UNHA GRANDE CHE...'s profileUNHA GRANDE CHEA - CAMBA...PhotosBlogListsMore Tools Help

2009. ANO CABANILLAS. 50 ANOS DO SEU PASAMENTO

UNHA GRANDE CHEA Asociación Cultural e Deportiva

Occupation
Location
Interests
SOMOS UNHA ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA SEN ÁNIMO DE LUCRO
.

UNHA GRANDE CHEA - CAMBADOS -, TITULARES:

REPRESENTACIÓN DUN DINOSAURIO A TAMAÑO REAL // O MECO-CAMBADÉS GOGUE EN NEW YORK // OS LUNS A POESIA DE RAMÓN NOGUEIRA // HOTEL OS PAZOS, FABULOSO ANFITRIÓN // O NOSO CASTI O MELLOR TIRADOR…DE CANAS // SEMANA DA CIENCIA // THE HENRY WARNIMONT EN TV

VISITARONNOS ÁTE O DE AGORA:

Free MySpace Counters

II XUNTANZA DE AMIGOS DE CANLES GALEGAS YOU TUBE

 

II XUNTANZA DE AMIGOS DE CANLES GALEGAS YOU TUBE

 

.

Photo 1 of 113

Humor Grandecheo: O DINASAURIO MAIS FERROZ CHAMASE: IGNORANCIUS TOTALIS

Cambados 25 de novembro de 2009

REPRESENTACIÓN DUN DINOSAURIO A TAMAÑO REAL:

POLOS ALUMNOS DA PRIMEIRO DA ESO DO ASOREY DE CAMBADOS


Arxentinosaurus: 50 m de lonxitude, 15 m de altura e 40 toneladas (quedouse un pouco curto no peso, necesitabamos máis xente). Participou todo o centro e a actividade estivo realizada polo alumnado de 1º de ESO que se encatgou de facer o debuxo e distribuir o traballo.

Humor Grandecheo: O HUMOR GALEGO NON É MUNDIAL, SENÓN QUE O MUNDO E DO HUMOR GALEGO.

Cambados 25 de Novembro de 2009

O MECO-CAMBADÉS GOGUE EN NEW YORK

ALI COINCIDEU CON BILL GALLO

Gogue con Bill Gallo   na redaccion do Daily News

Gogue estivo en New York de donde volveu a semana  pasada, ali estivo con  Bill Gallo quen  leva varios anos pasando uns dias sempre na Illa da Toxa e depaso comendo e ceando no Restaurante Dorna, donde Gogue soubo del por Marisol e Lis. Fixeron  unha grande amizade, pois son colegas de profesion, Bill  con Bertha e Yuchie e Gogue con Floreano.

BILL GALLO, naceu en Manhattan o 28 de Decembro de 1922, é un dos máis prestixiosos debuxantes de prensa dos Estados Unidos traballando diriamente no Daily News desde 1941. Foi chamado ao Exercito e paticipó na Segunda Guerra Mundial na zona do Pacifico. É o creador dos personaxes Bertha e Yuchie, moi coñecidos na prensa americana.As súas grandes paixóns son o Beisbol e o Boxeo, onde leva moitos anos debuxando, creando e cultivando premios e mencións pola súa gran creatividade e humanidade para goce dos seus miles de admiradores tanto de Estados Unidos como do resto do Mundo. Recibiu o James J. Walker Award da Asociación de Escritores de Boxeo e o Champions Award do Downtown Athletic Club.  Está incluído no International Boxing Hall Of Fame. Recibiu da National Cartoonist Society o Milton Caniff Lifetime Achievement Award en 1998 e moitos innumerables premios mais, o que fan deste xenial artista sexa un dos mais admirados caricaturistas da prensa americana na actualidade. 


Humor Grandecheo: AGUSTIN SACAME UNA FOTO..."LLEVO PISA Y NO TENGO CADETE"

Cambados  24 de Novembro de 2009

EVA SOTO E EDUARDO APARIZ TRABALLANDO XUNTOS

A FAMOSA DESEÑADORA CAMBADESA E O FAMOSO FOTOGRAFO COLABORAN NUN GRAN TRABALLO.

Moda, fotografia e cetreria nunha mesma imaxe, e non está trucada.

Este traballo foi encargado pola afamada deseñadora cambadesa Eva Soto, "Tesoira de Prata 2008"para a súa colección "Pajaros na cabeza" .Todo un pracer poder traballar con Eva Soto e contar coa inestimable colaboración dos cetreros Evaristo e Moncha ,que co seu saber facer co aguia, falcón e bufo, fixéronnos o traballo moito mais fácil. Ningunha das fotografías é unha montaxe , só froito da paciencia e saber facer dos adiestradores e as modelos Andrea e Aelssandra.
Todo un pracer, unha vez mais , traballar con Eva Soto e poder fotografar o seu enorme talento plasmado nas súas creacións. Podes ver parte dos seus diseños premendo AQUI

Eduardo Apariz

Humor Grandecheo: QUE É POESIA...POESIA É RAMÓN NOGUEIRA.

Cambados 24 de Novembro de 2009

OS LUNS A POESIA DE RAMÓN NOGUEIRA

ALMORZAR INTENSIDADE



 “Envexo que as estrelas non teñan vertixe”

Neste mundo incompleto
de saciedade de carne
(de comer ao outro)
acompaño as raiolas de sol
no seu camiño agarimoso
entre as polas
abrindo fiestras
e molestando nos ollos
ás oito da mañá.
Coa luz vexo
e vexo cada enfeitizado,
cada cortello de sentimentos,
cada un
gardadiño nun peto,
non vaia ser que se vaian…
Quero unha lupa!
e ver xunto coas raiolas de sol.
Completar
os vacíos cheos de mágoa,
o sentimento
completamente magoado
pero cheo de luz,
da nosa luz.

Humor Grandecheo: GRANDE XUNTANZA, GRANDE GAITEIRADA

Cambados 23 de Novembro de 2009

HOTEL OS PAZOS, FABULOSO ANFITRIÓN

A XUNTANZA DE CANLES YOU TUBE NON PUDO BUSCAR MELLOR LUGAR

FELICITACIÓN POR PARTE DOS ASISTENTES A UNHA GRANDE CHEA POLA ORGANIZACIÓN.



1.- membros de Unha Grande Chea brindando cos demais concentrados no Pazo A Capitana.- 2.- Carmelo xerente do Hotel Os Pazos facendo a queimada  despois da cea.

