiuse ao floco para tratar de que recollesen aos feros cánidos. «Díxenlles que había sete ou oito cans arrabañados, pero eles contestaron que non lles pagaban por recollelos, senón por atendelos», puntualiza o home, á vez que se pregunta se o Concello fará algo para librar á contorna dos Olmos desta ameaza. «Porque hoxe foron polos, pero ¿e se collen un meniño ou unha persoa maior?», razoa a súa muller.
Un artigo de Maruxa Alfonso.
Cambados 10 de Novembro de 2009
ENQUISA DE www.cambados.tk
SOBRE O ANO CABANILLAS
¡¡¡PARTICIPA!!!
O Serán o acto estrela organizado por Unha Grande Chea.
A páxina por excelencia de Cambados www.cambados.tk está a facer unha enquisa sobre o Ano Cabanillas 2009 en Cambados. Unha enquisa que xa tivemos a sorte de ver e de facer, moi completa e que de seguro dará un resultado moi fiable do que foi o Ano Cabanillas en Cambados, ano por certo, que polo de agora ningún o dixo agás nos, naceu na homenaxe de Unha Grande Chea a Cabanillas no ano 2006, que todo hai que decilo. Se queres participar na enquisa prema directamente AQUÍ.





“As pedras de Cambados seguen “versadas” de hai 50 anos”
Un poema, canta hoxe
a un xove recordo
dun vello poeta.
Escondidos en Fefiñáns
os teus versos
xogando na torre
as túas rimas
ollando á Ría
a beleza octoxenaria
atarefada cos mariñeiros
a vida
tumbada na Pastora
a melancolía
e no corazón de Cambados
está vostede
Ramón Cabanillas.
Máis poesia de Ramón Nogueira en http://ramonogueira.wordpress.com/
Cambados 8 de Novembro de 2009
NOVE DE NOVEMBRO, DIA SINALADO
ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE DON RAMON CABANILLAS
Dia do enterro de D. Ramón (foto recollida do libro de Maribel Iglesias "Ramón Cabanillas Enriquez Biografia en imaxes)
Mañá celebrase o cincuentenario da morte de D. Ramón Cabanillas, con tal motivo ás 10 h. sairá unha representacións institucional a Santo Domingos de Bonaval para render homenaxe o poeta cambadés, donde ademais terá lugar un recital de poemas con acompañamento musical e ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres. Xa ás 20 h. no Auditorio da Xuventude terá lugar “Escrito hai xusto cincoenta anos”, acto cultural no que se fará lectura de textos de Placido Castro, Vicente Risco e outros autores publicados con motivo do pasamento do poeta cambadés con acompañamento músical.
PARA VER MÁIS ENTRADAS NON TES MÁIS QUE PREMER DONDE PON "VER MÁS ENTRADAS" (ARRIBA A DEREITA) OU ESCOLLER O MES DONDE PENSAS QUE SAEU A NOVA E PREMES NEL (abaixo donde pon "o que levamos publicado")
|
|
|