Como ben sabedes o pasado sabado celebramos a II Xuntanza de Amigos das Canles Galegas You Tube, cun programa de actos moi completo, Pavitren, Recepción no Concello, Ruinas de Santa Mariña, Pazo a Capitana, e debido a choiva non poidemos asistir a outros lugares que tiñamos programados, pero tiñamos certo temor a Hotel Os Pazos, porque nunca  celebraramos nada ali pese a estar no centro de Cambados, pero os temores volveronse en satisfaccións porque a acollida por parte de Carmelo e familia foi maravillosa, a comida excelente (felicitacións as cociñeiras) e o prezo excepcional, Carmelo tivo a delicadeza de facernos ademais despois da cea unha boa queimada con aturuxo incluido, todo elo adornado con gaiteirada tanto despois de comer como despois de cear. Podes ver un resumo fotográfico en “As nosas fotos” e videos nas canles you tube XOANARCODAVELLA e ETERNIA7. Os asistentes que o longo da tarde noite foron aumentando ata chegar a treinta persoas, marcharon contentisimos pola vila, pola xuntanza, pola nosa organización e sobre todo polo Hotel Os Pazos, lugar que recomendamos expresamente para calqueira clase de celebración. Tamén lle queremos agradecer o Pazo A Capitana pola súa acollida e por facernos partícipes dos seus excecelentes caldos como Albariño, Espedeiro e Tinto Barrantes. Xornada completa quizais un pouquiño deslucida pola choiva pero na maravillosa terra na que estamos tampouco é de extranar. Grazas a todos os asistentes por facernos tan felices.



Humor Grandechea: CANEANDO (FACENCO CANAS) QUE É XERUNDIO

Cambados 23 de Novembro de 2009

O NOSO CASTI O MELLOR TIRADOR…DE CANAS
O MELLOR DO ESTADO ESPAÑOL


As “canas” son unha das consumicións máis populares en case calquera bar. Pero aínda que o acto de encher un vaso con cervexa de barril pareza sinxelo ten a súa arte, e nas escolas de hostalería ensínanse diferentes técnicas para “tiralas”. Un veciño de Cambados de 23 anos, Alberto Castiñeiras Cacabelos, pode considerarse como un dos mellores “tiradores” de canas de cervexa de toda España.
Alberto Castiñeiras estuda Cociña na Escola de Hostalería de Santiago de Compostela e tras realizar un curso de coctelería con Juanjo Fernández “presidente da Asociación Galega de Barman” en abril deste ano participou no campionato galego de Coctelería, alzándose coa vitoria na categoría de mozas.
Grazas a ese triunfo invitáronlle a dous campionatos nacionais, un celebrado en maio en Sitges (Barcelona) “organizado por unha marca de ron”, e outro convocado pola Federación de Asociacións Españolas de Barman, que tivo lugar hai pouco en Palma de Mallorca.
A cana perfecta
Este torneo de Palma dividíase en tres modalidades distintas: elaboración de gin-tónic, coctelería e tiradores de cervexa, e Castiñeiras gañou este último. O xurado requiría unhas normas moi estritas: debían encher de cervexa o 70 por cento do vaso, e este debía manter unha inclinación de 45 graos con respecto á billa.
Outra condición era que a cana tivese dous dedos de espuma “sen que pasase en ningún momento o bordo do vaso” e o xurado analizaba tamén a técnica e a posición do camareiro detrás da barra.
Alberto Castiñeiras tardou entre tres e catro minutos en completar cada unha das dúas “canas” que tivo que servir, pero ao final o xurado valorou que ambas se achegaban moito ao que se considera a “cana ideal”, polo que lle outorgaron a máxima puntuación na súa categoría.
“Nun concurso así non podes tirar a cervexa toda de golpe. Eu fíxeno en tres tempos”, comentaba Alberto Castiñeiras, un mozo apaixonado pola cociña, tanto que nin sequera os seus éxitos como barman fanlle dubidar se escolleu ben a especialidade que estuda na escola de Hostalería.
“Isto todo foi grazas a Juanjo Fernández e a José Soto “o relacións públicas da Asociación Galega de Barman”, que son quen estiveron comigo e os que máis fixeron por min”, comentaba un exhultante Castiñeiras ao seu regreso de Palma de Mallorca.
Vocación hostaleira
Alberto Castiñeiras foi xogador de baloncesto e na actualidade adestra o equipo junior feminino do Xuventude de Cambados, e é o segundo adestrador do filial deste mesmo club. Tras terminar os estudos secundarios matriculouse en Relacións Públicas na Coruña, pero non chegou a terminar os estudos. Recorda que “sempre quixen dedicarme á hostalería, desde pequeño”, de modo que ao final deixou as relacións públicas e buscou o seu lugar na escola de cociña de Santiago.
Está convencido de que ese é o oficio ao que desexa dedicarse “co que terá a oportunidade de continuar a excelente tradición de restauradores que ten Cambados” e que a cociña é o seu.
A pesar de todo, non nega que os traballos de barra tamén lle atraen, e de feito xa decidiu participar no próximo campionato galego de Coctelería, co obxectivo de obter o billete para o nacional.

Texto e foto Faro de Vigo.

Humor Grandecheo: A CIENCIA CERTA...CERTA CIENCIA

Cambados 21 de Xaneiro de 2009

 

SEMANA DA CIENCIA

 

ANO DARWIN-ANO DA ASTRONOMÍA


ORGANIZA: Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química do I.E.S. Francisco Asorey. Cambados

DATAS: 23 a 30 de outubro

 

Como en anos anteriores o centro quere sumarse a esta importante celebración que ten lugar todos os anos en Novembro para chamar a atención do alumnado e da comunidade en xeral, sobre un evento, ou tema científico, de interese. Este ano adicámollo á Astronomía e á persoa e a obra de Charles Darwin, pioneiro no estudo da evolución das especies. Coa finalidade de darlle a maior difusión posible fixemos unha serie de actividades nas que participaron profesorado e alumnado, algunhas delas abertas e ás que convidamos a todas as persoas que estean interesadas.

 

ACTIVIDADES:

 

EXPOSICIÓNS:

-Darwin: a súa vida e a súa obra

-Evolución da vida-expecies extinguidas (elaborada polo alumnados de 1º de ESO)

-Libros

-Fósiles

 

OBRADOIROS:

-Astronomía (alumnado)

-Dinosaurios (alumnado)

-Observación do ceo nocturno: mércores 25, das 19 ás 21 horas, no patio do centro.

  Dirixida por membros da Asociación Astronómica “Sirio” de Pontevedra (actividade  aberta)

 

VISITAS GUIADAS POLO ALUMNADO:

-Para grupos de Primaria interesados.

 

TEATRO:

-“Discurshow. Matarratas Darwin” (alumnado)

Humor Grandecheo: CANTANDO CHÉGASE A ROMA.

Cambados 21 de Novembro de 2009

THE HENRY WARNIMONT EN TV

NA CANLE CORREO


O grupo cambadés The Henry Warnimont foi entrevistado pola canle de TV  CORREO  nunha ampla reportaxe. Este grupo que en principio se chamaba “Play Back” deuse a coñocer por primeira vez nunha actuación perante o gran público na Noite Beatles organizada por Unha Grande Chea en Discoteza Zao. Unha da suas mais sonadas actuacións foi no Flup Pop festival rock que tivo lugar en Cambados, así como na derradeira Festa do Albariño despois de varias peticións desta páxina para que asi o fixeran. Están adquirindo experiencia a pasos axigantados. Podes ver a reportaxe premendo AQUÍ.

Humor Grandecheo: YOU TUVE CAMBADOS A TOPE

Cambados 21 de Novembro sw 2009

II XUNTANZA DE CANLES GALEGAS YOU TUBE

FORON RECIBIDOS NO CONCELLO DE CAMBADOS


Ás 13 horas e despois de percorrer o pobo no Pavitren os asistentes a II Xuntanza de Amigos das Canles Galegas You Tube, foron recibidos no Concello de Cambados polo teniente de Alcalde Antonio Iglesias Pombo, o Presidente de Unha Grande Chea, agredeu os asistentes a su presencia e animandos a continiuar propagando a nosa terra polo mundo adiante por medio de you tube. O Sr. Iglesias doulle a benvida o noso pobo os asistentes e agredeceulles que escolleran Cambados para celebrar este evento. Logo xiraron visita o Pazo-Adega-Casa Rural “A Capitana” donde degustaron os ricos caldos da súa adega e de seguido retiraronse a xantar o Hotel Restaurante Os Pazos.  En breve pondremos unha ampla reportaxe fotográfica do evento.

Humor Grandecheo: A PELOTA SALTA E VOTA.

Cambados 20 de Novembro de 2009

O XAV CONSEGUE DUAS VITORIAS E DUAS DERROTAS

RESULTADOS 14/15 NOVEMBRO

2ª DIVISION B FEMININA

25-12 25-8 25-13

Cuarta victoria consecutiva, sen ceder un set, do equipo senior. Partido rápido e sen grandes dificultades; en tres cuartos de hora superaron ó Val do Dubra que opuxo esforzo e vontade. Xogaron Mariel Oubiña (capitá), Raquel Oubiña (líbero), Gema Chazo, Paula Rial, Salomé Lois, Fátima Cortegoso, Lidia Gómez e Nicole Magariños (cadete).

Clasificación trala Xornada numero 4

EQUIPO

PJ

PG

PP

NP

JF

JC

TF

TC

PUNTOS

1

XAV Cambados

4

4

0

0

12

0

300

177

8

2

CV Brétema

3

2

1

0

8

4

276

248

5

3

ARQO Rianxo

3

2

1

0

6

5

244

194

5

4

Bertamiráns Voleibol

3

2

1

0

6

7

259

278

5

5

Dodro Os Bacelos

4

1

3

0

7

11

334

391

5

6

Emeve Lab. Nupel B

3

1

2

0

4

6

206

234

4

7

CV Val do Dubra

4

0

4

0

0

12

159

300

4

8

Voleibol Maniotas

2

1

1

0

5

3

186

142

3

 

LIGA ZONAL XUVENIL FEMININA

Grupo: Norte

25-18/25-13/15-25/19-25/15-8

Nun partido longo e de marcador incerto, as xuvenís pasaron de perder 2-0 a empatar o encontro para finalmente sucumbir no quinto set. É a primeira derrota do equipo na competición. Participaron Tania Charlín (capitá), Ana Pombo (líbero), Leticia Nogueira, Andrea Carro, Isabel Lois, Nelly Vidal, Selemne Jorge, Sofía Fernández, Noa García e Valentina Barreiro.

Clasificación trala Xornada numero 3

EQUIPO

PJ

PG

PP

NP

JF

JC

TF

TC

PUNTOS

1

IES Bertamirans Voleibol

3

3

0

0

9

2

265

199

6

2

XAV Cambados

3

2

1

0

8

5

275

233

5

3

Xiria Asesoria Cervantes

3

2

1

0

8

7

310

294

5

4

Voleibol Dumbria

3

1

2

0

7

6

278

253

4

5

CD Conxo

3

1

2

0

5

8

245

291

4

6

CV Noia

3

0

3

0

0

9

123

226

3

 

LIGA GALEGA CADETE FEMININA


9-25 29-27 14-25 6-25

Entre lesións e gripes só poideron acudir ó encontro cinco cadetes ás que axudaron catro infantís. Partido de grandes contrastes xa que a pesar de gañar o segundo set, o primeiro e o último caeron do lado vigués dunha maneira fácil. Necesitamos ese espíritu de loita dos segundo e terceiro set para próximas xornadas. Xogaron Paula Serantes (capitá), Nicole Magariños, Fuensanta Bugallo, Clara Fernández, Aida Rey e as infantís Bibiana Silva (líbero), Estela Vilanova, Lara Diz e Mariña Durán.

Clasificación trala Xornada numero 4

EQUIPO

PJ

PG

PP

NP

JF

JC

TF

TC

PUNTOS

1

CV Ribeira Sacra

4

4

0

0

12

0

300

109

8

2

Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova A

4

3

1

0

9

4

293

225

7

3

XAV Cambados

4

1

3

0

4

10

225

328

5

4

CVO Divina Pastora

4

0

4

0

1

12

166

322

4

 

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA

 


25-18 25-19 21-25 25-13

O partido peor xogado das infantís no que levamos de temporada. As infantís non xogaron co seu bó xogo ao que nos teñen acostumados ata os últimos puntos do encontro. Os seus saques puideronlle xogar unha pala pasada ao equipo de Aida Cortegoso. Aínda que gañaron, agardamos mellor xogo das infantís este domingo ás 11:30 en Monforte contra a Pinguela. Neste partido xogaron: Bibiana Silva (capitá), Estela Vilanova, Celia Bao, Mariña Durán, Claudia Cores, Carmen Cortegoso,Lara Diz, Marta Palacios, Iria Martinez. Na bancada quedaron: Sandra Moares e María Pomares.

Clasificación trala Xornada numero 4

EQUIPO

PJ

PG

PP

NP

JF

JC

TF

TC

PUNTOS

1

Ribeira Sacra A

4

4

0

0

12

0

300

151

8

2

XAV Cambados A

4

3

1

0

9

5

319

250

7

3

Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova

3

0

3

0

2

9

169

268

3

4

Escola CV San Martiño Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Humor Grandecheo: O CINE É O IRREAL MÁIS REAL.

Cambados 20 de Novembro de 2009

HOXE VENRES, NOVA PROXECIÓN DO CICLO CINEMAS DIXITAIS

NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS

        O Centro Comarcal do Salnés proxectará, o venres 20 de novembro ás 18:00 h. a sesión que se denomina "A XAURÍA HUMANA (Galicia na Guerra Civil)", das curtametraxes que se verán hai máis información no arquivo que se adxunta a esta nova. A entrada é de balde, ata completar aforo.

Achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais, promover as producións audiovisuais galegas e contribuír a estabilizar unha programación audiovisual nos concellos do país son as necesidades que a Consellaría de Cultura cubriu con este proxecto.

O salón de actos do Centro Comarcal do Salnés converterase, de novo, en sala de cine grazas a esta rede de exhibición que a través do soporte dixital, vai continuar co ciclo de curtametraxes este venres 20 de novembro coa proxección do ciclo "A XAURÍA HUMANA (Galicia na Guerra Civil)" dentro do ciclo cinemas dixitais.

As curtametraxes que se proxectarán son:


        1939: UN BERRO DE SILENCIO FORMULARIOS TRUCULENTOS, dirixida por Alicia Conchas.


        A GUERRA DOS AVÓS dirixida por Oscar Galansky


        ALMA ESQUECIDA dirixida por Clara García Nieto


        CORES dirixida por Jairo Iglesias

  

MINAS dirixida por Dani De la Torre


        RIBADEO, 1936 dirixida por Jairo Iglesias


        SOLDADO SEN FORTUNA dirixida por Roque Cameselle

Esta proposta pretende dar a coñecer a amplísima e excelente oferta de producións de curtas e achegar aos cidadáns do Salnés, as últimas producións de curtas sobre temas diversos.

--

Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés

Paseo da Calzada s/n

36630 Cambados (Pontevedra)

Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12

Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

Humor Grandecheo: COA VIOLENCIA DE XÉNERO NON SE BROMEA

Cambados 19 de Novembro de 2009

O 25 DE NOVEMBRO

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Mariña Varela encargada do C.I.M. de Cambados.

Co gallo do día mundial contra da violencia de xénero haberá unha exposición de debuxos sobre igualdade entre homes e mulleres e sobre violencia de xénero na casa do Concello de Cambados, ás 12 horas, coa entrega de agasallos os asistentes. Durante a mañá tamén habará un stand informativo sobre as actividades do Centro de Información da muller. Tamén haberá no Auditorio de A Xuventude unha conferencia sobre a loita contra a violencia de xénero. Este un tema no que todos e todas nos debemos de concienciar e tratar de erradicar, unha forma de conseguilo é a educación.

Humor Grandecheo: CHALECO. CHALEQUIÑO E ALGÚNS NON TE QUEREN NIN UN POUQUIÑO.

Cambados 18 de novembro de 2009

CONQUISTA DE ROMA

A AGUIA CAMBADESA COMEUSE A AGUIA ROMANA

O CHALECO MÁIS FAMOSO DE CAMBADOS INVADE ROMA


O Chaleco máis famoso de Cambados , o chaleco de Unha Grande Chea, conquistou Roma, estivo en moitos lugares da capital italiana ente eles tres míticos como son o “Coliseum” a “Fontana de Trivi” e “Piacca de San Pietro” e en moitos outros dos que sa vos informaremos, como un video gravado na propia “Capella Sixtina”, donde o parecer non se poden sacar nin fotos nin videos, e iso consigueuno este xa “sacro chaleco”. As minivacacións si que cundiron.

Noutro orde de cousas informar que hoxe 18 de setembro terá lugar un obradoiro “Sotenibilidade e aforro en tempos de crise”, organidade polo Servizo Galego de igualdade e xestionado polo Centro de Información á Muller, no Centro Comarcal Exposalnés de 17 a 20 horas.

Humor Grandecheo: OS EPITAFICOS SON PARA POÑELOS , NON PARA OBVIALOS.

Cambados 18 de novembro de 2009

UNHA GRANDE CHEA PIONEIRA

EN NOVEMBRO DE 2006 XA PIDIAMOS DIGNIDADE PARA A TUMBA DE CABANILLAS

PUBLICADO  NA VOZ DE GALICIA O 9 DE NOVEMBRO DE 2006, ANIVERSARIO DO PASAMENTO DO POETA.

1.- A tumba do poeta en Bonabal. ".- A tumba do peota en Fefiñans (Fotos Unha Grande Chea).

Ola aquí estamos de novo despois destas minivacacións dispostos a seguirvos informando sobre a actualidade cultural e deportiva cambadesa, e así onte en varios medios de prensa o Alcalde Luis Aragunde facia balanzo do ano Cabanillas, no cal non imos entrar a valorar porque non é a nosa misión, remataba o noso alcalde decindo ““xa solicitei á Consellería de Cultura que dispoña o necesario para dotar o sartego de Ramón Cabanillas das melloras acordes coa ilustre persoalidade do defunto. Asemade, pedimos que se proceda á inscripción do epitafio elixido polo eximio poeta”. Pois ben esto xa o solicitamos nos en novembro do 2006, daquela a periodista cambadesa Maruxa Alfonso no medio no que traballa “La Voz de Galicia” titulaba “A tumba de Cabanillas en Bonaval carece de epitafio elexido por el”, ademais decia “A confusión de competencias  sobre do panteón de Galegos Ilustres dificulta a súa inscripción”. E seguia dicindo  “A asociación Unha Grande Chea, de Cambados denuncia que ningúen se fixera cargo para que se cumpliran os desexos do poeta da raza”, e seguia manifestando Maruxa “A denuncia de Unha Grande Chea deixou o descuberto a confusión de competencias que existe sobre to panteón de galegos ilustres”, e remataba Maruxa dicindo “A denuncia de Unha Grande chea foi onte apoiada pola familia do autor cambadés”. Pois ben o César o que é do César e a Unha Grande Chea o que é de Unha Grande chea.

1.- A periodista cambadesa Maruxa Alfonso.- 2.- Copia da nova publicada o nove de Novembro de 2009, curiosidades do destino dia do aniversario da morte do poeta.

Humor Grandecheo: VACACIÓNS, OS COLLÓNS, É MELLOR TRABALLAR.

Cambados 12 de Novembro de 2009

¡¡¡MINI VACACIÓNS!!!

UNHA GRANDE CHEA COLLE CINCO DIAS DE VACACIÓNS.

Adivinade a onde vou de vacacións.

Este espazo web colle unhas minivacacións  dende o día 12 ate o 17 de novembro, polo tanto durante eses días non veredes publicada ningunha nova. O noso administrador vai facer unha pequena viaxe e algunha imaxe da mesma teredes. Se nos queredes enviar algo facelo igual, xa sabedes o noso correo unhagrandechea@hotmail.com. O día 18 de novembro seguiremos coma sempre informando do que nos parece interesante cultural e deportivamente no noso pobo. Ata a volta.


Humor Grandecheo: EN YOU TUBE INCLUSO PODES ATOPAR AMIGOS

Cambados 11 de Novembro de 2009

II XUNTANZA DE AMIGOS DE CANLES GALEGAS YOU TUBE

ANIMAMOS OS "YOUTUBISTAS" DE CAMBADOS


Como sabedes o vindeiro día 21 de Novembro imos organizar a "II Xuntanza de Amigos de Canles Galegas You Tube" co programa de actos que consta na cabeceira deste espazo web, aínda que no faccebook moita xente confirmou a asistencia polo de agora ningún de Cambados confirmou “oficialmente” a súa presenza nin os actos nin a comida. Aínda estades a tempo para facelo, ou ben mandando un correo a unhagrandechea@hotmail.com ou chamando o telefono 626669562. ¡¡¡Animádevos!!!. O prezo de xantar é tirado.

Humor Grandecheo: UN ACADEMICO GALEGO VALA POR DOUS ACADEMICOS ESPAÑOIS.

Cambados 11 de Novembro de 2009

UNHA GRANDE CHEA INVITADA

A CONMEMORACIÓN DO 50 ANIVERSARIO DO FALECEMENTO DE RAMÓN CABANILLAS.

O DÍA 14 DE NOVEMBRO

Luis Rei, Luis Aragunde, Salvador Garcia Bodaño, Margarita ledo, Xosé Luis Mendez Ferrin, Dario Xohán Cabana, Francisco Fernández Rei, Xosé Ramón Barreiro e Xaquin Xesteira, protagonistas do acto.


Unha Grande Chea, foi invitada especialmente polo Presidente da Real Acadamia Galega D. Xosé Ramón Barreiro Fernández e polo Alcalde D. Luis Aragunde á conmemoración do 50 aniversario do falecemento de Ramón Cabanillas, con consta dos seguintes actos:

18.00 h.- Recepción da Real Academia Galega e das autoridades na Casa do Concello de Cambados.

18.30 h.-Ofrenda floral e poética diante do monumento de Ramón Cabanillas no paseo da Calzada. Actuación do grupo “Con de Xido”. Ofrenda Floral realizada polo Alcalde de Cambados  e o presidente da R.A.G. Lectura do poema “A Calzada de Cambados, por Aloia Insua Avión, estudante de primaria. Cortexo cívico desde o paseo da Calzada ao Auditorio da Xuventude.

19.00 h.- Sesión Plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega no Auditorio da Xuventude. Presentación a Cargo de Luis Rei. Apertura do acto por Luis Aragunde, Alcalde Cambados. Discurso de Salvador Garcia Bodaño, académico numerario. Lectura de poemas por Margarita Ledo Andión, académica numeraria.  Discurso de Xosé Luis Méndez Ferrin, academico numerario. Lectura de Poemas por Dario Xohan Cabana, académico numerario. Discurso de Francisco Fernández Rei, académico numarario. Fecha a sesión académica Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega. Interpretación do Himno Galego polo gaiteiro e membro de Unha Grande Chea, Xaquin Xesteira.


Humor Grandecheo: ESTASE MELLOR RAPEANDO QUE RAPANDO

Cambados 11 de Novembro de 2009

¡DESCARGAO XA¡

DESCARGA XA O SINGLE DO NOVO LP DE 5.0.4


Descarga xa o single do novo LP de 5.0.4 no seguinte link:

http://www.hhgroups.com/tema-269041/5... /  

http://www.galiciaflow.net/maketas/vai...  

Se queres cómpralo antes de que salga o disco, por só 0,99 € podes adquirilo en iTunes:

http://itunes.apple.com/é/album/504s

Escóitao en:

http://www.myspace.com/cincocerocuatro  

http://www.myspace.com/mitoescrito  

http://www.myspace.com/bronquitiscronica  

http://www.myspace.com/pablouve  

http://www.myspace.com/didaco  

http://www.myspace.com/djwebo   

http://www.myspace.com/kottomitoescrito  

http://www.myspace.com/peichsolo  

http://www.youtube.com/watch?v=P_ApTmZdYyQ

Estade atentos, falta xa moi pouco para que salga á venda o disco que non vai deixar indiferente a ninguén. Manterémosvos informados!

504 é un proxecto musical de recente creación, froito da alianza entre dous grupos anteriores, Bronquite Crónica e Mito Escrito, xa asentados no panorama galego. Estes grupos foron claros referentes da que pode ser denominada como a segunda xeración do rap galego, a cal abarca aos artistas musicais que inician a súa produción artística a partir do ano 2000.

A súa formación estrutúrase en 4 mc´s (cantantes) Bad, Didaco, Kotto e Peich; un dj, Webo; e un produtor musical, o beatmaker Pablo Uve, apoiado por Bad. Os seus integrantes son orixinarios tanto de Santiago de Compostela como de Cambados.


Logo de dar máis de 100 concertos ao longo da xeografía galega, compartir escenarios con artistas do panorama estatal, nas visitas destes a Galicia; e sacar ao público sete referencias ao longo desta década, con formatos de longo autoproducido; hoxe afrontan a publicación de 504, proxecto homónimo ao nome da nova agrupación, con formato de digipack autoproducido, pero desenvolvido a partir duns recursos, tanto técnicos como de comunicación, que o elevan a un acabado profesional.

O lanzamento da súa primeira referencia está previsto para Decembro de 2009 e está previsto adiantar os seus contidos, a modo de preview, mediante actuacións ao longo de todo o verán deste ano.

Cun son na liña do actual rap hardcore que produce exitosamente a escena estatal, 504 vén achegar ao panorama rap de Galicia a contundencia lírica de todos os seus integrantes, a diversidade derivada do seu formato e procedencia, uns contidos que oscilan entre o egotrip de corte lúdico, a subcultura hip-hop e certo intimismo existencialista. "


Recorda!: invita a todo o mundo aos eventos das diferentes redes sociais, escoita, descarga, copia, pega, distribúe, envía, postea, manda, comenta, báixao, súbeo, dillo, compra, propaga, queima... fai o que queiras co tema... que se decate ata a túa curmá!

Moi pronto o disco á venda en cada esquina, en iTunes... etc Aos poucos iremos adiantando tamén o material audiovisual.

Un saúdo!

5.0.4

www.cincocerocuatro.es


Humor Grandecheo: OS NENOS SON OS FANS MÁIS FIEIS

Cambados 10 de Novembro de 2009

UNHA DAS NOSAS MELLORES ACTUACIÓNS

NO COLEXIO PREESCOLAR DA PASTORA

Hoxe e con motivo do Magosto tivemos unha das nosas mellores actuacións neste ano, e xa van aló unhas  unhas cuantas, nin máis nin menos que diante dos nenos de 3 a 6 anos do Colexio Preescolar da Pastora, gozaron como o que son,  ananos. Primeiramente fumos tocando de clase en clase e logo varias pezas no patio, habia que ver a cara de ledicia dos nenos, e nos como tales tamén xogamos con eles. Unha moi boa actuación , si señor. Por certo as castañas estaban riquísimas. Xa sabedes para o ano tedesnos a vosa disposición. Bicos. (Podes ver máis fotos en as nosas imaxes).

Humor Grandecheo: O GALIÑEIRO DEIXOSE DE ALBOROTAR.

Cambados 10 de Novembro de 2009

OS CANS FIXERON UN ARRASO

NA EIRA DO AMIGO MALONO BRIONES

«¿Que facemos agora con este destrago, compañeiro?». Manolo Briones pregúntase unha e outra vez quen vai responder pola salvaxe escabechina que un grupo de cans abandonados perpetraron o domingo pola noite no seu galiñeiro. Trátase dunha estrutura illada, situada xunto ao seu domicilio, na rúa dos Olmos, en Cambados. A pesar da existencia dun peche, un par de canes lograron introducirse no seu interior cara ás nove e media da tarde. «Eu acababa de preguntarlle á muller se pechara ou cortello, baixei mirar e topeime con isto». Dos 24 pitos que Manolo e a súa familia criaban para consumo propio, 18 foron abatidos cos dentes durante a noite de autos. «Ou resto, quitando dous ou tres, creo que van ir morrendo porque están moi mal», explica o infeliz propietario das aves, que non terá outro remedio que recorrer á carnicería para abastecer a súa mesa este inverno.

Os artífices da matanza son, ao parecer, os integrantes dunha manda de cans rueiros que desde hai meses roldan a zona. O xerme do grupo salvaxe atópase nunha camada de catro ou cinco cachorros que unha femia abandonada pariu ao redor de abril. A este núcleo inicial uníronselle, co tempo, un par de exemplares máis, e así comezaron as fazañas dos agresivos canes. Fai cousa dun mes, un deles enganchou polo pescuezo a unha galiña á que arrastrou ata atopar un lugar no que devorala a gusto. «Unha galiña non é nada, pero isto, compañeiro, isto é moito», lamenta Manolo mentres se dispón a dar sepultura á vintena de pitos degolados a dentadas.

«Baixei coa lanterna, fun mirando e xa vin algúns polos mortos, cando ollei non galiñeiro alí estaban vos dous cans, roendo neles». Inmediatamente, o propietario dos infaustos pitos emprendeuna a fartar coas feras, que optaron por fuxir á carreira sen enfrontarse con el. O caso é que xa nalgunha ocasión Manolo Briones dirixiuse ao floco para tratar de que recollesen aos feros cánidos. «Díxenlles que había sete ou oito cans arrabañados, pero eles contestaron que non lles pagaban por recollelos, senón por atendelos», puntualiza o home, á vez que se pregunta se o Concello fará algo para librar á contorna dos Olmos desta ameaza. «Porque hoxe foron polos, pero ¿e se collen un meniño ou unha persoa maior?», razoa a súa muller.

Un artigo de Maruxa Alfonso.

Humor Grandecheo: UN RAIO VERDE ILUMINIO O CORAZÓN DE OUTRO.

Cambados 10 de Novembro de 2009

ENQUISA DE www.cambados.tk

SOBRE O ANO CABANILLAS

¡¡¡PARTICIPA!!!

O Serán o acto estrela organizado por Unha Grande Chea.

A páxina por excelencia de Cambados www.cambados.tk está a facer unha enquisa sobre o Ano Cabanillas 2009 en Cambados. Unha enquisa que xa tivemos a sorte de ver e de facer, moi completa e que de seguro dará un resultado moi fiable do que foi o Ano Cabanillas en Cambados, ano por certo,  que polo de agora ningún o dixo agás nos,  naceu na homenaxe de Unha Grande Chea a Cabanillas no ano 2006, que todo hai que decilo. Se queres participar na enquisa prema directamente AQUÍ.

Humor Grandecheo: UN RAIO VERDE ABREUME A CABEZA E SALEUME UN CORNO.

Cambados 9 de novembro de 2009

OS LUNS:  A POESIA DE RAMÓN NOGUEIRA

Cada lúns imos tratar de “roubarlle” unha poesia do seu blog a Ramón Nogueira, do cal somos fieis seguidores, hoxe unha poesia adicada a D. Ramón Cabanillas.

Poeta da Raza

 “As pedras de Cambados seguen “versadas” de hai 50 anos”

Un poema, canta hoxe
a un xove recordo
dun vello poeta.

Escondidos en Fefiñáns
os teus versos
xogando na torre
as túas rimas
ollando á Ría
a beleza octoxenaria
atarefada cos mariñeiros
a vida
tumbada na Pastora
a melancolía
e no corazón de Cambados
está vostede
Ramón Cabanillas.

 

Máis poesia de Ramón Nogueira en http://ramonogueira.wordpress.com/

Humor grandecheo: O DEMO SABE MAIS POR BELLO QUE POR GUAPO

Cambados 8 de Novembro de 2009

NOVE DE NOVEMBRO, DIA SINALADO

ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE DON RAMON CABANILLAS

Dia do enterro de D. Ramón (foto recollida do libro de Maribel Iglesias "Ramón Cabanillas Enriquez Biografia en imaxes)

Mañá celebrase o cincuentenario da morte de D. Ramón Cabanillas, con tal motivo ás 10 h. sairá unha representacións institucional a Santo Domingos de Bonaval para render homenaxe o poeta cambadés, donde ademais terá lugar un recital de poemas con acompañamento musical e ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres. Xa ás 20 h. no Auditorio da Xuventude  terá lugar “Escrito hai xusto cincoenta anos”, acto cultural no que se fará lectura de textos de Placido Castro, Vicente Risco e outros autores publicados con motivo do pasamento do poeta cambadés con acompañamento músical.

Humor Grandecheo: MAÍS VALA PAXARO NA MEN QUE JAIVOTA VOANDO.

Cambados 8 de Novembro de 2009

ENTREVISTA A LUIS REI

RECOLLIDA E PUBLICADA EN www.vieiros.com

Luis Rei no 2006 cando foi nomeado chalequeiro por Unha Grande Chea.

Estamos no 50 cabodano de Ramón Cabanillas. O concello de Cambados dedicoulle esta ano por ser un senlleiro veciño e gran poeta na literatura galega. Por iso a editorial Galaxia publicou unha espléndida biografía que nos conta o ir e vir do Poeta da Raza, Ramón Cabanillas: Crónica de desterros e saudades. O seu autor, Luís Rei, traballou a eito e o froito foi este libro que dalgún xeito é case definitivo no que ao estudo da vida de Ramón Cabanillas se refire. Falamos con el e isto é o que nos dixo:

A primeira pregunta vai á razón deste libro: por que escolleu vostede estudar a Ramón Cabanillas?

Por cousa de oficio. Son bibliotecario en Cambados e no fondo local foise xuntando algún material inédito. Así comezou a investigación.

Agasallo de Unha Grande Chea a Luis Rei co gallo da presentación do seu libro. Unha composión anacrónica de Luis con D. Ramón.

Cabanillas foi un veciño ilustre de Cambados, terra natal. Que lle deu Cambados a Cabanillas e Cabanillas a Cambados?

Cambados deulle a Cabanillas un lugar para a saudade nunha vida chea de “desterros” e, despois de morto, un monumento no centro da vila. Cabanillas deulle a Cambados algúns dos seus mellores poemas e un lugar de honra na “xeografía literaria” galega.

Ramón Cabanillas é un dos poetas máis importantes da nosa literatura. Por que decide escribir en galego e cando?

Cabanillas faise poeta en Cuba cando comezaba a segunda década do século XX e comeza a escribir en galego nese mesmo momento. Até entón escribira maioritariamente en español, fixera moito xornalismo local e o que el chamou “copras de rexoubeo”. Ao contrario de todo o mundo el asumiu o galego como a lingua de prestixio literario.

Luis Rei, home polifacetido, é toda unha eminencia na vida de Cabanillas

Foi o gran poeta das Irmandades da Fala? Que relación gardaba coas IF?

Traballou arreo desde a primeira hora. Se callar foi o único grupo no que tivo unha actitude “militante”.

Nas primeiras composicións atopamos unha forte influencia do agrarismo

Cabanillas xa era un loitador anticaciquil de tendencias agraristas e republicanas antes de marchar a Cuba, pero a partir da campaña de 1912 de “Acción Gallega” fíxose “basilista”, a admiración por Basilio Álvarez mantívoa toda a vida.

No cóctel servido por Unha Grande Chea no ano 2006 despois da homenaxe da nosa Asociación a Cabanillas, no que él tivo un papel moi importante.

Realiza algún papel esta poesía de Cabanillas na relación entre o agrarismo e as IF?

A poesía non o sei, pero el, persoalmente, fixo moito por esa relación. El quería que Basilio se integrase nas Irmandades, fixo xestións nese camiño e como iso non foi posíbel mantivo sempre, á súa maneira, a fidelidade coa persoa de Basilio mentres traballaba no seo do galeguismo.

Acadaría un éxito moi rápido, coa publicación de varias obras en poucas anos e con reedicións deseguido. Podemos dicir que é o primeiro poeta en vida con tal éxito. A que razón se debe?

Penso que a mellor definición é a que fixo Ramiro Fonte: Cabanillas era o “poeta necesario”. Cando a voz de Cabanillas apareceu, a poesía galega era un ermo e non se albiscaban dignos continuadores da “triple coroa” de Rosalía, Curros e Pondal. Precisábase que alguén dese continuidade ao rexurdimento e ese foi o contexto no que apareceu Ramón Cabanillas. Ninguén tivo dúbidas de que estaba diante do poeta agardado. Tamén é certo que despois soubo manter e acrescentar o prestixio acadado.

Luis Rei, é meco pero no sale de Cambados.

Durante o período republicano, Cabanillas está nunha segunda fila. Como viviu ese tempo?

Viviu en Madrid, bastante afastado do Partido Galeguista a pesar de ter sido candidato por Pontevedra con Castelao e Paz Andrade nas eleccións do 31. A vida foille moi mal neses anos e, nalgúns asuntos, culpaba aos seus antigos camaradas da súa sorte. Nese tempo o seu interlocutor nacionalista foi Otero Pedrayo e penso que estivo moito máis perto dos radicais, con Basilio Álvarez e finalmente dos centristas de Portela Valladares.

A sublevación do 18 de xullo cólleo en zona leal e mantén o contacto cos galeguistas. Escribe para o Nova Galiza pero en plena guerra decide pasarse á zona ocupada. Por que?

As únicas explicacións do propio Cabanillas foron dadas ante un xuíz instructor da Garda Civil en plena guerra, así que habería que tomalas con cautela. Era unha declaración autoexculpatoria na que viña a dicir que, vello e enfermo, volvía a territorio “nacional” por vontade propia, con simpatía polo novo réxime e sen ter feito nada malo durante o período republicano.

Persoalmente penso que, sendo certo que estaba enfermo e lle pesaban os anos, o fundamental é que non tiña forza para un novo desterro e aquela República non o ilusionaba. Igualmente debe ser aclarado que en ningún caso Cabanillas foi franquista, a súa evolución posterior non deixa dúbidas.

Portado da biografia de Cabanillas de Luis Rei.

Antífona de cantiga inaugura a editorial Galaxia. Pertencía Cabanillas ao círculo de Galaxia?

Ese libro xa estaba impreso cando chegou a Galaxia. Pagárao Álvaro Gil, que facía naquel momento de mecenas do cambadés e que foi tamén un dos principais financiadores da editorial. Porén, opino que Cabanillas, andando bastante por libre, si que se sentiu comprometido con Galaxia, tanto no plano editorial como no político.

Coñecemos un Cabanillas combatente e até agresivo na súa lírica inicial pero, na intimidade, respondía a súa personalidade a eses versos?

En xeral ese non é o concepto que tiñan del as persoas que o trataron, sobre todo na vellice. Todos falan dun home amábel, sinxelo, calmo... pero é seguro, porque hai ducias de cartas que o testemuñan, que cando escribiu os versos que falaban de “lume no pazo” e fouces xusticieiras non andaba a brincar con tropos líricos, era fiel ao seu pensamento e estado de ánimo.

Algúns di que hai un Cabanillas de boina e un Cabanillas de sombreiro elegante. Cal lle era máis axeitado?

Ficou calvo bastante novo e cubriu a cabeza con todo tipo chapeus e puchas ao longo da vida. Pero se o que me preguntas é se era o paisanote con pinta de labrego que aparenta na súa foto máis coñecida e identificábel a resposta é que non. O sombreiro e a chalina describen mellor ao personaxe. Dixo Risco, que o coñeceu ben, que era “un dandy perdido en la bohemia”.

Con Francisco Fernández  Rei, gran amigo e tamén gran coñecedor de Cabanillas.

Este Ano Ramón Cabanillas, a piques de rematar, como o valora vostede? Pensa que foi difundido a figura do Poeta da Raza?

Non se fixo todo o que algúns soñamos hai dous ou tres anos cando comezamos a preparalo pero fíxose moito máis do que nalgún momento tememos. A figura e a obra de Cabanillas recobrou certa actualidade, fálase e escríbese sobre un autor que estaba a caer nun inxustificábel esquecemento. Deste ano van ficar unha ducia de libros e moitas cousas na memoria. Non é para queixarse.

Entrevista recollida e piblicada en www.vieiros.com

Humor Grandecheo: PEDRO, TEN COIDADO QUE VEN O LOBO DE VERDADE.

Cambados 8 de Novembro de 2009

ENTREVISTA A ISI VAAMONDE

ANUNCIA UNHA ACTUACIÓN NO AUDITORIO DE CAMBADOS  O 27 DE FEBREIRO

RECOLLIDA E PUBLICA EN www.cambadosweb.net

Isi con Chon e Domin de Unha Grande Chea

¿Que fai que tomes a decisión de dedicarte a este difícil mundo da música? e que ademais te empuxe a facelo en Inglés, ¿crees que isto che pode abrir máis portas?

Máis que unha decisión é unha maneira de vivir, non concibo vivir sen música, non podería facelo doutra maneira. Sendo isto así, que sexa difícil ou fácil o mundo da música é algo secundario.

A música que me chega está escrita en inglés en gran maneira, crecín con isto e nunca me expuxen non facelo en inglés. A pesar de que en España, sobre todo nos últimos anos, cantar en inglés constitúe case un hándicap, segue sendo un orgullo que un anglosaxón che felicite pola calidade das letras ou da composición. Segue sendo un reto tentar facelo ben e é outro aliciente para seguir como até agora.

O chegar a máis xente por facelo en inglés está asegurado (son matemáticas) e respecto de que xurdan posibilidades serias editoriais ou de promoción fóra, non son do todo imposibles. En 2.005 un tema editouse en Reino Unido e sempre tiven boa acollida en portais musicais de USA. O que un tipo de California ou París escóiteche e cómpreche por iTunes simplemente porque lle gusta o que escoita é un orgullo. E iso si empeza a pasar. Sen ningún soporte promocional ou marketiniano máis que o que soa ao darlle a play.

-Unsportsmanlike World é o teu último traballo, persoalmente paréceme un Ep con moita clase, cun son moi coidado, supoño que te sentes satisfeito polo resultado, ¿para cando un Lp?

UW é o máis coidado de todos os EPs até agora, hai un gran traballo de músicos e Javier Abreu na produción artística, hai moitas máis escoitas antes da mestura e máis criterio. O proceso durou máis tempo e sacouse o mellor das tomas gravadas. Un Lp sería todo isto multiplicado por 3. De momento non se dispoñen dos recursos de tempo e diñeiro como para abordar algo así, polo menos conseguilo coas mesmas coordenadas de calidade. Quizais nos lancemos a facelo en directo, o cal nos permitiría facelo dunha maneira totalmente distinta e, si, creo que será o seguinte que saquemos.

Portada do seu derradeiro traballo.

-Dime agora mesmo ¿que cousas cambiarias nos Ep's que publicaches?

Sen pensalo moito, a voz dos primeiros EPs e sumarlle coros en partes ou voces dobradas en moitos temas. Hei ir aprendendo a domar un pouco a voz, a base de ir escoitándome e sentir vergoña allea.

-Sabemos que a industria musical, non pasa polos mellores momentos, nin as multinacionais nin as independentes, que ultimamente se parecen moito á hora de promocionar a un grupo ou solista, ¿esperas a chamada de algo así?

Sinceramente e tal como están expostos ambos os mundos, hoxe en día non espero a chamada de ningún dos dous. Só no caso de que houbese algún cambio de criterio nalgún dos dous mundos cabería esperar algo. Sento que non teño cabida o cal me anima moito a tirar polo camiño do medio sen esperar nada e sen medo.

-Eu teño unha particular visión do futuro da industria musical, non demasiado optimista confésoo, pero si teño unha case infinita confianza nas novas tecnoloxías, plataformas como youtube, myspace...crees que cun pouco de sorte, e a canción adecuada, ¿estas plataformas pódenche dar o empuxe que che fai falta?

Isi con parte da súa banda.

Creo que estas plataformas están obsoletas e perderon a frescura. YouTube está ben si fas algo freak tipo "leeina parda", e My Space como di unha amiga artista de UK é un "musicians ego-fest"...é un gran escaparate de música ao que practicamente só teñen interese en acceder os propios músicos...co cal non hai un fluxo real de banda-fans, senón só banda-banda facéndose promo entre eles mesmos...non me parece moi operativo.

É posible que todo se formule en termos máis tradicionais como ver a un grupo en directo, que che guste, comprarlle un cd ou en iTunes, ir ao seguinte concerto si gústache e contarllo á túa contorna. Paréceme máis interesante isto último que ter falsos fans. No mundo, en xeral, sóbrannos ferramentas e envoltorios pero falta contido.

-Imaxino que aos poucos estás a coñecer xente do mundo da música, pensas facer algunha colaboración, ou integrar a alguén no teu actual proxecto a medio prazo?

Até agora só ocorreu isto con Eladio Santos, de Elodio e Os Seres Queridos, e sempre defendín que é do mellor do panorama, veuse un par de veces a gravar voces, por exemplo en Non More Goodbyes. Na banda sumamos a guitarra de Jaime Caro que vén botar unha man coa melodía/harmonía e descárgame máis á hora de cantar en directo. Tamén colaborou e colaborará Roberto Gesteira coa gaita ou os whistles.

-Nestes tempos buscar apoios é algo complicado, pero ¿hai que irse a Madrid para ter unha oportunidade?, ¿non hai en Galicia suficientes programas de apoio para novos proxectos musicais? ¿coñeces ou participas da rede galega nsaio?

Non coñezo ben a iniciativa nsaio, pero creo que calquera axuda para emprender proxectos culturais é boa. Pero nos primeiros estadios dun proxecto, non creo que sexa bo tutelar a proxectos senior até o infinito. Hai que defenderse na contorna que nos toca e unha subvención pode chegar a dirixilos politicamente.

En Madrid perdeuse a escena entendida como un compendio de salas con programación con criterio e cun público fiel, en favor dunha escena sen criterio, con mero afán recadatorio e sen público definido. Si volve o primeiro será un bo sitio para levar a cabo un proxecto, de seguir así non creo que se atopen máis oportunidades que en Soria.

Isi en plena actuación en Madrid.

 

-Estas pasadas semanas lograches colocarte no top20 de 20minutos.es, ¿isto pódeche abrir algunha porta? ¿esperas algo deste top ouro, á parte de ver que hai xente que che apoia?

Como dixen antes non espero moito da industria nestes tempos, o que está claro é que hai algúns miles que puideron ver que existe algo que se chama Isi Vaamonde e que hai algún tema que outro. O máis bonito foi ver que xente que nin te imaxinas botouche un cabo e estivo aí semana tras semana promocionándote a cambio de nada. En toda a lista eramos os únicos sen un apoio de management detrás. E gañamos, isto faime ser máis optimista que hai uns meses. E non me vén mal.

-Este verán tocaches en Cambados, un concerto ao que tiven a sorte de asistir, si non me equivoco, o teu primeiro concerto ao aire libre no teu pobo natal, ¿sentiches responsabilidade pola xente que te estaba observando?

Pois si. Impórtame facelo ben sempre pero máis diante de xente que coñeces. Levamos uns anos tocando en máis de 50 concertos, só 2 foron en Cambados, chega un momento que abres o concerto e cando te dás conta xa terminaches...pero en casa custa máis pór a directa, iso é verdade. Pero a satisfacción é maior.

-Ouvín que tes programado un concerto no auditorio para este inverno, ¿xa tes a data pechada?

O sábado 27 de febreiro, en formato acústico. Esta vez á banda (Volker Ledwig, Edu Pulpillo, Jaime Caro, Gonzalo Peñalosa) é probable que se nos una Jesús Parra, ao acordeón, guitarra, dobro... Non sabedes a boa prensa que ten isto de vir a Cambados a tocar...Boa prensa que me encanta avivar con anécdotas culinarias e enolóxicas...Á fin e ao cabo somos músicos e xa sabemos de que pé coxeamos.

-Moitas grazas Isi polo teu tempo e por contestar á nosas preguntas, vémonos en febreiro no auditorio, onde seguro recibirás a calor da túa xente.

Recollida e publicada en www.cambadosweb.net

 

 

PARA VER MÁIS ENTRADAS NON TES MÁIS QUE PREMER DONDE PON "VER MÁS ENTRADAS" (ARRIBA A DEREITA) OU ESCOLLER O MES DONDE PENSAS QUE SAEU A NOVA E PREMES NEL (abaixo donde pon "o que levamos publicado")

Please wait...
Sorry, the comment you entered is too long. Please shorten it.
You didn't enter anything. Please try again.
Sorry, we can't add your comment right now. Please try again later.
To add a comment, you need permission from your parent. Ask for permission
Your parent has turned off comments.
Sorry, we can't delete your comment right now. Please try again later.
You've exceeded the maximum number of comments that can be left in one day. Please try again in 24 hours.
Your account has had the ability to leave comments disabled because our systems indicate that you may be spamming other users. If you believe that your account has been disabled in error please contact Windows Live support.
Complete the security check below to finish leaving your comment.
The characters you type in the security check must match the characters in the picture or audio.